palabra de arbore
DESCRIPTION
Poemas dos nenos e nenas de 5 e 6TRANSCRIPT
O 21 de marzo celébranse en todo o mundo, o Día da Poesía e o Día da Árbore. Este ano démoslle a benvida á primavera recitando e creando poemas sobre os nosos bosques e as nosas árbores . Das árbores obtemos moitos beneficios: Producen osíxeno,
imprescindible para a vida no planeta.
Purifican o aire. Protexen o chan da erosión. Axudan a aforrar enerxía. Proporciónannos leña para
quentarnos no inverno. Proporcionan sombra e
bonitos paisaxes. Reducen o ruído. Protexen aos animais que
habitan ou dependen delas
Para concluir : as árbores, fan a nosa vida máis agradable.
O Carballo
Frías as noites,
as noites de abril
treme o carballo,
non pode durmir!
As súas folliñas,
verdes e douradas,
mécense co vento
mécense caladas.
Os paxaros cazan
para os seus poliños
¡non hai quen os cale
a todos no niño
No inverno nevado
cáenlle as follas
e treme co frío
Pobriño,¡ está espido!
Cando bota landras
os porquiños apurados
van correndo coma tolos
porque están esfameados.
No outono, esgotado,
ao meu carballo
cáenlle as follas
e dáme traballo.
Tardes enteiras
do solo recollo
folliñas secas
que caen a modo.
Remato aquí o poema
dedicado ao meu carballo
que siga medrando bonito
que siga medrando san.
Águeda González - 6ºEP
O carballo
americano
Carballo querido do meu corazón,
o cuco séntase nas túas polas
e ti poste contento coa súa canción.
Alí no pobo, cómodo e sen ruído
Nas túas polas, aos paxaros,
Gústalles facer o seu niño.
Alejandro Estévez – 6º EP
Os Carballos
Eu teño moitos carballos
Que me regalan agasallos,
Como son as follas e o amor
Que eles transmiten
co seu cálido verdor.
Tamén nos dan a súa leña
Para quentarnos e cociñar,
Ademais do lapis e o papel
Que serve para debuxar
Brayan Calviño – 5º EP
A nogueira
Cando viñen a Moreiras Na finca vivía unha nogueira.
Cando a encontrei era pequerrecha A súa altura era ata a miña cabeza.
Agora é moi grande
E xa plantei outra Medra cunha amiga
Comparten a súa sombra.
A elas encántalle verme disfrutar,
que xogue con elas e por elas trepar.
David Martínez – 6º EP
A ÁRBORE DE SAN XOÁN
A miña árbore é especial,
É un centenario pradairo
frondoso e moi fermoso,
que medra na capela de San Xoán.
A miña árbore ten unha lenda
que me contou meu avó
unha historia que é vella
e por iso non quero que se perda.
A miña árbore ten un burato
aberto no seu tronco,
no que habita un trasgo
onde agocha os seus tesouros.
A miña árbore está encantada
e por iso, nas noites de lúa,
acolle no seu tronco
a esta escura criatura.
Estela Araújo – 6º EP
A Magnolia durme
tranquila na praza
nin os fríos ventos
conseguen espertala.
Agardo con ela
O duro inverno
Mimándoa, coidándoa
Ata que pase febreiro.
Despois de febreiro
A primavera xa chega
E o canto dos paxaros
A magnolia espertan. Fermín Cruz – 5º EP
a laranxeira
Miña árbore,
é moi apreciada,
por darme sombra,
e máis laranxas.
As árbores para min,
son unhas heroes,
reducen a contaminación,
dannos flores e alegres cores.
Cos incendios vemos,
que acabamos coa natureza,
poucas quedan sen queimar,
iso é unha gran tristeza!
Lucía Pérez – 6º EP
A figueira
De pé, no medio da horta,
tras o seu sono, esperta
a solitaria figueira
ao chegar a primavera.
Os xílgaros e os merlos
agardan impacientes,
pousados nas súas polas
a que medren as súas follas.
Énchese o aire de calor
e a figueira recupera a súa cor,
ao seu redor todo é sombra
ao seu redor todo é frescor.
A dozura dos seus froitos
de cor rosa e marfil
dun sabor moi delicado,
son un manxar para min!
María Álvarez Castro – 6º EP
A abeleira
Na miña horta plantada
eu teño unha abeleira.
Póusanse os paxaros nela
dende a noite a madrugada.
Cando estou triste
ou deprimida
déitome baixo a súa sombra
e recupero a alegría.
Lendo un bo libro
Sentada ao teu carón
paso moito tempo,
é unha boa diversión.
María Domínguez-6ºEP
A
sobreira
Miña sobreira frondosa
dásme vida e dásme sombra,
es cariñosa e falangueira
entre as árbores, a primeira.
Se a nós non nos gusta
que ensucien o noso fogar,
a ti tampouco che agrada
que o teu o queiran queimar
Vou coidarte cada día
e con cariño me recibes.
Prometemos coidar o medio ambiente,
o lugar onde ti vives.
Miña compañeira, miña sobreira
miña árbore falangueira
miña sombra, miña vida,
miña árbore querida.
María Rodríguez – 6º EP
A oliveira emigrante
chegou de Lleida
a miña oliveira.
Falaba catalán
pero agora xa é galega.
Ilumina o xardín
con cores brillantes,
co seu traxe prateado
sempre vai elegante.
No seu recuncho
atópase moi feliz.
Nós coidámola moito,
e ela adorna o noso xardín.
Rodrigo Rivera – 5EP
O castiñeiro
A árbore centenaria
que teño ao meu carón,
é un fermoso castiñeiro
que adorna o meu pobo,
de xaneiro a decembro.
Ao chegar o outono,
recollo o seu foito,
unhas deliciosas castañas,
que me gustan moito!
Yago González – 5º EP
A cerdeira
Eu teño unha cerdeira;
que é unha árbore froiteira.
Da moi ricas e coloradas ameixas,
coñecidas como cereixas.
A miña árbore que ten un gran corazón:
acolle aos paxariños con moita ilusión,
dialoga coas demais árbores
e axuda nas discusións.
Cando sae o sol ela abre as súas pólas
e mantense firme en calquera situación,
pois, é a máis sabia de todas,
tomando unha decisión.
Entre todas as cerdeiras;
ela é a máis bonita, a máis guapa,
é tan fermosa,
que parece unha rosa.
Yesica Ribeiro – 5º EP
O piñeiro
No tronco do meu piñeiro
Fixo un buraco redondo
O paxaro carpinteiro.
Usaráo como niño
Durante todo o inverno
E alí terá acubillo.
O piñeiro é unha árbore
Que non perde as súas follas.
É o fogar de moitas aves
E danos madeira e sombra.
Os piñóns, que son tan ricos,
Alimentan aos esquíos
E a nosa mascota, Efrén,
Fai festas cos seus amigos.
Os chopos
As follas dos chopos
Cantan cancións
Cando as move o vento,
O vento xoguetón.
Cando chega o outono
Póñense amarelas
E van caendo ao chan.
Que gusto da pisar nelas!
¡Como me gusta sentarme
Xunto ao seu tronco amigo
Oíndo cantar os paxaros
Mentres lemos un bo libro!