os xéneros literarios

30
UNIDADE 12 OS XÉNEROS LITERARIOS

Upload: trafegandoronseis

Post on 16-May-2015

681 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Os xéneros literarios

UNIDADE 12OS XÉNEROS LITERARIOS

Page 2: Os xéneros literarios

XÉNEROS

Lírica: a descrición dos elementos serve para evocar o sentido

emocional.

Narrativa: o autor sitúase coma un espectador, contempla os sucesos exteriores a el e recréaos para o

receptor.

Dramática: os personaxes senten e actúan ante o receptor.

Page 3: Os xéneros literarios

Outros xéneros

Non ficción

Didáctica: definida pola súa intención

de ensinar.

Oratoria: definida polo seu carácter

oral e finalidade

persuasiva.

Historia: concibida

como unha narración

obxectiva de feitos reais.

Page 4: Os xéneros literarios

Xénero lírico

• Voz poética: primeira persoa que asume a enunciación do texto poético

• Ti lírico: o destinatario do enunciado.• Argumento: acontecementos ou situacións

que transmite o poema.• Estrutura: partes en que se pode dividir o

poema.• Tema: Idea central que rexe a organización do

poema

Page 5: Os xéneros literarios

Subxéneros líricos maiores

Oda Himno Elexía

Epístola Égloga

Page 6: Os xéneros literarios

Subxéneros líricos menores

Subx

éner

os lí

ricos

men

ores

Epigrama

Madrigal

Page 7: Os xéneros literarios

Presento a testimuña das feridas -mocedá derrubada,tronzada frol de arelas-e doume aos berros fondos dos camiños.Ollade cómo estamos mutilados,ergueitos os muñós apodrecidosna noite interminábel.Vede qué longas sombras dondaspasan correndo, fuxindo cara á morte,pola sede calada de aquil día-Día da Dor sin Nome-que ha de escribirse aínda nas estrelas.Presento a testimuña dos aldraxese doume o medo dos primeiros homesque alcenderon lumieiras nos curutose creeron na libertá dos soños. Celso Emilio Ferreiro

Page 8: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: narradorPARTICIPACIÓN:

. Interna

. Externa (non forma parte da historia)

NARRADOR EN 1ª PERSOA (AUTODIEXÉTICO)

Participa como personaxe na historia narrada.

. Eu protagonista:personaxe principal da acción.. Eu personaxe: función secundaria. Eu testemuña: observador

Voz: Primeira persoa, Segunda persoa, Terceira persoa.

EMISOR

NARRADOR EN 3ª PERSOA (HETERODIEXÉTICO):Fóra da narración

. Omnisciencia neutral: o narrador conta.

. Omnisciencia autorial: o narrador comenta e critica.

. Omnisciencia selectiva: limita o seu coñecemento a unha parte da historia.. Omnisciencia multiselectiva: vai adoptando o punto de vista de distintos personaxes.

Page 9: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: narrador

Page 10: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: Tempo

• Secuencia cronolóxica que transcorre entre o suceso máis antigo relatado e o máis recente.

• Ordenación lineal e progresiva.

Tempo da historia

• Manipulación que o narrador realiza no tempo da historia.• Dous tipos de manipulación temporal: Selección dos

matariais narrativos (ELIPSE, PAUSA, SUMARIO, ESCENA) e a súa ordenación

Tempo do discurso

• A historia pode ser contada de maneira lineal e progresiva • Pode ser contada introducindo alteracións na orde temporal:

ANACRONÍAS• Tipos de anacronías: FLASH BACK ou Analepse (retrocesos), FLASH

FORWARD ou Prolepse (avanzar acontecementos), e SIMULTANEIDADE.

Ordenación

Page 11: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: espazo

Page 12: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: espazo

O espazo está formado polos distintos lugares en que se desenvolve a historia

O espazo referencial é aquel ao que remiten os topónimos

O espazo narrativo é a manipulación dos elementos referenciais.

Page 13: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: espazo

Función referencial ou

deíctica: espazo descrito con

precisión para realzar a

verosimilitude.

Función estrutural: o

espazo ten importancia para a conformación da

estrutura narrativa.

Función simbólica: a descrición do

espazo retrata os estados de ánimo

dun personaxe.

Page 14: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: personaxes

Non todos teñen a mesma importancia narrativa

Personaxes principais ou protagonistas: agonistas e antagonistas

Personaxes secundarios

Personaxes de ambientación

Page 15: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: personaxes

Pola

súa

car

acte

rizac

ión

Personaxes planos

Personaxes redondos

Page 16: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: personaxes

Descrición

Prosopogra

fía

Etopea

Retrato

Etoloxía

Page 17: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: narratario

• Segunda persoa implícita no relato: destinatario da mensaxe narrativa.

Page 18: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: estilo

Estilo coloquial

Estilo líricoEstilo referencial

Estilo barroco

Page 19: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: estilo

• Estilo directo: o narrador reproduce o diálogo por medio de verbos introdutorios, dous puntos, comiñas, guións…

• Estilo indirecto: o narrador recolle as palabras ou pensamentos dos personaxes no seu propio discurso mediante cláusulas subordinadas.

• Monólogo interior: é a expresión dos pensamentos e sentimentos dos personaxes con total liberdade.

Page 20: Os xéneros literarios

Xénero narrativo: estilo

• Estilo indirecto libre: fórmula mixta de grande expresividade. A voz dos personaxes mestúrase coa do narrador. A marca fundamental é o uso dos verbos en copretérito: «Cando estiveron sós, o señor comezou a felicitar, con palabras bastante claras, a Emma pola súa herdanza, despois a falar de cousas indiferentes, que andaba sempre así, así, nin ben nin mal. Traballaba como un condenado aínda que só gañaba para ir tirando, a pesar do que dicía a xente. Emma deixábao falar. ¡Aburríase tanto desde había dous días!

Page 21: Os xéneros literarios

Aquí moitas veces me preguntan se na nosa casa había auga corrente e se tiñamos coche e cousas así. Claro, auga corrente si que tiñamos. Aquí diso non hai. Nós temos sorte porque temos un baño e un pequeno tanque coa auga quente, aínda que ma me prohibe poñelo en marcha porque é eléctrico e está nun cuarto cheo de auga, o cal pode levar á morte segura. Lakshmi contoume que unha curmá súa, unha desas cuartas ou quintas, morreu precisamente no baño, electrocutada.

Hai días nos que nin sequera poñemos a auga quente, vai moita calor. E outros nos que non podemos porque non hai luz e non funciona o tanque eléctrico. Isto pasa a miúdo no verán porque non hai auga suficiente para producir electricidade. E que terá que ver a auga coa electricidade? Explícovolo nun segundo: a electricidade que chega á nosa casa provén dun encoro enorme no río Kaveri. A auga pasa co moita forza por unhas portas e dalgunha maneira produce electricidade, que logo viaxa ás casas polos postes eses da luz. Cando non chove e non hai auga suficiente no encoro, non entra con forza nas comportas, así que non hai luz. Así se resume que algo que pasa a quilómetros da nosa casa acabe por determinar que ma e mais eu (en todo Devastnaa, para o caso), se acabe duchando en auga fría.

María Reimóndez: Usha

Page 22: Os xéneros literarios

Xénero teatral• A súa singularidade vén dada polo seu

carácter de fenómeno mixto: pertence ao campo da literatura, pois fai uso da linguaxe verbal de forma artística, mais sitúase no campo do espectáculo, á marxe do literario.

• A finalidade do teatro é a representación

Page 23: Os xéneros literarios
Page 24: Os xéneros literarios

Xénero teatral

ACTO: baséase na unidade do tempo, cun discorrer temporal

continuo e progresivo

FORMAS ESTRUTURAIS RÍXIDAS

CADRO: baséase na unidade de espazo,

representado sobre o escenario mediante o

decorado

ESCENA: unidade mínima de estrutura teatral. Muda a escena cada vez que un

personaxe entra ou sae do escenario

Page 25: Os xéneros literarios

A fala dos personaxes

Diálogo

ParteMonólogo

Page 26: Os xéneros literarios

Xénero teatral

Xéneros teatrais

• Traxedia• Comedia• Traxicomedia• Drama

Page 27: Os xéneros literarios

Xénero teatral

ClímaxAnticlímax

Page 28: Os xéneros literarios

Xénero teatral: códigos non verbais

Signos actorais Signos acústicos

Signos visuais Signos espaciais

Page 29: Os xéneros literarios

CARMIÑAE: (Entrando.) ¡Manolitus! ¡Meu amado! (Corren un cabo do outro para abrazárense.) MANOLITUS: ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae! ¡Por fin xuntos e sós! Estamos por fin xuntos e sós nesta natureza salvaxe, sen vixilancia, sós, co bosque como única testemuña. CARMIÑAE: Si, sós, por fin sós. MANOLITUS: Sós por fin, gracias ós deuses estámo-los dous sós e íllados do mundo. CARMIÑAE: (Nun suspiro.) Sós, sós, sós. MANOLITUS: (Suspirando asemade.) Sós. CARMIÑAE: (Logo dunha pausa de ollares tenros.) E haberá que facer algo para non aburrirse, digo eu, ¿non?; como estamos tan sós... MANOLITUS: Oes, pois tes razón. (Sentan collidos da man no toro da árbore e pensan un anaco en silencio.) ¡Xa sei o que podemos facer! CARMIÑAE: ¿Que? MANOLITUS: Eh... ben, nada. CARMIÑAE: Non me sexas vergoñoso, dime o que era. MANOLITUS: Non muller... era unha parvada... ademais non vas querer... CARMIÑAE: (Mimosa.) Dime o que era, anda. MANOLITUS: Ti o parchís non o trouxeches, ¿ verdade? CARMIÑAE: (Decepcionada.) Non... ¿e se xogaramos ás prendas?

O achado do Castro, de Manuel Nuñez Singala

Page 30: Os xéneros literarios