pintura quatrocentto

24
Características xerais da pintura do Quattrocento Non hai referencias pictóricas da Antigüidade e polo tanto, non existe unidade estilística. Tomouse como única referencia anterior a obra de Giotto. Preocupación por conseguir a profundidade e o volume por medio da cor e da luz . Predominio do debuxo e da liña, distinguíndose con claridade o contorno das figuras (que é plano). Composicións pechadas e xeométricas: as figuras ordénanse na obra formando círculos, triángulos, cadrados, etc. e nunca se relacionan co espectador. Emprego da perspectiva lineal Situación das escenas en arquitecturas ou en paisaxes para acentuar o seu naturalismo e para conseguir profundidade.

Upload: masinisa

Post on 22-Jul-2015

716 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Características xerais da pintura do Quattrocento Non hai referencias pictóricas da Antigüidade e polo tanto, non existe unidade estilística. Tomouse como única referencia anterior a obra de Giotto. Preocupación por conseguir a profundidade e o volume por medio da cor e da luz. Predominio do debuxo e da liña, distinguíndose con claridade o contorno das figuras (que é plano). Composicións pechadas e xeométricas: as figuras ordénanse na obra formando círculos, triángulos, cadrados, etc. e nunca se relacionan co espectador. Emprego da perspectiva lineal Situación das escenas en arquitecturas ou en paisaxes para acentuar o seu naturalismo e para conseguir profundidade.

Perspectiva lineal Composición pechada

Exemplos de composicións abertas

FRA ANGÉLICO, A Anunciación. Témpera sobre táboa. 1430-32

A forte impregnación das súas obras da fe cristiá valeulle o alcume de “Angélico”. María, a través da Anunciación, convértese nunha 2ª Eva, que expiou o pecado cometido pola primeira muller. A referencia á expulsión do Paraíso reforza esta interpretación.

PAOLO UCELLO, Batalla de San Romano (1450)

Traballou como escultor no obradoiro de Ghiberti, participando nas famosas portas do Baptisterio. As súas pinturas destacan polos seus atrevidos escorzose polo uso da perspectiva lineal. Este cadro forma parte dun ciclo de tres pinturas que conmemoraban a victoria dos exércitos florentinos sobre as tropas de Siena en 1432.. As tropas xiran en torno ao centro da composición. Destacan os escorzos dos cabalos.

PAOLO UCELLO, San Jorge liberando á princesa (c. 1456)

Destaca o estudo que fai da profundidade do espacio, é dicir, da perspectiva. Xunto á intensidade poética do fondo resalta o goticismo que aínda posúe a figura da princesa. San Jorge no seu corcel branco contrasta coa fealdade e brutalidade do dragón.

Masaccio. A Trinidade. Fresco. Igrexa de Santa María Novella. Florencia. 1427.

Representación da Santísima Trinidade, a morte e a posterior descomposición nunha soa escena.

Este fresco é unha das primeiras pinturas que fan uso da perspectiva lineal: nela, todas as liñas converxen nun punto de fuga, situado, nesta ocasión, na parte inferior central do nivel sobre o que se erixe a cruz. A composición está realizada desde un punto de vista moi baixo, ao nivel visual do espectador.

O marco arquitectónico da composición está flanqueado por dúas grandes pilastras acanaladas, sobre os capiteis corintios e por riba deles, un entaboamento. A acción transcorre no interior dunha bóveda de casetóns, cun arco de medio punto que está sustentado por columnas que levan capiteis xónicos.

Massacio: a súa referencia foi Giotto e a súa preocupación fundamental, a plasmación do volume. Emprega a luz para definir o volume mentres que para conseguir profundidade distribúe a luz entre as figuras (xogando coas luces e sombras) e diminúe o tamaño das figuras cara o fondo.

A escena está presidida pola imaxe de Deus Pai, que se erixe por enriba do resto das figuras e pasa as mans por debaixo dos brazos da cruz, nun xestod e ofrecemento do seu fillo. Entre as cabezas do Pai e do Fillo obsérvase unha pomba branca, símbolo do Espírito Santo.A virxe e o apóstolo San Xoan atópanse aos pés da cruz, cada un a un lado: ela sinala a Xesús cunha man, mentres a súa mirada se dirixe fóra da escena; el observa a Cristo devotamente.Nun nivel máis baixo e xa fóra do espazo arquitectónico atópanse as figuras axeonlladas e orantes dos dous comitentes, un home e unha muller anciáns.Na zona inferior simúlase a mesa dun altar sobre dous pares de columniñas. No seu interior repróducese un sarcófago sobre o que repousa un esquelete.

Esquema da profundidade espacial

Masaccio. Frescos da capela Brancacci. Igrexa do Carmine. Florencia

Tributo da moedaExpulsión do Paraíso

Masaccio. Tributo da moedaTres escenas: 1,2,3

11

22 33

Paisaxes pobres Perspectiva lineal

Figurasvolumétricas

Espazos mensurables. Matemáticos

Actitudesexpresivas

Contrastescolores

Masaccio. Adán e Eva expulsados do Paraíso

Esta é unha das escenas máis coñecidas de todo o conxunto, na que a forza da expresión de Eva acapara toda a atención da dramática escena.

Piero della Francesca. A flaxelación de Cristo. Urbino.

Trátase dun fantástico exercicio de perspectiva. Parece que o pintor calculou esta obra con rigor matemático. O chan das dúas escenas está realizado seguindo fielmente as leis da perspectiva lineal; co punto de fuga xunto ao verdugo da esquerda de Cristo. Na obra deste pintor predomina a cor por riba do debuxo. A través do tratamento da cor, o artista consegue dotar de relevo ás figuras da dereita, co que parecen aínda máis próximas ao espectador.

A Pala Brera

Madona de Sinigaglia

Piero della Francesca

A Virxe exemplifica a tipoloxía feminina que representaba o pintor e que se caracterizaba polas figuras robustas, con volume e un poderoso pescozo, que ocupan todo o espazo compositivo.

En primeiro termo, o duque de Urbino armado, detrás numerosos santos e, pendurado do casquete absidial, un ovo de avestruz.

Bautismo de Cristo (1448-50)Anunciación

Piero della Francesca

Na primeira obra, a profundidade ven dada polos catro árbores que se van degradando en dimensión. A luz radiante, case sen sombras, e a gama de cores cálidos e fríos, recortan as figuras destacando a sólida xeometría da composición.

Piero della Francesca. Retratos de Battista Sforza e do seu marido, Federico de Montefeltro, duque de Urbino. (1465-66).

Co retrato desta dama conseguiu o artista unha obra mestra, ao unir figura e paisaxe con tan extraordinaria armonía de atmósfera e luz. O perfecto estudo do volume e perfil non exclúe a cuidada observación da paisaxe nen a perspectiva.

Piero della Francesca, A cidade ideal

Andrea Mantegna. Cristo morto

A. Mantegna. Cristo morto

A. Mantegna: destaca o dominio do debuxo e a técnica do escorzo. Acostuma a empregar un punto de vista baixo co que as súas figuras semellan monumentais (“estatuas pictóricas”).

A. Mantegna. Cámara dos esposos. Decoración da cúpula (óculo)

Botticelli. O nacemento de VenusVenus, deusa da beleza, do amor e do matrimonio, acaba de nacer e chega, montada na súa cuncha e empurrada polos ventos, á illa de Chipre, consagrada ao seu culto. O esquema compositivo é sinxelo: as catro figuras que compoñen o cadro provocan un xogo de forzas que se contrarrestan e lle proporcionan movemento e tensión á escena. Os ventos diríxense en dirección á deusa e esta érguese sobre unha perna que lle serve de punto de apoio, mentres a outra queda libre (según o modelo da estatuaria grega).

Marte e Venus. O tema representa como Venus, deusa do Amor, apacigua nun profundo sono ao belicoso Marte, ao que os trastes sátiros non logran espertar. A precisión e a sensualidade do debuxo, o amor pola forma pura case sen escorzos, a suave e ideal expresión dos rostros, son instrumentos ao servizo dun sutil contido intelectual.

Perugino (escola de Umbría). Entrega das chaves a San Pedro. Pintura ao fresco na capela Sixtina do Vaticano. Observa o desarrollo da perspectiva lineal: se prolongas todas as líneas do cadro (por exemplo, as do solo ou as que unen as cabezas de cada fila de persoaxes) verás que conflúen nun punto central (punto de fuga), situado na porta do templete central.