os pobos prerromanos e a hispania romana

4
OS POBOS PRERROMANOS E A HISPANIA ROMANA 1.- A CHEGADA DE POBOS COLONIZADORES ● A comezos do I milenio a.C., grupos de pobos indoeuropeos procedentes do Centro e Leste de Europa penetraron polos Pireneos e asentáronse no Norte peninsular e na Meseta. ● Os pobos indoeuropeos mesturáronse coas comunidades autóctonas, ás que lles achegaron o coñecemento da metalurxia do ferro, e conformaron o que coñecemos como pobos celtas peninsulares. ● Tamén fenicios, gregos e cartaxineses, procedentes do Mediterráneo oriental, chegaron ás costas Leste e Sur da Península ao longo do I milenio a.C., onde fundaron algunhas colonias. ● Os pobos colonizadores procedentes do Mediterráneo estableceron contactos comerciais cos pobos autóctonos. Da influencia destes pobos orixinouse o que coñecemos como cultura ibérica. 2.- OS POBOS PRERROMANOS ● Na Península Ibérica, durante o I milenio a.C. estaba formada por pobos diferentes agrupados en grandes grupos: iberos, celtas e celtiberos. ● Os pobos iberos ocupaban a costa mediterránea. Tiñan un gran desenvolvemento urbano e coñecían a escritura. ● As rexións do centro, do Oeste e do Norte da Península estaban habitadas polos pobos de orixe indoeuropea que coñecemos co nome de celtas. Coñecían a metalurxia do ferro, pero non a escritura. ● As relacións entre celtas e iberos deron orixe á aparición dos celtiberos. Situábanse esencialmente no Leste da Meseta e no Sistema Ibérico. 3.- OS POBOS GALAICOS. A CULTURA CASTREXA A comezos do I milenio a.C., as terras da actual Galicia estaban habitadas por pobos divididos en tribos que dominaban a metalurxia do cobre e do bronce, entre os que destacaban: oestrimnios, albións e cilinios. 1

Upload: rubempaul

Post on 30-Jun-2015

79 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Breve resumo sobre os pobos prerromanos na Península Ibérica e a Hispania romana.

TRANSCRIPT

Page 1: Os pobos prerromanos e a Hispania romana

OS POBOS PRERROMANOS E A HISPANIA ROMANA

1.- A CHEGADA DE POBOS COLONIZADORES

● A comezos do I milenio a.C., grupos de pobos indoeuropeos procedentes do Centro e Leste de Europa penetraron polos Pireneos e asentáronse no Norte peninsular e na Meseta.

● Os pobos indoeuropeos mesturáronse coas comunidades autóctonas, ás que lles achegaron o coñecemento da metalurxia do ferro, e conformaron o que coñecemos como pobos celtas peninsulares.

● Tamén fenicios, gregos e cartaxineses, procedentes do Mediterráneo oriental, chegaron ás costas Leste e Sur da Península ao longo do I milenio a.C., onde fundaron algunhas colonias.

● Os pobos colonizadores procedentes do Mediterráneo estableceron contactos comerciais cos pobos autóctonos. Da influencia destes pobos orixinouse o que coñecemos como cultura ibérica.

2.- OS POBOS PRERROMANOS

● Na Península Ibérica, durante o I milenio a.C. estaba formada por pobos diferentes agrupados en grandes grupos: iberos, celtas e celtiberos.

● Os pobos iberos ocupaban a costa mediterránea. Tiñan un gran desenvolvemento urbano e coñecían a escritura.

● As rexións do centro, do Oeste e do Norte da Península estaban habitadas polos pobos de orixe indoeuropea que coñecemos co nome de celtas. Coñecían a metalurxia do ferro, pero non a escritura.

● As relacións entre celtas e iberos deron orixe á aparición dos celtiberos. Situábanse esencialmente no Leste da Meseta e no Sistema Ibérico.

3.- OS POBOS GALAICOS. A CULTURA CASTREXA

● A comezos do I milenio a.C., as terras da actual Galicia estaban habitadas por pobos divididos en tribos que dominaban a metalurxia do cobre e do bronce, entre os que destacaban: oestrimnios, albións e cilinios.

● Nos séculos VII-VI a.C. xurde a denominada cultura castrexa, xa que a característica específica é o castro, un asentamento fortificado. No seu interior localizábanse as vivendas de planta circular, con muros de pedra e cubertas de palla e ramaxe.

● A cultura castrexa abranguía Galicia, o Norte de Portugal e o Oeste de Asturias.

● Os pobos galaicos vivían da agricultura, da gandaría, da pesca e do marisqueo. A minaría era unha importante fonte de riqueza.

● Estes pobos non usaban a moeda nin a escritura.

● A sociedade castrexa organizábase en tribos, formadas por varios castros.

● A súa relixión era politeísta.

1

Page 2: Os pobos prerromanos e a Hispania romana

● Salientan os castros de Baroña (Porto do Son), Santa Tegra (A Guarda) e o Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo).

4.- A CONQUISTA DE HISPANIA

● As guerras entre Roma e Cartago polo dominio do Mediterráneo Occidental (Guerras Púnicas) foron a orixe da ocupación romana da Península Ibérica.

● Os cartaxineses ocuparon militarmente a zona oriental da Península e fundaron Cartago Nova.

● No ano 220 a.C., o xeneral cartaxinés Aníbal planeou a conquista de Roma desde a Península Ibérica.

● No ano 218 a.C., dous exércitos romanos ao mando dos irmáns Escipión desembarcaron nas costas de Emporion (Xirona), dispostos a enfrontárense aos cartaxineses. Foi o inicio da conquista romana da Península Ibérica.

● A conquista da Península, á que os romanos denominaron Hispania, durou 200 anos: primeiro dominaron a costa mediterránea, posteriormente a Meseta, máis tarde loitaron contra os pobos da zona occidental da Península: os lusitanos (liderados por Viriato), os arévacos (resistencia de Numancia) e os vacceos e por último, co sometemento dos galaicos, dos cántabros e dos ástures, finalizou a conquista da Península Ibérica.

5.- HISPANIA, UN TERRITORIO DO IMPERIO ROMANO

● Os romanos dividiron Hispania en provincias, a fronte das cales se achaba un gobernador.

● No século II a. C. eran dúas: Hispania Citerior e Hispania Ulterior.

● Augusto estableceu tres provincias: Tarraconensis, Baetica (Bética) e Lusitania.

● En época de Diocleciano, había cinco: Tarraconensis, Gallaecia, Carthaginensis, Lusitania e Baetica. A finais do século IV creouse a provincia Baleárica.

● En Hispania creáronse grandes latifundios onde se producía trigo, aceite e viño.

● Os romanos explotaron a riqueza mineira de Hispania e obtiñan prata, ouro, cobre, ferro e mercurio.

● O comercio tivo gran importancia grazas á rede de calzadas (ex.: Vía da Prata) e ao transporte marítimo.

6.- GALLAECIA, UNHA PROVINCIA ROMANA

● Os romanos chamáronlle Gallaecia ao territorio ocupado polos galaicos.

● A partir de campamentos militares, naceron cidades como Lucus Augusti (Lugo), Brácara Augusta (Braga, Portugal) e Astúrica Augusta (Astorga).

● Para administrar mellor o territorio, Roma dividiu a provincia Gallaecia en tres conventus. A meirande parte do territorio da Galicia actual quedou englobado no Conventus Lucensis.

● Os romanos explotaban os recursos mineiros nos leitos do Miño e mais do Sil (Montefurado), ou nas montañas auríferas.

● Fundaron enclaves portuarios como o porto romano de Brigantium (A Coruña).

2

Page 3: Os pobos prerromanos e a Hispania romana

7.- A ROMANIZACIÓN

● A adopción do dereito romano unificou xuridicamente a todos os habitantes do Imperio. Os hispanos adquiriron a cidadanía romana no ano 212 d.C.

● O latín converteuse na lingua habitual dos hispanos. Destacaron autores como Marcial, Quintiliano, Lucano ou Séneca.

● Houbo varios emperadores hispanos: Traxano, Adriano e Teodosio.

● En España consérvanse magníficos exemplos das construcións romanas: teatros (Itálica, Mérida e Sagunto), anfiteatros (Itálica, Mérida e Tarragona), circos (Mérida e Tarragona), termas (Lugo, Barcelona e Mérida), murallas (Lugo), pontes (Córdoba, Alcántara e Mérida) e acuedutos (Segovia, Tarragona e Mérida).

● Ademais, construíronse outras obras de carácter conmemorativo, como os arcos de triunfo (Bará e Medinaceli), templos (Baelo Claudia, Barcelona e Mérida) e monumentos funerarios (Zaragoza e Tarragona).

● En escultura consérvanse retratos de emperadores, estatuas de divindades, relevos, sartegos, etc.

● Os mosaicos e mais os restos de pinturas conservados adornaban as vivendas e as vilas rurais, e achegan información sobre a vida cotiá dos romanos.

3