para as nosas nenas e nenos de 5º. sociais e ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system ›...
TRANSCRIPT
PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º.
Ola de novo a todas e todos!! Como vos vai? Axudades na casa? E que tal as tarefas
vosas? Hoxe mandamos algunha máis. Lembrade que debedes intentar facelas vós, sen
agobiar ás familias, de acordo?
A ver: facemos reconto.
SOCIAIS E NATURAIS
Que tal eses mapas? Seguramente xa non hai provincia nin comunidade que se vos
resista, verdade? Pois imos cambiar un pouco de tema: neste mesmo documento
achegamos imaxes cos principais ósos e músculos do noso corpo. Es quen de
aprendelos todos??? Por suposto que si! Verás que tamén hai imaxes nas que faltan os
nomes. Son para que os poñas ti. Non é necesario que as imprimas; podes facer
listados verticais nunha folla e logo contas os teus acertos. Tamén achegamos este
enlace a un vídeo, sinxelo e claro, sobre o aparato locomotor. E cando te canses de
tanto óso, podes comezar cos mapas físicos de España: os mares, principais ríos,
cordilleiras e depresións ...
MATEMÁTICAS
Se xa fixeches as fichas que achegamos o día 17 e non tiveches problema, podes agora
intentalo coas que poñen AA no recadro superior da dereita. Lembra: Unidades 2, 3, 4
e 5. Son un pouco máis complicadas, así que, non te preocupes se algo se che resiste.
Fai as actividades que poidas, sen agobios. E, para traballar en matemáticas dun xeito
máis divertido, aquí vai unha páxina chea de retos. As solucións están ao final, pero
non fagas trampas, eh! Se as fas, deixa de ser divertido. Intenta resolver un u dous
cada día e comprobar só a solución deses que fixeches.
LENGUA, LINGUA, PLÁSTICA
Continúa coas Lecturas e fichas de comprensión lectora. Intenta responder con frases
ben elaboradas; non o fagas de calqueira forma. Son quince, polo que aínda deberías
ter material.
Que tal a túa Caixa de vida? E o libro de Quéresme, quérote? Lembra ir amodo e poñer
todo o teu esmero nos textos en na parte plástica. Tamén que podes facelos con
tantos obxectos ou páxinas como queiras. Aproveita para reler eses teus libros
favoritos ... os libros teñen moitas vidas.
Seguiremos en contacto con vós. Aí vos vai unha aperta ben forte. Podes sentila???
Músculos e máis músculos.
Ósos ... duros de roer!
PARA PRACTICAR