programa de actividades 1º trimestre 2012
DESCRIPTION
Programa de actividades 1º trimestre 2012TRANSCRIPT
Tfne. 676 80 02 [email protected] www.lugopatrimonio.org
PROGRAMA ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE
Xaneiro Día 14, sábado : Visita á exposición da Catedral de Lugo e pinturas da
Capela Maior. Posteriormente visita ao Museo de Lugo para ver as esculturas de Asorei. Saída ás 17 h. da Porta Norte da Catedral.
Día 24, martes: conferencia de Antonio de la Peña sobre Arte rupestre en Galiza: os petróglifos. Na Deputación Provincial de Lugo ás 20 h.
Febreiro Día 7 ,martes, ás 20 h. na Deputación Provincial de Lugo, conferencia de
Óscar López Mendaña sobre Vilariño de Conso e a maxia do Entroido popular.
Días 18 e 19 de febreiro (sábado e domingo de Entroido): Viaxe máxico polas terras e Entroido de Vilariño de Conso con Óscar López. Saída ás 9 h. do lugar habitual.
Marzo Día 8, xoves : conferencia de Felipe-Senén López sobre Grafittis de onte e
de hoxe: Simbolismo e contexto da arte rupestre galega. Ás 20 h. na Deputación Provincial. De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe do día 24.
Día 9 de marzo, venres , ás 20 h. na Deputación Provincial, proxección da película Exit Through the Gift Shop (Saída pola tenda de agasallos), do director e graffiteiro Banksy. Introdución: Lois Diéguez.
Día 15, xoves, ás 20 h. na Deputación Provincial, Viaxe virtual polas terras de Marrocos, por Lois Diéguez. Na mesma sesión trataranse os aspectos técnicos da viaxe.
Día 24, sábado: viaxe polas terras de Campo Lameiro, Mogor, Facho de Donán e Acibeiro: petróglifos e outras artes, con Felipe-Senén López. Saída ás 8 h. do lugar habitual.
Do 30 de marzo ao 10 de abril: viaxe a Marrocos
1