plan galego de preparaciÓn e resposta Á pandemia …o plan galego de preparación e resposta á...

31
PGPRPG – xaneiro 2009 próxima actualización: xullo 2009 PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE Contido O Plan Galego de Preparación e Resposta á Pandemia de Gripe.....[páx 2] Elementos clave con desenvolvemento autonómico pleno. a) Estrutura organizativa e coordinación en Galicia.....[páx. 3] b) Comunicación.....[páx. 4] c) Coordinación coa Rexión Norte de Portugal.....[páx. 4] d) Estimación do impacto económico da pandemia en Galicia..... [páx. 5] e) Validez das asumcións sobre a prevalencia de persoas con máis risco [páx. 5] f) Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos... [páx. 5] g) Xornada sobre organización da preparación fronte á pandemia de gripe –XO[P]ANG [páx. 5] Elementos clave con actividades que desenvolven as CCAA - fase 3. Introdución..... [páx. 6] a) Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas..... [páx. 6] b) Actividades relativas á vixilancia epidemiolóxica e virolóxica..... [páx. 7] c) Actividades relativas á resposta á emerxencia..... [páx. 10] Anexo 1: Elementos clave con actividades que desenvolven as CCAA-fases ulteriores..... [páx. 15] Anexo 2: Conclusións do informe sobre o impacto socioeconómico en Galicia..... [páx. 17] Anexo 3: Cuartos de illamento con presión negativa en Galicia..... [páx. 18] Anexo 4: Actuacións da Xunta de Galicia en resposta á influenza aviaria A/H5..... [páx. 19] Anexo 5: Grupo de traballo de avaliación de necesidades sociosanitarias..... [páx. 20] Anexo 6: Tipoloxía das persoas que requirirán axuda durante a pandemia..... [páx. 22] Anexo 7: Listado de servizos esenciais que garanticen o funcionamento..... [páx. 24] Anexo 8: A validez en Galicia das prevalencias implementadas en FluAid..... [páx. 26] Anexo 9: Relación dos protocolos de vixilancia de gripe aviar en humanos ..... [páx. 27] Anexo 10: Plan de acción xeral en centros residenciais fronte á pandemia..... [páx. 28] Anexo 11: Primeiras respostas do Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos..... [páx. 31] http://dxsp.sergas.es Área de traballo “transmisibles” gripe Gripe aviar Preparación fronte á pandemia PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE - 1 -

Upload: others

Post on 17-Sep-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

Contido

O Plan Galego de Preparación e Resposta á Pandemia de Gripe.....[páx 2]

Elementos clave con desenvolvemento autonómico pleno.

a) Estrutura organizativa e coordinación en Galicia.....[páx. 3]

b) Comunicación.....[páx. 4]

c) Coordinación coa Rexión Norte de Portugal.....[páx. 4]

d) Estimación do impacto económico da pandemia en Galicia..... [páx. 5]

e) Validez das asumcións sobre a prevalencia de persoas con máis risco [páx. 5]

f) Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos... [páx. 5]

g) Xornada sobre organización da preparación fronte á pandemia de gripe –XO[P]ANG [páx. 5]

Elementos clave con actividades que desenvolven as CCAA - fase 3.

Introdución..... [páx. 6]

a) Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas..... [páx. 6]

b) Actividades relativas á vixilancia epidemiolóxica e virolóxica..... [páx. 7]

c) Actividades relativas á resposta á emerxencia..... [páx. 10]

Anexo 1: Elementos clave con actividades que desenvolven as CCAA-fases ulteriores..... [páx. 15]

Anexo 2: Conclusións do informe sobre o impacto socioeconómico en Galicia..... [páx. 17]

Anexo 3: Cuartos de illamento con presión negativa en Galicia..... [páx. 18]

Anexo 4: Actuacións da Xunta de Galicia en resposta á influenza aviaria A/H5..... [páx. 19]

Anexo 5: Grupo de traballo de avaliación de necesidades sociosanitarias..... [páx. 20]

Anexo 6: Tipoloxía das persoas que requirirán axuda durante a pandemia..... [páx. 22]

Anexo 7: Listado de servizos esenciais que garanticen o funcionamento..... [páx. 24]

Anexo 8: A validez en Galicia das prevalencias implementadas en FluAid..... [páx. 26]

Anexo 9: Relación dos protocolos de vixilancia de gripe aviar en humanos ..... [páx. 27]

Anexo 10: Plan de acción xeral en centros residenciais fronte á pandemia..... [páx. 28]

Anexo 11: Primeiras respostas do Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos..... [páx. 31]

http://dxsp.sergas.es

Área de traballo “transmisibles”

gripe Gripe aviar

Preparación fronte á pandemia

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 1 -

Page 2: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

O PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto da pandemia na saúde da poboación de Galicia e manter nela o funcionamento dos servizos esencias para a sociedade; (2) unha vez identificado un novo subtipo de virus da gripe con eficacia demostrada para se transmitir persoa a persoa, tomar medidas que reduzan a difusión do virus en Galicia; e (3) garantir que a resposta e as medidas adoptadas en Galicia correspóndense coas recomendacións da OMS en cada fase de progresión cara a pandemia.

Estes obxectivos xerais do PGPRPG son unha adaptación a Galicia dos obxectivos do plan español de preparación e resposta (de maio de 2005)1, xa que o PGPRPG concebíuse coa finalidade de impulsar o desenvolvemento das actividades que o plan español atribúe ás comunidades autónomas (CCAA). As actividades que contempla o plan español artíllanse en cinco elementos clave: (1) estrutura organizativa e coordinación; (2) vixilancia epidemiolóxica e virolóxica; (3) vacinas e fármacos antivirais; (4) programas de resposta dos servizos sanitarios; (5) comunicación.

Sen entrar a considerar a participación de Galicia na Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial de Saúde, nin nos distintos subcomités que forman parte da estrutura de organización e coordinación que contempla o plan español, no desenvolvemento de dous destes elementos clave, estrutura organizativa e coordinación e comunicación, as CCAA non teñen ningunha actividade que desenvolver, no entendemento de que teñen que dotarse dos seus propios elementos organizativos e comunicativos. Polo tanto, o PGPRPG ten que especificalos.

En relación aos outros elementos clave, as CCAA teñen que desenvolver unhas actividades que varían segundo a fase de evolución cara a pandemia na que nos atopemos en cada intre. O PGPRPG incorpora estas actividades e indica o estado de desenvolvemento no que se atopan, facendo referencia aos resultados obtidos e a documentos elaborados en relación a cada unha delas. No PGPRPG expóñense estas actividades organizadas polo elemento clave co que están relacionadas, especificando cada unha das fases previas ata chegar á fase actual, e no seu anexo 1 móstranse as actividades previstas para fases ulteriores.

Isto supón que o PGPRPG ten un carácter evolutivo, e que se modificará a medida que se desenvolven actividades e se cambia de fase; feito que obriga, pois, a que se fagan actualizacións periódicas deste documento, que en principio foron trimestrais e a partir de agosto de 2007 son semestrais; realizaranse en xaneiro e xullo de cada ano.

1 Ministerio de Sanidad y Consumo. Plan Nacional de Preparación y Respuesta ante una Pandemia de Gripe. Mayo 2005, que foi actualizado en decembro de 2006.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 2 -

Page 3: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

ELEMENTOS CLAVE CON DESENVOLVEMENTO AUTONÓMICO PLENO

a) Estrutura organizativa e coordinación en Galicia. O elemento organizativo e coordinador único en Galicia é a Comisión asesora do Plan galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (en diante Comisión), que se creou pola Orde da Consellería de Sanidade do 18 de febreiro de 20052, e na actualidade a compoñen: A Conselleira de Sanidade, como presidenta, e os secretarios e todos os directores xerais da Consellería de Sanidade e do Sergas; os directores xerais de Acción social (da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar), de Ordenación e innovación educativa (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria), de Produción, industrias e calidade agroalimentaria (da Consellería do Medio rural, en diante DXPICA), de Conservación da natureza (da Consellería de Medio Ambiente) e de Orzamentos (da Consellería de Economía e Facenda); o Subdirector Xeral de Protección Civil (da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza); un representante da FEGAMP, outro da Delegación do Goberno en Galicia e un máis da Fundación pública de emerxencias sanitarias 061. Actúa como secretario o Subdirector Xeral de Información e Epidemioloxía, da Dirección Xeral de Saúde Pública (en diante DXSP).

A Comisión ten as funcións seguintes:

a) Informar sobre a proposta da estrutura organizativa e dos niveis de responsabilidade das operacións de decisión e control para facer fronte a unha posible pandemia de gripe.

b) Seguir e avaliar as actividades de planificación, incluíndo os plans de resposta.

c) Propoñer criterios de actuación, en función da fase da pandemia, de acordo cos criterios da OMS.

d) Asesorar sobre a información que deba subministrarse a organismos estatais e autonómicos.

e) Informar sobre as actuacións da Administración autonómica coa Administración xeral do Estado.

f) Calquera outra actuación relacionada coa pandemia de gripe que lle encomende a conselleira a nivel de información e asesoramento.

Para desenvolver as súas funcións a Comisión creou diferentes grupos de traballo, que no plan quedarán reflectidos xunto ás actividades ás que están asociados. Na actualidade son os seguintes:

Grupo de traballo sobre vixilancia.

Grupo de traballo sobre comunicación.

Grupo de traballo sobre antivirais e vacinas.

Grupo de traballo sobre barreiras á transmisión.

Grupo de traballo sobre avaliación de necesidades sanitarias, que conta cun Comité asesor sobre atención primaria.

Grupo de traballo sobre avaliación das necesidades sociosanitarias.

Grupo de traballo sobre avaliación das necesidades doutros servizos esenciais.

Grupo de traballo sobre loxística.

Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos.

A Comisión reúnese periodicamente, e das reunións quedan actas que se difunden entre os membros da Comisión e se gardan na DXSP, e dos seus contidos dáse nova no Boletín Epidemiolóxico de Galicia,

2 A orde foi publicada no número 39 do DOG, o día 25 de febreiro de 2005.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 3 -

Page 4: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

que se pode atopar na páxina web da DXSP, no apartado dedicado á preparación fronte á pandemia. A última xuntanza, a sexta, celebrouse o 7 de maio de 2008.

Na cuarta reunión da Comisión, celebrada o 29 de maio de 2006, aprobouse a creación no seu seo dunha Comisión Permanente, formada por membros da DXSP, da Delegación do Goberno en Galicia, da División de Asistencia Sanitaria do Sergas, da Fundación Urxencias Sanitarias 061, de Protección Civil, das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e do Grupo de traballo sobre comunicación.

b) Comunicación. Na cuarta reunión da Comisión presentouse o Plan de Comunicación que elaborou o grupo de traballo correspondente, que trata das cuestións relativas á comunicación durante a fase 3 da preparación. En concreto, contempla tres momentos comunicativos, o chamado “momento A”, que fai referencia á situación epidemiolóxica de Galicia na actualidade, en que non ocorreu ningún caso autóctono de gripe A/H5 nin animal nin humano, aínda que podería haber casos importados; un “momento B”, que fai referencia a cando se detecten casos autóctonos de gripe aviar en animais silvestres ou de curral, sen que haxa casos humanos; e un “momento C”, por se se chega a detectar un caso autóctono de gripe aviar nunha persoa.

Ademais, publicouse unha páxina web adicada especificamente á gripe aviaria, na que participan as consellerías da Presidencia, Medio Rural, Medio Ambiente e Sanidade. Esta páxina atópase en:

http://www.xunta.es/GripeAviar/index.jsp

c) Coordinación coa Rexión Norte de Portugal. Organizada polos ministerios de saúde de España e Portugal, os días 28 e 29 de setembro de 2006 celebrouse en Mérida unha reunión das rexións e comunidades autónomas que comparten fronteira, coa finalidade de armonizar os seus Plans de preparación e resposta á pandemia de gripe. Nesa reunión, os representantes da Administração de Saúde da Região Norte de Portugal, o Centro Rexional de Saúde Pública do Norte (CRSPN), e de Galicia, a DXSP, acordaron celebrar unha nova reunión para tratar máis polo miúdo os seus plans de preparación. Esta nova reunión celebrouse o día 22 de novembro de 2006 en Santiago de Compostela, e nela tratáronse ous dous temas seguintes: a) estrutura de Saúde Pública en Galicia e na Região Norte, e b) plan de preparación: contidos e actividades desenvolvidas.

Acordouse tamén ter unha nova reunión, que se celebrou en Porto o 21 de febreiro de 2007, na que se expuxeron, por unha banda, o sistema de vixilancia da gripe na Região Norte, e, pola outra, como se elaborou a simulación da pandemia (fase 6) que se empregou no estudo piloto de Lugo. Ademais, acordaron avaliar a calidade da resposta que se lle daría á aparición en Galicia dun ave con gripe A(H5N1), mediante un simulacro.

O dito simulacro desenvolveuse entre o 26 de abril e o 9 de maio, e o seu resultado foi comentado na reunión que o CRSPN e a DXSP celebraron o 30 de maio de 2007 en Santiago de Compostela3. Nesta reunión o CRSPN presentou o deseño e os resultados do sistema piloto de vixilancia do absentismo escolar, que relacionaron coa incidencia de gripe estacional, e o simulacro con que se vai a avaliar a resposta á importación dun caso humano de gripe A/H5. Do resultado deste simulacro informou o CRSPN á DXSP na reunión celebrada o 14 de abril de 2008 en Viana do Castelo, como tamén fixo cos resultados de seguimento do proxecto de vixilancia do absentismo escolar. Pola súa banda, a DXSP presentou o sistema de vixilancia da gripe estacional mediante o 061.

Estaba prevista unha nova reunión para o cuarto trimestre de 2008, que foi aprazada para o primeiro de 2009. Celebrarase en Galicia e, entre outros temas, discutirase a implantación de sistemas de barreiras á transmisión na atención ambulatoria.

d) Estimación do impacto económico da pandemia en Galicia. A DXSP encargoulle a dous investigadores da USC unha estimación do impacto económico que podería ter unha pandemia de gripe que, en 8 semanas, afectase ao 25% da poboación. As conclusións deste estudo, que xa foron

3 O informe do simulacro atópase na páxina web da DXSP, no apartado adicado á gripe aviar.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 4 -

Page 5: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

presentadas á Comisión, atópanse no anexo 2, e o estudo completo na páxina web da DXSP, no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe.

e) Validez das asuncións sobre a prevalencia de persoas con máis risco. Para desenvolver diferentes tarefas da preparación fronte á pandemia, como os simulacros cos que se realizaron os planes de resposta hospitalarios e o do 061, ou para estimar a suficiencia de antivirais, é preciso estimar a incidencia da enfermidade e a frecuencia de cadros clínicos de maior gravidade, polo que haberá que asumir ou coñecer diferentes datos: a taxa de ataque durante a pandemia, a prevalencia de persoas que teñen un risco maior de desenvolver un cadro clínico grave – que vén definido pola idade e a patoloxía que padecen– e a distribución etárea da poboación de Galicia. Esta última a proporciona o IGE, a taxa de ataque tense que asumir (o PGPRPR polo de agora só empregou taxas de ataque do 25%, consideradas como de unha pandemia de impacto mediano) e como prevalencia de persoas que teñen un risco maior de desenvolver un cadro clínico grave víñase empregando as que proporciona o programa FluAid dos CDC, que son as estimadas para a poboación dos EEUU, sen ter comprobado se era axeitado telas asumido para Galicia. Agora xa hai un estudo, que se resume no anexo 8, que conclúe que si é axeitado facer a dita asunción.

f) Comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos. O comité constituíuse o dia 27 de xuño de 2007, coa tarefa de darlle resposta ás preguntas do seu ámbito de coñecemento que vaian xurdindo a medida que se desenvolven as actividades de preparación e se planean as de resposta. Xa se pronunciou sobre a primeiras cuestións (ver o anexo 11), e recomendou que se iniciasen os contactos cos sindicatos do sistema de saúde para ir concretando as características do marco laboral durante a pandemia (fase 6).

g) Xornada sobre organización da preparación fronte á pandemia de gripe –XO[P]ANG. Estase a organizar unha reunión na que participarán persoas de diferentes CCAA e do MSC implicadas na organización da preparación fronte á pandemia. A reunión celebrarse na vindeira primavera en Santiago de Compostela, ten por obxectivo principal compartir a experiencia adquirida na preparación e resposta fronte á pandemia de gripe (fase 6).

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 5 -

Page 6: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

ELEMENTOS CLAVE CON ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN AS CCAA

- Fase 3 -

Introdución. Segundo a OMS, que dividiu en fases a evolución cara á pandemia (fase 6), na actualidade o mundo atópase na fase 3 da dita evolución, porque existen infeccións humanas cun novo subtipo de virus da gripe (o A/H5N1), pero sen transmisión persoa a persoa, ou como moito raros eventos de transmisión despois dun contacto estreito cun caso. Por iso, xa terían que estar desenvolvidas as actividades das fases 1 e 2, e en desenvolvemento as da fase 3 e outras que aínda que non se fan explícitas son imprescindibles para executar accións de fases posteriores. En concreto, estas actividades son:

a) Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas4.

Na fase 1 as CC.AA teñen que revisar as estratexias de vacinación fronte á gripe estacional e aumentar as coberturas nos grupos de risco establecidos; e na fase 2, reforzar as estratexias para aumentar as coberturas de vacinación fronte á gripe estacional.

Como se pode ver na táboa 1, en Galicia as coberturas de vacinación fronte á gripe estacional veñen sendo elevadas xa dende hai anos.

Táboa 1: Vacinación antigripal en Galicia, cobertura por campaña.

Campaña do ano... 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

Maiores de 64 anos 63% 61% 62% 67% 62% 65% 62% 61% Abril 2009

Menores de 65 anos con factores de risco: Non se dispón de datos precisos sobre o número de persoas que entran nesta categoría, mais se poden aproximar polos resultados de distintas enquisas realizadas en Galicia nos últimos anos. Con estes datos, e o número de doses distribuidas ás persoas con factores de risco durante a campaña 2007, a cobertura neste grupo sería do 28%.

Na fase 3 as CCAA non teñen que desenvolver ningunha actividade relacionada con este elemento.

Nota: compra de antivirais. Inicialmente, Galicia formalizou a compra de 119.000 tratamentos de oseltamivir, cun investimento previsto para o ano 2006 de 1.175.528 €. Despois, seguindo o acordado pola Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial de Saúde5, realizouse unha ampliación da compra de antivirais para que estea cuberto o 20% da poboación de Galicia. Nesta ampliación comprometéronse 385.000 tratamentos de oseltamivir fosfato e 43.100 tratamentos de zanamivir, para acadar un custo total de 4.921.716 €.

Nota: dispoñibilidade actual de antivirais. Xa se recibiron todos os tratamentos que comprometera a Consellería de Sanidade, que están almacenados segundo o prescrito polo “Documento de recepción, almacenamento e custodia da reserva de antivirais para a pandemia de gripe”, no que constan as condicións de almacenaxe, conservación e seguridade, entre as que se atopa, por exemplo, un reconto mensual das existencias.

No protocolo español non se contempla a vacinación das persoas de máis de 64 anos coa vacina antipneumocócica 23 valente de polisacáridos, como se fai noutros planes. En Galicia, a partir de 2000, as campañas son de vacinación antigripal e antipneumocócica, coa particularidade de que os individuos que se vacinaron nunha campaña anterior xa non se teñen que vacinar de novo. Isto fai moi difícil estimar cal poda ser a cobertura vacinal acumulada (os que se vacinaron algunha vez) en Galicia. Sábese que na primeira campaña vacinouse o 58% das persoas de máis de 64 anos, e o número de doses administradas nas campañas posteriores, mais non se sabe cantas destas doses son administradas a persoas que xa recibiran algunha dose, e non se sabe tampouco cantas das persoas que foron morrendo estaban vacinadas ou non. 5 O acordo tomouse na reunión celebrada o 27 de outubro de 2005.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 6 -

4

Page 7: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Durante a fase 3, estes antivirais empregaranse de acordo ao “Protocolo de solicitude de antivirais para tratamento ou profilaxe dos casos humanos de gripe aviaria”, que conleva a implantación do sistema de avaliación de reaccións adversas descrito no “Protocolo de seguimento de reaccións adversas aos antivirais empregados no tratamento e profilaxe da infección polo virus da gripe a H5N1”. Ambos os dous documentos atópanse no epígrafe “Casos humanos: vixilancia” do apartado adicado á gripe aviar da páxina web da DXSP.

Nota: caducidade dos antivirais. Na actualidade só caducaron os 690 doses que inicialmente enviara o MSC. Na táboa 2 móstrase a data de caducidade prevista para o resto de antivirais almacenados para a pandemia.

Táboa 2: Caducidade dos antivirais dispoñibles

caducidade produto doses

2011 – Febreiro Oseltamivir 280.000

2011 – Xuño Oseltamivir 910.000

2011 – Xuño Zanamivir 20.000

2011 – Agosto Zanamivir 37.360

2011 – Novembro Oseltamivir 3.850.000

2012 – Decembro Zanamivir 373.640

Nota: grupo de traballo sobre antivirais e vacinas. En decembro de 2005 constituíuse este grupo de traballo, que xa ten rematadas as súas tarefas relativas á fase 3 (a saber, os documentos citados nas notas anteriores), e rematou tamén a redacción da primeira edición dos documentos “Xestión das vacinas nunha pandemia de gripe” e “Xestión dos antivirais e nunha pandemia de gripe”. Este último, que xa foi aprobado polo Comité asesor sobre atención primaria e se pode atopar na páxina web da DXSP, no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe, abordaba a preparación das doses de antivirais, e a estratexia para almacenar, distribuír e dispensar os antivirais durante unha pandemia (fase 6), asumindo os grupos de prioridade e situación de priorización que veñen definidos no anexo IV do Plan español, e contará tamén cunha previsión da suficiencia dos antivirais ao aplicar os devanditos criterios de priorización.

Ademais, como queira que aínda non se sabe se se poderá encapsular o po de oseltamivir, elaborouse un plan para a preparación urxente de oseltamivir en solución.

b) Actividades relativas á vixilancia epidemiolóxica e virolóxica.

Nas fases 1 e 2 as CCAA teñen que:

(1) reforzar a vixilancia para detectar a emerxencia de novas variantes e novas cepas do virus da gripe tanto en humanos como en animais;

Dende a tempada gripal de 2003/04, está establecido en Galicia un sistema de vixilancia virolóxica da gripe en humanos, no que agora participan os laboratorios do CHOU e do Hospital do Meixoeiro, que implica o illamento de virus gripais, a determinación do tipo e o envío dos illados ao CNM para a súa ulterior caracterización. Os resultados deste sistema de vixilancia resúmense no informe anual sobre a vixilancia da gripe en Galicia que elabora, ao rematar cada tempada, o Servizo de epidemioloxía da DXSP.

En animais, a Consellería do Medio Rural desenvolve uns planes de vixilancia en aves de curral e aves silvestres, que ven de reforzar en outubro de 20056. A día de hoxe, as mostras obtidas pola aplicación sistemática deste plan rematan no Laboratorio de Saúde Animal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que devolve o resultado en 10-15 días. Tamén en novembro

6 Consellería do Medio Rural. Manual práctico para a loita contra a influenza aviaria en Galicia.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 7 -

Page 8: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

de 2005 difundiuse un folleto7 que inclúe unha definición de sospeita de gripe aviar de alta patoxenicidade e o xeito de notificala8, e posteriormente estableceuse unha liña telefónica (902.112.000) para recibir calquera comunicación alusiva á gripe aviaria, avaliala e, segundo o resultado desta avaliación, proceder á investigación do feito comunicado. Ademais, en marzo de 2006, diversas zonas de Galicia foron engadidas á lista de áreas de especial risco ou zonas de especial vixilancia, que non foron modificadas en xullo9. Por outra banda, dotouse ao Laboratorio de Saúde animal de Lugo dunha proba que detecta H5.

(2) desenvolver un sistema de vixilancia para detectar abrochos de enfermidade respiratoria aguda grave;

En Galicia non existe un sistema específico de vixilancia de abrochos de enfermidade respiratoria aguda grave; existe un xeral, no senso de que son de declaración obrigatoria urxente todos os abrochos, sexa cal fose a súa etioloxía10 .

(3) reforzar a vixilancia virolóxica para que cada unha das CCAA dispoña de polo menos un laboratorio capaz de illar o virus da gripe, identificando tipo e os subtipos H1 e H3.

Na tempada gripal 2004/05 implantouse no laboratorio de microbioloxía do Hospital do Meixoeiro un sistema que, mediante PCR, permite identificar H1 e H3. A este laboratorio, no que xa se estaban a illar e tipar virus gripais humanos no marco do sistema de vixilancia virolóxica da gripe en Galicia, remitiranse as mostras de toda Galicia cando estea indicada a devandita determinación.

Na fase 3 as CCAA teñen que:

(1) asegurar que as actividades de vixilancia permiten detectar os primeiros casos importados de gripe debida a un novo subtipo de virus, reforzando a vixilancia en persoas procedentes de países con áreas de risco;

Na actualidade, o novo subtipo de virus relevante para a saúde humana é o A(H5N1) de orixe aviar. En Galicia disponse dun sistema de vixilancia específico da gripe A/H5, que se implantou en xaneiro de 2005 combinado co de vixilancia da SRAS, e se modificou en novembro de 2005 antes de separar ambos sistemas de vixilancia en marzo de 2006.

O sistema de vixilancia ten dúas compoñentes principais: a) un conxunto de protocolos, que foron modificados en xuño de 2007 para incorporar as recomendacións do documento WHO guidelines for investigation of human cases of avian influenza A(H5N1), de xaneiro de 2007, e as conclusións do simulacro realizado xunto ao CRSPN de Portugal (ver o anexo 9), e o foron de novo en maio de 2008 para incorporar a nova definición de caso do ECDC; e b) a difusión periódica das circunstancias que hai que notificar como sospeita de gripe humana A/H5, a todos os médicos de atención primaria do Sergas e ás direccións de todos os hospitais de Galicia, públicos e privados, para que as difundan entre os médicos do hospital que podan atender a unha persoa ou persoas que cumpren coas devanditas circunstancias. O documento, que contén tamén unhas instrucións para a resposta inmediata, pódese atopar na páxina web da DXSP, no apartado adicado á gripe aviar. A actualización da lista das áreas de risco ás que fai referencia a definición de circunstancias a notificar, faise no servizo de Epidemioloxía da DXSP, que semanalmente llas comunica ao SAEG, que é o punto de referencia da notificación dos casos

7 Consellería do Medio Rural. Influencia aviaria: importancia, situación actual, medidas preventivas. Novembro 2005.

Definición de sospeita de gripe aviaria; en xeral, “o signo máis claro da enfermidade é a aparición de mortes repentinas na explotación en 24–48 horas dende a aparición do primeiro enfermo, afectando a case todo o efectivo”; e para explotacións industriais, a] redución da inxesta de auga e penso superior ao 20%; b] redución superior ao 5% na posta de ovos durante máis de dous días; c] índice de mortalidade maior ao 3% nunha semana. As sospeitas comunicaranse o antes posible ou ao veterinario responsable da explotación ou á oficina comarcal veterinaria para que os servizos veterinarios oficiais poidan obter mostras que permitan confirmar ou descartar a enfermidade. 9 Orden APA/571/2006, de 2 de marzo, e Orden APA/2.442/2006, de 27 de xullo. 10 Orde do 14 de xullo de 1998 pola que se desenvolve o sistema básico da Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública, publicada no DOG o 30 de xullo de 1998.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 8 -

8

Page 9: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

humanos nos que se sospeita de gripe A/H5, e mensualmente as actualiza na páxina web da DXSP no documento con consellos a viaxeiros.

O sistema ampliouse en marzo de 2006, solicitando en principio só aos hospitais públicos que informasen á DXSP de (1) o método de difusión da definición de caso posible de gripe A/H5, e o método elixido para garantir que a recibiron todos os médicos do hospital que poden detectar a dita sospeita; (2) o método elixido para que todos os médicos do hospital que poden detectar a dita sospeita vaian recibindo unha formación específica no manexo desta situación, e o xeito que se decidiu para documentar que a dita formación se recibiu; e para os hospitais que contan con habitacións de illamento con presión negativa: (3) o procedemento de illamento supervisado dos casos posibles, dende o lugar onde se sospeita o caso ata a habitación de illamento, indicando claramente os responsables das diferentes actividades: supervisión do illamento, reposición de materiais necesarios, etc... e (4) o procedemento para ingresar un caso posible detectado en atención primaria ou nun hospital que carece de habitacións de illamento con presión negativa.

A DXSP xa recibiu a contestación do todos os hospitais, avaliou os seus contidos e elaborou un informe individualizado que se enviou a cadanseu hospital. Por iso, coa última difusión das circunstancias que hai que notificar, realizada en maio de 2008, só se lles pediu aos hospitais que informaran á DXSP do método de difusión da definición de caso posible de gripe A/H5 que empregaron. Ademais, desta volta isto mesmo se lles pediu tamén ás xerencias de atención primaria.

Por outra banda, nun hospital realizouse unha auditoría para coñecer a súa capacidade para detectar un caso humano de gripe aviar e, se o houbese, para darlle a resposta axeitada. Achouse que, malia que dispoña dun protocolo de resposta, no hospital había un coñecemento deficiente do sistema de vixilancia, sen o cal semella que non sería doado detectar casos.

(2) estudar os contactos nos primeiros casos importados;

No apartado adicado á gripe aviar da páxina web da DXSP atópase o documento “manexo de contactos”, no que se indica como hai que estudar os contactos, tarefa da que se encargará o persoal de saúde pública, agás cando o contacto sexa persoal sanitario, que o fará Medicina Preventiva. Polo demais, este documento é un dos protocolos do sistema de vixilancia comentado no punto anterior.

(3) asegurar que as canles da notificación cos organismos internacionais están definidas e coordinadas;

Os casos posibles serán notificados urxentemente ao CNE, cos datos que contén o protocolo de vixilancia do Ministerio de Sanidade e Consumo (a ficha tamén se atopa no epígrafe “casos humanos: vixilancia” do apartado adicado á gripe aviar da páxina web da DXSP). Ulteriormente, o CNE lle transmitirá estas novas aos organismos internacionais.

(4) dispor dun protocolo para estudar os abrochos de enfermidade respiratoria aguda en viaxeiros;

Non se dispón, polo de agora, dun Protocolo para estudar abrochos de enfermidade respiratoria aguda grave en viaxeiros. De se detectar un abrocho deste tipo, descartarase a posibilidade de que se deba a gripe A/H5; é dicir, os casos trataranse como sospeitas de A/H5 namentres non se descarta esta orixe.

(5) garantir que os laboratorios de referencia dispoñen de recursos para diagnosticar un novo subtipo de virus.

Na tempada gripal 2004/05 implantouse no laboratorio de microbioloxía do Hospital do Meixoeiro un sistema que, mediante PCR, permite identificar o subtipo H5. A este laboratorio remitiranse as mostras que en toda Galicia se tomen dos casos posibles de gripe A/H5 que detecte o sistema de vixilancia.

Nota: casos animais de gripe A/H5 en Galicia. En novembro de 2005 concretouse un sistema de transmisión de información entre a DXPICA e a DXSP, para cando se sospeite que en Galicia está a ocorrer un abrocho de gripe en animais, e tamén un protocolo de vixilancia epidemiolóxica que reemprazaría ao vixente de gripe humana A/H5 se en Galicia chegase a haber casos animais debidos a este subtipo de virus. O documento de vixilancia contén un protocolo de manexo de contactos específico

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 9 -

Page 10: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

para esta circunstancia, que tamén foi actualizado (ver o punto 2). Toda eventualidade en relación a esta situación lle será urxentemente notificada ao CNE, coa información seguinte: situación do abrocho aviar, áreas de exposición e casos humanos posibles (dos que se transmitirán os datos contidos na ficha que actualmente se emprega na vixilancia da gripe A/H5). Para evitar confusións, esta documentación non se fará pública namentres en Galicia non haxa casos de gripe A/H5 en animais, e se garda no Servizo de epidemioloxía da DXSP e nas Seccións de epidemioloxía das Delegacións Provinciais da Consellería de Sanidade.

Asemade, as devanditas direccións xerais elaboraron un documento, “Actuacións da Xunta de Galicia en resposta á influenza aviaria A/H5”, co cal preténdese “compendiar o conxunto de documentos de referencia das distintas actuacións que se desenvolven ou se desenvolverían en Galicia en resposta á influenza aviaria A/H5, indicar o departamento responsable de cada actuación e establecer o xeito concreto no que se coordinarán os departamentos responsables das distintas actuacións”. O documento, atópase no anexo 4.

Pola súa banda, a Comisión aprobou, na súa cuarta reunión, un novo “Protocolo de actuación e medidas de bioseguridade para a recollida de cadáveres de aves e outros animais silvestres, en relación coa influenza aviaria” presentado pola DXPICA.

Nota: vixilancia durante a pandemia. O Grupo de traballo sobre vixilancia principiou a desenvolver o sistema que se empregaría durante a pandemia (fase 6). Rematado un deseño inicial11, na actualidade está a ser revisado para incorporar as recomendacións do documento Influenza surveillance during a pandemic, publicado polo ECDC a finais de 2007. Por outra banda, quedan aprazadas as fases de implantación e de probas previstas, inicialmente, para 2007.

Ademais, xunto coa USC, estudouse a posibilidade de desenvolver un software que permita simular con grande detalle xeográfico e temporal, e contemple o movemento de persoas en Galicia, a difusión da pandemia de gripe en Galicia para, chegada a pandemia, poder contrastar os datos proporcionados pola vixilancia epidemiolóxica cos esperados proporcionados polo modelo, e mesmo avaliar o impacto que podería ter a implantación de diferentes medidas de control e o intre no que deben empregarse. Achouse que era posible, e en xuño de 2008 a Consellería de sanidade e a USC firmaron un convenio para desenvolver o dito software.

c) Actividades relativas á resposta á emerxencia.

Na fase 1 as CCAA teñen que asegurar a accesibilidade a laboratorios de bioseguridade e aumentar o coñecemento e a preparación dos traballadores sanitarios para facer fronte a unha pandemia de gripe.

En Galicia existe un laboratorio con nivel 3 de bioseguridade, no Hospital Clínico de Santiago, e o Complexo Hospitalario de Vigo (ao que pertence o Hospital do Meixoeiro) dispón dun laboratorio cun nivel 2 plus.

Na fase 2 non hai actividades específicas, e na fase 3 as CCAA teñen que:

(1) activar os planes autonómicos de preparación e resposta e reforzar a coordinación dos servizos de emerxencias e representantes das institucións públicas e privadas que xogan algún papel na posta en marcha dos planes;

Por unha banda, considérase que o PGPRPG está activado; por outra, xa escomezaron coas súas actividades o grupo de traballo sobre avaliación de necesidades sociosanitarias e o grupo de traballo sobre avaliación de necesidades doutros servizos esenciais, pensando nunha situación de pandemia (fase 6).

Nestes intres, o grupo de traballo sobre avaliación de necesidades sociosanitarias, de acordo ao seu plan de traballo (ver o anexo 5), xa caracterizou ás persoas que durante unha pandemia necesitarán axuda de fóra do seu contorno e quen lla podería proporcionar (ver o anexo 6). Na actualidade estase (1) procurando cuantificar as persas que requirirán axuda e os que lla proporcionarán, (2) elaborando unha guía para a formación dos voluntarios que prestarán a súa axuda durante a pandemia, da que xa existe un borrador, (3) un plan de preparación e resposta á pandemia nos centros educativos, e (4) un plan de preparación e resposta á pandemia en

11 DXSP. Documento interno. Sistema de vixilancia epidemiolóxica durante a pandemia de gripe.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 10 -

Page 11: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

residencias sociosanitarias, que será feito segundo as premisas que se atopan no documento do anexo 10.

En concreto, para acadar este último obxectivo, elixíronse 6 residencias sociosanitarias, diferentes en número de residentes e na súa tipoloxía (válidos, asistidos ou ambos), coa finalidade de que elaborasen, en cadansúa residencia, un plan de preparación e resposta á pandemia de gripe, cos que despois se elaboraría un modelo que lles facilite ao resto das residencias a elaborar os seus propios plans. Para facilitar a elaboración inicial destes plans, as residencias contaron cunha pandemia simulada adaptada ao seu tamaño. Non entanto, rematado o prazo para a súa execución, só unha residencia, o Complexo Xerontolóxico A Veiga, de Láncara, tiña elaborado un plan propio (que se atopa na páxina web da DXSP, no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe).

De todos os xeitos, xulgouse que este plan tiña calidade dabondo para servir de modelo, e se decidíu pasar a unha nova etapa na que 7 residencias novas elaborasen, antes do 30 de outubro de 2008, coa axuda do plan modelo cadanseu plan de resposta á pandemia de gripe. Na actualidade, destas7 residencias, 1 xa ten o seu propio plan rematado, 4 téñeno presentado e está en período de mellora, 1 presentou un plan insuficiente e 1 non o presentou.

Pola súa banda, o grupo de traballo sobre avaliación de necesidades doutros servizos esenciais, xa preparou unha lista de servizos esenciais e cuantificou as persoas que están implicadas neles. No anexo 7 móstrase a lista de servizos esenciais.

Ademais, a Fundación de Urxencias Sanitarias 061 rematou o “Simulacro dunha pandemia de gripe no 061”, no que destacan os achados seguintes: a rede de transporte está dimensionada para realizar o traslado dos pacientes nunha pandemia de características semellantes á simulada, que supuxo unha sobrecarga do 39%, mais o persoal de teleoperadores e médicos necesitarán ser aumentado, xa que no simulacro a demanda tivo un incremento do 268% e de 658%, respectivamente. A memoria do simulacro pódese consultar na páxina web da DXSP, no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe

Asemade, Protección Civil elaborou un documento, que aínda se atopa en estado de borrador, cunha xustificación e proposta para elaborar o Plan de Protección Civil ante o risco de pandemia de gripe.

Noutro eido de cousas, a DXSP fixo unha estimación do exceso de mortes en Galicia durante a pandemia de gripe, para avaliar a suficiencia das salas de dolo, tendo en conta a súa distribución xeográfica da poboación. Co resultado desta análise elaborarase un plan de preparación e resposta no que atinxe á morte.

(2) comprobar que os mecanismos de ampliación da capacidade actual de camas e habitacións de illamento están preparados en cada área e distrito;

Polo de agora, non existe en Galicia un mecanismo de ampliación da capacidade actual de camas e habitacións de illamento, e tampouco unha estimación de cantas serían necesarias segundo en que circunstancias nos atopemos. Na actual (fase 3), na que a ameaza semella estar restrinxida aos casos importados debidos a A/H5H1 de orixe aviar, e tendo en conta que dificilmente se poden acumular numerosos casos, nin sequera na pouco probable circunstancia de que haxa casos animais en Galicia (de feito, non ocorre deste xeito nas áreas afectadas12), semella que abonda coa actual dispoñibilidade de camas e habitacións de illamento (ver no anexo 3 o número de habitacións de illamento con presión negativa nos distintos hospitais de Galicia), aínda que, como identificou o grupo de traballo de barreiras á transmisión (ver despois), queda por coñecer a suficiencia das habitacións de illamento onde sexa doado prestar coidados intensivos.

12 Polo de agora, dáse como válida esta afirmación mesmo tendo presente a experiencia de Turquía, na que se hospitalizaron numerosas persoas, porque se considera que a exposición aviar é considerablemente menor, cualitativa e cuantitativamente, en Galicia, que probablemente tamén conta cun sistema de control mellor.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 11 -

Page 12: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Polo demais, no que atinxe ás habitacións de illamento, semella que nunha pandemia (fase 6) non se vai poder recorrer a elas, e haberá que empregar algún tipo de ingreso por cohortes13 . Nas situacións intermedias si poderían chegar a ser necesarias máis habitacións de illamento, e os grupos de traballo sobre avaliación das necesidades sanitarias e sobre as barreiras á transmisión tratarán o tema.

(3) asegurar que todos os centros sanitarios dispoñen de protocolos de control da infección axeitados, de medidas de protección individual e de manexo de casos e contactos;

A todos os médicos de atención primaria do Sergas se lles envía, na mesma folla coa que se difunde a vixilancia da gripe A/H5, unhas instrucións para o control da infección: poñerlle máscara cirúrxica ao caso posible e remitilo a un hospital a través do 061, que dispón xa dun protocolo de control da infección para os traslados en ambulancias (que se atopa no epígrafe “casos humanos: vixilancia” do apartado adicado á gripe aviar da páxina web da DXSP). Pola súa banda, os Servizos de Medicina Preventiva (que teñen que ser avisados urxentemente cando ao hospital chegue un caso posible) dispoñen dun protocolo de manexo de casos posibles e confirmados de gripe A/H5, que tamén se atopa no mesmo epígrafe e apartado da páxina web da DXSP. Ademais, como quedou dito, os hospitais (en principio só os públicos) foron requiridos pola DXSP a que lle informasen dous seus planes de control da infección.

Semella que polo de agora abonda coa difusión destes protocolos porque son específicos para a situación actual (fase 3). Por outra banda, no estudo piloto de Lugo, que se atopa na páxina web da DXSP no apartado adicado á preparación da pandemia, estudáronse as posibilidades de control da infección concretas que se poderían implantar nun hospital durante a pandemia (fase 6). Nos simulacros de Ourense e Pontevedra, que xa se atopan na páxina web da DXSP, no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe, tamén se contemplaron as medidas de control da infección durante a pandemia.

Nota: grupo de traballo sobre barreiras á transmisión. Principiaron as actividades deste grupo coa a avaliación da suficiencia das intervencións realizadas en relación á vixilancia e control dos casos humanos de gripe aviar A/H5, e se identificaron certas deficiencias que recomendan as intervencións seguintes: a) identificar as habitacións de illamento con presión negativa preparadas para dar asistencia intensiva; b) garantir a existencia continuada de máscaras en cada centro de atención primaria; c) na próxima difusión de documentación a atención primaria (c1) indicar a conveniencia de que no centro de saúde se anuncie a definición de sospeita, e (c2) solicitar aos xerentes que desenvolvan un procedemento que garanta a axeitada difusión da información; d) enviar a cada hospital un comentario sobre o seu protocolo de difusión da información e control da gripe A/H5; e) tratar de utilizar novos circuítos de información, como os colexios médicos, para achegar a información a todos os colectivos; e f) poñer un acceso directo a gripe aviar na páxina web da DXSP. De todas estas intervencións recomendadas, xa se implementaron: a), c2), d) e f).

Finalizado o traballo anterior, o grupo empezou unha nova etapa na que avaliou a pertinencia de adoptar (e no seu caso, o xeito de adoptala) unha iniciativa que se tomou do CRSPN de Portugal. Esta iniciativa consiste en implantar na asistencia ambulatoria xa dende agora certas medidas que poderían servir de barreira á transmisión durante unha pandemia (fase 6), co gallo de ilas integrando paulatinamente na asistencia rutineira, de tal xeito que cando chegue a pandemia sexan de aplicación automática14 .

O grupo achou interesante esta iniciativa, mais identificou posibles problemas de implantación, polo que decidiu presentar á Comisión unha proposta de estudo piloto que esta aprobou na reunión celebrada o 18 de abril de 2007. O estudo piloto, no que participaron os servizos de medicina preventiva e urxencias do CHOU e 10 centros de saúde da área de saúde de Ourense, desenvolveuse entre o 19 de novembro de 2007 e o 14 de marzo de 2008 e os seus resultados lle foron presentados á Comisión na reunión do 7 de maio de 2008. A avaliación contén as

13 Vid. WHO. Non-pharmaceutical interventions: their role in reducing transmission and spread; non sendo que, por exemplo, a estratexia de uso de antivirais fose moi efectiva fronte a transmisión do virus. November 2005. 14 En outubro pasado, o ECDC pronunciouse a favor deste tipo de iniciativas.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 12 -

Page 13: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

conclusión que se reproducen deseguido:

A valoración final do piloto pon en dúbida que a metodoloxía empregada serva para educar a poboación no uso das medidas propostas, que por outra banda son consideradas de utilidade polos profesionais participantes no piloto, e ademais están recomendadas polas principais axencias de saúde internacionais . Segundo isto o que estaría claro é que se deben implantar, pero habería que cambiar o xeito de facelo, quizais incrementando e modificando os esforzos para instruír e informar aos usuarios, e motivar ao persoal sanitario para que se implique nesa instrución.

Na páxina web da DXSP, nun epígrafe propio do apartado adicado á gripe, están pendurados o resumo do piloto, os materiais empregados, o fundamento das recomendacións e a avaliación do piloto.

Nota: Procedemento de clasificación dos enfermos con gripe durante a pandemia. Un grupo de traballo creado ad hoc, formado por representantes de urxencias hospitalaria, dos PAC, de pediatría hospitalaria e ambulatoria, de medicina de familia e do 061, elaborou un procedemento de clasificación dos enfermos con gripe que, en principio, é o que se vai a empregar durante a próxima pandemia en atención primaria, hospitais e no 061. Este procedemento foi despois revisado e comentado polos membros do Comité asesor sobre atención primaria, e na súa forma definitiva se atopa xá pendurado da páxina web da DXSP no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe.

Nota: Capacidade do 061 para resolver chamadas por gripe. Un dos elementos importantes no manexo dos enfermos durante a pandemia serán as consultas telefónicas. Non entanto, o papel que chegado o memento xogarán vai depender do grao no que fagan innecesaria unha consulta presencial. Por iso estudouse a capacidade de resolución de chamadas por gripe, co resultado seguinte medio seguinte: 58%. Na súa vindeira actualización a este plan engadiráselle un anexo cos resultados do estudo.

Nota: A organización en atención primaria durante a pandemia. Na actualidade, estase a elaborar un documento sobre organización da atención primaria que en febreiro de 2009 vaise presentar ao Comité asesor sobre atención primaria.

(4) manter permanentemente informados aos profesionais sanitarios sobre a situación e actividades nas que estean involucrados;

No que atinxe ás actividades orientadas a manter permanentemente informados aos profesionais sanitarios, o Comité asesor sobre atención primaria elaborará unha estratexia de información e preparación das persoas que traballan en atención primaria. Namentres non se define a dita estratexia, a DXSP está a colaborar coa revista Cadernos de Atención Primaria cunha serie de artigos relativos á preparación fronte a pandemia. Na actualidade publicáronse xa as dúas primeiras colaboracións: unha de carácter introdutorio e outra sobre a orixe dunha pandemia.

No que atinxe ao persoal dos centros hospitalarios, as actividades de preparación deseñaranse contando coa experiencia que se obteña dos simulacros de pandemia que se realicen nos hospitais. Na actualidade xa se completou nos Hospitais de Lugo, Ourense e Pontevedra, e os distintos documentos finais atópanse no apartado adicado á preparación fronte á pandemia de gripe da páxina web da DXSP.

Polo demais, a única información que se lle achega ao persoal sanitario de Galicia, sobre a situación actual e as actividades nas que están involucrados, é a relacionada coa vixilancia da gripe A/H5.

(5) asegurar que os protocolos de utilización de antivirais están dispoñibles a todos os niveis;

Ver o epígrafe “Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas”.

(6) elaborar estratexias de distribución e administración urxente de vacinas e antivirais;

Ver o epígrafe “Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas”.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 13 -

Page 14: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

(7) garantir que o subministro dos materiais e equipamento sanitario estea dispoñible en todos os niveis.

Na situación actual non hai problemas relativos ao subministro dos materiais e equipamento sanitario. Por outra banda, para avaliar as necesidades de materiais e equipamento sanitario que podería haber nunha pandemia (fase 6), a Comisión decidiu crear o Grupo de traballo sobre loxística, que se formou o día 28 de xuño de 2007, e está a elaborar unha listaxe exhaustiva do material, equipo sanitario e medicamentos que serán necesario durante a pandemia.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 14 -

Page 15: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 1

ELEMENTOS CLAVE CON ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN AS CCAA

- fases ulteriores -

Introdución. Segundo a OMS, na actualidade o mundo atópase na fase 3 da evolución cara á pandemia, polo que certas actividades aínda non teñen que estar desenvolvidas; en concreto as das fases 4 e 6, que son as seguintes:

a) Actividades relativas ao uso de antivirais e vacinas

Na fase 4 non hai actividades específicas, e na fase 5 as CCAA teñen que:

1) Planear a posta en marcha do programa de control e seguimento de efectos adversos dos antivirais.

2) Planear a posta en marcha do programa de control e seguimento de efectos adversos da vacina.

Na fase 6 as CCAA terán que:

1) Seguir os efectos adversos dos antivirais e as resistencias a eles.

2) Avaliar as coberturas de vacinación e vixiar a seguridade da vacina.

b) Actividades relativas á vixilancia epidemioloxía e virolóxica.

Na fase 4 as CCAA terán que:

1) Asegurar que a vixilancia permite caracterizar todos os casos e abrochos existentes;

2) Identificar e seguir os contactos de todos os casos;

3) Participar no aseguramento de que as canles de notificación aos organismos internacionais están abertos e coordinados.

Na fase 5 as CCAA terán que:

1) Reforzar as actividades vixilancia para detectar os casos importados de gripe do novo subtipo de virus, reforzando a vixilancia en persoas que proceden de países con zonas de risco egarantir o seguimento dos seus contactos.

2) Por en marcha os programas de vixilancia de cepas resistentes aos antivirais.

3) Asegurar que os laboratorios dispoñen dos recursos necesarios para detectar e identificar anova cepa gripal.

Na fase 6 as CC.AA terán que:

1) Adaptar o sistema de vixilancia para que facilite información útil sobre a evolución dapandemia e para avaliar as medidas postas en marcha.

2) Manter os programas de vixilancia de cepas resistentes aos antivirais.

3) Asegurar que os laboratorios dispoñen dos recursos necesarios para detectar e identificar acepa pandémica.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 15 -

Page 16: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

c) Actividades relativas á resposta á emerxencia.

Na fase 4 as CCAA terán que:

1) Activar os planes de preparación e resposta e reforzar a condición dos servizos de emerxencias e representantes das institucións públicas e privadas que xoguen algún papel na posta en marcha dos plans.

2) Comprobar que o subministro dos materiais e equipamento sanitario está dispoñible en todos os niveis.

Na fase 5 as CCAA terán que:

1) Garantir que todos os implicados na posta en marcha do Plan o coñecen e saben da situaciónde pandemia inminente.

2) Poñer en marcha o plan de resposta en todos os centros sanitarios.

3) Garantir que están preparadas as cadeas de distribución de antivirais e vacinas.

4) Poñer en marcha os procedementos de manexo de cadáveres .

Na fase 6 as CC.AA terán que:

1) Manter o funcionamento dos servizos de saúde o doutros servizos esenciais.

2) Poñer en marcha os planes de distribución e administración de fármacos antivirais.

3) Garantir que todos os implicados na posta en marcha do Plan coñecen a evolución da pandemia.

4) Cando a vacina estea dispoñible, poñer en marcha un plan para a súa administración urxente.

5) Garantir que todo o material necesario para a resposta á pandemia estará dispoñible edistribuído mentres dure a pandemia.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 16 -

Page 17: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 2

INFORME SOBRE O IMPACTO SOCIOECONÓMICO EN GALICIA DUNHA PANDEMIA DE GRIPE.UN ESTUDO MECANOESTATÍSTICO15

Luis M. Varela16, Carlos J. Ricoy17

Conclusións

1º) Na eventualidade de que ocorra una pandemia de gripe na Comunidade Autónoma de Galicia, é previsible que o número reprodutivo básico oscilase entre R0=1.6 e R0=2.4, o que implica que aproximadamente por cada individuo transmisor contaxiaríanse en promedio entre 1.6 e 2.4 persoas (infeccións secundarias). Isto traduciría se en porcentaxes de poboación infectada nalgún intre da pandemia que oscilarían entre o 52,87% e o 70,31% (26,44%-35,16% de casos clínicos), cun número estimado de persoas falecidas –supoñendo, de acordo ca literatura, nunha porcentaxe de falecementos do 2% dos casos clínicos rexistrados- que variaría entre 15.864 e 21.096. Para ponderar axeitadamente o impacto deste fenómeno pode ser útil ter en consideración que o número total de falecementos rexistrados en Galicia sitúase no contorno de 30.000 persoas/ano.

2º) Tendo en conta as conclusións do modelo matemático resumidas no punto anterior e a análise económica realizada, pódese extraer como conclusión razoable e prudente18 que o efecto final total da pandemia suporía unha caída do PIB galego entre o 1,25 % e o 2,25%. Estes valores obtivéronse considerando que a duración das baixas laborais dos casos clínicos duran entre 7 e 10 días.

De tomar o valor do PIB estimado polo IGE para o ano 2005, a dita caída equivalería a un custo económico entre 598,12 e 1.076, 62 millóns de euros (99.500 e 179.140 millóns de pesetas) concentrado nun período de 2-3 meses de duración de la pandemia.

Con obxecto de destacar a orde de magnitude deste efecto, quizais resulte clarificador considerar que, de acordo cos datos da Contabilidad Regional de España do INE, a taxa media anual de crecemento do PIB real (a prezos constantes) da economía galega durante os años 1995-2004 foi do 2,78 %. Deste xeito, o efecto estimado significaría unha redución de dita taxa de orden do 45-80% concentrada nun período de 2-3 meses. Do mesmo xeito, dada a estimación inicial realizada pola Xunta de Galicia da taxa de crecemento para o año 2006, a saber, o 4%, o efecto estimado da pandemia suporía unha redución da dita taxa do orden do 31-56 %; de novo, concentrada nun período de 2-3 meses.

En todo caso debese ter en conta que os efectos estimados constitúen un shock transitorio no curto prazo, e que, polo tanto, unha vez transcorrido o período da pandemia, a economía voltaría paulatinamente a súa senda normal de crecemento. Podería ocorrer que nesta transición se recuperase unha parte do custe económico debido ao shock, mais nos semella razoable supor que o faría plenamente.

15 O informe completo atópase no apartado adicado á preparación da pandemia da páxina web da DXSP. 16 Departamento de Física da Materia Condensada, Facultade de Física. Universidade de Santiago de Compostela. 17Departamento de Fundamentos de Análise Económico, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela. 18 Téñase en conta, por exemplo, que as estimacións da Oficina Presupuestaria do Congreso dos Estados Unidos proporcionan un intervalo para o custe económico da eventual pandemia de gripe nese país do 1% (esceario suave) ao 4,25% (escenario severo) do PIB norteamericano (www.cbo.gov/ftpdocs/69xx/doc6946/12-08-BirdFlu.pdf.).

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 17 -

Page 18: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 3

CUARTOS DE ILLAMENTO CON PRESIÓN NEGATIVA EN GALICIA

Complexo hospitalario de Ourense : 2 [1 en Sta María Nai e 1 no Materno].

Hospital de Verín: 1.

Hospital Xeral de Lugo: 2.

Complexo hospitalario de Vigo: 5 [3 no H.Nicolás Peña, 1 no H.do Meixoeiro e 1 no H. Xeral Cíes].

Complexo hospitalario de Pontevedra: 7.

Complexo hospitalario de A Coruña: 20 [10 dobres e 10 individuais].

Hospital Clínico de Santiago: 1.

Hospital Arquitecto Marcide do Ferrol: 2 [con presións regulables e sen esclusas].

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 18 -

Page 19: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 4

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA

EN RESPOSTA Á INFLUENZA AVIARIA A/H5

Obxecto do presente documento: Compendiar o conxunto de documentos de referencia das distintas actuacións que se desenvolven e se desenvolverían en Galicia en resposta á influenza aviaria A/H5, indicar o departamento responsable de cada actuación e establecer o xeito concreto no que se coordinarán os departamentos responsables das distintas actuacións.

Data de elaboración do presente documento: novembro de 2005.

Autores do documento: Consellerías do Medio Rural, D.X. de Produción, Industrias e Calidade Agro-alimentaria (DXPICA) e de Sanidade, D.X. Saúde Pública (DXSP).

Introdución.

Dende o ano 2003 estanse a producir no sueste de Asia continuos abrochos de influenza aviaria debidos a virus A(H5N1). Característico destes abrochos é a súa elevada patoxenicidade, a facilidade coa que difunde a territorios veciños, entre outras cousas polo difícil do seu control, e que, aínda que cunhas taxas de infección moi baixas, produce casos humanos, que tamén cursan cunha elevada letalidade. Os casos humanos son de orixe aviar, aínda que hai algúns -poucos – eventos que poderían ser de orixe humana, mais esta orixe non está plenamente confirmada.

Outro feito que caracteriza este abrocho de influencia aviaria A(H5N1) é a súa difusión a distancia por medio de aves migratorias, como mostran os casos aviarios detectados no centro de Asia e mesmo na beira máis oriental de Europa. Neste senso, aínda que raro non é imposible que por este medio cheguen a producirse casos aviares en Galicia, polo que as institucións responsables da saúde de animais e das persoas teñen que estar preparadas para afrontar a devandita posibilidade, e facelo cunha coordinación axeitada.

Obxectivos das actuacións de resposta á gripe aviaria A/H5 en Galicia:

Obxectivo 1:Detección de casos en aves de curral.Obxectivo 2:Detección de casos en aves silvestres.Obxectivo 3:Control da epizootia: evitar a enzootia.Obxectivo 4:Control da transmisión ás persoas.Obxectivo 5:Detección de casos humanos.Obxectivo 6:Control da transmisión interhumana.Obxectivo 7:Lograr unha comunicación rápida, clara e transparente cos medios e a poboación

Documentos de referencia das actuacións.

Obxectivo 1:Manual práctico para a loita contra a influenza aviaria en Galicia.Obxectivo 2:Plan de vixilancia de la influenza aviar en aves silvestres en España (MAPA).Obxectivo 3:Manual práctico para a loita contra a influenza aviaria en Galicia.Obxectivo 4:Manual práctico para a loita contra a influenza aviaria en Galicia.Obxectivo 5:Protocolo de vixilancia e control cando en Galicia hai casos animais de gripe A/H5.Obxectivo 6:Manexo de casos posibles e confirmados de gripe A/H5, e Manexo de contactos.Obxectivo 7:Plan de Comunicación ante un caso gripe aviar.

Departamentos responsables das actuacións.

Obxectivo 1:DXPICA.Obxectivo 2:DXPICA.Obxectivo 3:DXPICA.Obxectivo 4:DXPICA e DXSP.Obxectivo 5:DXSP.Obxectivo 6:DXSP.Obxectivo 7:DXPICA e DXSP.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 19 -

Page 20: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 5

GRUPO DE TRABALLO DE AVALIACIÓN DE NECESIDADES SOCIOSANITARIAS

No eido de preparación para unha pandemia de gripe, está a Comisión Asesora do Plan galego de Preparación á pandemia de gripe e no seu marco creouse o grupo de traballo de “Avaliación de necesidades sociosanitarias” que ten como obxectivos: 1) caracterizar as persoas que durante unha pandemia necesitarán axuda de fóra do seu contorno; 2) establecer que tipo de axuda precisarán e como se lles proporcionará durante a pandemia; 3) avaliar o tipo, cantidade e localización dos recursos necesarios para prestar a axuda durante a pandemia; e 4) elaborar un plan para que eses recursos estean dispoñibles durante a pandemia.

Lémbrese que unha pandemia de gripe (que se corresponde coa fase 6 de preparación das propostas pola Organización Mundial da Saúde), caracterízase porque nun breve lapso de tempo enferman de gripe numerosas persoas, entre elas quen xa hoxe precisan axuda de fóra do seu contorno, mais tamén enfermarán persoas que hoxe non precisarían axuda externa precisamente por non estaren enfermas e as persoas que prestan axuda externa, no domicilio ou en residencias. A estas, haberá que engadir todas aquelas outras persoas que precisarán axuda como resultado das intervencións encamiñadas a evitar a progresión da pandemia; en concreto, as afectadas polo moi probable peche dos colexios19. E se a todas estas se lles engaden tamén o resto de persoas que non necesitan axuda de fóra que enfermarán e deixarán por un tempo a súa ocupación, é doado decatarse da importante alteración da vida social que producirá a pandemia, alteración que podería ser menor se a poboación sabe ao que se vai enfrontar: neste senso, toda a poboación necesita axuda formativa de fóra do seu contorno.

Marco de referencia. Como queira que a pandemia é un evento futuro, e que para desenvolver por completo os obxectivos do grupo, que son en parte cuantitativos, precísase dunha referencia do impacto da pandemia na poboación, creouse unha pandemia ficticia para Galicia asumindo un nivel de intensidade moderado: en 8 semanas enfermará o 25% da poboación galega, unhas 690.000 persoas, dos cales algo máis da metade (367.271 persoas) solicitarán consulta médica, e un 2% ingresarán nalgún centro sanitario (11.950 persoas). Isto supón que se a enfermidade durara unha media de 4 días nos casos que precisaran consulta médica, entre os días 13 a 47 da onda pandémica habería, só pola gripe, máis de 20.000 persoas enfermas en Galicia, que serían máis de 30.000 entre os días 20 a 40, e chegarían a ser 58.000 no día 30, o cal suporía 29 doentes por cada un dos aproximadamente 2.000 médicos de Atención Primaria do Sergas20 .

No que atinxe ás persoas que precisan axuda de fóra do seu contorno no domicilio, e ás persoas que as axudan, pódese asumir que enfermarán cun mesmo patrón temporal que o resto das persoas, mentres nas residencias o caso pode ser máis grave, xa que unha vez dentro, o virus pode difundir con facilidade entre residentes e persoal.

Para rematar, cara a preparación, asúmese que entre o momento no que a Organización Mundial da Saúde declara o inicio da pandemia e esta chega a Galicia pasa polo menos 1 mes, e que durante a epidemia non haberá ningunha medida de control efectiva: nin a vacina, nin os antivirais nin as medidas físicas orientadas a atrancar a transmisión, non sendo o peche de colexios.

Composición do grupo de traballo. O grupo de traballo está composto por a Dirección Xeral de Saúde Pública: Xurxo Hervada Vida, Alberto Malvar Pintos e Isabel Losada Castillo; Asistencia Sanitaria do Sergas, Pilar Salinas Buján; Dirección Xeral de Acción Social, Monserrat García Cedrón; Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade, Rubén Cela Díez; Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Alberto Rodriguez Rogina; Cruz Vermella, Juan Redondo Abelenda e FEGAMP, compoñente sen desiñar.

19 Nun estudo recente (Ferguson NM et al: Strategies for mitigating an influenza pandemic. Nature 2006; 12 (5): 1-5) achouse que o peche dos colexios, se ben non afectaría ao número final de persoas enfermas durante unha pandemia como a que lle serve de referencia ao grupo de traballo , faría que progresase moito máis a modo, facilitando deste xeito as actividades de resposta.. 20 Pola súa banda, entre os días 24 a 52 en Galicia habería máis de 1.500 persoas ingresadas en hospitais só por gripe, que serían máis de 2.500 entre os días 25 e 41, cun pico de 3.700 persoas o día 33.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 20 -

Page 21: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Organización e calendario do traballo do grupo. O grupo realizará o seu traballo nas tres etapas seguintes:

Primeira etapa: Nela caracterizaranse as persoas que durante unha pandemia necesitarán axuda de fóra do seu contorno e establecerase o tipo de axuda que precisarán e como se lles proporcionará. A fase remata cun documento no que se recolle a tipoloxía de persoas e axudas identificadas, que debería estar elaborado o 15 de xullo de 2006.

Segunda etapa: Nela avaliarase o tipo, cantidade e localización dos recursos necesarios para prestar a axuda durante a pandemia. Esta fase, que principia ao rematar a precedente, remata cun documento no que se recollen os recursos necesarios, que debería estar rematado o 15 de novembro de 2006.

Terceira etapa: elaborarase un plan para que os recursos necesarios estean dispoñibles durante a pandemia. Esta fase, que principia ao rematar a precedente, remata cun documento no que se o plan e que debería estar rematado o 1 de maio de 2007.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 21 -

Page 22: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 6

TIPOLOXIA DAS PERSOAS QUE REQUERIRÁN AXUDA DURANTE A PANDEMIA DE GRIPE

E TIPO DE AXUDA REQUERIDA

Introdución. No eido da preparación fronte á pandemia de gripe en Galicia, o grupo de traballo de avaliación das necesidades sociosanitarias desenvolverá as súas tarefas en tres etapas21 , a primeira das cales tiña como obxectivo elaborar un documento no que veñan identificados os tipos de persoas que durante unha pandemia necesitarán axuda de fóra do seu contorno e establecer o tipo de axuda que precisarán e como se lles proporcionará.

Método. Para elaborar as distintas tipoloxías instóuselles aos membros do grupo de traballo a que completasen unha lista inicial elaborada pola DXSP. As consultas fixéronse na primeira metade do mes de xuño de 2006, e este documento rematouse o 11 de xullo de 2006.

Resultado. Recibidas as consideracións elaborouse o listado final que se recolle na táboa do anexo 1, no que tamén constan outros tipos de axuda que merecen unha consideración especial. Con este documento dáse por rematada a primeira etapa do traballo do grupo de avaliación de necesidades sociosanitarias, e dáse por comezada a segunda.

Segunda etapa. Nesta etapa avaliarase o tipo, cantidade e localización dos recursos necesarios para prestar a axuda durante a pandemia. Esta fase rematará cun documento no que se recollen eses recursos necesarios que debería estar rematado o 15 de novembro de 2006.

Apéndice: Outros tipos de axuda non contemplada na táboa e que hai que valorar:

• Axuda psicolóxica. Grupos de intervención psicosocial en casos de desastres para persoas en corentena e para o caso das defuncións.

• Acceso gratuíto aos medicamentos a persoas necesitadas (perceptoras de rentas mínimas, inmigrantes legais ou ilegais, persoas sen teito, etc).

• Axuda social aos inmigrantes que teñen problema co idioma.

Axuda coa correcta información ás persoas, de modo que podan asumir mellor os seus autocoidados, aceptar as medidas sanitarias e mellorar a adherencia ao trata

21 Vid. Grupo de traballo de avaliación de necesidades sociosanitarias: constitución.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 22 -

Page 23: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 1. Grupos aos que irá dirixida a axuda e o tipo de axuda.

Tipoloxía de persoas

Tipoloxía de axudas Quen pode prestar esa axuda

Persoas de institucións e residencias sociosanitarias

• Axuda durante as 24 horas do día • Axuda de coidados sanitarios • Axuda de coidados de aseo persoal • Axuda social de vixilancia • Axuda de mantemento da actividade da residencia

(limpeza, cociñas, subministro de alimentos e de medicamentos, etc).

- Persoal sanitario médicos, enfermeiros, auxiliares de enfermaría - Persoal de ONG - Persoal civil de cociñas, limpeza - Voluntarios - Médicos e outros profesionais sanitarios xubilados. - Estudantes sanitarios

Persoas en corentena

• Axuda para subministro de víveres e de medicación.

• Axuda sanitaria

• Axuda social (limpeza) hixiene, persoal, compañía, etc...

- Persoal sanitario - Persoal de ONGs - Persoal civil - Voluntarios - 112 - Médicos e outros profesionais sanitarios xubilados. - Estudantes sanitarios

Nenos ou persoas dependentes que non teñan quen os atenda porque enferman os seus familiares

• Coidados durante 24 horas. • Axuda para coidados de aseo persoal • Axuda para alimentación • Axuda social de entretemento

- Auxiliares de enfermería - Persoal civil - Voluntarios - 112 - Médicos e outros profesionais sanitarios xubilados. - Estudantes sanitarios

Nenos no horario lectivo

• Axuda en horario laboral • Alimentación • Entretemento

- Profesorado - Voluntarios - Persoal de cociñas, limpeza - Xuventude e xubilados

Poboación marxinal • Ingreso en albergues • Axuda sanitaria • Víveres

- Traballadores sociais - Persoal sanitario - ONGs Cruz Vermella - Persoal civil de cociñas, limpezas - Voluntarios - 112

Presos • Axuda durante as 24 horas do día • Axuda de coidados sanitarios • Axuda de mantemento da actividade das prisións

(limpeza, cociñas, subministro de víveres e de alimentos)

• Axuda para vixilancia dos presos

- Funcionarios de prisións - Persoal sanitario - Traballadores sociais - Forzas do orde público - Persoal civil de cociñas, limpeza - Os propios presos - Voluntarios - 112

Embarcados • Asistencia telefónica durante 24 horas. Salvamento marítimo

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 23 -

Page 24: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 7

LISTADO DE SERVIZOS ESENCIAIS QUE GARANTICEN O FUNCIONAMENTO DA SOCIEDADE NUNHA SITUACIÓN DE PANDEMIA

A vacina pandémica non existirá ao inicio da pandemia, polo que a solución para frear a difusión da enfermidade nestes primeiros momentos serán os antivirais. A OMS instou aos países a que fagan almacenamento de antivirais, mais estes tamén poder escasear polo que a priorización do uso dos antivirais, e mais da vacina que nos primeiros momentos de produción non haberá para todo o mundo, tamén escaseará.

Ademais nunha situación de pandemia é esencial manter os servizos esenciais para garantir o funcionamento da sociedade. A identificación destes servizos e a posible preparación deles, tendo en conta o numeroso absentismo laboral durante a pandemia é fundamental para planificar intervencións que pidan asegurar o seu funcionamento nunha situación de crise.

CLASIFICACIÓN DOS SERVIZOS ESENCIAIS A PRIORIZAR

1. Sector da seguridade do territorio: 1.1.Políticos con capacidade decisoria (Admón. Autonómica, AXE, Admón. Local)1.2.Forzas da orde pública (policía nacional, autonómica, local e garda civil)1.3.Unidades do exército destacado na CA (teñen a súa propia rede de subministro)1.4.Protección civil1.5.Xustiza: actividades penais esenciais para manter a orde pública

2. Sector sanitario: 2.1.Saúde pública e asistencia sanitaria (administración, hospitais públicos e privados,

fundacións, centros de saúde, persoal médico e asistencial das residencias da terceira idade) 2.2.Urxencias sanitarias 061 e ambulancias 2.3.Cruz Vermella

3. Sector servizos: 3.1.Servizo de bombeiros3.2.Servizos funerarios3.3.Servizos penitenciarios3.4.Servizos de seguridade privada de centros públicos e privados3.5.Servizos de comunicacións: teléfono, Internet, prensa, radio, tv3.6.Servizos de transporte:

3.6.1.condutores de ambulancias3.6.2.rede ferroviaria, persoal de liñas aéreas, portos e aeroportos3.6.3.transporte enerxético: combustibles3.6.4.rede básica de distribución de alimentos a supermercados e tendas

3.7.Servizos bancarios (mantementos mínimos: caixeiros automáticos, etc.)3.8.Servizos de mantemento da rede de distribución de auga e saneamento municipais

4. Sector da industria: 4.1.Servizos de abastecemento a nivel da produción:

4.1.1.Industria médica (osixenoterapia e outras necesidades de subministres sanitarios) 4.1.2.Industria enerxética: combustibles, gas, electricidade, refinería da Coruña, 4.1.3.Industria alimentaria, auga potable, produtos básicos, materiais de protección e hixiene

persoal

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 24 -

Page 25: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

IDENTIFICACIÓN DE SERVIZOS ESENCIAIS E DIMENSIÓNS

Tipo de servizo Corresponde Funcións Integrantes/colaboradores

Saúde pública e asistencia sanitaria

Consellería de Sanidade Manter os servizos sanitarios DXSP. SERGAS (hospitais e A. Primaria). 061. Hospitais fundacións públicas. Hospitais privados. Clínicas Privadas

Servizos de socorro Consellería de presidencia, administración pública e xustiza Consellería de Benestar

Manter a estrutura da sociedade nas necesidades básicas

Protección Civil. Cruz Roxa. ONG. Concellos. Residencias

Servizos de orde público

Presidencia Delegación do goberno Xustiza

Manter o orde publico Policía Nacional. Policía autonómica. Policía local. Concellos . Xulgados Garda Civil (inclúe sector tráfico)*. Defensa

Servizos de transporte

Transportes e obras públicas Pesca e asuntos marítimos

Manter o funcionamento das estradas e as autoestradas, do abastecemento de combustible nas estradas. Mantemento da rede ferroviaria, portuaria e aérea

Consellería de transportes e obras públicas. Deputacións Compañías privada de transportes. AENA. ADIF. Capitanías Marítimas. Autoridades Portuarias+Portos Gal. SASEMAR. RENFE. FEVE

Políticos decisores Consello do goberno da Xunta Toma de decisións na situación de emerxencia

Presidente da Xunta. Conselleiros. Comisión permanente do parlamento. Directores Xerais. Delegado Gob e Subdelegados. Alcaldes. Presidentes Diputacións Prov.

Comunicacións Consellería de administracións publicas Delegación do goberno Consellería de cultura

Mantemento das comunicacións Compañías privadas de telefonía e internet. Secretaría Xeral de comunicación. R-TVG e sociedades. Emisoras de radio. Prensa. RTV Española en Galicia. Correos Retegal.

Abastecemento enerxético

Consellería de innovación e industria

Electricidade, gas, hidrocarburos manter o subministro

Dirección Xeral de Consumo. Dirección Xeral de enerxía. Compañías eléctricas. Compañías de gas. Compañías de abastecemento de hidrocarburos

Subministro de alimentos e produtos básicos

Consellería de innovación e industria

Alimentos, produtos básicos de hixiene persoal

Consellería de Medio Rural. Consellería de Industria e comercio. Distribuidoras privadas. Industria leiteira.

Subministro de produtos médicos

Consellería de innovación e Industria Consellería de Sanidade

Osíxeno Medicamentos Produtos básicos

Consellería de Sanidade. Empresas privadas. Farmacias

Subministro de auga potable e saneamento

Concellos Auga potable e tratamento de augas residuais

Concellos. Medio ambiente. Empresas de augas.

Servizos bancarios Consellería de Economía Servizo de reintegro de diñeiro Bancos e Caixas de aforros

Servizos funerarios Consellería da Presidencia Servizos que asuman o elevado número de mortes

Funerarias e tanatorios privados

Institucións Penitenciarias

Conselleria de Presidencia Elevado número de enfermos e falecidos

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 25 -

Page 26: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 8

A VALIDEZ EN GALICIA DAS PREVALENCIAS IMPLEMENTADAS EN FluAid

Antecedentes: FluAid é un programa elaborado polos CDC que se utiliza para describir o impacto potencial da gripe nunha poboación, estimando o efecto que tería en termos de mortalidade, hospitalizacións e pacientes externos. Para iso, aplica diferentes taxas de ataque á poboación dividida en tres grupos de idade, distinguindo en cada un deles unha proporción de persoas de alto risco, á que asocian maior probabilidade de dano e a estiman a partir da poboación estadounidense (risco elevado). Para empregar FluAid noutras poboacións, abonda con coñecer a distribución etárea da poboación e asumir as prevalencias de persoas de alto risco propostas. O obxecto deste informe é dar conta avaliar da validez desta asunción para a poboación de Galicia.

Material e métodos: FluAid propón un conxunto de patoloxías que caracterizan o risco elevado. En Galicia, dúas enquisas recollen datos que permiten estimar a prevalencia das devanditas patoloxías. A Enquisa de saúde de Galicia (ESG), de 2005 (mostra: 578 ata 18 anos, 2.168 de 19 a 64 anos e 874 de máis de 64) e a Enquisa de nutrición de Galicia (ENG), de 2006 (mostra: 3.148 maiores de 18 anos).

A ESG estima a presenza de diagnóstico médico de cardiopatía, bronquite, asma e diabete, para adultos. Para nenos: asma, diabete, cardiopatía, nefropatía e alteración neurolóxica. A ENG estima as das patoloxías hepática e renal crónicas.

Cos datos da ESG estimouse a porcentaxe de pacientes con factores de risco, considerando como criterio a presenza de polo menos unha das patoloxías seleccionadas. No caso da asma, consideráronse só os casos graves (que veñen sendo, segundo fontes consultadas e no peor dos casos, aoredor dun 4% da poboación infantil).

Resultados: A prevalencia de persoas con risco elevado implementadas en FluAid é de: 6,4% ata os 18 anos; 14,4% entre 19-64 anos e 40% para os de máis de 64 anos. A ESG estima as devanditas prevalencias en 6,2%, 17,4% e 42,2%, respectivamente. O resto de patoloxías que definen o risco elevado son de moi baixa prevalencia, sendo as superiores as patoloxías hepática e renal crónica, con prevalencias de 1’3% e 1’5% da poboación adulta, segundo ENG.

Conclusión: As estimacións puntuais da prevalencia de persoas con risco elevado en Galicia, segundo EGS, son semellantes ás implementadas en FluAid, e a das patoloxías non incluídas en EGS son suficientemente baixas, polo que se pode considerar válido o emprego de FluAid para Galicia.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 26 -

Page 27: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 9

PROTOCOLO DE VIXILANCIA DE GRIPE AVIARIA EN HUMANOS

Atópanse na web da DXSP

http://dxsp.sergas.es

Asuncións

Vixilancia en Atención Primaria

Vixilancia en hospitais

Recomendacións para o transporte en ambulancias

Manexo dos contactos

Monitorización dos síntomas gripais en traballadores sanitarios

Rexistro dos contactos

Información e instrución

Manexo dos casos

Ficha do caso posible

Monitorización das reaccións adversas aos antivirais

Guía de toma e envío de mostras

Volante petición de mostras

Glosario de termos

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 27 -

Page 28: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 10

PLAN DE ACCIÓN XERAL EN CENTROS RESIDENCIAIS FRONTE Á PANDEMIA DA GRIPE

Introdución.

Unha pandemia de gripe é un dos desafíos sanitarios máis importantes que ten que enfrontar a humanidade, xa que supón que en todo o mundo e nun moi breve prazo de tempo, en meses, unha grande parte da poboación enfermará (entre un 15 e un 35%, dependendo da intensidade da pandemia), e aínda que só fose por este maior número de enfermos, haberá tamén un gran número de mortes, especialmente nas persoas que teñen algún factor que aumenta a gravidade da infección gripal, como as que teñen certas patoloxías crónicas e as de máis idade. Este fenómeno débese a que a pandemia a produce un virus gripal novo para os humanos –polo que estes non teñen ningunha inmunidade que os protexa–, que ten a capacidade de se transmitir dunha persoa a outra como os virus gripais habituais.

Ademais, é doado decatarse de que unha concentración tan importante de persoas enfermas non só afectará aos servizos sanitarios e sociosanitarios, que enfrontarán unha carga de traballo moi superior á habitual; afectará tamén a toda a actividade social. Debido ás baixas laborais que se producirán, verase mermada a produción, transporte e distribución de mercancías e servizos, que en certos sectores verase agravado tamén por unha caída da demanda.

Por fortuna, unha pandemia de gripe é excepcional. De feito, no século XX só houbo tres pandemias de gripe: a “gripe española” de 1918 causada polo subtipo de virus da gripe H1N1 na que morreron uns 50 millóns de persoas, a “gripe asiática” de 1957 causada polo subtipo de virus da gripe A H2N2 e a “gripe de Hong Kong” de 1968 causada pola variante H3N2 que foi a máis benigna das tres probablemente porque o virus H3N2 tiña o subtipo N2 para o cal a poboación xa tiña certa inmunidade (a asiática foi H2N2).

Ora ben, de xurdir, unha pandemia non se pode deter, só se poden paliar os seus efectos. E para facelo, como queira que a curto prazo non haberá dispoñibilidade de vacina para cubrir nin a unha pequena parte da poboación, e que o emprego preventivo de antivirais é imposible non sendo para os servizos esenciais da sociedade, para paliar os efectos da pandemia hai que recorrer ás medidas orientadas a dificultar a transmisión do virus, medidas que polo seu carácter requiren un grande esforzo de organización da comunidade; é dicir, un grande esforzo de preparación.

A finais do século pasado a Organización Mundial da Saúde, consciente da inevitabilidade dunha nova pandemia e da transcendencia que para paliar os seus efectos ten unha axeitada organización da comunidade, recomendou que todos os países elaborasen os seus propios planes de preparación e resposta á pandemia de gripe, e propuxo que eses planes se adaptasen ás distintas fases de evolución cara a pandemia; dende as fases 1 e 2 ou interpandémicas, á fase 6, de pandemia. Na actualidade o mundo atópase na fase 3, porque hai “infeccións humanas cun novo subtipo do virus da gripe (o H5N1, ou virus da gripe aviaria), mais sen transmisión persoa a persoa, o como moito casos raros de transmisión a un contacto próximo”.

Seguindo esta recomendación, en 2005 o Ministerio de Sanidade e Consumo elaborou o Plan español de preparación e resposta á pandemia de gripe, e posteriormente se elaborou o Plan Galego (PGPRPG), para desenvolver en Galicia as actividade que no plan español lles correspondían ás comunidades autónomas. O PGPRPG diríxeo unha comisión asesora e traballa na preparación da pandemia con varios grupos de traballo, entre os que se atopa o “Grupo de traballo de avaliación de necesidades sociosanitarias”, entre cuxos obxectivos está diminuír ao mínimo o impacto da pandemia nos centros residenciais sociosanitarios, tanto nos residentes como no persoal que traballa neles, que será considerado persoal de servizos esenciais na situación de pandemia. Para iso, a Dirección Xeral de Acción Social, da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, propón o seguinte “Plan de acción xeral en centros residenciais fronte a pandemia da gripe”, que tamén se artella en función das diferentes fases de progresión cara pandemia, co calendario seguinte:

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 28 -

Page 29: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Fase 3 (actual): Desenvolvemento do plan xeral

Fases 4 a 622: Implantación do plan no que atinxe a cadansúa fase.

PLAN DE ACCIÓN XERAL EN CENTROS RESIDENCIAIS FRENTE Á PANDEMIA DA GRIPE

Obxectivo xeral.

Reducir o impacto da pandemia de gripe na poboación dos centros residenciais tanto dos usuarios como do persoal.

Obxectivo específico.

Conseguir que todas as residencias sanitarias teñan o seu propio plan de preparación e resposta á pandemia de gripe, que se baseará neste plan xeral da Consellería de Asuntos Sociais e terán os obxectivos xerais seguintes:

• Dispor dunha sistemática de intervención fronte á pandemia de gripe23 .

• Dispor dunha resposta á emerxencia.

• Dispor dunha estratexia a información.

Desenvolvemento do plan xeral.

O plan terá unha implantación progresiva. Principiará cun grupo reducido de residencias de distintas características coas que se estudarán polo miúdo os contidos que teñen que ter os planes concretos das residencias, o mellor xeito de integralos nelas e a estratexia máis axeitada para proseguir ata acadar o obxectivo xeral deste plan. En principio, o desenvolvemento do plan xeral descansa no nomeamento dun responsable da preparación de cara á pandemia dentro da residencia, que será:

• Responsable da comunicación coas autoridades.

• Responsable da elaboración e implantación do plan na residencia.

Contidos elementais do plan de preparación e resposta da residencia.

Sistemática de intervención fronte á pandemia de gripe. Terá como obxectivos, nas fases 4 e 5, impedir a introdución do virus na residencia e, de teren entrado, detectar a súa presenza o máis axiña posible para evitar que xurdan casos secundarios. Na fase 6, ou de pandemia, terá como obxectivo facer que sexa mínimo o impacto da pandemia na residencia.

De todos xeitos, xa dende agora se poden ir implantando, alí onde non o estean, medidas de carácter xeral, como o lavado axeitado de mans e medidas de hixiene respiratoria, para que cando chegue a pandemia a poboación xa estea adestrada.

Nas fases 4 e 5, o primordial é estar avisado para detectar calquera caso posible de gripe, e para facelo a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade lle enviará periodicamente ao responsable na residencia unha definición de caso posible coas instrución do que hai que facer se chegan a detectar un. Tal como a día de hoxe se poden presumir estas fases 4 e 5, detectar un caso posible nunha residencia suporá o seu ingreso inmediato nun hospital dotado de habitacións de illamento con presión negativa, un seguimento sistematizado dos contactos do devandito caso posible, a

22 A OMS declarará a fase cando se observen “pequenas agrupacións de casos con limitada transmisión de persoa a persoa. A transmisión está moi localizada, suxerindo que o virus non está ben adaptado aos humanos”, a fase 5 cando haxa “agrupacións maiores de casos, aínda que a transmisión persoa a persoa sega a estar localizada, suxerindo que virus está aumentando a súa adaptación aos humanos mais aínda chegou a ser totalmente transmisible”, e a fase 6 cando haxa unha “transmisión elevada e mantida entre a poboación xeral”. 23 Idealmente, a sistemática de intervención fronte á pandemia debe estar integrado como caso especial nun sistema axeitado de control da infección na residencia.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 29 -

Page 30: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

administración de antivirais, unha restrición de visitas e un sistema de limpeza e desinfección axeitado ao que recomenda a OMS.

Ora ben, isto non garante que non se dea a circunstancia de que o ingreso hospitalario sexa imposible, polo que haberá que ter previsto un sistema propio de illamento e emprego de equipas de protección persoal.

Xa na pandemia, os ingresos hospitalarios estarán restrinxidos aos casos máis graves, xa que previsiblemente nos atoparemos nunha situación de saturación dos hospitais. Tamén estarán restrinxidos aos casos máis graves os antivirais para uso terapéutico, aínda que o persoal das residencias, considerado esencial para o mantemento dos servizos na comunidade, disporá de antivirais para uso profiláctico. Nesta fase, pois, o máis relevante é separar de xeito efectivo aos residentes que estean enfermos dos que aínda non o están, tentando que o impacto da pandemia non se concentre nun breve período de tempo facendo máis difícil a atención dos residentes.

Ademais, segundo a fase que sexa os traballadores da residencia precisarán dunha información especial, por exemplo: sobre as medidas de protección respiratoria e hixiene de mans (dende hoxe); sobre como sospeitar da presenza dun caso posible, manexar aos seus contactos e, se fose preciso, usar unha equipa de protección individual (fases 4 e 5); e sobre como se distribuirán os antivirais e as medidas que adoptará a residencia para evitar a difusión da pandemia (fase 6).

Para rematar, tamén en todas as fases as residencias terán que comunicar as incidencias relevantes co formato, a periodicidade e a canle que se especifiquen no plan.

Resposta á emerxencia. Este apartado abrangue todos aqueles aspectos que non teñen que ver co control da pandemia na residencia, mais que poden ser críticos para que teña éxito. Neste senso, as residencias sociosanitarias no seu plan deberán de, polo menos:

• Contemplar como se solucionará o abastecemento de víveres, nunha previsible situación de escaseza ou abastecemento reducido.

• Establecer mecanismos para atopamento de persoal no caso de carencia na pandemia, xa que hai que contar que aínda que o persoal estará con profilaxe con antivirais, poderá haber absentismo.

• Garantir o abastecemento de produtos médicos e sanitarios, como antibióticos, soros, osíxeno, etc.

Estratexia de comunicación na residencia. Cada residencia terá que ter previsto o contido, o formato e a canle pola que achegará información sobre a súa situación tanto aos traballadores e residentes (comunicación interna), como aos familiares dos residentes e outros visitantes (comunicación externa). A información será necesariamente diferente en cada fase, e estará coordinada coa información proporcionada polas consellerías de Vicepresidencia para a igualdade o Benestar pola de Sanidade.

Comentario final. Un tema especialmente relevante nas residencias, xa que moitas delas contan con numerosos residentes que polas súas características teñen un risco maior de morrer, é o manexo de cadáveres; mais, como queira que este é un problema que supera amplamente a cada residencia individual, este tema tratarase nos plans de cada facendo referencia á estratexia de manexo de cadáveres na comunidade e só conterá as recomendacións de autopsia, que variarán segunda a fase, e as hixiénicas.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 30 -

Page 31: PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA …O plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe (PGPRPG) ten por obxectivos xerais os seguintes: (1) reducir o impacto

[P] PGPRPG – xaneiro 2009

próxima actualización: xullo 2009

Anexo 11

RESPOSTAS ÁS CUESTIÓNS FORMULADAS AO SUBCOMITÉ DE ASPECTOS ÉTICO-LEGAIS

Relativas á Fase 3.

1. Segundo protocolo establecido pola DXSP para o control da gripe aviaria en humanos, na situación actual, todos os pacientes que se identifiquen como sospeitosos de padecer gripe aviaria necesitan tralo ingreso nun hospital ser sometidos a illamento respiratorio en cuartos con presión negativa, e, por iso, as sospeitas identificadas en hospitais públicos que carecen deses cuartos de illamento será trasladadas a outro hospital que si os teñan para ingresar nel. Agora ben, qué facer cando a sospeita identifícase nun hospital privado que non conte con cuartos con presión negativa?. Pódese obrigar ao traslado a un centro público con cuartos de illamento desas características?.

Resposta: Segundo consta no artigo 2 da lei orgánica 3/1986 de medidas especiais en materia de saúde pública, as autoridades sanitarias competentes poderán adoptar medidas de recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se aprecien indicios racionais que permitan supoñer a existencia de perigo para a saúde da poboación, debido a unha situación concreta de unha persoa ou grupo de persoas, polas condicións sanitarias nas que se desenvolve unha actividade. Polo tanto, podería obrigarse o traslado. Polo demais, o paciente sería traslado polo 061.

Relativas á Fase 6.

1. Que hai que facer se un paciente extravía os antivirais, nunha situación na que non haxa para todos o pacientes?

Resposta: Suponse que se un paciente extravía o tratamento é porque non está hospitalizado senón que recibe o tratamento en réxime ambulatorio. Toda persoa que recibe o tratamento de modo terapéutico ou profiláctico debe ter presente que os recursos son escasos e que debe ser responsable no uso deles. Respecto ás profilaxes, os fármacos entregaranse semanalmente para evitar un posible mal uso deles. Sería adecuado formular un prospecto informativo que se xuntara ao tratamento. Ademais deben de proporcionarse mensaxes á poboación nas que se expliquen a necesidade de priorización do uso de antivirais, e a importancia de que custodien ben os tratamentos indicando que, agás en casos excepcionais, non se vai repoñer o tratamento extraviado.

2. Como se decidirá a priorización da ventilación asistida durante a pandemia, no caso de que non haxa respiradores para todos os doentes que a necesiten?

Resposta: Ante esa situación non queda máis remedio que reservar a ventilación mecánica para aqueles pacientes con máis probabilidades de sobrevivir e proporcionar coidados paliativos ao resto dos pacientes. Entre outras cousas, iso levará implícito que se debe acurtar o seu uso ao máximo coa finalidade de que se poidan beneficiar máis pacientes. Polo tanto, para a prescrición de altas precoces aplicaranse criterios clínicos. Deben existir protocolos de actuación para estas situacións, que deben seguirse estritamente.

3. Como se decidirán as altas precoces, no caso de que non haxa posibilidade de manter ingresados a todos os doentes que noutros intres permanecerían ingresados?

Resposta: para a prescrición de altas precoces aplicaranse criterios clínicos e para iso seguiranse os protocolos establecidos para estas situacións, que deben ser seguidos estritamente.

4. Poderán os centros sanitarios contratar persoal en prácticas durante a pandemia?

Resposta: Segundo a lexislación actual, os estudantes non teñen obriga de socorrer no caso da pandemia e por iso non se lles pode obrigar a acudir, xa que no son profesionais, e por iso tampouco poden ser contratados (non teñen titulación). Soamente poderían colaborar pola vía do voluntariado, e segundo consta na lei do voluntariado, lei 6/1996 título II artigo 6, estarán asegurados contra os riscos de accidente e enfermidade derivados directamente da súa actividade voluntaria. Ademais, a mesma lei no artigo 10 do título III, contempla que as organizacións responderán contra terceiros polos danos ou prexuízos causados polos voluntarios que participen na súa organización.

PLAN GALEGO DE PREPARACIÓN E RESPOSTA Á PANDEMIA DE GRIPE

- 31 -