poema da lingua da familia
DESCRIPTION
poemas sobre a lingua galegaTRANSCRIPT
Grazas a todos e a todas, por facer, como diría A.Cunqueiro,
“ que a nosa lingua teña mil primaveras máis”
JACOBO: É a lingua do noso fogar.
CLARA: Nunca pensei que me expresaría tan ben nesta preciosa lingua galega.
NOELIA: Lingua que é vida. Lingua na que me criei. Se Galicia non existira a lengua tampouco.
IRENE: O mellor galego é o que nace do pobo.
ANA: A lingua é a cultura.
INÉS: O galego é a lingua de Galicia e dos nosos antepasados e, por iso debémola conservar.
MARTA:O galego é a miña lingua. Está nas miñas veas.
ARIADNA: En Galicia fálase o galego porque nós o eliximos. Viva o Galego!
DANIEL : O galego é a lingua que nos acompaña no noso viaxar polo mundo.
ALICIA: Sen o galego non hai Galicia.
ÓSCAR: O meu galego é da miña familia e tamén de Galicia.
SERGIO: Fala galego, Galicia agradeceracho.
ANDREA: O idioma dos galegos/as é o galego, non outro idioma.
SOFÍA M.: O galego é a nosa vida e a nosa cultura.
IRIA: Cando nacín e escoitei as primeiras palabras en galego pensei: por que deixámola perder?
RITA: Coida a túa lingua coma coidarías de ti.
ELOY: Na miña familia falamos galego e loitaremos por recuperalo se no lo quitan.
ALBA: O galego é arte.
LORENA: O galego é a nosa lingua . É o que necesitamos nós.
SOFÍA E. : Se perderamos a lingua galega, eu tería moita tristeza.
ANTÓN: Sen o galego, eu non son galego.