os incendios do verán galego do 2006
DESCRIPTION
RECORDANDO. Os incendios do verán Galego do 2006. IMAXE POR SATÉLITE. Os satélites da NASA calcularon a superficie queimada dende o 4 de agosto e ascendeu 175486 hectáreas , unha superficie maior que a illa de Fuerteventura . - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
IMAXE POR SATÉLITEOs satélites da NASA calcularon a superficie queimada dende o 4 de agosto e ascendeu 175486 hectáreas, unha superficie maior que a illa de Fuerteventura. A NASA tamén estivo alarmada por Galicia. Os seus satélites recolleron a evolución dos lumes. Unha rápida visual ao mapamundi da NASA permite comprobar que o noroeste español era unha das zonas máis prexudicadas de Europa, xunto coas proximidades dos mares Negro e Caspio, ademais de serios focos no sur de Italia e os países nórdicos
IMAXE POR SATÉLITE
INCENDIOS EN GALICIA 2006
06-08-2006 Nivel 1 en Cerdedo Os bombeiros intentan extinguir o lume en Cerdedo, Pontevedra. O incendio foi declarado de Nivel 1 ao representar riscos para as persoas. As lapas cobráronse ademais a vida de dúas mulleres que faleceron o venres carbonizadas no municipio de Cerdedo..
06-08-2006 Pontevedra, a provincia máis
afectada Os servizos de extinción
intentan reducir o incendio desatado en Vilaboa-Moaña, en Pontevedra. A Diputación provincial precisou que arderan máis de 4.000 hectáreas de monte aquel día na provincia.
06-08-2006 Intervención do Exército
As autoridades galegas solicitaron axuda a efectivos militares para colaborar na extinción dos incendios forestais que afectan o municipio de Pontevedra e aos de Cotobade e Soutomaior, na mesma provincia, a máis afectada polo lume. A decisión de pedir axuda vén motivada pola alerta de nivel 2 decretada nos incendios rexistrados neses tres municipios. (EFE)
06-08-2006 Aumento de efectivos
No dispositivo de loita contra os incendios traballaron unhas 4.700 persoas. Ademais, ante a sospeita de que a maioría dos lumes foran provocados, a Garda Civil enviou a Galicia un equipo de especialistas da UCO para reforzar o dispositivo de investigación de incendios forestais, ao que se sumou o Equipo Contra el Crime organizado que se constituíu en Pontevedra. (REUTERS)
Un total de catorce medios aéreos (once avións e tres helicópteros) do Ministerio de Medio operan nos labores de extinción dos incendios
Vilagarcía 07-08-2006
Vese como o lume vaise espallando cara ó oeste.
08-08-2006
Veciños contra o lume
Os veciños colaboran nas tarefas de extinción do incendio (REUTERS)
Xoves, 10 de agosto de 2006
Un helicóptero dos servizos de extinción de incendios colle auga dunha piscina na localidade galega de Pontecaldelas, na provincia de Pontevedra, unha das máis afectadas con 30 incendios activos.
Máis de 600 voluntarios galegos e doutras partes de España apuntáronse eses días no Teléfono en Defensa do Monte Galego habilitado por Vicepresidencia da Xunta, para participar no dispositivo contra o lume operativo en Galicia.
O Monte Louro foi unha das zonas máis afectadas polo lume
11-08-06As lapas non cesan. Despois dos incendios no monte de Castrove (Pontevedra), só se pode ver cinza e madeira queimada. Unha paisaxe desoladora.
MUROS
En Ponte Romaño, nas inmediacións de Santiago de Compostela, as lapas estiveron a actuar con gran virulencia
O lume do bosque rodeou as casas e fixo estalar os cristais das ventás.
Os hidroavións (na imaxe, en Baiona) non dan abasto para atender a tódalas zonas
VIGO
O fumo afoga a cidade
Imaxe dos incendios que asolaron Galicia durante a primeira mitade de agosto de 2006 Galicia encabeza as estatísticas da última década, en canto a superficie afectada e número de incendios. En Galicia queimase ano tras ano, aproximadamente o 20% da superficie total que arde en todo o Estado español e rexistra o 50% dos incendios.
O mar, incendiado polo reflexo das lapas na ría de Arousa.
«Que no pongan fuego para quemar los montes,e más que otra cosa las encinas.E al que lo fallareis faciendoque lo echen dentro»
Alfonso X el Sabio (1221-1284)