pais dos mandons

2

Click here to load reader

Upload: xouba-castelao

Post on 07-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

texto para ler

TRANSCRIPT

Page 1: pais dos mandons

O PAÍS DOS MANDÓNS

Había unha vez moi lonxe moi lonxe, pero que moi lonxe un estrano país: O PAÍS DOS MANDÓNS . Un país onde, como podes imaxinar,lles gustaba moito MANDAR.

Nese país tan estrano sucedían cousas tamén moi estrañas que a xente non comprendía , as nais, as avoas e as nenas só podían facer unha cousa, traballar e traballar e volver a traballar na casa: facían as camas, cociñaban, pasaban o ferro, lavaban a louza ,lavaban a roupa e varrían .

Todo o día traballaban e traballaban e non lles daba tempo a divertirse en nada.

NON podían saír de paseo

NON podían facer ximnasia

NON podían ir á piscina nin á praia.

NON podían ir ao cine ni ao teatro

NON podían tocar música.

NON podían ler libros nin o xornal.

NON podían ir en bici.

NON podían facer excursións.

Iso non lle gustaba NADA DE NADA. Por iso ás veces estaban moi pero que moi enfadadas.

Tampouco os papás, os avós e os nenos estaban felices.

- Pois vaia leria de país –dicían os papás e as mamás.

- Pois vaia leria de país –dicían os avós e as avoas.

- Pois vaia país máis aburrido – dicían os nenos e as nenas.

Así que decidiron que era preciso falar cos Mandóns: Quedanacasa, Ameazo, Comoeudigo e Nonsepode.

Page 2: pais dos mandons

Puxéronse en camiño, o día 8 de marzo, os pais e as nais, os avós e as avoas e os nenos e nenas. Todos levaban unha bufanda lila para que todo o mundo soubese que ese grupo ía en misión especial.

Os Mandóns non lles facían caso e entón Inés tivo unha gran idea: VOTAR O QUE SE QUERE FACER.

VOTARON QUE TODOS E TODAS:

Querían ler libros e os xornais. Votaron que querían tocar a pandeireta , o violín e o piano. Votaron que querían cociñar, pasar o ferro e limpar ,os nenos e

nenas, os avós e as avoas , os papás e as mamás. Votaron que non querían Mandóns no seu país.

Escribiron todas estas normas nun papel lila: A CONSTITUCIÓN.

E pensaron e pensaron e decidiron que un país no que os nenos e as nenas están contentos, no que as nais e os país COLABORAN XUNTOS, no que os avós e as avoas non están tristes…tense que chamar:

O PAÍS DA IGUALDADE.