pasto da dinamita

201
Construtores de imperios (Traballadores galegos nos Estados Unidos e no canal de Panamá entre 1900 e 1920) Bieito Alonso ÍNDICE 1.- Introdución Viaxe 2.- 2.- Viaxe de ida e volta aos Estados Unidos e ao Canal de Panamá 3.- O mar como escola. Mariñeiros galegos en Nova York e Filadelfia 4.- Galegos no Canal de Panamá: entre a boa imaxe e a conflictividade social 5.- Da represión á deportación. Os casos de Manuel Rey e Frank López 1

Upload: bieito-alonso-fernandez

Post on 13-Mar-2016

272 views

Category:

Documents


15 download

DESCRIPTION

historia da emigración e actividade sindical dos traballadores galegos nos Estados Unidos e canal de Panamá no primeiro terzo do século XX

TRANSCRIPT

Page 1: pasto da dinamita

Construtores de imperios

(Traballadores galegos nos Estados Unidos e no canal de Panamá entre 1900 e 1920)

Bieito Alonso

ÍNDICE

1.- Introdución

Viaxe 2.- 2.- Viaxe de ida e volta aos Estados Unidos e ao Canal de Panamá

3.- O mar como escola. Mariñeiros galegos en Nova York e Filadelfia

4.- Galegos no Canal de Panamá: entre a boa imaxe e a conflictividade social

5.- Da represión á deportación. Os casos de Manuel Rey e Frank López

6.- Cantas identidades viaxan no baúl dun emigrante galego (e anarquista)?

7.- Entón, que identidade construir?

8.- Bibliografía

1

Page 2: pasto da dinamita

INTRODUCIÓN

Durante as últimas décadas, as investigacións sobre os procesos migratorios téñense

centrado na análise dos fluxos, das cadeas migratorias, na organización socio-política que

desenvolveron os migrantes nos países de acollida e, ultimamente, nos efectos das

migracións nas sociedades de orixe e nos procesos de (re)construción identitaria que

protagonizaron aqueles. Con maior ou menor énfase en cada un destes apartados, os estudos

sobre as migracións dos galegos camiñan por vieiros semellantes. É precisamente arredor da

cuestión identitaria onde se teñen producido novidades metodolóxicas máis significativas.

Por unha banda, na articulación das identidades colectivas que se desenvolveron entre as

colectividades emigrantes, fundamentalmente na América do Sur, e como se foron definindo

en función das relacións, e das expectativas, que se modelaron en relación ás sociedades de

acollida. E, ao tempo sobre a construción da imaxe colectiva dos galegos como emigrantes,

tanto para as elites como para os sectores populares dos estados americanos. Por outra

banda, aparecen a cada pouco aportacións relevantes sobre as consecuencias que, para a

sociedade galega, tivo o fenómeno migratorio. Non tanto dende unha perspectiva

demográfica ou socioeconómica como na influencia que tivo o discurso, e a realidade

migratoria, na construción da nosa identidade colectiva e, nese senso, resultan especialmente

estimulantes os estudos sobre a influencia que exerce nese proceso a relación epistolar entre

migrantes e parentes que permanecen en Galicia.

Porén, alomenos ata o de agora, pouco temos adiantado en relación ao outro factor

identitario básico: a clase. Agás estudos moi localizados, a análise da prespectiva de clase

nos procesos migratorios está praticamente ausente, a diferenza do que ten ocorrido con

outras historiografías, como é o caso, entre outras, da italiana. Coñecemos, por exemplo, a

2

Page 3: pasto da dinamita

imaxe que os nosos migrantes, alomenos aquela minoría que escribiu e reflexionou, nos

transmitiron das sociedades de acollida; tamén coñecemos a imaxe que, da emigración, se

asentou na propia Galicia, pero carecemos, aínda hoxe, da opinión que os sectores populares

(o proletariado urbano, os xornaleiros,...) que emigraron dende Galicia puderon forxar sobre

a súa experiencia migratoria. Moito menos coñecemos aínda daqueles individuos, ou

colectivos, que traballaron na emigración como activistas sindicais, dende unha perspectiva

diferenciada, e que se incorporaron aos movementos obreiros e ás organizacións dos

traballadores dos países de acollida.

Ben é certo que a identidade, entendida de xeito moi xenérico como o senso de pertenza a un

pobo foi, e segue a ser, un concepto chave na interpretación da experiencia dos inmigrantes.

A formación da identidade de grupo e a creación da infraestrutura institucional son aspectos

que se converteron en temas centrais da historia das migracións, opacando en grande parte

os aspectos de clase. Pero a clase tamén foi un instrumento para tentar construír unha

identidade colectiva. Pudo ser a través do discurso ideolóxico elaborado, pero tamén a través

das propias formas organizativas das que se dota o colectivo en cuestión. Tal parece que,

nesa construción identitaria, clase e nacionalismo (tanto o proletario e/ou burgués dos países

de acollida como do Estado de orixe) enfrontáronse para atraer as lealdades dos

traballadores a través das propostas concretas que patrocinaron os dirixentes socialistas e/ou

anarquistas e os sectores prominentes das colectividades emigradas.

Hoxe sabemos que os inmigrantes levaron canda eles, a América, nocións, anque fosen

rudimentarias, da realidade de clase e de identidade. Que se desenvolveron en principios de

identidade étnica e de clase, no encontro coa realidade do desenvolvemento industrial e do

racismo (disfrazado como nativismo), e na relación cos seus ideais da democracia e do

progreso social. A construción desta identidade foi un proceso ininterrompido que se

alongou por numerosas xeracións. Un proceso no que os inmigrantes non foron simples

destinatarios pasivos das mensaxes culturais, senón protagonistas, filtrando esas mensaxes a

partir das súas experiencias, memorias e valores persoais. Entendo eu que non foi outra

cousa que a dimensión colectiva da construción das propias identidades persoais, percibidas

dende o exterior como un todo no cal identidade e a clase constituen aspectos inseparables,

malia que por veces en conflito.

Porén, por veces, cando reparamos na experiencia colectiva que viviron os traballadores

galegos emigrantes semella que existe un baleiro conceptual indefinido. Un baleiro que, para

explicar a xénese das novas identidades, non se enche coa apelación á clase ou á nación.

Ata non hai moito os estudos sobre as mobilizacións sociais teñen silenciado

3

Page 4: pasto da dinamita

sistematicamente as emocións. Isto ten sido así porque foi moi habitual entender as

emocións como irrupcións irracionais do estado de ánimo, que conlevan á toma de decisións

incorrectas. Entre tanto, no ámbito do público, xustamente onde teñen lugar as

mobilizacións sociais, a lexitimidade da acción provén da racionalidade dos axentes. É o

cálculo custe-beneficio, a persecución de intereses “racionais” e, finalmente, a configuración

da acción arredor de “ideais” o que motiva a acción colectiva: alí as emocións non teñen

nada que aportar.

Porén, recentemente varios autores téñense interrogado a propósito do “silencio” da

socioloxía dos movementos sobre o papel das emocións. Nos estudos iniciais, os

movementos entendíanse como expresións reaccionarias dunha multitude furiosa e iracunda;

os seus participantes eran inmaduros, narcisistas e que necesitaban crer en algo, e que as

protestas eran un sinal de inmadurez (Goodwin, Polleta e Jasper, 2001).

Sen embargo, as novas aproximacións salientan que esas protestas non pertencen

unicamente á esfera do íntimo e o apolítico, e afirman que as emocións tamén se producen

nas interaccións sociais, polo cal se expresan en siginificados compartidos socialmente,

valores culturais e crenzas, que inciden na valoración do entorno e na motivación da

actitude. Tanto é así que as emocións axúdannos a explicar tanto a formación dun actor

colectivo como o mantemento da acción colectiva. Por exemplo, é probable que un

individuo decida participar nun movemento debido a un “shock moral”, é dicir a emerxencia

dunha emoción poderosa, a partir do seu encontro cun evento ou cunha determinada

información. En resumo, os argumentos máis recentes a propósito da identidade rexeitan o

lugar común da oposición entre a identidade como expresiva e a estratexia como

instrumental e tentan demostrar que os activistas despregan as identidades estratexicamente

e que as opcións estratéxicas teñen significado en referencia aos grupos que se identifican

con elas. Especificamente, nós non debemos asumir que a identidade oponse ao interese, aos

incentivos e á estratexia. Máis ben o que semella é que os intereses estruturais son, a miúdo,

recentes na súa orixe; que nós podemos implicarnos nunha protesta moral para acadar

aquelo que queremos; que o que se considera unha boa estratexia adoita estar relacionado co

tipo de grupos coa que está simbolicamente asociada; e que os movementos promoven

novas identidades como unha vía tanto para gañar poder como para transformarse a si

propios ( Goodwin, Polleta e Jasper, 2001).

Procuramos por tanto, neste volume, intuir, tan só intuir, a resposta a algún dos ocos

pendentes. Desvear a presenza dos traballadores galegos, como protagonistas, no percorrido

migratorio ata os Estados Unidos e o canal de Panamá; a súa vinculación coas estratexias de

4

Page 5: pasto da dinamita

mobilización patrocinadas polos líderes anarquistas que, emigrantes como eles, dirixiron a

súa loita contra a marxinación económica e social; o discuso politico e/ou organizativo que

desenvolveron eses dirixentes nun contexto de exclusión e marxinalidade en relación ao

núcleo do movemento obreiro norteamericano; e por último, a proposta de (re)construción

identitaria que alentaron aqueles libertarios galegos que se instalaron nos Estados Unidos e

no canal de Panamá, atravesada pola confrontación cos nemigos de clase de aquí e de alá, e

articulada ao redor dos grandes principios do internacionalismo e do cosmopolitismo, malia

que aquí entendemos que mediatizada, en última instancia, polo que poderemos definir

como “identidade emocional”.

5

Page 6: pasto da dinamita

VIAXE DE IDA E VOLTA AOS ESTADOS UNIDOS E AO CANAL DE PANAMÁ

Existe un acordo xeralizado na identificación dos primeiros anos da década de 1880 como o

punto de partida do que se denomina, nos Estados Unidos, “nova” emigración. Dende 1896,

o número de estranxeiros que chegaron procedentes da Europa do Leste e do Sur

representaba xa máis da metade de toda a poboación inmigrante e no ano 1901 constituía

case dous terzos. Esta nova onda trouxo aparellado un cambio radical na composición da

inmigración e na renovación demográfica pero ao tempo foi percibida, por unha parte

significativa da poboación nativa, como alóxena e inasimilable (Hoerder 1983). O que máis

inquedaba aos norteamericanos daquel tempo, máis aínda que o declive relativo da fonte

tradicional de poboamento americano e a súa substitución por novos grupos étnicos, foi o

carácter obreiro desta inmigración. E para aqueles que avogaban por facer máis estritas as

condicións de entrada ao país aínda había outro argumento: os inmigrantes que chegaran un

século atrás eran diferentes destes máis novos porque chegaran “legalmente”. Porén, en

realidade a distinción entre legalidade e ilegalidade en relación á inmigración non deixaba

de ser un artificio retórico destinado a xustificar unha lexislación segregadora porque ata

1918 os Estados Unidos non requeriron o pasaporte como documento legal e, xa que logo, o

termo “inmigrante ilegal” carecía de significado. O único requisito que precisaban os recén

chegados para probar a súa identidade era contar cun parente ou amigo que xa residira nos

Estados Unidos e que respondera por eles. En realidade, os axentes de alfándegas

limitábanse a constatar a apariencia física dos recén chegados para, mediante esa

metodoloxía tan pouco sofisticada, impedir a entrada dos enfermos mentais e dos

discapacitados físicos (e, logo de 1905, en rexeitar a aqueles que foran acusados de seren

anarquistas). Aínda máis, para facilitar o traballo dos funcionarios norteamericanos eran as

propias compañías navieiras quen facían as inspeccións sanitarias en Europa porque non

querían vérense na obriga de “deixar a alguén atrás". Ademais, por entón, a fronteira entre

México e os Estados Unidos non tiña vixilancia específica e podíase atravesar libremente en

calquera dirección.

Con todo, a lei de 1917 non foi o primeiro nin o último dos intentos promovidos polo

goberno norteamericano para escoller aos seus inmigrantes. No ano 1882 aprobouse a

Chinese Exclusion Act, que foi a primeira lei sobre inmigración baseada en criterios raciais e

que alén de impedir a entrada de traballadores chineses nos Estados Unidos por un período

de dez anos excluia aos naturais daquel país do dereito á cidadanía. E posteriormente, no

ano 1924, foi aprobada a Immigration Act (tamén coñecida como National Origins Act,

6

Page 7: pasto da dinamita

Johnson-Reed Act ou Immigration Quota Act), que establecía un sistema de cotas baseado

na orixe territorial dos inmigrantes e que foi empregada, fundamentalmente, para limitar a

entrada dos inmigrantes procedentes do Sur e do Leste de Europa.

Polo que respecta á emigración galega – como tamén a española - cara os Estados Unidos é

preciso salientar que nunca acadou unha dimensión cuantitativa notable, sobre todo se a

comparamos co volume de migrantes que viaxaron ata o Río da Prata ou a illa de Cuba

durante as dúas últimas décadas do século XIX e os primeiros trinta anos do século seguinte.

Non máis dun 2% do total de españois que marcharon a América foron directamente aos

Estados Unidos e un terzo deles fíxoo entre o comezo da I Guerra Mundial e a inmediata

posguerra Yáñez, 1994).1 En canto a Galicia, só temos datos concretos para o período que

vai dende 1921 a 1930, e nesa década, a emigración galega aos Estados Unidos non supuxo

máis que un cativo 3,75% do total das 485972 persoas (case un 40% mulleres) que

abandonaron Galicia nunha viaxe transoceánica.

Nesa cativa relevancia que, para os galegos, tivo o destino norteamericano mesturáronse

diferentes razóns; algunhas delas máis “obxectivas”, como por exemplo as dificultades

lingüísticas e culturais que debían enfrontar no mundo anglosaxón; e que, sen dúbida,

embazaron as súas posibilidades laborais. Pero, ademais das eivas lingüísticas, non podemos

esquecer a importancia que tiveron outros factores, aparentemente menores, na elección dos

destinos migratorios como foi, poñamos por caso, a disponibilidade e/ou a limitación dos

medios de transporte. Polo que sabemos, durante o século XIX a meirande parte dos

migrantes españois e galegos que se dirixiron aos Estados Unidos embarcaron nos portos

franceses antes que nos peiraos da costa atlántica peninsular. Porén, a explicación deste

aparente paradoxo semella sinxela: por moito tempo as compañías navieiras non realizaron

viaxes directas dende Galicia a América polo que os emigrantes galegos deberon facer a súa

viaxe cara o continente americano por etapas, con escalas obrigatorias nos portos franceses

ou británicos. Dende alí, eran varias as compañías que partían con destino a New York.

Porén, as máis importantes eran tres, a White Star Line, a Line Southampton-Cherbourg-

New York, e a United States Lines e American Line. Todas elas combinaban con vapores

doutra compañías que recollían aos viaxeiros nos portos galegos durante as viaxes de

retorno, con destino a Liverpool, Southampton, Le Havre ou Cherbourg (Vázquez, 1992).

Anque co paso do tempo apareceron as primeiras compañías a vapor que uniron

directamente España con América, esas liñas estiveron moi vinculadas á súa condición de

1 Os datos recollidos na American Ethnic Groups salientan que, entre 1880 e 1920 ingresaron nos Estados Unidos case 130000 españois.

7

Page 8: pasto da dinamita

buques-correo e iso beneficiou de xeito case exclusivo ao porto de Cádiz como cabeza e fin

das liñas trasatlánticas postais, en prexuízo doutros portos cunha antiga tradición postal

como era o da Coruña. A existencia dunha corrente migratoria intensa e antiga creou na

provincia gaditana estructuras de saída máis ou menos permanentes que, chegado o caso,

utilizábanse con facilidade para favorecer a emigración clandestina, crecente na última

década do século XX, grazas, fundamentalmente, á súa proximidade da colonia británica de

Xibraltar.

Era tan habitual este tránsito que nalgún xornal da época como o gaditano El Manifiesto

(9/7/1893), relatábase con absoluta naturalidade o trasvase de pasaxeiros que se producía

entre o porto de Cádiz e o de Xibraltar, coa aparente complicidade das autoridades

portuarias: “Son muchísimos los centenares de criaturas que siguen emigrando para Estados

Unidos (...). En esta ciudad se tiene una casa de alistamiento, como si dijéramos una

bandería, y de aquí salen para Gibraltar, verdadero punto de partida (...). Sin ir más lejos, en

este punto existen dos vapores que hacen viaje por la noche a Gibraltar, conduciendo

pasajeros que emigran sin que se les exija documentación”.

Polo que respecta aos portos galegos, en xeral aqueles vapores que dende a década de 1850

realizaban escalas na súa rota americana non foron buques-correo polo que a frecuencia

desas escalas era moi irregular. A escaseza de buques das compañías, os prezos elevados das

pasaxes, o cativo número de pasaxeiros de clases altas que embarcaban en Galicia e a

competencia da vela foron outros factores importantes que dificultaron por tempo o

establecemento de liñas estables entre Galicia e América (Vázquez, 1992).

Non foi ata a década de 1860 cando algunhas das grandes compañías navieiras europeas

deron os primeiros pasos para facer escalas máis ou menos regulares nos portos galegos.

Con todo, e ao cabo, non foi máis que o auxe migratorio experimentado na década de 1870 o

que animou ás navieiras estatais e estranxeiras (Compagnie Genérale Trasatlantique

Française, Antonio López y Cia., Royal Mail Steam Packet Company,...) a incorporar os

portos galegos como escalas fixas nas súas liñas cara América do Sur.

Cadro 1. Emigración española (E) e galega (G) a Estados Unidos. Saldos

decenais (miles de persoas)

1871-1880 1881-1890 1891-1900

8

Page 9: pasto da dinamita

E: 5266 E: 4419 E: 8731

G: 1580 G: 1647 G: 3505

1901-1910 1911-1920 1921-1930

E: 27935 E: 68611 E: 28958

G: 10895 G: 22700 G: 1158

Fonte: U.S. Census Bureau. Tables 1 e 2. Immigration by region and selected

country fiscal years 1820-1998.

De modo xeral, a maioría dos españois e galegos (aproximadamente, un 70%) que

emigraron aos Estados Unidos eran traballadores sen cualificación laboral e boa parte deles

ocupáronse en actividades relacionadas coa mariña mercante (Alonso, 2006). Describiuno

de xeito moi plástico Castelao no Sempre en Galiza,

“A miña man douse aos fogoeiros, peóns, taberneiros e lavaplatos de Nova – York, aos

mariñeiros de Filadelfia e Boston, aos obreiros de Chicago, de Detroit e de Lackawanna,

aos mineiros de West Virginia, aos artesáns e camareiros de San Francisco...”.

E confírmano as estatísticas e os memorandos das representacións consulares. Os datos dín

que, entre 1870 e 1930, un 27% dos inmigrantes galegos eran traballadores manuais

especializados, un 19%, traballadores non manuais, en tanto que a porcentaxe de

traballadores non cualificados ou semicualificados chegaría ao 54% (Alonso, 2006).

Números que tamén se ven confirmados, nunha perspectiva máis cualitativa, polos informes

que enviaron os diplomáticos españois nos anos 1933 e 1934 e dos que se infería que o 70%

dos membros da colonia española estaba composta por obreiros industriais, mineiros,

camareiros, pastores, oficinistas, contables e oficios relacionados co mundo do mar; o 15%

9

Page 10: pasto da dinamita

eran pequenos comerciantes e industriais establecidos por conta propia e o restante 15%

aparecía agrupado no epígrafe xenérico de “empregados e outros servizos”.

Mesmo nas épocas nas que se podía dar por rematado o fluxo migratorio máis intenso e

cando xa existía unha segunda ou unha terceira xeración de galego-americanos, a

distribución ocupacional da colectividade non pareceu variar de xeito notable.

Boa parte destes inmigrantes declararon á súa chegada aos Estados Unidos teren traballado

con anterioridade nos oficios relacionados co mar: máis de dez mil se, ademáis dos

mariñeiros, contamos aos fogoneiros e aos maquinistas de vapor. En xeral, todos eles

deberon aceptar traballos moi duros. O testemuño de Antonio Pita, un coruñés que chegou a

Estados Unidos en 1920 resulta abondo esclarecedor,

“Aquí había traballo para os que non tiñamos estudios. Faciamos o que os negros non

querían e despois, coa experiencia, co idioma, íamos avanzando. (...) Empecei a

traballar no que saía, adicábame ao que outros non querían, mesmo os negros. De

paleiro ou carboneiro nos barcos. Tamén de fogoneiro ou como engraxador, e nas

máquinas” (Rueda, 1995).

En total e para todo o período de referencia, entre mariñeiros, fogoneiros e maquinistas de

vapor foron máis de dez mil as persoas que se identificaron como traballadores do mar. Xa

nos Estados Unidos, a grande maioría destes inmigrantes concentrouse en New York e, en

menor medida, nos portos máis importantes da costa atlántica. 2 E a elección de New York

como destino prioritario nunca foi un asunto casual. Non debemos esquecer que o porto

desta cidade constituía a peza central do extenso sistema marítimo norteamericano e que era

de lonxe o máis grande de todo o país.

Se falamos dos nichos laborais nos que se acobillaron os mariñeiros galegos, podemos dicir

que moitos deles desenvolveron o seu oficio nos remolcadores do río Hudson, nos barcos

carboneiros da US Navy (colliers) ou nos vapores de carga (caso dos que pertencían á

United Fruit Company) que se achegaban con regularidade aos principais portos

latinoamericanos. Moitos destes homes procedían das vilas costeiras do litoral coruñés que

se estende entre A Coruña e Bares e comezaron a ingresar no país facendo parte tanto das

tripulacións dos barcos da frota mercante norteamericana como dos barcos auxiliares da

Mariña de Guerra, aos que se incorporaban durante as escalas que ambas as dúas realizaban

2 Os mariñeiros tamén eran o colectivo maioritario entre os galegos que residían en Galveston, New Orleans e Boston.

10

Page 11: pasto da dinamita

periodicamente no porto da Habana. Todo semella indicar que este proceso acelerouse nos

anos da guerra de Cuba.

O certo é que esta dinámica migratoria non rematou co fin da guerra senón que se mantivo

vixente nas seguintes décadas. Aínda en 1924, moitos mariñeiros galegos seguían a

incorporarse, en calidade de fogoneiros ou engraxadores, nas tripulacións dos barcos

norteamericanos, aproveitando calquera escala nalgún porto da América do Sur, como medio

para burlar as limitacións á inmigración que estableceu a Lei de Cotas, aprobada nese

mesmo ano. Anque, agora, do que se trataba, máis que de conseguir traballo estable como

mariñeiros era de arribar ás cidades industriais do Leste como panca para a procura doutros

traballos con mellores perspectivas salariais.

De xeito semellante aos Estados Unidos, Panamá non formaba parte nos primeiros anos do

século XX do abano de destinos maioritariamente elixidos pola diáspora galega, pero a

partir de 1904 apareceu un novidoso atractivo que persuadiu a moitos galegos para poñeren

rumo cara este pequeño territorio da América Central. O comezo das obras de construción

do gran canal que habería de unir os océanos Atlántico e Pacífico actuou como inmediato

reclamo para miles de traballadores peninsulares, moitos deles galegos, que sumaron a súa

forza de traballo a doutros moitos traballadores de distintas nacionalidades para daren cabo

dunha obra que habería de sinalar un camino sen retorno na consolidación dos Estados

Unidos como nova potencia imperialista.

Se ben a idea da construción dun canal no istmo panamiano era un proxecto moi vello, que

xa agromara nos primeiros tempos da colonización española, non foi ata finais do século

XIX cando se perfilou como unha iniciativa viable. Foron o franceses da Compagnie

Universelle du Canal Interocéanique os que realizaron, entre 1881e 1894, os primeiros

estudos técnicos e financeiros da obra, amparados polo prestixio do enxeñeiro Ferdinand de

Lesseps, moi coñecido por ter dirixido anos atrás a construción do canal de Suez. Porén,

unha cousa era o que fixera Lesseps para deseñar unha vía de comunicación a nivel do mar,

nunha orografía praticamente plana, e cunha lonxitude de pouco máis de e outra ben

distinta era establecer un plan para construir un canal a través dunha mesta selva subtropical,

obrigados a remover enormes cantidades de rochas e terra nun terreno extremadamente

fráxil e a xestionar unha gran cantidade de man de obra. Axiña se percibiu que a compañía

de Lesseps non estaba en condicións de soportar a construción dunha infraestrutura desa

magnitude, non só por razón técnicas e organizativas senón tamén polo escaso rigor aplicado

na xestión dos fondos económicos recadados. Finalmente, no ano 1889, a compañía de

Lesseps quebrou e os seus dereitos sobre o canal pasaron a seren xestionados polo enxeñeiro

11

Page 12: pasto da dinamita

xefe da obra, o francés Philipe-Jean Bunau-Varilla, quen acabou por traspasarlle os seus

dereitos e propiedades ao goberno dos Estados Unidos a cambio do pagamento duns 40

millóns de dólares.

Pero o cambio de propietario non supuxo un simple traspaso na titularidade senón que

trouxo aparellada unha profunda modificación na concepción da obra. Mentres que para os

antigos promotores franceses, a construción do canal non era máis que a arriscada operación

económica dunha compañía privada, para o goberno norteamericano a nova infraestrutura

era unha trabe esencial na súa arquitectura económica de gran potencia, que lle habería

permitir a comunicación rápida e directa dos seus portos oceánicos con calquera lugar do

mundo así como a obtención dunha plataforma loxística e militar que facilitaría o control da

América central e, tamén, do subcontinente do sur.

Logo da sinatura en Washington, o 18 de novembro de 1903, e da declaración de vixencia, o

26 de febreiro de 1904, do Tratado Hay-Bunau-Varilla, Panamá apareceu aos ollos de moitos

galegos como un posible destino migratorio (García Borrazás, 2003). A apertura do país, e

sobre todo da zona do Canal, aos traballadores estranxeiros constituia un poderoso foco de

atracción laboral caracterizado pola temporalidade e mais pola perspectiva de altos salarios e

boas condicións laborais. Aínda que algúns traballadores españois, e galegos, xa tiñan

participado nos traballos preliminares realizados durante a xeira francesa, a contratación

masiva da man de obra peninsular (porque tamén houbo un número significativo de

traballadores portugueses) produciuse na etapa estadounidense, máis en concreto entre os

anos 1906 e 1908. Neses anos, nas obras do canal ocupáronse arredor de 45000 traballadores

estranxeiros, deles 8550 de orixe peninsular o que supoñía o 19 por cento do total. Foron o

segundo grupo humano entre os estranxeiros, despois dos traballadores antillanos, e o

primeiro entre os traballadores procedentes de Europa.

Para estimular a contratación, as autoridades encargadas da Comisión do Canal enviaron

axentes de recrutamento directamente ben a España ou ben aos que se consideraban como

centros de recrutamento de traballadores inmigrantes, como era por exemplo Marsella, en

Francia. En España, os axentes centraron os seus esforzos nas grandes cidades pero tamén

nas zonas máis deprimidas do noroeste como eran Galicia e Asturias. En Galicia os

recrutadores encheron as feiras, os mercados e as prazas das vilas e cidades con folletos nos

que se prometían casas espaciosas, hoteis agradables, a posibilidade de trasladar a familia,

comida saudable e unha estensa variedade de actividades recreativas.

Da eficacia desa campaña, e das crecentes necesidades dunha man de obra competente, pode

12

Page 13: pasto da dinamita

dar unha idea o espectacular crecemento nas cifras dos traballadores europeos que se

instalaron na zona do Canal. Mentres que a principios do ano 1906 o seu número era case

insignificante tan só dous anos despois, en 1908, xa chegaran máis de 12.000, todos eles,

directamente contratados polos axentes da Comisión do Canal. A razón deste incremento

tan notable obedeceu á indisimulada insatisfacción das autoridades norteamericanas co

rendemento dos traballadores caribeños. Unha vez desbotada a posibilidade de incorporar

traballadores chineses de xeito masivo – houbo unha primeira remesa duns 2.500

traballadores asiáticos pero non chegou a callar a proposta de incorporar outros 12500 – os

enxeñeiros botaron os seus ollos na forza de traballo proveniente de Europa. Contrataron ao

primeiro algúns emigrantes procedentes de Rusia e dos países bálticos, que acabaron sendo

rexeitados por non seren quen de soportar o duro traballo, e tamén uns centos de franceses,

pouco dispostos a realizar traballos de pico e pala, e a continuación procederon á

contratación de europeos do Sur, chegados dende Grecia, Italia e España. Segundo os

informes dos enxeñeiros norteamericanos, os gregos parecían estar fisicamente “menos

preparados” que os italianos e os españois, e no mes de abril de 1908 tan só quedaban uns

300. Os italianos malia aclimatárense moi ben e teren unha gran mobilidade espacial non

superaban os 600 nesas mesmas datas. Polo que respecta aos inmigrantes españois, entre

1906 e 1908 foron contratados un total de 8.298 traballadores. Aínda que non contamos con

cifras exactas sabemos que os galegos representaron unha porcentaxe moi maioritaria, entre

5000 e 5500 persoas, e que os primeiros en chegar á zona fixérono a finais de 1905,

procedentes de Cuba. Da presenza masiva dos galegos pode dar unha clara idea o feito de

que as autoridades norteamericanas empregaran a expresión gallegos para referírense ao

conxunto de traballadores españois e anque sabemos que os emigrantes non chegaron só de

Galicia senón doutras partes do Estado, gallego converteuse no xenérico, que ademais

levaba aparellada unha connotación negativa, para denominar a calquera español (Greene,

2004). Con todo, non foi unha contratación ao chou senón que as autoridades

norteamericanas xa eran previamente coñecedoras da sona de “duros e laboriosos” que

acadaran os traballadores galegos durante as obras de construción do ferrocarril naquela

illa.3

Malia a prohibición temporal que decretou o Goberno español para a emigración a Panamá

en 1908, coa aprobación do Real Decreto do 12 de novembro, a saída clandestina de

emigrantes cara ao Istmo continuou a ser un proceso contínuo e imparable por anos.

3 A contratación desenvolveuse en tres fases: no ano 1906 a Comisión da Canle Istmica contratou a 1.174 españois, en 1907 a 5.293, e en 1908 a 1.831 (Jaén, 1978)

13

Page 14: pasto da dinamita

Co paso do tempo, e conforme se achegaba o final das obras, o número de traballadores

españois e galegos na zona do Canal declinou, pero en 1912 aínda permanecían alí 4300 que

acabaron sendo repatriados a longo dese ano. Segundo os informes das autoridades do

Canal, aparentemente, a maior parte deles seguían a seren orixinarios de Galicia (Haskin,

1914).

O MAR COMO ESCOLA: MARIÑEIROS GALEGOS EN NOVA YORK E FILADELFIA

Se algo foi a diáspora galega a Estados Unidos e Panamá foi proletaria. Formada por miles

de traballadores sen apenas cualificación laboral que emigraron e reemigraron a diferentes

países e territorios de todas as Américas na procura de traballos a destallo ou de ocupacións

que outros rexeitaban pola dureza e pola incerteza das condicións laborais. Ata a crise do

ano 1929, que deu cabo daquel primeiro modelo de economía globalizada, ese proletariado

cosmopolita e transnacional peregrinou de xeito sucesivo polas fábricas de tabaco da

Habana e de Tampa, cargou ás súas costas con algunhas das máis emblemáticas

infraestruturas daquelas terras, como foron o ferrocarril cubano ou o canal de Panamá, pero

tamén inzou as cubertas e as caldeiras dos cargueiros, barcos de pasaxeiros e/ou

trasatlánticos de luxo e mesmo barcos da Armada que atravesaban todos os océanos. Eran,

como eles mesmos se recoñecían, a forza de traballo imprescindible que movía o frenético

comercio de escala universal, que alancaba con aquela vertixe de riadas humanas que ían e

viñan dun continente ao outro; a tropa “negra” que ninguén vía pero que resultou

imprescindible para converter os Estados Unidos e os seus territorios asociados na potencia

mundial que xa se anunciaba.

Porén, a maioría destes colectivos non desenvolveron estratexias organizativas semellantes.

Algúns deles como foi o caso dos tabaqueiros estiveron moi mediatizados polas

características específicas do oficio pero tamén pola influencia exercida por outros grupos

de migrantes, especialmente cubanos e italianos. Outros, singularmente os mineiros, os

traballadores da construción civil ou os camareiros non deron articulado un proxecto

asociativo diferenciado e ademais, en moitos casos, non eran máis que alternativas

ocupacionais ocasionais para os propios traballadores do mar cando as contratacións nos

portos escaseaban ou había unha importante conflitividade no sector.

Os primeiros núcleos organizados que constituiron os mariñeiros galegos se remontan a

14

Page 15: pasto da dinamita

1892/93 cando se creou no porto de Nova York a primeira asociación de traballadores do

mar de fala española, a Unión de Fogoneros, Cabos y Engrasadores. Ese primeiro xermolo

non semellou ser, con todo, máis que unha aposta voluntarista, con moi escasa afiliación e

aínda máis cativa estrutura orgánica porque así o recollen os testemuños dalgúns dos

mariñeiros que participaron na súa fundación. Polo que sabemos, o asentamento definitivo

non se producíu ata 1902 porque foi nese ano cando a remodelada Unión convocou a

primeira folga específica dos mariñeiros “españois” no porto de New York. Non coñecemos

os motivos da convocatoria nin o resultado final da folga tan só que algúns meses despois

dese primeiro conflito, incorporouse como unha sección étnica para traballadores de fala

española á recén fundada Marine Firemen, Oilers and Water-Tenders Union (MFOW-TU),

organización afiliada no distrito do Atlántico da International Seamens Union (ISU-AFL),

popularmente coñecida entre os traballadores do mar como a Internacional4.

Polo demais, a esta altura a nova organización non presenta unha identidade ideolóxica

definida como tampouco semella que a súa actividade sindical aínda tivese un ritmo regular

e periódico. Do testemuño, que daquela xeira, nos deixou o mariñeiro coruñés e dirixente

sindical Genaro Pazos podemos inferir que o labor reivindicativo que desenvolvían os

representantes dos traballadores de fala española era praticamente inexistente e que o pouco

que se facía tiña máis a ver con asuntos burocráticos e coa xestión dos propios intereses

persoais,

“(...) el delegado español, conocido por el ´Tuerto coruñés`, dejó correr el tiempo sin

preocuparse de la labor que podía hacer, (...) yo solo sabía que era delegado porque

corría la voz de unos a otros, no por lo que el se señalase”5.

Non foi ata o ano 1908 que comezou a mudar esa situación de inacción. E para que se

modificara aquela dinámica tan compracente como infecunda houberon de confluir dúas

circunstancias. Por unha banda, a chegada, a principios dese mesmo ano dunha nova

direción á Marine Firemen, que acometeu unha profunda reorganización interna coa idea de

revitalizar unha estrutura sindical que se amosara esclerotizada e burocratizada ata a

inanición. E o cambio de orientación acabou, como non podía ser doutro xeito, por afectarlle

tamén á Unión de Fogoneros, empeñada dende o mes de febreiro de 1910 no seu particular

4 Genaro Pazos, “Bosquejo histórico del proletariado español en Norteamérica”, Solidaridad Obrera, A Coruña,

15/11/1930, nº 1.5 Pazos, id.

15

Page 16: pasto da dinamita

proceso de refundación. Co apoio institucional e financeiro da ISU, a Unión puxo en marcha

unha campaña de axitación e afiliación por todos os portos da costa atlántica ao tempo que

impulsaba a rexeneración do tecido asociativo interno co nomeamento dun novo delegado

xeral, o coruñés Frank Ernesto.

O outro incentivo que axudou a consolidar a revitalización anunciada foi alleo á propia

organización porque chegou de fóra dela. Á altura do mes de maio de 1910 constituiuse en

Brooklyn un colectivo anarquista denominado Cultura Proletaria, (anque tamén foi

coñecido como Solidaridad Obrera) no que se daban a man antigos exilados políticos de

ideoloxía libertaria e un pequeno grupo de traballadores inmigrantes (tabaqueiros e

fogoneiros, fundamentalmente) de orixe española, e maioritariamente galegos. O obxectivo

último deste novo colectivo era editar un xornal anarquista en língua castellana que

propagase as virtudes da loita social entre aquela diáspora proletaria que, polo demais,

nunha porcentaxe moi elevada procedía de Galicia alén de servir como instrumento de

contacto e intermediación para unha colectividade de traballadores que, por razón das

características dos seus oficios, se atopaba dispersa e fragmentada. Nese pequeno grupo tan

só tres ou catro dos seus membros eran fogoneiros pero a influencia que exercían entre os

seus compañeiros debeu ser especialmente intensa porque tan só algunhas semanas despois

o periódico trasladou a súa redacción ao local da Unión de Fogoneros, situado frente aos

peiraos da Clyde Line, en West Street. E non se trataba tan só do xornal senón que eses tres

traballadores galegos, o ferrolán Xan da Graña, encargado das cuestións organizativas, e os

coruñeses Secundino Brage e Jaime Vidal, este último editor do xornal, acabaron por

converterse no espiñazo daquel cativo gromo libertario.

Especial significado tiña a presencia de Xan da Graña – con ese nome asinou moitos dos

seus artigos e foi coñecido entre os traballadores do mar – porque el foi o verdadeiro

corazón e cerebro dese movemento que xuntou aos traballadores de cuberta cos fogoneiros,

un verdadeiro organizador que, a diferenza do que ocorría con outros delegados, coñecía e

aplicaba os principios do sindicalismo. Por baixo dese alcume bulía a intensa figura de Juan

Martínez de la Graña, un fogoneiro galego nado n´O Ferrol en 1873 que emigrou a Cuba na

última década do século XIX. Durante a súa estadía na illa entrou en contacto cos círculos

anarquistas d´A Habana, a través das sociedades de fogoneiros organizadas naquel porto.

Foi corresponsal de varios xornais libertarios galegos, como Germinal e Cultura Libertaria.

En setembro de 1907 abandonou Cuba, fuxindo dunha duhna inminente orde de expulsión, e

instalouse en Nova York. De Jaime Vidal, só sabemos que naceu n´ A Coruña en 1880 e que

emigrou a Barcelona no ano 1896. Na capital catalana estivo vinculado co movemento da

16

Page 17: pasto da dinamita

Escola Moderna e incluso mantivo unha estreita relación de amizade con Francesc Ferrer

Guardia. Foi colaborador ocasional do xornal anarquista barcelonés El Productor con

artigos nos que defendía afervoadamente o esperantismo e exiliouse nos Estados Unidos en

1909, a raíz da represión desatada como consecuencia da “Semana Tráxica”. Polo demais, o

que procurou Graña non era outra cousa que aplicar os principios do anarquismo

colectivista a unha realidade concreta, tal e como aprendera dos dirixentes sindicais cubanos

cos que se formou, a un colectivo disperso, sen cualificación laboral e absolutamente

dependente da tiranía dos embarcadores (intermediarios entre as navieiras e os mariñeiros na

contratación das tripulacións). No relato que el mesmo fixo desa etapa formativa aludiu ao

complexo labor de reconstrución que desenvolveu un pequeno grupo de fogoneiros durante

todo o ano 1910, para recompoñer a antiga estructura sindical. A fórmula foi moi eficaz

porque estivo baseada, ademais dunha vontade titánica, nalgo que os seus burócratas

antecesores nunca praticaran: o contacto directo cos traballadores do mar.

Fiando nunha enorme dose de vontade, Graña e os seus compañeiros organizadores editaron

e distribuíron milleiros de exemplares de Cultura Proletaria por case todas as pousadas e

cafetíns das cidades portuarias da costa atlántica dos Estados Unidos pero tamén nos propios

peiraos, sempre que soubesen do inmediato desembarco dunha tripulación na que había

presenza de mariñeiros galegos, ou alomenos de fala española. Porén, e malia a súa

orientación inequívocamente anarquista o xornal foi, antes que un instrumento de formación

ideolóxica, unha fonte de información societaria que tamén serviu como un vínculo efectivo

de solidariedade vital para todos aqueles traballadores aillados das súas familias e sometidos

á tiranía dun oficio penoso e desregularizado. Nun contorno tan duro e agresivo, a aparición

de Cultura debeu constituir algo semellante a un bálsamo; un lenitivo que ao tempo que

ofrecía información sobre as queixas das tripulacións ou sobre o maltrato a que eran

sometidas por parte dos capitáns e oficiais, amosaba unha militante panorámica do

movemento obreiro internacional – incluído o peninsular – e debullaba pingas elementais da

ideoloxía libertaria. Por non falar, e iso dende logo non era menos importante, do que

supoñía de espazo aberto no que tanto se permitía expresar con plena liberdade a agonía o

que se vivía nas entranas das máquinas, os infernos flotantes na linguaxe dos fogoneiros,

como saber do paradoiro dun parente ou dun veciño aos que se lle perdera a pista dende

había tempo.

Esta función organizativa complementábase co labor desenvolvido por Jaime Vidal, un

militante anarquista tan experimentado como Graña, pero dotado dunha bagaxe ideolóxica e

cultural máis ampla e afeito a un maior rigor conceptual na expresión escrita. Vidal foi o

17

Page 18: pasto da dinamita

primeiro director de Cultura Proletaria ademáis de orador habitual nas dúas asambleas

semanais - unha no mércores e outra dobre no domingo, esta última en horario nocturno -

que se realizaban nos locais do sindicato.

Se ben distanciados ideolóxicamente do modelo sindical patrocinado pola ISU-AFL, os

anarquistas peninsulares non atoparon grandes dificultades para actuar, e para axitar, no seu

seo. Esta situación víuse favorecido polo feito de que un dos principios fundamentais da

AFL fose o respecto escrupuloso pola autonomía organizativa dos sindicatos afiliados. Unha

autonomía que permitía a existencia de verdadeiros compartimentos estancos xa fose entre

sindicatos de oficios diferentes ou entre as seccións locais dun mesmo sindicato. En

definitiva, era esa “comodidade” a razón fundamental á que apelaba o mariñeiro e anarquista

galego Antonio Ucha para xustificar a presencia dos libertarios ibéricos na ISU,

“ (...) no tenemos ni Dios ni patria, y, aunque tarde, nos organizamos y afiliados estamos

a la Internacional, sin perder nuestra autonomía ni admitir, en nuestro seno, leaders nin

pastores...”.6

E se os obreros conscentes e imbuídos dun pensamento radical apreciaban esta transixencia,

¡que dicir dos colectivos de traballadores inexpertos nas lides sindicais e esencialmente

preocupados pola garantía do embarque e polo xeneroso aforro dos seus salarios!. Para eles,

a ideoloxía case nunca debeu supór un argumento importante nas súas preferencias sindicais

e ese accidentalismo organizativo verificouse no feito de que os traballadores acabaran por

afiliarse á AFL ou á IWW non tanto pola súa orientación política previa senón pola súa

condición de instrumentos axeitados para a obtención de mellores condicións laborais ou

salariais, é dicir por simples razones utilitarias (Kimeldorf, 1999). Anque os matices

conceptuais sobre a revolución e/ou a reforma puderon ser asuntos importantes para os

estados maiores de ambos sindicatos dende logo que tales dilemas non tiveron a mesma

virtualidade cando se trataba de convivir no lugar de traballo, no piquete ou nos locais onde

se celebraban as asambleas sindicais, lugares todos elles nos que se forxaban as auténticas

lealtades organizativas.

En todo caso, ese marco de necesario pragmatismo obrigou aos libertarios españoles –

como, en grande medida, a boa parte doutros colectivos anarquistas inmigrantes – no só á

depuración do seu discurso ideolóxico-conceptual senón ao reforzamento da súa vertente

sindicalista. Un sindicalismo “moderno” e de veta revolucionaria, como o definía Jaime

6 Antonio Ucha, “Frente a frente”, Cultura Obrera, 7/11/ 1911.

18

Page 19: pasto da dinamita

Vidal,

“El gran mérito que tiene el sindicalismo está en la fusión de las dos luchas modernas

enlazando la necesidad presente con la libertad futura, aplicando la fuerza para destruir

e inculcando la idea creadora para llegar a la gran transformación social” .7

pero non por iso menos esixente en canto á súa vinculación coas demandas concretas da

clase traballadora inmigrante.

Esta adaptación fíxose imprescindible cando tiveron que asentarse á beira dos propios

inmigrantes e experimentaron de primeira man as dificultades e o aillamento dos seus

coterráneos. Foi dende a asunción dese complexo entramado vital e laboral cando estes

exilados socio-políticos estiveron en disposición de converterse en auténticos “mediadores

étnicos radicais” e, consecuentemente, facilitar as relacións dos traballadores inmigrantes

coas organizaciones obreiras locais, desafiando tanto aos organizadores obreiros nativos (na

medida e que cuestionaban a súa indisimulada xenofobia) como á elite inmigrante,

embarcada no seu proxecto de integración, ou de americanización, mediante un proxecto de

reafirmación nacionalista e imperialista de fasquía españolista.

En canto ao modelo de actuación sindical, os novos dirixentes dos fogoneiros aplicaron as

que podemos definir como características xerais do sindicalismo revolucionario, é dicir a

acción directa – entendida aquí como a negociación directa entre os traballadores e os

patróns, sen a mediación do Estado nin dos organismos de conciliación social, para a

resolución dos conflictos laborais – e a folga xeral como instrumento tanto para a destrución

do sistema capitalista como para a instauración dunha sociedade sen clases. E, por suposto,

o sindicato que debería cumprir, na sociedade capitalista, máis alá de limitadas

reivindicacións puntuais, o papel de alternativa organizativa ao Estado. Na difusión das teses

sindicalistas polo territorio español – e, naquel momento, tamén por Cuba -, que tivo como

epicentro Cataluña, confluiron as aportacións realizadas polos xornais barceloneses El

Productor e La Huelga General, as traducións dos textos de teóricos franceses como George

Sorel e Fernand Pelloutier e as publicacións da Escuela Moderna.

Así e todo, os dirixentes da Unión non tentaron dar saltos no baleiro e, anque máis

identificados co modelo do sindicalismo industrial, respectaron o modelo tradicional das

sociedades de oficio como a base da estructura societaria na emigración e aseguraron a

continuidade temporal desta última en vez de favorecer unha incorporación precipitada a

7 Jaime Vidal, “El valor del sindicalismo”, Cultura Obrera, 22/11/1911.

19

Page 20: pasto da dinamita

aquelas organizacións sindicais coas que podían ter maiores coincidencias, caso da

Industrial Workers of the World (IWW) fundada en 1905. En reiteradas ocasións, tanto Xan

da Graña como tamén Pedro Esteve defenderon a tese de que os sindicalistas deberían

promover asociacións unitarias, que tivesen un carácter profesional e unha orientación

ideolóxica “neutral” para que pudesen acoller a todos os traballadores sen exclusión e que

rexeitasen o control dos elementos ideolóxicos máis conscentes, fosen anarquistas ou

socialistas (Esteve, 1900).

En realidade, era esa posición favorable ás sociedades de oficios – xunto co bo coñecemento

da estrutura interna da AFL – a razón última que permitía comprender a presencia de

anarcosindicalistas na dirección dun sindicato como a Unión, integrado na ISU e, en

consecuencia, afiliado á AFL. Esta última, que nacera no mes de decembro de 1886 como o

resultado da confluencia de 25 sindicatos de oficio, mantiña como esencia do seu

funcionamento o escrupuloso respecto á autonomía de cada un dos sindicatos integrantes e,

de feito, a federación non tiña capacidade estatutaria para interferir nos seus asuntos

internos. Porén foi xustamente esa autonomía a que permitíu a convivencia, caso da ISU, de

modelos sindicais opostos. Un, maioritario, que defendía explicitamente unha concepción

reformista, segundo a cal os traballadores debían exercer o seu poder colectivo para obter,

mediante a presión, concesións sobre salarios, horarios e defensa da profesión – poñamos

por caso, as medidas lexislativas que mellorasen as condicións laborais do sector – pero sen

colaboración cos poderes políticos. A idea era a de iren creando, así, aos poucos, illotes de

solidariedade, illotes do mundo do traballo, agardando que, progresivamente, todos os

traballadores dos Estados Unidos soubesen propiciar as condicións de igualdade salarial e

facer recoñecer a xustiza das súas reclamacións. Tanto foi así que, de feito, a AFL nunca

defendeu a consigna da xornada de oito horas.

O outro, minoritario e alternativo, aglutinado arredor dun grupo de delegados dos portos do

Leste – moitos deles inmigrantes - que se declaraba identificado cun sindicalismo

“moderno”, de novo tipo, baseado nos principios da mobilización e da solidariedade entre os

oficios.

Se os traballadores do mar pretendían transformar radicalmente esta realidade degradante

parecía que unha das medidas más urxentes era modificar o estatuto de contratación vixente.

Como repetiron ata a saciedade algúns dos seus dirixentes, o verdadeiro obxectivo do

conflicto laboral non podía estar limitado á conquista dunha mellora salarial, de condicións

laborais máis humanas ou de normas legais que impediran a “escravitude” nos barcos. O que

importaba, verdadeiramente, era acabar coa presencia dos embarcadores para impór un

20

Page 21: pasto da dinamita

modelo estable de contratación negociado entre as compañías navieiras e a Unión, é dicir o

establecemento do control colectivo do lugar de traballo,

“Compañeros, más que de la cuestión de los salarios hemos de ocuparnos de la de los

embarcadores. Sin embarcadores podemos alcanzar mejor trato, comida más abundante

y sana, con los embarcadores no solo no podríamos reclamar nada, sino que tendríamos

que dejar una parte de nuestros salarios para poder embarcar, a más que nos veríamos

obligados a comer, a beber, a dormir y aún a jugar en sus casas, pagando todo el doble y

el triple de su valor”.8

Pero é que, ademáis, este modelo parecía moi útil para dar resposta á multiplicidade de

actores e de intereses que interviñan no ambiente portuario e para enfrontar o alto grao de

descentralización no que se movía. Nunha industria na que, habitualmente, os boicots

informais, as folgas de celo e outros actos de solidariedade nun peirao aillado resultaron

máis efectivos que as grandes folgas precisábase dunha organización sindical moi

descentralizada, na que as unións locais gozasen de ampla autonomía e por iso o

sindicalismo portuario foi flexible antes que contínuo e, xa que logo, os sindicatos na maior

parte dos portos estiveron suxeitos a un proceso permanente de formación, ruptura e reforma

(Montgomery, 1979).

E, ao cabo, o conflito estourou. No verán de 1911 a ISU sentiuse coa forza suficiente para

convocar unha folga polo control dos embarques na que, por suposto, a Unión tamén tivo

unha participación moi activa. De maneira sorprendente, e imprevista, case todas as

Compañías navieiras aceptaron de inmediato a proposta sindical. Atrapadas pola sorpresa da

convocatoria e polas súas propias dificultades para conseguir tripulacións capacitadas, as

empresas víronse obrigadas a buscar una rápida resolución do conflito. Inesperadamente - en

cuestión dunha semana - a Unión viuse ante a necesidade de xestionar boa parte dos

embarques e, ao tempo, atopouse cunha inmellorable oportunidade para debilitar o poder

dos temidos embarcadores.

O éxito da folga supuxo, ademais, un forte estímulo para o crecemento da organización. A

finais dese ano, a Unión xa superaba os dez mil afiliados, peninsulares na súa práctica

totalidade. Entre os dirixentes do sindicato gañou forza, progresivamente, a idea de que era

posible impoñer o modelo de sindicalismo industrial nos oficios relacionados co mar. Dentro

da ISU ou fóra dela.

8 Xan da Graña. “Abajo los embarcadores”, Cultura Obrera, 16/2/1911.

21

Page 22: pasto da dinamita

Galvanizados polo trunfo, os líderes sindicalistas da Unión consideraron que poderían

estender aos demais distritos as súas propostas industrialistas e mesmo imporlle o seu

modelo organizativo ao resto da ISU. Acreditados polo seu éxito mobilizador, os sectores

radicais interpretaron que gañaran unha forza suplementaria e que, a poucos meses da

celebración en Baltimore, no mes de decembro, da VI Convención, poderían botarlle un

pulso á dirección polo control da totalidade da organización. A esa asemblea ían acudir

delegados dos tres distritos nos que estaba dividida (Atlántico, Pacífico e Grandes Lagos) e

malia que eran aparentemente maioritarias as teses oficialistas, o certo é que a

representación dos traballadores de toda a costa Leste estaba nas mans de delegados

“radicais”, entre os que se contaban os galegos Jaime Vidal e José Filgueira.

Nas páxinas de Cultura Obrera se percibe, entón, un intenso esforzo por salientar as

virtudes do sindicalismo industrial e se alenta a convenencia de consolidar as federacións de

oficio que aseguraran a continuidade das estruturas societarias, por enriba incluso das

grandes centrais sindicais. Segundo este enfoque, o repto fundamental que enfrontaba o

sindicalismo marítimo non era outro que o de agrupar o maior número posible de

federacións territoriais para que esas federacións servisen de núcleo sobre el que edificar

unha verdadera estrutura industrialista.

As diferenzas sobre o modelo sindical a seguir (sindicalismo industrial e unión dos oficios

do transporte nunha federación internacional fronte á ríxida separación por oficios), así

como no rexeitamento explícito por parte dos sindicalistas á negociación de iniciativas

lexislativas como solución efectiva para os problemas dos traballadores do mar eran moi

importantes. Pero logo existían outros matices, menos ideolóxicos sen dúbida, anque

relevantes polas súas consecuencias económicas, como eran a esixencia de poder afiliarse a

calquera organización da ISU sin necesidade de pagar unha nova cota de entrada.

Enfrontada á posibilidade de que grupos “radicais” se fixesen co control de boa parte da

organización, a resposta da direción da ISU foi implacable. Non só mobilizou aos seus

afiliados afíns para impór a súa maioría nas votacións senón que decidiu estrangular

economicamente os órganos de opinión que lle eran hostís. E velaí a supresión da axuda

económica (30 dólares ao mes) que recibía a Unión de Fogoneros para a publicación de

Cultura Obrera (Montgomery, 1979).

Se ben dende as filas sindicalistas fíxose unha lectura moi positiva dos resultados da

Convención, en relación á acollida da súa proposta transformadora, a realidade contundente

dos datos fala de que había unha percepción equivocada sobre a correlación de forzas,

alimentada por unha euforia mal contida e pola flagrante infravaloración do poder dos

22

Page 23: pasto da dinamita

dirixentes “conservadores”, como Andrew Furuseth. O voluntarismo dos sindicalistas e dos

seus aliados non abondou, pois, para impedir unha clara derrota interna que co tempo

acabaría por transformarse nun verdadeiro erro estratéxico. Chegados a ese punto,á direción

da Unión non lle quedaron máis que dúas alternativas: aceptar a derrota e aceptar a

hexemonía da corrente tradeunionista dominante ou abandonar a ISU. E a Unión escolleu

este último camiño: “Después de la Convención de Baltimore, nada de común nos liga con

la Internacional”.9

O progreso na consolidación organizativa que desenvolveu a Unión de Fogoneros dende

1910 permitíralle acadar axiña os seus obxectivos básicos. O sindicato dotouse de locais

nos principais portos do Leste para acoller aos traballadores de fala española e conseguíu

unha aportación económica regular da dirección da ISU que permitíu a transformación da

recén aparecida Cultura Obrera no seu órgano oficial – cunha edición especial de catro

páxinas en inglés para os afiliados anglo-parlantes – e garantíu a presencia do seu delegado

xeral, Jaime Vidal, na sexta Convención da ISU, que se celebrou en Baltimore na primeira

semana do mes de decembro de 1911, ademáis de dispoñer de delegados de fala española en

cada un dos grandes portos do Atlántico.

Dende entón, a prioridade fundamental para os novos dirixentes foi a de acometer a

transformación do sistema de contratacións cos que viña funcionando a mariña mercante

norteamericana: a utilización de embarcadores ou intermediarios que eran antigos

mariñeiros, agora axentes libres, que negociaban directamente coas compañías navieiras o

enrolamento das tripulacións de fogoneiros, paleiros e engraxadores. A figura do

embarcador, que era moi antiga, foi criticada con saña polos sindicalistas porque estaba

asociada ao propio funcionamento interno da colectividade inmigrante e, porque,

finalmente, impedía a posibilidade de que fose o propio sindicato quen exercese o control

tanto dos postos de traballo como das condicións laborais. Dende as páxinas de Cultura

Obrera, foi persistente e duradeira a campaña contra aqueles coterráneos – praticamente

todos eran galegos – que parasitaban aos traballadores do mar para obter as súas comisións

(habitualmente percibían entre 40 e 50 dólares pola intermediación) pero que tamén

extendían o seu control – aplicando, en moitas ocasións a pura extorsión – ás necesidades

de comida, habitación e diversión que tiñan os que permanecían en terra,

“Pidamos la abolición de los embarcadores, mucho más temibles que las Compañías

que nos explotan, y si conseguimos esto tratemos de ocupar las plazas a bordo de los

barcos, esforcémonos a organizar a los estibadores, marineros y fogoneros, (...) y así

9 Jaime Vidal, “Informe sobre la Convención”. Cultura Obrera, 4/1/1912.

23

Page 24: pasto da dinamita

veremos como la Unión será más fuerte que antes”10

Así e todo, o verdadeiro cabalo de batalla no combate contra os embarcadores, o espiñazo

que habería que partir para mudar de vez aquela situación non era, como podería parecer, a

mellora das condicións laborais, nin siquera o incremento dos salarios. En realidade, o que

estaba en discusión non era outra cousa que saber quen exercía o control do lugar de

traballo. Como fixeran noutrora os sindicatos de oficio tradicionais, os sindicalistas insistían

en que a única garantía que podían ter as Compañías de contar con traballadores eficaces e

responsables – por máis que “odiasen” a Unión – só podería facerse través da negociación

directa co sindicato. Senón, non lle quedaría outra opción que a de contratar a traballadores

“viciosos” e incompetentes,

“Las compañías quieren fogoneros fuertes y robustos que sepan cumplir en la mar, cosa

que los embarcadores no pueden suplir, porque todo buen fogonero que vale para hacer

´candela`, nunca se pone al nivel de esos degradados que se dejan explotar por los

reptiles asquerosos que se hacen llamar embarcadores”.11

No verán de 1911, a Unión convocou unha folga no porto de New York para obrigar ás

Compañías a aceptaren exclusivamente tripulacións que fosen presentadas polo sindicato.

Sorprendentemente, a folga foi moi curta porque logo dunha semana de paro os

representantes das navieiras confirmaron o embarque sindicado xunto cunha pequena suba

salarial. Aparentemente, as compañías renunciaban á conflictiva figura do intermediario e

asumían a contratación das tripulacións mediante o sistema rotatorio que defendía a Unión.

Malia todas as dificultades polas que tiña pasado a Unión de Fogoneros, á altura do último

trimestre de 1911 aínda seguía a ser un sindicato cunha afiliación importante – case dez mil

afiliados entre todos os portos do Leste – e dotado con cadros sindicais experimentados e

recoñecidos que se movían con habilidade tanto polos peiraos das navieiras como polos

cafetíns próximos (ademais de Graña, Vidal e Pazos, outros galegos que exercían un papel

preponderante eran José Filgueira, Antonio Ucha, José Galán e Jesús Naya).

Así pois, o sindicato considerou que xa contaba coa forza suficiente para botarlle un novo

10 Xan da Graña , “Crónica de los trabajadores del mar”, Cultura Obrera, 21/5/1913.11 Xan da Graña, “A última hora”, Cultura Obrera, 18/2/1912.

24

Page 25: pasto da dinamita

pulso ás navieiras agora que, ben avanzado o verán de 1912, as compañías non amosaban

interese por reeditar os acordos do ano anterior.

Foi nesas condicións de relativa debilidade e de división nas que debeu manexarse a

Federación á hora da negociación do novo contrato anual dos embarques. Pero, a diferenza

do ocorrido un ano atrás, boa parte das compañías se negaron a aceptar o embarque sindical

e a folga resultou inevitable. No verán de 1912, a presión combinada das navieiras e dos

embarcadores xunto á competencia descarnada dos esquirois, tirou pola borda as conquistas

do ano anterior. O conflicto foi terrible. Sucedéronse os enfrontamentos directos nos peiraos

entre os mariñeiros en folga e os vixilantes armados das Compañías, apoiados pola policía.

O 12 de xullo morría o mariñeiro coruñés Andrés Rodríguez a mans da policía e foi detido o

fogoneiro cubano Alejandro Aldamas, acusado da morte de dous vixilantes e de ferir a

varios policías. Pero ademais, as leas no peirao da Clyde Line deixaron un longo ronsel de

feridos e detidos.

Finalmente, a folga perdeuse e boa parte dos mariñeiros volveron aceptar o embarque a

través dos axentes das navieiras. Retornaban os defenestrados embarcadores. Con todo,

durante o breve lapso de tempo que transcorre entre o abandono da ISU e a entrada na IWW,

os libertarios galegos que actuaban nor portos atlánticos aínda teimaron na vella idea de

organizar a todos os traballadores do mar de toda América nun única organización e

chegaron a promover unha efémera Federación de los Obreros del Transporte de América

(National Transport Workers Federation of America), formada por algunhas das unións de

mariñeiros e de estibadores da costa atlántica. Porén, para daquela, a súa capacidade de

influencia entre os estibadores e, sobre todo, entre os mariñeiros caera de xeito brusco e xa

non contaban con recursos humanos nin económicos suficientes para manterse á marxe das

grandes organizacións sindicais existentes. Desbotada polos sectores “radicais” a

posibilidade de retornar á ISU-AFL, non quedaba outra opción, malia o escepticismo

dalgúns dirixentes próximos á póla individualista, que a incorporación á IWW. Logo dun

axitado proceso de discusión interna que se zanxou en menos de seis meses, case a metade

dos afiliados respaldou a proposta dos seus dirixentes de integrárense na IWW, da que

destacaban o seu compromiso coa folga xeral e coa acción directa como instrumentos

sindicais, o seu “apoliticismo” e a súa perspectiva abertamente interracial. A entrada formal

produciuse o mes de abril de 1913 e dende ese momento Cultura Obrera, que incorporou un

caderniño de catro páxinas redactadas integramente en inglés, pasou a ser o portavoz dos

Obreiros Industriais do Mundo. Daquela a súa redación pasou a radicarse en Brooklyn, onde

compartía local co Centro de Estudios Sociales, de inspiración anarquista.

25

Page 26: pasto da dinamita

Derrotados no seu proxecto de mediación laboral, os sindicalistas peninsulares deberon

enfrontar ademais outra presión extrarodinaria, a que exerceron os grupos máis

conservadores da colectividade. A percepción, por parte destes últimos, da grande

debilidade na que estaban sumidos os seus nemigos de clase estimulou os ataques dos

representantes consulares españois, aos que se engadiu un novo instrumento de propaganda

progubernamental: o diario La Prensa. Dende as páxinas de Cultura Obrera renaceron os

laios contra o patriotismo burgués na colectividade, acusado directamente de ser o

verdadeiro responsable da derrota sindical,

“Asociados en Uniones de oficio habíamos logrado mejorar nuestra condición,

aumentando los salarios, obteniendo mayor respeto y aboliendo privilegios inicuos, y

cuando estábamos nuevamente en lucha para mejorar todavía más, unos cuantos

españoles, muy patriotas ellos, se encargaron de reclutar traidores y de colocarlos en

nuestros puestos”.

Porén, tratábase, como se habería de ver co paso do tempo, de problemas menores. Ao cabo,

foron outros factores externos, como a crise estrutural que padeceu o sector da mariña

mercante durante a Grande Guerra, quen provocaron o retorno masivo dos mariñeiros e

fogoneiros galegos durante a década dos anos vinte e quen, na última hora, asinaron a

definitiva acta da defunción da Unión.

Pero Nova York non foi o único núcleo no que axitaron e se organizaron os mariñeiros

galegos nas primeiras décadas do século XX. Outro lugar que acadou unha extraordinaria

relevancia nesa xeira foi Filadelfia, un dos centros manufactureiros e portuarios máis

importantes dos Estados Unidos. De feito, dende mediados da década de 1900, convertérase

no principal porto de referenza para o comercio de produtos mineiros (carbón, aceiro), de

petróleo e tamén lideraba a construción de buques, primeiro veleiros de madeira e logo

vapores de metal. Para manexar este enorme fluxo mercantil, o porto precisaba dunha gran

cantidade de man de obra (fundamentalmente inmigrantes europeos e nativos

afroamericanos), que traballaba nunhas condicións especialmente duras: xornada laboral

moi longa (en realidade, un estibador non sabía a duración do seu traballo ata que non

remataba), un traballo perigoso e capataces abusivos. Os homes que percorrían os peiraos

eran traballadores temporais que carecían, en consecuencia, de contratos ou que era o

mesmo dun traballo regularizado cun salario. Ademais, e a diferenza do que ocorría noutros

portos, os estibadores de Filadelfia non percibían incrementos salariais polas horas de máis,

26

Page 27: pasto da dinamita

polo traballo nocturno nin polas fins de semana, e non tiñan dereito a vacacións.

A combinación da temporalidade, da ausencia de cualificación, da fluctuación nas

necesidades laborais dos empregadores e os desprazamentos dos traballadores levou a un

exceso de oferta de man de obra que acadou unha dimensión crónica. Porén, a principios da

década de 1910, o porto aínda se rexía polo sistema de contratación denominado open shop

e, fronte ao modelo de xerarquía racial e de “balcanización” étnica que predominaba no

porto de Nova York, a mestura étnica e de razas non se traducía nunha situación de

conflitividade.

Pero que non houbera tensións interétnicas non impedía o descontento social nos peiraos. O

14 de maio de 1913 os estibadores de Filadelfia convocaron unha folga en demanda dun

incremento salarial de 10 centavos/hora, unha xornada laboral de dez horas e media para o

traballo nocturno e dobre turno dominical. Foi por entón cando apareceron no porto os

organizadores da Industrial Workers of the World (IWW) e, con asombrosa rapidez, crearon

un sindicato que medrou de xeito imparable nos seguintes sete anos. A unión local 8 –

afiliada á Marine Transport Workers (MTW- IWW) – foi conscentemente interracial; a

propia dirección da IWW non dubidaba en definila como “o exemplo máis sorprendente

neste país (alomenos que se vira ata entón), de solidariedade de clase entre negros e

brancos”. A local acadou un importante grao de control na contratación portuaria e foi

especialmente escrupulosa en equilibrar, dentro dela, o liderado sindical entre brancos e

negros (Nelson, 2000).

Cos peiraos organizados de novo, a IWW puxo a súa mira nos mariñeiros e a Local 8

contratou a Manuel Rey, un anarquista galego que lideraba un grupo libertario de fala

española, a Sociedad Pro Prensa, integrado maioritariamente por mariñeiros e estibadores

(Cole, 2007). Rey, un valdeorrés que naceu en Castrofoia, no concello de Petín, chegou aos

EE.UU. por vez primeira en 1910 como contramestre dun buque de carga e para daquela

aquel fillo de campesiños que emigrara a Cuba con doce anos xa falaba con soltura inglés,

francés, italiano, esperanto e mesmo algo de alemán. Foi un anarquista afiliado á IWW que

sempre se opuxo ao terrorismo e anque é certo que foi un wobbly nunca se considerou a sí

mesmo como un auténtico sindicalista porque, segundo dicía, “o sindicalismo non é o

verdadeiro anarquismo dado que está construido sobre a xerarquía e o autoritarismo”. Para

Rey, o anarquismo era unha idea tan antiga como o home, representaba a filosofía natural de

vida que, mediante o proceso de educación, acabaría por facer de todo ser humán un home,

un home que pensaría libremente e que podería facer o mellor para el mesmo e para os seus

compañeiros de especie.

27

Page 28: pasto da dinamita

“(...) nós temos que ser pacientes, porque esta educación é un proceso lento e gradual.

Pode pasar outro século antes de que a xente entenda realmente o verdadeiro significado

do anarquismo. Non podemos desanimarnos” (Avrich, 1995).

Paradoxalmente, e malia non se ter considerado el mesmo como un auténtico sindicalista

foi Rey, coa súa actividade de axitación e concienciación, a figura determinante que

permitiu a organización da prática totalidade do colectivo de mariñeiros españois – unhas

500 persoas aproximadamente - radicados en Filadelfia, ben porque traballaban nel ou

porque o tiñan como o seu porto de referencia para a procura de traballo ou cando

retornaban a terra.12

Entre aqueles estranxeiros moitos eran galegos - representaban o 60% dos traballadores

españois – e case todos eles formaban parte do chamado black gang, o nome polo que se

coñecían a todos os que (fogoneiros, engraxadores e carboeiros) vivían e traballaban nas

salas de máquinas dos buques, por baixo da cuberta. Con estes mariñeiros, Rey celebraba

reunións periódicas e promoveu a creación dunha biblioteca en língua española na que

había, ademais da propaganda da IWW, unha boa cantidade de partituras musicais e

literatura de ficción. Cultura Obrera e El Rebelde eran as principais lecturas dos mariñeiros,

un colectivo ben coñecido pola súa voracidade lectora.

Na loita polo control das mentes e dos corazóns dos mariñeiros, a Marine Transport Workers

(MTW-IWW) debeu competir coa tradición sindical e coa fortaleza organizativa do que era

sindicato maioritario entre os traballadores do mar, a International Seamen Union (ISU-

AFL). Pero a ISU era unha organización que respostaba aos intereses dos traballadores

brancos, americanos ou descendentes de inmigrantes anglosaxóns, e que desprezaba aos

traballadores negros e aos estranxeiros procedentes do sur e do suroeste de Europa por

consideralos inasimilables e/ou desvalorizadores dos avances sindicais. Nos debates que se

celebraban a bordo dos barcos, Manuel Rey tivo que combater a linguaxe prexuizosa e

discriminadora coa que se expresaban os organizadores da ISU, en especial o seu

representante para o porto de Filadelfia. Argumentos como que a ISU non afiliaría a

“negros” ou que a IWW non era máis que un fato de “estranxeiros” escoitábanse a cada

pouco entre o renxer dos buques e as padexadas de carbón. E os que cargaban o carbón, ou

eran negros ou eran “estranxeiros indesexables”. Non cabe dúbida de que esa aberta

discriminación e o esforzo por marcar os lindeiros que separaban aos dous sindicatos foron

12 Os españois supoñían o 97% do total de mariñeiros que traballaban no porto de Filadelfia. O resto de estranxeiros, nunha porcentaxe moi cativa, eran portugueses e “ingleses”. Cole (2007)

28

Page 29: pasto da dinamita

elementos de gran importancia para explicar o trasvase de afiliación que, dende a ISU cara a

IWW, se produciu ao longo do ano 1913.13 Pero, tamén, o prestixio e a axitación

desenvolvida por Manuel Rey foron factores determinantes nesa consolidación dos

wobblies. Anque carecemos de datos concretos sobre a afiliación dos traballadores

extranxeiros nese ano, sabemos que a altura do mes de amio de 1916, a sección estranxeira

da Local 8 da MTW contaba con 200 traballadores afiliados e unha esmagadora maioría

dese total eran mariñeiros, mesmo nos barcos matriculados nos Estados Unidos, que

procedían de Galicia.

Mariñeiros galegos que fixeron de Filadelfia o seu porto base, como Francisco Alonso que

se afiliou á MTW en 1915 logo de ter chegado nun barco procedente de Cuba, cando

traballaba na liña de transporte costeiro entre Filadelfia e Nova York. Ou como Eduardo

Paredes que, ademais do devezo pola sindicación, desenvolveu á beira de Rey unha

inequívoca identidade internacionalista, “Eu nacín alí (en Galicia); (pero) o meu país é o

inmenso mundo dos traballadores”. A mesma identidade que forxou Leonardo Guillén, quen

logo de viaxar por todo o mundo dende o ano 1900, acabou por afiliarse á IWW en setembro

de 1915 e á MTW en 1918, e que declaraba con fachenda, “Eu e os meus compañeiros

temos loitado xuntos polo único obxectivo de mellorar a nosa posición como traballadores”.

O 5 de setembro de 1917, o Departamento de Xustiza ordeou o rexistro de 64 locais da

IWW por todo o país coa pretensión de parar a folga xeral convocada por este sindicato. En

Filadelfia foron detidos 6 wooblies, entre eles Manuel Rey. Foron arrestados e acusados de

interferencia coa Selective Service Act, de violar a Espionage Act, de conspirar para a folga,

de violar o dereito constitucional dos patróns a executar os contratos gubernamentais e de

usar o correo postal para conspirar na fraude aos empresarios.

A detención de Manuel Rey deixou á Local 8 sen o seu organizador fundamental e aos

traballadores estranxeiros sen o seu referente, por iso a IWW apurouse para contratar outro

organizador que tivese experiencia na organización dos traballadores do mar e que puidera

manter un estreito contacto cos mariñeiros procedentes da península. A persoa escollida foi

outro anarquista galego, o coruñés Genaro Pazos, que sustituiu a Rey como secretario-

tesoureiro da MTW. Pazos, un colaborador de vello do semanario sindicalista Cultura

Obrera e un dos dirixentes que defendera, no ano 1913, a incorporación da Unión de

Fogoneros á IWW, fora moi activo na difusión da propaganda da MTW por todos os portos

do Atlántico e na recadación de fondos para o IWW Defense Committee (Cole, 2007).. Porén,

13 A maior parte dos mariñeiros wooblies eran españois e italianos. Entre 400 e 500 mariñeiros pertencían á MTW na costa atlántica.

29

Page 30: pasto da dinamita

a súa chegada a Filadelfia non podía producirse nun contexto máis desfavorable, coa

organización acosada polos axentes da Office of Naval Intelligence (ONI) que, ao tempo

que procuraban espías e sabotadores por todos os portos norteamericanos, mantiñan unha

estreita vixilancia sobre os colectivos afiliados á MTW,

“... é a opinión desta oficina que a MTW é, potencialmente, extraordinariamente

perigosa. Esta oficina recomenda que a Local 8 debe estar sometida a unha estrita

vixilancia coa axuda do sevizo de información do 4º Distrito Naval. Ademais

recomendamos que os líderes (incluido Pazos) sexan cuidadosamente vixiados, e

castigados por todas e cada unha das infraccións da lei, mesmo as leves” (Cole, 2007).

E a represión, obviamente, continuou. Na primavera de 1918, o xefe de policía de Filadelfia

prohibiu a celebración de actos públicos masivos e só permitiu as actividades internas que se

celebraban nos locais sindicais. Imposibilitado, pois, do acceso aos barcos o que fixo Pazos

foi incrementar a periodicidade das asembleas ata dúas ou tres por semana, na vez das

reunións bimensuais que estaban establecidas A finalidade obvia desta axitación era garantir

que non perderan o contacto os mariñeiros daquel porto e impedir, polo tanto, a súa

desmobilización. Pero, ademais, a Local 8 fixo do exercicio da solidariedade cos seus líderes

presos un verdadeiro nó gordiano. Os afiliados vendían “bonos pola liberdade” a 5 dólares e

enviaban ese diñeiro á sede nacional da IWW para contribuír á liberación de Ben Fletcher,

Manuel Rey e John Walsh. A Local tamén enviaba diñeiro directamente aos seus

compañeiros presos e ás súas familias en Filadelfia. En agosto de 1919, a Local 8 organizou

un picnic para recadar fondos destinados aos “prisioneiros da guerra de clases” no que

interviu Genaro Pazos (Cole, 2007). Porén, esa actividade non facía máis que estimular a

preocupación das autoridades, civís e militares, pola consolidación dun núcleo “radical” nun

porto tan estratéxico. Por iso, os planos para afogar de vez a actividade da Local 8

proseguian sen pausa. E mesmo a nivel federal. Mentres que o comandante do 5º Distrito

Naval recomendaba “ a deportación, no caso dos estranxeiros da IWW”, a ONI continuou

investigando a Pazos e moitos informadores e axentes de paisano ocupáronse na vixilancia

da Local 8. Malia todo, a actividade despregada polo coruñés continuou a ser moi intensa. E

a conflitividade no mundo do mar aínda tiña máis chanzos que avanzar.

No ano 1919 produciuse a onda de folgas máis grande na historia dos EEUU. No transporte

marítimo, a máis notable foi a que se desenvolveu no porto de Nova York. Iniciada nos

peiraos de Brooklyn, a folga estendeuse por case todo o enorme complexo portuario

30

Page 31: pasto da dinamita

atravesado polos ríos Hudson e do Leste e mobilizou a máis de cento cincuenta mil

traballadores. Nese contexto de conflictividade, a MTW acordou celebrar unha Convención

Nacional, a primeira en tres anos, no mes de maio dese ano e Genaro Pazos acudiu en

representación dos mariñeiros de Filadelfia. Pazos mantiña xa daquela intensos contactos

persoais e epistolares con colectivos organizados de mariñeiros por todo o Atlántico, de

xeito moi especial con G. Malvido, un vigués que era, por entón, secretario do comité

organizador da MTW no porto de Bos Aires. Malvido envioulle unha carta na que se

amosaba esperanzado no “derrocamento do noso nemigo, os vampiros do capitalismo” e

suxeríalle que os traballadores en España e Cuba estaban interesados no modelo que

representaba a IWW, e incluía entre eses expectantes, ao poderoso sindicato marítimo de La

Naval, en Barcelona (Cole, 2007).

Polo que sabemos, a alternativa de Pazos, que xa anticipara Manuel Rey, era a posta en

marcha dunha nova organización que agrupase aos mariñeiros do Atlántico, como primeiro

paso, para construir unha organización de ámbito mundial, a Revolutionary International

Marine Transport Workers Federation, alonxada da influencia bolxevique, que podería

chegar a reunir máis de cen mil afiliados. Esa nova organización, deseñada segundo os

principios da folga revolucionaria e da acción directa, foise perfilando ao longo dos anos

1919 e 1920. E nela, malia estaren integrados traballadores de todo o continente americano,

eran os dirixentes de orixe galega quen xogaban un papel máis sobranceiro, e foi a través

dos contactos persoais que se teceron entre eles, nun oficio tan itinerante como o do

mariñeiro, que puderon alimentar o nacemento dunha alternativa con aquelas características.

Un proxecto utópico e solidario que, porén, non deu chegado a bo porto porque, ademais da

moi complexa dimensión organizativa que requería, acordou malos tempos sociais e

económicos. Os que se derivaron da crise dos primeiros anos vinte, que frearon a expansión

do transporte marítimo e que obrigaron ao retorno a Galicia de moitos daqueles mariñeiros

destinados a seren os suxeitos activos da nova xeira.

Pero si Filadelfia ofrecía o exemplo dun interracialismo orgulloso e agresivo, que finalmente

abríu o camiño para formas máis evolucionadas de acomodación multiétnica, foi unha

cidade do Sur, Nova Orleáns, quen acabou por establecer un modelo de cooperación

birracial que, no contexto do modelo racista do Sur, aínda foi máis duradeiro e salientable.

Entre 1880 e os comezos da década de 1920, os traballadores portuarios de Nova Orleáns

crearon o que Eric Arnesen ten denominado “o máis poderoso movemento obreiro birracial

dos Estados Unidos” (Arnesen, 1998). No verán de 1913, un dos maiores monopolios

froiteiros, a United Fruit Co declarou en lock-out aos fogoneiros dos seus barcos, nos portos

31

Page 32: pasto da dinamita

de Nova York, Boston, Filadelfia e Nova Orleans. A resposta máis contundente produciuse

no porto de Nova Orleans, onde a Marine Transport Workers contaba cunha gran

introdución. Derrotada nos outros portos do Atlántico, a Unión comprendeu a enorme

trascendencia deste conflito que, no caso de perdelo, podería supór a súa desaparición

definitiva como unha alternativa sindical de masas.

Co precedente negativo aínda ben recente da folga perdida polos estibadores e mariñeiros de

Nova York, durante o verán de 1912, pero animados polo éxito da folga que os estibadores

viñan de obter noporto de Filadelfia, a MTW convocou a partir do 2 de xuño de 1913 unha

nova folga no porto de Nova Orleáns, nos barcos da United Fruit, para esixir o mantemento

do control colectivo. Advertido da pretensión do monopolio froiteiro de dar cabo do acordo

asinado coa póla local da IWW e que garantía o embarque a través da organización sindical,

o sindicato planteou o conflito como un pulso definitivo que, de perder, logo das derrotas

precedentes noutros portos podería finiquitar o seu modelo sindical.

A folga resultou moi dura, con enfrontamentos armados entre os folguistas e os vixilantes

privados contratados pola compañía, polo que o balance final, outra volta, foi sanguento:

catro traballadores morreron, dous deles membros do Comité de folga e, ademais, houbo

dúcias de feridos e moitos mariñeiros detidos, entre os que se incluia o resto do Comité. Un

dos membros deste organismo era o fogoneiro coruñés Frank Prego, Franciscal, irmán do

dirixente anarcosindicalista e primeiro director de Solidaridad (órgano da Confederación

Regional Galaica da CNT), José Prego. O certo é que Prego acabou por ser xulgado por

tenza ilegal de armas de fogo e condenado a 12 anos de cárcere, anque finalmente foi

deportado cara Galicia cinco anos despois. Pero máis alá das situacións persoais, o que

sinalou a derrota de Nova Orleáns foi o final, cruel e irremisible, dunha xeira de

organización e de axitación sindical. Un verdadeiro punto sen retorno no sindicalismo

mariñeiro. Malia as mostras de solidariedade despregadas, que mesmo fixeron pensar na

posibilidade de convocar unha folga xeral no mundo do mar, a tendencia xa era claramente

desfavorable para os intereses dos traballadores e a folga acabou por quebrar. A compañía

derrotou á IWW e perdido o control dos embarques nos cargueiros foi cousa de pouco tempo

a súa desaparición definitiva, absorbida pola ISU.

32

Page 33: pasto da dinamita

GALEGOS NO CANAL DE PANAMÁ: ENTRE A BOA IMAXE E A

CONFLICTIVIDADE SOCIAL

Dí a historiadora norteamericana Julie Greene que a década ocupada pola construción do

canal de Panamá (1904-1914) fornécenos dunha perspectiva privilexiada para analizar a

política colonial dos Estados Unidos e as experiencias da clase obreira durante a era do

33

Page 34: pasto da dinamita

“Novo Imperialismo”. Quizais dende a perspectiva norteamericana así sexa pero, máis alá

de valoracións tan contundentes, o certo é que o comezo desa obra colosal no ano 1904

transformou aquela zona da América Central nun espazo espectacular que atraeu a migrantes

de ducias de países de todo o mundo, dende Barbados a China, dende Grecia á India, dende

Galicia a Turquía e Venezuela e no que se mesturaron dous intereses contraditorios. Por

unha banda, as aspiracións dos obreiros que traballaron naquela obra, tanto laborais como

vitais, e pola outra a evidencia de que aquela increible infraestutura non era senón a parteira

dun xove imperio (Greene, 2004). E xustamente é da “cuestión laboral” da que imos falar

aquí. Porque é a faciana menos coñecida daquela empresa e porque, ademais, é o escenario

no que podemos atopar a milleiros de migrantes galegos, constituidos nunha sorte de

diáspora proletaria, que abandonaron o seu país de orixe ou outros países aos que xa tiñan

emigrado con anterioridade (caso de Cuba) para implicarse nunha obra que sinala o cambio

de ciclo no capitalismo e na que, algúns deles, tentaron a través da acción directa e da

propaganda alumear un proxecto libertario e igualitario que devorase ao capital nas súas

propias entranas.

Sexa como for, o que si é indiscutible é que esa chamada “cuestión laboral” constituiu un

verdadeiro cabalo de batalla para as autoridades gubernamentais norteamericanas e que

acabou por ter moita máis importancia que aqueloutras que inicialmente semellaban seren

máis complexas, como podían ser as solucións técnicas ou as medidas de sanidade e saúde

pública. Porén, o tempo amosou que o verdadeiro problema non radicaba tanto na resolución

dos desafíos técnicos que planteaba unha obra daquelas características como no deseño e na

xestión dunha enorme cantidade de man de obra que puidese solventar con eficiencia e con

éxito os grandes desafíos que se presentaban. Sintetizábao de xeito palmario John Stevens, o

primeiro enxeñeiro xefe que houbo na zona,

“(...) o problema más importante na construción dun canal de calquera tipo no Istmo...

é o da man de obra. As dificuldades construtivas e de enxeñería resultan insignificantes

comparadas co problema da man de obra.” ( McCullough, 2008).

Como consecuencia desa preocupación, os representantes do Goberno norteamericano

adicaron moito tempo a debater as virtudes dos diferentes tipos de traballadores,

clasificando a súa eficiencia por raza e nacionalidade. Os traballadores caribeños das Indias

Occidentais tiñan representado a parte máis importante da man de obra durante a etapa

francesa de construción do canal e, loxicamente, constituiron unha primeira elección, a máis

barata e próxima, malia que moitos enxeñeiros non dubidaban en expresar abertamente os

34

Page 35: pasto da dinamita

reparos a respecto da súa capacidade de traballo. O propio Stevens, por exemplo, laiábase

sen pudor,

“Eu non teño reparos en dicir que o negro das Indias Occidentais é a pior excusa para

un traballador que teño visto nos meus trinta e cinco anos de experiencia” (Conniff,

1985).

Con todo, e a falta doutras alternativas máis viables, as autoridades norteamericanas

acabaron por incorporalos de xeito masivo, especialmente a barbadianos e xamaicanos,

como man de obra destinada aos traballos non cualificados. Non foi ata algúns anos despois,

a partir de 1906, cando a insatisfacción xeralizada co rendemento dos obreiros caribeños

espertou o interese dos promotores polos europeos do Sur, moi en especial polos españois,

ata o punto de chegaren a ser o segundo grupo en importancia entre os traballadores comúns.

Para os traballos máis cualificados, os enxeñeiros contrataron, preferentemente, a

traballadores brancos que procedían dos Estados Unidos, nunha cantidade que oscilou entre

os cinco e os seis mil e que desempeñaban traballos tales como os de conductores das pás a

vapor, maquinistas e capataces. Finalmente, outro pequeno número de traballadores

cualificados tamén chegou a Panamá procedente de países como Gran Bretaña e Alemaña.

Anque a construción do canal foi unha tarefa deseñada e desenvolvida por civís, as pegadas

do exército norteamericano aparecen por todo o proxecto. Moitos dos homes que ocuparon

os postos de dirección na zona do Canal abandonaran había pouco o mundo militar e entre

eles salientaba a figura do coronel George Washington Goethals, enxeñeiro xefe e presidente

da Isthmian Canal Commission (ICC) dende 1907 ata a finalización da obra (McCullough,

2008). O sistema de nóminas en ouro e prata adoptado por estes oficiais para a xestión da

man de obra foi concebido nos máis altos niveis do goberno federal norteamericano e axiña

floreceu como unha forma comprensiva de segregación. O goberno pagoulles, aos

empregados de prata, moito menos que aos outros, alimentounos cunha comida ruín e

aloxounos en cabanas de calidade inferior, inzadas de parásitos e suciedade. Pola contra, os

traballadores da nómina de ouro gañaban salarios moi altos, a garantía de seis semanas de

vacións pagadas, o dereito a un mes de paga por enfermidade cada ano, e viaxes de balde

dentro da zona do Canal. O goberno do canal tamén desenvolveu unha atractiva vida social

na zona, con actividades gratuítas ou de baixo custe, para os empregados norteamericanos,

contractou bandas e espectáculos de vodevil de xeito regular e construiu campos deportivos.

Finalmente, o modelo de segregación que representaba este sistema non se limitou á

diferenciación por nóminas. As autoridades gubernamentais reprimiron, por exemplo, tanto

35

Page 36: pasto da dinamita

as prácticas sexuais ou a simple cohabitación entre persoas de razas diferentes.

Un lugar común na obra de moitos dos investigadores - algúns deles contemporáneos das

obras - que teñen analizado o modelo organizativo da Canal Zone, é o destaque da gran

consideración que para as autoridades norteamericanas tiveron tanto os inmigrantes galegos

como os españois que alí traballaron. E, sen dúbida, o expoñente máis elevado desa estima

foron as gabanzas públicas que, deles, fixo o propio presidente norteamericano Theodore

Roosevelt,

“Dos dezanove ou vinte mil traballadores empregados no Canal, uns poucos centos son

españois. Estes fan un traballo excelente. Os seus capataces dinme que eles fan por dous

traballadores das Indias Occidentais. Mantéñense saudables e non plantean ningunha

dificultade. (…) Estase facendo un gran esforzo por manter aos italianos e

especialmente para traer máis españois, porque teñen dado un excelente resultado, e o

seu número incrementarase tanto como sexa posible...”.14

Aos obreiros españois, contratados para traballos de “pico e pá”, se lles atribuían cualidades

excepcionais: saudábeis, robustos, capaces de soportar a humidade, as chuvias tropicais e as

altas temperaturas que caracterizan ao clima do Istmo, aptos para as fortes tarefas de

escavación, activos até no seu tempo de lecer, e cun carácter bastante afábel. Galegos e

casteláns eran os máis valorados, equiparábanse na súa saúde e constitución física aos

italianos. Estaban considerados persoas pacientes, cívicas e rápidas na aprendizaxe. Non

daban sinais de esgotamento ante as elevadas e sufocantes temperaturas do mediodía, e

queixábanse menos que os traballadores norteamericanos ou outros europeos que facían

traballos menos pesados,

“Os mellores de todos os que viñeron son os “Gallegos”. Hai vida e espírito no seu

sangue da España do Norte. Traballan con ambición e gañan cada centavo dos seus

salarios máis altos. Cando os negros están descansando nas súas cabanas os domingos,

pódese ver aos galegos disfroitando dun recén descuberto “deporte”. Consiste en botarse

costa abaixo nun vello vagón de carga francés durante media media milla por pistas de

terra.[...] Os “Gallegos” teñen traballado tan ben que debemos importar moitos máis”

(Foster Carr, 1906).

14 “Chinese and Other Labor”, Message of the President on the Panama Canal communicated to the two Houses of Congress by President Theodore Roosevelt, 17 de decembro de 1906

36

Page 37: pasto da dinamita

Frederick J. Haskin, pola súa banda, destácaos como superiores aos antillanos e reproduce a

idea estendida de que un español ou un italiano podían facer o mesmo traballo que tres

negros,

“Cando os americanos comezaron o traballo, estendeuse o lugar común de que un

español ou un italiano podían traballar como tres negros. (…) Nun ano ou dous, os

caribenños pasaron a seren tan eficientes como os españois pero mentres que estes

traballaban seis días á semana, aqueles tan só traballaban catro” (Haskin, 1914).

O propio enxeñeiro xefe John Stevens salientaba que “cada galego vale por tres”. Na súa

opinión, os galegos foron cruciais na construción do canal, sobre todo nos primeiros anos.

Podemos afirmar entón que a imaxe social, tanto dos españois como dos galegos, era

excelente e posiblemente fose iso o que explicase algunhas diferenzas ao seu favor tanto nas

condicións de vida como no salario percibido. A eles pagábanlles 20 céntimos de prata por

hora (40 céntimos cando o pagamento se facía en moeda panameña), o dobre que o resto

dos traballadores europeos ( que cobraban 10 céntimos por hora, en moeda americana ou 20

céntimos en moeda panameña) e aínda era maior a diferenza con respecto aos traballadores

antillanos.

O salario no silver roll dun galego, unha vez cancelado o custe da súa pasaxe de arribada,

era duns 60 dólares prata ao mes, anque sempre se queixaban de que lles faltaban 3 ou 4

dólares da súa paga e que a explicación dada en inglés non a entendían. Porén, esa limitada

mellora salarial non permite ignorar as terribles condicións de vida, a explotación brutal en

última instancia, á que foron sometidos durante toda a etapa de construción: traballaban

baixo un sol ardente, en xornadas laborais de doce horas ou máis (a xornada ía dende as 6 da

mañá ata as 5,30 ou 6 da tarde, case á noitiña), con temperaturas máximas de 42º e unha

humidade media do 85%, con chuvias torrenciais (en Panamá chove 8 meses do ano) e

amoreados en toldas que, andado o tempo, se substituiron por barracas de madeira.

Polo demais, xa vimos que a distribución da forza de traballo adoptou claras connotacións

de segregación racial (así funcionou, en última instancia, o sistema coñecido do gold roll e

silver roll) tomando como escusa a variada procedencia dos traballadores contratados.

Malia esta caracterización básica, dentro de cada grupo existiron varias escalas de

clasificación que xerarquizaban as relacións entre os diferentes grupos de traballadores,

tanto en función da raza como da cualificación: mentres que entre os empregados adscritos

ao silver roll aparecían máis de 700 modalidades de pagamento, no propio sistema de gold

roll achegábanse aos 400. E a categoría á que pertencía cada traballador determinaba

37

Page 38: pasto da dinamita

finalmente o seu propio estatus dentro da zona do Canal.

Con todo, existen outras fontes, e tamén algúns investigadores, que teñen presentado un

panorama menos escuro e, poderiamos concluir, substancialmente positivo. Autores como

Juan Manuel Pérez, pero tamén algunhas institucións societarias de Cuba e as propias fontes

consulares, non dubidaron en gabar a boa situación na que se atopaban galegos e españois, a

pesar do clima adverso e das enfermidades ás que estaban expostos porque, na súa opinión,

estes aspectos negativos compensábanse cos servizos de alimentación e saúde dos que

dispoñían. De calquera xeito, o asunto traspasou as fronteiras do Istmo. Dúas das máis

importantes institucións societarias da Habana, o Centro Galego e o Casino Español,

acordaron o envío de senllos delegados para que investigasen as condicións de vida e de

traballo que soportaban os obreiros españois en xeral, e os galegos de xeito particular.

Realizada a visita, as súas valoracións, baseadas fundamentalmente na información

facilitada polas autoridades do Canal e nalgúns testemuños persoais, non puderon ser máis

satisfactorias sobre os servizos prestados pola Compañía estadounidense e salientaban entre

eles o bo estado das vivendas, a asistencia sanitaria e a alimentación.

En canto ás condicións de contratación establecidas pola Isthmian Canal Commission, axiña

xurdiu a polémica en canto ao verdadeiro cumprimento de certos servizos prometidos como

eran, poñamos por caso, o réxime das comidas, a asistencia sanitaria, ou tamén as medidas

disciplinarias instituidas polos norteamericanos para castigar as ausencias ao traballo, a

“mala conducta” ou outro tipo de faltas. Unha lexislación que, como lembraba o traballador

e militante socialista Víctor Huergo, máis se asemellaba a un batallón disciplinario que ás

normas e regulamentos laborais dun estado avanzado,

“Las faltas en el trabajo se castigan con 10 o 20 días de descanso (enténdanse días sen

traballo nin paga), las correspondientes a la higiene se castigan con multas y las de

reyerta con trabajos forzados. Con el personal que sufre esta condena se está

construyendo – y los trabajos están muy adelantados – una carretera que va de Colón a

Panamá”.15

Porque, non podemos esquecelo, a importancia estratéxica que tiña o Canal para o goberno

norteamericano foi, en última instancia, a que determinou a prevalencia do elemento militar

na Comisión do Canal e a posterior aplicación dun modelo organizativo e de control que tiña

máis que ver cunha operación militar que cunha obra civil. En correspondencia, o modelo

represivo posto en prática estivo máis en consonancia coas normas da xurisdición militar

15 Víctor Huergo, “Canal de Panamá”, El Socialista, 14/5/1909, nº 1210, p.3

38

Page 39: pasto da dinamita

que aquelas que deberían derivarse dun verdadeiro código civil. A zona do Canal, xa que

logo, acabou por converterse nun limbo xudicial no que as súas autoridades exercían como

verdadeiros autócratas, que desprezaban sen pudor os dereitos e e liberdades recoñecidos

pola propia Constitución norteamericana, como advertía, escandalizado, o anarquista

indivualista galego, Daniel Rodríguez,

“¿Por qué la Comisión del Canal somete a trabajos forzados a los presos cuyos

insignificantes delitos en cualquier país no republicano, se pagan con un simple arresto

y que estos republicanos del Norte extreman hasta el grado máximo? Pues muy

milagrosamente, los bandidos del Norte imponen severas penas y finalizan su obra

haciendo trabajar a los presos por un malísimo alimento y peor alojamiento y trato.

Todo esto lo ignora la prensa de por acá”. (…) La policía no usa aquí sable, pero sí un

retazo de madera que por cualquier insignificancia hacen resonar de lo lindo. Los

decretos son pregonados a golpe de tambor y la infracción se pena con multa de cien

pesos en adelante siendo obrero o por cada peso un día de “bola” trabajando a la

intemperie y cuidado por un “cosaco”.16

Un panorama, que na opinión do libertario pontevedrés, aínda había que completar coas

repentinas rebaixas salariais e as anulacións de contratos pouco xustificadas ás que recurrían

as autoridades da Zona, a inseguridade física, os continuos accidentes laborais, … e a

permanente inhibición das autoridades consulares españolas na defensa dos seus intereses. E

aínda así, salientaba Rodríguez, todas estas deficiencias eran relativamente importantes se

temos en conta que existía unha crecente masa de obreiros inmigrantes, que chegaban ás

obras polos seus propios medios e que non dispuñan, na práctica, de ningún dereito laboral.

Podería dubidarse da obxectividade da opinión dun dirixente operario, pero o certo é que

unha situación semellante foi a que atoparon, por exemplo, os representantes enviados pola

Sociedad Española de Beneficencia de Panamá (unha sociedade mutualista fundada en 1885

que xa se tiña ocupado no pasado de atender aos traballadores peninsulares que ficaran sen

recursos cando quebrou o proxecto francés para a construción do canal), que chegaron á

zona en abril de 1907 e da que deron conta ás autoridades españolas para que, estas, fosen

coñecedoras da verdadeira realidade que vivían os seus coterráneos emigrantes. Quizais

podemos medir a gravidade da situación coa que se atoparon en función da radicalidade das

solucións que plantearon: ou ben había que proceder á urxente repatriación dos traballadores

16 M.Daniel Rodríguez, “Desde Panamá. Campo Neutral”, Tierra y Libertad, 15/2/1911, nº 95, p. 4

39

Page 40: pasto da dinamita

ou, cando menos, habería que facilitar a reemigración a outros países nos que puidesen

atopar mellores condicións de traballo (García Borrazás, 2003).

Ao cabo, mesmo algúns dos autores que teñen gabado a bondade das condicións socio-

laborais dos traballadores galegos no Canal acaban por recoñecer que eses emigrantes

traballaban non menos de nove ou dez horas diarias, nun clima hostil e con serios problemas

sanitarios.O certo é que a lexislación laboral aprobada para a zona do Canal xa establecía

que a xornada das 8 horas só era de aplicación para os traballadores norteamericanos.

Quedaban expresamente descartados desa normativa os obreiros estranxeiros: negros,

coolies, españois, italianos... Ademais, os seus labores eran os máis duros, de pico e pá:

abrían os buracos, cargaban e descargaban a terra dos vagóns e moitas veces traballaban coa

lama ata a cintura. Iso estaría detrás, segundo este autor, das protestas que protagonizaron e

mesmo “dalgunha folga” porque reclamaron, con éxito, poder parar dez minutos para tomar

“pan con chourizo”, como facían en Galicia.

Porén, o que bota máis luz sobre a verdadeira situación que viviron os traballadores galegos

na zona do Canal son os informes recollidos polas propias organizacións cívicas

norteamericanas. Como demostrou unha investigación desenvolvida pola National Civic

Federation, os traballadores procedentes da Península, cando chegaron á zona do Canal,

víronse sorprendidos polas duras condicións e pola escasa atención que recibiron. A

meirande parte das promesas exhibidas naqueles folletos que repartían a mans cheas os

axentes de recrutamento eran radicalmente falsas. As autoridades do Canal raramente

facilitaron aloxamento para as familias e déronlles cabanas deterioradas ou coas ventás rotas

(que facilitaban a entrada de insectos e a propagación de enfermidades), auga fétida, comida

pouco fresca ou pasada e dende logo nunca chegaron a ofertar as actividades recreativas

prometidas. Os españois axiña comprenderon que os pracenteiros hoteis dos folletos tan só

estaban dispoñibles para os cidadadáns norteamericanos brancos.

E de novo, as mesmas queixas que xa viñan de vello: capataces que non falaban español e

que os insultaban e menosprezaban, longas horas de traballo baixo intensos augaceiros,

condicións laborais perigosas que debían aceptar sen protestar, ningunha indemnización para

as familias dos traballadores mortos ou feridos en accidentes e, por suposto, unha evidente

discriminación con respecto aos empregados da nómina de ouro (Greene, 2004).

Pero o certo é que, como xa vimos, o descontento fíxose visible dende os primeiros tempos.

Dous anos despois da chegada dos primeiros traballadores peninsulares, en 1906, o xornal

El Socialista facíase eco de informacións procedentes da zona nas que se enfatizaba a

severidade da vida cotiá para os traballadores inmigrantes peninsulares e das grandes

40

Page 41: pasto da dinamita

dificuldades que se lle presentaban para retornar,

“Non lles daban as tres comidas do día coa carne prometida. Non estaban aloxados nos

hoteis prometidos senón en tendas de lona en descampado e sen roupa de abrigo. Están

enfermando a cada momento. O que se gaña gástase na mesma proporción. Temos

médicos, hospital e medicinas gratis, pero antes de ir énchennos de quinina e mátannos

de fame. O custe da repatriación é de máis de 70 pesos de ouro, tan só a Cuba custa 14 e

pídenche 30 de depósito por adiantado”.17

Porén, se houbo un conflito que se repetiu con insistencia durante os anos nos que os

traballadores españois estiveron na zona do Canal, ese foi o que mantiveron cos capataces.

Un enfrontamento que, ademais de reiterado, estivo na orixe de moitas das folgas e

incidentes laborais que se produciron entre 1906 e 1911. E as queixas non eran precisamente

novidosas: os españois laiábanse de que non falasen español e dos abusos verbais e físicos.

Dos conflitos que mellor poderían expresar a tensión que se vivía entre peninsulares e

capataces, case sempre salferida pola explotación laboral e pola discriminación étnica pero

tamén pola utilización duns colectivos de inmigrantes contra outros, sen dúbida que un dos

máis sobranceiros foi o que se produciu en febreiro do ano 1907. Segundo os informes da

policía do Canal, o día 26 dese mesmo mes un grupo de peninsulares, que traballaba nas

proximidades do temible corte de Culebra, atacaron a un capataz italiano, resentidos pola

“autoridade” (a violencia e o desprezo) que exercían os italianos sobre eles. Cando a policía

arrestou a unha ducia dos agresores e os trasladou aos calabozos do poboado de Imperio, uns

200 compañeiros pararon o traballo e dirixíronse ata o cárcere para liberalos.

Aparentemente, durante o traxecto tentaron convencer aos outros colectivos de

traballadores para que se xuntasen a eles pero, finalmente, fracasaron no empeño de plantear

un conflito xeralizado. Horas despois, un grupo de policías e varios capataces reuníronse cos

folguistas ás portas do poboado e convencéronos para que se retirasen. Dos sete arrestados,

todos agás un foron procesados e condenados ao pagamento dunha multa ou a unha pena de

cárcere sustitutoria.

Porén, os conflitos cos capataces non pararon aí senón que acadaron unha nova dimensión

porque axiña apareceron outras retesías que tiñan máis que ver con problemas raciais e

identitarios que coas tensións estritamente laborais. De todos eles quizais o máis relevante,

pola carga de simbolismo que levou asociada, foi o que tivo lugar o 12 de outubro de 1907

17 El Socialista, 9/2/1906, nº 1040, p.6

41

Page 42: pasto da dinamita

no poboado de Río Grande. Así describiu os feitos o cónsul Juan Potous nun telegrama

remitido ao Ministerio de Asuntos Exteriores dous días despois, “Doce octubre después 10

noche algunos (30) trabajadores españoles, no todos, celebraban fiesta sin permiso

infringiendo reglamentos zona canal, cuando un policía ordenoles callar, españoles quisieron

explicarle razón fiesta pero no hablando español quiso arrestar a dos; estos opusiéronse”.

Como consecuencia deses enfrontamentos, dous traballadores resultaron feridos e sete máis

(Vicente Pueyo, Andrés García, Alberto Carbatón, Pablo Jiménez, Miguel Vázquez e

Miguel Zauvin e unha muller, Victoria Osorio) acabaron sendo procesados e condeados ao

pagamento dunha multa de 15 dólares cada un. O incidente, obviamente, non foi un máis

dos moitos momentos de tensión que se viviron entre traballadores inmigrantes e capataces

na zona do Canal senón que tocaba nas fibras sensibles do “patriotismo”, da afirmación

identitaria de dous grupos humanos ben diferenciados. Por unha banda, unha presada de

traballadores españois que afirmaban a súa españolidade mediante a celebración – case

clandestina - dunha festa tan simbólica como o 12 de outubro nun contexto tan hostil como

era o dun territorio controlado polos Estados Unidos apenas nove anos despois do fin da

guerra hispano-norteamericana e da entrega á nova potencia do norte dos últimos restos do

imperio colonial. E moi posiblemente unha parte dese orgullo identitario estaba

directamente relacionado coa negativa a aceptar un estatuto de segunda categoría entre os

traballadores inmigrantes, e a correspondente merma nos salarios e nas condicións

sociolaborais, máis aínda entre cidadáns dun Estado que ata había ben pouco fora

considerado unha potencia colonial. Pola outra, os representantes do novo poder mundial,

enzoufados na tarefa de converter os Estados Unidos nun polo de referenza económico e

político exemplificado na metáfora do Canal. O Canal que, máis alá da magnitude como

obra pública, era o detonante dunha expansión irrefrenable e ilimitada que non habería de

transixir coa pervivencia de identidades decadentes que, malia todo, aínda posuían un certo

valor simbólico.

E a diferenza da relaxación coa que adoitaba actuar o goberno español ante as reiteradas

queixas dos seus concidadáns na área do Canal, e que por certo xa tiña sido criticada con

acedume nalgúns medios de comunicación, como a que se recollía nas páxinas de El

Socialista, do 14 de maio de 1909, e na que se vinculaba explicitamente aquela exhibición

de desinterese coa submisión do Goberno español ante as autoridades norteamericanas,

“La crueldad yanqui hace pareja con la criminal indiferencia del Gobierno Español

respecto a los que trabajan en el Canal de Panamá”, agora a resposta fora inmediata. Era o

propio Ministro de Estado, Allende Salazar, tamén a través dun telegrama enviado o 6 de

42

Page 43: pasto da dinamita

novembro, quen apremiaba ao seu cónsul na zona para que recadase toda canta información

puidese obter sobre as hipotéticas queixas, por malos tratos e polas detencións forzosas dos

traballadores españois. Quizais porque agora o que estaba en discusión non era tanto a

situación de traballadores moi contaminados por ideoloxías radicais canto a propia

consideración de España como un Estado de primeiro nivel. A resposta a esa petición de

información chegou aínda nese mesmo ano de 1908, a través dun estenso informe enviado

polo cónsul Potous no que se documentaban as condicións miserables de vida e traballo que

padecían os inmigrantes peninsulares, castigados polos accidentes laborais e pola malaria.

Naquelas páxinas, laiábase con amargura da negativa rotunda do goberno norteamericano a

ofrecerlle calquera tipo de compensación aos que abandonaban a zona por mor das

enfermidades contraidas ou das feridas sufridas nalgún accidente laboral. E apuntaba que só

no ano 1908 ían contabilizados case 100 traballadores peninsulares mortos nas obras do

Canal. E que máis de dúas ducias faleceran afectados de malaria.

Porén, este compromiso de Juan Potous na consecución dunha certa dignidade nas vidas dos

traballadores peninsulares inmigrantes foi unha absoluta excepción na actitude amosada pola

prática totalidade. Moi distinta, por certo, da que amosaron os demais representantes

consulares que o antecederon ou sucederon nos anos que duraron as obras do Canal, e que se

caracterizou pola complicidade, cando non pola sumisión, coas autoridades norteamericanas

da Zona. Ao cabo, como ironizaba o aanrquista galego Daniel Rodríguez, era ben máis

doado para aqueles cónsules “chupatintas” manter unha posición de displicente firmeza ante

os traballadores, por moi compatriotas que fosen, que indispoñerse cos representantes da

nova potencia imperial, da que ademais sempre se podían obter beneficios tanxibles. E os

traballadores, lembraba Rodríguez, inevitablemente seguían a morrer.

Polo demais, a influencia que acadou Potous entre os traballadores peninsulares foi tan

grande, e perigosa, que mesmo obrigou á Comisión do Canal a modificar o sistema de

relacións cos traballadores inmigrantes. Para desfacerse da interlocución directa co cónsul

estableceu a figura dun mediador que tería como misión presentar as demadas dos

traballadores españois e italianos e, xa de paso, mediar entre eles. Malia o maior

continxente númerico de obreiros españois e galegos, escolleron un italiano que ademais

tiña un nome ben sonoro. Chamábase Giuseppe Garibaldi e era neto do mítico líder da

unificación italiana. Pero Garibaldi non tivo éxito no seu labor de mediación, basicamente

por dúas razóns; a primeira era que nunca acadou o grao de confianza que inspiraba Potous e

diso queixouse ante a ICC, “Os homes non deben pensar que apelando ao cónsul poderán

obter beneficios e privilexios que non poden obter dirixíndose directamente ás propias

43

Page 44: pasto da dinamita

autoridades da Comisión”. Pero aínda houbo un problema máis importante: a división,

cando non acirramento, que existía entre os colectivos de traballadores europeos. Malia que

italianos e hispanogalaicos colaboraron ocasionalmente nas folgas, nos disturbios ou nos

motíns e que mesmo algúns italianos asistían aos mítins dos anarquistas españois, en

realidade ambos os dous grupos combatíanse ardentemente. Os propios capataces

recoñecían que, “non hai unión entre as dúas nacionalidades senón que desconfían uns dos

outros”. E o voceiro dos anarquistas de fala española, El Único, acusaba aos capataces

gregos na zona de maltratar fisicamente aos traballadores galegos e españois e de facelo con

saña, “Por que estos atenienses actúan tan despoticamente? Se están americanizando?”. Esas

divisións supuxeron un grave quebranto para a posta en marcha dun movemento

reivindicativo de amplo espectro, no que estivesen representados todos os traballadores máis

alá da súa orixe territorial ou da cór da súa pel e obrigaron aos obreiros hispanogalaicos a

traballaran por si propios cando se trataba de organizar protestas e folgas.

Con todo, nin as reiteradas queixas do cónsul Potous, que acabaron por evidenciar ao

Goberno español nin as medidas lexislativas aprobadas por este, como o real decreto de

1908 que prohibía a emigración á área do Canal, alteraron significativamente a situación

existente. E iso que, segundo o xornal New York Times (30/9/1907, p.2), o goberno español,

alarmado pola incesante saída de emigrantes, ía desenvolver unha intensa campaña para

deter o éxodo e estaba a facer esforzos singulares para previr a aqueles traballadores que se

dirixían a Panamá, para taraballar no Canal.

Malia todo, os conflitos cos capataces seguiron a medrar e tamen aumentaron

exponencialmente os accidentes laborais. E non eran só os accidentes. Porque aínda era peor

o que alporizaba ao anarquista galego Daniel Rodríguez: a ausencia de calquer compromiso

por parte das autoridades norteamericanas para garantir, cando menos, unha mínima

compensación económica para os obreiros mutilados.

A situación agravouse aínda máis coa sucesión de accidentes laborais provocados pola

deficiente utilización dos explosivos e pola indiferencia, tinguida dun perceptible racismo,

que amosaban os capataces cando tocaba protexer as vidas dos traballadores. Algúns anos

despois, o emigrante libertario galego, José Novo facía reconto daquela xeira mortífera e

escolleu para o seu relato un título moi expresivo, “Pasto de la dinamita”18. Nel, o que máis

sorprendía non era a reiteración periódica dos estouridos que custaban vidas (chega a falar

de 300 mortos nun accidente en Culebra no mes de decembro de 1908 anque as autoridades 18 Segundo o autor, “Un superintendente de la división de Emperador, ante la presencia de un peligro de muerte, dijo

que no importaba que murieran diez o veinte (españoles), que España tenía quince millones de hambrientos”. “Pasto de la dinamita”, Tierra y Libertad, 3/7/1912, nº 116, p.3

44

Page 45: pasto da dinamita

e a prensa nortemericana non recoñeceron máis que 12 ou 13) senón o desprezo co que os

superintendentes e os capataces xestionaban a vida dos seus traballadores e a chantaxe

permanente que efectuaban coa ameaza do despedimento.19

Agora ben, no tocante á conflitiva relación cos capataces quizais poda botar máis luz sobre

esa cuestión un accidente ocorrido en outubro de 1907. Daquela, un grupo de traballadores

(a maior parte deles galegos) que traballaban en Miraflores estaban a descargar un vagón

con grandes vigas de madeira. Como a operación se alongaba, para axilizala, o subcapataz

que os dirixía ordeou atar unha corda aos baixos do vagón e turrar dela, cando aínda se

atopaban enriba os traballadores que facían a descarga. Como consecuencia do impacto

varios peninsulares quedaron feridos e un deles atrapado por baixo das toradas, co pescozo e

un brazo partidos. A brutalidade contrastada do subcapataz obrigou ao cónsul Potous a

solicitar das autoridades do Canal a apertura dunha investigación. Moi molestos, en privado

polo que consideraban “contínua interferencia do cónsul español cos traballadores …” e

aínda máis preocupados porque esa interferencia “contribuía a relaxar a disciplina e animaba

aos traballadores españois a pensar que poderían obter un mellor tratamento se recibían o

apoio dunha autoridade estranxeira”, os directivos da ICC procuraron afogar o conflito

potencial cunha resposta oficial chea de cinismo: a culpa do accidente fora dos propios

traballadores pola súa falta de precaución.20

Pero, en realidade e para desespero da ICC, aquel accidente e aquela resposta non foron

máis que o cume da indignación. Poucos días despois daquel incidente, os españois

promoveron a primeira grande folga no canal. Máis dun cento de homes abandonaron as

súas ferramentas en protesta polos abusos dos capataces e pola calidade “inaceptable” da

comida. Os traballadores describían a un determinado capataz como alguén a quen

“obedecemos con gran paciencia a pesar da súa linguaxe soez, inapropiada para un home

educado...” E engadían “nós cumprimos coas súas ordes ignorando os insultos que lle adica

aos españois polo mero feito de seren españois”. Salientaban os folguistas que ese mesmo

capataz sancionara de maneira arbitraria a un traballador, anque este “traballaba con ardor”,

simplemente porque “se queixara da comida fornecida pola ICC” e engadían que esa comida

podía compararse sen problemas coa que se repartía en “calquera penitenciaría”. Ao cabo de

19 “Begin investigations of Canal explosion; Bas Obispo accident most serious since US began digging at Panama”, New York Times, 14/12/1908, p. 8. No artigo apúntase que foron 13 os traballadores mortos, 3 deles norteamericanos.

20 A diferenza do cónsul español, só en moi escasas ocasións interviron os cónsules francés e británico para asistir aos traballadores caribeños das súas colonias e non hai evidencias de queixas presentadas polos cónsules de Italia ou de Grecia, na defensa dos intereses dos seus connacionais.

45

Page 46: pasto da dinamita

dous días, as autoridades do canal enviaron traballadores italianos para ocupar o lugar dos

que estaban en folga, unha unidade de policía para controlar os posibles enfrontamentos

entre os dous colectivos de traballadoeres e ameazaron con expulsar aos españois das súas

barracas se non retornaban ao traballo polo mediodía do mesmo día. Anque os informes

relativos á folga non fan referencia á resolución do conflito, sí sabemos que os españois

acabaron por voltar ao traballo.

Cando os problemas de comida se mesturaron coas hostilidades raciais, os conflitos aínda

foron máis complicados de controlar. Un dos disturbios máis graves ocorrrido na zona do

canal aconteceu nun comedor recentemente construido para os españois no poboado de Bas

Obispo, o 12 de marzo de 1907. Tal e como se recolle no informe elaborado pola policía da

zona, a orixe do conflito habería que relacionala coa posta en marcha das novas normas

gubernamentais que regulamentaban aspectos tan peculiares como o lugar onde se debía

sentar cada grupo de inmigrantes durante a cea. Cando un traballador peninsular sentou no

lado contrario ao que debía, un camareiro caribeño negro tentou corrixilo e o español

golpeouno. A continuación, outro traballador chamado Angel Negrati saltou enriba da mesa

e arengou aos seus compañeiros con expresións como “morte aos negros!”. Moitos

traballadores españois seguiron o exemplo de Negrati, subiron ás mesas e tiraron os pratos e

os vasos mentres que os demais atacaban e golpeaban ao encargado do comedor. Segundo o

informe, para cando a policía chegou o comedor xa estaba baleiro, os vidros das ventás

rachados, as lámpadas destruídas e “o chan case enteiramente cuberto con pedras, tazas,

salseiros, pratos,... que foran lanzados contra o encargado e os seus asistentes”. Nun outeiro

próximo estaban sentados case 200 españois “evidentemente satisfeitos co que fixeran”.

Pouco tempo despois, algúns policías acompañaron ao encargado ata aquel outeiro para

identificaren os líderes da revolta. Cando sinalou o primeiro home, “todos os españois

erguéronse como un só” e só baixo a ameaza dos revólveres puideron os policías arrestar a

doce traballadores que foron identificados como os líderes. Esa noite, os españois

congregáronse de novo diante do comedor e apedrearon o edificio. O xefe de policía

considerou o incidente como o “asunto máis serio dese teor que nunca acontecera no istmo”.

Porén o que, na lectura que fixeron as autoridades norteamericans, abrollou como unha

explícita expresión da hostilidade racial dos traballadores brancos contra os obreiros negros,

recibiu un tratamento moi diferente na prensa anarquista editada en Cuba. Para o

correspondente naquela zona do xornal ¡Tierra!, aquel foi un conflito provocado pola

queixa dun peninsular ante a escasez do rancho e só coincidía co informe policial no

carácter airado da protesta dos seus compañeiros cando os policías procedían a prendelo.

46

Page 47: pasto da dinamita

Segundo o informante, a policía comezou a disparar contra dos traballadores españois de

xeito indiscriminado tanto en Río Grande como en Río Miguel causando moitos feridos

ademais de ter efectuado detencións masivas. Moitos dos procesados foron inmediatamente

condeados a varios anos de presidio ou ao pagamento de multas onerosas.21

A diverxencia na presentación dun conflito que realmente existiu non pode ser máis

evidente. Cabe a posibilidade de que os dous incidentes ocorresen en datas moi próximas e

que cada unha das partes procurase salientar aquelo que máis lle conviña para os seus

intereses. Pero, coñecendo as críticas que os anarquistas peninsulares do canal (e tamén os

representantes das sociedades de emigrantes radicadas en Panamá) emitiron en diferentes

ocasións contra os traballadores de cór e a cronoloxía de novos enfrontamentos raciais que

se produciron nas semanas seguintes semella que o correspondente do semanario cubano

praticou unha sorte de censura terapeútica sobre unha actitude incompatible cos principios

do antiracismo e da solidariedade que defendían publicamente os anarquistas. Nun informe

do ano 1907, a Sociedad Española de Beneficencia de Panamá xa alertaba que “Os

españois son tratados con menos consideración que os negros. Castíganos por calquera

cousa a traballos forzados, sen paga, e aliméntanos só con pan e auga, amárranos a unha

cadea de catro metros de longo ao nocello e suxeita ao outro extremo por unha bola de

ferro, como se cometeran un crime nefasto”. De feito o clima de enfrontamento mantívose

vivo durante bastante tempo. Nos informes da policía aparecen referencias directas á

hostilidade coa que reaccionaban os traballadoes españois cando os negros caribeños

traballaban, descansaban ou cambiaban a quenda moi preto deles. Por exemplo, segundo a

policía, a principios de 1907 os españois de Pedro Miguel ameazaron cunha folga en

demanda de mellor comida, pero tamén para que “todos os negros saísen do seu campo”.

Algún tempo despois, en 1909, o ateigamento nos vagóns que transportaban aos

traballadores supuxo un novo enfrontamento entre españois e barbadianos, con paus e

pedras como armas. Anque normalmente os traballadores “brancos” e “de cór” viaxaban en

vagóns diferentes, os caribeños teimaran en ocupar os trens reservados aos brancos porque

os seus carruaxes ían absolutamente cheos. Cando a policía tentou deter o enfrontamento, os

españois atacárona. Varios deses traballadores foron prendidos e case 400 rexeitaron

incorporarse ao traballo como sinal de protesta, e insistiron en que non o farían ata que

chegara o cónsul español. Logo da súa chegada, queixáronse con acedume e urxírono para

que se fixera xustiza ou senón convocarían a todos os españois da zona do Canal para que

“abandonasen os seus picos e se organizasen para a proteción dos seus dereitos colectivos”.

21 “El infierno del Canal”, ¡Tierra!, A Habana, 18/4/1907, p. 4

47

Page 48: pasto da dinamita

Os traballadores esixiron a liberación dos seus compañeiros e que se lle prohibise, aos

traballadores negros, viaxar nos seus vagóns. No informe afírmase que o xefe de policía

actuou inmediatamente para atender as demandas dos españois e ordeoulle ao oficial

encargado que “vixiase que os traballadores brancos, que eu entendo que están en clara

minoría, non se sintan asoballados polos traballadores de cór”.

A folga de 1907, encabezada polos españois, constituiu unha seria advertencia para as

autoridades norteamericanas que non dubidaron en reforzar as medidas coactivas. Medidas

que, por certo, xa eran moi estritas se temos en conta que dende os primeiros meses dese ano

os traballos do Canal foran militarizados e que a máxima autoridade da zona, dotada de

poderes plenipotenciarios, era unha comisión, integrada por 5 militares e 2 civís, que

presidía o xeneral George W. Goethals (Mack, 1944). Aínda así extremouse a vixilancia coa

finalidade de evitar a constante deserción dos traballadores, sobre todo nos portos do

Atlántico e do Pacífico 22 .

Nesta onda de conflitividade obreira, con moitas folgas perdidas pero con algunhas

importantes demandas gañadas, os traballadores españois gañaron na súa politización e no

activismo despregado. O anarquismo comezou a extenderse como un movemento

organizado na zona do Canal, atraendo a centos de seguidores entre os traballadores

hispanogalaicos. Os traballadores inmigrantes trouxeron canda eles unha rica tradición de

rebelión e de protesta política, que podía expresarse en forma de actos de violencia contra a

propiedade ou outros actos espontáneos, pero tamén nos esforzos organizados para crear

asociacións e construir escolas (Greene, 2004). En Galicia, por exemplo, os campesiños

comezaran a loita contra os foros no século XVIII e contra a pretensión dos propietarios de

actualizar as rendas.

Apunta Cornish (1909) que os europeos estaban "acostumados á acción colectiva" en apoio

das súas demandas e que non levaban máis de seis meses no Istmo cando comezaron a

organizarse en defensa dos seus dereitos laborais (Cornish, 1909). Con todo, a súa situación

de estranxeiros marxinábaos dunha hipotética proteción xudicial e impedíalles establecer

organizacións sindicais dun xeito público. Xa que logo deberon ampararse en organizacións

de tipo clandestino, un tipo de loita na que non poucos deles posuían experiencia, malia que

sempre ameazados pola acusación de subversión e mais pola deportación.

O certo é que estes inmigrantes movéronse nun mundo internacional de políticos radicais, e

22 “ . . . preto de 500 españois cuxos contratos aínda non expiraran abandonaron os campamentos obreiros e dispúñanse a abordar un barco no porto da Boca, cando foron sorprendidos por unha patrulla de marines, que os devolveron ao campamento". The Chronicle . Panamá, 11/5/1907, páx. 1

48

Page 49: pasto da dinamita

a súa ideoloxía, estratexia e tácticas estiveron modeladas non só polas experiencias na

construción do Canal ou polo tempo que botaron en España, Cuba ou destinos semellantes

da migración internacional senón tamén polas ideas dun movemento vibrante tanto social

como politicamente. En España e en Cuba, o anarquismo acabara por ser a ideoloxía

dominante entre os traballadores durante os últimos anos do século XIX e os principios do

século XX e anque os dous espazos diferiron en cuestións importantes tamén había fortes

vínculos entre eles, e os xornais anarquistas españois eran amplamente distribuídos nas

cidades cubanas. O papel de Cuba como epicentro do movemento anarquista na área do

Caribe e de publicacións como ¡Tierra! (Shaffer, 2009).

O primeiro artigo de ¡Tierra! no que se falaba da cuestión do canal data de setembro de 1907. Tra-

tábase dunha carta asinada por 37 traballadores na que se describia unha asemblea recente e as rei-

vindicacións que alí se acordaron, como a xornada de oito horas, unha paga de dez dólares ao día,

incrementada a 16 dólares polo traballo nos días festivos, ao tempo que se denunciaba o control po-

licial exercido polas autoridades norteamericanas e as pésimas condicións laborais imperantes. Os

asinantes criticaban con dureza a actividade dos recrutadores ao servizo da Comisión do Canal, que

non dubidaban en presentar un escenario laboral idílico para atraer traballadores baratos que, á súa

chegada, contribuían a deprimir as condicións salariais existentes. E tamén salientaban, alén da de-

cepción, os abusos policiais contra os traballadores que podían seren arrestados ou multados por se-

ren sospeitosos de “alterar a orde ou de tirar na rúa unha casca de laranxa”. Na carta urxíase, tamén,

aos editores do xornal para que fixesen chegar a información aos xornais anarquistas españois de

xeito que aqueles que aínda tiveran ilusións de marchar a Panamá fosen conscentes das duras condi-

cións que os agardaban alén do abuso exercido pola policía e polos capataces norteamericanos

Segundo as autoridades dos EEUU, a introdución dos principios do anarquismo na zona do Canal

produciuse coa chegada dos primeiros traballadores españois en 1906 anque só abrollou como un

movemento significativo a partir de 1911, con ocasión das folgas dese ano. En xullo de 1905 os

anarquistas establecidos en Panamá fixeron o seu primeiro contacto cos correlixionarios da Habana

cando o traballador peninsular Luis Prats enviou 1,30 pesos para ¡Tierra!. A pesar desta contribu-

ción non houbo fluxos monetarios e de comunicación significativos entre Panamá e Cuba ata finais

do verán de 1907.

Entre 1907 e 1911, a rede anarquista entre Cuba e Panamá podería describirse, no mellor dos casos,

como moi tenue. Por veces, nas columnas de ¡Tierra! aparecían referencias ás aportacións económi-

cas, que ían dende os 55 centavos ata os 24.75 pesos, que facían os anarquistas peninsulares do Ca-

49

Page 50: pasto da dinamita

nal para subscripcións e causas políticas. Os fondos eran enviados por traballadores de Emperador,

Ancón e Pedro Miguel, pero en xeral de xeito moi irregular. Durante un período de catro anos, tan

só se contabilizan 38 semanas con envíos dende Panamá.

O propio oficial médico xefe, William Gorgas, comentaba, a propósito da extensión do

movemento, un detalle que era algo máis que anecdótico: os españois hospitalizados sempre

incluían panfletos anarquistas entre os seus materiais de lectura.

Houbo grupos libertarios organizados na prática totalidade dos poboados que albergaron aos

traballadores durante os dez anos que durou a construción do canal: Rio Grande, Ancón (Sin

Dios ni Patria), Balboa (Los Sedientos), Bas Obispo (Los Errantes), Corozal (Deseo

Libertario), Pedro Miguel (Los Nada e Libre Examen), Puerto del Toro (Gente Nueva), Las

Cascadas (Libertad y Justicia e Ferrer), Corozal, Miraflores (Los Iguales), Culebra (Los

Invencibles; Nuevos Luchadores), Emperador (Labor Libertaria), Gatún (Los Egoistas),

Panamá (Los Autónomos), Puerto Bello (Los Iconoclastas), Libertador, e Gorgona (Los sin

nombre). O derradeiro grupo libertario, integrado por traballadores españois, que sobreviviu

na zona do Canal foi o denominado Los Autónomos e fundouse en decembro de 1915 en

Panamá City como resultado da fusión entre un pequeno colectivo de traballadores

anarquistas que residían naquela cidade e o grupo Los Sedientos, de Balboa.

Cadro 4.- Grupos anarquistas de fala española na zona do Canal de Panamá

1910 1911 1912 1913 1914 1915 1916 1917 1918 1919 TOT.Balboa 2 3 1 2 1 6 15Bas Obispo 3 4 7Colón 2 1 1 1 1 5 11Corozal 2 2 4Cristobal 1 2 3Culebra 1 11 8 20Emperador 2 4 3 3 11Gatún 4 8 6 7 1 26Gorgona 15 12 2 29Las Cascadas 1 5 3 3 12Panamá 5 2 3 1 6 4 2 23Miraflores 6 7 13Pedro Miguel 3 12 5 2 22Portobello 1 1Puerto del 1 1Rio GrandeGrande

1 1 2Fonte: Elaboración propia

50

Page 51: pasto da dinamita

Como a maior parte dos colectivos que se reclamaron individualistas, todos estes grupos

tiveron un funcionamento discontínuo, en absoluto xerarquizado, e máis adaptado ás

necesidades concretas dun conflito ou dunha campaña de propaganda que a unha dinámica

estable. Esa fluidez organizativa foi a que, malia as retesías e enfrontamentos persoais que

por veces os pexou, garantiu a súa sobrevivencia nos tempos difíciles porque podían

reconstruirse doadamente noutra localidade ou mesmo noutro país. Malia todo, a zona do

Canal foi un dos escaso espazos onde os anarquistas individualistas foron que de crear unha

estrutura de coordenación relativamente duradeira, a Federación de Agrupaciones

Anarquistas e individuos libres del Istmo de Panamá, fundada no mes de agosto de 1913

como un organismo de coordenación que permitía centralizar os recursos económicos

enviados por cada grupo e destinalos a actividades comúns de propaganda ou de

solidariedade. Xustamente, para atender as necesidades de propaganda e de formación

doutrinaria, a Federación acordou dotarse dun voceiro propio, El Único, editado na

localidade de Gatún, que tamén serviu como instrumento de enlace e comunicación dos

grupos libertarios e mais como altavoz das necesidades e reivindicacións planteadas polos

traballadores do Canal. Tamén foi iniciativa da Federación a constitución, no mes de xullo

de 1911, do “Comité Pro Presos de Culebra” que naceu para axudar aos traballadores que

padeceron as consecuencias inmediatas, en forma de detencións e despedimentos, da gran

folga que se desenvolveu naquela zona nese mesmo ano.23 Polo que respecta á

cuantificación deses grupos non temos datos precisos sobre o número de individuos que

formaba parte de cada un deles, pero o que parece evidente é que foron bastante máis

numerosos que as agrupacións individualistas existentes en España, case sempre moi

minoritarias e agrupadas arredor duns poucos órganos de prensa e propaganda. O único dato

aproximativo é o que nos ofreceron as autoridades norteamericanas. Segundo os seus

informes, os grupos anarquistas da zona do Canal chegaron a contar con máis de 800

membros esparexidos polo istmo anque, advertían, ese seu número sería moito maior, con

case total seguridade, “senón houbese que pagar as cotas mensuais”.

A prática totalidade dos ácratas da zona do Canal foron homes, como era o habitual nas

migracións temporais e nos traballos a destallo, pero temos constancia da presenza dalgunha

muller nesa zona, como foi o caso de Teófila Rebolledo, que participou como oradora no

mítin celebrado en Culebra o 17 de novembro de 1912 (cando xa comezaba o devalo dos

peninsulares no Canal) e que foi recibida cunha enorme expectación por ser “la primera

compañera que hoy propaga el ideal anarquista en el Istmo”.

23 Tierra y Libertad, 13/7/1911, nº 76, p.3

51

Page 52: pasto da dinamita

Pero, ademais, moitos deses libertarios eran galegos e, dende logo, moitos dos seus

dirixentes tamén o eran. Homes como o ferrolán José Novo, os lucenses Jesús Loúzara e

Aquilino López (orixinario de Quiroga), o coruñés Bernardo Pérez ou Daniel Rodríguez,

foron secretarios ou tesoureiros dalgúns dos grupos da zona do Canal e convertéronse en

participantes asiduos nos mítins itinerantes mensuais que a Federación organizaba nos

distintos poboados . Todos eles foron anarquistas individualistas, moi influenciados polo

pensamento de Stirner, - a devoción, indisimulada, polo pensador austríaco levounos a darlle

o título de El Único ao órgano de prensa da Federación - moi críticos co sindicalismo e con

calquera xeito de organización pero, ao tempo, moi abertos á realización de excursións

diversas por espazos externos aos seus principios, o que se traducirá na existencia de dobres

e ata triplas militancias, actuacións centrais e marxinais e unha “gran promiscuidade nas

relacións con outras tendenzas dentro da órbita anarquista (Díez, 2007).

O mesmo que os traballadores caribeños, os españois non tiñan sindicatos propios, non

podía apelar ao Congreso dos EEUU e tampouco podían presionar ás autoridades coa

ameaza do abandono do traballo porque existía un importante exedente de man de obra non

cualificada que podería substituilos inmediatamente. A súa desesperación levounos a

solicitar en moitas ocasións a axuda dos representantes consulares españois. Ao longo do

ano 1907, o cónsul Juan Potous tramitou ante as autoridades norteamericanas, con bastante

regularidade, tanto reclamacións por accidentes como solicitudes de investigación e de

compensación para as familias pola morte dalgún traballador. E nese mesmo ano, o

semanario anarquista Tierra facía referencia a unha carta aberta asinada por 37 traballadores

peninsulares e dirixida ao presidente dos EEUU, a través do cónsul de España en Colón, na

que se solicitaba a xornada de 8 horas e un xornal de 10 dólares para os días laborables e de

16 para os festivos24.

Todo isto axuda a explicar a onda de militancia obreira entre os traballadores españois en

1911, e as conexións entre esa militancia, as políticas anarquistas e a crecente hostilidade

racial que se extendeu pola zona. A grande folga de 1911 desenvolveuse rapidamente. Os

peninsulares traballaban nunha das zonas máis perigosas de todas as obras do canal, o corte

Culebra, no que se producían constantes deslizamentos e avalanchas de terra que podían

sepultar un grupo en poucos segundos. Un subcapataz describíao como “o lugar máis duro

no Canal para traballar. Nove veces de cada dez vaise traballar ao mediodía ou pola noite.

Hai que traballar duro porque o Canal deslízase constantemente … imos traballar por veces

con terra e auga ata a cintura e iso é demasiado duro”.

24 “Terror en Panama”, ¡Tierra!, A Habana, 7/9/1907, nº240, p.3.

52

Page 53: pasto da dinamita

Logo de que case 200 traballadores de Miraflores se sumaran á folga, aumentando o número

total de folguistas ata preto dos 800, os traballadores comezaron a celebrar asembleas para

acordar a estratexia e unificar as demandas laborais. Nestas asembleas tamén interviron os

representantes doutros poboados de construción, como Las Cascadas, Empire, Pedro

Miguel, e Gorgona, ademais de Culebra e Miraflores. E o denominador común de todas as

intervencións, ademais de insistir na mellora das condicións de traballo e nas críticas aos

capataces, foi a coincidencia na petición da intervención directa do goberno norteamericano.

A resposta de Goethals foi o traslado temporal do capataz Pike e a autorización para que os

traballadores puidesen facer unha parada a media mañá para tomar o almorzo. Asímesmo

deulle orde aos capataces para que deixaran de utilizar unha linguaxe inapropiada e abusiva

e aceptou a posta en marcha dunha comisión de investigación que recollería os testemuños

dalgúns traballadores e as acusacións contra o temido capataz. Aparentemente, estas

medidas tiveeron un efecto disuasorio porque, logo de axitadas discusións, os traballadores

retornaron ás obras na maña do 3 de agosto de 1911.

Aos poucos días, o comité nomeado por Goethals entrevistou a unha ducia de traballadores

e escoitou as súas queixas. Porén, o comité decidiu, finalmente, rexeitar os cargos

formulados porque, alegaba, non estaban suficientemente probados e, quizais o máis

importante, porque entendeu que a permanencia do capataz no seu posto de traballo non ía

provocar unha deserción laboral significativa. A restitución do capataz Pike representou,

posiblemente, a maior derrota para os traballadores porque xa non foron quen de retomar o

conflito e, ademais, moitos dos activistas foran “animados” a abandonar a zona do Canal.

Houbo outras folgas nos meses seguintes pero, agora sí, praticamente realizadas en

exclusiva polos traballadores españois.

A insubordinación comezou a extenderse a partir do 22 de xullo de 1911 entre os diferentes

grupos que traballaban no corte Culebra. Nos días seguintes máis de tres ducias daqueles

grupos de traballo comezaron coas medidas de protesta: rexeitaban obedecer as ordes,

sentábanse durante a xornada de traballo ou celebraban asembleas nas que amosaban a súa

determinación para mellorar as condicións laborais. E unha das queixas que se repetían

dende os primeiros conflictos do ano 1907 era a que tiña relación cos capataces anque agora

a crítica directa ía dirixida contra un tal Pike, que era o capataz encargado dun grupo de 200

traballadores que traballaban en Culebra.

Pero se houbera que personalizar este movemento reivindicativo, a figura de referencia que

exerceu o liderado na onda de conflitividade social que percorreu a zona do Canal entre

1911 e 1912, foi Bernardo Pérez, un galego que emigrara a Cuba a principios do século e

53

Page 54: pasto da dinamita

que converteuse no centro do movemento anarquista na área do Canal. Pérez foi o

administrador e principal redactor de El Único, editado dende finais de 1911 en Colón e,

segundo un confidente da policía, era un “excelente orador, un home ben educado e que

aparentaba ter unha grande dose de experiencia nese cometido”(Greene, 2009). Posuía un

vasto coñecemento das condicións obreiras e da organización anarquista en todo o mundo e

empregaba este coñecemento nas asembleas dos traballadores para educar e motivar aos

seus oíntes. Nesa tarefa de organización e adoutrinamento contou coa axuda dun rapaz máis

novo, o xa citado Aquilino López. Para cando comezaron as asembleas, López tan só levaba

na zona do Canal tres meses e, segundo recollían os informes policiais, “anque é moi

entusiasta na propaganda, moi activo nos seus esforzos para convencer, aínda carece da

experiencia e da soltura do seu camarada Bernardo Pérez”.

A mediados de 1911, Aquilino López, unha ascendente figura no movemento anarquista da Habana,

marchou dende Cuba a Panamá, xusto no momento no que se produce un significativo incremento

na conflitividade obreira da zona do Canal.

En xullo de 1911, as revoltas obreiras sucedéronse no infame corte Culebra, unha sección moi peri-

gosa do proxecto do canal que era susceptible de deslizamentos de terras. As folgas de solidariedade

emerxeron noutras partes da zona, especialmente entre os traballadores españois que eran os obxec-

tivos preferentes da activa propaganda despregada por un crecente número de clubes anarquistas

que se extenderon polos poboados a través do canal. Neste contexto foi que emerxeu a figura de

Aquilino López, que axiña se vinculou a ese movemento societario e de xeito especial con Bernardo

Pérez, editor do xornal anarquista editado en Colón El Único e colaborador económico dende tempo

atrás de ¡Tierra!.

(Greene 2004:90-92 and 2009:175-177).45

En tanto que Pérez foi un importante axitador anarquista na zona, López xogou un papel clave no

desenvolvemento da rede anarquista rexional utilizando as súas conexións na Habana para vincular

os dous movementos. Porén, as disensions internas entre os anarquistas da Habana provocaron unha

paralización temporal desta rede. Mentres que ¡Tierra! e os grupos anarquistas que o editaban tiñan

sido os primeiros receptores do diñeiro e da correspondencia dende o Canal, López era un dos anar-

quistas radicados en Cuba que abandonou ¡Tierra!. A mediados de 1911, algúns daqueles disidentes

que permanecían en Cuba comezaron a publicar outro periódico anarquista Vía Libre, co que López

colaborou de xeito regular.

É difícil pensar que Aquilino López fose máis entusiasta que outros moitos dos seus

54

Page 55: pasto da dinamita

compañeiros individualistas, sempre animosos na actividade propagandista e na confianza

dun futuro igualitario. O que si foi, posiblemente, foi máis amable no seu discurso, tinguido

de referencias humanistas e morais, alomenos o que aparece reflectido nas escasas

colaboracións para a prensa libertaria que coñecemos del (Greene, 2004). Fronte á linguaxe

tronante e contundente doutros compañeiros como Daniel Rodríguez, da admonición

distante e elitista do seu coterráneo Loúzara ou do radicalismo verbal do seu compañeiro

Bernardo Pérez, que adoitaba presentarse nos mítins como “Fray Bernardo”, López aparecía

como un inxenuo ardoroso que gastaba parte do seu tempo en pouco produtivas discusións

cos propios representantes do goberno do Canal, para convencelos sobre a superioridade

moral do anarquismo e para desmontar as acusacións, difundidas polos seus nemigos, de que

non eran máis que fanáticos bombistas. Anque no seu argumentario sempre había un oco

para a crítica radical da Igrexa, o énfase ía adicado singularmente a factores que poderiamos

definir como extralibertarios: o naturismo, o antimilitarismo, o esperantismo...aos que López

describía como os alicerces dunha nova sociedade: o rexeitamento da bebida, do xogo, da

guerra e da prostitución e a reivindicación da lectura e da educación, da paz internacional e

do vexetarianismo.

O certo é que nas asembleas de traballadores, nos mítins mensuais que organizaba a

Federación de Agrupacións e, por suposto, nas páxinas de El Único, o discurso de Pérez

soaba máis radical que o do seu xove compañeiro. Demandando máis lectores, Pérez

sinalaba que apoiando o seu xornal, “estarían contribuindo ao enterro do clericalismo que

envelenaba as súas conciencias, do capitalismo que zugaba o seu sangue e do Estado que

controlaba as súas vidas”.

Noutro artigo, afirmaba “Nós somos os irmáns máis novos dos que foron colgados en

Chicago, Vergara, París... e daqueles que foron tiroteados en Varsovia, Barcelona, Bos Aires

e no Xapón...”. Dese xeito, Pérez situaba o movemento anarquista da zona do Canal no

contexto internacional. Pero el tamén atendía as preocupacións específicas do traballadores

do canal. Demandaba locais públicos para que as súas organizacións puidesen celebrar

asembleas, criticaba as deportacións de folguistas e atacaba ao goberno norteamericano

polos abusos dos capataces, polo amoreamento dos traballadores e polo trato de escravos

que recibían.

Os anarquistas continuaron desenvolvendo a súa axitación ao longo do outono de 1911 e,

polo menos, ata a primavera de 1912, e Pérez continuou publicando El Único. Un panfleto

distribuido polos anarquistas reflectía un escuro senso do humor salientando que unha

reunión próxima habería incluir refrixerios como” cabezas de monxes, zume de frades,

55

Page 56: pasto da dinamita

corazón de crego ou sangue xeado de xesuíta”. Estas sinistras imaxes ían acompañadas por

ocasionais ameazas de violencia. En cartas e postais, algúns anarquistas e empregados

despedidos ameazaban con dinamitar as obras ( Blow Up The Works) ou rebentar as

esclusas.

As ameazas de violencia incrementaron a presión do goberno e a agresividade da súa

resposta. Os cregos católicos da área esixíronlle ao goberno que reprimira o movemento

anarquista con contundencia. Algúns membros dese goberno, de xeito notable M.H.

Thatcher, que dirixía o departamento de administración civil, estaban dacordo. Thatcher

definía a Pérez como un fóra da lei que incitaba á violencia e urxía a acabar inmediatamente

co seu labor axitativo. Porén, a meirande parte do goberno era partidario dunha política de

tolerancia. Entre eles, o cónsul español Potous, quen explicaba a quen o quixera escoitar

que non vía ningunha sorte de ameaza naquel movemento.

Pero, finalmente, a opinión máis influinte sempre semellaba ser a do director Goethals.

Rexeitaba que os anarquistas incitaran aos seus seguidores á violencia e mesmo aparentaba

xustificar o seu discurso, “Eles cren que a presente organización da sociedade é inxusta e

que a súa clase padece a meirande parte da inxustiza. Que ser humano intelixente podería

negar isto?”

E, de feito, o goberno nunca chegou a prohibir as asembleas obreiras nin deportou a Pérez

nin a ningún outro anarquista, cando as autoridades norteamericanas tiñan expulsado, de

xeito rutinario, líderes folguistas no pasado con argumentos que ían dende teren sido

condenados por anarquistas ata a incitación á insurrección, pasando pola sospeita de que

fosen susceptibles de promover desorde públicas, facer perigar a saúde pública ou impedir,

dalgunha maneira, o progreso dos traballos de apertura do Canal. O que non impedía que

seguisen a ollar con moita atención para os traballadores españois e especialmente para os

seus líderes, e que os sometesen a unha estreita vixiancia policial.

Paradoxalmente, o goberno norteamericano adoptou unha actitude moito máis contundente

contra os traballadores en folga que contra os axitadores anarquistas malia saber, dende

marzo de 1912, que os anarquistas traballaban coa pretensión de unificar aos colectivos da

zona do Canal nunha única agrupación. Anque, na percepción dos líderes libertarios, a

represión gubernamental era indiscriminada e non reparaba en sofisticacións intelectuais,

“Que no quieres que te exploten... ah!, entonces cárcel, ayuno y estaca.

Que haces propaganda anarquista ¡quiá! Aquí no lo permite el régimen republicano

¡Viva la república católica! grita el presidente de la farándula ¿Hay por esa obreros

56

Page 57: pasto da dinamita

repubicanos? Los de aquí huelen a incienso”.

Dende principios de 1912, os traballadores españois da Canal Zone semellaron teren

suspendido as folgas, disturbios e asembleas anarquistas. Que ocorreu?. Unha posibilidade é

que a estratexia gubernamental acabara por liquidar o movemento. Porén, anque as

condicións básicas seguiron a seren as mesmas semella improbable que todas as tensións e

queixas desapareceran abruptamente. Outra posibilidade máis verosímil é que o pesadelo

longamente temido polos españois se cumprise e que o goberno dos EEUU actuase

rapidamente no seu plan de reemprazar aos europeos por negros caribeños. Sabemos que o

goberno comezou este proceso en 1911 e as protestas dos españois incidían precisamente

nese fenómeno. Esta situación de crise laboral tamén foi confirmada polos propios

colectivos anarquistas. Na súa sección “Campo Neutral”, publicada no semanario anarquista

barcelonés Tierra y Libertad, o libertario galego M.Daniel Rodríguez (Intransigente)

alertaba que, “(Del) Canal de Panamá son despedidos diariamente obreros por el solo hecho

de que hay quien trabaje por menos salario.”25

Moi posiblemente, todas as folgas e a axitación anarquista que se desenvolveu durante 1911

debeu ter estimulado ao goberno norteamericano na axilización desta estratexia, co

obxectivo final de eliminar a presenza dos revoltosos hispanogalaicos. O silencio dos

peninsulares, por tanto, non sería outra cousa que a consecuencia lóxica da perda dos seus

postos de traballo e da súa substitución polos inmigrantes da Indias Occidentais,

“Los obreros que el americano importó de España, etc., etc. y que bajo su “fiel palabra

de honor” dijo respetaría y conservaría en sus puestos mientras hubiese trabajo y que

serían respetados los 20 centavos por hora, resulta ser una burla sarcástica.

Hoy no solo se les arrebata la chapa, se les insulta, apalea, obliga a comer bazofia y se

les descuenta horas, sino que se les amarra con una “bola” y ¡a trabajar gratis,

caballeros! Los “contratados de palabra”, pues ningún contrato firmaron y si lo hubieran

firmado – para eludirlo – quizás fuese peor, son despedidos del trabajo a fin de no

abonar los 20 centavos por hora, ya que sobra quien trabaje por 10. Y como las víctimas

son españoles, portugueses, italianos, griegos y franceses, que se hallan a merced de las

olas y del olvido por parte de aquellos que saben cobrarles los impuestos, mas no

ayudarles siquiera moralmente... ya que estos desgobiernos aparentan ser enemigos del

“Tío Sam”.

El elemento negro y de color de Barbados, Jamaica, Guadalupe, Martinica, Cuba,

25 “Desde Panamá. Campo Neutral”, Tierra y Libertad, Barcelona, 30/11/1910, p.3

57

Page 58: pasto da dinamita

Puerto Rico, Nicaragua, Colombia, Costa Rica, etc. están en muy peores condiciones

que los europeos mencionados. Esos obreros, muy dados a toda clase de vicios, muy

patriotas y mejor adoradores de un Dios de cartón, resuelven el problema social …

arrojándose al paso de la locomotora para poner fin a sus dolores”.26

Unha crise laboral que, anque fose de xeito indirecto, tamén confirmaba o novo cónsul en

Panamá, Antonio Andrade Polanco, nunha carta ao Ministro de Estado, a finais de setembro

de 1911:

“(...) Hay muchos españoles trabajadores que despedidos de los trabajos por faltas más

o menos graves, o porque quieren marcharse antes de que llegue el tiempo de cobro de

sus haberes, sin rellenar algunas condiciones que exigen en la zona del Canal, hablan

con el Cónsul (…) y que se las reclame, y dando por hecho el cobro, escriben casi

amenazadores, reclamando sumas”.

Fose com fose, era obvio que a finais do ano 1911 aquela xeira reivindicativa protagonizada

polos traballadores peninsulares xa estaba praticamente esgotada. É certo que os

peninsulares disfroitaron dunha única vitoria entre moitas derrotas pero tamén era certo que

foran quen de pór en marcha unha protesta organizada, que se expresaba a través da

axitación política e das mobilizacións obreiras, contra a política gubernamental dos EEUU

na zona do Canal. Un movemento que se mantivo fiel ao sentimento antiautoritario que

caracterizaba aos libertarios individualistas e que sempre se canalizou a través do modelo

asembleario (todas as reivindicacións presentábanse asinadas por “La Asamblea”) que

rexeitou calquera estrutura “sindical” e que empregou os instrumentos de loita que eran os

tradicionais do anarquismo, a folga revolucionaria e a acción directa. Un movemento que,

máis alá da carga ideolóxica que tentaron introducir os seus dirixentes, estivo especialmente

atento ás necesidades concretas dos traballadores que pretendía mobilizar: a loita contra a

inhumanidade dos capataces e contra as absurdas políticas laborais do goberno

norteamericano; a loita por unha comida mellor e por unha maior seguridade no traballo; e a

loita, en última instancia, contra as práticas autoritarias dos policías e dos xuíces. Pero unha

26 Id. id.

58

Page 59: pasto da dinamita

loita, ao cabo, non exenta de contradicións como se expresou na evidente hostilidade racial

que destilaron contra os seus compañeiros negros e caribeños aos que, para xustificaren ese

pouso racista, acusaban de actuar como unha quinta columna introducida polas autoridades

do Canal para dinamitar os seus esforzos por incrementar a conciencia social. O mesmo

argumento, por certo, que utilizaban os traballadores nativos para criticar a chegada de

inmigrantes en calquera dos países americanos que recibía unha importante aportación de

man de obra estranxeira.

59

Page 60: pasto da dinamita

DA REPRESIÓN Á DEPORTACIÓN. OS CASOS DE MANUEL REY E FRANK

LÓPEZ

Os Estados Unidos entraron na I Guerra Mundial o 6 de abril de 1917. Doce días despois, o

Congreso aprobou a Selective Service Act que obrigaba ao recrutamento de todos os homes

entre 21 e 35 anos (logo enmendada en 1918 para autorizar a incorporación daqueles que

estaban entre os 18 e os 45). Os estranxeiros non naturalizados non estaban obrigados a

cumprir o servizo militar anque foron requeridos para rexistrárense e de non facelo podían

ser condeados a a un ano de prisión. O 15 de xuño de 1917 aprobouse a Espionage Act que

convertía en crime federal “causar ou tentar causar insubordinación, deslealdade,

amotinamento, rexeitamento ou dúbida nas forzas militares ou navais dos Estados Unidos ou

pretender obstruir o servizo de recrutamento ou alistamento dos Estados Unidos”, e prevía

penas de ata 20 anos de cárcere e 10000 dólares de multa.

A posición do Goberno, porén, foi ratificada polo Tribunal Supremo, quen decidiu que a

deportación era un acto administrativo antes que un procedemento xudicial. Onde había

estranxeiros implicados, o Departamento de Xustiza procedía á deportación, entendida como

o instrumento máis efectivo para combatir a sedición. Mediante a cooperación co

Departamento de Traballo, o Departamento de Xustiza pensaba eliminar os alborotadores

sen acusacións nin xuízos, sen os avogados nin as apelacións que traían consigo os

procedementos xudiciais. Purgar a nación de estranxeiros radicais era o obxectivo común de

ambos os dous departamentos e para conseguilo traballaron man con man (Avrich, 1991).

Aínda así, a tarefa non era tan simple como semellaba nun principio. Mesmo cun

procedemento administrativo, a deportación non era un asunto doado. Os esforzos para

excluír os estranxeiros radicais xa comezaran a finais do século XIX na secuencia do caso

Haymarket, un proceso no que os anarquistas, maioritariamente estranxeiros, foron acusados

60

Page 61: pasto da dinamita

de atacar á policía con bombas. Dese xeito, en 1888 a Cámara de Representantes aprobou

unha resolución na que se instaba ao Goberno a “expulsar dos EEUU aos estranxeiros

perigosos” anque finalmente decaeu. No ano seguinte, presentouse un proxecto de lei no

Senado para evitar a entrada no país de calquera anarquista ou nihilista declarado ou de

calquer individuo que fose persoalmente hostil aos principios da Constitución ou ás formas

de Goberno. Finalmente non foi aprobada. En 1894, logo dunha onda de asasinatos n Europa

da que foron acusados os anarquistas, presentáronse máis proxectos de lei en ambas as dúas

cámaras para regular a admisión de estranxeiros indesexables, co mesmo resultado final

negativo como en ocasións precedentes.

Foi só como consecuencia do asasinato do presidente Mckinley, en setembro de 1901, que

eses esforzos finalmente froitificaron. Cometido por un autodeclarado anarquista (Leon

Czolgosz), o magnicidio convenceu ás autoridades, así como a maior parte do país, de que o

anarquismo era unha ameaza intolerable. Theodore Roosevelt, o novo presidente, aproveitou

a súa mensaxe ao Congreso do 1 de decembro para esixir do lexislativo un paquete legal que

impedise a entrada dos estranxeiros perigosos,

“As nosas leis de migración actuais son insatisfactorias... (…) debemos proceder á

exclusión absoluta non só de todas as persoas que son coñecidas polas súas crenzas nos

principios anarquistas ou por seren membros das sociedades anarquistas, senón tamén

de todas as persoas que teñen unha baixa catadura moral ou unha reputación

desagradable”.

Vinculando anarquismo con criminalidade, Roosevelt expresaba un punto de vista

reiteradamente difundido dende o atentado de Haymarket Square e que el mesmo repetía

con frecuencia: “O anarquista é o nemigo da humanidade, o nemigo de todo o xénero

humano e está nun grao de criminalidade máis profundo que calquera outro ser humano”.

Respostando á petición expresada por de Roosevelt, o Congreso, o 3 de marzo de 1903,

promulgou unha lei de inmigración que excluía de facto aos anarquistas ou a aquelas persoas

que “crían ou avogaban por derrubar pola forza ou violencia o Goberno dos EEUU, ou de

todo goberno, ou de todas as formas de lei, ou o asasinato de autoridades públicas”. Os

violadores da lei serían deportados no prazo máximo de tres anos dende a aprobación da

orde.

Deste xeito, o Congreso, dun golpe, abandonou a tradición norteamericana de prestar asilo

aos refuxiados políticos, sen entrar a xulgar as súas opinións. E estas actitudes non

cambiarían co paso do tempo. Pola contra, ocorreu o contrario despois do estourido da I

61

Page 62: pasto da dinamita

Guerra Mundial. A lei de Inmigración de 5 de febreiro de 1917, introducida polo congresista

de Alabama, John L. Burnett, penalizaba no só as persoas que crían ou avogaban a prol do

derrubamento violento do goberno ou que xustificaban o asasinato de autoridades públicas,

senón que extendeu estas medidas a todas aquelas persoas que “avogaban por ensinar o

dereito, a necesidade ou a propiedade do asalto ilegal ou o asasinato de calquera autoridade

ou autoridades, calquera dos individuos específicos ou de autoridades en xeral, do Goberno

dos EEUU ou de calquera outro goberno organizado, por causa do seu ou dos seus

caracteres oficiais, ou que avoguen por ensinar a destrución ilegal da propiedade”. A lei

autorizaba a deportación dos estranxeiros durante os cinco anos seguintes á súa chegada, ou

mesmo sen límite de tempo se se demostraba que conspiraban para a destrución da

propiedade, o derrubamento do goberno pola forza ou o asasinato de autoridades públicas.

Foi baixo esta lei que se produciron as redadas de maio de 1918, nas que, por exemplo,

foron arrestados oa anarco-comunista italiano Luigi Galleani e os seus seguidores.

Durante o mes de maio de 1918, dacordo co Departamento de Xustiza, as autoridades de

Inmigración elaboraron un proxecto de lei deseñado para solventar as deficiencias da lei de

1917. O seu propósito principal era definir a actividade anarquista cunha meirande precisión

así como eliminar o límite de cinco anos para a expulsión. Das medidas que se tomaron ou

que lle afectaron aos libertarios galegos ou españois nos Estados Unidos, o Goberno español

estivo informado en todo momento. De feito, xa en xaneiro de 1913, o Goberno español

recibiu novas a través do Bureau of Investigation dun complot contra o rei e o primeiro

ministro de España, concebido por anarquistas de Nova York (Bach Jensen, 2006).Ben fose

a través da policía norteamericana, do representante diplomático en Washington, Juan Riaño

ou dos informes que enviaban as axencias privadas de seguridade (a Burns, entre outras)

para controlar as actividades que realizaban os anarquistas peninsulares, fundamentalmente

na área de Nova York, as autoridades españolas tiveron unha información relativamente

exhaustiva sobre os temidos anarquistas e foron coñecedores en todo momento das ordes de

expulsión emitidas polo Departamento de Inmigración. E grazas aos informes remitidos polo

axente federal Hymans, sabemos quen eran os anarquistas españois coñecidos, fichados

como propagandistas activos; eran persoas instruidas, que dirixían ou escribían en

periódicos anarquistas, que daban conferencias e que se relacionaban con outros colectivos

de inmigrantes,...27

27 “En 1912, el cuartel general de los anarquistas españoles en los EEUU se había establecido en New York en torno a Vidal y Esteve, director y propietario, respectivamente, del periódico anarquista Cultura Obrera. Era casi obligado que cualquier anarquista de acción deseoso de algún gesto heroico por la causa les fuese a ver para presentarse como candidato a viajar a España y asesinar al rey Alfonso”. USNA, Record Group 87/450/65/7/4, Agents Reports, 1871-1936 Special Investigation Alpha File, Agent Hymans, boxes 7-14.

62

Page 63: pasto da dinamita

O 5 de setembro de 1917, funcionarios do Departamento de Xustiza procederon ao rexistro

de 74 locais e oficinas da IWW en todo o territorio dos Estados Unidos para,

hipoteticamente, evitar a dunha folga xeral. Os axentes federais confiscaron máis de cinco

toneladas de documentos da organización (libros de actas, correspondencia persoal e oficial,

informes financeiros, panfletos, xornais, libros, circulares, listas de afiliados, carnés e

mesmo mobiliario de oficina) como “evidencias”. Pero, ademais, o mesmo Departamento

emitiu ordes de arresto, baixo os cargos de traizón e sedición, para 166 wobblies. Todos os

arrestados foron acusados de interferencia na Selective Act , de violación da Espionage Act,

de conspirar para a folga, de violar o dereito constitucional dos empresarios a cumprir cos

contratos gubernamentais e de empregar o corrreo para conspirar contra os intereses dos

patróns. Dos máis de cen detidos, seis deles pertencían á IWW de Filadelfia e un dos

detidos, Manuel Rey, era un anarquista galego que dirixía a sección española da Local 8, o

sindicato de traballadores do mar máis importante no porto daquela cidade.

O certo é que durante a I Guerra Mundial, unha onda de fervente patriotismo extendeuse

polo país, empurrada polo propagandista Georges Creel, presidente do Committee on Public

Information (CPI). O CPI foi un organismo creado o 13 de abri de 1917 a proposta do

presidente Wilson para influir na opinión pública norteamericana en prol da participación

dos Estados Unidos na I Guerra Mundial e a idea central da súa campaña era que mentres os

“rapaces” combatían pola liberdade no exterior, outros norteamericanos e moitos

estranxeiros boicoteábana. Eran os anti-patriotas: obxectores, evasores, vagos, xermano-

americanos, inmigrantes, anarquistas, comunistas,... Todos eles representaban, en conxunto,

a ameaza vermella, a red scare. Inmediatamente despois do final da Gran Guerra e da

revolución bolxevique, a red scare apoderouse dos Estados Unidos. O medo,

convenentemente propagado polos ramais mediáticos do capital e do Goberno, aos

comunistas, socialistas, anarquistas e outros disidentes, pero tamén aos inmigrantes, ficou

gravado na sique colectiva. E aínda máis logo dunha confusa campaña de ataques con

bombas, adxudicadas a “escuros anarquistas”, que golpeou a algúns dos máis sobranceiros

promotores da aplicación de medidas políticas e xudiciais contundentes contra aqueles

subversivos, como era por exemplo o fiscal xeral A. Mitchell Palmer. Persoas inocentes

foron encarceradas por expresaren as súas ideas, as liberdades civís foron ignoradas e moitos

norteamericanos ollaron aos bolxeviques diante das súas propias portas.

Porén, e máis alá do temor ao bolxevismo e á invasión anarquista, o que aterrorizaba á

sociedade norteamericana era a grave crise económica e social que padecía, logo do período

de expansión que supuxeran os anos da guerra. Cando se asinou o armisticio, en 1918, ao

63

Page 64: pasto da dinamita

remate da guerral, aproximadamente nove millóns de persoas traballaban na industria militar

en tanto que outros cinco millóns serviran nas forzas armadas. Unha vez acabada a guerra,

moitas desas persoas quedaron sen traballo e as fábricas vinculadas á industria bélica viron

cancelados os contratos. Xa que logo, e de xeito progresivo, as dificuldades económicas

foron en aumento e, canda ellas, tamén medrou o descontento social. As grandes folgas de

Seattle, con case medio millón de traballadores en paro, de Pittsburg, de Gary (Indiana) e,

sorprendentemente, do corpo de policía de Boston, acabaron por extender a histeria

anticomunista.

As dúas principais organizacións que asumiron a dirección desta onda de conflicitvidade

foron dúas, a International Workers of the World (I.W.W. ou Wobblies) e o Socialist party

de Eugene Debs, que axiña foron acusados de subversivos. E a acusación era potencialmente

aínda máis devastadora se temos en conta que ambos os dous grupos eran ben coñecidos

pola súa oposición á participación na guerra e, xa que logo, identificados por moitos

norteamericanos como antipatrióticos. A liña de ataque, pois, estaba definida e calquera

grupo ou individuo que estivese relacionado con eles pasaba a ser considerado como

sospeitoso. A caza ao vermello converteuse nunha auténtica obsesión nacional. As

universidades pasaron a seren calificadas como berces do bolxevismo e moitos profesores

etiquetados como “radicais”. A obsesión mesmo chegou ás escolas públicas do ensino

secundario onde moitos ensinantes foron vítimas de ataques persoais pola súa actual ou

pasada vinculación con organizacións esquerdistas. E, por suposto, o Goberno non ficou á

marxe desta histeria.

Para combater o “perigo radical”, o Departamento de Xustiza, dirixido polo fiscal Palmer,

puxo en marcha o General Intelligence Division of Bureau of Investigation en agosto de

1919, con J. Edgar Hoover á súa cabeza. A súa misión era descubrir as “conspiracións

bolxeviques” e encarcerar ou deportar aos conspiradores. Esta división chegou a compilar

máis de 200000 fichas nas que se recollían informacións detalladas sobre as organizacións e

individuos sospeitosos, por todo o país, e dos seus esforzos resultaron as ordes de prisión ou

deportación para milleiros de supostos radicais e esquerdistas. Uns arrestos que, en case

todos os casos, fixéronse sen o respecto ás liberdades civís, é dicir sen orde xudicial ou

argumentando razóns espúreas (Preston, 1995). Aínda o 2 de xaneiro de 1920,

aproximadamente 4000 supostos “radicais” foron detidos en 33 cidades norteamericanas.

Como ten advertido, coa súa recoñecida lucidez, Paul Avrich, os Estados Unidos, o paraíso

das liberdades na súa mítica fundacional, o free country fachendoso de terlle aberto as súas

portas a todos os perseguidos e marxinados que no mundo había, xirou sobre si mesmo e

64

Page 65: pasto da dinamita

acabou por converterse en martelo de inmigrantes e radicais, ou de ambos os dous por

xunto. E os libertarios galegos non foron unha excepción nesa voráxine represiva.

Porén, o modelo de exclusión patrocinado polo goberno norteamericano non ficou limitado

ao interior dos Estados Unidos senón que acabou por ser asumido por outros países

próximos, como foi o caso de Cuba, para proceder á súa particular “limpeza ideolóxica”. O

caso cubano é significativo por varias razóns. En primeiro lugar porque Cuba é unha

prolongación dos intereses económicos norteamericanos e esa estreita relación tamén se

manifesta nas iniciativas lexislativas aprobadas. Sen embargo, o aspecto máis significativo é

aquel que ten que ver co papel de Cuba como epicentro do movemento obreiro de fala

española que se desenvolve na área do Caribe e na costa leste dos Estados Unidos, como o

verdadeiro eixo dende o que saen e ao que retornan moitos dos militantes anarquistas que

desenvolven a súa actividade nos territorios antes citados e onde se editan algunhas das

publicacións libertarias en español (entre as que sobresae ¡Tierra!) máis lidas e respectadas.

O estourido da I Guerra Mundial, a entrada dos EEUU na contenda e o conseguinte apoio

cubano aos aliados servíulle, ao goberno da illa, como pretexto para levar a cabo accións en

contra de individuos de pensamento radical que, sarcásticamente, por veces foron acusados

de xermanófilos. Mediante este método, utilizado a partir de 1918, a policía secreta cubana

inculpou a varios españois que, privados da posibilidade de apelar pola vía xudicial ou de

presentar probas no seu favor, tiveron que abandonar o país. Así, 13 peninsulares foron

expulsados en agosto de 1918 a bordo do vapor Alfonso XII,con destino a Santander e A

Coruña.

Entre 1915 e 1917 foron deportados varios líderes anarquistas de orixe española, por teren

organizado diferentes folgas, sobre todo no enxeños zucreiros. E en 1919, a convocatoria

dunha folga xeral para o 24 de maio (en marzo tivera lugar unha primeira que se saldou con

dúas expulsións) propiciu unha nova onda de deportacións, xustificadas en base á militancia

comunista ou anarquista deses traballadores e con respaldo legal no Decreto Presidencial

765, que permitiu a expulsión de 21 traballadores españois. Segundo Consuelo Naranjo

(1991), producíronse un total de 100 expulsións de traballadores españois implicados na

folga xeral de maio. Esta cifra, recollida a partir dos informes emitidos pola Legación

española, achégase moito á que ten ofrecido Sergio Aguirre (1966), quen calcula en 150 os

traballadores estranxeiros expulsados ao longo de 1919, na súa meirande parte españois. No

mes de xuño dese ano foron publicados tres novos decretos que reforzaban aínda máis os

poderes do Goberno para expulsar do país aos estranxeiros “perniciosos” e que permitiron a

realización dun total de 87 deportacións, das que 77 eran de inmigrantes españois. Naqueles

65

Page 66: pasto da dinamita

decretos, o Executivo non acusaba aos que ían ser deportados dalgún feito concreto senón

tan só de “profesar ideas do máis exaltado socialismo, ser nemigos de todos os gobernos,

estar tildados de ácratas e coa única misión de provocar folgas e desordes”. Aínda a finais

dese ano foron deportados outros 18 traballadores peninsulares (Naranjo, 1991).

Na argumentación do goberno cubano o que máis pesaba non era o feito de ter participado

en folgas senón teren sido “incitadores de movementos sociais e pola súa actuación

revolucionaria e anárquica”. Para as autoridades cubanas, a súa iniciativa estaba plenamente

lexitimada polo feito de que moitos dos deportados, logo de teren desembarcado en España,

foran detidos pola policía. O que, aos seus ollos, era unha confirmación inequívoca do seu

carácter de “pouco desexables”.

Al longo de 1920 a situación mantívose con características semellantes; folgas seguidas da

suspensión das garantías constitucionais, encarceramentos e expulsión dos traballadores

estranxeiros. León Primelles contabiliza un total de 23 españois expulsados ao longo dese

ano e nese total estaban incluidos 10 líderes da folga dos traballadores portuarios do mes de

xuño. Segundo este autor, algúns dos traballadores expulsados foron autorizados a voltar a

Cuba logo de teren prometido mantérense alonxados de calquera tipo de acción contraria ao

goberno (Primelles, 1957).

En novembro de 1924, despois da folga zucreira do mes de setembro, o goberno cubano

solicitou do consulado español a expedición de seis pasaportes para senllos obreiros que

foron embarcados no “Cristóbal Colón” con destino ao porto da Coruña.

Paradoxalmente, América, a mesma América que naqueles anos de exclusión e de infamia se

transformado nunha inmensa ratoeira convertíase na táboa de esperanza para algúns

sindicalistas galegos sinalados pola represión no seu país. As repúblicas americanas foron,

certamente, táboa de salvación para aqueles sindicalistas sinalados nas “listas negras” que a

patronal elaboraba logo dunha derrota societaria. Eis o caso, denunciado en 1919 polo

periódico compostelán Lucha Social, dos dirixentes obreiros que tras as folgas de curtidores

e tipógrafos do Diario de Galicia, deberon marchar para Arxentina (Pereira, 1998).

Tamén, cando a represión gubernativa axexaba, cumpría enfiar a rota do Río da Prata coa

axuda, se cadra, dos Comités Pro-Presos que os cenetistas argallaron nas principais cidades

costeiras de Galiza e das redes de embarque que, na Coruña e Vigo, montaron os respectivos

sindicatos portuarios antes e no transcurso da II República.

66

Page 67: pasto da dinamita

A onda represiva impulsada pola red scare bateu de cheo contra os colectivos de inmigrantes

pero, sobre todo, desfiañou o tecido de centros, publicacións, sociedades, agrupacións,... que

foran avivecendo os sectores máis combativos e conscentes de entre aqueles: sindicalistas,

anarquistas, socialistas ou simples traballadores que ollaron no asociacionismo obreiro unha

oportunidade para gañar un espazo de dignidade ou, nalgúns casos, para favorecer a súa

integración na sociedade norteamericana. E os galegos, fosen dirixentes societarios,

recoñecidos anarquistas ou traballadores do común, padeceron de xeito moi directo as

consecuencias daquela histeria. Algúns foron deportados, outros botaron longas tempadas

nos cárceres da Unión e os máis ficaron esparexidos ou fuxiron a outros lugares menos

comprometedores,

¡Cantas veces os compañeiros españois, italianos, alemáns, emigrados aos USA, se

viron metidos en barcos e conducidos aos seus países de orixe, a maioría dos cales

tiñan abandonado por estaren perseguidos pola policía, sobre todo os españois e os

italianos! Destas razzias foron vítimas numerosos militantes libertarios que, como

podían, volvían entrar nos EEUU con nome suposto. Isto explica que hoxe sexa tan

difícil, cando se trata dalgúns, podermos dicir cal foi a súa verdadeira identidade

(Martín, 1954).

Dende as páxinas dos xornais anarquistas, alomenos de todos aqueles que lles abriron as

súas portas, reclamaron solidariedade e axuda. Pero, tamén, os medios anarquistas

peninsulares procuraron activar algunha sorte de compromiso militante, complexo e difuso

pola distancia xeográfica,

“Hay actualmente en Norte América millares de presos de quien ni aún la familia tiene

67

Page 68: pasto da dinamita

noticia; no se les permite escribir a nadie. Nadie sabe donde están. Yendo al trabajo

desaparecieron.

Un periódico, sin embargo se salvó al principio, Cultura Obrera (…). Al fin, cansados

ya de que se publicara un solo periódico adversario de la guerra, lo han suprimido

también, despóticamente. Los que lo editaban, unos están en la cárcel, otros que eran

españoles acaban de llegar a Vigo, desterrados”.28

E retornaban a Vigo por razóns diversas, porque era o porto de embarque e saída máis

importante, a esa altura, do tráfico marítimo de pasaxeiros con América, pero, sobre todo,

porque algúns dos deportados eran galegos, moi vinculados dende primeira hora ao gupo

editor de Cultura Obrera, como o moañés José Vilariño e o mariñeiro de Bergondo,

Secundino Brage.

Con todo, a bafarada represiva nunha colectividade tan cativa como a dos galegos apenas

tivo efectos na sociedade norteamericana, engulida pola preminencia dos italianos ou dos

rusos, agás naqueles núcleos vinculados ao mundo do mar ou á moi limitada contorna do

colectivo ácrata que se expresaba en español (ou en galego). Os deportados galegos, e por

suposto os españois, constituian unha amalgama anónima, demonizada por radical, pero

carente dunha faciana recoñecible e individualizada. Só houbo dúas excepcións. Dous

homes que acadaron a dimensión de líderes nacionais, ben porque, como foi o caso de

Manuel Rey, xogou un papel sobranceiro no movemento sindical dos traballadores do mar

protagonizado pola IWW, ou porque, como foi o caso de Frank López, deveu nunha figura

emblemática na campaña de solidaridedade internacional en prol dos anarquistas italianos

Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, exercendo a función de secretario do Comité de

Defensa (Sacco-Vanzetti Defense Committee). Anque López foi algo máis que un ácrata

solidario e un internacionalista convencido. Foi un dos poucos radicais que se atreveu a

cuestionar xurídicamente a deriva autoritaria e xenófoba do goberno, da xustiza e dunha

parte da sociedade norteamericana, durante a I Guerra Mundial, e a apelación que asinou

contra a orde de deportación que o condenaba á expulsión dos Estados Unidos figura, aínda

hoxe en día, como unha referencia recorrente na loita polos dereitos civís e pola liberdade de

expresión daquel país.

O caso de Manuel Rey é especialmente interesante, non só pola gravidade da condena

aplicada senón, e sobre todo, porque se trata do único dirixente sindical de orixe galega, ou

española (anque Rey nunca se considerou un sindicalista), afiliado á IWW, que tivo unha

28 “Profesores de Derecho”, Tierra y Libertad, 15/1/1919, nº 415, p.1

68

Page 69: pasto da dinamita

dimensión nacional. Rey foi un dos líderes wobblies máis recoñecidos da Marine Transport

Workers e ademais, como anarquista, desenvolveu unha intensa actividade na Sociedad Pro

Prensa, un colectivo libertario de Filadelfia no que participaban inmigrantes galegos,

españois, italianos, portugueses e franceses, maioritariamente traballadores vinculados co

mundo do mar.

Rey foi xulgado, canda outros 100 membros da IWW, na cidade de Chicago ao longo do ano

1918. Durante o xuízo, que durou cinco meses, dende febreiro ata xuño, estivo preso no

cárcere de Cook County. Finalmente foi sentenciado a 20 anos de cárcere e ao pagamento

dunha multa de 20000 dólares. Foi unha sentenza extremadamente dura que tan só se

aplicou aos 15 dirixentes da IWW que eran considerados máis perigosos e carismáticos.

Para o cumprimento da sentenza foi enviado ao penal de Fort Leavenworth (Kansas), onde

botou recluído dende o 26 de xuño de 1918 ata o 15 de decembro de 1922 (Martin Kohn,

1994).

Durante a súa estadía en Leavenworth, Rey mantivo unha estreita relación de amizade co

anarquista mexicano Ricardo Flores Magón e entrou en contacto coa que sería a súa futura

compañeira, Ellen White, seudónimo da anarquista rusa Lilly Sarnoff. 29White era unha das

fundadoras e máis relevantes activistas do Comité de Defensa e Alivio de Presos Políticos,

unha organización de axuda para os presos libertarios que estaba radicada en Nova York e

que se adicaba ao reparto de libros e comida entre os presos de conciencia que estaban

dispersos por todos os cárceres norteamericanos como consecuencia da ofensiva

gubernamental e lexislativa contra a red scare.

Anque Rey mantivo unha intensa actividade de formación cultural no tempo que

permaneceu no cárcere e que serviu de enlace entre os presos e os comités de axuda; un

labor que lle custou reiteradas sancións e penalizacións,

“O prisioneiro lé de xeito excesivo durante a mañá. É un dos homes que recibe literatura e a

distribúe entre os outros presos. Amonestado e reducido a segundo grao”30,

a súa adaptación a un penal especialmente duro como era Leavenworth foi difícil,

especialmente ante a perspectiva dunha condea tan longa. Con todo, e dende a prisión,

Manuel Rey seguiu a enviar algúns artigos e breves colaboracións que foron publicadas na

29 Lilly Sarnoff naceu en Rusia en 1899 e emigrou aos Estados Unidos en 1905, fuxindo dos pogroms antixudeos. En Nova York incorporouse aos círculos anarquistas escribindo poemas e artigos para revistas como The Road of Freedom e Man!.Xunto con Rose Bernstein e Hilda Kover fundou o Comité de Defensa e Alivio de Presos Políticos.

30 Acción disciplinaria contra M. Rey (nº 13111), 25 de outubro de 1919. Leavenworth Labor Record, November 1919 - June 1921. US Department of Justice, Federal Bureau of Prisons Records for Leavenworth Penitentiary, Prisoner #14596.

69

Page 70: pasto da dinamita

prensa anarquista. Nas páxinas do voceiro da IWW, One Big Union Monthly, no número do

mes de agosto de 1919, saiu publicado un poema seu titulado “Thoughts of a Deal-Living

Soul” e na antoloxía The American Political Prisoner, publicada en Nova York en 1922

aparece recollido un poema seu sen título.

Logo dunha visita ao cárcere, o 13 de outubro de 1922, a propia Lilly Sarnoff relatou nunha

carta a Harry Weinberger as impresións que recibiu e, significativamente, enfatizaba nos

efectos negativos que percibira no estado emocional de Manuel Rey,

“[Manuel] Rey parece estar ben, tivo un resfriado o último ano, o primeiro da súa vida,

e volve de vez en cando. Está moi pálido, un pouco fraco, e agarda ansiosamente ser

liberado e deportado”.

Ademais da axuda da organización de Sarnoff, Manuel Rey foi acollido na súa condición de

sindicalista pola Workers Defense Union (WDU), que lle outorgou diferentes axudas

económicas no tempo que estivo preso e, finalmente, unha aportación de 25 dólares, en

concepto de gastos de transporte, cando se resolveu a súa deportación, segundo consta na

contabilidade deste organismo do mes de decembro de 1922.

De todos os xeitos, a súa relación con este organismo, do que tamén recibían axuda aos

demais presos da IWW, foi complexa e, por veces conflitiva. Rey, xunto con un pequeno

grupo de wobblies encarcerados que tiñan participado na construción e nas primeiras loitas

do sindicato, discreparon abertamente da liña oficial da IWW, que tamén seguía a WDU, e

que se concretaba na negativa a aceptar calquera tipo de privilexio individual para os presos

e na esixencia da liberación colectiva. Na opinión da direción da IWW, só unha resposta

unificada podería trasladar a imaxe dunha organización coherente e digna ante a sociedade

norteamericana e iso só podería pasar pola consecución dunha amnistía da que se

beneficiasen todos os presos políticos. Fronte a opinión expresada polo avogado de Rey,

Harry Weinberger, de que a clemencia individual non supoñía ningunha merma para o

movemento obreiro, unha parte dos presos da IWW rexeitaron explicitamente darlle apoio á

petición do anarquista galego porque entendían que ese exemplo acabaría por ter unha

influencia negativa na firmeza do colectivo de presos. Pouco despois, os sectores máis

esquerdistas da IWW constituiron, en 1922, o Workers Prison Relief Committee co

obxectivo de impedir a ruptura da unidade dos militantes encarcerados. E a súa primeira

declaración pública non puido ser máis contundente,

“Este comité é un grupo proletario con conciencia de clase, interesado primordialmente no

afortalamento do movemento obreiro. Nós non somos sentimentalistas que procuran aliviar

70

Page 71: pasto da dinamita

as situacións persoais de cada quen” (Rossinow, 2008). Era unha andanada directamente

dirixida contra Rey pero, malia todo, non tivo ningún efecto prático porque tanto el como

algúns dos seus compañeiros inmigrantes, nin quixeron, nin puideron agardar, e proseguiron

coa tramitación das peticións individuais de clemencia en base á súa condición de

estranxeiros. A deterioración da súa saúde física e síquica foi, ao cabo, un argumento máis

sólido que a hipotética solidariedade de grupo e para el o abandono do cárcere converteuse

nun obxectivo irrenunciable. Polo demais, a determinación de Rey amosoulle á direción da

IWW que non sería posible impedir as iniciativas individuais no tocante á procura da

liberdade; un procedemento que, con posterioridade, sería aceptado pola organización

anque iso non impediu que Rey e os demais disidentes fosen expulsados do sindicato que

axudaran a fundar. Iso sí, logo dunha reunión secreta e clandestina, sen publicidade, sen

audiencia previa e sen proceso. Un xeito de actuar, paradoxalmente, non moi diferente da

política da limitación de dereitos praticada polo Estado norteamericano que, por certo, tan

acedamente criticaban.

Finalmente, Manuel Rey foi liberado o 22 de decembro de 1922, coa condición de ser

deportado a España e que nunca retornase aos EEUU. Rey chegou ao porto de Vigo a

primeiros do ano 1923 e, logo dunha breve estadía na casa paterna de Castrofoia, retornou

clandestinamente aos Estados Unidos. Detido novamente como consecuencia dunha

denuncia anónima, foi deportado de novo no ano 1924. Nese mesmo ano retornou

ilegalmente, convertido agora en Louis G. Raymond, o nome baixo o que se acobillou e co

que morreu na colonia anarquista de Stelton (Nova Jersey), o 14 de decembro de 1989. Tiña

101 anos.

Case da mesma quinta de Rey, era Francisco López García, natural da parroquia de

Bemantes, no concello coruñés de Miño, onde naceu o 15 de agosto de 1885, e que chegou

aos Estados Unidos en 1904. A diferenza de moitos dos seus veciños que tamén emigraron

ao país do Norte, López nunca traballou como mariñeiro nin mantivo relación aparente co

mundo do mar malia que, ironicamente, empregou o heterónimo José Marinero durante

algúns anos da súa xeira norteamericana. Era un carpinteiro, un ebanista que exerceu o seu

oficio de xeito autónomo pero que, por anos, botou tempo a traballar en ocupacións

diversas: colaborou na reconstrución das fábricas de algodón de Salem, devastadas polo

grande lume de 1913; estivo empregado na New England Construction Company e traballou

en Boston, New York e Portland e outras varias cidades do leste dos EEUU. De López, ou

Alberto Martín (o nome baixo o que morreu e polo que foi coñecido ata a súa morte, dende

que desaparecera temporalmente en 1924), ou José Marinero (o nome que empregou para

71

Page 72: pasto da dinamita

asinar as colaboracións que publicou nalgunhas publicacións anarquistas de fala española

ata 1918) sabemos pouco.31 En realidade, o que coñecemos da súa historia vital está extraido

dos informes emitidos polos axentes do Bureau que o vixiaron durante anos ou dos

comentarios realizados por algúns dos avogados que o defenderon.

Sabemos que entre 1917 e 1918, Frank R. López mantivo unha estreita relación co

anarquista italiano Luigi Galleani e co grupo anarcocomunista que editaba o xonal Cronaca

Sovversiva, en Massachusetts, cando daquela actuaba como representante da IWW en

Boston. Esa relación tivo unha influencia determinante no seu inmediato futuro porque dela

derivou a súa activa colaboración na campaña de solidariedade en favor de Sacco e Vanzetti

e a vinculación afectiva que o ligou á colectividade italiana daquela área; unha relación que

lle permitiu formar parte do Comité encargado da defensa dos dous anarquistas italianos,

algo excepcional se temos en conta que os ácratas transalpinos non admitiron a presenza

naquel organismo doutros libertarios estranxeiros.

Malia a intensa relación cos galleanistas, enfáticos defensores da utilización da violencia na

loita contra o capital, López nunca avogou por esa liña táctica e anque sempre rexeitou o

sindicalismo estivo afiliado á IWW e, a partir de 1919, á AFL, e mesmo chegou a escribir

algúns artigos no semanario sindicalista Cultura Obrera. Que era, pois, o que unía a Frank

López cun ardente radical como Galleani? De xeito inmediato, o seu compartido

internacionalismo e a crítica aberta á guerra e ao militarismo desatado nos Estados Unidos a

partir de 1917. De xeito máis amplo, López sentíase profundamente identificado coa

determinación dos seus correlixionarios italianos para formar grupos, publicar xornais e

axitar, e promover folgas, para mellorar as condicións laborais dos seus compañeiros

inmigrantes. Pero aínda máis, o que seducía a López era a constatación de que, con aquelas

actividades, estaban a crear un modelo de sociedade alternativa que difería

considerablemente da sociedade estatista e capitalista que tanto deploraban. Tiñan os seus

propios centros, as súas propias crenzas, a súa propia cultura; estaban a construir o seu

propio mundo no interior dun sistema ao que se opoñían decididamente. Antes que agardar

pola chegada do milenio, eles tentaron vivir unha vida anarquista no día a día dentro dos

intersticios do capitalismo norteamericano. Así, formaron pequenos enclaves, pequenos

núcleos de liberdade, que agardaban pudidesen extender e multiplicar, e finalmente engulir,

o país enteiro e o mundo enteiro. Iso era, por tanto, o que xustificaba a súa existencia e o que

31 “Ha muerto Alberto Martín”. A nova dá conta de que faleceu o domingo 16 de abril de 1967 aos 82 anos no Kings Country Hospital de Brooklyn, logo de dúas serias operacións.. O que en vida “foi un excelente propagador das ideas ácratas, incansable loitador contra as inxustizas sociais” deixou unha aportación de 500$ para o grupo Tierra y Libertad.. Tierra y Libertad, México, nº 294, xuño 1967.

72

Page 73: pasto da dinamita

alimentaba a súa utopía.

Con todo, durante os dous anos que López levaba vivindo en East Dedham (Boston)

ninguén tiña suxerido que fose unha persoa perigosa. Os seus informes (alomenos, os

policiais) eran bos; tratábase dunha persoa traballadora e dun sosegado pai de familia que

era propietario dunha vivenda. Pero, en febreiro de 1918 foi repentinamente arrestado na súa

casa sen ningunha orde xudicial. A residencia foi asaltada, segundo López, por un oficial da

mariña, dous do exército e varios funcionarios do Departamento de Xustiza. Os arrestos

masivos, en aplicación da lei de 1917, comezaron na costa Oeste (o exemplo máis notable

foron os que se produciron en Seattle entre xaneiro e febreiro de 1918) pero axiña se

desparazaron á costa Leste cando o goberno federal puxo na súa mira aos grupos anarquistas

que se agrupaban arredor de Cronaca sovversiva.

Poucas horas despois daquel primeiro rexistro, voltaron á vivenda de López un grupo de

funcionarios de Xustiza e policías locais e, nese novo asalto, incautáronse de fotografías,

cartas, xornais e libros. O semanario anarquista Tierra y Libertad (1/5/1918) facíase eco do

asalto policial ao local do grupo Fraternidad, de Boston e á detención de Frank López,

daquela encargado da correspondencia. Nese mesmo artigo, o xornal daba conta da posta en

marcha dunha campaña de axuda económica para apoiar aos compañeiros anarquistas presos

nos cárceres dos EEUU. Foron interceptados os paquetes de xornais en español que López

enviaba aos seus compañeiros de New York e Chicago e as autoridades declararon que nas

súas páxinas aparecían críticas á guerra. A tradución probou máis adiante a falsidade destes

argumentos e de feito nunca foi acusado por ese cargo. Estivo encarcerado durante 6 días e

posteriormente foi liberado logo do pagamento dunha fianza de 5000$.

O 25 de xuño de 1918 foi arrestado de novo – esta vez polas autoridades de Inmigración –

baixo a acusación de ser un “cidadán indesexable”. Durante 30 días permaneceu detido no

centro de inmigración de Long Wharf, situado no porto de Boston, en condicións

inhumanas: non había ventilación suficiente e as ventás do primeiro piso estaban

permanentemente pechadas. Un cento de homes e mulleres amoreábanse nunha habitación

estreita durante todo o día, no medio dunha atmosfera irrespirable. Segundo López, algunhas

das persoas alí retidas comezaban a perder a razón.

Finalmente, as circunstancias singulares do seu caso chamaron a atención do New York

Bureau of Legal First Aid, unha organización fundada en 1917 e que dirixían conxuntamente

o avogado Charles Recht e a feminista Frances M. Witherspoon. O seu obxectivo

fundamental era fornecer asesoramento legal gratuito e aconsellar a quen se vira afectado

polas novas medidas lexislativas relacionadas coa entrada dos Estados Unidos na I Guerra

73

Page 74: pasto da dinamita

Mundial, incluindo aos obxectores de conciencia, aos que se resistían ao recrutamento e aos

desertores. No caso de Frank Lóopez, foi o propio Recht que se fixo cargo do seu caso e

quen, dende entón, desenvolveu unha intensa actividade para impedir a súa deportación

argumentando que non había ningunha razón lexítima para expulsalo.

Logo da súa posta en liberdade, de novo previo pagamento dunha fianza, López adicouse a

procurar traballo, pero tivo poucas oportunidades porque botou todo o verán do ano 1918

acudindo aos tribunais federais, declarando para audiencias xa marcadas, agardando a

disponibilidade dos funcionarios xudiciais e vendo como as súas convocatorias eran

aprazadas dun día para outro. Nunha ocasión atopou traballo, como carpinteiro, nos talleres

de Armour and Company´s, en Castle Square, nas afóras de Boston. Dous homes que

traballaban nas proximidades comezaron a falar con el sobre a guerra, o alto custe da vida e

sobre o Goberno e o presidente Wilson. Obviamente tentaban sonsacalo para poder acusalo.

López acusounos de seren confidentes e eles recoñecérono de xeito inmediato; mesmo lle

comentaron que ese labor era unha ocupación moi lucrativa.

O día do Armisticio, López foi arrestado de novo polas autoridades de Inmigración; foi

enviado a Ellis Island e alí botou tres meses encarcerado. Logo, estivo seis semanas

internado nun hospital militar, enfermo dunha gripe que contraera na illa, polas súas

deplorables condicións hixiénicas e alimenticias. Na descrición que, ante o seu avogado,

fixo das condicións de internamento, Frank López sempre insistiu no autoritarismo e no

racismo que exhibían os sus carcereiros. No relato que facía desa estadía , López comentaba

que tan só atopou tres enfermeiras dignas de tal nome e que amosaban unha actitude

humanitaria; os enfermeiros, ou sarxentos de garda como el os alcumaba , eran máis

axeitados, na súa opinión, para traballar nun cortello que non para atender un hospital. Polo

que tocaba ao racismo, lembraba que un día, unha enfermeira que facía o reconto dos

pacientes que aínda non cearan, expresouse así : “...Un, dous, tres... un, dous... ben... tres

brancos e dous inmigrantes”. Malia que, dicía López, os estranxeiros eran tan brancos como

os nativos.

O certo é que a detención, e o posterior procesamento, do anarquista de Bemantes foron

unha mostra palpable e visible das consecuencias da aplicación dunha arma tan poderosa no

arsenal das autoridades de inmigración, como foi a lei de 1917. Unha lei que facía posible a

deportación legal dun anarquista pacífico e, paradoxalmente, respectuoso coa lei, oposto por

principio ao uso da forza e que levaba residindo nos EEUU quince anos. Logo da súa

primeira detención en xuño de 1918, López debeu presentarse a unha audiencia previa na

que o inspector de inmigración solicitou a súa deportación porque “é un anarquista e, na

74

Page 75: pasto da dinamita

miña opinión, un home perigoso” e porque admitira que defendía as “ideas da revolución

social e da anarquía”. Finalmente, a orde de deportación emitiuse no mes de novembro dese

mesmo ano. Anque López presentou un escrito de habeas corpus no mes de decembro, foi

rexeitado pola Corte de Apelación co argumento de que, malia que falaba de promover un

cambio pacífico, aos ollos do Congreso a súa presenza era non obstante “perigosa”

(Polenberg, 1999).

Nese sentido, o Congreso non facía distinción algunha entre os anarquistas que eran

“visionarios honestos e respectuosos coa lei” e os que “colocaban bombas”. O poder

constitucional para excluir ou para deportar, engadía o tribunal, non dependía de se o

estranxeiro era ou non un criminal senón do feito de que defendese “ideas ilegais”. Da

indefensión, cando non da persecución, á que ficaron sometidos aqueles estranxeiros que

foron acusados de “radicalismo”, pero tamén da idea de anarquismo que defendía o

procesado, pode dar boa mostra este resumo do interrogatorio ao que Frank López foi

sometido polo xuíz Knox,

“Frank R. Lopez. Outro exemplo de mala aplicación da Lei é o caso do español, Frank

R. Lopez, quen foi arrestado en Boston, acusado de “anarquía”, ordeada a deportación e

que está agora en Ellis Island, pendente dunha apelación no seu caso perante a Circuit

Court que é a competente na cuestión legal.

Pregunta: Cales son as súas ideas (referidas ao anarquismo)?

Resposta: Educación dos nenos. Ideas libertarias

P. Cre en ou avoga pola substitución, mediante a forza ou a violencia, do Goberno dos

EEUU?

R. Non, señor

P. Calquer outro Goberno, español, ou italiano ou mexicano?

R. Non, señor, os nosos ideais están baseados na educación

P. Cales son os seus ideais?

R. Pensamento libre

P. Cré no poder da autoridade?

R. Que significa?

P. Goberno organizado. Pensa que si o Presidente dá unha orde cando o autoriza o

Congreso debe ser obedecido?

R. Si, as ordes deben ser obedecidas

P. Cré na xustificación do asasinato das autoridades públicas dos EEUU ou de calquer

75

Page 76: pasto da dinamita

outro goberno?

R. Non, señor. Non só das autoridades senón de ninguén. Todas as persoas teñen dereito

á vida.

P. Cré na anarquía?

R. Que significa para vostede anarquía?

P. Ben, anarquía sería loitar contra as leis dos EEUU, tirar abaixo edificios...

R. Algo así? Eu creo na anarquía pero non no sentido na que a explica vostede nin no

sentido que empregan os xornais para dicir que é a anarquía. Segundo os xornais, a

anarquía é asasinar mulleres e nenos, tirar bombas ou calquera cousa semellante. Eu non

creo niso. Porén, eu creo en educar, ensinar e dicirlle ao pobo como mellorar as súas

condicións. Dicindo iso, eu estou orgulloso de ser anarquista. Eu estou contra o

asasinato e contra a destrución. Nós queremos construir.

P. Como actúan para facer iso?

R. Nós non introducimos pola forza os nosos ideais na mente de niguén. Nós

impartimos conferencias, charlas... As portas están abertas e todo o mundo é benvido.

P. Vostede intenta atraer a xente a través de métodos de propaganda?

R. Si, para propósitos educativos

P. Para o propósito educativo de ensinarlles a anarquía?

R. Para ensinarlles a anarquía no sentido que nós entendemos pero non no sentido que

vostede entende. O sentido que entenden moitos escritores

P. Que escritores?

R. Tolstoi, Marx, Ferrer, Zola, Kropotkin e moitos outros

P. Aquí está un exemplar de Cultura Obrera do 2 de febreiro de 1918. Que lle parece e

dígame si cre en todo iso?

R. Lino hai moito tempo

P. Cre nos sentimentos expresados nel?

R. Só en parte. Non estou dacordo con eles niso

P. É o que se coñece como unha publicación anarquista?

R. Non, señor

P. Entón, que tipo de publicación é?

R. É unha publicación obreira. Periódico Obrero significa publicación obreira.

Educación, organización e emancipación.

P. Emancipación de que?

R. Supoño que vostede sabe o que significa emancipación. Liberdade

76

Page 77: pasto da dinamita

P. Liberdade de que?

R. Liberdade da escravitude

P. Non existe a escravitude agora. Que significa? Existe a escravitude nesta época?

R. Se non existe a escravitude aquí iso non significa que non poda haber escravitude

noutra parte do mundo

P. Que entende (pódese referir a Pedro Esteve, o principal referente da corrente

sindicalista de fala española nos Estados Unidos) por traballar pola causa en Cuba?

R. El está interesado nos movementos obreiros. O que vostede lle chama anarquía é o

socialismo real. Socialismo de hai uns poucos anos

P. Vostede escoítalle dicir ás persoas que son anarquistas filosóficos. Que entende por

iso?

R. Que se trata da anarquía real. Non o sentido da anarquía que vostede explica e que

consiste en tirar bombas. A filosofía do anarquismo é o socialismo real. Estes xornais

véndense nos quiosques de América do Sur e os mozos véndenos nas rúas polas mañás e

polas tardes e ninguén protesta por iso. Non incitan ás persoas a matar a ninguén nin a

destruir propiedades.

(O propio López defendeu o seu caso perante o inspector de Inmigración)

A última cuestión planteada foi esta:

P. Si ordean a súa deportación, vostede quere ser separado da súa muller e do seu fillo

ou desexaría levalos consigo a España

R. É unha responsabilidade do Goberno. Eu penso que é unha inxustiza. Non fixen nada

incorrecto. Eu chámolle a isto unha inxustiza. Si un home é castigado polos seus

pensamentos e polas súas ideas, iso é unha inxustiza.32

Porén, o proceso de deportación ficou paralizado á altura de mediados de 1920, porque

López voltou presentar alegacións contra dela. O seu avogado, Charles Recht, tramitou unha

nova apelación baseada no argumento de que se o Goberno executase esta nova orde de

deportación, López quedaría imposibilitado para declarar, a solicitude da defensa, no xuizo

contra Sacco e Vanzetti. E non era un asunto menor porque o seu testemuño semellaba un

argumento vital para a defensa cando fose xulgado o caso principal. Tratábase de declarar

contra unha muller, Angelina DeFalco, sospeitosa de terlle ofrecido 50000 dólares a dous

prestixiosos avogados en Dedham para que subornasen o xurado e así garantir a pena de

32 American Deportation and Exclusion Laws. A Report Submitted by Charles Recht (avogado de Frank López), Counsel to the N.Y. Bureau of Legal Advice, January 15, 1919. Orixinal en inglés.

77

Page 78: pasto da dinamita

morte para os dous anarquistas italianos. A petición de aprazamento foi asinada tamén polos

dous avogados defensores, William Callaghan e Fred Moore, quen ademais enviaron un

representante persoal a Washington para apurar a urxencia na tramitación. Finalmente,

cando foi verificada a conexión co proceso, o Departamento de Traballo autorizou o

aprazamento solicitado.

Pero López non era un simple testemuño accidental. A súa relación cos dous “mártires” do

anarquismo internacional, máis alá de calquera coñecemento casual ou dunha coincidencia

puntual, viña dalgúns anos atrás e consolidárase cos contactos frecuentes co grupo de

Galleani e coa posta en marcha de proxectos conxuntos, tanto no eido da propaganda como

da solidariedade, nos que participaban aqueles que formaban parte do espazo libertario

“latino”. Tanto Nicola Sacco como Bartolomeo Vanzetti foron dous inmigrantes italianos

que chegaron aos Estados Unidos en 1908 e que foron membros activos da corrente

galleanista, e como tales estiveron implicados nas xeiras de propaganda e no deseño e

posible execución dalgúns actos violentos, dende o ano 1917. A represión que se abateu

sobre este pequeno colectivo (non máis de 60 persoas), acusado pola policía do atentado

contra o fiscal Palmer, levou á desaparición do seu voceiro, Cronaca Sovversiva, e á

deportación de Galleani e de oito dos seus compañeiros un ano despois. Porén, os restos do

galleanismo continuaron no punto de mira das forzas policiais.

O 5 de maio de 1920, a policía arrestou a Sacco e Vanzetti, acusados do asasinato dun

contable e dun garda de seguridade nos arredores de Boston, un mes atrás. Malia as dúbidas

que sempre houbo sobre a súa verdadeira responsabilidade naqueles feitos, os dous foron

procesados como autores do crime e condenados a morte o 14 de xullo de 1921. Pero, máis

alá dos argumentos estritamente xudiciais, o que aquí interesa é a percepción que destes

acontecementos tiveron os anarquistas, e en xeral a esquerda, tanto nos Estados Unidos

como no resto do mundo. Convén lembrar que o arresto dos dous homes produciuse no

cume dunha terrible represión política no país do norte e, xa que logo, a sentenza foi

interpretada como unha decisión política que tiña como obxectivos finais a liquidación

definitiva do “perigo” anarquista e a xustificación das deportacións que se estaban a facer

dos estranxeiros radicais. Aos ollos deses anarquistas e radicais nos Estados Unidos, pero

tamén no exterior, o xuízo non fora máis que unha auténtica burla xudicial. Non houbera

evidencias físicas contra Vanzetti, nin se atopou calquera vinculación entre os acusados e o

diñeiro roubado. Ambos os dous presentaron coartadas e moitos testemuños respaldaron os

seus argumentos. Pola contra, os testemuños da acusación fixeron declaracións confusas e

contraditorias. Polo demais, dende a sesión de apertura do xuízo o fiscal fixo permanentes

78

Page 79: pasto da dinamita

alusións a que “os homes bos e sinceros” de Norfolk County debían “permanecer unidos”

mentres que o propio xuíz dirixiuse en repetidas ocasións ao xurado aludindo ao

“patriotismo” e á “suprema lealdade americana” que deberían profesar os seus membros.

Polo visto, para o tribunal, máis que as probas certas do crime cometido o que semellaba

fundamental para confirmar a súa culpabilidade era vincular aos acusados con algo que,

obviamente, era evidente: eran inmigrantes e ademais anarquistas (McGirr, 2007).

A aparente inxustiza do proceso e as consecuencias negativas alentaron aos seus partidarios

a solicitaren unha repetición do xuízo. En Boston, Nova York, e Chicago, e, máis

sorprendentemente, en Cidade de Mexico, Bos Aires, Montevideo, Marsella, Casablanca, e

Caracas, os traballadores organizaron vixilias e manifestacións para expresaren a súa

solidariedade con Sacco e Vanzetti. E en Boston, os anarquistas aprestáronse a dar a batalla

para conseguir a liberación dos seus camaradas. Para iso, o 6 de maio de 1920, constituiuse

o Sacco-Vanzetti Defense Committee, que tiña como obxectivos principais recadar os fondos

necesarios para garantir a defensa legal dos acusados e mais deseñar e pór en prática unha

campaña de solidariedade que obrigase ás autoridades xudiciais a ditar unha sentenza

absolutoria. Nese Comité, formado case exclusivamente por anarquistas italianos,

destacaban dúas persoas: Aldino Felicani, tesoureiro, e Frank López, secretario.

Con todo, as limitacións económicas e as dificultades de relación que tiñan aqueles

anarquistas, estranxeiros e moi endogámicos, en relación ao movemento obreiro tanto

norteamericano como internacional fixeron do Comité un instrumento menos útil do que

pensaban. E a condena a morte dos dous italianos agravou aínda máis esa sensación de

precariedade e impotencia. Impúñase entón un cambio de orientación. Pero, como se verá,

non era evidente cal debería ser o senso dese cambio.

Unha das consecuencias colaterais do caso Sacco e Vanzetti foi o espertar dun forte

sentimento identitario no seo da colectividade italiana inmigrante (tamén en Italia), que se

traduciu nunha certa unidade de acción en prol da liberación dos dous anarquistas. Nese

obxectivo haberían de coincidir elementos tan heteroxéneos como os representantes da nova

Italia fascista, os prominenti da colectividade e destacados dirixentes do sindicalismo

inmigrante, como era o caso de Carlo Tresca. E xustamente foi Tresca quen tentou darlle un

xiro radical á situación procesal contratando os servizos dun avogado radical, Fred Moore,

quen, xuntos cos avogados de Boston, Jeremiah e Thomas McAnarney, se ocuparon dende

finais de 1921 da defensa Orixinalmente, Fred Moore formara parte do equipo legal que

conseguira a liberdade dos sindicalistas Arturo Giovannitti e Joseph Ettor, acusados de

asasinato en relación coa folga de 1912 (Bread and Roses) que se desenvolveu en Lawrence,

79

Page 80: pasto da dinamita

Massachusetts (McGirr, 2007). A súa chegada supuxo un cambio, non só nas estratexias

estritamente xudiciais senón tamén na construción dun movemento de solidariedade obreira.

Para acadar esa colaboración, mantivo unha intensa correspondencia con líderes sindicais,

socialistas e comunistas nos EEUU e no exterior, utilizando os contactos que desenvolvera

ao longo dos anos entre os círculos obreiros. Do que se trataba, segundo Moore, era de a

causa de Sacco e Vanzetti co movemento obreiro organizado, situando o caso como “o eixo

ao redor do cal se habería de articular a loita de clases en Norteamérica”. E dada a escasa

relación que mantiñan aqueles dous anarcocomunistas cos sindicatos, o avogado Moore

procurou que a súa alternativa fose progresiva. Escribiulle aos seus amigos dos círculos

obreiros italianos, solicitándolles que persuadiran á Confederazione Generale del Lavoro

italiana para que emitira unha declaración de apoio aos dous homes e, ademais, tamén

reclamou a axuda do xove xornalista Eugene Lyons, da neoiorquina Workers Defense

League , a fin de que difundise o caso por Europa. Pero existía un problema por resolver, e

non era outro que saber a función que debería desempeñar o Comité.

Polo que sabemos, a iniciativa de Fred Moore non contou coa aprobación dos anarquistas de

Boston, que viron nas súas propostas unha deturpación dos obxectivos iniciais da

mobilización e da inequívoca orientación anarquista que deberían ter as súas teses e as súas

reivindicacións. Para o historiador Francis Russell, a actividade desenvolvida polo novo

avogado da defensa sempre foi ollada con desconfianza polos membros do Comité. Na súa

opinión, a principal oposición veu de Frank López, un home “intransixente” e “doutrinario”

no seu relato, que sempre se negou á admisión de individuos non italianos ( e que non fosen

anarquistas) como membros do Comité. A relación entre ambos os dous foi sempre moi

tensa tal e como amosa unha carta que López, na súa calidade de secretario dese organismo,

lle dirixiu a Moore, o 20 de outubro de 1922, para descalificar a súa pretensión de

transformar o Comité nunha organización máis plural,

“Advírtolle que deixe de facer as cousas que, para obedecer ou agradar a outras

persoas, ten estado a facer nos últimos meses”( Russell, 1962).

E o que para López e Felicani non era máis que un vieiro equivocado, para Moore non era

outra cousa que a evidencia prática da impericia e da rixidez daqueles voluntariosos

libertarios,

“A dificultade prática con algúns homes como Felicani, López e algúns outros –

laiábase Moore nunha carta – non é que eles non queiran axudar senón que non saben

como facelo. Non están afiliados a ningunha organización obreira, nin americana nin

80

Page 81: pasto da dinamita

italiana”(Russell, 1962).

Para Moore, o Comité de Defensa semellaba ser cada vez máis impotente. Si el quería

continuar co caso, o “seu” caso, non podía seguir diversificando os esforzos entre recadar

fondos e facer publicidade, e convencer a aqueles orgullosos anarquistas. Para solucionar

esta disfunción, Moore promoveu unha reunión a principios de abril de 1924 para pór en

marcha un organismo alternativo, a New Trial League, con xente da súa confianza. A través

desta nova organización, Moore impulsou a recadación de fondos e a elaboración dunha

estratexia á marxe do Comité. Anque Felicani non cuestionou a honestidade de Moore senón

a súa liña de defensa, outros membros do Comité (sobre todo, segundo Russell, o

“intransixente” López) non disimularon o seu aberto resentimento ante esta iniciativa

independente e a Liga acabou por desaparecer ao pouco da súa creación. Porén, Moore e os

seus colaboradores, incluidos López e Felicani, tiveron máis éxito na implicación das

grandes centrais obreiras do exterior.

Anque American Federation of Labor (AFL) aprobou senllas resolucións en 1922 e en

1924 en prol dos dous homes o certo é que apenas facilitou outro apoio tanxible. Pola

contra, as federacións obreiras locais e estatais deron, a miúdo, máis apoio e as masas de

traballadores, nese momento, expresaron xenerosamente a súa solidariedade. E ese apoio

aínda foi moito máis explícito entre as filas dos traballadores inmigrantes e non cualificados,

mentres que os colectivos de traballadores nativos cualificados permaneceron,

habitualmente, indiferentes.

Como en Europa, comunistas e anarquistas compartiron o liderado na defensa dos dous

homes tanto en Arxentina como en México. En México, o anarquismo era a corrente

dominante na esquerda. De feito, o anarquismo mexicano tiña albergado temporalmente a

Sacco, Vanzetti e os seus compañeiros galleanistas, cando se refuxiaran en Monterrey

(México) poucos anos atrás. Coa fundación do Partido Comunista mexicano en 1920, os

anarquistas atoparon repentinamente un forte competidor para a atracción dos traballadores

radicais. Abrazando a causa de Sacco e Vanzetti, o partido procuraba atraer a sectores do

anarquismo. Ademais, o resentimento da clase obreira mexicana contra o país ianqui medrou

exponencialmente, particularmente como efecto colateral da revolución mexicana. As novas

sobre o caso extendéronse axiña, grazas á axuda dos radicais norteamericanos que tiña

publicado informes detallados dende o ano 1921 e do xornal que editaba a IWW en español,

Solidaridad. Os radicais mexicanos mobilizáronse inmediata e poderosamente en apoio de

Sacco e Vanzetti. En 1921, os consulados norteamericanos de Veracruz, Tampico, Mérida, e

81

Page 82: pasto da dinamita

Guaymas daban conta de manifestacións e protestas nas súas respectivas cidades. O

Sindicato de Camioneros do porto de Veracruz actuou cunha virulencia raramente vista ata

entón: “Liberade a Sacco e Vanzetti ou o proletariado do mundo arrincaravos as entranas.

Non queremos piedade. . . . Se sodes implacables nós tamén seremos implacables. Ollo por

ollo!. . . A lei do talión servirá se os nosos irmáns non son liberados.”

Non hai probas directas, pero a comparación deste escrito, da súa linguaxe contundente e un

tanto apocalíptica, fai pensar que foi Frank López quen redactou, ou cando menos inspirou,

esa folla. Sobre todo se a comparamos con outros moitos panfletos, artigos xornalísticos,

follas voandeiras,... que encheron as mesas e as rúas nas cidades da América Central e do

Sur, pero tamén na Península Ibérica, nos locais de reunión dos inmigrantes galegos, e

españois, nos Estados Unidos, onde houbera alguén, en definitiva que pudera ser susceptible

de convencemento a partir da lectura en español. E o responsable directo desa onda de

propaganda foi López. Inmerso naquela voráxine productiva, aquel ebanista serio e retraído.

non esqueceu, con todo, botar man de todos os recursos humanos dos que era coñecedor. E o

primeiro deles foi a apelación aos seus compatriotas galegos, correlixionarios activos ou non

tanto, que estaban esparexidos por todo o continente americano e que configuraban unha

mesta diáspora proletaria coa que mantiña contactos estables dende había bastantes anos,

grazas o seu posto de responsable de prensa nos diferentes grupos anarquistas aos que

estivo afiliado. Non é que só tivera relación cos galegos libertarios na emigración, porque

eses contactos extendéronsa toda a colectividade ácrata que se expresaba en español, pero o

certo é que as redes nas que estaban integrados os galegos foron as que máis e mellor

respostaron ás súas demandas de solidariedade.

Do papel trascendental que xogou López nesa campaña internacional temos moitas

referenzas. Dos propios servizos de seguridade norteamericanos, que non dubidaban en

identificar a Frank R. López, alias José Marinero, como o outro líder do Comité (xunto con

Aldino Felicani) que se encargaba da propaganda nos países de fala española e portuguesa.

Dos xornalistas que cubriron aquel proceso xudicial, como foi o caso do enviado do New

York World, Samuel Spewack, que salientaba como,

“Frank López, Eugene Lyons e Aldino Felicani produciron propaganda nunha escala

“olímpica”, que enorgullecería a calquera axencia gubernamental en tempo de guerra.

Dende a súa humilde sé (un local en Hanover Street, Boston), estas escuras

personalidades difundiron un movemento que chegou ata as capitais europeas, penetrou

en Moscova, inundou Sudamérica”. (Neville, 2004)

82

Page 83: pasto da dinamita

É posible que Spewack, galvanizado pola necesidade de rendibilizar a súa propia

“perspicacia” xornalística, esaxerase a influencia internacional da propaganda emitida polo

Comité, atribuíndolle a aquel triunvirato capacidades propagandistas case mitolóxicas que

obviamente non posuían, pero en todo caso non é discutible que foi López quen arrombou

en solitario coa responsabilidade da tarefa de mobilizar o mundo radical qie se expresaban

en español. E que ese labor non quedou limitado á elaboración da propaganda escrita nin ao

deseño da axitación nos países americanos senón que tamén se evidenciou na súa activa

participación nos mítins e nos actos de solidariedade con Sacco e Vanzetti que se

desenvolveron en moitas cidades da costa leste. Ese foi o caso do gran mítin que se celebrou

o 11 de marzo de 1923 no Ford Hall Forum, en Boston, e que contou cunha asistencia de

800 persoas. Alí falaron, ademais de López que o fixo en español, líderes emblemáticos do

sindicalismo e do movemento libertario norteamericano, como eran Elizabeth Gurley Flynn

e Harry Kelly.

Pero tamén os historiadores que se teñen especializado na investigación do caso Sacco e

Vanzetti, dende múltiples ópticas, teñen salientado o importante papel desempeñado polo

anarquista de Bemantes. Baixo o alcume de José Marinero, era Frank López quen, no nome

do Sacco and Vanzetti Defense Committee, informaba á audiencia arxentina directamente

dende Boston (McGirr, 2007). El mesmo foi redactor exclusivo dos diferentes suplementos

semanais e bisemanais que lle adicou ao caso o semanario anarquista arxentino, La

Protesta, e das informacións que recollían ducias de xornais arxentinos máis pequenos,

como Brazo y Cerebro de Bahía Blanca ou os porteños La Antorcha e El Libertario.

O certo foi que, en Arxentina, os radicais tamén asumiron con todas as consecuencias a

causa anque foron os anarquistas os que mantiveron o liderado. Como consecuencia, o

anarquismo reviviu, malia que fose temporalmente. Nas nacións de América do Sur, para

consternación da clase dominante, o anarquismo tiña resultado atractivo para os

traballadores inmigrantes que constituían a meirande parte da clase obreira deses países a

finais do século XIX e principios do XX O movemento obreiro organizado, dirixido pola

Federación Obrera Regional Argentina (FORA) estaba profundamente influenciado polas

correntes do anarcosindicalismo. Cara 1921, porén, o seu poder estaba máis debilitado.

A represión estatal que acadara o seu punto culminante en 1919 contribuira a ese devalo,

pero o movemento obreiro tamén se vira afectado polas diferencias tácticas entre os distintos

sectores tanto por mor da crecente integración dos traballadores na sociedade arxentina

como polas apelacións interclasistas efectuadas polos políticos populistas. Na década de

1920 as chamadas do anarquismo á acción directa dos traballadores para derrubar o

83

Page 84: pasto da dinamita

capitalismo e a crenza no irreconciliable conflicto de clases foron minando a lealdade dos

traballadores. Nese contexto, o caso Sacco-Vanzetti aportou vida nova no movemento; os

anarquistas desmoralizados atoparon unha nova misión.

Durante case un ano, a única preocupación dos radicais na Arxentina foi a liberación de

Sacco e Vanzetti. Viron esta causa como capaz de mobilizar a súa base social malia que a

ampla resonancia entre as masas arxentinas expresaba menos unha renovada fe no

anarquismo que a vinculación á clase traballadora e á identidade étnica nun momento

significativo para as políticas obreiras. Mentres que as apelacións á folga xeral nos primeiros

anos de 1920 tan só inspiraron tépedas respostas, en 1927 foron verdadeiras masas de

traballadores as que se manifestaron, abandonaron os seus traballos e loitaron na rúa para

expresar a súa solidariedade con Sacco e Vanzetti, que se tiñan convertido nos heroes da

clase traballadora. Un home de negocios norteamericano describía, por entón, as condicións

no país como “intolerables”.

Dende Francia ata Arxentina, as mobilizacións en prol de Sacco e Vanzetti poden ser vistas

como o punto final dunha expresión do conflicto de clases que tiña sido significativa na

acción política desenvolvida polos traballadores nos últimos anos do século XIX e nos

primeiros do século XX. A execución dos dous homes sinalou a morte dese radicalismo. O

movemento global impulsado polo caso Sacco e Vanzetti amosou unha nova visibilidade das

masas populares no ámbito internacional e suxeriu unha crecente integración dos

traballadores no seo dos estados-nación. O caso tamén precipitou a crecente preocupación

polo ascenso do poder dos EEUU despois da I Guerra Mundial. En Bos Aires, Paris,

Londres e Milán, os traballadores manifestáronse en apoio de Sacco e Vanzetti, na secuencia

das insurreccións populares e das explosivas revoltas obreiras de 1917–1919, amparando a

súa furia na “inxustiza ianqui”. Un argumento que permitiu forxar unha mobilización

interclasista coas elites e os intelectuais.

Porén, neste proceso xa non tivo protagonismo López. No ano 1924, o Departamento de

Traballo decidiu executar a orde de expulsión paralizada catro anos atrás e a partir daí as

referenzas sobre este home son confusas. Ata o punto de que non podemos confirmar con

seguridade o seu destino final. Oficialmente, foi deportado en 1924 e embarcou dende Ellis

Island con destino ao porto de Vigo anque anos despois retornou de xeito clandestino aos

Estados Unidos (Russell, 1962). Porén, outras versións apuntan a que conseguiu eludir a

deportación fuxindo do país por un tempo e grazas, de novo, á solidariedade dos seus

compañeiros galegos. Segundo o testemuño dun camarada anarquista, en realidade López

estivo vivindo, dende que recibiu a orde de expulsión, agochado a bordo dun barco no porto

84

Page 85: pasto da dinamita

de Nova York; dalí saiu coa axuda dun mariñeiro galego que o achegou ata a costa. Logrou,

así, burlar a orde de deportación. De volta en Manhattan, López xuntouse coa súa noiva,

Mary Berkowitz, e desapareceron xuntos por algúns anos, posiblemente no Canadá. Tempo

despois, logo da morte da súa compañeira, retornou a Nova York baixo o nome de Albert

Martin e residiu en Brooklyn ata a súa morte. Quizais non sexa de grande relevo a

circunstancia exacta da súa fuxida, pero o que si é evidente é que o novo tempo que Frank

López viviu nos Estados Unidos foi foi diferente do que el coñecera. Co anarquismo

praticamente aniquilado, reducido a pequenos grupúsculos con moi cativa presenza,

desaparecida literalmente aquela colectividade de galegos que traballaban no mar e nas

tabaqueiras, o seu labor foi moito máis silandeiro e testemuñal. Para esa nova xeira, López

escolleu outro nome, o terceiro na súa traxectoria vital. Dende entón e ata a súa morte pasou

a ser Albert Martin.

85

Page 86: pasto da dinamita

CANTAS IDENTIDADES VIAXAN NO BAÚL DUN EMIGRANTE GALEGO (E

ANARQUISTA)?

A migración internacional tanto puido socavar como afianzar o desenvolvemento da

identidade nacional. As cadeas da migración internacional reforzaron a importancia da vila

e do país, facilitando a primeira vivenda para os campesiños, co seu tradicional escepticismo

cara os Estados.

É posible que unha parte significativa dos traballadores peninsulares que emigraron aos

Estados Unidos a principios do século XX tivesen unha visión idealizada da democracia

republicana daquel país. E mesmo que que esa admiración “contaminase” as expectativas e

os discursos dalgúns líderes anarquistas que ata alá marcharon. Para estes últimos que, en

moitos casos atravesaban o Atlántico para fuxir da represión e da policía española, os

EE.UU. seguían a representar un simbolo de liberdade política e tan só agaradaban, unha

vez asentados, observar e verificar o funcionamento prático dunhas institucións plenamente

democráticas (Vezzosi, 2001).

Da fortaleza dese mito, alimentado permanentemente polo discurso migratorio institucional

elaborado polo Estado norteamericano e complementado coa construción dunha imaxe

estereotipada como “nación de inmigrantes”, poden dar idea as reiteradas advertencias coas

que os anarquistas peninsulares procuraban, alertar aos seus correlixionarios sobre o efecto

cegador que podería ter esa imaxe deturpada, sobre o seu compromiso militante,

“A la entrada del puerto de New York, como si dijéramos a la puerta de esa república, la

estatua de la Libertad iluminando el mundo diríase que acoge con benevolencia y saluda

86

Page 87: pasto da dinamita

a los que llegan huyendo de la tiranía y de la miseria de la vieja Europa...”33

Sen embargo, para a maioría dos libertarios que procedían da Península, a miraxe nunca

existiu. Para eles, como para moitos outros socialistas ou anarquistas europeos, a república

norteamericana non era máis que a expresión dun réxime burgués, como eran tamén as

decadentes monarquías española e italiana, e nunca viron ningún espazo nin marxe algunha

para o pleno exercicio dos dereitos democráticos ou para a xustiza social. E o que lles

correspondía, aos máis conscentes, non era outra cousa que desvear as miserias que se

agochaban por baixo da florida retórica “democrática” ( a ausencia dunha verdadeira

liberdade política, o control policial sobre a inmigración, a represión sobre os anarquistas e

os demais grupos da esquerda) e, de paso, evidenciar as limitacións do sindicalismo

reformista que praticaba a maioritaria AFL. Foi, de novo, Lorenzo que deu a pauta a seguir,

“Estáis en las mejores condiciones para desengañar a aquellos trabajadores españoles

que, olvidando o desatendiendo sus deberes emancipadores, se embabiecan en el

reformismo, la cooperación y la política...

Demostradles que en república, lo mismo que en monarquía, las reformas, la

cooperación y la política no impiden, no pueden impedir que la riqueza social, natural o

producida, sea monopolizada, usurpada, por los propietarios-capitalistas”.34

O papel da identidade na vinculación dos líderes galegos radicais coa comunidade

inmigrante foi sempre complexo. Antes de que a posición ante a Iª Guerra Mundial

provocara, como no caso dos socialistas, divisións no seu seo, a maioría dos anarquistas,

sindicalistas ou non, foron afoutos portavoces do internacionalismo. Xa que logo, as súas

referenzas ao país de orixe sempre se fixeron procurando evitar reclamos especificamente

nacionalistas. O seu “patriotismo” respostaba á necesidade humana de ter raíces culturais e

espirituais, pero rexeitaron vínculos estreitos coa súa propia nación. En esencia, a

identidade non foi un “vínculo natural” entre os propios líderes como tampouco o foi entre

os líderes potenciais e as comunidades inmigrantes.

No debate identitario os anarquistas escolleron unha opción: abrazaron unha ideoloxía que

se opoñía tanto á integración e nacionalización dos inmigrantes (americanización) como aos

33 Anselmo Lorenzo, “Carta Pública. A Cultura Proletaria”, Tierra y Libertad, 30/11/1910, época 4, nº3934 Anselmo Lorenzo, “Carta Pública...

87

Page 88: pasto da dinamita

nacionalismos do vello mundo, rachando os vínculos cos seus estados de orixe e dilatando

conscentemente os intentos de asimilación da sociedade de acollida. Eles formularon un

cosmopolitismo radical e unha perspectiva identitaria que defendía a diversidade, rexeitaba

as xerarquías e extendeu a solidariedade a través das divisións identitarias, nacionais e

raciais. Porén, este cosmopolitismo ao final foi incapaz de resistir os embates dos

nacionalismos, dende o americanismo ao fascismo pasando polo sionismo, que competían

entre sí pola hexemonía ideolóxica, pero aínda hoxe se mantén como un exemplo relevante

de identidade transnacional colectiva desvinculada do nacionalismo, do estado nación e das

xerarquías raciais (Zimmer, 2010).

Socialistas e anarquistas diferiron en canto á concepción, e á aplicación, do

internacionalismo, fundamentalmente no que se refería á capacidade de integración na

sociedade receptora. Para os socialistas, a mellor expresión de internacionalismo non era

outra que a integración definitiva na sociedade de acollida e, xa que logo, a adquisición da

cidadanía entendíase como un chanzo cara a afirmación do ideal internacionalista. Por iso

mesmo, destacados socialistas, como o italiano Domenico Saudino, xa en 1902, defendían

sen ambaxes a naturalización (americanización) total dos inmigrantes,

“ Como persoas e como socialistas o noso dereito e o noso deber é considerarnos nós

mesmos como cidadáns da terra que nos acolle, e sermos cidadáns sen restriccións e sen

alusións (...) a menos que a Internacional sexa un mito e o internacionalismo tan só unha

palabra”( Vezzosi, 2001).

Os libertarios, pola contra, rexeitaron expresamente a integración na sociedade

norteamericana e sempre tiveron postos os seus ollos no retorno, malia que moitos deles –

caso de Rey, Anido ou o lugués Loúzara - rematasen os seus días “refuxiados” en pequenas

comunidades libertarias ou morrendo en terra allea (Esteve, Xan da Graña, Frank López,

Pedro Noya, Manuel Rey ou Claro Sendón, por exemplo). Ese rexeitamento á

americanización expresábao de xeito contundente Pedro Esteve,

“A nosotros nos tiene muy sin cuidado que nos concedan o no el derecho de

ciudadanía, ya que para los trabajadores este derecho ninguna importancia tiene (...)

pero conste que las limitaciones existentes contra los anarquistas son prueba fehaciente

de que este país no es un país libre, ni siquiera políticamente, y sí el país típico de la

88

Page 89: pasto da dinamita

explotación y de la tiranía capitalistas.”35

E, aparentemente, semella que ese rexeitamento explícito da nacionalización tivo un eco moi

notable entre os traballadores inmigrantes. Efectivamente, as estatísticas din que, durante as

dúas primeiras décadas do século XX, os inmigrantes españois e galegos a penas fixeron uso

desa prerrogativa. Segundo o Censo de 1920, entre os españois de máis de 21 anos

residentes nos Estados Unidos tan só un 10,74% solicitara a naturalización e acadara a nova

nacionalidade, mentres que un reducido 6,59% estaba en trámites para obtela.36

Aparentemente, a maior parte da colectividade galega, e española, emigrada, que non

debemos esquecer que estaba formada por traballadores non cualificados, acabara por

interiorizar o discurso identitario que propoñían os líderes anarquistas emigrados. Polo

menos, no que tiña que ver co rexeitamento da integración na sociedade de acollida. As

razóns eran variadas (descoñecemento do idioma, mantemento dos beneficios consulares aos

efectos da repatriación, etc.), pero non supuñan un rexeitamento aberto da sociedade de

acollida.

Pero esa circunstancia non pareceu ser un obstáculo para que moitos inmigrantes adquirisen

unha impresión positiva da sociedade de acollida, do american way of life. Os testemuños

recollidos falan dunha percepción favorable entre os inmigrantes. Paradoxalmente, no que sí

parecían coincidir tanto anarquistas e sindicalistas como as autoridades españolas era no

impacto positivo, na percepción favorable que destilaban os inmigrantes hispanogalaicos

cara esa sociedade:

“A pesar de los problemas, el idioma por ejemplo, yo adoro este país, todo ha sido tan

fácil, todo. Yo este país lo adoro. No soy americano, llevo aquí 62 años pero sigo siendo

español y lo seguiré siendo. Pero lo adoro” (Rueda, 1995).

Algo que recoñecía o propio cónsul de España en San Francisco, nun informe do ano 1914.

O representante español, a pesar da escaseza de solicitudes de nacionalización, advertíalle ao

seu Goberno que,

“(...) es forzoso apuntar que, debido a la atmósfera de posibilidades y adelantos, existen

personas, familias enteras de nuestro país que (...) son los grandes apologistas de este

35 Pedro Esteve, “Free Country”, Cultura Obrera, 29/04/1913, nº 23.36 Boletín de Emigración. Informe del Cónsul de España en New York, 1914.

89

Page 90: pasto da dinamita

país, y que se sienten en un ambiente de igualdad, si no real, aparente”.37

Porén, o rexeitamento da americanización do que fixeron bandeira os libertarios

peninsulares non deixou intacto o seu internacionalismo por máis que seguisen a facer

reivindicacións puntuais do universalismo, da solidariedade de clase por enriba da

solidariedade nacional.

Tamén o recoñecía, anque dende posicións ben distintas, Pedro Esteve, editor e auténtico

factotum de Cultura Obrera. Xa nun artigo do ano 1911, este histórico sindicalista

inquedábase porque

“aquellos obreros que al poner los pies en América parecían dispuestos a vivir por un

miserable salario han llegado a adaptarse a la vida del país, constituyendo familias y

creándose nuevas necesidades que al principio no sentían”.

E poderíase pensar que, como aconteceu con outros sindicalistas ou activistas radicais

estranxeiros, esa americanización acabou por manifestarse de xeito explícito entre algúns

dos anarquistas galegos que viviron nos Estados Unidos. Algúns indicios, como a tradución

dos seus nomes ao inglés, así o poderían suxerir (Manuel Rey vs. Louis G. Raymond; Jesús

Loúzara vs. Rudolf Lone; Francisco López vs. Albert Martin). Porén, non se trata máis que

dunha imaxe falsa. Da expresión formal doutras circunstancias dramáticas como foron, entre

outras, a pura e simple supervivencia.

Efectivamente, os cambios de nome foron unha prática moi habitual entre os líderes

anarquistas, fundamentalmente europeos, en tempos de rigor represivo e de persecución

policial. Non representou, xa que logo, ningunha mostra da súa vontade de integración - que

tamén pudo existir nalgún caso aillado – senón unha estratexia necesaria, utilizada por

razóns de proteción e seguridade, que facilitaría a súa ocultación ante as autoridades

migratorias e policiais. Só co paso do tempo, conforme o asentamento nos Estados Unidos

converteuse en permanente esa americanización utilitaria derivou nunha opción de vida, na

que o cambio de nome implicaba ademais unha acomodación á sociedade de acollida, unha

escolla vital conscente.

O internacionalismo que defendían os anarquistas estaba baseado nunha práctica máis aberta

(que os socialistas) e profundamente solidaria. Máis que os socialistas, os militantes

anarquistas souberon e quixeron darlle unha dimensión internacionalista ao seu labor e por

37 Boletin de Emigración, 1914.

90

Page 91: pasto da dinamita

iso, non só na teoría, plantearon en todo momento a necesidade dunha solidariedade activa

entre os proletarios das dúas beiras do Atlántico que xustificaron na esixencia, para os

revolucionarios, de traspasar os lindeiros dun combate estritamente nacional (Serrano,

2000).Un militante anarquista podía sentirse tan implicado polo que sucedía no estranxeiro

como no seu propio país. E iso trasladouse, habitualmente, ao propio labor activista. Os

anarquistas galegos desenvolveron estratexias de axuda e colaboración non só con aqueles

que padecían a represión e a explotación no propio país de acollida – como fixeron en

conflitos sociais tan dramáticos como os de Lawrence, Paterson, Everett ou Ludlow – senón

cos militantes ou organizadores que padeceron a represión gubernamental e/ou xudicial.

Pero, esa actividade solidaria tamén se estendeu aos traballadores doutros Estados ou

mesmo doutros continentes, como a solidariedade exercida cos mariñeiros cubanos, chilenos

ou arxentinos por mor da represión que padeceron no exercidio do seu labor sindical.

Ao internacionalismo de base nacional dos socialistas, os anarquistas opuxeron, pois, unha

práctica da solidariedade revolucionaria que os facía, finalmente, máis receptivos á causa

dos marxinados da Terra.

E iso foi o que fixeron os anarquistas galegos que viviron nos Estados Unidos e no canal de

Panamá: poñer en prática esa solidariedade internacionalista. Participar en cantas campañas

solidarias houbo, no seu país de acollida ou no propio continente americano, e manter un

estreito seguimento dos acontecementos que se desenvolvían en España e Galicia.

Un dos acontecementos que provocou un maior impacto foi a represión desatada sobre os

obreiros coruñeses, como consecuencia da folga xeral desenvolvida na cidade herculina en

maio de 1901. Daquela, os exilados e inmigrantes de ideoloxía libertaria, como outros

moitos radicados noutros puntos do continente americano, promoveron a constitución dunha

sección de fala española en New York, o grupo Solidaridad Internacional – coñecido tamén

como Road to freedom Group ou International Group – para colaborar cos traballadores

perseguidos, en resposta á petición de axuda publicada nas páxinas do Suplemento de la La

Revista Blanca, ademais de elaborar un manifesto e difundir cartas de condena na prensa

obreira.

Tamén en Tampa, os anarquistas peninsulares, algúns deles galegos, promoveron mítins de

protesta e realizaron unha colecta entre os tabaqueiros da cidade, en solidariedade cos

obreiros coruñeses, que recadou 2145,71 pesetas daquel tempo. A comisión permanente que

se creou ao efecto tiña como portavoces a dous traballadores galegos, Mauricio Vázquez e

José Alfonsín, e publicou un manifesto no mes de xullo de 1901 no que expresaba o fervente

desexo de que os seus coterráneos españois puideran desfacerse axiña “da tiranía dos

91

Page 92: pasto da dinamita

gobernantes, dos cregos e dos burgueses”.

Aínda no ano seguinte, en 1902, reproducíronse os actos de solidariedade, agora cos

traballadores coruñeses represaliados pola gran folga que se desenvolveu entre abril e maio

de 1901 e o Comité de fala española do grupo Solidaridad Internacional, no que tamén

figuraban dous veteranos anarquistas galegos, Aquilino Chao e Constantino Leira, insistiu

na procura de fondos monetarios como xeito visible de apuntalar o maltratado obreirismo

coruñés. Anos máis tarde, en 1909, deuse a coñecer en New York, o denominado Manifiesto

de los libertarios españoles en favor de la Revolución Libertaria en España, que asinaba un

autoproclamado Comité Revolucionario Español. Entre as persoas que representaban ao

Comité tamén aparecían algúns galegos como Jaime Vidal e o xa citado Aquilino Chao. Con

todo, o Manifesto non suscitou un apoio unánime entre a colectividade libertaria española e

mesmo recibiu as críticas dos ácratas individualistas, como foi o caso de M. Daniel

Rodríguez, emigrante en Panamá e alma mater da agrupación anarquista Los Egoístas, de

Gatún.

Porén, a veta solidaria era o suficientemente poderosa para que puidera remanecer bastante

tempo despois, concretamente en 1925. Nunha información do xornal La Gaceta do 25

outubro dese ano facíase referencia a unha colecta popular que viñan de realizar os

tabaqueiros peninsulares de Tampa, na que se recadaron 3000 dólares, que iría destinada

como agasallo de Nadal ás tropas españolas que combatían en Marrocos. Malia o que pudera

parecer a primeira vista, os tabaqueiros deixaban meridianamente claro no manifesto co que

acompañaban o envío que aquela non era unha expresión de “patriotismo” senón, pola

contra, unha maneira de “honrar aos mozos que combaten e morren nunha guerra absurda”,

entre os que, advertían, eles mesmos poderían ter estado, caso de non ter abandonado a

tempo España.

E finalmente, xa no ano 1927, os anarquistas españois residentes na área de Nova York

acordaron crear un Comité pro Presos y Perseguidos que tiña, como o resto de organismos

desas características, moi diversos cometidos que podían ir dende a procura de traballo e

fonda aos que chegaban sen recursos ata garantir o sustento necesario ás familias dos

encarcerados por causas sociais; dende facilitar acobillo aos perseguidos ata contratar

avogados e visitar os cárceres para manter ergueita a moral dos presos. E a maiores, aínda

estaba a xestión das redes clandestinas de embarque que facilitaban a fuxida cara América

dos traballadores represaliados dende os portos de Vigo, Vilagarcía e A Coruña, gobernadas

moi eficazmente polos respectivos sindicatos do Transporte Marítimo. Unha rede que

contaba cun obrigado punto de apoio na outra banda do océano, nos grupos de asistencia aos

92

Page 93: pasto da dinamita

perseguidos sociais que se constituiran en Cuba, Estados Unidos, Uruguai e Arxentina e que

compostos na súa maior parte por emigrantes galegos (Pereira, 1992).

Porén, si houbera que focalizar un elemento que fose verdadeiramente simbólico e

representativo desa nova identidade que teimaban en construir, ese foi o que representou o

binomio da educación e da cultura (cosmopolitas, ben entendido).

A rede de Centros de Estudos Sociais e Ateneos, todos eles de influencia ácrata, que se

estenderon pola costa Leste dos Estados Unidos foi unha boa mostra desa preocupación case

visceral pola elevación do nivel cultural dos traballadores non cualificados; unha cultura

“universal”, que superase as, ao xeito de ver dos libertarios, limitacións e tiranías que

impoñían as culturas nacionais ou “rexionais” que abrollaban como referentes identitarios

indesexables.

Voltando aos centros, os que, por exemplo, funcionaban na área próxima ao estado de New

York (Jessup, Brooklyn, Oliphant, xunto aos de Newark e White Plains, estes dous últimos

en New Jersey), con audiencia maioritariamente galaica mantiveron unha traxectoria estable

durante moitos anos (Pereira, 1998). Neles, os anarquistas galegos, xunto a outros libertarios

de orixe peninsular e/ou latina, deron conferencias, organizaron veladas teatrais, crearon

grupos de declamación, abriron bibliotecas sociolóxicas, impartiron clases de inglés e

mesmo acondicionaron ximnasios. Pero non só se trabataba de conferencias, como as que,

por exemplo, abrían e pechaban as tempadas culturais no Círculo de Trabajadores de

Brooklyn. Non, porque tamén tiña que haber espazo para a festa. Así, os bailes, que se

celebraban case sempre no Astoria Hall da 62 Leste, e os pic-nics planteáronse como unha

alternativa lúdica alternativa, como unha maneira diferente de ocupar o ocio fronte a

atmosfera “pechada” dos cafetíns portuarios e a oferta lúdico-cultural “patriótica” que

presentaban as sociedades de emigrantes. 38

E por ese mesmo vieiro de diferenciación transitaron medidas como a colaboración aberta

con canta iniciativa a prol do ensino laico desenvolveu algunha das escasas sociedades de

instrucción creadas polos galegos residentes na área de New York, como foi o caso de

Naturales de Sada.39

Pero máis alá de posicionamentos puntuais e ocasionais, o modelo pedagóxico que

patrocinaron os libertarios, en realidade a prática totalidade dos libertarios, foi que se

coñeceu como Escola Moderna. O fusilamento de Ferrer en outubro de 1909, logo dun

38 Non sen certa inxenuidade, algúns membros radicais da colectividade tentaron promover espazos de ocio alternativos aos cafetíns, como foi o caso do Ferrer Tea and Lunch Room, presentados como un lugar “modesto, que no pretende hacer dinero, sino practicar un método de vida simple y de altos pensamientos”.

39 Frank Mosteiro, “Para los de Sada. Acerca de la enseñanza”. Cultura Obrera, 19/07/1913, nº 33.

93

Page 94: pasto da dinamita

proceso que tivo moito máis de vinganza ideolóxica que de acto xudicial, dotou ao

movemento libertario dun mito propagandista extremadamente eficaz que non só permitía

criticar o despotismo e a alianza permanente do Estado e da Igrexa senón que ofrecía unha

alternativa pedagóxica avanzada e racionalista que axudaría a liberar as mentes dos

traballadores da ignorancia, do misticismo relixioso e do sometemento. Por todo o territorio

dos Estados Unidos, os anarquistas españois e galegos, ben respaldados polos seus

correlixionarios norteamericanos ou doutras nacionalidades, procuraron erguer unha extensa

rede de Centros Ferrer e de escolas racionalistas que activase a loita ideolóxica que

desenvolvían dende tempo atrás. A primeira institución destas características que se puxo a

andar, a Francisco Ferrer Association, fundouse axiña en Nova York, no ano 1910.

A asociación tiña unha tripla finalidade: a publicación e difusión das obras e das ideas de

Ferrer, a organización de actos conmemorativos no primeiro cabodano da súa morte e, a xa

citada, pretensión de establecer unha rede escolar por todo o país, a partir do exemplo

neoiorquino (Avrich 1980).

Finalmente, o Ferrer Center and Modern School de New York abriu as súas portas en

xaneiro de 1911, no Greenwich Village, e entre os seus promotores estaban Harry Kelly,

Leonard Abbott, Alexander Berkman, editor de Mother Earth e o galego Jaime Vidal. Todos

eles, ata un total de 22, asinaron como membros fundadores e pagaron a primeira cota anual

dun dólar. No seu cativo local só puderon albergar, daquela, unha escola dominical para

adultos, así que logo ao pouco tempo, cando conseguiron recadar os fondos necesarios

mudáronse a un local máis amplo, na 12th st. Leste, onde xa puderon establecer unha escola

diurna. A nova escola tamén foi un éxito, anque poucas familias radicais vivían preto

daquela zona polo que, no verán de 1912, cambiou a outro local situado en Harlem onde,

baixo a dirección de Will Durant, chegou a ter case unha vintena de estudiantes (Avrich

1991).

Un dos aspectos máis relevantes do Ferrer Center de New York foi a diversidade étnica dun

alumnado que, á altura de 1914, xa sobrepasaba as 300 persoas. A maioría eran traballadores

inmigrantes – fundamentalmente xudeos europeos do leste pero tamén franceses, alemáns,

italianos, rusos, ingleses, irlandeses e españois – que lle daban ao Centro unha nidia

atmosfera de cosmopolitismo. Para eses inmigrantes recén chegados, famentos de educación

e cultura, a escola era “unha xenuina universidade popular, fondamente arraigada nas

masas”, tal e como a describía un profesor do Centro (Avrich, 1995).

Porén, a partir do mes de xullo de 1914, nun evidente anticipo do que sería a represión

contra os anarquistas durante os anos da guerra, a escola comezou a vivir unha situación de

94

Page 95: pasto da dinamita

incerteza derivada tanto do incremento da presión policial como da retirada dalgúns apoios

financeiros, e acabou por trasladarse a Stelton (New Jersey). Pola súa banda, o Ferrer

Center funcionou ata 1918. A finais dos anos vinte, algúns antigos membros do centro,

como Harry Kelly, Leonard Abbott, o ourensán Manuel Rey e a súa compañeira, a

anarquista xudea Lilly Sarnoff (Ellen White) xunto co tabaqueiro Joseph Cohen decidiron

fundar a Ferrer Colony Association. Nela, a principios da década de 1930 Rey editaba,

xunto a Harry Kelly, o xornal anarquista Freedom. Por eses anos, preto de 100 familias de

diversas orixes étnicas, das que 20 ou 30 eran residentes permanentes, tiñan terra en Stelton.

Segundo Laurence Veysey, a experiencia foi única na medida en que permitíu xuntar a

universitarios nados en América, inmigrantes, intelectuais e obreiros nun intento de consturir

unha sociedade nova. Máis tarde, en 1923, Harry Kelly fundou unha nova colonia e a

correspondente Escola Moderna, nas ribeiras do lago Mohegan, nas aforas de New York.

Nela viviu ata a súa morte o anarquista galego Juán Anido.

ENTÓN, QUE IDENTIDADE CONSTRUIR?

No debate identitario, os anarquistas galegos (como a prática totalidade dos seus

correlixionarios) escolleron unha opción: abrazaron unha ideoloxía que se opoñía tanto á

americanización como aos nacionalismos do vello mundo, rachando os vínculos co seu

estado de orixe e dilatando conscentemente os intentos de asimilación da sociedade de

acollida. Polo que toca a emigración galega, hai que lembrar que os anarquistas, fosen

sindicalistas, individualistas ou anarquistas sen adxectivos, opúñanse a calquera das

definicións identitarias previas dos seus compañeiros inmigrantes. Seguindo un modelo

95

Page 96: pasto da dinamita

ideolóxico que coincidía no anticlericalismo, no rexeitamento das nacións e no

anticapitalismo, tentaban inculcarlle aos traballadores galegos unha conciencia de clase en

canto membros do proletariado internacional. Os radicais empregaban os xornais, as

cancións, o teatro, os clubes e as propias festas para predicar o seu evanxeo. Toda unha

constelación de símbolos, de rituais e de retórica co obxectivo de inculcar un senso de

identidade e de solidariedade entre os propios seguidores. Na vez de celebrar as festas

patronais ou nacionais, reivindicaban a toma da Bastilla, a Comuna de París e, naturalmente,

o Primeiro de Maio. Nesta última data, o Primeiro de Maio, celebrábanse xogos, picnics e

manifestacións durante as cales cantaban himnos revolucionarios, recitábase poesía e

facíanse representacións teatrais. As diferenzas culturais e raciais, xa que logo, foron

percibidas como unha das principais causas da fragmentación existente entre os

traballadores norteamericanos, e en tanto tales interpretadas como obstáculos para a

adquisición dunha conciencia de clase obreira.

O papel da identidade na relación dos líderes radicais coas respectivas comunidades

inmigrantes foi sempre un asunto complexo. Antes da Primeira Guerra Mundial, a maior

parte dos sindicalistas foron altavoces incansables do internacionalismo e de feito as

constantes alusións aos países de orixe non tiñan outra funcionalidade que a da localización

xeográfica e/ou lingüística, desprezando as que poderiamos definir como apelacións

nacionalistas. O seu “patriotismo” respondía á necesidade humana de contar con raíces

culturais e sociais, pero eles rexeitaban un compromiso incondicional co país de orixe.

Os anarquistas galegos e españois nos Estados Unidos tiveron que enfrontar especiais

dificultades como exilados e emigrantes. Estigmatizados polo seu respaldo inicial ao

terrorismo, viviron baixo constante vixiancia policial e deberon viaxar constantemente dun

país a outro. Acabaron por forxar redes de anarquistas que se expresaban en español para

poderen sobrevivir. Mediante o intercambio de subscricións puxeron en contacto os seus,

por veces efémeros, xornais nunha sorte de rede global. Isto facilitou o desenvolvemento

dun discurso, obviamente en español, de ámbito planetario que enfrontou nun acedo

combate aos seguidores do anarcosindicalismo cos libertarios opostos a calquera forma de

organización. Este foi un risco desterritorializado pero distintivo do anarquismo

hispanogalaico, unha ideoloxía expresada en español e sen límites xeográficos, que se

difundía canda a emigración. Iso sí, tanto os sindicalistas como os libertarios opuxéronse de

xeito vehemente ao nacionalismo e aos estados-nación, incluído, obviamente, o español.

Pero o certo era que as colectividades dos emigrantes, incluída obviamente a galega e a

española, era as areas, os escenarios se se quer, nas que se enfrontaban, pola supremacía,

96

Page 97: pasto da dinamita

unha variedade de ideoloxías hexemónicas e de oposición. E aqueles líderes anarquistas

peninsulares, que abandeiraban de xeito inequívoco, un cosmopolitismo radical e unha

perspectiva identitaria que defendía a diversidade e rexeitaba as xerarquías, non tiveron

outra opción que aprazar por algún tempo a rixidez discursiva do cosmopolitismo e valerse

das divisións identitarias, nacionais (que no de Panamá tamén serán raciais) para combater

a ameaza inminente que representaban os nacionalismos español e norteamericano e evitar a

desafección dos seus potenciais interlocutores, o colectivo de traballadores inmigrantes non

cualificados. Sexa como for, os radicais europeos no século XIX, a diferenza dos seus

contemporáneos norteamericanos, non distinguían entre grupos nacionais e étnicos senón

que empregaban a etiqueta nacional para ambos os dous. Para aclarar a diferenza entre

pluralismo e cosmopolitismo, David Hollinger ten advertido que mentres que o pluralismo

respecta as fronteiras herdadas e localiza aos individuos dentro dunha ou doutra das series

de grupos etnoraciais para seren protexidos e preservados, o cosmopolitismo é máis receoso

das estruturas tradicionais e favorece as asociacións voluntarias. Promove múltiples

identidades, salienta o carácter cambiante e dinámico de moitos grupos, e acolle con

entusiamo o potencial para crear novas combinacións culturais. O pluralismo ve no

cosmopolitismo unha ameaza para a identidade, mentres que o cosmopolitismo aprecia no

pluralismo unha resistencia provinciana para integrar os complexos dilemas e oportunidades

realmente presentes na vida contemporánea (Hollinger, 1995).

Na linguaxe dos filósofos e politólogos, a maioría dos anarquistas foron “cosmopolitas

arraigados”, pero as súas raíces estiveron limitadas pola súa vinculación ás culturas e

linguaxes nativas e non se extenderon aos estados-nación, porque eles non foron “patriotas

cosmopolitas”. Porén, para definir o punto de vista dos anarquistas sobre nacionalidade e

pertenza, e evitar unha eventual confusión coa utlización da terminoloxía alusiva ás nacións,

empregaremos o termo “cosmopolitismo radical” (Zimmer, 2010) .

Polo demais, as evidencias amosan que as características demográficas e culturais foron,

moi a miúdo, máis importantes para as comunidades inmigrantes específicas na

determinación dos límites do seu cosmopolitismo que o fracaso dunha parte dos anarquistas

para vivir segundo o seu ideal. Un factor salientable foi, sen dúbida, a importancia da

afiliación lingüística, na medida en que a linguaxe pudo actuar ben como unha barreira ou

como unha ponte entre os diferentes grupos de migrantes. O anarquista norteamericano

Harry Kelly advertía daquela que “foron as diferenzas lingüísticas as que separaron aos

grupos de distinta orixe nacional” antes que o nacionalismo ou a exclusividade étnica. A

evolución do anarquismo nos EEUU estivo moi influenciada polas línguas nas que se falaba.

97

Page 98: pasto da dinamita

Non é casual que o primeiro movemento italoamericano estivera estreitamente vinculado

aos curmáns “latinos”, os movementos de fala española e francesa. As afinidades entre estes

grupos tiñan que ver tanto coa semellanza lingüística como cun suposto temperamento

“latino” compartido. E os propios libertarios galegos insistiron en reiteradas ocasións nas

semellanzas que detectaban entre os traballadores hispanogalaicos e, sobre todo, os italianos,

non só pola proximidade cultural e/ou lingüística senón pola tradición compartida na

xeración de grupos ácratas, xornais bilingües e mesmo seccións sindicais de raíz étnica.

Pola contra, os vínculos entre os diferentes grupos lingüísticos establecéronse a través do

inglés. Non só foi o idioma que tiñan en común a maioría dos inmigrantes senón que tamén,

tal como o propio movemento anarquista, derivaba das raíces latinas e xermánicas. Porén, a

adquisición do inglés non foi unha tarefa doada. Moitos inmigrantes non foron quen de

aprendelo ou só o fixeron logo de moitos anos. E un movemento multiétnico completamente

integrado era imposible en tanto as súas partes constituíntes non se comunicasen unha coa

outra. Por iso enfatizaban tanto os anarquistas peninsulares na necesidade de que os

traballadores inmigrantes aprenderan inglés. Non era, como se pudera pensar, un factor que

facilitaría a súa “integración” na sociedade norteamericana porque para os libertarios a

substitución dun referente identitario de carácter estatal/nacional por outro non era algo

desexable. Do que se trataba era de favorecer a solidariedade, a unidade de acción se se

quer, de grupos humanos que se refuxiaban nos seus específicos lindeiros lingüísticos e/ou

socioculturais e que, actuando dese xeito, impedían a posibilidade dunha transformación

revolucionaria nos Estados Unidos. Pero que os principais líderes libertarios de orixe galega

fixeran ese esforzo, que se preocuparan de aprender inglés para manter unha relación fluída

cos seus correlixionarios italianos, rusos, alemáns, norteamericanos,... non garantiu en

absoluto que os traballadores inmigrantes galegos cos que interactuaban seguisen o mesmo

camiño. A realidade foi que moitos deses obreiros non cualificados nunca chegaron a falar a

língua do país porque sentíronse protexidos nos “ámbitos” latinos nos que podían falar en

español, ou mesmo en galego a imitación do que facían os sicilianos en relación aos

italianos, e porque, en última instancia, o carácter temporal da súa experiencia migratoria

non supoñía un beneficio tanxible para o custe que supoñía. 40

Porén, esta afinidade “latina” non estivo exenta de excepcións. Mentres que nos Estados

Unidos a promoción dunha identidade (moi táctica, iso sí) latina foi algo frecuente, no canal

40 Non temos datos concretos sobre o uso do galego entre os traballadores inmigrantes nos Estados Unidos, pero semella lóxico pensar que nas relacións persoais no traballo ou nos lugares compartidos de ocio fosen preferentemente en galego. O feito de que algún dos líderes do colectivo de fogoneiros, como Xan da Graña, empregase o seu nome galeguizado en todas as colaboracións xornalísticas non deixa de ser un dato significativo.

98

Page 99: pasto da dinamita

de Panamá, onde os colectivos de traballadores hispanogalaicos e italianos eran os máis

numerosos de entre os estranxeiros (se exceptuamos aos traballadores caribeños) as

circunstancias foron moi diferentes. Localizados nun contexto extremo de aillamento social

e xeográfico, ambos os dous grupos apenas deseñaron estratexias de colaboración (incluidos

os propios grupos ácratas alí constituidos) e competiron con dureza pola consecución dun

estatus superior tanto na ocupación dos cargos intermedios na relación laboral (os capataces)

como no nivel salarial. Malia que o discurso formal dos anarquistas establecía como

prioridade na súa actuación o exercicio da solidariedade, apenas tiveron relación os grupos

ácratas hispanogalaicos e italianos e en moi poucas ocasións se produciu unha actividade

reivindicativa conxunta.

Na zona do Canal os europeos do sur foron claramente clasificados como inferiores e isto

supoñía tanto un prexuízo racial como un prexuízo sobre nacionalidade, etnicidade, clase e

estatus imperial. Como homes “brancos” nunha nómina de prata normalmente reservada

para os negros, e como membros dun imperio que unha vez foi trunfante e que agora

contribuían á construción do canal, os traballadores hispanogalaicos sentíanse

profundamente liminais, atrapados entre diferentes mundos, imperios e razas.

A marxinalización dos peninsulares, estivo estreitamente vinculada non só á raza senón

tamén á nacionalidade e á súa posición nun mundo imperial. O antropólogo Victor Turner

desenvolveu o concepto de liminality na década de 1960 como unha vía para definir as

persoas, tipicamente outsiders, cuxa identidade é moi fluída. Estas viven nunha posición

contraditoria, a de ser, de xeito simultáneo, parte e non parte das estruturas existentes o que

as fai estruturalmente invisibles (Turner 1967: 98). O concepto de liminality axúdanos a

salientar tanto a mutabilidade da posición e identidade dos hispanogalaicos como o feito de

que estean asociados a varios factores, que foron á súa vez altamente fluídos: as políticas de

segregación racial e as inxustizas que experimentaron como resultado da aplicación

daquelas políticas; as identidades políticas e raciais que trouxeron canda eles dende España;

e o seu complexo estatus racial e imperial na zona do Canal. Os hispanogalaicos pousíron

unha identidade racial moi fluída, en canto foron considerados brancos ou non brancos

dependendo das circunstancias, e o desprazamento do seu estatus alimentou as súas

animosidades raciais. Ademais, tamén chegaron á zona do Canal como cidadáns dun imperio

e dun estado menosprezados polos EEUU. Estes elementos modelaron o estilo de vida que

experimentaron os peninsulares así como a natureza da súa resistencia. Como migrantes dun

imperio decadente a outro emerxente e como consecuencia das políticas aplicadas polas

autoridades norteamericanas, os traballadores españois atopáronse moi incómodos na zona e

99

Page 100: pasto da dinamita

repostaron con folgas, disturbios pola comida e protestas anarquistas.

Como os seus compañeiros traballadores, os propios libertarios peninsulares tamén

experimentaron esa posición cambiante, que os levaba a predicar a folga revolucionaria e a

acción directa para acabar coa súa situación de explotación e marxinalidade pero que, ao

tempo, tamén os conducía á xustificación da discriminación racial contra os seus

compañeiros de cór que procedían das illas do Caribe para salvagardar os seus “privilexios”

laaborais. Contradicindo o seu propio internacionalismo, o xornal libertario El Único facíase

eco da preocupación das masas de traballadores peninsulares pola ameaza que semellaban

representar os negros caribeños. Afirmando que “debemos erguernos cando nos reempracen

por negros”, o anarquista galego Bernardo Pérez argumentaba que o goberno xa comezara a

desenvolver o seu plan. Se os traballadores españois non actuaban unidos, os negros

caribeños, gradualmente, desprazaríanos e terían que abandonar o istmo. Outros

colaboradores desenvolvían temas similares. Un deles, nun ataque directo á nova táctica do

goberno en relación ao Canal, declaraba “Estamos marxinados. O Goberno americano

desprézanos”.41

Sen embargo, o certo foi que moitos anarquistas estiveron máis que dispostos a ofrecer

apoio, e nalgúns casos a arriscaren a vida, pola loita dos pobos cuxas línguas non podían

falar. Os moitos exemplos de “cosmopolitismo realmente existente” que podemos atopar na

historia deste movemento son un significativo testamento do potencial do cosmopolitismo

radical como unha vía para ollar o mundo e vivir dentro del.

O cosmopolitismo anti-nacional dos anarquistas estivo, por suposto, en desacordo cos

obxectivos do estado norteamericano no que eles vivían. Como advirte Ernest Gellner, “ Un

home sen unha nación desafía as categorías establecidas e provoca repugnancia” (Gellner,

2006). Na secuencia do asunto Haymarket de 1886, un escritor de The Atlantic Monthly

declaraba que os anarquistas “forman precisamente o elemento do que a civilización

moderna ten receado máis. Están por suposto coa sociedade dende que se sentaron as súas

bases. Rexeitan a xustiza e a convenencia de calquera institución existente”. Durante máis

de medio século o goberno norteamericano tentou erradicar a ameaza anarquista, tanto no

plano físico como no eido discursivo. Na época na que outros proxectos que apelaban ao

nacionalismo, incluindo o sionismo e o fascismo pero tamén, nunha escala moito menos

relevante, o españolismo (ou o hispanismo), competían coa americanización na conquista

das lealdades dos inmigrantes, diminuindo as posibilidades de que arraigara o

41 El Unico, Suplemento al número 1, 12/9/1911; P.V. (Police spy) to Chief of Police, 25/9/1911; F.H. Sheibley to Joseph Bucklin Bishop, 25/9/1911: ICC Records, 2-P-59.

100

Page 101: pasto da dinamita

cosmopolitismo. Porén, nunha etapa na que abrollaba unha nova fase de globalización que

minaba a autoridade e a soberanía dos estados, os migrantes anarquistas amosaron

novidosos exemplos históricos de formas alternativas de identidade colectiva e

autoidentidade desligadas dos proxectos nacionais, do estado-nación e das xeraquías raciais.

Unha variable crucial na construción da identidade que acometeron as colectividades

inmigrantes nos Estados Unidos ten sido a intensidade da presión exercida pola etnocultura

dominante sobre delas. Unha intensidade que non sempre foi a mesma senón que mudou co

paso do tempo e, tamén, en función do grupo inmigrante de que se tratara.

Momentos particulares de crise social, como por exemplo as guerras e as depresións

económicas, adoitaron seren períodos de invención intensificada da identidade. Co aumento

das esixencias de lealdade e conformidade ás normas “americanas”, os grupos de

inmigrantes respostaron afirmando e demostrando a compatibilidade da súa etnocultura cos

seus ideais nacionais. Durante tales períodos de crise de identidade (crise para a sociedade

ampla pero tamén para os grupos de inmigrantes que tentaban afirmarse) a renegociación da

identidade convértese nunha cuestión da máxima urxencia. Pero, como é o proceso no que

se desenvolve esa reconstrución?

Para respostar a esa cuestión fulcral, Touraine (2009) propón tres criterios analíticos. En

primeiro lugar, que a identidade dun movemento social ten que establecerse na práctica

mesma, no conflito mesmo (o que el denomina como principio de identidade). En segunda

instancia, estaría o principio de oposición, por medio do cal o actor pode dar unha definición

daquelo ao que se enfronta, aquelo, ou aqueles, fronte ao que afirma a súa identidade. o

poder e a política, no senso máis amplo, sexa no interior dos grupos sexa nas súas relacións

externas cos “outros”, son pedras basilares para a formación e conservación da identidade.

Tanto o principio de identidade como o de oposición aparecen no seo dun conflito social. A

presenza das desigualdades sociais posibilita que xurdan conflitos nas sociedades modernas.

E arredor deses conflitos xurden actores que reclaman unha identidade e definen aquelas

forzas que, ou ben lles impiden constituir plenamente a súa identidade, ou tratan de minar

esa identidade (Touraine, 2009). A contestación é, pois, un elemento central da construción

identitaria, porque permite definir o que son os “outros” (na viciñanza inmediata ou nun

contexto universal) ou se se quer, “aquelo que non é o grupo”. E definindo o que non se é

estanse sentando as bases, por pasiva, para explicar o que se é, o que somos, en última

instancia quen somos “nós”. O terceiro criterio do que fala Touraine é o de totalidade, o

principio que axuda a identificar ao actor dos movementos sociais.

Orabén, establecidas as liñas básicas dese proceso o que toca agora é integralos, estabilizar

101

Page 102: pasto da dinamita

un campo de relacións entre estes elementos, dotalos dun carácter verdadeiro, crear un

senso de verdade, de obxectividade, que lexitime aos movementos sociais ante sí mesmos

como actores e, ao mesmo tempo, que lle neguen todo tipo de lexitimidade ao opoñente. E

iso é unha función específica da ideoloxía.

Noutras palabras, mediante a construción ideolóxica, os movementos sociais pretenden

identificar os seus propios intereses (cos da totalidade do sistema de relacións sociais) ao

argumentar que as metas que persiguen e os valores que sustentan son universais e que

corresponden a todos os membros da sociedade e non só aos do movemento social. Ao

mesmo tempo, ao soster que o adversario é o principal obstáculo para acadar esas metas e

implementar eses valores universais, o adversario queda despoxado de toda identidade social

lexítima, pois aparece precisamente como nemigo da totalidade social.

Na medida en que o actor colectivo se considera a sí mesmo como o único intérprete desa

totalidade, adxudícase toda unha serie de atributos positivos en termos culturais, políticos e

morais. Pola súa banda, ao adversario adxudícanselle atributos negativos e, nese senso, é

considerado como o obstáculo principal para a realización das metas sociais e a satisfacción

das necesidades xerais. A identidade colectiva, xa que logo, habería que entendela como o

proceso de construción de definicións compartidas da situación social, que lles permiten aos

individuos involucrados en dito proceso avaliar a situación e unirse á acción colectiva

(Melucci, 1996).

Agora ben, no caso dos anarquistas galegos, cales foron eses atributos positivos que

aparecían no seu discurso e na súa prática, cos que tentaron atraer a aquela colectividade de

traballadores inmigrantes non cualificados, tanto nos Estados Unidos como en Panamá, cara

unha identidade internacionalista e cosmopolita? E cales os elementos de contestación e de

confrontación, aqueles que, na realidade máis próxima ou no marco planetario, constituían

un obstáculo para a conformación desa identidade anceiada?

Ben, de primeiras temos que dicir que anque as propostas identitarias promovidas polos

libertarios galegos nos dous espazos xeográficos foron moi semellantes, o diferente contexto

socio-laboral e xeográfico determinou que as súas manifestacións práticas fosen diferentes.

Mentres que nos Estados Unidos, os traballadores galegos inmigrantes enfrontaron

inicialmente, xunto con outros colectivos estranxeiros, a complexa interacción entre

nacionalismo e intereses de clase na forma dunha oposición amplamente extendida por parte

dos traballadores nativos, baixo a constante ameaza de expulsión e privados da protección

das organizacións obreiras locais e ignorados a miúdo polos sectores máis prominentes da

colectividade hispanogalaica, en Panamá, onde a presión nativista e/ou nacionalista española

102

Page 103: pasto da dinamita

non existiu, os traballadores galegos víronse enfrontados con outros colectivos estranxeiros

(italianos, gregos e caribeños) pola preponderancia laboral e salarial e, paradoxalmente,

foron eles quen desenvolveron actitudes racistas fronte aos traballadores da área do Caribe

como xeito de salvagardar o seu estatus e de manter a cohesión identitaria grupal.

Nos Estados Unidos, o racismo da clase obreira nativa excluiu, dende un primeiro

meomento, calquera posibilidade de integración voluntaria nos movementos obreiros locais

para os traballadores estranxeiros que non eran anglo-celtas. Xa que logo, a integración que

acadaron os inmigrantes galegos e españois nas organizacións obreiras foi o resultado dun

explícito e vigoroso desafío do “nacionalismo proletario” dirixido por líderes propios no

nome do internacionalismo obreiro.

Porén, o acontecemento singular máis importante que estimulou a integración dos

traballadores galegos nos movementos obreiros do exterior foi o éxodo de líderes radicais,

ben como consecuencia da emigración ou como consecuencia represión desatada contra

deles no Estado español. Estes dirixentes asentáronse nos mesmos espazos dos inmigrantes

galegos e experimentaron de primeira man a dureza e o aillamento dos seus compatriotas.

Xa que logo, os novos exilados convertéronse en radical ethnic brokers que vincularon aos

traballadores galegos coas organizacións obreiras locais, cuestionando a xenofobia dos

activistas nativos e, en consecuencia, animándoos a abrazar o internacionalismo proletario.

Naqueles sectores laborais, onde os movementos obreiros nativos eran pequenos ou

inexistentes, os radicais españois e galegos traballaron xunto con outros traballadores

inmigrantes para poñer en marcha dinámicas societarias que se estableceron e afortalaron a

través, xeralmente, de liñas anarquistas ou sindicalistas.

Baixo o nome de internacionalismo puxéronse en marcha moitos tipos de alianzas. Algunhas

foron iniciativas transnacionais (dun grupo particular, como foi o caso dos traballadores

galegos no canal de Panamá); outras foron alianzas multiétnicas que compartían un

obxectivo común anque fose nacional (Gabaccia 1994: 72). E aínda outras foron

movementos multiétnicos e multinacionais que traballaban para acadar os seus anceios

supranacionais (por exemplo, os traballadores galegos do mar, afiliados, a través das súas

seccións étnicas na MTW-IWW)

Un exemplo ben explícito desa hostilidade laboral e dun indisimulado racismo foi o que

padeceron os traballadores galegos no porto de Nova York, cando aos inmigrantes irlandeses

entenderon que a presenza dos galegos, dos italianos ou dos polacos podían cuestionar o seu

estatus de grupo dominante.

Dende principios da década de 1900, a Cunard Line, a White Star e outras grandes

103

Page 104: pasto da dinamita

compañías navieiras europeas atracaban os seus grandes buques de pasaxeiros nos peiraos

de Manhattan, tanto no río Hudson como no río do Norte. Alí, aproximadamente dous mil

homes traballaban en grupos estables e gañaban salarios que superaban a media do sector. O

peirao 60 da White Star era único a este respecto. Por tradición era un lugar onde os grupos,

integrados exclusivamente por irlandeses, traballaban regularmente todo o tempo e podían

gañar un importante salario.

Pero cando viron ameazado o seu monopolio, os estibadores e os mariñeiros desa

nacionalidade – apoiados polas comunidades irlandesas de West Village e Chelsea –

combateron desesperadamente para defender o seu estatus de territorio. Un conflito que

arreciou aínda máis durante a folga portuaria de 1907, cando os donos das navieiras

contrataron esquirois latinos en todos os peiraos do río do Norte, incluído o peirao 60, para

substituir aos traballadores irlandeses en paro. Malia todo, co paso do tempo, os galegos, os

italianos e outros latinos acabaron por gañar un lugar propio, se ben marxinal, nestes

peiraos, primeiro como cargadores de carbón e logo como estibadores regulares. E iso que,

no discurso dos irlandeses, os latinos amosábanse, supostamente, “dóciles” e indefensos

fronte aos capataces da “súa raza”; unha actitude que non debía ser allea ao feito de que

fosen estes últimos quen controlaban o acceso ao traballo e de que, cunha conduta propia

das redes mafiosas, esisixen o pagamento regular dunha parte dos salarios dos outros

traballadores en concepto de cota de proteción.

Con todo, os irlandeses nunca aceptaron a presenza dos outros colectivos inmigrantes.

Carolina Ware, autora dun pioneiro estudio etnográfico sobre a vida obreira en Greenwich

Village, salientaba que aínda a principios da década dos trinta os estibadores latinos non

podían usar o local de descanso destinado a eses traballadores (longshoremen´s rest),

porque aquel lugar estaba cheo de irlandeses dispostos a botalos fóra (Ware, 1994). E por

enriba de todo, eles aínda non eran brancos. Como nos lembra John Higham, en todas as

rexións dos Estados Unidos,

“os nativos e os traballadores procedentes do norte de Europa autodenominábanse como

´homes brancos` para distinguirse dos europeos do sur que chegaron despois... En todas

as rexións, os negros, os orientais e os europeos do sur aparecían cada vez máis como

unha figura común” (Higham, 1970).

E o prexuízo seguíu arraigado durante moito tempo. Aínda en 1913, o delegado da Unión de

104

Page 105: pasto da dinamita

Fogoneiros no porto de Boston, o galego Genaro Pazos, queixábase con acedume,

“Os anglosaxóns chámanse eles mesmos brancos e aos estranxeiros chámannos negros,

pero os brancos continúan ocupando os seus postos e os negros abandónanos para loitar

como homes; deixádeme ser negro e loitar como un home”.42

Para os estibadores irlandeses, a súa posición de homes brancos outorgáballes, anque

limitados, diversos privilexios: un acceso doado aos empregos cualificados - por exemplo,

como supervisores - no porto; unha ocupación contínua (malia que precaria) nos mellores

peiraos e un senso de superioridade que pudo ofrecer algunha gratificación síquica en

momentos puntuais, pero tamén un senso de vulnerabilidade, ou mesmo de traición, pouco

tempo despois (Frazier, 1965).

Porén, a hostilidade que amosou a AFL cara o socialismo, o internacionalismo e os

traballadores non cualificados, xunto coa súa persistente oposición á inmigración libre,

complicou a integración dos traballadores procedentes da Europa do sur na principal

corrente obreira. Por iso foi que o activismo obreiro hispanogalaico floreceu inicialmente

fóra da AFL. Na IWW (de xeito especial, entre os traballadores do mar) e na comunidade

radical e internacionalista da colectividade inmigrante de Ybor City (Florida), os radicais

españois e galegos tiveron un protagonismo notable e grazas a esa presenza conseguiron que

a IWW e algúns outros sindicatos aceptaran as súas demandas de autonomía, expresada na

incorporación a través da segmentación étnica.

Pero se o desafío ao nacionalismo proletario foi unha constante que obrigou a deseñar

alternativas organizativas orixinais nas que sempre primou a perspectiva internacionalista

ou, alomenos, multiétnica e que, pola vía da oposición, aloumiñou a semente dunha

identidade internacionalista, os líderes libertarios galegos tamén houberon de combatir outro

desafío identitario poderoso. O que planteaba o nacionalismo español da diáspora, disposto a

liderar e a hexemonizar as comunidades peninsulares (española e galega) inmigrantes. E ese

enfrontamento foi especialmente agudo a partir dos primeiros anos da década de 1910.

Hai que dicir que, nun primeiro momento, fundamentalmente, durante as dúas primeiras

décadas do século XIX, en canto a interacción dos angloparlantes produciuse cunha minoría

de españolfalantes de clase alta ( e brancos) que tiñan importantes intereses comerciaiss e

que mesmo controlaban os portos, non houbo problemas de relación e esa poboación nunca

foi percibida como un elemento alóxeno. Non por azar, o primeiro xornal en español, 42 “De nuestros corresponsales. Mítin monstruo”, Cultura Obrera, Nova York, maio 1913.

105

Page 106: pasto da dinamita

editado en Estados Unidos, era un diario comercial (El Misissipi,1808), con publicidade en

inglés e artigos traducidos a este idioma.

Pero esta fluidez non deixaba de ser unha miraxe. Malia os crecentes vínculos económicos

que uniron ás elites, para moitos norteamericanos a imaxe popular dos españois construiuse

en base á asunción de importantes prexuizos. España era percibida como un Estado

dexenerado, controlado por unha cruel Inquisición católica,gobernado por unha monarquía

corrupta e que presentaba unha economía atrasada (Offner, 1998). O controvertido

afundimento do acoirazado Maine e o inmediato estourido da guerra hispano-

norteamericana non fixeron máis que agravar esta percepción popular. A partir dese

momento, os inmigrantes españois pasaron a seren considerados como nemigos interiores,

como unha quinta columna na retagarda, e esa situación inesperada percibiuse con temor

entre a colectividade inmigrante, non tanto pola inevitable derrota, como pola posibilidad de

convertírense nos obxectivos inmediatos dunha nova onda de nativismo.

Fose como fose, o certo é que aquel estereotipo positivo no que se recoñecían os membros

máis acaudalados da elite se viu modificado de inmediato e, dende entón, os inmigrantes

españois pasaron a compartir, xunto a italianos e portugueses o despectivo calificativo de

dagoes ao tempo que, para desesperación dos ideólogos da españolidade, no ano 1907 unha

comisión do Senado norteamericano non dubidou en incluir aos inmigrantes procedentes do

Estado español no grupo dos “indesexables”.

Como en calquer período de crise de identidade - tanto para a sociedade en xeral como para

os colectivos de inmigrantes – os españois privilexiados deberon proceder entón, coa

máxima urxencia, á renegociación da súa identidade. Deberon revisar tanto a retórica como

os símbolos e os rituais empregados ata daquela para poder así superar o “exame” imposto

pola sociedade nativa e, ao mesmo tempo, protexer os valores centrais da súa etnocultura

minoritaria dado que, en xeral, para os norteamericanos, as identidades locais e/ou rexionais

tiveron unha importancia significativa nas súas relacións domésticas. Con todo, ese matiz

raramente se extendeu ata permitir a visualización das comunidades estranxeiras que,

habitualmente, foron percibidas como un conxunto relativamente uniforme ou, no mellor

dos casos, acabaron agrupadas como categorías etnonacionais simples. Así, mentres que os

galegos simplemente non existían, os españois podían seren etiquetados como católicos (ao

mismo nivel que italianos, poloneses ou irlandeses), como mediterranean ou southern

european, como radicais,... pero case nunca como “españois”.

Para enfrontar esa ausencia de visibilidade social, a elite inmigrante apostará firmemente,

106

Page 107: pasto da dinamita

dende os primeiros anos do século XX (se ben será nos anos dez cando acabe de perfilar a

súa proposta de reconstrución identitaria) por extender o seu ámbito de actuación ao

conxunto da comunidade “hispanoamericana”, na búsqueda dunha cobertura social máis

ampla que lle permitise renegociar a súa identitade constitutiva nas mellores condicións

posibles. A fundación do semanario La Prensa en 1913 representa un punto de inflexión

relevante nesta nova etapa. O semanario, que naceu como un intento de vertebración da

comunidade hispana, como un “espejo en el que se miren todos los hispanos”, acabou por

converterse nun instrumento para defender “la reputación colectiva y los valores hispanos”.

Impulsado polos sectores máis conservadores da colectividade (comerciantes, xornalistas,

pousadeiros, etc.) e patrocinado polo Consulado español, a aparición de La Prensa marcou

un punto e aparte na promoción da boa imaxe do español, e do hispano.

Abondarán, a partir de entón, as referencias na prensa da colectividade inmigrante que

procuran resaltar o prestixio do propio grupo étnico, mediante a exaltación dunha

contraimaxe do bo inmigrante que invertía os termos e atributos do estereotipo negativo

(Seixas, 2001). Mediante os exemplos de ascenso social aspirábase a dignificar ao conxunto

da colectividade inmigrante, destacando a súa importante contribución á industria, ao

comercio, ás artes, ás letras ou ás actividades sociais e culturais, de

“(...) aquellos miembros de esta colonia (en su mayoría, gallegos) que por su sagacidad,

capacidad y persistencia consiguieron triunfar en la pavorosa lucha de la existencia. Son

pocos, es verdad, pero no tan pocos que no responda el número a una proporcionalidad

análoga a la conseguida por los gallegos en los demás países (...) donde contaban para el

triunfo con elementos tan poderosos como el dominio del lenguaje y la ayuda del

hermano en raza y en sentimiento”.43

Nesa busca, un tanto desesperada, da lexitimación que contribuíse a dar unha maior

preponderancia social ao grupo, o papel da prensa étnica resultou trascendental. Porque nas

páxinas dos escasos xornais que se publicaban en español deberían aparecer as imaxes e

representacións positivas da comunidade inmigrante: dende a recuperación de antigos

inmigrantes notables que facía moito tempo se distanciaran da colectividade, e comezaran

un proceso de asimilación irreversible, ata a reivindicación das glorias históricas de España

(e, se viña a conto, de Galicia) como vía de prestixio e de distinción ante a sociedade

norteamericana.43 El Eco de Galicia. Entrevista a Jaime Vilar Lago (28/8/1929).

107

Page 108: pasto da dinamita

Aínda con todo, o grupo dos notables de orixe español tivo grandes dificultades para impór,

como propios, deteminados símbolos ou marcas étnicas que servisen para soldar a

colectividade inmigrante. Ese foi o caso, por exemplo, do intento de transformación dunha

data tan simbólica como era a do Descubrimento colombino - o 12 de outubro – nunha

celebración étnica específica (a Fiesta de la la Raza ). Algo que finalmente non pudo facer

deica ben entrado o século XX, ata o ano 1922, e logo dunha tensa confrontación coa

colectividade italiana que, grazas á presión exercida por unha sociedade benéfica católica de

inmigrantes italianos, The Knights of Colon, conseguira, xa en 1909, a declaración desa data

como festiva no estado de New York. Significativamente, a incorporación da colectividade

española á celebración pública do do desubrimento veu da man dunha organización

macroterritorial de ámbito galego, o Centro Gallego, que fora fundado en 1920. Así o

recoñecían os propios convocantes,

“La Fiesta de la Raza ha sido hasta este año, la fiesta de la colonia italiana (...). Al lado

de este entusiasmo contrasta la pasividad de la Colonia Hispana de este país, de las

sociedades hispanas, de los directores de opinión hispana: apenas alguna que otra

sociedad se atreve a celebrar uno que otro baile (!) para conmemorar el hecho más

importante de la hispana historia (...). Esta es la forma en que el “Centro Gallego, Inc.”

de Nueva York realizó el acto más significativo de cuantos marcaron en esta metrópoli

la fecha del descubrimiento de América; cabiéndole la honra de haber sido la primera

sociedad hispana que lleva a cabo un acto público en memoria del Colón español, del

Colón gallego, idea esta que, aún entre los norteamericanos mismos, va abriéndose paso

poco a poco (...).44

Pero si é certo que esa afirmación identitaria en positivo se constrúe sobre a base da

interacción – conflitiva e contraditoria – coa sociedade de acollida, tamén é certo, quizáis

en maior medida aínda, que os límites de referencia, os “outros”, que acabarán sendo

verdadeiramente determinantes nese trance de identificación son aqueles que están presentes

no interior da mesma colectividade inmigrante. Ao igual que noutras comunidades, o

discurso de afirmación étnica das elites intelectuais e comunitarias da colectividade

española, integradas na súa maioría por profesionais, periodistas, comerciantes e industriais,

deixou moi pouco espazo para a reivindicación dos obreiros non cualificados. O desprezo

44 “Desde New York”, El Eco de Galicia. 19/11/1922.

108

Page 109: pasto da dinamita

da elite pola vida dos traballadores inmigrantes transformábase nun aberto e elitista

alonxamento, cada vez máis explícito, revestido de orixinais motivacións patrioteiras

españolistas (Seixas, 2001).

Asemade, nun momento tan crítico para a ansiada – e necesitada - reconstrución identitaria,

a elite debeu proceder á revisión dalgunhas actitudes precedentes se quixo incorporar novas

forzas á súa iniciativa; por exemplo na relación – e na imaxe que transmitira- cos sectores

operarios. Finalmente, enxalzar as virtudes do colectivo tamén supoñía, dalgún xeito,

reinventar aos obreiros e traballadores españois menos cualificados. Había, por tanto, que

revalorizar a súa función, invertir o estereotipo negativo que adquirira (fundamentalmente

nas relacións intraétnicas, dito sexa de paso). Unha cousa era que aqueles inmigrantes fosen

ignorantes e outra que non pudesen ser considerados como homes traballadores e honestos.

Dende esa visión paternalista abondaron as louvanzas ao esforzo e ao tesón dos

traballadores, como a que o xornalista galego Jaime Solá dirixía aos seus coterráneos,

“La colonia gallega de New York no pertenece, en realidad, a la clase de las colonias

poderosas. No lo es por el número ni lo es por el dinero. Casi todos sus miembros

militan en las huestes tostadas que en el vientre de los buques arrojan su pasto negro en

el estómago de las máquinas; son, para decirlo con más claridad, humildes y

trabajadores fogoneros. (...) En New York, como en todo el mundo, los gallegos se

distinguen por la humildad, por el trabajo y por la adaptación a las más complejas y

difíciles ocupaciones. Y sobre todas las cosas por el amor a la patria chica.45

Pero ao mesmo tempo que se desenvolvía este proceso de (re)construción identitaria

procedíase a trazar unha nova liña divisoria, a que se establecía entre bos e malos

inmigrantes. A estes últimos recriminábanlles permanentemente os danos que causaban, coa

súa actitude, ao prestixio de Galicia e, sobre todo, ao de España. Tanto as autoridades

consulares, que fustigaban, tanto como temían, o xornal sindicalista Cultura Obrera – e por

extensión a todos os sindicalistas e anarquistas da colectividade – cos calificativos habituais

de “escoria” e/ou “deshonra de la colonia española” - como os dirixentes das institucións

mutualistas, preocupados polas dificultades que planteaban para acometer a unidade

“patriótica” da colonia.

A clase foi, xa que logo, un límite interno establecido pola elite para a renegociación

identitaria. O obreiro conscente, por radical, converteuse nun referente negativo simbólico

45 Jaime Solá. “Los gallegos en New York”. Vida Gallega. Nº 57, 1914

109

Page 110: pasto da dinamita

máis que poderoso na pretensión de dotar de cohesión á colectividade española imaxinaria.

Máis aínda que a agresividade do nativismo ou a interacción conflitiva con outros colectivos

de inmigrantes.

Se o nacionalismo español da diáspora e o “nacionalismo proletario” foron os dous

principais referentes de oposición que empregaron os libertarios galegos para atraer os seus

compatriotas inmigrantes cara os principios de internacionalismo e do cosmopolitismo,

tamén houbo outros referentes positivos, de afirmación, que estiveron presentes nesa

reformulación do discurso identitario. Algúns deles foron os tradicionais no discurso

anarquista: o valor da educación e da cultura; a solidariedade, o ámbito latino de actuación,

o rexeitamento da autoridade, a crítica feroz do Estado e da Igrexa,...

Pero os ácratas tamén botaron man doutros recursos, quizais menos conscentes, que

hipoteticamente contribuiron a xerar identidade e que non necesariamente implican un

compromiso ideolóxico común: a lealdade; a conciencia de avangarda (cutting edge); os

estilos particulares de acción, tales como a desobediencia civil ou o emprego da violencia, as

“emocións” en fin de contas (Jasper, 1997).

As identidades colectivas tamén se basean no que podemos denominar como afinidades

tácticas, as que expresan ademais unha determinada forma de acción (Clemens, 1997). En

moitas ocasións, a identidade compartida non foi tanto a expresión dun complexo entramado

conceptual senón de aspectos que estaban vinculados ás propias vivencias persoais dos

traballadores e dos activistas, como podían ser o simple “gusto” por certas tácticas, máis alá

de que fosen eficaces para a consecución dos obxectivos externos formais. Algunhas persoas

poden amosárense fachendosas das súas tácticas e demandas pero outras, pola contra, poden

facelo expresando posicións de avangarda ou “radicais”. Algunhas poden sentírense a gusto

permanecendo dentro dos lindeiros da legalidade e outras superándoos.

En realidade, a resposta ao interrogante identitario básico, “quen somos nós”, non tén por

que expresarse como unha cualidade ou un nome. Unha resposta igualmente pertinente

podería ser “nós somos as persoas que facemos este tipo de cousas neste momento

particular”. O importante para comprender as eleccións tácticas dentro dos movementos é

saber como operan as diferentes identidades que interaccionan no seu interior e detectar o

grao de influencia de cada unha delas.

E atendendo a esa necesidade táctica, os activistas poden identificar, nun primeiro

momento, esa identidade cun movemento organizado, a afinidade do grupo, o estilo de

protesta ou o grao de moderación e/ou de radicalismo.

Aínda máis. Unha dimensión crucial nesa (re)construción identitaria reside, como toda

110

Page 111: pasto da dinamita

acción colectiva, na esixencia dun investimento emocional, dun senso de pertenza á

comunidade que non está baseado en ningún cálculo previo. Esta dimensión é crucial, pois si

os actores só se involucraran na acción colectiva mediante o cálculo custe-beneficio, a

permanencia do movemento social no tempo veríase en perigo. É por iso polo que sen a

existencia dunha comunidade emocional non se pode garantir que a identidade colectiva se

convirta, en sí mesma, en algo non negociable e, xa que logo, permanente (Melucci, 1996).

Pero, foron acaso as comunidades de traballadores galegos inmigrantes nos Estados Unidos

e no canal de Panamá, comunidades emocionais?

Non é doada, aínda hoxe, unha resposta precisa a esta cuestión. Entre outras cousas porque,

como acontece en case todos os procesos migratorios do primeiro terzo do século XX, non

coñecemos a opinión dos protagonistas directos: os traballadores. Alonxados de calquera

tentación documentalista polas súas carencias educativo-culturais de partida, limitados na

súa relación epistolar coas familias do país de orixe polas características de temporalidade e

aillamento que caracterizaron a súa actividade laboral, marxinados dos medios de

comunicación do país de acollida, caso dos Estados Unidos, porque ou ben non existían para

eses medios (como apenas existían os españois) ou, caso da zona do Canal, porque non eran

percibidos máis que como unha masa informe que só acadou certa persoanlización cando se

transformou nun fermento de conflitividade; os traballadores galegos son esfinxes vivintes

que só acaban por expresárense a través das voces dos líderes que teimaban na súa

conversión a un ideal internacionalista e cosmopolita ou por boca dos membros máis

prominentes das colectividades emigrantes, para desvalorizalos e instrumentalizalos para

facilitar a súa integración na sociedade de acollida como grupo privilexiado.

Porén, algo podemos intuir. Primeiro, semella difícil aceptar que un colectivo de

traballadores non cualificados, marxinados (tanto na sociedade de acollida como no seo da

colectividade inmigrante), acuciados pola explotación e polas brutais condicións laborias,

como foron os galegos, pudese sentirse vinculado á retórica anarquista de xeito

incondicional. As admonicións que algúns dos líderes anarquistas, sindicalistas ou

indiviudalistas, lle dirixiron falan dunha distancia ideolóxica significativa e das dificultades

que tiveron os libertarios galegos para atraer aos seus compatriotas cara a utopía libertaria.

Abonda ollar para a indignación coa que Jesús Loúzara se dirixía aos seus coterráneos na

zona do Canal e a linguaxe incendiaria que adoptaba para fustigalos, para comprender as

limitacións para a penetración do seu discurso,

“Pueblo ignorante, levántate; no continúes por más tiempo metido en ese fango (…).

Pueblo vilipendiado; no permanezcas más tiempo siendo masa, reata, autómata y

111

Page 112: pasto da dinamita

borrego”.46

Ou a crítica que un sindicalista como Xan da Graña emitía contra a apatía dos seus

compañeiros que traballaban nos barcos norteamericanos e, xa de paso, para resaltar as súas

deficiencias intelectuais,

“Tan poco idealistas sois que aún falta la primera iniciativa que haya salido de vosotros,

todo el trabajo lo dejáis en manos de una pequeña minoría (…). Lamento todo esto, que

yo sé que es debido a vuestra escasa inteligencia, pues hay un buen número que no

saben leer ni escribir”.47

Malia que outros anarquistas preferían adoptar un ar a medio caniño entre filosófico e

resignado e situar nun futuro imprevisible os froitos do traballo de concienciación e

adoutrinamento no que tantas enerxías investían,

“(...) nós temos que ser pacientes porque esta educación é un proceso lento e gradual.

Pode pasar outro século antes de que a xente entenda realmente o verdadeiro signfiicado

do anarquismo. Non podemos desanimarnos”(Avrich, 1995).

E Manuel Rey dicía isto con toda a experiencia de quen levaba moito tempo na loita por

unha sociedade se explotación, porque era un home de 90 anos.

Porén, a resposta non é tan doada. Porque eses traballadores incapaces de asimilar a retórica

idealista do anarquismo, reacios á comprensión das virtudes do internacionalismo e pouco

motivados para ollar o mundo desde os outeiros do cosmopolitismo, seguiron aos seus

líderes en folgas terribles que supuxeron despedimentos, deportacións e violencia; encheron

rúas e prazas cando foron requeridos para paralizar a execución de dous anarquistas

inmigrantes italianos, asistiron a bailes, conferencias e obras de teatro que se desenvolvían

nos Centros de Estudos Sociais; espallaron xornais e revistas de orientación libertaria e

contribuiron cos seus salarios axustados á difusión da prensa e da literatura anarquista tanto

en Galicia como no resto do Estado e axudaron como puderon nas campañas de

solidariedade en prol dos represalidados polo Goberno e pola patronal, en Galicia.

Só na comunidade emocional podemos atopar unha xustificación para este comportamento.

Onde non chegou o discurso teórico, apareceu o sentimento de camaradería, a solidariedade

46 Jesús Loúzara, “Latigazos a la masa”, Tierra y Libertad, nº 105, 17/4/1912, p. 447 Xan da Graña, “Crónica de los fogoneros”, Cultura Obrera, nº 8, 22/2/1912

112

Page 113: pasto da dinamita

intiuitiva cos marxinados (como eles) e cos perseguidos (como eles, tamén), a compartición

da dureza da vida na emigración, na que todos eran iguais, ou a apelación á violencia,

compartida, cando a desesperación non atopaba outros camiños para abandonar os corpos

maltratados. Atrapados nun dilema identitario do que eles non foron protagonistas, os

traballadores galegos nos Estados Unidos e na zona do Canal de Panamá optaron por

achegarse aos máis próximos, a aqueles que malia a súa frustración, endexamais os

abandonaron. Con eles, presumiblemente, forxaron unha identidade colectiva e compartida

que modificou, ao cabo, moitos dos seus comportamentos e actitudes e que, quizais, só

pudemos percibir con ocasión do retorno ao país. Cando esa chovisca identitaria abrollou

nunha conciencia máis racional, a que levou, nos anos da Segunda República, á colleita dun

proxecto de sociedade máis igualitario e progresista.

BIBLIOGRAFÍA

Xornais e revistas

Boletín del Consejo General de Emigración

Brazo y Cerebro (Nova York)

Cultura Libertaria (O Ferrol)

Cultura Obrera (Brooklyn)

Cultura Proletaria (Brooklyn)

El Socialista (Madrid)

El Único (Gatún - Panamá)

The Canal Record (Panamá)

The New York Times (Nova York)

113

Page 114: pasto da dinamita

¡Tierra! (A Habana)

Tierra y Libertad (Barcelona)

Libros e artigos

Aguirre, Sergio . Historia de Cuba, vol 1. La Habana: Editora Pedagógica, 1966

Alonso, Bieito. Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York

(1900-1930). Vigo: A Nosa Terra, 2006

–, “Migración y sindicalismo. Marineros y anarquistas españoles en Nueva York (1902-1930)”.

Historia Social: UNED Alzira, 54, I, 2006, pp. 113-136

American Deportation and Exclusion Laws. A Report Submitted by Charles Recht (avogado de

Frank López), Counsel to the N.Y. Bureau of Legal Advice, January 15, 1919

Arnesen, Eric/ Greene, Julie/ Laurie, Bruce. Labor histories: class, politics, and the working class

experience. University of Illinois Press, 1998

Avrich, Paul. The Modern School Movement. Princeton: Princeton University Press. 1980,

– , Sacco e Vanzetti: The anarchist background.. Princeton: Princeton University Press, 1991

– , Anarchist Voices. An oral History of Anarchism in America, Princeton: Princeton University

Press, 1995

Bach Jensen, Richard. “The United States, International Policing and the War against Anarchist

Terrorism, 1900-1914”, pp. 369-400, in Terrorism. Critical concepts in political science; David C.

114

Page 115: pasto da dinamita

Rapoport (ed.); New York: Routledge, 2006.

Bernal, Antonio. Historia General de la emigración española a Iberoamérica. Madrid: Mapfre,

1992

Burnett, Paul. The Red Scare,

http://www.law.umkc.edu/faculty/projects/ftrials/SaccoV/redscare.html

Clemens, Elisabeth. The people's lobby: organizational innovation and the rise of interest group

politics in the United States, 1890-1925. University of Chicago Press, 1997

Cole, Peter. Wooblies on the Waterfront. Interracial unionism in Progresive Era Philadelphia,

University of Illinois Press, 2007

Conniff, Michael. Black Labor on a White Canal: Panama, 1904-1981. University of Pittsburgh

Press, 1985

Cornish, Vaughan The Panama Canal and its Makers. Londres: T. F. Unwin, 1909, pp. 108-110

Díez, Xavier. El anarquismo individualista en España (1923-1939). Barcelona: Virus Editorial,

2007

Esteve, Pedro. Memorándum a los Anarquistas de España y Cuba.. Paterson (New Jersey): El

Despertar, 1900

Frazier, Franklin E. Race and Culture. Contacts in the Modern World.. Boston: Beacon Press, 1965

Gabaccia, Donna R. "Worker Internationalism and Italian Labor Migration, 1870-1914,"

International Labor and Working-Class History, 45, primavera 1994, pp. 63-79.

–, Italy´s many diasporas. University of Washington Press, 2000

Gabaccia, Donna R./ Ottanelli, Fraser M. Italian workers of the world: labor migration and the

formation of multiethnic states. University of Illinois Press, 2001

García Borrazás, Carolina. “ A Canle de Panamá (1904-1914): outro contexto da emigración

galega”. Estudios Migratorios. nº 15-16, xuño -decembro 2003, pp. 291-342

Gellner, Ernest. Nations and nationalism. Londres: Wiley-Blackwell, 2006, 2ª edición

Goodwin, Jeff / Jasper, James/ Polleta, Francesca. Passionate politics: emotions and social

movements. Chicago: University of Chicago Press, 2001

Greene, Julie. “Spaniards on the Silver Roll: Labor Troubles and Liminality in the Panama Canal

Zone, 1904–1914”, International Labor and Working-Class History, Nº. 66, Fall 2004, pp. 78–98

– -, The Canal Builders: Making America's Empire at the Panama Canal. Londres: Penguin, 2010

Haskin, Frederick. The Panama Canal. New York: Forgotten Books, 1914, p. 156

Higham, John. Strangers in the Land: Patterns of American Nativism. New York: Atheneum, 1970

Hollinger, David A. Postethnic America: Beyond Multiculturalism. New. York,: Basic Books, 1995

Hoerder, Dirk. American labor and immigration history, 1877-1920s: recent European research.

115

Page 116: pasto da dinamita

University of Illinois Press, 1983

Jaén Suárez, Omar. La población del Istmo de Panamá del siglo XVI al siglo XX . Estudio sobre la

población y los modos de organización de las economías, las sociedades y los espacios

geográficos. Edición do autor: Panamá, 1978

Jasper, James. The art of moral protest: culture, biography, and creativity in social movements.

Chicago: University of Chicago Press, 1997

Kelly, Harry. “Roll Back the Years: Odyssey of a Libertarian”, manuscrito non publicado, n.d.

XVIII:5, caixas 26-27, John Nicholas Beffel Collection, Robert F. Wagner Labor Archives,

Tamiment Library, New York University

Kimeldorf, Howard. Battling for American Labor: Wobblies, Craft Workers and the Making of the

Union Movement.. Berkeley: University of California Press, 1999.

Kohn, Stephen Martin. American political prisoners: prosecutions under the espionage and sedition

act. Santa Barbara (California): Greeenwood Publishing Group, 1994

Mack, Gerstle. The land divided, a history of the Panama Canal and other isthmian canal projects.

New York: Knopf, 1944

Martin, Alberto, Muñoz, Vladimiro, Montseny, Federica. Breve Historia del Movimiento

Anarquista en Estados Unidos de América del Norte. New York: Cultura Obrera,, 1954.

McCullough, David. The Path Between the Seas: The Creation of the Panama Canal, 1870-1914.

Paw Prints, 2008

McGirr, Lisa “The Passion of Sacco and Vanzetti: A Global History”, The Journal of American

History, 93, marzo 2007, pp.1085-1115

Melucci, Alberto. Challenging codes: collective action in the information age. Cambridge

University Press, 1996

Montgomery, David. Workers' control in America: studies in the history of work, technology, and

labor struggles.

Cambridge University Press, 1979

Naranjo Orovio, Consuelo. “La inmigración española y el movimiento obrero cubano 1900-1925”.

Arbor, nº 547-548, agosto 1991

Nelson, Bruce. Divided We Stand. Princeton: Princeton University Press, 2000

Neville, John F. Twentieth cause cèlébre. Sacco e Vanzetti and the press. 1920-1927. Santa Bárbara

(California): Greenwood Publishing Group, 2004

Núñez Seixas, X. Manuel. “Reinventando os galegos: a imaxe do bo inmigrante na elite galaica da

Arxentina, 1900-1930”. Santiago de Compostela: Dez-Eme, 7, decembro 2001

116

Page 117: pasto da dinamita

Offner, John. “Why Did the United States Fight Spain in 1898”, OAH Magazine of History, 12, 3,

Spring 1998

Pereira, Dionisio. A CNT na Galiza.. Santiago: Laiovento.1992. p. 164

--. “ A retagarda necesaria. Ecos das relacións entre anarquistas galegos e arxentinos”. A Nosa

Terra, nº 812, 1998

Pérez , Juan Manuel. Pro mundi beneficio. Los trabajadores gallegos en la construcción del canal

de Panamá (1904-1914). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Serie Galicia Exterior,

2007

Polenberg, Richard. Fighting faiths: the Abrams case, the Supreme Court and free speech. Cornell

University Press, 1999

Polleta, Francesca/ Jasper, James: “Collective Identity and Social Movements”; Annual Reviews

Sociology. 2001. 27: 283–305

Preston, William, Aliens and Dissenters: Federal Supression of Radicals, 1903-1933. University of

Illinois Press, 1995, 2ª edición

Primelles, León. Crónica cubana, 1919-1922. La Habana: Editorial Lex, 1957

Rueda, Germán / González, Carmen. “Los gallegos entre los españoles de Estados Unidos (siglos

XIX y XX), en De Juana, Jesús e Castro, Xavier (eds.). Cuestións de Historia Galega. Ourense:

Deputación Provincial, 1995, pp. 104-176

Russell, Francis. Tragedy in Dedham: the story of the Sacco-Vanzetti case. New York: McGraw-

Hill, 1962

Shaffer, Kirwin R. “Havana Hub: Cuban Anarchism, Radical Media and the Trans-Caribbean

Anarchist Network, 1902-1915”, Caribbean Studies, Vol. 37, nº2, xullo-decembro 2009, pp.45-81

Serrano, Carlos. El turno del pueblo. Crisis nacional, movimientos populares y populismo en

España (1890-1910). Barcelona: Península. 2000

Struthers, David Marshall . The World in a City: Transnational and Inter-Racial Organizing in Los

Angeles, 1900-1930. Dissertation Presented to the Faculty of the College of Humanities and Social

Sciences of Carnegie Mellon University; Decembro 2010

Sueiro, Susana. “El asesinato de Canalejas y los anarquistas españoles en Estados Unidos”, pp.159-

188, en Avilés

Farré, Juan e Herrerín, Ángel (eds.): El nacimiento del terrorismo en Occidente: anarquismo,

nihilismo y violencia revolucionaria. Madrid: Siglo XXI, 2008.

Touraine, Alain. La mirada social. Barcelona: Paidós, 2009

Turner, Victor. The Forest of Symbols: Aspects of Ndembu Ritual. New Kork: Ithaca, 1967

117

Page 118: pasto da dinamita

Váquez, Alejandro. “Emigración e transporte de galegos a América, 1900-1930”, en Os

intercambios entre España e América Latina. Economía e Historia. Santiago de Compostela: USC,

1992

Ware, Caroline. Greenwich Village 1920-1930: A Comment on American Civilization in the Post-

War Years. Berkeley: University of California Press, 1994

Yáñez, César. La emigración española a América (siglos XIX y XX). Dimensión y características

cuantitativas. Oviedo: Archivo de Indianos, 1994

Zimmer, Kenyon. “The Whole World is Our Country”: Immigration and Anarchism in the United

States. University of Pittsburg, 2010.

118

Page 119: pasto da dinamita

119