patrimonio natural da enseada de san simón

32

Upload: trespes-cooperativa

Post on 30-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Unidade didáctica sobre o patrimonio natural da Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Vialboa) e a súas principais problemáticas. Inclúe caderno do profesorado e do alumando con diferentes actividades e propostas didácticas. Unidades destinadas para os niveis de secundaria.

TRANSCRIPT

Patrim

onio

Naturalda

EnseadadeSanSimón

Unidadedidáctica

Proxecto Mar Traballo e Patrimonio

Edita Concellaría de Medio Ambiente

Concello de Redondela

Produce Trespés Soc. Coop. Galega

Textos Paulo Jablonski, Tania Martínez, Alberte Román

Fotografías P. Jablonski, A. Román

Ano 2013

Os textos foron editados baixo unha

licenza creative commons: atribución,

uso non comercial e partilla baixo a

mesma licenza

Sumario

Caderno do profesorado

A Enseada de San Simón 6

A Enseada e a Rede Natura 7

Introdución aos hábitats da Enseada 8

Hábitats mariños da Enseada 9

Hábitats terrestres da Enseada 14

Os impactos na Enseada 16

Bibliografía 18

Caderno do alumnado

A Enseada de San Simón 20

A Enseada e a Rede Natura 21

Introdución aos hábitats da Enseada 22

Hábitats mariños da Enseada 23

Hábitats terrestres da Enseada 27

Os impactos na Enseada 29

PatrimonioNaturaldaEnseadadeSanSimón

Cadernodoprofesorado

Cad

erno

doprofesorad

o

6

A Enseada de San Simón está situada ao final da Ría de Vigo. Benresgardada por unha serie de elevacións de entre 100 e 600 metros dealtura comunícase co tramo medio da Ría polo estreito de Rande duns 700metros de ancho. Ten unha lonxitude media de 8 Km cunha anchuramáxima de 3,6 Km e baña coas súas augas os concellos de Redondela,Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra.

Varios cursos de auga doce, en xeral de escasa entidade, desauganna zona e interveñen nas correntes da Enseada. Osmáis importantes son o río Verdugo quedesemboca entre Arcade e Pontesampaio, e os ríosMaceiras, Alvedosa e Pexegueiro, que forman unpequeno esteiro entre Redondela e Cesantes. Nofondo da Enseada, xa no Concello de Vilaboa,desauga o regato Tuimil ou Ulló, que atravesa osrestos dunha antiga explotación de sal, as Salinasde Ulló.

En conxunto, os fondos da Enseada son poucoprofundos, non superando os 8 metros deprofundidade salvo no estreito de Rande earredores. Na preamar, a auga cobre unhasuperficie aproximada de 2.127 hectáreas, a maiorparte do espazo natural, quedando apenas aodescuberto algunhas zonas de marisma e variosillotes ou pequenas illas como San Simón e SanAntón, as Alvedosas, O Cobreiro, ou A PedraBranca.

Este enclave natural está incluído na rexiónBioxeográfica Eurosiberiana, provincia Atlántica,típica do Noroeste peninsular e caracterizada por

ter un clima con temperaturas suaves e veráns húmidos. A cuberta forestaldesta rexión estivo dominada por bosques caducifolios, principalmente decarballos e faias, se ben nos últimos séculos os seres humanos modificaronsignificativamente esta paisaxe, agora abundante en matogueiras,eucaliptos e piñeiros.

A Enseada de San Simón ten unha gran diversidade de especies deflora e fauna, varias delas recollidas como de interese europeo polaDirectiva Aves e Hábitats. Posúe unha poboación invernante de 3.500anátidas e boa presenza de limícolas durante os pasos migratorios.

A Enseada de San Simón Ficha 01

Cad

erno

doprofesorad

o

7

A Enseada de San Simón está incluída dentro da Rede Natura 2000,unha rede europea cuxa finalidade é asegurar a supervivencia a longoprazo das especies e os hábitats máis ameazados de Europa, e deter a perdade biodiversidade ocasionada polo impacto das actividades humanas.

A Rede Natura 2000 é o principal instrumento para a conservaciónda natureza na Unión Europea e desenvólvese a partir da aplicación dedúas directivas: a Directiva Aves (79/409/CEE) e a Directiva Hábitats

(92/43/CEE) . Nestas directivas, constituíronse dúasfiguras de protección, as Zonas de EspecialProtección para as Aves (ZEPA) e as Zonas deEspecial Conservación (ZEC) . As ZEPA reguladas naDirectiva Aves reclaman a necesidade de conservare xestionar axeitadamente as poboacións de avessilvestres, especialmente aquelas especiesconsideradas como prioritarias. As ZEC reclaman aprotección de determinados hábitats de interesecomunitario, por posuír especies animais ouvexetais ameazados ou representativos dun

determinado ecosistema. As ZEC son designadas pola Comisión Europea apartir dunha proposta de Lugares de Interese Comunitario (LIC) elaboradospolos Estados membros a partir dos criterios establecidos na DirectivaHábitats.

A Enseada de San Simón é un LIC principalmente mariño. Das súas2.252,06 hectáreas de extensión, aproximadamente o 96 % da áreaprotexida correspondería ao medio mariño, quedando o 4 % restante nomedio terrestre.

A Enseada e a Rede Natura Ficha 02

Cad

erno

doprofesorad

o

8

Un hábitat é o lugar no que vive un ser vivo ou un conxunto de seresvivos. Neste hábitat, reúnense as condicións para que un ser vivo poidadesenvolver a súa vida e interaccionar co seu medio e coas demais especies.Hai moitos tipos de hábitats ao igual que hai moitos tipos de organismos, esegundo o tipo de hábitat, vivirán uns seres vivos ou outros. Os hábitats, amiúdo están caracterizados por posuír unhas características físicasdeterminadas e estar delimitados xeograficamente.

Os hábitats da Enseada de San Simón son, na súa maioría, mariños:chairas intermareais, esteiros e marismas, son só algúns dos hábitats queaparecen representados na Enseada. Aínda así, tamén atopamos dentrodeste LIC outros hábitats non costeiros igualmente protexidos polaDirectiva Hábitats, como son as matogueiras e o bosque de ribeira.

A continuación explicaranse brevemente cada un deles sinalando assúas características principais e a súa situación/importancia na Enseada.Aclarar que moitos dos hábitats costeiros que imos ver interrelaciónanseentre eles de xeito que en ocasións é difícil diferencialos ou clasificalos. Xaque logo, nunha zona poden convivir características de máis dun hábitat.

Procederemos a explicar os distintos hábitats seguindo a progresióndende o medio mariño cara o medio terrestre e tendo como referencia aDirectiva Hábitats.

Introdución aos hábitats da Enseada Ficha 03

Cad

erno

doprofesorad

o

9

O medio mariño

O litoral pode dividirse en zonas ou franxas segundo a influencia damarea. A zona supralitoral é a franxa costeira situada por riba do nivel dapreamar na que a acción directa das salpicaduras das ondas condicionan abiodiversidade e a estrutura das comunidades que alí habitan. O tramosupralitoral inferior adoita quedar parcialmente somerxido durante as

mareas vivas ou durante os temporais, mentres queo tramo superior non é alcanzado directamente polaauga do mar. As plantas e animais que habitan nazona supralitoral están adaptadas a condiciónsextremas de desecamento e salinidade.

A zona mesolitoral, máis comunmente coñecidacomo intermareal, corresponde á zona limitadaentre o nivel máximo de marea alta e o nivelmínimo de marea baixa. Nas nosas costas, a súaamplitude aproximada é de 4 metros. Nesta zona, osubstrato queda periodicamente inundado polamarea o que determina que os organismos sedistribúan espacialmente en bandas horizontaissegundo o seu grao de adaptación a unha serie defactores e cambios bruscos nas condicións domedio. Entre estes factores podemos destacar: odesecamento, a temperatura, a salinidade e ohidrodinamismo. A zona intermareal é rica en algas,moluscos, bivalvos e crustáceos, e en xeral, noutrosinvertebrados adaptados fisioloxicamente eecoloxicamente a vivir nestas condicións. Ademaisson moitas as especies de aves e incluso algún

mamífero que se alimentan nesta zona.A zona infralitoral sitúase por baixo do nivel da baixamar, quedado

cuberta de forma permanente polas augas mariñas. Nesta zona acostuman avivir especies que permanecen sempre ou case sempre somerxidas. É a máisestable no que as condicións se refire, e o número de especies que a habitane a súa complexidade supera ás demais zonas.

Na Enseada de San Simón as augas mariñas son pouco profundas.Nelas podemos atopar organismos que viven no seo da masa de auga(especies peláxicas) con escasa ou ningunha conexión co fondo comomedusas, plancto ou diversos peixes; e organismos fixos ou móbilesrelacionados directamente co substrato (especies bentónicas) comobivalvos, peixes planos, etc.

Hábitats mariños da Enseada Ficha 04

Cad

erno

doprofesorad

o

10

As pradarías de ceba

As pradarías de fanerógamas mariñas dominadas por formacións deceba, (plantas mariñas do xénero Zostera) , que aparecen colonizando osfondos areosos e limosos da zona infralitoral e intermareal inferior daEnseada de San Simón, constitúen unha fonte importante de alimento erefuxio para un amplo abano de invertebrados e peixes. Este bosquesubmariño, moi ben representado en fronte da praia de Cesantes, é unhábitat moi axeitado para o desove, a cría e o refuxio de moitas especies,

como por exemplo o choco que utiliza as follasdestas plantas mariñas para pór os seus ovos.

Ao mesmo tempo, estas plantas actúan comoobstáculos que facilitan a deposición e acumulaciónde sedimentos na franxa infralitoral.

A Enseada de San Simón serve como refuxiopara unha grande diversidade de especies, que poroutra banda, son o sustento dunha importanteactividade pesqueira.

As chairas intermareais

Durante a baixamar, a superficie acuática daEnseada redúcese considerablemente quedando aodescuberto fondos mariños fangosos ou areosos,colonizados habitualmente por algas azuis ediatomeas e desprovistos de plantas vasculares.

O substrato deste hábitat pode estar formadopor fondos areosos, areoso-limosos ou limosos. Osprimeiros son substratos móbiles propios de costas

máis batidas polas ondas. Os segundos, e sobre todo os terceiros, quedanrelegados a porcións máis protexidas nas que o substrato se estabiliza.

A composición da comunidade faunística dependerá do substrato e ohidrodinamismo da zona. En fondos areosos e batidos, tan só as especiesmáis robustas aguantan o embate das ondas, e a comunidade redúcese auns poucos crustáceos anfípodos e algúns poliquetos e bivalvos. Ensedimentos estables e limosos, a comunidade biótica aumentaconsiderablemente a súa biomasa. Abundante en poliquetos, bivalvos ecrustáceos, constitúe un importante recurso alimenticio para diferentesespecies de aves costeiras e para o sector extractivo que se dedica áextracción de bivalvos.

Entre as zonas da Enseada que durante a baixamar deixan ao

Oshábitats

mariñosdaEnseada

Ficha04

Cad

erno

doprofesorad

o

11

descuberto grandes chairas intermareais destacan a Foz da Portela, asSalinas de Ulló e as Barras de Arcade, esta última, zona de gran actividademarisqueira.

Os esteiros

Os esteiros son ecosistemas das desembocaduras dos ríos. NaEnseada de San Simón desaugan varios ríos e regatos como son o Alvedosae o Maceiras, o Pexegueiro, o Verdugo e o Tuimil. Xeralmente, os esteirospresentan certa acumulación de sedimentos continentais, e están sometidosá acción das mareas e á dobre influencia de augas mariñas e doces.

Nos esteiros soe existir un gradiente desalinidade que vai aumentando ao tempo que nosimos dirixindo dende o río cara o mar. Estegradiente de salinidade vese influenciado polasmareas, ao facilitar a mestura entre a auga doce e asalgada. Ademais, estes ecosistemas adoitanatoparse recheos por sedimentos de orixe fluvial.

O complexo hábitat e gradientes que se dan nosesteiros permite a existencia de diferentescomunidades bióticas máis ou menosinterconectadas. En particular, na Enseada de SanSimón é posible atopar hábitats correspondentes apradarías de ceba na zona infralitoral; formaciónsde Spartina na zona intermareal; formacións deplantas crasas na zona supralitoral salina (aquelasque desenvolveron talos ou follas grosas e carnosaspara almacenar auga nos seus organismos) ;xunqueiras halófilas e subhalófilas na zonasupralitoral menos salina; e carrizais e tifáceas nasaugas doces.

A variación nestes hábitats e comunidadesdependerá de varios factores, como pode ser a súa

situación, o hidrodinamismo da zona, o caudal do río, o gradiente desalinidade ou o substrato.

Os esteiros son humidais de gran importancia para a fauna, connumerosas aves nidificantes, como as limícolas e as gaivotas, ademaisdunha rica comunidade de invertebrados entre limos e sedimentos.

Distintas especies de peixes migratorios usan estes medios comolugar de paso e aclimatación, como é o caso da anguía.

Oshábitats

mariñosdaEnseada

Ficha04

Cad

erno

doprofesorad

o

12

As marismas

O termo marisma utilízase para facer referencia a aqueles ecosistemasde tipo húmido que se caracterizan por posuír unha importante presenza deauga de mar, así como de auga doce. Normalmente fórmanse nasdesembocaduras dos ríos, nas zonas próximas á unión co mar ou océano, poloque se ven afectadas pola marea con constantes mesturas de auga doce esalgada. Pódese dicir que as marismas son un tipo de territorio intermedioentre o medio terrestre e o medio mariño, no cal os sedimentos van sendocolonizados pola vexetación que así irá estabilizándoos e iniciando acontinentalización do medio. É dicir, o destino final das marismas despois devarios procesos ao longo do tempo será converterse nun bosque de ribeira.

Normalmente, as marismas son espazos nos que se atopa unha granvariedade de flora e fauna debido ás condicións propicias deste ecosistema.Teñen unha gran presenza de auga, que en moitos casos non é visible poladensidade da vexetación e contan sempre cun clima húmido, propicio para odesenvolvemento de numerosas especies vexetais e animais.

En termos topográficos, ocupan un nivel superior ás chairasintermareais, polo que están cubertas pola auga do mar menos tempo caestas, ou incluso só durante as preamares de mareas vivas. Dentro dasmarismas destacan importantes grupos de vexetación incluídas dentro daDirectiva Hábitats.

Na Enseada de San Simón aparecen representadas tres tipos:

Vexetación anual pioneira de Salicornia e outras especies de zonas

fangosas ou areosas

Comunidades vexetais pioneiras propias de solos salobres capaces deresistir inundacións temporais. Normalmente están dominadas por plantasherbáceas anuais de diferente natureza. Nuns casos, trátase de formaciónsvexetais anuais de pequeno porte e aspecto carnoso, que colonizan soloslimosos, a máis frecuente é a Salicornia. Noutros, son formacións herbáceasdominadas por especies non carnosas, moitas veces gramíneas, propias desolos salinos brutos (non evolucionados) .

Pasteiros de Spartina

Formacións practicamente monoespecíficas dominadas por gramíneasdo xénero Spartina que tapizan a zona intermareal das marismas costeirascon certo recheo sedimentario, permanecendo emerxidas ou somerxidasalternativamente.

Pasteiros salinos Atlánticos

Formado por densas pradarías halófilas, estas comunidades ocupanunha posición topográfica superior respecto aos prados de Spartina, non

Oshábitats

mariñosdaEnseada

Ficha04

Cad

erno

doprofesorad

o

13

véndose case nunca afectados pola preamar. Ocupan solos húmidos conaporte de sedimentos fluviais e substratos desde limosos ou arxilosos ataarxilo-areosos. En xeral, os xuncos constitúen as plantas dominantes nestasformacións. Aínda que tamén se poden atopar carrizos e espadanas.

Nas marismas costeiras é característica a avifauna, sexa por nidificarnelas ou por utilizalas como fonte de alimento durante a baixamar.Destacan as especies limícolas, gaivotas, anátidas, etc.

Na Enseada de San Simón existen varias marismas de interese comoa marisma de Santa Mariña, a marisma Punta Pesqueira ou a marisma dasSalinas.

Oshábitats

mariñosdaEnseada

Ficha04

Cad

erno

doprofesorad

o

14

Aínda que o LIC “Enseada de San Simón” é principalmente mariñoou litoral, máis dun 96% da súa extensión, hai que destacar outros tipos dehábitat existentes na Enseada e que tamén aparece recollidos e protexidosdentro da Directiva Hábitats. A continuación falaremos brevemente de cadaun deles:

As matogueiras

Dende hai aproximadamente 30 millóns de anos, as matogueirasxogan un papel fundamental na configuración da cuberta vexetal das áreastemperadas europeas.

Hoxe en día, a matogueira segue a considerarse a paisaxe dominanteno territorio galego. Están constituídas por unha comunidadearbustiva na que as uces do xénero Erica e os toxos (Ulex spp. )soen ser as especies dominantes.

Estes ambientes, que representan unha etapa anterior á dobosque potencial, que en Galicia sería maioritariamentecarballeira, adoitan estar enriquecidos con outras especies comoalgunhas xaras, xestas, ademais dalgunhas especies degramíneas.

O gran número de especies de flora e fauna que albergan osqueirogais e matogueiras e a drástica redución que experimentounos últimos cincuenta anos a súa área de distribución en Europa,fan incidir na conservación da súa biodiversidade.

Algúns queirogais secos europeos da Enseada de San Simónformados principalmente por queirogais, xarais-queirogais equeirogais-toxeiras inclúense dentro dos hábitats protexidos polaDirectiva Hábitats.

Os bosques de ribeira

Os bosques teñen un gran valor de conservación ao representar aetapa madura ou clímax da vexetación natural potencial. No caso galego avexetación potencial natural do noso territorio, sería o bosque caducifolioformado principalmente por carballeiras.

A extensión inicial dos bosques naturais reduciuse notablemente entoda a Terra debido ás actividades humanas, sobre todo polatransformación de amplas áreas en terreos dedicados ao cultivo ou ágandaría, e polo aproveitamento dos principais recursos forestais con finsenerxéticos e construtivos.

En Galicia, e particularmente na Enseada de San Simón, o bosquenatural está moi mal representado e conservado, quedando só unha

Hábitats terrestres da Enseada Ficha 05

Cad

erno

doprofesorad

o

15

pequena mancha de bosque de ribeira no fondo da Enseada de San Simón, noconcello de Vilaboa.

O bosque de ribeira está incluído dentro da directiva Hábitats comohábitat de interese a conservar. No caso Vilaboa, este bosque de ribeira estáprincipalmente formado por amieiros e salgueiros, aínda que tamén abundancarballos, bidueiras, freixos e abeleiras. A fauna que habita o bosque deribeira de Vilaboa está moi ligada á presenza de auga, tanto doce comosalgada, ao estar asociado a unha marisma. Esta zona, coñecidapopularmente como “As Salinas” constitúe un importante refuxio de aves,principalmente anátidas, aínda que tamén se refuxian no bosque numerososmamíferos entre os que cabe destacar a lontra.

Oshábitats

terrestresdaEnseada

Ficha05

Cad

erno

doprofesorad

o

16

O rasgo máis singular do litoral galego vén caracterizado polaexistencia das rías, ecosistemas mariños de gran valor ambiental, quedebido ás súas características xeoquímicas e morfolóxicas dan lugar a unhagran biodiversidade e produtividade de recursos pesqueiros e marisqueiros.

As particularidades e complexidades deste ecosistema mariño fan queas rías sexan ecosistemas extremadamente fráxiles ante as agresiónsambientais.

Nas últimas décadas, as agresións ambientais a todas as rías, e enespecial á Ría de Vigo e á Enseada de San Simón teñen aumentado, todomoi a pesar de estar protexida na súa gran parte pola figura de ParqueNacional e Rede Natura 2000.

A alta presión urbanística e industrial á que está sometido o nosolitoral (preto de medio millón de persoas viven na contorna da ría de Vigo)unida á sobreexplotación dos recursos contribuíron a que a actividade naRía de Vigo e na Enseada se convertera nunha actividade insostible,alterando o equilibrio deste fráxil ecosistema e comprometendo o seu futuroinmediato.

Varias son as agresións ás que está sometida a Ría de Vigo.Destacamos as seguintes:

- Alta contaminación, resultado das:Actividades domésticas, tales como residuos sólidos (plásticos,electrodomésticos, metais, etc.) e líquidos (aceites, deterxentes,lixivias, augas residuais non depuradas, etc. )Verteduras de augas fecais realizadas polo mal funcionamentodas depuradores de auga e como consecuencia, presenza dunha altacontaminación microbiolóxica.Actividades agrícolas como pesticidas e fertilizantes.Actividades industriais- Dragados, aterramentos e/ou recheos, e outras modificaciónsartificiais da costa que eliminan ou desprazan bancos pesqueiros emarisqueiros e lugares de cría, contaminan os fondos mariños,alteran as correntes mariñas, diminúen ou modifican a renovacióndas augas da ría, mingúan a chegada de nutrintes da plataformacontinental, etc.- Destrución da paisaxe. A paisaxe da Enseada de San Simónmodificouse ao longo do tempo. Sen embargo, nas últimas décadasa presión sobre o territorio aumentou notablemente. Recheos,presión urbanística, introdución de especies exóticas moitas delasinvasoras, incendios, etc. son só algúns dos exemplos que afectaron ápaisaxe.

Os impactos na Enseada Ficha 06

Cad

erno

doprofesorad

o

17

- Sobreexplotación dos recursos

A actividade pesqueira-marisqueira, se non se fai de xeitosostible, pode ser un axente modificador dos ecosistemasmariños. Os seus efectos poden darse directamente sobre asespecies extraídas, que poden chegar incluso a desaparecer,afectar aos seus hábitats ou incuso prexudicar a outras especiesao longo de toda a cadea trófica.

A continuación, imos ver algúns casosconcretos de impactos sobre a Enseada de SanSimón, existen moitos máis, sen embargo, sónumeraremos algúns:

A fábrica de Cerámica Pontesa

Alfares de Pontesampayo SA, máis coñecidacomo Pontesa, era unha fábrica de louza. Durantetodo o tempo que estivo en funcionamento, estaindustria cerámica verqueu gran cantidade dechumbo á ría. Así, os niveis de contaminación poreste metal nas proximidades da fábrica son moialtos, estendéndose a contaminación por toda aEnseada.

As depuradoras na Enseada

As depuradoras de Redondela, Arcade eVilaboa nin funcionaron nin funcionan comodeberían. De forma periódica presentan problemasde vertidos incontrolados sen depurar, por fallos noseu funcionamento, principalmente cando chovemoito.

Recheos en Rande

Na contorna de Rande fixéronse varios recheos. Grandesempresas están instaladas sobre estes recheos chegando a ocupar unespazo mariño de case 100.000 metros cadrados.

A maior parte da cidadanía descoñece as consecuencias que oscontinuados e crecentes impactos poden ter, a curto ou longo prazo nonoso patrimonio natural, no valor paisaxístico, a saúde ou sobre aexplotación artesanal dos recursos pesqueiros e marisqueiros, fonte deingresos para moitas familias.

Osim

pactosnaEnseada

Ficha06

Cad

erno

doprofesorad

o

18

Brown, D. e Amoedo, X.I. (2011) “Redondela. Guía do patrimonionatural”. Concellería de Medio Ambiente, Concello de Redondela

Ramil, P. et al. (2008) “Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia.Fichas descritivas.” Monografías do IBADER. Universidade de Santiagode Compostela.

Ramil, P. et al. (2008) “Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia.Descrición e Valoración territorial” Monografías do IBADER.Universidade de Santiago de Compostela.

Pagés,J. L. (2000) “Origen y evolución geomorfológica de las ríasAtlánticas de Galicia” Rev. Soc. Geol. España, 13 (3-4)

Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente.

“Formulario de datos Natura Código ES1140016” (2000) .Dispoñible na web:http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/publicaciones/formulario_tcm7-265297.pdf

www.salvemosmonteferro.org

Bibliografía

PatrimonioNaturaldaEnseadadeSanSimón

Cadernodoalumnado

Cad

erno

doalum

nado

20

A Enseada de San Simón Ficha 01

Actividade. 2 Os fondos da Enseada son en conxunto poucoprofundos, non superando os 8 metros de profundidade salvono estreito de Rande e arredores. Na preamar a superficie deauga acada as 2.127 hectáreas e cobre, polo tanto, a maiorparte do espazo natural, coa excepción dalgunhas zonas demarisma e varios illotes rochosos.Poderías dicirnos o nome dalgún deles? Sitúaos no mapaanterior.

Actividade. 3 A cuberta forestal desta rexión estivo dominadapor bosques caducifolios, principalmente de carballos e faias, seben nos últimos séculos, os seres humanos modificaronsignificativamente esta paisaxe.Poderías dicirnos cales das árbores que aparecen nas imaxes sonas que abundan agora nos arredores da Enseada? Como sechaman?

Actividade. 1 A Enseada de San Simón estásituada ao final da Ría de Vigo. Ben resgardadapor unha serie de elevacións de entre 100 e 600metros de altura comunícase co tramo medio daRía polo estreito de Rande. Varios cursos de augadoce, en xeral de escasa entidade, desaugan nazona e interveñen nas correntes da Enseada.

Investiga e sitúa no mapa anterior os concellosque están bañados polas augas da Enseada deSan Simón e os ríos que desembocan nela.

Actividade. 4 No verán de 2006 unha vaga deincendios arrasou boa parte da masa forestal e dematogueira de Galicia.A que pensas que se deberon estes incendios? Quepensas que quere dicir que unha especie é pirolítica?Identifica algunha especie pirolítica que teñamos nonoso territorio.

Cad

erno

doalum

nado

21

A Enseada e a Rede Natura Ficha 02

Actividade. 2 A Rede Natura 2000 desenvólvese a partir da aplicación dedúas directivas europeas. Poderías dicirnos cales?

Actividade. 3 A Enseada de San Simón é un LIC. Poderías investigar quesignifican as siglas LIC?

Actividade. 4 Este LIC que ten unha extensión de 2.252,06 hectáreas éprincipalmente mariño. O 96 % da área protexida correspondería ao mediomariño, quedando un 4 % desta área no medio terrestre. Existe algún outroespazo protexido na Ría de Vigo? Se a resposta é afirmativa, que figura deprotección ten? Visitáchelo algunha vez. Fai unha breve descrición da súapaisaxe.

Actividade. 5 Pensas que a figura de protección da Enseada é suficiente parasalvagardar e potenciar o seu patrimonio natural?

Actividade. 1 Enseada de San Simón estáincluída dentro da Rede Natura 2000. Saberíasexplicar brevemente que é a Rede Natura 2000?

Cad

erno

doalum

nado

22

Introdución aos hábitats da Enseada Ficha 03

Actividade. 1 Un hábitat é o lugar no que viveun ser vivo ou un conxunto de seres vivos.Neste hábitat, reúnense as condicións para queun ser vivo poida desenvolver a súa vida einteractuar co seu medio e coas demais especiesque alí viven. Hai moitos tipos de hábitats aoigual que hai moitos tipos de organismos, esegundo o tipo de hábitat, vivirán uns seresvivos ou outros.Observa o hábitat da fotografía e fai unha brevedescrición das súas características.

Actividade. 2 Os ambientes mariñosadoitan diferenciarse en dous grandesdominios, o dominio oceánico e o dominiolitoral. O dominio oceánico correspóndesecoas augas mariñas exteriores eprofundas, situadas máis alá daplataforma continental aproximadamentea uns 200 metros de profundidade e 16-20 km da liña de costa. O dominio litoralinclúe as augas mariñas situadas sobre aplataforma continental, así como a zonaterrestre próxima á costa. No mapaanterior sinala en vermello o dominiooceánico e en verde o dominio litoral.Sinala cunha liña de cor negra o borde daPlataforma continental.

Cad

erno

doalum

nado

23

Actividade. 2 Pon 2 exemplos de seres vivos que habiten na Enseada en cada unha dasfranxas do litoral sinaladas antes.Supralitoral:______________, ________________Intermareal:_______________, _______________Infralitoral:_______________, ________________

Actividade. 1 O litoral pode dividirse enzonas ou franxas segundo a influencia damarea. Fíxate no seguinte esquema, erelaciona cada zona do litoral coas súascaracterísticas.

Hábitats mariños da Enseada Ficha 04

. . .é a máis estable no que ás condicións se refire

Nas nosas costas a marea ten unha amplitude aproximada de4 metros

As plantas e animais que alí viven están adaptadas a soportarcondicións extremas de desecamento e salinidade

A esta zona só chegan as salpicaduras das ondas

Nesta zona acostuman vivir especies que permanecen sempreou case sempre somerxidas

.. .é a franxa costeira situada por riba do nivel da preamar

.. .o substrato queda periodicamente inundado pola marea

.. .sitúase por debaixo do nivel da baixamar, quedandocuberta de forma permanente polas augas mariñas

.. .corresponde á zona limitada entre o nivel máximo demarea alta e o nivel mínimo de marea baixa

A zona supralitoral

A zona mesolitoral

A zona infralitoral

Cad

erno

doalum

nado

24

Actividade. 3 Na Enseada de San Simón existenpraderías de fanerógamas mariñas (plantasmariñas) dominadas por unha especie do xéneroZostera que colonizan os seus fondos areosos elimosos. Estes bosques mariños son unha fonteimportante de alimento e refuxio para un amploabano de invertebrados e peixes.

Actividade. 4 Poderías identificar que especie de planta forma estes bosques submariños? Setes algún familiar ou coñecido/a mariñeiro/a pregúntalle e investiga. Busca tamén que especieemblemática ligada á imaxe de Redondela está asociada a estas pradarías.

Actividade. 5 Esta especie é unha planta ou un alga? Que diferenzas existen entre as plantasmariñas e as algas? Sinálaas nun debuxo ou esquema.

Actividade. 6 Observa a imaxe. Que pensas que é unhachaira intermareal?

Actividade. 7 O substrato deste hábitat pode estar formado por fondos areosos, areoso-limosos ou limosos. Os primeiros son substratos móbiles propios de costas máis batidas polasondas. Os segundos, e sobre todo os terceiros, quedan relegados a porcións máis protexidasnas que o substrato se estabiliza.Segundo o explicado identifica nas seguintes imaxes os distintos tipos de substratos: fondolimoso, fondo areo-limoso, fondo areoso.

Hábitats mariños da Enseada Ficha 04

Cad

erno

doalum

nado

25

Actividade. 10 A composición da comunidade faunística dependerá do substrato e ohidrodinamismo da zona. En fondos areosos e batidos, tan só as especies máis robustasaguantan o embate das ondas, e a comunidade redúcese a uns poucos crustáceosanfípodos e algúns poliquetos e bivalvos. En sedimentos estables e limosos, a comunidadebiótica aumenta considerablemente a súa biomasa, con abundancia de poliquetos,bivalvos e crustáceos, constituíndo un importante recurso alimenticio para diferentesespecies de aves costeiras e para o sector extractivo que se dedica a extracción de bivalvos.Debuxa: un bivalvo, un poliqueto, un crustáceo anfípodo, un gasterópodo.

Actividade. 11 Investiga cales son as principais aves que viven en San Simón e sealimentan nas chairas intermareais.

Actividade. 12 Un esteiro vese influenciado polasmareas, e presenta unha mestura de auga doce esalgada. Normalmente existe un gradiente de salinidadecrecente, dende a zona de entrada da auga doce ata omar aberto. Ademais, xeralmente atópase parcialmenterecheo por sedimentos de orixe fluvial.Identificas algún esteiro no teu Concello? Que ríos/ríointerveñen na formación do esteiro?

Actividade. 13 Os esteiros son humidais de granimportancia para a fauna, con numerosas avesnidificantes como limícolas e gaivotas, ademais dunharica comunidade de invertebrados que habitan nos limose sedimentos. Distintas especies de peixes migratoriosusan estes medios como lugar de paso e aclimatación,como é o caso da anguía (Anguilla anguilla) .A que se refire o texto cando di que as anguías utilizan osesteiros como lugares de paso e aclimatación?

Actividade. 14 Investiga as diferenzas existentes entre unha anguía e un salmón no quese refire ao lugar de nacemento das especies, posta de ovos e morte.

Hábitats mariños da Enseada Ficha 04

Cad

erno

doalum

nado

26

Actividade. 15 O termo marisma utilízasepara facer referencia a aqueles ecosistemasde tipo húmido que se caracterizan porposuír unha importante presenza de auga demar, así como de auga doce.Se as marismas se caracterizan por posuírunha importante presenza de auga salgada eauga doce, onde se formarán as marismas?

Actividade. 16 Normalmente, as marismas son espazos nos que se atopa unha granvariedade de flora e fauna debido as condicións propicias deste ecosistema. Teñen unhagran presenza de auga, que en moitos casos non é visible pola densidade da vexetacióne contan sempre cun clima húmido, propicio para o desenvolvemento de numerosasespecies vexetais e animais.Segundo o nivel do mar, as marismas situaranse máis altas que as chairas intermareaisou máis baixas? Cando chega o mar ás marismas?

Actividade. 17 Dentro das marismas destacan importantes grupos de vexetaciónincluídas dentro da Directiva Hábitats. Na Enseada de San Simón aparecenrepresentadas tres tipos principais:o Vexetación pioneira de Salicornia e outras especies de zonas fangosas ou areosaso Pasteiros de Spartina

o Pasteiros salinos Atlánticos, formados principalmente por xuncos, carrizos eespadanas

Busca máis información sobre estes tres grupos devexetación típicos das marismas. Logo busca unhamarisma próxima ao lugar no que vives e investiga seestán representados estes tipos de vexetación. Continúacamiñando río arriba. Notas algún cambio na vexetación?Cal cres que podería ser a evolución natural dunhamarisma?

Hábitats mariños da Enseada Ficha 04

Cad

erno

doalum

nado

27

Actividade. 1 A matogueira segue aconsiderarse a paisaxe dominante no territoriogalego. Está constituída por unha comunidadearbustiva na que as uces e os toxos soen ser asespecies dominantes. Estes ambientes querepresentan unha etapa anterior ao bosquepotencial, que en Galicia seríamaioritariamente carballeira, adoitan estarenriquecidos con outras especies como xaras ealgunhas especies de gramíneas.Debuxa estas especies de plantas características das matogueiras: unha uce ouqueiruga, un toxo, unha xara, unha gramínea.

Actividade. 2 O gran número de especies de flora e fauna que albergan as matogueiras ea drástica redución na súa área de distribución en Europa durante os últimos 50 anos,fan incidir na conservación da súa biodiversidade.Que usos se lle daban tradicionalmente ás matogueiras? Cal pensas que é a causaprincipal da drástica redución da área de distribución das matogueiras?

Hábitats terrestres da Enseada Ficha 05

Actividade. 3 A extensión inicial dos bosques naturais reduciuse notablemente en toda aTerra debido ás actividades humanas. Cal pensas que son as principais causas dentro dasactividades humanas da redución dos bosques orixinais?

Actividade. 4 Cal sería o bosque natural típico do territorio galego?

Actividade. 5 Pensas que o bosque natural na Enseada de San Simón está benrepresentado? Que especies arbóreas dominan a Enseada de San Simón?

Obosquederibeira

A Matogueira

Cad

erno

doalum

nado

28

Actividade. 6 Ao final da Enseada de San Simón, no concello de Vilaboa, aparece unhapequena mancha de bosque de ribeira protexida pola Directiva Hábitats. Que é unbosque de ribeira?

Actividade. 7 O bosque de ribeira está incluído dentro da Directiva Hábitats comohábitat de interese a conservar. No caso Vilaboa, este bosque de ribeira estáprincipalmente formado por amieiros e salgueiros, aínda que tamén abundan carballos,bidueiras e freixos. Pega ou debuxa: unha folla de amieiro, unha folla de freixo, unhafolla de carballo, unha folla de salgueiro.

Actividade. 8 A fauna que habita no bosque de ribeira de Vilaboa, ao estar asociada aunha marisma, está moi ligada á presenza de auga, tanto doce como salgada. Esta zona,coñecida popularmente como “As Salinas” constitúe un importante refuxio de aves,principalmente anátidas, aínda que tamén se refuxian no bosque numerosos mamíferosentre os que cabe destacar a lontra. Que clase de aves son as anátidas?. Poderías citarunha especie de anátida que podamos observar na Enseada de San Simón?

Hábitats terrestres da Enseada Ficha 05

Cad

erno

doalum

nado

29

Os impactos na Enseada Ficha 06

Actividade. 1 As rías son ecosistemas mariños degran valor ambiental, que debido ás súascaracterísticas dan lugar a unha gran biodiversidadee productividade de recursos pesqueiros emarisqueiros. A causa desta alta produtividade é unfenómeno case exclusivo das nosas rías, e que secoñece co nome de afloramento costeiro. Buscainformación sobre este fenómeno e fai un esquemaou debuxo no que expliques este proceso.

Actividade. 2 As particularidades e complexidadesdeste ecosistema mariño fan que as rías sexanecosistemas extremadamente fráxiles ante asagresións ambientais. Nas últimas décadas asagresións ambientais a todas as rías, e en particular,á Ría de Vigo e a Enseada de San Simón teñenaumentado malia estar protexida na súa gran partepola figura de Parque Nacional e Rede Natura 2000.Mira a seguinte foto, pensas que este modelourbanístico ou de organización do territorio ésostible? Explica que problemáticas podería traerasociadas este modelo de organización do territorio.

Actividade. 3 Varias son as agresións ás que está sometida a Ría de Vigo. Observando as seguintesfotos, poderías explicar as máis importantes?

Cad

erno

doalum

nado

30

Actividade. 4 A continuación, imos veralgúns casos concretos de impactos sobre aEnseada de San Simón.Pontesa era unha fábrica de louza. Durantetodo o tempo que estivo en funcionamentoesta industria cerámica, verqueu grancantidade de chumbo a ría. Así, os niveisde contaminación por este metal nasproximidades da fábrica son moi altos,estendéndose a contaminación por toda aenseada.

Investiga os efectos que o chumbo pode tersobre os seres humanos.

Actividade. 6 As depuradoras de Redondela,Arcade e Vilaboa nIn funcionaron nin funcionancomo deberían. De forma periódica presentanproblemas de vertidos incontrolados e sen depurarpor fallos no seu funcionamento, principalmentecando chove moito. Fai un debuxo ou esquemasobre o funcionamento dunha depuradora. Podesbuscar información sobre a depuradora que existeno teu Concello.

Actividade. 5 O chumbo, como outrosmetais pesados, acumúlase nos seresvivos. Como pensas que esta acumulaciónpode afectar ao longo da cadea trófica?

Os impactos na Enseada Ficha 06

Cad

erno

doalum

nado

31A maior parte da cidadanía descoñece as consecuencias que os continuados e crecentesimpactos poden ter, a curto ou longo prazo no noso patrimonio natural, no valorpaisaxístico, a saúde ou sobre a explotación artesanal dos recursos pesqueiros emarisqueiros, fonte de ingresos para moitas familias.

Actividade. 7 Na contorna de Rande fixéronsevarios recheos. Grandes empresas están instaladassobre estes recheos ocupando case 100.000 metroscadrados. Estes recheos só son un exemplo dosmoitos que se fixeron en toda a Ría de Vigo, calespensas que poden ser os efectos de recheos edragados nas rías?

Actividade. 9 Cal pensas que sería a mellorsolución para que esta empresa deixase deimpactar na Enseada de San Simón?

Actividade. 8 Mira a seguinte foto, identificas este lugar? Que tipo de actuacións sobre azona pensas que se fixeron para chegar ao estado actual? Consideras que isto tivoalgunha consecuencia ambiental?

Os impactos na Enseada Ficha 06

Fina

ncia