picurí 2011

56
REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA nº 8 Curso 2010/2011

Upload: tics-cea

Post on 15-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Recista escolar do CPI Virxe da Saleta

TRANSCRIPT

Page 1: Picurí 2011

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

nº 8 Curso 2010/2011

Page 2: Picurí 2011

2

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

3

4 e 5

6 a 9

10 a 21

22 e 23

24

25

26 e 27

28 e 29

30

31

32 e 33

34 e 35

36 e 37

38 e 39

40

41

42 e 43

44

45

46 e 47

48

49

50 a 52

52

53

54

55

56

ÍNDICE Editorial.

Clara Campoamor: unha muller, un voto.

O MONSTRO DE GÈVAUDAN

por ADRIÁN SOUTULLO MATO 4º ESO. (OBRA GA-

ÑADORA DO CONCURSO DE RELATOS DE MEDO,

SAMAÍN 2010).

A revista de Infantil.

Letras 2011. Lois Pereiro.

Somos fillos de Balbino.

Queremos estudar en paz.

É asunto de todos.

Que queres ser de maior?

Xornadas de Interculturalidade.

La experiencia como una emigrante adolescente.

Sara Abrigo Guamán.

Cómo afrontar nuestro futuro. José Luis Otero Rozas

Soñei que... 3º Primaria. Origami, unha técnica milenaria.

O recanto das ciencias: Galiciencia, 2011.

BANDA DESEÑADA: Blanca no reino pantasmo. 5º Pri-

maria.

Algas e fungos. 5º Primaria. O ANIVERSARIO.

Por David González Gómez.

A ÁRBORE DA GUERRA

Coplas dos maios. 4º Primaria.

Unha fin de semana cos amigos. 6º primaria. Historia de lobos.

por Mª José Aranguren e Celia Rita Otero (4º

Primaria). (Historia gañadora do concurso de

contos de medo do Samaín 2010).

O CLUB DE LECTURA.

Entrevista a David Jolivet.

O noso paso polo CPI VIRXE DA SALETA.

E para este verán...

Pipo o Paxariño. 1º de Primaria.

O xardín. Alicia Nogueira Blanco, 2º Primaria.

Alumnos que se van... E outros que veñen. 2º Primaria. QUE BONITA É A LÚA DE CEA!!

Contraportada.

Page 3: Picurí 2011

3

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

EDITORIAL O curso 2010-2011 para os alum-nos de 4º da E.S.O., foi un ano cheo de emocións e sentimentos, porque sendo este o seu último ano no centro, tiveron que comezalo cunha mala noticia pa-ra eles; e para todos, claro está. O C.P.I Virxe da Saleta, sufrira un gran incen-dio... Un golpe duro, e que ninguén se esperaba. Polo demais non foi unha etapa difícil. Como en todos os cursos, a al-gúns faríaselle máis costa arriba, pois ano tras ano avanzamos, e polo tanto, aumentan as dificultades; pero con esforzo e traba-llo diario, sácase sen o máis mínimo problema. Este ano tivemos moitas xornadas de aprendizaxe. De sexuali-dade; sobre o perxudi-ciais que son as drogas e o alcohol; internet e redes sociais; charlas de Inter-culturalidade...e por su-posto non podemos es-quecernos das Xornadas de Formación Profesional, nas que contamos coa presenza de persoas que adicaron a súa vida a aquelo que lles gustaba, ou que, polo menos, intentaron día a día mellorar a súa situación. Outra das actividades interesan-tes nas que participou o C.P.I Virxe da Saleta, foi na Galiciencia, na que moi-tos alumnos da Secundaria colabora-ron, levando a cabo un custoso e labo-rioso traballo e esforzo, pero que, sen dubida algunha, mereceu a pena.

O curso de 4º, traballou moito ta-mén na materia de Lingua Castelá. Coa axuda do profesor, organizaron un Simposio de Xoves e Medios de Comu-nicación, investigando e invitando a expertos neste tema. O C.P.I Virxe da Saleta, este ano, a pesar dos graves problemas que su-

friu a principios de curso, soubo saír adiante, e non deixou e ningún momen-to de festexar datas im-portantes cos seus alum-nos. Claros exemplos son o día do Entroido 2011: O entroido dos Pobos de Cea; o Día da Árbore; o Correlingua; o Día Das Letras Galegas; o Día da Paz... momentos nos que tanto alumnos como mestres, gozamos xuntos. Despois de máis de 10 anos, aos alumnos de 4º da E.S.O tócalles dei-xar este centro e come-zar unha nova etapa das súas vidas noutro lugar diferente. Mellor ou peor, quen sabe, pero algo es-tá claro: é que en ningún lugar deixarán tantos re-

cordos coma no C.P.I Virxe da Saleta. Por todo isto e moito máis, fixemos como noutros anos atrás a Revista "O Picurí", onde quedarán todos os recor-dos de tantos e tantos alumnos e alum-nas que pasaron por este centro, para que por moitos anos que transcorran, todos estes recordos non saian da nosa memoria, e podamos lembrar con ledi-cia todos os marabillosos momentos que pasamos no C.P.I Virxe da Saleta.

Page 4: Picurí 2011

4

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

UNHA MULLER, UN VOTO. Este ano, con motivo da celebración do día da muller trabaladora, os alumnos de 4º de ESO viron a película “Clara Cam-poamor, la mujer olvidada”. Estes son al-gúns dos artigos que publicaron na web do colexio, coas súas reflexións. Seguro que vos parecen moi interesantes, e vos ani-man a coñecer a historia desta muller ex-cepcional.

AS MULLERES NO MUNDO LABORAL

Eduardo Fdez. Díaz 4º E.S.O

Hoxe en día no n é dificil atopar unha muller traballando de médico, de oficinista, de mestra, nalgún taller mecánico etc. O que hoxe non nos parece raro, senón todo o contrario, é o máis normal do mun-do, aínda non hai 50 anos era case un de-lito.

A muller só ser-vía para casarse,ter fillos e levar o nome de Sra. de... Pois para que este gran cambio se producise, fixo falta moito tempo, moita loita e mulleres con principios e ideais que loitasen polo que creían como Clara Cam-poamor.

Esta muller é un gran exemplo de sa-crificio, de traballo, de loita... entre outras admiracións. Tivo que enfrentarse a moitos homes só para conseguir o voto da muller, e mesmo á súa familia, porque pensaban que debía casarse e deixar de ser deputa-da. Pero... se esta muller lle fixese caso á súa nai, ¿seríamos iguais hoxe en día ho-mes e mulleres? ¿Conseguirían as mulleres afastarse da gran represión na que vivían?

Eu penso que non, por iso esta muller foi unha grande heroína para todas elas e pa-ra todas as institucións femininas.

¿Por que unha muller non vai poder votar? ¿Por que non vai decir o que pensa? Neste tema houbo unha gran evolución, pero aínda quedan algúns matices nesta socie-dade tan evolucionada que debemos de eliminar.

As mulleres son coma os homes, por iso te-ñen que gozar dos mesmos dereitos, e son libres de pensar o que queiran, coma nós.

LA MUJER OLVIDADA Lucía González 4º ESO

En esta pelícu-la se pueden apre-ciar muchos detalles de la sociedad de aquella época, de la mentalidad, de como trataban a las mujeres. Algo intere-sante es el personaje del periodista. Este tiene un cambio de ideas medida que transcurre la pelícu-la. Al principio podemos decir que era “machista”, no le daba importancia al vo-to de la mujer. Es más, jugaba con todas ellas, no quería nada serio y estaba siem-pre dándole largas a mujeres bonitas. Has-ta se enfada al saber que va a tener que encargarse de escribir sobre lo que estaba pasando en política con la mujer. Pero co-noce a Clara, ella no era el prototipo de mujer joven y bonita ni mucho menos, pero era inteligente, una mujer con ideales, era diferente. Y creo que Clara Campoamor hizo cambiar la mentalidad del periodista. Clara y el amor que acabó surgiendo entre los dos. Todas estas cualidades de ella acabaron enamorando al periodista sin darse cuenta. Y se dio cuenta de que el voto a la mujer era lo mejor. Al final no le gustó la idea de que lo fuesen a trasladar, que era lo que quería antes, pero era ante-s de sentir lo que sentía por Clara. Aquello era Amor.

Todo lo contrario era lo que sentían los demás diputados. Muchos de ellos a pesar de estar casados trataban a sus mu-jeres como si fuesen trapos.

Page 5: Picurí 2011

5

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

No querían la igualdad, no querían derechos para ellas. Les decían que ellas solo eran sentimientos, no eran sensatez. Para ellos eran histéricas que producirían una crisis cada mes. Si estos hombres ten-ían una mujer como esposa o como pare-ja, ¿les querían?. Porque atentando de esa forma contra las mujeres, creo que en su corazón no hay sitio para la palabra “Amor”.

EL AJUAR DE LA NOVIA Daniel Dacoba 4º ESO Encajes, puntillas, toallas, sábanas, colchas....Muchas noches en vela cosien-do y bordando...Clara Campoamor no se quiso casar y todo el ajuar que tantas horas había tardado su madre en confec-cionar quedará inutilizado. La madre apro-vecha ésto para hacer c h a n t a j e emocional a Clara, le dice que es una pena que na-die use todo eso y que se acabará es-t r o p ea n do . Después de-lante de ella le ofrece (casi sin pedir dema-siada opinión a Clara) a su nuera todo el ajuar, ya que es la que se casará pronto. Con este simple detalle entendemos aun más la educación que se le daba a las mu-jeres hace no demasiados años. Se las educaba para que se casasen, desde pe-queñas ya veían a su madre bordando pa-ra su futuro matrimonio. Hoy en día eso pa-rece impensable, ¿cómo vamos a estar confiados totalmente en que una niña se va a casar? La mujer de hoy ya no tiene la necesidad de casarse, puede vivir soltera toda la vida y no será mal vista, aunque por parte de algunas personas encontra-mos cierta insistencia en que se casen. Pa-rece mentira que alguien pudiese jugar un poco con los sentimientos, y más cuando es de madre a hija, diciéndole con cierta ironía si hay boda a la vista. A pesar de to-do lo que logra y consigue Clara, se valora-ba más que se casase y se dedicase a lo que por aquel momento eran “cosas de

mujeres” antes de que luchase por sus de-rechos y por los de todas las mujeres. Clara fue totalmente adelantada a su tiempo, no le importó estar soltera, no vestirse como el resto de las mujeres ni de-dicarse a algo más que a su hogar.

CLARA CAMPOAMOR Jose Manuel Freijedo 4º ESO Para conmemorar o día da muller traballadora vimos na clase de informática unha película protagonizada por Clara Campoamor. Nesta película refléxase per-fectamente o traballo e o esforzo dunha muller que loitou polos seus dereitos, e en especial polo sufraxio universal. Clara re-presenta o esforzo e a loita, aínda que non o tivo fácil ante as continuas acometidas dos seus rivais e dos compoñentes do seu

propio partido. Pensa-ban que a muller só tiña sentimentos e po-lo tanto non beneficia-ría a República. Os republicanos crían que as mulleres esta-ban influenciadas po-la igrexa e como esta era de dereitas poderí-an prexudicalos. Na miña opinión os repu-

blicanos deberían ter en conta as opinións das mulleres para acadar unha sociedade estable na que non houbera desigualda-des. A miña última conclusión e máis salien-table é que Clara antepuxo os seus princi-pios á súa propia familia e seguridade, xa que cando remataron as votacións e esta-llou a Guerra Civil foron perseguidos todos os republicanos e isto obrigouna a exiliarse. Non se preocupou por ela mesma senón por todas as mulleres.

Page 6: Picurí 2011

6

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

O MONSTRO DE GÈVAUDAN ESCRITO POR: ADRIÁN SOUTULLO MATO 4º de ESO. (OBRA GAÑADORA DO CONCURSO DE RELA-

TOS DE MEDO, SAMAÍN 2010)

1ª Parte Comeza o inferno

O terror existe dende tempos inmemo-

riais, dende que o home é home. O terror evo-luciona. Terror a un depredador, ao sobrenatu-ral, á morte. O terror, foi o que se desatou nun pobo do sur francés. O pobo chamábase Chateau-le-horreur. O nome caíalle que nin pintado. Todo comezou nese pobo que actualmente -no ano de 1766- non existe practicamente, só unhas ruínas. O estado do po-bo en 1764, cando todo comezou era parecido. Comecemos coa histo-ria. Corre o 29 de xuño de 1764, e unha rapaza chamada Jean-ne Boulet, de catorce anos, viña de buscar pan ao pobo veciño de Hubacs, e de regreso ao seu pobo, Gèvaudan, comezou a chover e a tronar. Como Jeanne era moi propensa a coller catarros, e cando os collía, dificilmente os apeaba, decidiu utilizar un atallo. O atallo non era outro que o camiño que conducía ata Chateau-le-horreur, e que despois seguía ata Gèvaudan. O camiño estaba practicamente invadi-do pola maleza. Correndo, correndo, Jeanne chegou a Chateau-le-horreur. Todo era moi tétrico. O pobo abríase en dous para que o visi-tante pasase pola rúa principal ata chegar todo recto á igrexa. Pola dereita e pola esquerda, había casas de-rruídas, comidas literalmente polas hedras e silvas, e os tellados só se adiviñaban por algún rastro de vigas de piñeiro que dentro de pou-co, podrecerían sen remedio. Nunha desas casas, a primeira pola dereita, había un cartel que poñía: Chateau-le-horreur. Jeanne andou e andou ata toparse coa igrexa. A igrexa era medianeira, con contrafor-tes e un arco na fachada. Había dous chanzos

para acceder a unha porta de madeira con bordes de ferro e con cravos negros. O arco da igrexa contiña gárgolas e caveiras, digamos que non era unha igrexa moi acolledora. No medio da fachada había unha pequena aber-tura onde se adiviñaba unha figura de san Bar-tolomeu, co demo debaixo dos seus pés. A imaxe cuberta de musgo na súa metade era moi fantasmagórica. A igrexa remataba en triángulo dividido na súa parte baixa en dous arcos por unha columna. No arco da dereita colgaba unha pequena campá sostida aínda por un eixe de ferro, pero a campá do arco da dereita, non estaba colgada, o xugo podrece-ra e a campá estaba agora na base do arco. Por detrás do campanario había un balcón, polo cal debería acceder a xente para repicar as campás nos días de festa. O triángulo do campanario remataba nunha enferruxada cruz .

A sorte sorriulle a Jeanne cando descu-briu que unha das fortes follas da porta estaba media derrubada. Je-anne entrou no templo e a súa sorte quedou sentenciada. O que viu na igrexa, sentenciouna... a morte.

Do teito da lóbrega igrexa, había pendu-rada unha corda, e no extremo da corda esta-ba pendurado un home, un aforcado, un cura. O cura de Chateau-le-horreur. O sacerdote estaba en avanzado estado de descomposi-ción, e os fluídos do corpo formaran un charco aos pés do cadáver que agora xa callara for-mando unha masa pestilente e de cor verdoso salpicado de líquidos negros e vermellos. O cadáver conservábase tan “ben” polas corren-tes de aire da igrexa que, se non, só habería unha corda e un montón de ósos. debaixo do corpo unha caixa de latón. Jeanne abriu a caixa e viu o seu contido: unha mata de pelo e un caderniño. A mata de pelo parecía de animal, era negra e moi dura. O caderniño era un pequeno diario, que co-mezaba así: DIARIO DE PETRE CHANÇON, PÁRROCO DE CHÂTEAU-LE-HORREUR. 13 de setembro de 1763- Debido aos estraños sucesos acaecidos neste humilde po-bo, vinme na obriga de comezar un diario no cal expoña o que pasa todos os días neste pe-queno lugar.

Page 7: Picurí 2011

7

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Todo comezou fai unha semana. Unha casa da nosa tranquila aldea foi adquirida por un señor moi maior que desexaba retirarse da vida apresurada e vir pasar aquí, a Château-le-horreu, os días que lle queden de vida. Adquiriu unha das casas máis grandes do pobo. A casa que comprou era en realidade un pequeno casarío-pazo do cal deriva o nome do noso pobo. Resulta que nese pazo se aparecían pan-tasmas, as cales acabaran coa vida dos ante-riores propietarios. O caso era que este ancián, sabendo ou non ao que se enfrontaba, comprou a casa, e canda ese ancián veu o terror, o medo e a morte. No pobo rumoréase que este ancián trouxo consigo un can moi grande, quizá un mastín, pero de momento, ningún veciño viu o can. Como dicía, todo comezou coa chegada des-te personaxe. Onte deuse a primeira desaparición, a do panadeiro. Fora por leña ao monte, e non regresara, hoxe topárono no me-dio do monte, esnaquizado non por coitelos, senón por dentes, dentes de animal. Dáme a sensación de que esta non será a primeira nin a última vítima. 15 de setembro de 1763- Entre onte e hoxe sucedéronse dúas desaparicións máis, unha por día. Cando toparon os corpos e os compa-raron co do panadeiro, sorpresa, o mesmo asa-sino, os mesmos dentes, o mesmo animal... 22 de setembro de 1763- Nestes días non puiden escribir neste diario xa que estiveron or-ganizando batidas para dar co animal, seica un lobo... De momento, o único que topamos foron lobos, pero os dentes non coincidían cos dos corpos. Está claro que sexa o que sexa, non é un lobo... 26 de setembro de 1763- Isto é de tolos. De 100 veciños que eramos, só quedamos 75. O monstro segou 25 vidas en apenas quince días. A situación é desesperada, xa ninguén se atre-ve a ir só fóra do pobo. Cada vez que hai que ir por pan a Hubacs, fórmase unha patrulla de quince homes armados con coitelos de caza e arcabuces, serven de escolta. Non sei como acabará todo isto. Unha pequena observación: o velliño que comprou o pazo non saíu en todo este tempo da súa casa, non hai luces, é como se a casa continuase sen dono.

30 de setembro de 1763- O monstro é cada vez máis sanguento, os homes da escolta morreron, no pobo só quedamos mulleres, ne-nos e anciáns. Non temos quen nos protexa. Que Deus nos asista. 2 de outubro de 1763- Onte, o monstro deu outro dos seus sanguentos golpes. Todos estaban nas súas casas, menos unhas cantas vellas, nenos e mais eu que estabamos na misa, cando o monstro entrou ao pobo. Non o puide-mos ver, pero entrou a todas as casas, e matou a quen nelas estaba, só sobrevivimos aqueles que estábamos na igrexa. É como se non pui-dese entrar ao edificio sacro. Por certo, non te-mos noticias do vello do pazo. 8 de outubro de 1763- Estou só. Todos morreron menos eu. O monstro entrou ás súas casas e matounos, as casa están cheas de san-gue, é horrible. Collín uns cantos víveres, e atrin-cheireime na igrexa.

9 de outubro de 1763, noite- Continúo na igrexa, o monstro está arrabuñando e golpeando con moita forza a porta do templo. Penso resistir, non me vou dar por vencido, pero na miña ca-beza ronda unha pregunta: Ata cando poderei aguantar? 10 de outubro de 1763- O monstro continúa a golpear a porta da igrexa, e eu conti-

núo nela. Os víveres escasean. Outra pregunta sumouse á que tiña antes na cabeza: Que sería do vello do pazo? 12 de outubro de 1763- Alá foron todos os meus víveres, non sei ata cando poderei resistir. O monstro aínda segue a espreitar. Continúa petando na porta, vou volverme tolo! 13 de outubro de 1763- Téñoo todo previs-to, voume matar. Vou acabar con isto. Espero que Deus mo perdoe e me acolla no seu seo. Entón acábase o diario. A fin do cura quedaba á vista... Daquela, Jeanne, decatouse de que pa-rara de chover, e decidiu ir ao pazo do misterio-so vello. Todo estaba cheo de po, e os escasos mobles cubertos con sabas cheas de mofo. As paredes do salón, estaban “pintadas” con mans de sangue, como se alguén untase as mans nunha gran ferida e pasara as mans por todas as paredes. Foi entón cando por unha das tres ventás do salón entrou o monstro e...

Page 8: Picurí 2011

8

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

2ª parte Revelación mortal

DIARIO DE FRANÇOIS FOCH: 29 de xuño de 1764- Chámome François Foch, son o xendarme de Gèvaudan. Onte ti-ven un soño moi raro, mellor dito un pesadelo moi raro, ou era unha visión? Onte á noite, cerca das doce da noite, apare-céuseme no meu cuarto. Era unha rapaza de máis ou menos catorce anos. Todo o seu corpo estaba enchoupado de sangue, e había partes da súa cara que parecía como se llas arranca-ran. Acercóuseme, e dixo: -Ven a Château-le-horreur, ao pazo maldito... se non vés, matareite. Inmediatamente de se ir a visión, collín a gue-rreira, as botas e o cabalo e puxen rumbo a Château-le-horreur. Cando cheguei ao pazo do po-bo fantasma, e cando cheguei ao sa-lón, vin o corpo feble dunha rapaza, da rapaza que se me aparecera uns minutos antes na miña habitación, era Jeanne Boulet. Miña avoa tiña falado del, do monstro. Tan pronto vin o escenario co cadáver descarnado de Jeanne, comprendino. Tratábase do monstro de Gèvaudan. Miña avoa xa me dixera que tarde ou cedo volvería, volvería para matar e sementar medo, terror e morte. Teño que me poñer en contacto co rei, só el e os seus dragóns poden facer algo, e aínda así dubido que ese monstro poida morrer…

3ª parte Monstruoso final

Xa é de noite. Fóra chove, chove moito, chove demasiado. Cada pouco tempo, os cris-tais da igrexa parece que se van romper en cachiños cada vez que un raio cruza o ceo. Ademais, os tronos entran polos cristais e pro-xéctanse nas paredes frías e pétreas da igrexa, o noso cuartel. Fóra, a noite. A noite escura. A noite sen estrelas e cunha gran e impoñente e á vez mis-teriosa lúa chea. A noite imponse cun silencio sepulcral. Nin un mínimo ruído. Só as gotas ca-endo contra o cristal. Un compás que non coin-cide cos nosos corazóns que bombean o noso líquido vital e tan prezado a unha velocidade vertixinosa.

É incrible que nun pobo como Gèvau-dan, ninguén estea fóra nestes momentos, nin tampouco haxa ruído, nin luces nas casas. To-dos os habitantes de Gèvaudan, están ó lado do lume nas súas cociñas. Cean co crepitar das chamas. Cean ás escuras. Cean con medo. Cean con terror. Levan ceando con terror du-rante tres duros e longos anos. Hai algo moi raro no ambiente. En todo o pobo flota un olor moi raro no ambiente. No pobo flota o olor do me-do, o olor do terror. Os ollos son o espello da alma. Calquera que mire aos ollos a calquera habitante de Gèvaudan, pode detectar o medo, o terror. Nós non somos a excepción. Teño medo. Temos medo. Temos moito medo. Todos sabemos que vamos a unha morte segura. Se nos enfrontamos a el, morreremos todos, e se non nos enfrontamos a el, terémonos que enfrontar a un consello de guerra co que

acabaríamos fusilados no paredón. Non sei se é mellor morrer fusilado ou morrer a mans dese monstro. Pero non nos vaiamos polas ramas, empecemos a historia dende o principio. Todo comezou en Gèvaudan, na par-te centro-meridional de Francia. Den-

de 1764 ata o tempo que nos ocupa, véñense dando unha serie de casos a mar de estraños. Os casos compóñense de asasinatos de perso-as, en especial mulleres e nenas, as cales apa-recían decapitadas. Antes de continuar con esta terrorífica historia, presentareime. Chámome Monsieur de Hamel, son sarxento dunha tropa de Dragóns -as forzas de choque reais- do exército da súa maxestade Luís XV. Eu e as catro compañías de cabalería que comando fomos destacados na poboación de Gèvaudan polo propio Luís XV a consecuencia dos misteriosos e arrepiantes cri-mes acaecidos nesta rexión. Así pois, establece-mos o noso cuartel xeral na igrexa de Gèvau-dan. A primeira vítima oficial foi unha nena de catorce anos chamada Jeanne Boulet o 30 de xuño de 1764 nas proximidades do po-bo de Hubacs. As cifras oficiais que barallamos dende entón ascenden a 116 mortos, pero isto só son as cifras “oficiais”. O corpo da rapaza apareceu sen cabeza. Era algo sumamente estraño. A cabeza fora arrancada de raíz, du-nha soa mordida. O modus operandi do asasi-nato do monstro é o seguinte: primeiro arránca-lles a cabeza dunha mordida -o cal nos fai pen-sar que o tamaño da súa mandíbula non é pre-cisamente pequeno-, despois, coas súas afia-das garras extráelles o fígado e outras vísceras.

Page 9: Picurí 2011

9

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Nese mesmo verán o monstro acabou coa vida doutras dúas nenas, dous nenos e unha muller de 32 anos. Pouco a pouco os crimes fóronse incre-mentando ata alcanzar a cifra de dúas vítimas por semana. Antes de que pasase un ano den-de a primeira desafortunada vítima, o monstro de Gèvaudan tiña segado a vida de 54 perso-as, 40 delas pertencentes a nenas e xoves. Ao cumprirse un ano, a Coroa interveu mandándo-nos aquí. Ante os escasos éxitos dos nosos inten-tos de dar caza ao monstro, a súa Maxestade destinou a esta misión ó arcabuceiro maior, An-toine de Beauternes. Pouco a pouco, a búsqueda comezou a coller tintes irracionais e de desesperación. O sacerdote de Gèvaudan empezou a dicir dende o púlpito da igrexa do pobo que Deus estaba permitindo ao demo cobrarse as vítimas das mulleres máis lascivas, pero iso non tiña sen-tido. Non só había mulleres entre as vítimas, se non que tamén nenos e nenas. Esa idea era inconcibible. Despois, os nobres acusaron aos cíngaros itine-rantes. Dicían que as bestas dos seus circos es-caparan. Máis tarde a culpa recaeu sobre un rapaz chamado Antoine Chastel, que despois de viaxar por África, trouxera a Francia tigres, e demais felinos para amestrar. Presuntamente Chastel tería cruzado algún tipo de felino, e lle tería posto unha coiraza. Esta hipótese nunca puido demostrarse. Todas estas son as teorías que demostra o desesperados que están os habitantes de Gèvaudan. O froito desta deses-peración reinante, é o último plan para captu-rar ao monstro. Só nos queda unha única saída para acabar con esta situación, un cebo. O tempo estase consumando, dentro de dez minutos sairemos do noso refuxio, á noite, á escura e chuviosa noite. A tormenta non cesa, continúa descargando a súa ira e a súa furia sobre nós. Vamos a unha morte segura, pero que pode-mos facer? Se non facemos nada, o monstro seguirá matando a persoas inocentes. O tempo xa se consumou, vamos alá. Abrín a porta, primeiro saíron os nosos homes e despois os cabalos. Os animais, tan pronto cru-zaron o limiar do templo, volvéronse tolos, esta-ban raros. Percibían algo, algo raro. Percibían o cheiro do medo, e o olor do terror, o fedor da morte. Montamos nos cabalos, e o cebo tamén nos acompañou. Collemos as rendas molladas e escorregadizas dos nosos cabalos e puxemos rumbo ao monte. O monte estaba cheo de ba-rro. A escuridade. A escuridade tamén reinaba no monte.

Lúgubre, si, esa era a palabra. As árbores do monte provocaban mil e unha sombras. Mil e unha sombras que facían dese lugar un esce-nario tétrico e lúgubre. Cando chegaron a un claro, puxeron no medio de dito claro o cebo. O “cebo”, era a filla do panadeiro, Ninette Lom-bard. De complexión pequena, Ninette Lom-bard tiña dezaseis anos. Cabelos morenos, pel pálida e ollos verdes, dábanlle a Ninette un as-pecto de princesa. Descabalgamos e puxémo-nos a espreitar. Durante unha hora, pero des-pois, algo pasou. Unha respiración ronca e axitada oíase por todos lados, como se foran mil monstros en vez dun. Pouco despois unha néboa espesa e branca que nos impedía vernos os pés, foise concentrando cara o interior do claro e cinxín-dose en torno a Ninette Lombard. Un berro da rapaza rompeu o silencio sepulcral da noite. Cando a néboa se evaporou, algo grande, al-go moi grande revolvíase no centro do claro. Era o monstro de Gèvaudan. O monstro estáballe arrancando a cabe-za de raíz a Ninette, e tíñalle metida a cabeza nun burato da barriga da pobre rapaza, co-méndolle as vísceras. -Fogo!! Todos dispararon contra a criatura, pero as balas escorregaban sobre a súa pel. Entón, o monstro xirouse e puidémolo ver. Ante todo, era moi diferente a calquera lobo. Tiña o lombo raiado, cunha longa liña negra que ía do pes-cozo ata a cola. A cor do seu corpo era aver-mellada. Xuraría que tiña o morro afiado, unha cola moi longa e forte, extraordinariamente mó-bil e as súas fauces eran desmesuradas. O monstro correu cara nós e... en fin, creo que é obvio como acabaron os soldados e os caba-los, ninguén sobreviviu. Pasaron os anos, e só en 1767 o monstro deixou de matar. Así pois, o lector preguntarase quen está escribindo esta historia. Eu son, como ben dixen no seu momento, Monsieur de Hamel. Non, non me equivoco, todos morreron, pero Monsieur de Hamel non. Tal vez non morrín porque non son humano. Conto esta historia para que quede constancia de como empezou todo. A morte desatouse outra vez. O terror, a morte. Iso que tanto me gusta, volveu. A morte. A morte volveu. Eu volvín. Volvín para cazar…

FIN

Page 10: Picurí 2011

10

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 11: Picurí 2011

11

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 12: Picurí 2011

12

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 13: Picurí 2011

13

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 14: Picurí 2011

14

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 15: Picurí 2011

15

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Os nenos de Educación Infantil fan duran-te a semana diferentes actividades para

conmemorar o DIA DO LIBRO. Unha das actividades foi facer cada un, un pequeno conto empregando diferentes técnicas plásticas que logo levarían para a

súa casa.

Page 16: Picurí 2011

16

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Asi quedou o conto ….

Os nenos estaban moi contentos de como lles quedou o libro despois de tan-

to traballo . Unha letra,unha pa-labra, unha frase, unha historia, un

conto...todo é per-fecto para transmitir ilusión pola lectura. ¡ FELIZ DIA DO LIBRO!

Page 17: Picurí 2011

17

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 18: Picurí 2011

18

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 19: Picurí 2011

19

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 20: Picurí 2011

20

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 21: Picurí 2011

21

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 22: Picurí 2011

22

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. A súa familia era orixi-naria das terras do Incio e alí pasaban os veráns Lois e mais os seus irmáns en con-tacto coa natureza Con dezasete anos xa era un rapaz moi culto: bo lector, amante da poesía (recitaba aos simbolistas franceses), do cine e da música (Velvet, Bowie ). No ano 1975 marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro e Manuel Ri-vas, a revista Loia. Nesta publicación apareceron poemas seus que posteriormen-te serían recollidos en Poemas para unha loia. En Madrid comeza a carreira de Socioloxía e estuda idiomas. Tamén vai ser en Madrid onde se ve afectado pola intoxicación do aceite de colza que matou a catrocentas persoas e deixou enfer-mas a unhas dezasete mil. Esta enfermidade déixao moi debilitado e avellentado prematuramente. De volta en Galicia, Pereiro instálase na Coruña, dedícase á tradución e compón poesía. Figura nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), recompilacións de poesía en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi dife-rentes tendencias mais que compartían inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca a edición da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. En 1982 gaña o premio de poesía O Facho. En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía últi-ma de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan pa-tentes as pegadas expresionistas e as referencias á literatura centroeuropea. Os temas do amor, a morte, a vida e a enfermidade están presentes en toda a súa obra pero tinxidos de vangarda e modernidade. A morte chegoulle na cidade da Coruña en 1996 cando só tiña 38 anos.

OBRAS:

Poesía: Poemas 1981-1991 (1992)

Poesía última de amor e enfermidade (1995) Poemas para unha loia (1997)

Narrativa: Náufragos do paradiso (novela) Ensaio: Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia

Page 23: Picurí 2011

23

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Mala sorte E por primeira vez desde que souben que aínda respiraba e seguía vivo sei o que é sentir medo a non estalo Interrompido na mellor escea cando estaba soñando un soño dérmico a serea distancia literaria e sabia Só ela podía ser tan inoportuna groseira inculta e pouco delicada chamándome despois de ter sobrevivi-do á confortable atracción do fracaso e saber dunha vez o que era a vida amar e ser amado.

setembro, 95

Vendo eses dous ollos latexantes

cal visión dunha imaxe entresoñada

no seu peito en perfecta simetría

cun interno tremor que me

fascina desexaría entrar nela e refuxiarme

no seu corpo secreto para sempre

protexido da morte

coa súa vida

féndeme o corpo un húmido arrepío

e bícame as vértebras con furia

nun vértigo de dor e de tenrura.

EPITAFIO DE LOIS PEREIRO Cuspídeme enriba cando pasedes diante do lugar onde repouse

enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

Page 24: Picurí 2011

24

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

No cincuenta aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Na adaptación teatral da obra de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, que nestes meses percorre Galicia, Cán-dido Pazó comeza o seu monólogo di-cindo que todos somos fillos, netos ou bisnetos de Balbino. E non lle falta razón: a maioría dos galegos vimos sendo des-cendentes dalgún Balbino, “un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén”. Moitos contamos entre os nosos de-vanceiros cun neno de aldea que comía broa, falaba galego, erguíase cedo “

para ir restrebar ou xuntar mollos”e andaba ao rebus-co. Ese avó Balbi-no xogaba co can, tiña un ami-go ao que ensina-ba a cavilar, na-morábase, e aprendía ás veces a forza de losque-adas e esquivan-do as cambade-

las da vida. O noso avó Balbino tamén soñaba con aprender máis, ser grande e ver mundo; e sobre todo que Manolito o deixase en paz. Un neno, Balbino, que un día se arrepuxo e, en vinganza polas al-draxes e humillacións recibidas, guindou-lle un cantazo a Manolito, “o fillo do amo, que come pantrigo, bebe café con leite e non se ten que erguer cedo”. Todos os Balbinos que foron e son loitaron para cambiar o seu sino de ne-nos labregos, aldeáns e pobres. A eles debémoslles o que hoxe somos . Se vivi-mos con máis dignidade e coidamos ser un chisco máis libres, é grazas á afouteza dos moitos Balbinos que nos precederon.

Porén al-gúns hai que son fillos de Manolito, “o neno do se-ñor”. “Un rapaz moi limpiño, que fala castelán e non hai quen lle tusa”. “Que non ten de-reito a darme cos seus zapatiños novos nas canelas, nin cuspirme nin decir que se eles queren, teremos que deixar a ca-sa e as leiras”. Os Manolitos de hoxe non son moi diferentes ao que coñecía Balbi-no. Mais os tempos mudaron e hoxe os fillos de Balbino e de Manolito comparti-mos aulas, traballos, ideoloxías e ata se-mella que hai moitos Balbinos trocados en Manolitos ou que todos os Manolitos se volveron humildes Balbinos. Vivimos mesturados, nunha aparente harmonía. E ata podemos pensar que os anceios de liberdade dun neno labrego se cum-priron nos seus descendentes; pero iso non é máis ca un espellismo: os Manolitos existen e están agochados nas múltiples carautas dun mundo que segue gober-nado polas mesmas inexorábeis leis que rexían cando Neira Vilas escribiu o seu libro. Unha sociedade que finxe agasa-llarnos con oportunidades para todos pero que, sutilmente e sen decatármo-nos, apreixa os nosos pescozos con fer-mosos colares que deveñen argolas. Quen serán os Balbinos que arrebo-larán os cantazos para crebar as argo-las?

O noso recoñecemento a Neira Vi-las por ter escrito un libro tan auténtico e aos nosos avós, verdadeiros protagonis-tas da novela.

Page 25: Picurí 2011

25

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Perante a situación de permanente acoso e agresión que está a sofrer o CPI “Virxe da Saleta”, vítima de reiterados ata-ques e graves actos de vandalismo, o últi-mo deles acontecido o 12 de xaneiro, coa intrusión violenta no seu recinto e destrozos varios nas instalacións e material, os e as abaixo asinantes, membros da comunida-de e do contorno educativo do centro ex-presamos:

• A nosa máis enérxica condena a este novo atentado contra toda a co-munidade educativa.

• Facemos pública a nosa total soli-dariedade co CPI “Virxe da Saleta” e lembramos que este é o último dunha serie de graves ataques que se veñen repetindo impunemente durante varios cursos contra o noso centro de ensino. No inicio do presente ano escolar, sen ir máis lonxe, o CPI sofreu un roubo de material informático e un incendio pre-meditado que ocasionou importantes danos nas instalacións e no material e provocou graves trastornos no funcio-

namento, que aínda hoxe seguen sen estar completamente subsanados.

• Esiximos unha maior implicación das autoridades competentes, xa que a día de hoxe, o centro se atopa nunha si-tuación de inseguridade, impotencia e abandono que dificulta grandemente o normal desenvolvemento das activi-dades lectivas.

• Demandamos que, dunha vez por todas, se preste atención ás permanen-tes denuncias do noso centro e, tal e como o claustro e o consello escolar teñen reclamado, se tomen de inme-diato todas as medidas necesarias pa-ra impedir a continuidade das agre-sións e restaurar o funcionamento nor-mal do centro en plenas condicións de normalidade, seguridade e tranquilida-de.

San Cristovo de Cea 15 de xaneiro de 2011

QUEREMOS ESTUDAR EN PAZ

O presente curso comezou cunha triste noticia para a nosa comunidade educativa. Unha compañeira faleceu en accidente de tráfico xusto ao carón do centro. Foi unha morte máis que se cobra a tráxica combinación de alcol e condución. A nosa compañeira Ele-na Sotelo ía ser profe de inglés no CPI Virxe da Saleta e ademais era nai de dúas nenas. E todo isto rematou cando un condutor irresponsable a levou por diante. Todo o claustro e demais co-munidade educativa solidarizámonos coa súa familia e condenamos con fir-meza este feito. A súa morte e moitas outras son evitables. Esta loita é asunto de todos. Dos condutores, os primeiros, que de-ben ser responsables e conscientes. Das súas familias que os acompañan

no coche ou poden evitar que suban a el. Dos hostaleiros que moitas veces co-ñecen ao condutor ao que serven al-col e saben que vai coller o coche despois. E por suposto, dos centros educativos. E con ese motivo escribimos hoxe este texto na nosa revista. Porque o no-so traballo de educación está nas au-las, pero tamén de portas cara fora é o noso deber axudar a que toda a co-munidade educativa tome conscien-cia desta situación. Para loitar contra a rutina, a desidia e sobre todo totalmen-te en contra da combinación alcol e volante. Nin unha morte máis.

Martiño Ramos Soto

É ASUNTO DE TODOS

Page 26: Picurí 2011

26

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Seguramente moitas persoas che pre-guntaron que che gustaría facer no futuro. No colexio de Cea celebráronse recente-mente as Segundas Xornadas de Orientación Laboral para os alumnos de segundo, tercei-ro, e cuarto de ESO do centro, organizadas polo Departamento de Orientación en cola-boración cos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor. As xornadas foron divididas en dous días. Ao primeiro día asistiron aquelas per-soas que realizaran ciclos formativos e que na actualidade están traballando. Esta primeira sesión iniciouse coa intervención de Javier Blanco Janeiro, xefe da empresa de ataú-des Janeiro. Explicou-nos como funcionaba a fábrica, as máquinas que había que con-trolar e como se facían os ataúdes por pezas. Para finalizar que se a algún lle gustaba o traballo de vernizador que aprendese máis sobre el, pois hai poucos que o saiban facer ben. Sonia Moral Álvarez, que estudou perru-quería e estética e é terapeuta natural, dixo que como todo estudo é difícil porque, entre outras cousas, tes que aprender moitas par-tes da pel e de todo o corpo. Tamén realizou estudos de fisioterapia. Actualmente traballa en Cotelas como xefa da Perruquería Moral. O terceiro ponente foi José Manuel Otero, xefe de taller. Adícase fundamental-mente a arranxar a chapa e a pintura de vehículos, e ademais ten un servizo de guin-dastres. Fixo un ciclo pero dixo que en cal-quer traballo, e en especial no seu, hai que estar aprendendo todos os días cousas novas porque grazas á tecnoloxía hai moitas cousas que cambian. Cando ten que acudir a un accidente debe saber poñerse no lugar do accidentado para poder entendelo e facerlle máis livián o que lle ocurra.

Delmiro Rozas, técnico de electrome-cánica, explicounos que o seu traballo é simi-lar ao do xefe de taller, pero con mais elec-trónica e máis tecnoloxía. Dixo que do seu traballo dependía a seguridade e a vida de moitas persoas. Aconsellounos que nunca estivésemos nese traballo sen vocación posto que se non, sería moi desagradable, e que

antes de facer mal unha cousa que non saibas facer é mellor mandar ao cliente a outro taller. Ana Beatriz Do-val Estévez, que é garda civil en Cea, comentounos como tiñamos que facer para acceder ao pos-to que ela desempe-ña. Díxonos que se podía facer por oposi-ción. Neste traballo cantos máis estudos

teñas, máis ascenderás, desde o cargo máis pequeño ao máis grande. Aínda que tamén nos comentou que ninguén estaba por riba de ninguén, xa que o seu xefe máis alto é o ministro, e este está por debaixo de todos os cidadáns. Para rematar o primeiro día, interviu Modesto Ramos Fernández, que é técnico de mantemento de calor e frío. Fixo un ciclo de Fontanería e Mantemento de Instalacións Térmicas onde tiñan clases prácticas nas que examinaban algúns electrodomésticos e o seu fucionamento.

Na segunda sesión das xornadas asisti-ron invitados que realizaron o bacharelato e algunha carreira universitaria. Algúns xa esta-ban traballando e outros aínda se atopaban no medio dos seus estudos.

A sesión comezou coa intervención de Luís Alfonso Vázquez Fernández, médico do Concello de Cea. Comentounos que Medici-na é unha carreira difícil, pero, como con outra calquera, con esforzo sácase perfecta-mente.

Page 27: Picurí 2011

27

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Dixo que na súa profesión é necesario saber poñerse no lugar do paciente, posto que, se acoden a ti é para que os axudes. Tamén nos ofreceu a observación de que se queremos ser ricos temos que ser banqueiros ou políticos, pero que se queremos ser me-dianamente felices temos que facer algo que nos guste. Isabel López Vázquez, outras das po-nentes, contounos a historia de como che-gou a ser enfermeira. Dixo que tivo malos mo-mentos, sobre todo cando era principiante, pois sentíase un pouco perdida e a veces tiña que tratar con enfermos terminais. Ela cre que se debía a falta de costume, pois agora responde perfectamente a esas duras situa-cións. Manuel Jesús Pérez Rodríguez, que é aparellador e técnico superior en prevención de riscos laborais, explicounos a súa carreira académica. Díxonos que antes de nada de-be gustarche o debuxo, particularmente o debuxo técnico, e todo o relacionado coa construción. Tamén nos dixo que a día de hoxe no seu traballo hai bastantes saídas. Noemí González Camba estudou De-reito e está preparando unhas oposicións pa-ra xuíza. Gañou varios premios polo seus ex-pedientes académicos, Matrícula de Honra no Bacharelato, Premio pola Universidade de Vigo e pola Xunta de Galicia pola sua traxec-toria universitaria. Contounos que a súa é unha carreira bastante dura, pero que con esforzo e moita dedicación poderiamos con-seguir obtela. Sempre que nos guste, porque se non, chegariamos cun estado de ánimo pésimo. Ela entrou nesa carreira despois de facer o bacharelato e de aprobar a selectivi-dade. Explicounos que as principais saídas laborais para un licenciado en Dereito eran as de avogado, xuíz ou procurador. Carmen Fernández Vázquez, profesora de infantil do noxo colexio, explicounos que fixo un bacharelato e que logo comezou a facer Maxisterio. Cando acabou fixo unhas

oposición para poder traballar nun colexio público. Explicou que para esta profesión tes que ter vocación, por-que se non, os alum-nos acaban odiándo-te e ti acabarás ta-mén farta deles. Ta-mén nos dixo que hai que saber que todo

neno é diferente e que hai que saber tratalos. Rosana Bernárdez Peña, que actual-mente traballa no concello de Cea, tamén nos contou a súa historia. Dixo que a súa ca-rreira (ela é Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía) como ten pouca demanda, é pouco coñecida. O seu traballo consiste a atender a persoas con ne-cesidades e a xente maior e en organizar actividades culturais e educativas para o concello. O seu traballo é moi activo e em-prendedor. Finalmente, Antonio Rodríguez Váz-quez, explicounos que está estudando Enxe-ñería Informática na Universidade de Vigo. Díxonos que os seus estudos requerían moito esforzó e que se nos gustaba que non dubi-dásemos en collela. Explicounos que non tiña nada que ver co que el facía antes no cole-xio, posto que eran cousas moi diferentes e moi difíciles. O obxectivo principal das xornadas cumpriuse perfectamente: agora xa sabemos mellor que decisións tomar nos estudos para conseguir o traballo que nos gusta.

Ángel Otero Castro. Alumno de 4º da E.S.O.

Page 28: Picurí 2011

28

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Fame, pobreza, estancamento económico, represión, xente que tivo que exiliarse, emigrar...

Estas son algunhas das consecuen-cias que trouxo a guerra civil. Isto provo-cou que moita xente da que nós coñe-cemos, coa que temos relación, incluso coa que compartimos xenes tivese que irse a outro país, en busca de traballo par poder axudar a súa familia. Tiveron que saltar obstáculos tan complicados como: deixar a súa familia, os seus ami-gos, a súa xente, a súa terra, os seus cos-tumes e algo tan importante e imprescin-dible como a súa lingua. Pero ademais de deixar atrás todo isto tiveron que adaptarse a algo completamente novo para eles e descoñecido.

Se somos capaces de poñernos na pel dos nosos familiares e amigos, por que non somos capaces de poñernos no lugar de tantos inmigrantes que chegan ao noso país todos os meses, en busca de algo mellor?

Se sabemos o duro que é emigrar, por que moita xente discrimina as perso-as de cor?

Estas foron, entre outras, algunhas das preguntas que se formulou o orienta-dor do noso centro (José Luis), os titores e o resto de profesores. Con esta activida-de intentouse facerlles ver aos alumnos que discriminar alguén polas súas calida-

des físicas, é algo totalmente inxusto e necio.

As xornadas tiveron lugar no segundo trimestre, ao longo da primeira semana de Febreiro, entre as 15:30 e as 17:30. A estas xornadas asistiron moitos ponentes.

O luns 7 de febreiro tivemos a participa-ción dos seguintes relatores:

Dª. Montserrat Pérez Viso. Avogada de CITE Galicia de CC.OO.

David Jolivet. Lector do CPI Virxe da Sa-leta. País de procedencia: EE.UU.

Dª Judith Sing. Responsable de Coopera-ción Internacional. País de procedencia: Nicaragua.

O martes 8 de febreiro, celebrouse unha mesa redonda sobre emigrantes (españois no mundo). Tratou sobre cales foron as causas da súa marcha e as difi-cultades con que se atoparon. Asistiron os seguintes ponentes:

D. José Bernardez Rodríguez. País de des-tino Alemaña.

D. José Ramón Bernárdez Fernández. País de destino Alemaña.

D. Manuel Rodríguez Rodríguez. País de destino Inglaterra.

Page 29: Picurí 2011

29

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

O mércores 9 de febreiro, un inmi-grante D. Mor Tala Leye e a súa muller, procedentes de Senegal, comentáron-nos a súa experiencia de integración en España.

O xoves 10 de febreiro celebrouse unha mesa redon-da sobre inmigran-tes que viven nos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor e trataron cales foron as cau-sas da súa chega-da e as dificultade con que se atopa-ron. Houbo a parti-cipación dos se-guintes convida-dos:

Dª Sara Abrigo Guamán. Alumna de 4 de ESO. País de procedencia: Ecuador.

Dª. Juana del Carmen Arieta. País de procedencia: Colombia.

D. Enzo Pirruccio Pizzo. País de proce-dencia: Italia e Venezuela.

Dª Mª Adelaira Fibrao Novoas. País de procedencia: Portugal.

Por último, o venres 11 proxectouse unha película chamada ''Cartas de Alou'', na que se narraba a chegada a España dun inmigrante ilegal. Sufría al-draxes por parte dos españois e namó-rase dunha rapaza á que ve por ultima vez cando o levan preso mentres ela

marcha no tren. Logo desta pelí-cula, que recomendamos que a vexan, estivemos debatendo en-tre todo o alumnado da ESO e chegamos á conclusión de que o racismo é unha absoluta parvada. Hai persoas boas e malas, altas e baixas, entón é unha gran aberra-ción discriminar por ningunha ra-zón. Entendemos que se discrimi-ne a unha persoa ruín, capaz de

facer mal a un colexio, pero a unha persoa tan só por ter pigmentación máis escura, non ten nin pés nin cabe-za.

Se algo aprendemos destas xor-nadas foi que non se debe ser racista, homófobo, etc... Debemos estar aber-tos a novas culturas e aprender dos de-mais.

Lidia Bernárdez Cadaía e Eduardo Fer-nández Díaz. 4º E.S.O.

Page 30: Picurí 2011

30

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Una como emigrante se siente al princi-pio desolada, es decir, sola sin nada, solo con aquellas personas que están a tu lado, en mi caso solo mi familia, solo tres personas con las cuales cuento ahora. Al llegar aquí todo es empezar de cero. Y así fue: empecé sin entender casi nada, pero creo que era por el miedo, ahora ya pasado un año y medio, lo veo todo desde otra perspectiva y ya ahora todo es más fácil para mí que al principio. Recientemente en este centro, el CPI Virxe da Saleta, se organizaron unas jornadas de interculturalidad donde tuve la maravillo-sa ocasión de participar. Para mí fue algo genial, ir conociendo y viendo que hay mu-chas más personas que han emigrado, y que en algunas ocasiones, no todos tienen la mis-ma suerte que he tenido yo como emigrante, es decir que algunas de las personas invita-das comentaban haberlo pasado fatal. Pero aun así, supieron salir adelante. Sin embargo, yo aquí lo tengo todo: estudio, tengo amigos, compañeros, personas que desde el inicio me supieron ayudar. En estas jornadas de intercultaridad tuve la ocasión de poder dar a conocer unas

pequeñas características de mi país, así co-mo costumbres, tradiciones... Les comenté sobre lo que más extraño y lo que más me hace falta aquí, recordé mi despedida y el sufrimiento que en aquel momento sentí. Fue ahí entonces cuando ya no pude contener mi sentimentalismo hacia aquellos seres queri-dos y sin soportar más, las lágrimas brotaron. En ese momento volví a tener aquella imagen tan triste de aquellas personas y se me oprimió el corazón, cuando vi que entre el público también caían algunas lágrimas supe que me escuchaban, que sentían lo que yo sentía y que comprendían lo que es-taba diciendo. Por lo cual para mi fue feno-menal y muy satisfactorio contar mi experien-cias. Por decir puedo concluir que este cen-tro educativo, ha hecho una buena labor convocando estas sesiones en las cuales los adolescentes aprenden, mucho y compren-de por lo que uno como emigrante debe pa-sar, aunque todas las situaciones en todos los casos no son iguales. Algunas son mas más duras que otras, mientras que otras ocasiones como la mía son fenomenales.

Sara Abrigo Guamán

Con ilusión, humildad, iniciativa, agilidad, aspiración, rendimiento, pre-vención, igualdad de derechos, forma-ción, continua formación, responsabili-dad, esfuerzo, superación, conocimiento, empatía, respeto, sacrificio, trabajo en grupo, disponibilidad, observación, voca-ción. Para conseguir satisfacción, realiza-ción y orgullo por uno mismo y por favo-recer a que la vida de los que nos rode-an sea más apacible y relajada. En las II Jornadas de Orientación Laboral del pasado mes de Abril se trata-ron temas de importancia de lo que pue-de ser nuestro futuro, dependiendo de lo

que nosotros elijamos ser. Para ello los ponentes recalcaron estas cualidades, necesarias para las distintas profesiones de las que se hablaron desde el ingenie-ro, los empresarios, los técnicos hasta el médico. Todos recalcaron las características que mencioné al principio. Ya sabéis, lo que queráis ser afrontadlo de esta mane-ra, como ellos hablaron. Con esfuerzo se obtienen buenos resultados, acordaros de esto. Ojalá vuestro futuro os depare una gran existencia.

José Luis Otero Rozas. Alumno de 4 de ESO.

La experiencia como una emigrante adolescente

CÓMO AFRONTAR NUESTRO FUTURO

Page 31: Picurí 2011

31

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

PABLO OTERO ROZAS: ...Tiña unha bicicleta. Unha noite deiteime pensando na miña bicicleta e cando empecei a durmir apare-céuseme a bicicleta no meu soño. Pero non era unha, senón dúas bicis como a min me gustaban. Nese soño paseino moi divertido. YENNIFER BERNÁRDEZ VÁZQUEZ: ...Estaba con dúas cadeliñas (unha chámase Laica e a outra, Laxi) e apareceron moitos, moitos canci-ños que estaban mancados e eu curei a todos os canciños. CARLA CIBEIRA CARIDE: ...Un día pola noite viñan unhas fadas para que eu pedira dous desexos. Eu pedín que puidera ir ver unha película ao cine. E o outro foi que fora de via-xe ao estranxeiro. As fadas concedéronme os meus desexos pero no medio da película espertei. Non quedei triste porque era todo un soño. ALEJANDRO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: ...Estaba xogando á oca e, de pronto, abriuse un portal ao núcleo da Terra. Alí a cada un dábannos unha armadura de ouro con garras de aceiro inoxi-dable e eramos invencibles. Un meteorito ía impac-tar pero co raio láser gañamos. As armaduras estou-paron, pero tiñan un botón e facíanse outra vez co-mo eran antes e así fixémonos invencibles. RAÚL GALLEGO GONZÁLEZ: ...Estaba na cociña e botábanme á despensa e viaxaba ao pasado. Había nunha cidade tres verdes homes que eran malos. Mesmo estaban na miña despensa. Eran amigos dun coloso, do home do Señor dos Aneis, dunha bruxa e de dous xigantes. Eles estaban nunha cidade, pero Cea é un pobo. O colexio estaba ardendo e a miña clase estaba en E.S.O. Só existía a clase de terceiro. LAURA DE MANUEL GONZÁLEZ: ...Voaba nun avión moi bonito. Chovían caramelos e piruletas. Eu saquei o meu casco para coller cara-melos. Collín moitos, pero ao sacar o casco soltei o volante do avión e esnafrouse contra o chan. GISELA PANADEIROS RODRÍGUEZ: ...Estaba na clase facendo un exame de lingua ga-lega. Non me lembraba das respostas. Entón a miña

fada madriña díxome as respostas do exame e aprobeino cun dez. Pero ao final todo foi soño. XOSÉ PÉREZ BLANCO: ...Tiña un xeado de tres metros cun cornete, choco-late, vainilla e nata. Pasaron días. Comino. Estaba saboroso porque tiña labras de chocolate. ALBA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ: ...Montaba nunha xirafa moi, moi grande. A xirafa andaba e andaba e atopámonos cunha abella que picou á xirafa. Eu baixei da xirafa e púxenlle unha tirita para que non lle sangrara. E foise feliz e conten-ta. ANDREA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ: ...Estaba na clase e pedín para ir ao baño. Fun e atopei un portal. Entrei e fíxenme pequena como unha formiga. Andei e andei e oía unhas risas...Eran fadas! Leváronme para un paraíso de fadas e tras-nos. Cando o vin, era precioso pero había unha fa-da chorando. Fun onde ela e pregunteille: ...Que che pasa...? Díxome que todos se metían con ela e eu respondinlle: ...Non lles fagas caso! E fixémonos amigas e nunca máis se meteron con ela. E o conto rematou aí porque miña mai me espertou. ALICIA GARCÍA POUSA: ...Estaba na clase e de repente fun a un libro de contos onde había dragóns e xigantes. Tamén había un volcán onde vivía o xefe dos dragóns do mundo e todos os seres máxicos lle ían levar comida e bebi-da. Eu fun por un camiño estreito e cando cheguei ao fondo do camiño, estaban cinco seres máxicos, cada un de cada clase. Cando me viron, acercá-ronse a min e un dos dragóns tocoume e volvín por arte de maxia á clase. VANESA SALGUEIRO VÁZQUEZ: ...Era veterinaria e coidaba os animais para que esti-vesen sans e xogar con eles. Os que máis me gustan son os cans e os gatos; e un pouco os coelliños pe-quenos. Iso é o que quero ser de maior. SANTIAGO QUINTILLÁN HERMIDA: ...Había comida de todo tipo. Había polo, pan, en-salada, peixe, patacas fritas...Estaba todo riquísimo e despois xoguei cos meus compañeiros: Xosé, Pa-blo, Raúl, Alex, Alba, Alicia, Carla, Yennifer, Laura, Vanesa, Andrea e Gisela.

Alumnos/as de 3º de Primaria

Page 32: Picurí 2011

32

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Hoxe estase a falar moito de Xapón. E esta vez non se fala dos últimos avances en tecnoloxía de comunicación, dos deseños máis innovadores na industria automobilísti-ca, nin do último prototipo robótico no que se está traballando. Por desgraza, tampouco se fala da súa cultura milenaria, da súa arte, nin da súa cando menos diferente gastrono-mía.

Por desgraza falamos dunha catástrofe, da CATÁSTROFE. Un país punteiro, tecnoloxi-camente evolucionado, un país do primeiro mundo, quedou literalmente varrido en gran parte pola única forza que de cando en vez decide demostrarnos quen manda aquí; a querida e temida forza natural. A Natureza, que vén pornos no sitio, que non distingue de ricos e pobres, e que é capaz de sobrecollernos tanto coa súa beleza, como coa súa fere-za.

Hoxe queremos estar con Xapón. E queremos proporvos unha bonita actividade, chegada dende a cultura xaponesa, que xa puxeron en práctica os alumnos de 2º de ESO. Practiquemos origami.

O origami é unha arte de orixe xaponés, parte integral da súa cultura dende hai máis de mil anos. Consiste no pregado de papel, para obter figuras variadas. Segundo a filoso-fía oriental, o origami achega calma e paciencia a quen o practica. A orixe da palabra procede dos vocábulos “oru” (pregar) e “kami” (papel). O origami ten unha orixe relixio-sa, inicialmente utilizábase para realizar ofrendas en certas celebracións. Posteriormente esta técnica foise popularizando, e transmitindo de xeración en xeración.

Aquí chamámoslle papiroflexia. Hoxe en día, está consolidado como pasatempo en todo o mundo, e tamén como recurso pedagóxico, favorecendo a capacidade de con-centración, a creatividades e a motricidade fina. É utilizado polos matemáticos na ensi-nanza de xeometría. Tamén se utiliza en terapias para rehabilitación de lesións cerebrais, para tratar enfermidades relacionadas coa idade, ou simplemente para mellorar a saúde do noso cerebro.

Animámosvos a practicar facendo este calendario dodecaédrico. É unha forma de aproximarnos un pouquiño a esta cultura, e pode permitirnos comprender aínda que sexa levemente, a súa natureza pausada e a admirable firmeza que mostran ante os difíci-les momentos que lles está tocando pasar, dándonos a todos unha lección de humanida-de, serenidade e fortaleza espiritual.

CONSTRUCCIÓN DUN CALENDARIO DODECAÉDRICO. Podedes descargar o modelo na páxina www.toddsplace.ca

Page 33: Picurí 2011

33

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Realizamos duas dobreces no centro, só nos extremos.

Agora marcamos e repasamos as dobreces que vedes na figura. Dobramos as liñas entrecortadas (vermello) cara fóra e as liñas de puntos e raias (verde) cara

dentro...... Este é o paso máis difícil!!!

Agora só queda facer o mesmo cos outros meses... e montar o dodecaedro intro-ducindo as lapelas duns, nos bolsos dos outros.

Dobramos as solapas, e temos un rombo, con solapas en dous extremos, e bolsos nos outros dous.

Facemos o mesmo co outro extremo..... este é o resultado. Últimas dobreces para pechar as lapelas.

Dobramos, dende cada canto, ó centro do lado con-trario, marcado no paso anterior.

Unha vez feitos os catro cantos, este é o resultado.

Page 34: Picurí 2011

34

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Despois de meses de intenso traba-llo de investigación, saíron a luz os nosos proxectos. Este foi o segundo ano no que os nosos alumnos representaron ao colexio na feira científica organizada polo parque tecnolóxico de Galicia (Tecnopole).

En Galiciencia, colexios de toda Galicia, Cataluña e Euskadi, defenden os seus proxectos científicos e compiten por un premio que consiste en levar os seus tra-ballos a feira científica de Barcelona (Exporecerca).

Nesta edición, foron seleccionados no noso colexio, catro proxectos dos dez enviados. Os proxectos aceptados son: “O pode de convicción das ONG’s” “Como a pragmática evitaría accidentes

aéreos” “As caras ocultas da cara” “¿Por que esperar a nacer para escoitar

música?” Foron defendidos por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO, con gran entusiasmo e pro-fesionalidade, deixando o pavillón de Cea moi alto. Os titores dos proxectos sentimos realmente moi orgullosos deles, pero ta-mén daqueles alumnos que traballaron, pero cuxos proxectos non foron seleccio-nados polos xurados da Galiciencia, e tive-ron que quedar fora. Moitas grazas a todos eles, e a seguir intentándoo e traballando en novos proxectos.

As experiencias dos alumnos Son alumna de 4º ESO do C.P.I. Virxe da Saleta, este é o segundo ano que parti-cipo no concurso de Galiciencia. Decidi-mos apuntarnos porque as nosas profeso-ras de bioloxía e tecnoloxía nos animaron a facelo. Era unha nova experiencia e deci-

dimos probar. O primeiro ano os meus compañeiros, Bea e Daniel e máis eu fixe-mos un proxecto relacionado co mundo dos perfumes, sen embargo este ano xa tiñamos máis experiencia e Daniel e máis eu decidimos investigar algo máis a fondo noutro campo, o da aviación.

Estudamos se a pragmática, a ma-neira en se comunicaren os pilotos na cabi-na, podería afectar nos accidentes de avións. Traballamos a fondo neste proxec-to. Estaba dirixido polo noso profesor de lingua castelá que nos axudou e propor-cionounos información. Investigamos unha morea de conversacións entre pilotos rexis-tradas nas caixas negras, clasificámolas segundo o problema que atopabamos. Tamén contactamos con pilotos para pre-guntarlle que tipo de comunicación utiliza-ban. Estivémonos quedando no colexio despois das clases ata tarde para poder rematar este proxecto pero todo isto mere-ceu a pena. Chegamos a unha conclu-sión. A comunicación entre os pilotos non sempre era a correcta. Debían comuni-carse de maneira formal e eles non sempre a utilizaban. Tamén destacou o principio de cortesía e os rangos entre os ocupantes da cabina. Moitas veces eses pequenos detalles poden acabar coa vida de centos de persoas.

Para min estas actividades foron moi importantes, porque aínda que levamos traballo pasamos tres días expoñendo o noso proxecto a centos de persoas. Onde aprendemos a expresarnos e desenvolver-nos. Foi marabilloso, por min repetiría as veces que fixesen falta. Aprendemos e á vez pasámolo ben.

Lucía González Rodríguez

Page 35: Picurí 2011

35

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

A experiencia en Galiciencia este ano foi mellor incluso que a pasada edi-ción. É unha sensación verdadeiramente excepcional cando a xente eloxia o teu traballo e interésase en escoitarte. Tras días de duro traballo, moitas veces contra-reloxo, foi moi gratificante que se recoñe-cese o noso esforzo. Ademais de presentar o noso proxecto tamén tivemos a oportuni-dade de coñecer rapaces e rapazas sim-patiquísimos, e a mestres dos que aprende-mos. Outra sensación especial é cando a prensa se achegou ao noso stand, e des-pois ver artigos en periódicos nos que se falaba do noso proxecto. Tamén aprende-mos moitísimas cousas escoitando os pro-xectos dos demais. É unha das cousas máis interesantes que fixemos na nosa etapa en Cea, e que recordaremos sempre.

Daniel Dacoba

O participar no certame científico Galiciencia foi unha experiencia realmente estupenda. Este xa foi o segundo ano, pero foi sen dubida no que máis disfrutei. Non porque nos tratasen mellor que o ano an-terior, non, ambos os dous anos recibimos un excelente trato por parte de todos os colaboradores, pero este ano, por ser o segundo e ter máis experiencia, por saber co que nos iamos atopar, levábamos máis confianza en nos mesmos, e ademais o proxecto, polo menos o meu e o da miña compañeira deste ano, estaba máis traba-llado, e resultoume máis interesante, apren-dín moito con el, e expuxen algo do que me sentía segura.

Dende o primeiro momento non nos puxemos como meta gañar, senón partici-par, aprender, disfrutar e compartir todo o que aprendemos con outros rapaces da nosa idade, profesores, universitarios, pais de alumnos...

Todos os que participamos estamos moi orgullosos do noso traballo. xa Senti-mos gañadores no momento en que acep-taron o noso proxecto. Foi unha grata ex-periencia, sen dubida, para todos nós.

Beatriz Álvarez

Foi unha experiencia inigualable, xa que nunca antes expuxera un traballo a persoas tan diferentes. Para min foi como vender un produto, porque realmente cría que o meu traballo era bo e tiña que inten-tar vendelo da mellor maneira. O que máis me chamou a atención, foron os proxectos tecnolóxicos, pero os nosa investigación foi igualmente laboriosa. Unha das cousas máis bonitas foi explicalo aos máis peque-nos, porque tes que saír do guión, cargado de tecnicismos para que te entendan.

Dende aquí darlle as grazas a todos aqueles que nos apoiaron: o noso titor do proxecto, José Manuel Dopazo, e as profe-sores de tecnoloxía e bioloxía Maite López e Conchi Casas, e a todos os alumnos que se interesaron polo noso traballo.

José Luís Otero

Page 36: Picurí 2011

36

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 37: Picurí 2011

37

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 38: Picurí 2011

38

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 39: Picurí 2011

39

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 40: Picurí 2011

40

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Hum... que poucas gañas de levan-tarme... pero deben ser máis da unha do mediodía. Que raro que mamá non me obrigase a saír da cama! Estará limpando e pasoulle a hora. Non lle fai gracia ningu-nha que desaproveite toda a mañá, nin os domingos. Ben, ó mellor esta vez non lle importa. Onte cheguei tan tarde… Vaia! Nin alcanzo o interruptor da luz. Non pasa na-da. Fareime o remolón na ca-ma un rato máis. Menudo aniver-sario! Cumprín os dezaoito, xa son maior de idade! Unha parvada coma outra cal-quera... aínda que onte paseino incrible. Ata con-seguín o móbil dunha rapaza guapísima! Hoxe a chamo. Ou de-bería agardar ata maña? Pero onde está o interruptor? Que raro! E o meu reloxo? Debo de estar a medio despertar por que non recoñezo a miña habitación. Hai pouca luz. E o meu arma-rio? E os meus pósters? Creo que desper-tei totalmente. Levántome. Esta non é a miña habitación. Pare-ce un hostal barato ou un sanatorio... e recordo que onte cheguei a miña casa, estou seguro. A esquerda hai unha porta. Está pe-chada. Vexo outra, que abro. É o cuarto de baño. Síntome tan confundido que nin sequera teño medo. É bastante grande e alongado. Algo parece moverse! Ó fondo hai unha silueta de... unha persoa!

Está mirándome fixamente. Neste momento empezo a sentir terror. Que es-taría facendo ese home alí toda a noite? Estaría vixiándome? Estarei secuestrado? Está moi quieto, petrificado, coma mín. Non o vexo moi ben. Vexo borroso, non sei por que. Parece moi vello. Apenas ten pelo e a pel é moi gris. É moi delgado e ten os ollos afundidos, como manchas escuras na súa cara. A súa expresión ta-

mén é de terror. Dou un paso adiante. A figura tamén avanza cara mín. Acercámonos ata case tocarnos... pero non é posi-ble... É un espello! A miña cara! O meu pelo! As mi-ñas mans! Podo ver as miñas mans en-gurradas e grises, trementes. Xa o en-tendo! Aínda estou soñando! Agora acordarei... Mamá!

Espértame, por favor! Mamá!!!! -Espertou! Axúdame a calmalo. -Está moi nervioso... Chamo un enfermei-ro? -Non fai falta. Ten pouca forza... Xa está... dentro dun minuto estará durmindo. -Cal é o seu diagnóstico? -Un raro tipo de amnesia selectiva. Non recorda nada desde o día do seu dezaoi-to aniversario. Todos os días levántase chamando a súa nai... -Agora xa está tranquilo... -Si, ata que desperte de novo. Pasamos ó noso próximo paciente? Este é un caso moi curioso...

David González Gómez

Page 41: Picurí 2011

41

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Así como existe unha árbore da Paz, existe tamén unha árbore da gue-rra. Ben, en realidade non é unha ár-bore porque non está feita de materia viva, como a dos carballos ou os piñei-ros, senón de ferro negro retorcido e en-ferruxado, inzada de espiñas longas e afiadas, como as que teñen os valados de arame que nos campos de batalla separan as trin-cheiras dos exér-citos inimigos. Esa árbore da guerra ten sementes. As súas semen-tes están feitas de odio e teñen tamén agudas espiñas para chantarse mellor na carne das persoas e provocarlles unha dor permanente. As se-mentes da árbore da guerra estenden as súas negras raíces até chegar aos corazóns da xente, que son o lugar que buscan pa-ra xerminar e facerse fortes. E o peor de to-do é que esas sementes son invisíbeis. As sementes invisíbeis da árbore da guerra flotan no ar ao longo do mundo. Andan na procura dun conflito: unha discusión, unha pelexa, unha inxustiza... Calquera conflito, por pequeniño que sexa lles vale para tentar botar raíces e medrar. A árbore da guerra, cando atopa un conflito, por pequeno que sexa, en-tra no corazón das persoas violentas e bota raíces e medra, medra e estende as súas negras pólas de ferro espiñento

até atrapar totalmente ás persoas que estean perto e aos seus amigos e seres queridos e envelenalos de odio, violen-cia, egoísmo, avaricia, medo... Por iso, cando dous amigos se en-fadan, ou dous compañeiros pelexan, ou se insultan, ou algúns alumnos se por-tan mal con outros; en todos os lugares onde as persoas se odien ou sexan ego-ístas, insolidarias, violentas, inxustas...as

sementes da ár-bore da guerra atopan terra fértil para xerminar.

Neses lugares, a árbore da guerra re-prodúcese rapida-mente e medra e po-de chegar a formar grandes bosques es-curos e terríbeis que se chaman guerras e dar os seus noxentos froitos en forma de bombas que estouran e matan e sementan a morte, a dor, a tris-teza e a infelicidade durante moitos, moi-tos anos. As negras se-mentes da árbore da guerra andan por

aquí perto, a rondarnos, buscando o odio, a envexa, o rancor, a violencia nos nosos corazóns para poder medrar e destruír todo o que amamos. Pero, desde logo, no CPI de CEA non llo vamos poñer fácil. Por iso hoxe, como cada ano, vamos celebrar o día da Paz e vamos plantar no noso centro unha pequena oliveira, para que nos axude a defendernos contra as semen-tes da guerra.

Page 42: Picurí 2011

42

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Xa chegou o maio ao cole de Cea

e trouxo estas coplas pra que a xente as lea.

No noso colexio facemos os maios, danzamos alegres

e cancións tocamos.

Xa chegou o maio! Imos celebrar,

pasear no campo, no río pescar.

Xa comeza maio de todas as cores, caraveis e rosas

e moitas máis flores.

Que maio quentiño! Cantas flores brancas! Que millo valente! Que galiñas pardas!

Canta nena, canta, na festa dos maios: Na praza de Cea venderás os años.

Xa cantan e rezan os monxes de Oseira para que non chova os días de feira.

O sol preguiceiro sae polo leste a lúa de noite

parece un molete.

Queimaron o cole e tamén roubaron, os nenos de Cea

moi tristes quedamos.

Pobriño colexio, custou moitos cartos, nós do vandalismo estamos ben fartos.

As xentes de Cea somos moi valentes, se temos problemas apertamos dentes.

O noso colexio moi bonito está, olla para el

a xente ao pasar.

Os profes de Cea os mellores son,

que todos os meses fan unha excursión.

Na praza da vila fixemos o entroido

dos pobos do mundo, armamos estrondo!

Grazas condutores do noso transporte, se por vós no fora non había cole.

Grazas cociñeiros, grazas limpadoras, grazas ao conserxe, que fan moitas horas.

Foi o Xacobeo

orquestras tocaron e coa Rosana

que ben o pasamos!

De moitos lugares veñen peregrinos pra ir a Santiago facer o camiño.

4º de primaria

Page 43: Picurí 2011

43

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

As festas de Cea sonche moi trouleiras temos tenderetes e pandeireiras.

No medio da praza temos unha torre con catro pilancos onde a auga corre.

Na fonte de Cea hai un reloxiño

que nos dá a hora e nos dá cariño.

Os vellos de Cea moi cucos che son: miran para as guapas

e pras feas non!

Lixo polas rúas, iso está moi mal! A hixiene de Cea é fundamental.

Este ano tocan eleccións locais,

nelas sempre poden votar pais e nais.

Esta crise mala

moito tempo dura para cando pase

xa haberá outro cura.

O cura de Cea énos moi simpático ensínanos moito, corremos no adro.

Neste país triste

que ten mala sorte traballar máis anos e ter pasaporte.

O paro infinito

choio pequeniño isto non se amaña

dentro dun pouquiño.

A xentiña chora moi lonxe da terra que lles dera estar outra vez en Cea.

Na vila de Cea

hai un pan moi rico. Sábeche tan ben

que merece un bico.

Os panadeiriños desta nosa vila fan o mellor pan coa mellor fariña.

Fariña e trigo

pra facer o pan, bos panadeiriños e con boa man.

Padeiras de Cea hai que traballar, non vos ha valer o panadeirar.

Nin branco nin negro nin o de centeo

non hai mellor pan no planeta enteiro.

Tanta fama ten en toda Galicia

que veñen probalo con moita ledicia.

Imos rematando

as coplas dos maios con moita alegría

dos nenos de cuarto.

Se non vos gustaron botádelle mel

con leite e fariña facer un pastel.

Xa nos despedimos de hoxe nun ano, que ao cole Cea volverá o maio.

Page 44: Picurí 2011

44

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Meus pais saíran de fin de semana, quedei soa na casa. Pórtate ben, non fa-gas falcatruadas, poden vir os teus amigos sempre que deixen todo recolli-do….Bah!...Todas esas cousas que din os maiores. Así que me dispuxen a pasar uns días estupendos. Quedei coas miñas amigas, algunhas trouxeron os seus irmáns peque-nos, outras os compañeiros de clase. Era-mos uns doce ,un arriba, un abaixo. Non sei se dixen que era o mes do Samaín. Novembro. Meigas, trasnos, zom-bis, lóstregos, noite, lobos, arbores que moven as pólas e xemen axitadas polo ven-to que en esta época xa e de invernía… Despois de facer a comida na casa (nada de sopas, nin verduras, nin pei-xe, iso tiñámolo prohibido. Había que aproveitar que quedara soa; así que veña pizzas, veña hamburguesas, veña salchichas...), saímos dar un paseo. E onde acabamos...???? Non vos digo máis, pois si...no cemite-rio! Alí sentados nas tumbas puxémonos a falar e a falar. Fíxosenos noite. De súpeto, un murmurio como o pisar das follas secas estremeceunos; un vento xélido cruzounos polas meixelas; un lóstre-go atravesou o ceo, un tusir como se non fose deste mundo deixounos paralizados... De repente, unha sombra enorme, grande, escura...estaba preto de nós. Viña acompañada de dúas sombra máis pe-quenas; unha delas ría e ría (hihihihi); a ou-tra mirábanos cuns ollos grandes como la-goas enmarcados baixo un turbante que apenas deixaba ver nada máis. Achegábanse e nós non podiamos nin movernos, nin respirar sequera.

A medida que se acercaban, máis rían eles e máis medo tiñamos nos. Un pa-so, outro paso, un máis e xa preto, máis preto... -Pero, que estades facendo aquí? Uf! que alivio. Era Xoán o enterrador! -Nada, nada. Estabamos a falar e fíxosenos de noite. -E de que falabades? -Pois das cabazas que temos que levar ao colexio polo Samaín.

-Ah! Ben. Esas cousas están ben. Vouvos presentar os meus amigos: este é Ibra-him, marroquí; e este outro é Pancho, mexicano. Falamos con eles. Pan-cho contounos que en Méxi-co celébrase moito o dia de defuntos: vaise aos cemite-rios a comer e beber cos mortos e fálase con eles; cóntaselle todo o que pasou no ano. E fan máscaras cas caras dos finados pintadas

con cores vermellas, verdes, amarelas, azuis, laranxas…… Ibrahim contounos que no mundo musulmán son moi respectuosos cos mor-tos . Non teñen un dia especial para eles. Pero ensinounos a facer uns debuxos moi bonitos con xena, unha especie de barro. Así que os dou amigos do enterrador déronnos unhas ideas moi boas para as nosas cabazas: serian de estilo mexicano-marroquí! E mira ti por onde o día do cemiterio pasou de ser un dia de medo a ser un dia no que aprendemos cousas doutras cultu-ras. As misturas son sempre boas. Non teño que dicir que as nosas ca-bazas foron as mellores de todo o cole! Alumnas e alumnos de 6º curso de Primaria do CPI “Virxe da Saleta” (San Cristovo de Cea).

Page 45: Picurí 2011

45

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Hai moito tempo, a xente tiña moito medo porque había moitos lobos. Todas as noites tiñan que facer quendas para vixiar a aldea e para que os lobos non os atacaran. Certo día, un ra-paz chamado Miguel decidiu viaxar á cidade en busca da súa noiva Catarina, para pedirlle matrimonio. Miguel tiña que cruzar un bosque escuro, cheo de feras. Os seus veciños dixéronlle que non o cruzara, pero el non fixo caso. Nin sequera quixo levar unha arma. Cando estaba atravesando a floresta, de repente escoitou un ruído. Era como se alguén pisara un guizo seco. Miguel asus-touse e e botou a correr; iso empeoraba a cousa. Os lobos de-ron con el e xa estaban a piques de o devorar. Entón Miguel deuse conta de que tiña un chisqueiro e prendeu lume na herba seca. Os lobos asustáronse e fuxiron. Así, Miguel logrou chegar á cidade e casar con Catarina. E cando tiveron fillos, contoulles a historia para que aprendesen o importante que é ser valente e, sobre todo, intelixente.

por Mª José Aranguren e Celia Rita Otero (4º Primaria).

(Historia gañadora do concurso de contos de medo do Samaín 2010).

Page 46: Picurí 2011

46

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

No curso 2007-2008 púxose en marcha o club de lectura “ O panadeiro poeta” para alumnos de Secundaria e formaba parte das actividades programadas desde a biblioteca do noso centro. É unha actividade comple-mentaria e totalmente voluntaria para alum-nos e profesores.

Entre os obxectivos establecidos can-

do se creou destacamos tres que seguen ple-namente vixentes: Formar lectores e lectoras que disfruten coa lectura e a incorporen ao seu tempo de lecer.

Contribuír coa proposta de lecturas escollidas a crear unha conciencia crítica e fomen-tar valores como a igualdade de xénero, o respecto, a tolerancia, a solidariedade e a defensa do medio ambiente.

Favorecer a comunicación e a convivencia entre os integrantes do club, dándolles a oportunidade de compartir ideas, emo-cións, experiencias.

É evidente que os dous primeiros consé-guense coa lectura das obras escollidas e co-as xuntanzas periódicas que temos para co-mentar as lecturas. O terceiro tamén se ve favorecido coas saídas culturais que realiza-mos cada trimestre. O Proxecto do club de lectura ten sido presentado desde a súa fundación ás convo-catorias anuais de axudas da Consellaría de Educación e ata o de hoxe recibiu unha asig-nación todos os anos para o seu funciona-mento, de xeito que as actividades son total-mente gratuítas para os seus integrantes. Os libros que mercamos para o club pa-san a formar parte dos fondos da biblioteca e quedan a disposición de toda a Comunidade Educativa. No transcurso destes anos, e xa van catro, lemos libros moi interesantes e outros non tan-to; coñecemos lugares da nosa xeografía on-de non tiñamos estado, visitamos museos e monumentos e fixémonos máis amigos. Pode-mos dicir que viaxamos coa imaxinación no tempo e no espazo a través dos libros e ta-mén viaxamos realmente polo noso país.

Page 47: Picurí 2011

47

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

OS CARTACES

Na praza da Quintana e no MUPEGA ( 2008- 2009) Integrantes do 1º ano (2007 -2008)

AS VIAXES

Allariz, no Museo do Coiro e no Museo do Xoguete (2009-10)

En Santiago, no Museo do Pobo Galego (2009-10)

Na Fundación Neira Vilas e na Casa-Museo de Rosalía (2008-09)

Xacemento “Aquis Querquernis” e beira do encoro das Conchas (2009-2010)

Page 48: Picurí 2011

48

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

David Jolivet foi lector no noso centro durante este curso. O seu traballo era que aprendése-mos o máximo inglés posible, e abofé que o conseguiu. David vén de Oregón, no noroeste de Estados Unidos. Como é “costume” nos Esta-dos Unidos, tras facer a súa carreira tomouse un ano sabático, que aproveitou para espallar un pouco máis a súa cultura. Dámoslle as grazas por ensinarnos tanto e por ser algo máis ca un mestre con nós. Good bye forever! -Como tomaches a decisión de traballar como lector? Fun a Granada no 2009 cunha beca Erasmus e comecei a aprender castelán e quixen regresar para aprender máis o idioma e coñecer máis España. O meu profesor de caste-lán faloume dos auxiliares de con-versa e vin unha oportunidade de aprender máis castelán e de transmitir a miña cultura e o meu idioma por aquí. -Por que decidiches vir aquí, a Galicia? Non puiden decidir a que sitio ir, foi todo casualidade, pero estou moi contento aquí. Galicia é moi diferente a Andalucía, e así podo aprender máis aínda. -Que é o que máis che gusta de aquí? Galicia parécese bastante a Oregón e estou moi cómodo. Gústame o orgullo que ten moita xente por ser galegos e a vida aquí é máis tran-quila. Ademáis vivir aquí tamén é máis barato e a xente galega é moi amable e agradable. -Que é o que máis botas en falta dos Estados Unidos? Á miña familia e amigos. Ás veces é difícil falar con eles, polas horas diferentes, pero a través de Facebook podo falar con todos e ver o que fan. No Nadal deume tamén pena non estar con eles, pero aproveiteino para facer un tour por Europa. Ás veces vexo en Facebook que os meus amigos están traballando e eu estou via-xando e aprendendo (risas). -Que impresión lechaches ao chegar a Galicia, e a un lugar tan pequeño para vivir? A primeira vez que cheguei a Ourense pensei que era unha cidade moi grande, ao baixarme do tren, pero o certo é que é unha cidade pe-quena e Cea aínda máis. Pero penso que iso é bó para o colexio. Os alumnos son máis tranqui-

los, os rapaces de cidades grandes son máis compli-cados. No traxexto Ourense-Cea só me pregun-ta “A onde imos?” ao ver que iamos cara unha aldea. -Que lle parece Galicia como lugar para vivir? Para vivir espectacular. A choiva e o frío é o peor, pero é un lugar moi familiar e é fácil ato-parte a xente coñecida pola rúa. Sair de noite é divertido. O único malo é que Ourense é un lugar complicado para viaxar, xa que teño que ir a Santiago ou a Madrid. -Que lle pareceron os alumnos? Excelentes. Cada alumno é único pero os que queren aprender son perfectos. Estou contento

cos alumnos, é a miña primeira vez como lector, pero síntome coma un profesor máis en Secundaria e en Pri-maria. Estou aprendendo pouco a pouco. Ao principio tiña vergonza na clase e era difícil, pero tamén apren-dín a preparar as clases moito. -Que vas facer tras esta experiencia? Este verán vou traballar nunha empre-sa de cámaras infravermellas no de-partamento de marketing durante dous meses. Despois irei a Los Ángeles a empezar a miña carreira de Dereito, durante 3 anos na Universidade do Sur de California (USC). Despois quero ser avogado, pero aínda non estou segu-

ro, ten que pasar o tempo. E penso que a miña comprensión do castelán axudarame, xa que en California hai moitos latinos. -Viaxas moito, cal foi o país ou a cidade que máis che gustou en Europa? Praga foi incrible e Budapest tamén, pero penso que a miña favorita foi Estambul. Estiven dous días e non vin case nada, é enorme, pero todo o que puiden ver encantoume. -Repetirías o traballo como lector? Si, se puidese si, pero teño que empezar a miña carreira de Dereito. -Que descubriches en España? Que podo falar castelán e que podo ser profe de inglés ou incluso, de castelán. Tamén descu-brín que ser profesor é moi difícil. Estou moi con-tento aquí a verdade e que encantaríame vivir en Galicia. Estou realmente contento cos alum-nos e cos profesores e espero que para o ano que vén teñades outro lector. Grazas por todo.

Page 49: Picurí 2011

49

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Cada día que pasa, a hora de sair da que foi e será sempre a nosa segunda casa achégase, por moi incrible que resulte. Parece que foi onte cando eramos uns cativos e entramos por primeira vez neste colexio, neste fantástico colexio. Ben certo é, que algúns entramos con máis ganas que outros. Uns esta-bamos tristes por deixar as nosas nais, por entrar nun lugar que era totalmente descoñecido para nós, que pasaría a ser máis tarde, sen sospeitalo nin por un instante, a nosa segunda casa, parte da nosa vida. Outros, polo contrario, estabamos felices, desexosos por atopar amigos, pasalo ben, xogar, compartir as nosas cousas cos demáis. Co paso dos anos fómonos acostumando a todo isto, á rutina, a esta rutina, le-vantarnos e decir , o mesmo lugar, a mesma xente, e por moito que queiramos facer crer aos demáis e incluso intentar enganarnos a nós mesmos dicindo que non nos gus-ta, sabemos que é mentira. Claro que non nos gusta estudar, facer as tarefas... pero non podemos negar que nos gusta vir ao colexio e estar coa nosa xente. Aquí temos os nosos compañeiros, mellores amigos, parellas... persoas coas que compartimos momentos, anécdotas... parte da nosa vida. Persoas que perma-necerán por sempre nos nosos corazóns, e que nunca serán substituidos por ninguén, por moitas persoas que coñezamos. Todos temos recordos moi bos da nosa infancia, de infantil e dos primeiros anos da primaria. Todos recor-damos con gran agarimo as nosas primeiras mestras, que con tanto esforzo conseguiron educarnos, prepa-rarnos para a secundaria, e por suposto para a vida. Mestres que foron como os nosos pais, porque ade-mais de ensinarnos a ler, escribir, contar... e de coidar-nos, que é outro dos moitos labores tan importantes dun mestre, ensináronnos a ser boas persoas, saber compartir cos demais, pedir perdón cando comete-mos un erro e axudar aos outros cando o necesitaron. Aínda que moitos deles xa non estén no centro, como a mestra Esperanza, Dona Fina, Dona Elva, a antiga directora Elda, o mestre Fernando, Dona Pili, a nosa primeira mestra durante os dous anos de infantil, a profesora de Inglés Raquel, varios mestres de Educa-ción Física, a orientadora que nos acompañou o pa-sado curso, e moitos máis mestres que pasaron polo C.P.I Virxe da Saleta.

Ademais de novos mestres, este ano contamos coa presenza do lector David Jolivet, un xoven de Oregón, ao que por casualidade, tocoulle viaxar a Galicia, terra coa que quedou encantado. E cos alumnos do C.P.I Virxe da Saleta tamén. “Son uns ra-paces moi amables e tranquilos” comentounos na entrevista que lle realizamos previamente á súa parti-da de volta á súa cidade. Moitas veces pensamos no colexio, e vémolo como unha tortura. Un lugar no que só imos para aprender, traballar, estudar e facer exames... pero é moito máis que todo iso. Nun colexio apréndense valores que moitas veces non están presentes nun fogar. Aprendemos a ser amigos dos que moitos con-sideran ser os nosos propios inimigos, os profesores.

Pois ao fin e ao cabo, a quen lle debemos parte do que somos hoxe? A eles, porque un mestre sempre quere para o seu alumno o mellor. Pero ademais da boa xente do cole-xio, tamén temos pre-sente todos estas cele-bracións festexadas no noso centro. Entroi-dos, magostos, Na-dais, Días da árbore, Letras Galegas... mo-mentos nos que convi-

vimos, traballamos e divertímomnos xuntos. Moita xente pensará que só é unha estrutura, algo que non está feito para ser querido ou estraña-do... Pero nós temos motivos, moitos motivos para facelo, porque sería como se nos tivésemos que mar-char da nosa casa, pois moitos de nós, a maioría, levamos entre 10 e 13 anos aquí. Moitos, moitísimos momentos, e agora só quedan meses, semanas, dí-as... En nada estaremos saíndo de aquí para non vol-tar máis, ou polo menos, non da forma en que o vimos facendo ata o de agora. Porque todas esas mañáns, eses recreos... non se volverán repetir e nada será igual... Pero o peor de todo isto son os compañeiros: cada un de nos collerá camiños diferentes. Para ca-da un de nós comezará unha nova etapa da nosa vida. Despois de mirar un pouco atrás e pensar en todo o que levamos vivido aquí, só podemos sorrir, pero pen-sar en marchar e volver a comezar de novo fai que nos invada a tristeza. Quizais sexa difícil explicar a sensación que temos nestes momentos, non é un sa-bor amargo, é tristeza pero ao mesmo tempo felicida-de. Estamos contentos de poder estudar no C.P.I Virxe da Saleta, e de saír cun bo sabor de boca.

Page 50: Picurí 2011

50

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Nestas vacacións vas ter moito tempo para ti: tem-po para xogar e divertir-te, para estar cos teus, para facer amigos e amigas, para aprender a vivir, para soñar e voar…

A galiña Rosalía de Pat Hutchins …saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...“

Negros e brancos de David McKee. Hai moito tempo, todos os elefantes do mun-do eran negros ou brancos. Amaban a todos os ani-mais, mais eles odiábanse, e cada un mantíñase ao seu lado da selva.

Rato de campo e rato de cidade de Kiko Dasilva. Ha-bía unha vez un rato de campo que vivía no tronco dunha árbore. Gustáballe o aire limpo da mañá e o son do vento a bater nas pólas.

O libro da Illa de Cortega-da de Amalia Pérez Otero e Michel Casado. A illa de Cortegada agacha un tesouro que o trasno Illote coida desde hai centos de anos. Os nenos e nenas que até alí chegan ten-

PRIMEIROS LECTORES

DE CINCO A SETE ANOS A memoria das árbores de X. Antonio Neira Cruz e Kiko Dasilva. Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a se-mente dunha árbore, dun baobab. “Ha medrar can-da ti” dixéronlle, e foi pa-sando o tempo… (Inclúe CD. Música de Marcial del Adalid).

Este é o medo de Oli e Pepe Carreiro. Dous ir-máns, neno e nena, dor-men no seu cuarto. É noite pecha... Unha gran cida-de, o silencio, a escurida-de... iso é o medo. Pero... o medo tamén ten medo, ou non?

E haberá tirón de ore-llas? de Mª Victoria Mo-reno. A cadeliña Alma narra en versos fermo-sos a súa volta a casa na compaña dun par-dal.

O león durmiñón de Anxo Fariña. Breogán, Don Quixote e mais Sancho Panza atopan un león que un domador lle leva ao conde Treboliflor. Os leóns son moi feros, mais a este só lle gusta durmir

A PARTIR DE 8 ANOS Os contos tolos da avoa Paulina de Loli Rial e Pepe Carreiro. A avoa senta nun curruncho e fala de cousas incribles. Xunto a ela che-gan homes e mulleres, pa-rrulos, vermes e ata pantas-mas.

O monstro dos Ancares de Toño Núñez. En plena serra dos Ancares viviu unha vez, hai moitos anos, un temible monstro de s e te cabe za s que sementaba o medo entre todos os habitantes das montañas. O señor do castelo de Navia de Suarna chegou a perder tres dos seis fillos, mortos polo monstro. De aí que xurase venganza.

Page 51: Picurí 2011

51

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

A noite dos animais de A. Fer-nández Paz. A misteriosa histo-ria de Raquel e o caderno chi-nés. A noite na que queda soa na casa, Raquel decide estrear o caderno chinés que lle rega-lou a súa tía.Ela non sabe que ese caderno tan especial ten propiedades máxicas .

A sopeira e o cazo de Michael Ende. Os reis Ruperto e Rufina tiveron unha filla: Comba. Os reis Filiberto e Fidelina, un fillo: Beren-guer. Ambas as parellas reais esquecen invitar ao bautizo a fada Petronila Perrenchuda, e esta, para vingarse, failles un agasallo máxico: a uns, unha sopeira sen cazo; a outros, un cazo sen sopeira

Os Megatoxos e Os Templarios da Luz. de Anxo Fariña . Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.

As desgrazas de Sophie de Valérie Dayre. Ás veces, as preguntas máis difíciles de contestar son as que un non espera. Isto ocórrelle a Sop-hie cando, un día, seu fillo a sorprende cunha pregunta: «Podes contarme algo que te fixese medrar?».

Avenida do parque, 17 de A. Fernández Paz. A vida de Mar-ta experimenta unha súpeta transformación cando seus padres deciden transladarse á cidade e alugan unha vella casa. De feito, ao pouco de mudarse, Marta comeza a oír ruidos extraños no seu cuarto.

Xela volveuse vampira de Fina Casalderrey. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vi-vente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Esta-rase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo Inclúe DVD.

De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino de Pepe Carballu-de. Divertida novela sobre o Ca-miño de Santiago. ¿Imaxinades por un intre que a escultura do Mestre Mateo e máis un par de figuras do Pórtico da Gloria co-brasen vida e se pusexen a facer o Camiño de Santiago?.

A PARTIR DE 12 ANOS

O meu gato é un poeta , Fran Alon-so. É este un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. O libro vai acompañado dun CD con música de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net.

A casa da luz de Xabier P. Docam-po. Alicia é unha rapaza moi traste e, ao parecer, cun irrefreábel dese-xo de saber, de coñecer e de ex-perimentar. Cando Alicia e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez de Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra.

A retirada de Sir John Moore. Pepe Carreiro. Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, deci-de retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón. O argumento do libro xira arredor da peripecia de Teixu-go, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños cos dous exércitos, o inglés e o francés.

Page 52: Picurí 2011

52

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Exogamia 0.3 de Ramón Caride. O último libro do noso conveciño R. Caride reúne media ducia de relatos suxestivos, que permiten abrir un debate sobre algúns dos temas candentes do noso tem-po. Cuestións nas que a ciencia é a é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo

Dragal II. A metamorfose do dragón . Elena Gallego Abad. Coa policía investigando o estra-ño roubo da igrexa de San Pe-dro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda a noticia da desaparición de Hadrián.

Non hai noite tan longa . Agustín Fernández Paz. Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis vol-veu. Só trinta e dous anos des-pois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca pode-mos fuxir do noso pasado

Campos de Cuba (cómic). Fran Jaraba. Tras Cita na Habana, cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece “Campos de Cuba”, álbum onde se narran novos e emocionantes episodios.

Despois da medianoite. Salma. (autora)/ María Reimóndez (Tradutora). No entorno abafante dunha pequena aldea, no lugar pechado das casas e das coci-ñas, transcorren as vidas de Ra-bia, Wahida, Rahima, Zohra, Fir-daus e o resto das mulleres de Despois da medianoite. As súas arelas, os seus problemas e solu-cións vannos levando por un camiño de dificultades onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante.

DE CATORCE EN DIANTE

Pipo o Paxariño — 1º de Primaria

Page 53: Picurí 2011

53

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 54: Picurí 2011

54

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 55: Picurí 2011

55

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Page 56: Picurí 2011

56

REVISTA ESCOLAR O PICURÍ ANO 2011 — Nº 8 CPI VIRXE DA SALETA

Búscanos en Facebook, Twitter e Tuenti Rúa da Costa, s/n 32130 Cea - San Cristovo de Cea (Ourense)

Tfno.: 988 28 21 69 Fax: 988 28 24 00 http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta/ - [email protected]