pautas

2
CRITERIOS EDUCATIVOS PARA AFRONTAR ADECUADAMENTE OS CONFLITOS Utilizar educativamente o conflito entre irmáns require máis tempo e dedicación que reprimilo. As relacións fraternas son unha escola de resolución de conflitos. No posible, é mellor non intervir no conflito sempre que se guíe a súa solución. Non practicar estilos de resolución de conflitos distintos aos que se propoñen ás criaturas como modelo. Ser coherente e estable temporalmente cos modelos de resolución de conflitos que se propoñen como modelo. Nos casos de intervención: non humillar á nena ou neno cuxa postura non se apoia, dialogar a solución. Non aceptar as solucións baseadas na agresión física, verbal ou na imposición da forza. Se se impón un castigo, este debe estar relacionado co feito que se quere corrixir, non utilizar a retirada de privilexios non relacionados con ese feito. Non reprimir o conflito, asumilo como algo natural e aproveitar os pequenos conflitos que presenta a vida cotiá para propoñer solucións dialogadas e creativas. Non reprimir o conflito sen utilizar argumentos, deixándoo sen saída e sen ofrecer unha guía. Describir o conflito, propoñer varias solucións e delegar nos irmáns a solución final. Non presentarse ante os irmáns como unha vítima dos seus conflitos (por exemplo, dicirlles que van producir nos pais algunha enfermidade). Se xa é cognitivamente capaz de ter en conta a perspectiva doutra persoa, sobre os catro anos de idade, ofrecerlle propostas de resolución que equiparen os seus desexos aos da outra persoa. Non aceptar que se practiquen ameazas. Non tratar a un dos irmáns como vítima, facerlle ver que se confía nel para solucionar por si só problema. Nos casos de agresión física: 1. Interromper a agresión. 2. Describir a situación como non desexable. 3. Separalos temporalmente. 4. Retomar o conflito a través do diálogo. Non castigar fisicamente a quen agride Non prestar atención a quen agride, centrarse nas consecuencias negativas que o comportamento agresivo tivo na outra persoa. Ensinar a derivar a agresión de xeito directo ou cara a campos simbólicos e/ou creativos (cara a bonecos, facer un debuxo para expresar a hostilidade, expresala verbalmente).

Upload: fernandez-varela

Post on 10-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

pautas para abordar os celos

TRANSCRIPT

Page 1: pautas

CRITERIOS EDUCATIVOS PARA AFRONTAR ADECUADAMENTE OS CONFLITOS Utilizar educativamente o conflito entre irmáns require máis tempo e dedicación que

reprimilo. As relacións fraternas son unha escola de resolución de conflitos.

No posible, é mellor non intervir no conflito sempre que se guíe a súa solución.

Non practicar estilos de resolución de conflitos distintos aos que se propoñen ás criaturas como modelo.

Ser coherente e estable temporalmente cos modelos de resolución de conflitos que se propoñen como modelo.

Nos casos de intervención: non humillar á nena ou neno cuxa postura non se apoia, dialogar a solución.

Non aceptar as solucións baseadas na agresión física, verbal ou na imposición da forza.

Se se impón un castigo, este debe estar relacionado co feito que se quere corrixir, non utilizar a retirada de privilexios non relacionados con ese feito.

Non reprimir o conflito, asumilo como algo natural e aproveitar os pequenos conflitos que presenta a vida cotiá para propoñer solucións dialogadas e creativas.

Non reprimir o conflito sen utilizar argumentos, deixándoo sen saída e sen ofrecer unha guía.

Describir o conflito, propoñer varias solucións e delegar nos irmáns a solución final.

Non presentarse ante os irmáns como unha vítima dos seus conflitos (por exemplo, dicirlles que van producir nos pais algunha enfermidade).

Se xa é cognitivamente capaz de ter en conta a perspectiva doutra persoa, sobre os catro anos de idade, ofrecerlle propostas de resolución que equiparen os seus desexos aos da outra persoa.

Non aceptar que se practiquen ameazas.

Non tratar a un dos irmáns como vítima, facerlle ver que se confía nel para solucionar por si só problema.

Nos casos de agresión física:

1. Interromper a agresión.

2. Describir a situación como non desexable.

3. Separalos temporalmente.

4. Retomar o conflito a través do diálogo.

Non castigar fisicamente a quen agride

Non prestar atención a quen agride, centrarse nas consecuencias negativas que o comportamento agresivo tivo na outra persoa.

Ensinar a derivar a agresión de xeito directo ou cara a campos simbólicos e/ou creativos (cara a bonecos, facer un debuxo para expresar a hostilidade, expresala verbalmente).

Page 2: pautas

Asumir o problema dos celos como un fenómeno natural.

Non esquecer que a cualificación dun comportamento como celoso é sempre unha interpretación; xa que logo, non cualificar calquera comportamento non habitual como celoso.

Evitar os celos inducidos, aqueles comportamentos que se espera que a criatura manifeste cando lle nace un irmán.

Reasegurar á criatura sobre o vínculo que mantén cos seus pais como prevención do comportamento celoso.

Compensar, cunha maior implicación do pai nos labores de crianza, a perda de atención que sofren os nenos cando nace un novo irmán. Outras persoas próximas tamén poden cumprir esa función.

Organizarse de tal xeito que os nenos “destronados” non perdan os seus momentos de interacción exclusiva coa nai e o pai.

Informarlle de que vai ter un irmán e explicarlle as consecuencias que ese feito vai ter na vida cotiá da familia.

Evitar darlle excesiva importancia ao nacemento doutro irmán antes de que se produza.

Dar a cada irmán un papel adecuado á súa idade despois do novo nacemento.

Implicar, sen delegar un exceso de responsabilidade, ás nenas e nenos “destronados” na atención e coidados do bebé.

Non amplificar nin alarmarse coas manifestacións de celos, ter en conta que lles poden facilitar a toma de conciencia dos estados emocionais, desexos e necesidades doutras persoas, estimulando o seu desenvolvemento cognitivo.

Estimular, e ata “traducir” a expresión dos sentimentos de frustración que experimentan cando nace un irmán.

Extraido de: http://www.bilbao.net/castella/educacion/apoyo_educacion/conflicto_hermanos.pdf