plan preparaciÓn eso
TRANSCRIPT
PLAN DE
PREPARACIÓN PARA
A ESO.
Departamento de Orientación
CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal
Que é o ensino básico?
O ensino básico é o que deben realizar todas
as persoas.
É obrigatorio e gratuito.
Iníciase aos seis anos e esténdese ata os
dezaseis.
Etapas do ensino básico
O ensino obrigatorio ten dúas etapas:
E.P.:Educación Primaria
ESO.
Ten 6 cursos.
De 1º a 6º.
Que é ESO?
ESO: EDUCACIÓN SECUNDARIA
OBRIGATORIA
Secundaria: vén a continuación da E.Primaria.
Obrigatoria: débena realizar todas as persoas.
¿Onde se estuda a ESO?
A ESO estúdase nos IE.S.
Un IES é un INSTITUTO DE EDUCACIÓN
SECUNDARIA.
O instituto ao que estamos adscritos é o IES
MARÍA CASARES .
Nel ademais da E.S.O. tamén se pode estudiar
Bacharelato, Ciclos formativos de Formación
Profesional de grao medio ou superior e FP
básica.
Cantos cursos ten a E.S.O.?
Está formada por 4 cursos divididos en 2
ciclos (dos 12 aos 16 anos):
1º Ciclo
2º Ciclo
-1º ESO
-2º ESO
-3º ESO
- 4º ESO
Que asignaturas estudas na ESO?
MATERIAS TRONCAIS
• Bioloxía e xeoloxía (4).
• Xeografía e historia (3).
• Lingua Castelá e Literatura (4).
• Matemáticas (5).
• Primeira Lingua Estranxeira (3).
MATERIAS ESPECÍFICAS
• Educación Plástica e Visual (2).
• Segunda Lingua Estranxeira (2).
• Educación Física (2).
• Relixión ou Valores Cívicos (1).
MATERIAS DE LIBRE
CONFIGURACIÓN
• Lingua Galega e literatura (4).
• Asignada polo centro (1):
Culturas do Mundo ou
Promoción de Estilos de Vida
Saudable.
Que é unha asignatura optativa?
Unha asignatura optativa é aquela que se pode escoller ou non
segundo as propias preferencias.
En 1º de ESO terás opción de elixir entre Relixión ou Valores
Cívicos, así como a materia de libre configuración asignada
polo centro que máis che interese.
Como é a avaliación?
A avaliación na ESO
é continua.
Recibirás
información
trimestral coma en
E.P.
As cualificacións
serán:
Insuficiente
Suficiente
Ben
Notable
Sobresaliente
Indícase o valor numérico.
Como é a promoción?
Se suspendes máis de 2 asignaturas
dun curso deberás permanecer un ano
máis nel.
Só se pode repetir unha vez cada
curso.
Só se pode repetir dúas veces en toda
a ESO.
Criterios de promoción
Con dúas materias suspensas non se
repite, a non ser que sexan LCL ou LGL e
Mat.
Con tres materias suspensas pódese
promocionar se así o decide o Equipo de
profesorado, non coinciden LCL ou LGL e
Mat, cun plan de reforzo.
Con máis de tres asignaturas repítese.
Que título obtés cando rematas a
ESO?
O finalizar os estudos da E.S.O. cun
resultado positivo obterás o:
TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
Haberá que ter todo aprobado e
superada unha proba final.
Que horario terás no I.E.S.?
O horario que terás será de luns a venres de:
8:30 a 14:10
Os luns terás clase pola tarde de:
16:30 a 18:10
As sesións son de 50 minutos.
Terás dous recreos : cada dúas sesións farase un descanso de 20 minutos.
Que podes estudar ao rematar a
ESO?
Ao finalizar a ESO poderás estudar:
Bacharelato.
Formación profesional
Se tes entre 15 anos cumpridos e tes
dificultades para rematar os estudos de
ESO, poderás cursar FP Básica.
Modalidades de Bacharelato
e de Ciclos Formativos
Bacharelato: Humanidades e Ciencias Sociais
Ciencias e Tecnoloxía
Ciclos formativos de grao medio: Instalacións eléctricas e automáticas
FP Básica
No IES tamén hai un
Departamento de Orientación que
che axudará e asesorará sempre
que o necesites ou o demandes.