presentación diferentes

22
IES de Curtis Guia sobre la diversidad y la discapacidad, de Angels Ponce y Miguel Gallardo.

Upload: loudes-otero

Post on 29-Jan-2018

588 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación diferentes

IES de CurtisGuia sobre la diversidad y la discapacidad, de Angels Ponce y Miguel Gallardo.

Page 2: Presentación diferentes

A diversidade está en todas partes

Page 3: Presentación diferentes

Todas as persoas somos diferentes

Non hai dous iguais… nin os irmáns que son xemelgos son “exactamente” IGUAIS.

Page 4: Presentación diferentes

Pero tamen temos moitas cousas en comùn

Gústanos querer a outros/as Necesitamos

axuda para coller algo...

Ter amigas/os Gústanos rir

Descansar

Facer cousas que nos gustan

Page 5: Presentación diferentes

Todos temos soños e ilusións

Mª Fe é unha amiga de Santiago, traballa nunha zapatería, o seu mundo vai mais despacio que o dos demais. Por iso, a súa irmá Nuria aprendeu a explicarlle as cousas lentamente e con palabras sinxelas.

Page 6: Presentación diferentes

Todos temos tamén familia...e en todas hai cariño

Page 7: Presentación diferentes

Hai familias moi distintas...

JAIME ten unha familia que lle quere un montón: unha mamá, un papá e un can. Ainda que Jaime ten 5 anos, é moi pequeno e lle costa moito crecer, respirar e aguantar da súa cabeza. Ainda ten que ir moitas veces ao hospital, a súa familia aproveita os fins de semana para ir ao parque, sair a pasear ou visitar á familia… Como facemos todos. Pero o que mais lle gosta é que lle achuchen e lle biquen. Jaime ten unha pluridiscapacidade.

Page 8: Presentación diferentes

Todas as familias viven nunha casa moi distinta...

Page 9: Presentación diferentes

A casa de Miguel tamén é distinta...

MIGUEL vive nunha casa dun so piso, non ten escaleiras. As portas son moi anchas e todo queda perto da súa man, tanto na cociña como no dormitorio (non hai armarios altos). Non ten bañeira, senon unha ducha moi aberta con baldosas antideslizantes e unha cadeira de plástico donde se senta. Miguel vive so e es informático. Traballa perto da súa casa. Ten unha lesión medular, causada por un accidente de coche que tivo fai tempo. Agora utiliza unha cadeira de rodas para moverse.

Page 10: Presentación diferentes

Algunhas persoas teñen mascota...

Page 11: Presentación diferentes

Moito mais que unha mascota...

PAOLA tamén ten un amigo especial: é o seu can “Max”, que a acompaña a todas partes. Cada día van de casa ao traballo (Paola é avogada), Max pode entrar en todas partes).Max é un can-guía e antes de estar con Paola fixo un curso para aprender a axudar.Paola é cega e Max é os seus ollos.

Page 12: Presentación diferentes

Disfrutar facendo algo...

Colecciona cousas

Fai manualidades

Encántalle ler Escoitar música

Estar cos amigosConstruir torres

Desfacer reloxios

Page 13: Presentación diferentes

Por exemplo ler...

A BEATRIZ encántalle ler. No seu cuarto ten un montón de libros e di que xa os leeu todos ¡todos! Tamén ten un segredo: comezou a escribir as súas propias historias…, pero polo momento, non llas ensinou a ninguén…

Beatriz é sordomuda polo que non pode oír nin falar. Polo menos como ti e como eu. Ela faino a través da “linguaxe de signos” ou lendo os beizos. Por iso, cando falan con ela sempre lle miran á cara.

Page 14: Presentación diferentes

Na escola...

PABLO ten 13 anos e vai ao mesmo instituto que a súa irmá Marta. A Pablo encántalle ir ao cole, sobre todo salir ao patio y xogar cos seus amigos. Tamén cando van de excursión ou fan educación física. Pero non lle gustan nada as matemáticas e o inglés. Cóstall moito concentrarse no que di a profesora e moitas veces parece que non escoita.. Ademais, tampouco lle saen moi ben os exercicios por más que o intenta. Tamén é algo despistado e moitas veces esquécese dalgunas cousas que necesita para facer as actividades.Pablo ten trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), por este motivo, séntase na primeira fila da clase e conta cunha persoa que lle axuda na escola: chámase Bea e xuntos repasan as tarefas de clase.

Page 15: Presentación diferentes

A todos nos gusta xogar... MARÍA ten 14 anos e desde que era pequena, xoga a algo que a mantén moi ocupada e que lle encanta: fai “papeliños”. Cando consigue unha folla de papel, séntase en cualquera lugar e a vai rompendo en cachiños moi pequenos ata que ten unha “montaña”. Entón, os colle coa man e os deixa caer suavemente moi perto da súa cara (como se fixera chover).A María non lle interesan demasiado outros xogos: como andar en patíns ou correr con outras rapazas e rapaces ou ao brilé Tampouco lle gostan os xogos electrónicos. María ten autismo.

Page 16: Presentación diferentes

Todos precisamos comer...

Page 17: Presentación diferentes

Hai dietas diferentes...

A JOEL encántalle o futbol, e sempre que pode está correndo detrás dunha pelota. Forma parte dun equipo e non se perde ningún partido do seu equipo preferido.Quédase a comer no instituto, como a súa irmá Claudia, pero ten que seguir unha dieta especial: cando era pequeno os médicos lles dixeron aos seus pais que era celíaco, así que non pode comer de todo… Co tempo acostumbrouse a non comer algunhas cousas e a preguntar de qué están feitas. Xa non lle costa esforzo

Page 18: Presentación diferentes

As persoas tamén lles gusta facer deporte

Page 19: Presentación diferentes

Natalie du Toit: natación...

é unha nadadora sudafricana que sufriu a amputación da perna esquerda tras un accidente de moto en 2001. Ademais de nadar nos xogos paralímpicos, en 2004 clasificouse para participar nos xogos Olímpicos de Pekín

Page 20: Presentación diferentes

Todos somos capaces de traballar...

Page 21: Presentación diferentes

Xardiñaría por exemplo...

Ana traballa so polas mañanas, ocúpase das plantas que hai expostas no viveiro onde traballa. Depende do día ordea as macetas, as cambia de sitio, as rega cando fai falta ou lles quita as follas secas. A Ana gústalle o seu traballo: non se sente agobiada porque non ten que facelo deprisa, pode ir ao seu ritmo e, sobre todo, está ao aire libre (di que si traballara nun lugar pechado, marchitaríase).Ana ten unha enfermidade mental.

Page 22: Presentación diferentes

Algunhas persoas con discapacidade que quizá coñezas...

FRIDA KAHLO 1907- 1954 tiña unha discapacidade física (poliomielites)

LUDWIG VAN BEETHOVEN 1770-1827 era sordo

Stivie Wonder era cego

STEPHEN HAWKING 1942 ten unha discapacidade física

Miguel de Cervantes tiña discapacidade física

Vincent Van Gogh tiña unha enfermidade mental