plan anual de lectura 2010-2011
DESCRIPTION
Plan de actuacións para o fomento da lectoescritura e a investigación.TRANSCRIPT
PLAN ANUAL DE LECTURAIES “Río Miño”Rábade (Lugo)
Curso 2010-2011
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
ÍNDICE PÁXS.
0.- Índice ---------------------------------------------------------------------- 1
1.- Obxectivos ------------------------------------------------------------- 2
2.- Actividades ------------------------------------------------------------- 3
2.1.Actuacións comúns para todos os alumnos ------------------------- 3
2.2.Actuacións por departamentos ---------------------------------- 4
3.- Modos de difusión do Plan Anual de Lectura ------------------------- 37
4.- Criterios de avaliación ---------------------------------------------------- 37
5.- Instrumentos e fontes de avaliación ---------------------------------- 38
2
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Para dar continuidade ó Proxecto Lector de Centro, planifícase un conxunto de
actuacións coordinadas nas diferentes áreas, que constitúen o Plan Anual de Lectura
para o curso 2010-2011, cos seguintes
1. OBXECTIVOS
• Mellorar as habilidades lectoras (dicción, entoación, pausas, corrección
postural…) e escritoras (ortografía, redacción, presentación…).
• Mellorar o vocabulario, mediante o emprego de técnicas de traballo persoal e na
aula que impliquen o uso do diccionario como fonte de resolución de dúbidas
sobre a adquisición do léxico das diferentes áreas.
• Mellorar a comprensión.
• Traballar con todo tipo de textos (literarios, expositivos, xornalísticos,
publicitarios, gráficos) e todo tipo de soportes (impresos e electrónicos).
• Incrementar a motivación cara á lectura e desenvolver o hábito lector e gusto
pola lectura, despertando a necesidade de ler como ferramenta indispensable
para mellorar a producción dos propios textos escritos.
• Crear os medios que faciliten o acceso do alumnado á lectura e á práctica da
escritura como materia transversal de todas as áreas, indispensable para a
aprendizaxe.
• Establecer os fundamentos dun traballo coordinado de lecto-escritura na aula en
todas as materias.
• Implicar a todo o profesorado nas actividades, campañas e outras experiencias
que poideran programarse para potenciar o hábito lector e as capacidades
inherentes ó mesmo.
3
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• Facer partícipe á familia da lectura porque o papel dos pais é fundamental á hora
e reforzar as tarefas lectoras que se fan no centro.
• Potenciar o papel da biblioteca como centro de recursos e de infomación.
Para acadar estes obxectivos levaranse a cabo as seguintes.
2. ACTIVIDADES
2.1. ACTUACIÓNS COMÚNS PARA TODOS OS ALUMNOS:
2.1.1.- LECTURA
o Ler para disfrutar.- Continuarase coas actividades da Hora de Ler xa
iniciadas no curso pasado.
o Ler para comprender: Introducir en todas as materias o traballo con
textos de todo tipo (narrativos, expositivos, argumentativos…) e
procedencia (manuais, periódicos, atlas, revistas divulgativas, obras
literarias...) en distintos soportes (papel, multimedia...).
2.1.2.- ESCRITURA.-
o Restar ata un 10% da nota de calquera produción textual (exame,
actividade, traballo…) referido a faltas nos seguintes aspectos:
- Normas ortográficas, erros na escritura, acentos ou signos puntuación.
- Corrección léxica e gramatical: vocabulario axeitado, repeticións,
concordancias...
- Presentación correcta dos escritos: caligrafía clara, pulcritude,
limpeza, marxes, separación entre parágrafos…
- Prazos de entrega.
2.1.3.- VOCABULARIO.-
o Elaboración dun glosario cos termos propios de cada materia.
4
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
2.1.4. EDUCACIÓN DOCUMENTAL.-
o Realizar un traballo de investigación en cada materia para o cal se
empregarán os fondos da biblioteca. Suxerimos como tema
“Descubrindo os descubridores” en calquera dos seus aspectos. Para
este traballo proporcionarase ó alumnado:
- Tema e guión dos aspectos a tratar.
- Bibliografía (libros, páxinas web fiables e outros documentos.
- Forma de presentación (documento impreso ou manuscrito,
power point, gravación, etc.)
- Normas de presentación segundo o acordado polo equipo
docente.
- Baremo de valoración da expresión escrita que se terá en conta á
hora de avaliar o traballo.
2.2. ACTUACIÓNS DOS DEPARTAMENTOS: 2.2.1.DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
OBXECTIVOS DA ÁREA DE E.F.
1. Que o alumno tome conciencia do importante que é leer na sociedade actual.
Nos libros encontramos información para afrontar os retos da vida y en Internet
ábresenos unha ventana ao mundo dixital, onde casi toda a información ten un
compoñente escrito. La lectura é a base para obter a formación necesaria en calquera
área del conocimiento humano y en cualquier oficio o profesión. Pero a lectura non sólo
nos sirve para obter información e desenrolar noso intelecto;a lectura é unha aventura
con emocions e sensacions encontrando nela historias que nos fan rir, chorar, amar,
reflexionar, ... TODO ESTÁ NOS LIBROS! Vas perdelo?
2. Habitualos á lectura de distintos tipos de texto en relación coa área de E.F.
5
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Rimas, Novelas, Cómics, Viñetas, Información deportiva (periódicos y revistas), Textos
especializados (Libros con información sobre historia, técnica, táctica, exercicos, .. de
distintos deportes.
3. Facilitarlles o acceso ás Lecturas de interese para eles.
Indicarlles editoriaies e librerías que publican textos en relación coa Actividade Física.
Informarlos sobre a existencia de distinta prensa deportiva. Facilitarlles direccións de
internet onde se lles orienta na selección de textos según seus gustos literarios.
4. Aportarlles referencias bibliográficas en relación os contidos impartidos dentro
da aula.
Todo o que se lles imparte na aula non é inventado, é algo aprendido de la
experiencia e os libros. Nas sesiones con un componente teórico amplio, aproveitar para
leer unha síntesis dun texto o un artículo en relación co tema.
5. Aconsellarles acerca de ¿cómo leer?. En relación os Hábitos posturais correctos.
6. Que tomen conciencia da sua capacidade lectora.
Velocidad lectora e comprensión lectora
Para a consecución de ditos obxectivos o departamento de E.F. Ha elaborado
valiéndose das TIC un curso de animación a la lectura chamado CORRE e LEE
que se encontra na aula virtual do centro y a o que tiñen acceso os alumnos do mesmo.
E consta dos seguintes apartados.-
Descubre los libros
El privilegio de leer
Lectura herramienta para evitar el fracaso escolar
6
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Lectura y educación
Valores mínimos de eficacia lectora
¿Por donde empezar? Lectura a la carta.
Lee y sonrie
Lee e imagina
Lee y aprende
Únete al club y muévete con los libros. Direcciones de interés
O departamento participa para incentivar a lectura na ½ hora de lectura libre
diaria asignada a cada curso.
7
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
En el siguiente cuadro se concretiza en cada nivel educativo y para cada bloque
de contenidos la introducción de forma específica de actividades de promoción de la
lectura y valoración de la capacidad de comprensión y expresión del alumnado.
8
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
9
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
2.2.2.DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL
Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei orgánica de educación
e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para toda-las etapas de ensino
obrigatorio, os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seus proxectos
educativos de centro, os chamados Proxectos Lectores que integren todas as actuacións
do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das
competencias básicas.
Na biblioteca do centro existe una seleción de lecturas en relación coa materia de
Educación Plástica e Visual, como proposta para o fomento da lectura no alumnado.
- OBXETIVOS DO PLAN LECTOR DO DEPARTAMENTO DE DEBUXO
O Departamento de Debuxo contribuirá neste curso ao Proxecto Lector do
Centro elaborando uns Obxetivos, Fundamentos e Organización do mesmo adaptado a
este Departamento, teñendo en conta os siguintes puntos:
1- Formación de lectores competentes.
2- Creación e consolidación de habitos de lectura.
3- O proceso lector.
4- Lectura de textos da especialidade: arte, debuxo, vida de artistas, etc.
10
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
- - ACTIVIDADES DE PROCURA DE INFORMACIÓN E ESTRATEXIAS
LECTORAS
A materia de EPV ten as dificultades lóxicas para aplicar estratexias lectoras,
dada as poucas aplicacións nunha dinámica de traballo baseada na práctica pura do
debuxo. Pero podemos buscar información relacionada cos debuxos e traballos feitos en
clase que fagan referencia aos dous grandes apartados en que se divide a materia:
Debuxo Técnico e Debuxo Artístico. Moitos debuxos artísticos feitos en clase baséanse
en obras de artistas famosos da historia, dando lugar a motivos de procura de
información e a súa posta por escrito que pode utilizarse como estratexia lectora e de
escritura. O Debuxo Técnico, sendo menos agradecido dado o seu pouco caracter
literario tambien pode ser obxecto de procura de información histórica, por exemplo:
vida dos geómetras famosos, aplicacións ao longo da Proporción Áurea, textos sobre
Normalización Técnica, etc.
En todas estas actividades terase que coidar a expresión escrita, corrixindo faltas
de ortografía e teniendolas en conta para a nota da avaliación correspondente.
Ademais, o PLAN LECTOR DO CENTRO contempla a actividade de lectura en clase
durante media hora en datas escollidas, para que a lectura do texto escollido fágase en
todas as materias. Pra iso a directora do Plan Lector proporcionaranos a todos os Xefes
de Departamento un horario especificando os diía ao mes nos que levar acabo esta
actividade
2.2.3.DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
TRATAMENTO DE FOMENTO DA LECTURA
• Interese por ler diante do grupo con claridade e vocalizando.
• Busca de información e lectura de textos sobre acontecementos e persoas
relacionadas ca economía e a empresa ao longo da historia.
• Interpretación de mensaxes que conteñan informacións sobre cantidades,
porcentaxes e medidas ou sobre elementos ou situacións de carácter
económico/empresarial.
• Valoración da utilidade dos distintos sistemas de numeración como recursos
para a codificación e a transmisión de información relativa ao ámbito, ao
desenvolvemento das ciencias, ao pensamento, etc.
11
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• Valoración se a información dada por un texto é fiable, atendendo ás
unidades de medida que se mencionan.
• Integrar na linguaxe os números fraccionarios, recoñecendo a súa utilidade
como elementos que achegan flexibilidade e precisión.
• Integrar na linguaxe os conceptos e a terminoloxía propios da
proporcionalidade e, con eles, incrementar as posibilidades expresivas.
• Comprensión do enunciado dun problema a partir da análise de cada unha
das partes do texto e a identificación dos aspectos máis relevantes,
comprobación da coherencia da solución co problema proposto.
• Entender un texto co fin de poder resumir e analizar a súa información.
• Análise dos aspectos máis destacables dos gráficos a partir de exemplos
tomados dos medios de comunicación e de informacións relacionadas co
ámbito económico.
• Expresar concisa e claramente unha análise económica baseada nun
conxunto de datos dados.
• Valoración crítica das informacións económicas que aparecen nos medios de
comunicación, sabendo detectar, se os houbese, abusos e usos incorrectos.
• Recoñecemento e valoración da utilidade da linguaxe económica para
representar e axudar a entender problemas da vida cotiá.
• Sensibilidade, interese e gusto ante o uso da linguaxe económica en
informacións e argumentacións sociais ou económicas.
2.2.4.DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Na Intranet do Instituto está a disposición de toda a Comunidade Educativa a
información do funcionamento do PLAN LECTOR aprobado no claustro que tivo lugar
o luns, día 26 de outubro de 2.009. O Seminario de Francés colaborará co fomento da
lectura con dúas sesións trimestrais de media hora cada unha en cadanseu grupo.
Ademais recomendará lecturas de libros axeitados para a idade do seu alumnado
con textos de todo tipo (narrativos, expositivos, argumentativos, diálogos etc…) e
procedencia ( manuais, revistas, atlas, obras literarias adaptadas a cada nivel,guións
teatrais..) en distintos soportes (papel, multimedia..).
Propoñerá traballos de investigación individuais e/ou grupais.
12
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Incluirá e temporalizará as prácticas de comprensión e fomento da lectura e da
escritura conforme ao Plan Lector.
Entre outras propostas, e para fomentar a lectoescritura e a comprensión lectora
co seu seguimento e avaliación o Departamento de Francés propoñerá a lectoescritura e
a comprensión dun guión dunha obra teatral, incluídas as actividades didácticas para
facilitar a correcta interpretación da obra coa seguinte estructura e que terá lugar durante
o 1º trimestre:
Antes da obra:
- representación da contextualización da obra.
- Aspectos fundamentais aos que se debe procurar máis atención.
Durante a obra:
- Anotación de datos, feitos, accións…
- Relación entre linguaxe verbal e non verbal.
- Enumeración de expresións, xiros ou calquera vocablo que chame a atención.
Despois da obra:
- Análise do contido.
- Que?, Cando?, Como?, Por que?, Intención?, Finalidade?
- Tema principal, subtemas, aplicación á realidade.
LIBROS DE LECTURA
1º ESO: Selección de textos adaptados ao nivel de principiantes; relatos curtos.
Colección Facile à lire, ed. Vicens Vives e cómics.
2º ESO: Le village englouti (Danièle Bourdais). Editorial Pearson.
3º ESO: Jamais de jasmin (Marguerite Descombres). Edit. Vicens Vives.
2.2.5.DEPARTAMENTO DE INGLÉS
Co “Plan Lector” o centro pretende conseguir a mellora das habilidades lectoras
(ritmo, entoación…) e de escritura dos alumnos dos diferentes niveis, tras comprobar
mediante diferentes enquisas e o traballo diario nas aulas as súas carencias e
necesidades ao enfrentarse á lectura ou análisis dun texto. Os principias obxectivos de
este plan son mellorar o vocabulario dos alumnos potenciando o uso do diccionario,
13
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
mellorar a súa comprensión dos diferentes tipos de textos facilitándolles diferentes
estratexias (achegamento previo ao texto, sublimado de ideas principias, elaboración de
esquemas…) que os leven a unha compresión clara e crítica deles, fomentar a lectura
individual de cada alumno e o uso da biblioteca do centro.
O Departamento de Inglés elaborou unha serie de actividades co fin de alcanzar
estes obxectivos xerais do centro:
- Os alumnos terán, como en anos anteriores, unha lectura obligatoria en inglés por
curso adaptada ao seu nivel da que serán avaliados e contribuindo esta nota á nota final
da materia. Cada profesor planificará actividades, as incluidas nos propios libros ou ben
outras, para traballar o vocabulario e contidos dos libros.
- Dentro do “Plan Lector” do centro, menciónase a necesidade de habituar aos alumnos
a seguir unha metodoloxía á hora de leer ou escribir un texto: facer unha lectura previa,
(recoñecendo a estructura do texto, o contexto), unha lectura máis minuciosa
(subliñando e facendo esquemas e unha lectura de síntese (retendo os conceptos do
texto).
Na asignatura de lingua inglesa, este é un proceso que se segue en tódolos textos
que se leen durante o curso, incluidos nas diferentes unidades: coméntanse as fotos que
acompañan aos textos, úsase o “ “brainstorming” para buscar vocabulario relacionado
co texto, subliñanse as estructuras gramaticais que se están a traballar que aparezan nel,
etc. Do mesmo modo, na asignatura de lingua inglesa tamén se practica diariamente a
lectura en voz alta, coidándose aspectos como a dicción, a entonación, a inflexión de
voz, etc.
Tamén na Programación do curso se inclúe a elaboración dos diferentes tipos de
textos: cartas formais e informais, textos argumentativos, descripcións, resumes,
narracións… Os alumnos fan ao longo de todo o curso actividades enfocadas a mellorar
a súa escritura como completar textos con conectores, expandir textos con frases
simples para facer textos máis complexos, escribir textos co vocabulario aprendido
nunha ou varias leccións…
- O departamento de Inglés elaborou tamén un “Itinerario Lector”, que ten como
principias obxectivos fomentar a lectura autónoma dos alumnos e achegalos ás obras
14
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
máis representativas da literatura inglesa e americana. Así, temos elaborado unha lista
destas obras traducidas ao español ou ao galego que os alumnos poderían coller na
biblioteca para ler na media hora de lectura diaria no centro ou nas súas casas. O
profesor encargarase dende a clase de falarlles destas obras e dos seus autores para
espertar neles o interese por elas.
As lecturas clasificadas por niveis son as seguintes:
· 1º CICLO E.S.O:
- “Las aventuras de Tom Sawyer”, Mark Twain
- “Las aventuras de Huckleberry Finn”, Mark Twain
- “Cuentos de Navidad”, Charles Dickens
- “Oliver Twist”, Charles Dickens
- “La isla del tesoro”, R.L. Stevenson
- “El sueño de una noche de verano”, Willian Shakespeare
- “Mucho ruido y pocas nueces”, Willian Shakespeare
- “Robin Hood”, Stephen Colbourn
- “Robinson Crusoe”, Willian Defoe
- “El Mago de Oz”, L. Frank Baum
- “Sherlock Holmes”, Sir Arthur Connan Doyle
- “Los viajes de Gulliver”, Jonathan Swift
- “Mi familia y otros animales”, Gerald Durrell
- “Harry Potter”, J.K Rowling
· 2º CICLO E.S.O E BACHARELATO
- “Drácula”, Bram Stoker
- “Frankenstein”, Mary Shelley
- “Cumbres Borrascosas”, Emily Brontë
- “Jane Eyre”, Charlotte Brontë
- “El fantasma de Canterville”, Oscar Wilde
- “El retrato de Doryan Gray”, Oscar Wilde
- “David Copperfield”, Charles Dickens
- “Emma”, Jane Austen
- “Sentido y Sensibilidad”, Jane Austen
- “Dr. Jekyll y Mr. Hyde”, Robert Louis Stevenson
15
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
- Libros de “James Bond” de Ian Fleming
- “Romeo y Julieta”, “Hamlet”, “Macbeth”, “Otelo”, Willian Shakespeare
- “La caída de la casa de Usher”, “Los asesinatos de la Rue Morgue”, Edgar Allan Poe
- “Alicia en el país de la maravillas”, Lewis Carroll
- “Daisy Miller”, Henry James
- “El Gran Gatsby”, F. Scott Fitzgerald
- “Adiós a las armas”, Hemingway
- “ Un pasaje a la India”, E.M. Forster
- “El agente secreto”, Joseph Conrad
Dende o noso departamento, tamén se elaborou unha serie de actividades nas
que se pretende compaxinar o fomento e mellora da lectura e escritura co uso das TIC.
Asi, nos diferentes cursos realizaremos as seguintes actividades:
_ 1º ESO: Os alumnos deste nivel elaborarán un traballo sobre diferentes tipos de
comidas ou bebidas da zona onde eles viven ou dun país de fala inglesa. Obterán esta
información de páxinas de Internet sobre alimentación adaptadas ao seu nivel que o
propio profesor lles facilitará.
_ 2 º ESO: Traballo sobre as costumes do nadal en Galicia en nos países anglosaxones.
Poderán obter a información necesaria a través de Internet ou nas enciclopedias e libros
sobre o tema dispoñibles na biblioteca do centro.
_ 3º ESO: Exposición oral sobre unha persoaxe que eles admiren “My hero”. Para elo,
poderán buscar información nos libros dispoñibles na biblioteca ou a través de Internet.
_ 4º ESO: Traballo sobre unha cidade ou pobo dun país de fala inglesa. Os alumnos
buscarán información en Internet (por exemplo, nas páxinas oficiais das distintas
localidades) ou nas enciclopedias ou libros da bibioteca. Farán unha presentación oral
do seu traballo utilizando “Power Point
_ 1º BAC: Os alumnos informarán semanalmente dunha noticia aparecida nun periódico
ou revista de lingua inglesa. Buscarán estas noticias en diarios dixitais ou nas revistas
que poden consultar na biblioteca. Así, acercaranse e traballarán con novos tipos de
textos e se afarán ao uso de periódicos dixitais para obter noticias de actualide.
16
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
2.2.6.DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Conforme ós obxectivos establecidos no Plan Lector do centro traballaremos as
habilidades lectoras e de escritura constantemente. Para iso realizaremos as seguintes
actividades:
1. Resolución de problemas seguindo as seguintes etapas:
• Comprensión do problema: Lerase o enunciado con toda atención primeiro
individualmente e en silencio e logo en voz alta por parte de algún alumno
ou do profesor. Tomaranse notas e representaranse os datos
esquemáticamente e tratando de comprender o que nos preguntan; se é un
problema geométrico será imprescindible facer un debuxo.
• Elaboración dunha estratexia de resolución: O alumnado terá que
concibir un plan de resolución e logo executalo. Para eso ensinarémoslles
distintas estratexias: resolución gráfica, ensaio-erro, razoamento inverso,
organización da información, descomposición do problema noutros máis
sinxelos, busca de regularidades, busca dun contraexemplo, etc..
• Reflexión sobre a solución: Comprobarase que o resultado responde ó que
se pedía e redactarase claramente a solución.
2. Lectura en voz alta de textos na clase coidando a dicción, entonación,
etc..Seleccionaremos textos sobre historia ou curiosidades das Matemáticas e da
ciencia en xeral. Tamén se proporá os alumnos que busquen eles mesmos este tipo
de textos na prensa, Internet, libros, etc..
3. Confección dun esquema-resumo e vocabulario de cada unidade.
4. Recomendarase e valorarase a lectura dun libro seleccionado para cada curso
segundo o nivel de dificultade, e do que os alumnos terán que elaborar un pequeno
traballo escrito, de entre os seguintes:
17
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• Malditas Matemáticas: Alicia en el país de los números. Autor Ricardo
Gómez. Alfaguara.
• El gran juego. Autor Carlo Frabetti. Alfaguara.
• Historia de las matemáticas en cómics. Autor José Luís Carlavilla. Proyecto
sur de ediciones.
• El hombre que calculaba. Autor Malva Tahan. Catapulta editores.
• Cuentos del cero. Autor Luís Balbuena. Nivola
• Matecuentos. Cuentamates. Autor J. Collantes e A. Pérez. Nivola
• Matecuentos. Cuentos con problemas 2. Autor J. Collantes e A. Pérez.
Nivola
• Matecuentos. Cuentos con problemas 2. Autor J. Collantes e A. Pérez.
Nivola
• Cuentos con cuentas. Miguel de Guzmán. Nivola.
• El señor del cero. Mª Isabel Molina. Alfaguara.
• Póngame un quilo de Matemáticas. Carlos Andradas Herannz. Sm el Barco
de Vapor.
• El asesinato del profesor de Matemáticas. Jordi Sierra y Fabra. Grupo
Anaya.
• Una historia de Matemáticas para jóvenes. Autor: José Manuela Vegas e
Ricardo Moreno. Nivola.
5. Elaboración dun pequeno traballo de investigación para cada curso, para o cal o
profesor proporcionará as directrices a seguir: tema, guión, bibliografía, forma e
normas de presentación, baremo de valoración, etc..
A efectos da corrección lingüística o Departamento de Matemáticas establece as
seguintes normas para a elaboración de exames e traballos:
1. Presentar correctamente os escritos: con tinta azul ou negra, caligrafía clara,
pulcritude e limpeza, marxes, separación entre parágrafos ...
2. Respectar as normas ortográficas.
18
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
3. Exposición coherente, clara e razonada na resolución de exercicios e problemas,
incluíndo tódolos cálculos necesarios e resaltando a solución ó final.
Se non se respectan estas normas poderase rebaixar a nota ata un máximo dun
10 %.
2.2.7.DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
O Departamento de tecnoloxía ten previsto realizar para os alumnos de 4º da
ESO, un taballo de investigación sobre algúns dos aspectos do Camiño de Santiago, c
onm presentación en Power Point, con un reparto de actividades o longo do curso, que
se resumirían en :
-1º Trimestre: Búsqueda de información, resumo de fontes da información, revisión e
selección da información.
- 2º Trimestre: Elaboración do traballo
- 3º Trimestre: Exposición por parte dos alumnos, dos traballos presentados.
En canto os alumnos de 2º e 3º da ESO, comenzaríase pola búsqueda de
información de textos, se seguiría coas actividades de lectura, que se fixa no calendario
do Centro e o remate da lectura procederíase o resumo do texto lido, poñendo especial
énfasis na boa observancia das normas ortográficas, na que a caligrafía sexa clara e que
a presentación sexa a correcta. Cabe a`posibilidade de que os alumnos de 3º tamen
presenten en Power Point algún traballo relativo a algún aspecto do Camiño de Santiago
Informática 4º ESO. Actividades propostas para o plan lector.
1ª Avaliación:
Dentro do propio desenrolo la programación didáctica vanse realizar actividades
nas que se traballan os contidos previstos no plan lector.
Na primeira unidade didáctica adicada a publicación e difusión de contidos prográmase
unha actividade que inclúe a consulta de fontes escritas mediante as TIC para a
elaboración dunha presentación dun tema proposto que será exposta en clase por cada
grupo de alumnos.
19
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
2ª e 3ª Avaliacións:
Proporanse actividades de lectura, tanto individual como colectiva, de
documentos relacionados cos contidos das unidades didácticas tratadas. En relación con
ditas lecturas, solicitarase ó alumnado a realización de esquemas conceptuais e resumos.
2.2.8.DEPARTAMENTO DE LINGUAS CLÁSICAS
En cada clase a lectura de diferentes textos e a interpretación do lido, polas
características da asignatura, farase constantemente. Así, conforme aos obxectivos
establecidos no Plan Lector, traballaremos as habilidades lectoras e de escritura a
diario segundo se explica detalladamente nos apartados 1.11 e 1.32 da Programación
didáctica do departamento e que aquí se resume nas notas a pé de páxina.
Co ánimo de fomentar o gusto pola lectura, ao tempo que achegamos aos nosos
alumnos á literatura clásica, imos ler ao longo do curso alomenos dúas obras literarias
clásicas, que se seleccionarán en función do interés dos alumnos e da conveniencia
segundo os contidos que se estuden no momento, de entre as seguintes:
• Unha comedia grega ou romana (Lisístrata ou As asambleístas de
Aristófanes; Anfitrión ou Pseudolo de Plauto )
• Unha traxedia grega (Medea de Eurípides ou Edipo rei de Sócrates )
• Uunha selección de Odisea ou Eneida e unha selección de poesía non épica
(Catulo, Safo…). Tamén imos ler polo menos unha novela sinxela actual que 1 Comunicación lingüística:
• Lectura comprensiva de textos variados e tratamento da información obtida: os alumnos terán que elaborar ao longo do curso pequenos traballos, e un final; para iso terán que buscar e tratar a información que facilitan diferentes textos, sintetizar e redactar.
• Adquisición moi importante de vocabulario, especialmente aquel de orixe grega e latina e coñecemento das regras de combinación e evolución. O coñecemento das etimoloxías grecolatinas proporciona a comprensión e incorporación dun vocabulario culto e explica o vocabulario específico de termos científicos e técnicos.
2 Obxectivos da materia referidos á competencia en comunicación lingüística:• Mellorar a expresión oral e escrita e ampliar o vocabulario.• Coñecer os máis básicos principios fonéticos, morfosintácticos e léxicos da lingua latina de
xeito que permita ó alumnado un mellor coñecemento da lingua propia, co que, aparte de mellorar a súa capacidade comunicativa, lle ensine a valorar a importancia do latín como nai doutras e transmisora de cultura.
• Comparar as diferentes linguas que teñen unha orixe común• Identificar a etimoloxía e coñecer o significado de palabras de orixe greco-latina.• Recoñecer a orixe greco-latina das linguas galega e castelá e das faladas na maior parte de
España e Europa e comprobar deste xeito o fenómeno das linguas como un ser vivo relacionadas por lazos de parentesco.
• Utilizar a terminoloxía científico-técnica de orixe grecolatina.
20
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
recreee algún elemento histórico e /ou cultural da época clásica de entre as
seguintes:
• BLANCO, Valentina. Veni, vidi,vici en bici. Alfaguara.
• RIORDAN, Rick. Percy Jackson y los dioses del Olimpo. Mar de monstruos.
Salamandra Ediciones.
• RIORDAN, Rick. Percy Jackson y los dioses del Olimpo. Maldición del
titán. Salamandra Ediciones.
• SÁNCHEZ ESCALONILLA, Antonio. Ana y la sibila. Colección Bambú.
• LAWRENCE, Caroline. Colección misterios romanos. Salamandra Editorial.
• Las sirenas de Sorrento.
• El auriga de Delfos.
• Ladrones en el foro.
• Asesinos en Roma.
• Los secretos del Vesubio.
• SÁNCHEZ ESCALONILLA, Antonio. El príncipe de Tarsis. Edit. Editex.
• ALFONSECA, Manuel. El sello de Eolo. Ed. Edebé.
• GAIL, Teresa (et alii). Historias de fantasmas y misterios de la antigüedad.
Editorial Tilde.
• Así aman los dioses .
• LOLA GÁNDARA, Guárdate de los Idus. Ediciones S.M.
• La cólera de Aquiles. Adaptación de la Ilíada. Biblioteca Teide.
• ANNE-CATHERINE VIVET-RÉMY, Agamenón. La guerra de Troya. Akal
Estes libros son tamén os recomendados polo Departamento para a Hora de Ler.
Tempo e momento da lectura:
Tentaremos adicar parte do horario semanal á lectura: en 4º será de dúas sesións
ao mes e en 3º (só dúas horas semanais) será unha sesión como mínimo, en función do
tempo do que dispoñamos.
Actividades da lectura:
21
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• As obras dramáticas serán lidas (lectura dramatizada) íntegramente na clase.
• Coas outras faremos lectura encadeada ( o profesor tamén): cada alumno (e
profesor ) deberá ler un (ou máis capítulos) na casa e deberá traer un resumo
escrito á clase para que os seus compañeiros vaian anotando na libreta, de xeito
que ó final todos teñan un resumo da obra lida. Tamén deberán anotar as
referencias históricas e culturais coñecidas polo alumnado nese momento e
explicalas aos compañeiros na clase. Se esas referencias son difíciles de atopar ou
o alumno non as coñece, o/a profesor/a elaborará unha guía e indicacións precisas
para que ao lector non lle pasen desapercibidas. Para a elaboración do resumo na
primeira obra , polo menos, o/a profesor/a vai preparar un resumo incompleto que
o alumno só terá que completar.
• De todas as obras lidas, o alumno deberá anotar o vocabulario descoñecido na
libreta no apartado DICIONARIO e usar algunha desas palabras nas actividades
de clase.
Tentaremos realizar, ademais, se temos tempo, outras actividades:
• Recital de poesía amorosa grega (Safo, por exemplo) e latina (Catulo, por
exemplo) nalgunha data sinalada como pode ser o día dos namorados.
• Lectura dramatizada dalgunha comedia, clásica ou moderna que recree algún
elemento da cultura grecolatina (Así aman los dioses, por exemplo)
• Recrear nalgún espazo público do centro o comenzo da primeira Catilinaria que
Cicerón pronunciou no senado.
• Recitar un pequeniño fragmento dunha epopeia grega ou/e latina en latín e grego
imitando o ritmo clásico despois de oir o recitado que fixo García Calvo de
poemas gregos e latinos.
Segundo o establecido no Plan Lector nesta asignatura realizaranse ao longo do curso
pequenos traballos de investigación coa axuda do profesor que permitan ao alumno
elaborar a fin de curso un traballo coas caracterísicas exportas no apartado 1.4.
No último trimestre un dos exames será substituido por un traballo cuxa
puntuación máxima será 7 puntos e terá as seguintes características:
22
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• A selección e tratamento da información realizarase en horas de clase na aula
e/ou na biblioteca.
• A redacción final farase na casa.
• Cada alumn/a terá un tema e un guión. O traballo terá todos os apartados do
guión.
• Debe facerse un borrador manuscrito.
• Debe ter unha extensión mínima de 20 páxinas.
• Debe ter unha ilustración en cada páxina.
• A redacción final debe estar informatizada.
• Debe ser realizado e exposto nos prazos que se establezan.
• Antes da exposición facilitaranlle aos compañeiros unha copia do traballo.
Cadacompañeiro fará como mínimo unha pregunta despois da exposición.
• Debe conter obligatoriamente unha páxina de actividades como mínimo que
farán os compañeiros na aula ou fóra dela. As actividades deben ser variadas,
amenas e repasar todos os contidos do tema .
Conforme ao establecido no Plan Lector descontarase como máximo o 10% do
valor dos exames ou traballo final (0,70) por erros na ortografía, morfosintaxe ou
presentación .
E, por suposto, dende o Departamento apoiaremos a Hora de Ler e
colaboraremos para o seu éxito.
2.2.9.DEPARTAMENTO DE MÚSICA
PLAN ANUAL DE LECTURA
23
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
CURSO 2010-2011
Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a LOE e a
Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas do ensino obligatorio, os
centros educativos deberán elaborar e incluir nos seus proxectos educativos de centro,
proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da
lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas.
O Proxecto Lector de centro será un documento deseñado para
desenvolver, a medio prazo, no que, a partir da análise do contexto en materia de
lectura, se articulen todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa
lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das
distintas áreas, materias e ciclos, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de
aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha.
O Proxecto Lector de centro será a referencia para a elaboración de
programas ou plans anuais de lectura, que se incluirán na programación xeral anual. O
seu deseño e posta en marcha son competencias de todo o equipo docente e estará
coordinado, preferentemente, pola persoa responsable da biblioteca escolar.
Para a consecución dos devanditos obxectivos, os centros educativos
deberán tomar decisións consesuadas que permitan:
A existencia dunha biblioteca escolar como centro de recursos, de lectura e de
aprendizaje, dinamizadora da actividade educativa e da vida cultural do centro.
A integración dos fondos informativos en calquera soporte (impreso ou
electrónico) no tratamento dos contidos curriculares.
A formación de lectores e de lectoras competentes e a creación e consolidación
do hábito de lectura.
O desenvolvemento de actividades favorables á lectura mediante a creación de
ambientes lectores, entre outras estratexias.
O funcionamiento da biblioteca escolar como factor de compensación social.
24
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Fundamentos
O Plan Anual de Lectura e o Proxecto Lector de centro garantirán a
paulatina capacitación do alumnado nas competencias básicas que se pretenden, de cara
á súa formación como cidadáns activos e solidarios. Con esta finalidade, empregaranse
cun enfoque funcional as distintas tecnoloxías da comunicación e da información ó
alcance do alumnado, para incidir en aspectos específicos destes soportes e linguaxes,
de cara a unha utilización eficaz, comprensiva e ética deles.
A formación da lectura comprensiva exixe, pola súa vez, un traballo
progresivo e continuado. Traballarase con todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico.
Incidirase na identificación da finalidade da lectura e na forma de axustar
a lectura ao obxectivo en cada ocasión. Ensinaranse estratexias de comprensión lectora.
Os profesorado de todos e cada unha das áreas e materias de todos os
niveis educativos, incluirá nas súas programacións as actividades previstas no proxecto,
seguindo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación real dun
tempo mínimo de lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento de lectura
e da escritura.
Seguimento e avaliación
Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da
posta en marcha do Plan Lector de cenro e das súas concrecións nos plans anuais de
lectura.
Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en
conta non só os índices de lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar
na súa competencia literaria e ser quen de enfrontarse a textos cada vez máis
complexos, así como a súa actitude diante da lectura como medio para a aprendizaxe,
fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.
25
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Actividades propostas polo Departamento de Música
Neste curso 2010-2011, o noso departamento seguirá dedicando un tempo mínimo
para a lectura e incluirá prácticas de comprensión e fomento da lectura e a escritura
axudando, así, á adquisición das competencias básicas.
Continuaranse tendo en conta as propostas acordadas para todas as áreas:
o Participar na Hora de Ler.
o Restar ata un 10% da nota de calquera produción textual referida a faltas de
ortografía, de expresión, presentación non axeitada e retraso na entrega dos
traballos.
o Elaborar individualmente un glosario de termos propios da área.
o Levar a cabo traballos de investigación relacionados coa área, consultando os
fondos da biblioteca.
Entre os obxectivos xerais que plantexa este departamento no seu Plan Anual de
Lectura están os seguintes:
Fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas da ESO.
Promover a lectura a través de novelas de temática musical, indicados a cada
grupo de idade.
O acordo tomado polo departamento para o curso 2010-2011 foi a lectura
dun libro por nivel, tendo en conta que os demais departamentos propoñerán a lectura
doutros libros, intentando así, non sobrecargar ó alumnado. Os libros elexidos foron os
seguintes:
2º de ESO:
“Los clásicos también pecan”, Martín de Argenta Fernando. Plaza&Janés.
26
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
3º de ESO:
“El fantasma de Mozart”, Inés Gregori y Javier Gregori. Ed. Edebé.
4º de ESO:
“El joven Lennon”, Sierra i Fabra, Jordi. Ed. SM.
Como actividades complementarias á lectura destes libros propoñemos:
1. Traballos de investigación sobre elementos destacados nas novelas propostas:
cidades, personaxes…
2. Realización dunha selección musical para crear un espazo sonoro adecuado a
cada lectura.
3. Realizar unha selección musical e sonora para crear a banda sonora de cada unha
das lecturas propostas.
4. Ademais, propoñemos a lectura de diversos libretos de óperas e zarzuelas,
adaptados a cada nivel, así como biografías de compositores destacados,
artículos de prensa musical…
5. Por último, este departamento participará nas distintas exposiciones que se
propoñan desde o equipo de biblioteca, a través da investigación nos temas
propostos. Entre os traballos que se perfilan para este curso 2010-2011,
destacaremos as aportacions da música ós grandes descubrimentos da historia da
civilización occidental.
Rábade, a 10 de outubro do 2010
2.2.10.- DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA
Dado que o noso é un departamento de lingua e literatura, é connatural ao labor
dos seus profesores o fomento da lectura, e, aínda que a implicación de todos os
27
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
departamentos debe ser total e unánime, independentemente da materia que impartan
porque se trata de dotar ao alumnado de ferramentas básicas para a mellora da súa
comprensión e expresión, parece evidente considerar que este fin é a base da nosa tarefa
educativa e docente.
Deste xeito, en cada clase de cada un dos niveis (ESO e Bacharelato) é constante
a lectura reflexiva e a interpretación de textos de variada índole, atendendo ao léxico,
ortografía, expresión, localización de tema principal e secundarios, resumo do do
argumento, contextualización, etc.
Non se debe descoidar tampouco a lectura en voz alta, atendendo á fluidez do
discurso, pausas, modulación da voz, pronunciación e cualidade dos matices fónicos.
Tentaremos fomentar o gusto e o interese pola lectura fornecendo aos nosos
alumnos textos de variado contido e autoría, sobre os que traballar na aula e fóra dela; e
ao mesmo tempo procuraremos fomentar a lectura individual en ámbito privado
recomendando polo menos tres obras por curso e nivel, acordes coa madurez e os
intereses dos alumnos e alumnas.
A lista destas obras propostas aos alumnos figura na Programación do
Departamento para este curso.
Por outro lado, os profesores do Departamento de Lingua Galega e Literatura
entenden que un modo de facer máis atractiva a lectura e acordar o interese polo contido
das obras literarias e o proceso de creación pode ser achegar ao alumnado a posibilidade
de coñecer escritores, facilitando que veñan ao noso Centro; deste xeito, os nosos
rapaces terán contacto con realidades diferentes da habitual, e o proceso da escritura e a
lectura pode facerse para eles menos lonxano e máis familiar.
A asistencia a representacións teatrais, a participación na Hora de Ler
comunitaria, a o labor de asesoramento e recomendación individualizada aos alumnos, e
a encomenda de traballos sinxelos serán outros aspectos básicos que tentaremos
potenciar, en estreita colaboración cos outros departamentos de linguas do noso Centro,
particularmente o de Lingua e Literatura Española, e tal e como se recolle no Plan
Lector.
2.2.11.DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
Plan Anual de Lectura da área de FÍSICA E QUÍMICA. (É o mesmo que se fixo
constar no curso pasado)
28
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
(Profesor: José Luis González Gómez)
PROXECTO LECTOR DO CENTRO
Un obxectivo principal nos plans de estudios do ensino obrigatorio é a
adquisición da competencia lectora o logro da cal repercute nos hábitos e prácticas
lectoras do alumnado. A transversalidad da lectura convértea nun instrumento
estratéxico de cambio metodolóxico nas didácticas de todas as materias. Alumnos e
alumnas han de desenvolver destrezas de busca, selección, organización, avaliación,
crítica e uso da información. Así mesmo, hai que considerar que as actividades lectoras
alcanzan a todo o profesorado, e a todas as áreas, non solo nos tempos lectivos nos que
imparte lingua e literatura, senón en todos os momentos, constituíndo, como se
recalcou, un elemento estratéxico esencial do proxecto educativo.
Por outra banda, o contexto escolar ha de manter vínculos estables de
colaboración cos diferentes sectores da comunidade educativa configurando e sostendo
unha rede lectora comunitaria. A biblioteca escolar constitúe un recurso esencial para
coordinar as accións dos distintos contextos e favorecer plans lectores con garantías de
continuidade e coherencia nas súas formulacións globais.
Os recursos bibliotecarios, polo tanto, están ao servizo das necesidades
derivadas das actuacións planificadas polo proxecto lector. De aí a importancia de
contar cun fondo documental proporcionado de obras de ficción, información e
referencia que satisfaga as inquedanzas lectoras do alumnado e encha os requerimentos
do profesorado e da comunidade educativa á hora de facer promoción da lectura e
complementar con textos de natureza diversa aos propostos polos manuais escolares.
As actuacións do plan han de enfocarse a que o alumnado poida reflexionar,
experimentar e crear a partir de lecturas compartidas -literarias, divulgativas, científicas,
etc. -, e tamén investigar e informarse de forma autónoma mediante a aprendizaxe de
destrezas intelectuais e de manexo dos recursos bibliotecarios. Pero, sobre todo, ditas
actuacións encamíñanse a que os alumnos desenvolvan a súa competencia lectora. Esta
reside na apropiación do sentido (comprensión) de textos escritos, aos que o alumnado
chega establecendo relacións significativas entre os seus coñecementos e a información
contida no texto, co obxecto de construír un novo coñecemento e desenvolver a súa
persoalidade para a vida en sociedade. De aquí a importancia de crear as condicións
29
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
favorables para que o alumnado enfrónte e interactúe con todo tipo de lecturas nos máis
diversos contextos: escolar e extraescolar, individual e colectivo, laboral e recreativo.
O plan lector xurde do coñecemento e descrición do contexto que nos permitíu
saber qué actuacións se levaron a cabo con anterioridade por o centro en relación á
práctica lectora, isto é, as experiencias lectoescritoras dos alumnos, o estado e uso da
biblioteca (fondo, organización, servizos e actividades) e a formación do profesorado
neste ámbito, co fin de detectar tamén as necesidades formativas deste.
As finalidades do plan de lectura do centro, segundo as formulacións esbozadas
ó principio, pasan por facer da lectura un recurso na construción de novos saberes,
integrándoa no currículo e os procesos de aprendizaxe de forma continuada a través de
intervencións en favor da comprensión e práctica lectoras. Neste sentido, contemplamos
a biblioteca escolar como unha ferramenta crucial na formación lectora e intelectual dos
alumnos. Todo iso dentro dunha acción coordinada que, incentivada polo equipo
directivo, implica o profesorado de todas as áreas, fai partícipe a toda a comunidade e
busca a colaboración de outros axentes (outros centros educativos, biblioteca pública,
etc.)
Os equipos do centro que han de desenvolver os labores de coordinación do plan
lector han de estar constituídos polos profesores/ás, grupos de alumnos/ás e demais
membros dos sectores comprometidos na súa posta en marcha. Han de arbitrar a
información e difusión relativa ás actuacións derivadas deste en coordinación coa
biblioteca, detallarán os apoios necesarios desta, establecerán as colaboracións dos
demais axentes implicados e, por último, elaborarán o presuposto para a compra dos
materiais necesarios incorporándoo ao da biblioteca.
En relación á selección e adquisición de fondos e materiais, procuraráse o
equilibrio da colección da biblioteca enriquecendo e completando os contidos dos libros
de texto en todas as áreas do currículo, e segundo a idade do alumnado. Esta selección
contemplará a variedade non só de textos continuos ou escritos en prosa (narrativos,
expositivos, descritivos, etc.), senón de textos discontinuos como follas informativas,
formularios, táboas, mapas, certificados e oficios, gráficos,... e incluirá textos de distinto
uso: individual (cartas, diarios), público (instancias, anuncios, etc.), ocupacional
(rexistros, prospectos, manuais de instrucións) e educativo (titoriais, cuestionarios,
exercicios, etc.).
30
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Adoita recomendarse a existencia de dez libros (documentos) por cada alumno
(un sesenta por cento de fondo informativo, un trinta de ficción e un dez por cento de
fondo de referencia). Este parámetro pódenos servir de orientación na política de
adquisicións.
O desenvolvemento das intervencións do plan lector esixe, por outro lado, unha
programación anual detallada que finalmente se materialice nas programacións de aula.
Nestas han de considerarse actividades de realización de traballos por parte de alumnos
e alumnas, de coñecemento e uso dos recursos para informarse e investigar, actividades
de estímulo á práctica lectora e escritora mediante a intervención de autores,
ilustradores, etc., ou a visita a bibliotecas, teatros, centros culturais...;
A avaliación do plan lector basearase na análise dos resultados tras as
intervencións levadas a cabo co alumnado, co profesorado e co resto da comunidade, así
como as realizadas dende a biblioteca escolar. Terá como principal obxectivo o
coñecemento do nivel de comprensión lectora e do hábito lector do alumnado a partir
das opinións de todos os sectores implicados no plan, a reflexión e a autoavaliación ao
longo de todo o proceso. Será necesario, pois, arbitrar dentro do plan lector os
mecanismos destinados a recoller os datos máis relevantes e establecer as pautas de
avaliación de acordo aos obxectivos –e demais elementos- do plan, que nos permitan
comprobar, reorientar ou cambiar calquera punto do programa, se fose preciso.
O seminario de Física e Química seguirá as directrices marcadas no proxecto
lector do I.E.S. Rio Miño de Rábade aprobado en claustro de dia 26-10-2009.
1º) De acordo cos plantexamentos, análises e conclusións expresados neste proxecto, no
horario lectivo das asignaturas do Seminario de Física e Química dedicaráse un tempo a
lectura. Os alumnos teñen os libros de lectura adquiridos en prestamo na biblioteca do
instituto, e empregarán os recreos para facer o cambio de libro cando sexa necesario,
non estando permitido facer o cambio nas horas de clase. Os libros os elixen libremente
(ler para disfrutar, é un dos aspectos valorados e recollidos no proxecto lector
aprobado).
Para o primeiro trimestre quedaron establecidos o seguintes períodos de 30 min. nas
sesións de clase de FeQ e de E. Plástica e Visual a cargo do seminario de Física e
Química:
3ºA – FeQ luns 26-octubro
3ºA - E. Plástica mércores 4-octubro
31
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
3ºA – FeQ martes 10-octubro Reemplazaránse cos datos deste novo
curso
3ºA - E. Plástica venres 27-novembro (ainda non dispoño deles)
3ºB – FeQ luns 19-octubro
3ºB – FeQ mércores 11-novembro
4ºB – FeQ mércores 21-octubro
4ºB – FeQ venres 13-novembro
4ºB – FeQ martes17-novembro
Os tempos de dedicación á lectura foron repartidos pola coordenadora do
proxecto lector de xeito proporcional as horas semanais de cada asignatura.
De igual modo, para o segundo e tercer trimestres, haberá períodos de lectura,
nas datas ainda non establecidas e que oportunamente serán comunicadas ós seminarios.
2º) De xeito regular, e habitual, o profesor mandará ós alumnos por turno, ler en voz
alta determinados pasaxes do libro da asignatura, pertencentes á lección que se estea a
traballar, como un recurso didáctico mais, coidando os aspectos de unha boa lectura que
se recollen no Proxecto Lector (ler para comprender), e tomando nota das dificultades
observadas de xeito que se poidan levar a cabo accións correctoras.
3º) Repercutirán na nota dos exames ou probas que se realicen ó longo do curso,
aspectos relacionados coa escritura, tales como a ortografía e caligrafía, podéndoselles
retraer ata un punto nunha proba puntuada sobre dez, en caso de excesivas faltas sempre
dende o bo criterio do profesor. De xeito paralelo, tamén o mesmo criterio se aplicará a
canto traballo escrito o alumno presente, e neste caso tamén a presentación e
estructuración do traballo se valorará, de xeito que o alumno teña claro en todo
momento, que debe adicar especial interese e outorgar especial importancia ó tema da
lecto-escritura.
O profesor de Física e Química, prestará especial atención ó cumprimento polos
alumnos/as das normas ortográficas, e a que non incurran en erros na escritura, acentos
ou signos de puntuación. Así mesmo tamén observará a corrección léxica e gramatical,
vocabulario axeitado, concordancias en xénero e número, presencia de repeticións, etc
dos escritos do alumno/a. No caso de traballos escritos presentados, tamén se terá
consideración ó cualificalos da caligrafía clara (se foran manuscritos), da presentación
correcta, pulcritude, limpeza, e respecto de marxes.
32
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
4º) Para enriquecer o vocabulario do alumnado, se elaborará ó longo do curso, un
glosario de termos propios da física e da química.
PLAN LECTOR DE CENTRO
APORTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA
Este Departamento está enteramente dacordo e gratamente sorprendido polos contidos,
obxectivos e pretensións xerais do plan lector. Xulgamos que é preciso e máis aínda,
imprescindible, que todo o equipo docente se concentre de forma moi especial, na
corrección dos malos hábitos de aprendizaxe e lectura que dende hai cursos acarrea o
alumnado, e subsanar na medida do posible os que poidan deberse directa ou
indirectamente a erros na tarefa do profesorado neste punto.
No apartado dedicado á escritura do plan de lector, nos obxectivos marcados para o
presente curso 2010/11, o Departamento de Filosofía detraerá un 20% da nota en
calquera produción textual- exame, actividade ou traballo- por faltas nos seguintes
aspectos:
1. Normas ortográficas.
2. Corrección léxico gramatical: concordancia sintáctica, léxico específico da materia.
3. Evitación de anacolutos (Criterios PAU 2010/11)
4. Pulcritude e corrección na presentación dos escritos: lexibilidade da escrita, respectar
marxes, axeitada separación de palabras, frases e párrafos..
5. Puntualidade nos prazos de entrega.
Esta medida de esixencia será especialmente ríxida en 2º bacharelato, xa que seguindo
os novos criterios de corrección das PAU na nosa materia, detraeremos, en igualdade
33
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
con aqueles, 3 puntos na cualificación total do alumno cando os aspectos arriba
indicados sexan vulnerados sistematicamente.
Con esta medida pretendese sobre todo chamar a atención do alumnado sobre a
importancia do coidado da lingua en todas as súas manifestacións, frenar o descuido
evidente dos últimos tempos sobre a expresión e comunicación lingüística a favor da
cultura da imaxe que tende a monopolizar perigosamente os espazos de pensamento e
ocio; e formalo reeducandoo neste sentido.
No apartado referido a vocabulario do devandito plan, o departamento de Filosofía
comprometese a:
Elaboración dun glosario de termos filosóficos nas materias de EDUCACIÓN ÉTICO
CIVICA DE 4º CURSO da ESO, e da materia de FILOSOFÍA E CIDADANÍA en 1º de
Bacharelato.
Colaboración no tema de DESCUBRIDORES, co alumnado de Educación Ético Cívica
de 2º e 4º ESO. Este punto deixase sen matizar, debido ao contexto de pouca formación
lecto-comprensiva atopada no alumnado destes cursos.
2.2.12.DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ
O obxectivo último desta materia é o desenvolvemento da competencia
comunicativa do alumno, é dicir, a adquisición dos coñecementos e procedementos
necesarios para comunicarse satisfactoriamente en diferentes ámbitos e contextos
sociais, sen esquecer unha educación literaria que lle permita ler e gozar cos textos
literarios máis significativos do noso ámbito cultural. Con esta finalidade programamos
todo tipo de actividades que para este Plan Anual de Lectura podemos sintetizar así:
1. Lectura de textos literarios
34
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
Traballarase, polo menos, con estes tipos de textos:
- Obras completa obrigatoria e trimestral. Serán elixidas polos membros do
departamento.
Sobre cada unha delas os alumno realizarán un traballo que versará sobre o seguinte:
a) Aspectos relacionados coa comprensión lectora (datos sobre o contido, extracción de
información xeral, estructura textual...).
b) Aspectos relacionados cos coñecementos textuais e literarios (xéneros literarios,
tipoloxía textual, recursos estilísticos...).
c) Actividades de interpretación persoal da lectura e relación co mundo real. Entre estas,
unha será de escritura creativa.
- Obras completas voluntarias e cuadrimestral. As obras serán elixidas libremente polo
alumnado de entre unha ampla listaxe facilitada polo profesorado da materia. A
devandita listaxe elaborarase tendo en conta, preferentemente, os fondos da biblioteca
do centro.
Sobre a obra escollida os alumno elaborará un traballo de características similares ao
anterior.
En ambolos dous casos, a profesora entregará previamente ao alumnado un guión coas
pautas a seguir para a súa elaboración e as normas de presentación que haberá de
respectar.
- Antoloxía de textos literarios completos ou fragmentos de obras prestixiosa cos que se
traballarán, periódica e metodicamente en clase, aspectos relacionados coas habilidades
lectoras, cos coñecementos literarios obxecto de estudio e coa valoración da obras
artística.
Fomentaremos ademais a lectura individual comentando obras, propoñendo títulos
suxestivos, aconsellando creacións axeitadas ós distintos niveis e intereses.
2. Textos escritos de diversa tipoloxía sobre os que se traballarán todos os aspectos
relacionados coa lectura e a comprensión tales como:
- Emprego dos distintos tipos de lectura.
- Ensino e emprego de estratexias lectoras (pór título, subliñar, resumir, esquematizar,
realizar mapas conceptuais, extraer ideas principais e secundarias...).
A selección de textos adaptarase aos distintos niveis. Así, en primeiro curso
empregaranse textos continuos, preferentemente narrativos aínda que tamén se usarán
35
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
expositivos e argumentativos. En segundo curso introduciranse textos discontinuos
(gráficas, táboas, diagramas...) e ampliarase o tipo de textos continuos empregados
(publicitarios, xornalísticos, literarios, monografías, informes...). En terceiro e cuarto
curso os textos recollerán todas as tipoloxías textuais e irán aumentando, obviamente, en
complexidade.
Sobre estes textos realizaranse todo tipo de actividades: cuestións de
comprensión lectora, busca e extracción de información, interpretación da mesma,
reflexión sobre o seu contido e a súa forma e valoración dos mesmos, reflexión sobre a
propia lingua...
3. Textos orais
Coa periodicidade que nos permita o tempo dispoñible –escaso para obxectivos tan
amplos- traballaremos con textos orais a comprensión e a expresión:
- Empregando audicións (poemas, cancións, noticias radiofónicas, crónicas
deportivas...) e gravacións audiovisuais similares os alumno realizarán actividades de
recoñecemento de ideas principais e secundarias, identificación da finalidade
comunicativa e intencións implícitas, trazos da lingua oral...).
- Os alumnos realizarán, polo menos, unha breve exposición oral previamente preparada
e que versará sobre un tema proposto pola profesora. Na devandita exposición usarán,
na medida do posible, as novas tecnoloxías.
4. Expresión escrita
- Traballaremos as técnicas da redacción (etapas, organización e desenvolvemento das
ideas, cuestións estilísticas e normativas...).
- Os alumno realizarán escritos diversos (creativos, informativos, expositivos,
xornalísticos, sociais...).
- Traballarase sistematicamente a ortografía e realizaranse probas específicas, como
mínimo trimestrais, de control e valoración da mesma. Os alumno elaborará un ficheiro
léxico-ortográfico no que traballará os erros.
5. Traballos de investigación. Uso e fomento da biblioteca
En cada un dos niveis de ESO os alumnos realizarán un traballo de investigación
sobre os descubrimentos e descubridores en relación con contidos da área. Será durante
36
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
o segundo trimestre. Para iso manexarán os fondos, fontes de información e recursos
dispoñibles na biblioteca do centro. O profesorado facilitará aos alumno o tema
concreto, un guión previo e unha bibliografía axeitada e así mesmo daralles as pautas de
presentación do devandito traballo.
6. Corrección
Todos os traballos escritos que presenten os alumnos terán que respectar as
normas ortográficas. Tal e como quedou reflectido na programación didáctica
penalizaranse as faltas ortográficas, valoraranse de forma positiva a orde e a coherencia
sintáctica, a presentación, a propiedade e a riqueza léxica e de forma negativa calquera
tipo de incorrección na expresión escrita. Neste senso poderá rebaixarse a nota un 10%
ou máis, dependendo da gravidade e do número de erros.
7. Outros
- Promoveremos e colaboraremos activamente na organización de actividades
relacionadas coa lectura e o libro: visitas de autores, exposicións conmemorativas (día
do libro, día das letras galegas...).
3.- METODOLOXÍA.-
Pretendemos potenciar a lectoescritura como instrumento indispensable para a
aprendizaxe en todas as materias, o cal leva ás seguinte consideracións:
• Fomentarase a lectura mecánica e comprensiva en todas as áreas, poñendo en
práctica os diferentes tipos de lectura, segundo a súa finalidade.
• Potenciaranse actividades que favorezan a comprensión en todas as materias,
mediante o traballo con textos de progresiva complexidade, promovendo o uso
habitual do diccionario e non dando por suposto que o alumnado coñece todos
os termos.
• Ensinaranse en todas as áreas estratexias e técnicas para resumir, para
reelaborar a información e para o aumento de vocabulario.
• Daranse instrucións precisas para a realización de traballos de investigación
segundo as normas que se mencionan no proxecto de referencia.
37
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• Aplicarase a reducción consensuada –ata un 10% da nota de calquera
produción textual- por faltas referidas a ortografía, expresión, presentación e
prazo de entrega de traballos.
• Deberase ter por norma non esixir ó alumnado nada que non ensináramos
previamente, por sinxelo que nos pareza.
3.- MODOS DE DIFUSIÓN DO PLAN ANUAL DE
LECTURA.-Os principais puntos nos que incide o presente Plan foron aceptados por todo o
equipo docente en claustro. Asi mesmo, dito Plan figura na Programación Xeral Anual
do centro e pode consultarse no blog da biblioteca http://rabade-
biblioteca.blogspot.com.
O alumnado será informado a través das titorías da posta en funcionamento do
Plan e das actuacións que conleva.
Por outra parte, será enviada información ás familias sobre as principais liñas de
actuación previstas para este curso no que se refire á posta en práctica do Plan Annual
de Lectura.
4.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.-Para a avaliación deste Plan Anual terase en conta o grao de cumprimento dos
aspectos que o integran:
• Cumprimento dos obxectivos.
• Revisión da metodoloxía.
• Organización de espazos e tempos.
• Uso e organización da biblioteca.
• Modos de difusión e apoios.
• Estratexias de comprensión lectora en todas as áreas.
• Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas (ler para disfrutar e ler para
comprender).
38
Plan Anual de Lectura 2010-2011IES “Río Miño”. Rábade (Lugo
• Actividades de educación documental.
• Integración das TIC.
• Implicación das familias e do entorno.
5.- INSTRUMENTOS E FONTES DE AVALIACIÓN.-Os instrumentos de avaliación elaboraranse tendo en conta os diferentes tipos de
actividades que se leven a cabo. Para tal fin, nos anexos do Proxecto Lector hai fichas
que poden servir de orientación.
En xeral, a información para a avaliación procederá das seguintes fontes:
• Rexistro de datos realizado polo profesorado a partir das fichas de avaliación
e que aportará ó seu departamento.
• A CCP elaborará anualmente un informe global a partir dos datos obtidos ó
longo do curso co fin de extraer conclusións e facer previsións para o curso
seguinte.
• .Enquisas ó profesorado que avalíen o plan segundo os criterios antes
establecidos.
• Enquisas ó alumnado a fin de recabar información sobre a súa participación,
as súas opinións e suxerencias.
• Probas do Departamento de Orientación: avaliación inicial e final de
velocidade e eficacia lectoras, e de hábitos de lectura a comezo e final de
curso.
• Valoración nas sesións de avaliación do progreso observado no alumnado.
Os resultados de préstamo de libros serán rexistrados e publicados
trimestralmente. Obterase información sobre os demais aspectos do Plan Anual de
Lectura mediante enquisas ó alumnado e profesorado, e faranse públicos os resultados a
fin de curso.
Rábade, 11 de Outubro do 2010
39