programaciÓn didÁctica departamento de latÍn/grego …€¦ · programaciÓn didÁctica...

83
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento Catalina Rey Rodríguez

Upload: others

Post on 05-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE

LATÍN/GREGO

~ CURSO 2014/15 ~

IES ALFREDO BRAÑAS

(CARBALLO)

Xefa de Departamento

Catalina Rey Rodríguez

Page 2: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

1

1. Introdución …………………………………………………………………… 3

1.1 Contextualización

1.2 Lexislación

2. Membros do departamento …………………………………………………… 5

3. Programación didáctica das asignaturas de Bacharelato …………………... 5

3.1 Latín I ……………………………………………………………………...... 7

3.1.1 Obxectivos

3.1.2 Contidos

3.1.3 Mínimos esixibles

3.1.4 Secuenciación e temporalización dos contidos

3.1.5 Criterios de avaliación

3.1.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

3.1.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

3.1.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

3.1.9 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

3.1.10 Criterios para avaliar a propia programación

3.2 Latín II …………………………………………………………………….. 23

3.2.1 Obxectivos

3.2.2 Contidos

3.2.3 Mínimos esixibles

3.2.4 Secuenciación e temporalización dos contidos

3.2.5 Criterios de avaliación

3.2.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

3.2.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

3.2.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

3.2.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

3.2.10 Criterios para avaliar a propia programación

3.3 Grego I ……………………………………………………………………... 40

3.3.1 Obxectivos

3.3.2 Contidos

3.3.3 Mínimos esixibles

3.3.4 Secuenciación e temporalización dos contidos

3.3.5 Criterios de avaliación

3.3.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

3.3.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

3.3.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de

materias pendentes e procecedementos para acreditar os

coñecementos previos

3.3.9 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

3.3.10 Criterios para avaliar a propia programación

Page 3: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

2

4. Programación didáctica das asignaturas da ESO ………………………… 57

4.1 Latín 4º ESO ……………………………………………………………. 57

4.1.1 Obxectivos

4.1.2 Contidos

4.1.3 Mínimos esixibles

4.1.4 Contribución da materia á adquisición das competencias básicas

4.1.5 Secuenciación e temporalización dos contidos

4.1.6 Procedementos para a realización da avaliación inicial

4.1.7 Criterios de avaliación en relación coas competencias básicas

4.1.8 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

4.1.9 Procedementos e instrumentos de avaliación

4.1.10 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

4.1.11 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

4.1.12 Criterios para avaliar a propia programación

5. Accións de contribución ao plan de convivencia e educación en valores en

todos os niveis ……………………………………………………………….. 80

6. Actividades complementarias e extraescolares xerais deste departamento ………………………………………………………………………………... 81

7. Anexo. Recursos didácticos recomendados ……………………………….. 82

Page 4: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

3

1. Introdución

A nosa civilización é froito dunha longa tradición que inclúe herdanzas de pobos

e culturas moi diversos. Pero, por formar parte da cultura occidental, ten unha débeda

esencial -no senso estrito do termo- coa cultura latina e grega.

Parece evidente que o xeito máis práctico e máis formativo de achegarse á Roma

e á Grecia antiga é a través do estudo da súa lingua. Isto quere dicir que a aprendizaxe

da lingua é un obxectivo en si mesmo, pero é tamén, e sobre todo, un instrumento para

introducir ós alumnos no coñecemento do mundo clásico.

Durante o presente curso este departamento ten asignadas as seguintes materias:

Latín I e II de Bacharelato, Grego I de Bacharelato ademais de Latín de 4º da

ESO. Polo tanto a programación vai dirixida ao alumnado que curse calquera delas.

1.1 Contextualización

O IES Alfredo Brañas é un centro de titularidade pública situado en Carballo,

un dos concellos máis poboados da provincia de A Coruña e capital da comarca de

Bergantiños.

O alumnado provén, na súa maioría, dos centros adscritos CEIP Fogar e CEIP

Xesús San Luis Romero. O primeiro está situado no centro de Carballo e acolle á

poboación do casco urbano e dalgunhas parroquias limítrofes mentres que o

segundo está situado no barrio da Milagrosa.

Page 5: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

4

O alumnado do centro caracterízase por una grande heteroxeneidade,

convivindo alumnos que proceden da clase media urbana con outros que proceden

do rural, emigrantes retornados e incluso algún de extración marxinal.

O centro conta cuns 60 profesores adicados a 600 alumnos aproximadamente.

1.2 Lexislación

A presente programación didáctica susténtase na seguinte lexislación estatal e

autonómica:

LOE 2/2006 do 3 de maio.

Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica o Decreto 133/2007 do 5 de xullo

que regula as ensinanzas da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde 21/12 de 2007 pola que se regula a avaliación.

Circular 8/2009 da Direción Xeral de Educación, FP e IE na que se tratan as

medidas de atención á diversidade na ESO.

Anexo II da orde anterior no que se explicita o currículo das materias da

ESO.

Decreto 229/2011 do 7 de decembro no que se regula a atención á

diversidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 126/2008 do 19 de xuño no que se explicita a ordenación e o

currículo do bacharelato.

Page 6: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

5

Orde do 20 de abril de 2010 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño do

2008 que trata da organización e currículo do bacharelato.

Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan aspectos relativos ao

desenvolvemento do bacharelato.

2. Membros de Departamento

O Departamento é unipersoal e está constituido por unha xefa de

departamento, Catalina Rey Rodríguez, autora desta programación.

3. Programación didáctica das asignaturas de Bacharelato

Os contidos propostos para Latín I e II en que se desenvolve a materia céntranse en

dous grandes ámbitos, a lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques:

1. Estudo progresivo das características da lingua latina. A aprendizaxe da lingua

latina e da súa gramática terá como obxectivo último a comprensión e tradución

de textos literarios orixinais dunha complexidade progresiva, para o que é

posible partir de textos adaptados ou elaborados.

2. Comprensión e interpretación de textos latinos. Os textos seleccionados

responderán a diferentes épocas e xéneros literarios e poderán presentarse, tanto

na súa forma orixinal, coas adaptacións necesarias para facilitar a súa

Page 7: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

6

comprensión, como en traducións. A práctica da tradución de textos latinos ha

contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia, buscando a correcta

adecuación entre as estruturas lingüísticas de ambas linguas.

3. Estudo do léxico latino e a súa pervivencia en galego, castelán e outras linguas

modernas. A adquisición dun vocabulario latino, baseado nunha frecuencia de

uso, constitúe un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao

tempo que permite mellorar na expresión oral e escrita en galego e en castelán,

así como en linguas estranxeiras.

4. Estudo das mostras máis importantes da civilización romana: a creación literaria

e a produción artística; a ciencia e a técnica; as institucións políticas, relixiosas e

militares; a vida familiar, a organización social e a ordenación xurídica. A

selección de textos de xéneros e épocas diversas atenderá ao criterio de ofrecer

unha visión completa e equilibrada da historia e da sociedade romanas. A

sistematización de todos eses datos extraídos de diversas fontes documentais,

incluídas as que brindan as tecnoloxías da información e da comunicación, e a

súa comparación constante cos que ofrecen as sociedades actuais permitirán

unha valoración razoada da achega de Roma á conformación do ámbito cultural

e político europeo. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

ofrecen novas e atractivas perspectivas no estudo da lingua e cultura romanas

que convén aproveitar, como o uso de metodoloxías interactivas no estudo da

lingua latina, procura de textos, imaxes e vídeos na internet, ferramentas de

presentación e comunicación de resultados, etc.

Page 8: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

7

3.1 Latín I

3.1.1 Obxectivos

Iniciarse na lectura, interpretación e traduciónde textos de dificultade

progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos

morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina.

Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e

recoñecer compoñentes significativosda flexión nominal, pronominal e

verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el.

Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos,

mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características

esenciais e o xénero literario ao que pertencen.

Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou

quepermanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa

interpretación.

Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana,

indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e

constatar a súa presenza ao longo da historia.

Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso

contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de

cultura.

Page 9: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

8

Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema

integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e

estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.

3.1.2 Contidos

Contidos comúns aos catro bloques que contén a asignatura:

o Tradución de textos latinos: a precisión na expresión en calquera

lingua; a expresión dos matices.

o As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con

respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;

evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase

fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da

infancia e na escravitude.

o Imbricación cultural entre a antiga Roma e o mundo

contemporáneo.

BLOQUE I: A lingua latina:

o Do indoeuropeo ás linguas romances.

o A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.

o Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.

Page 10: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

9

o Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes.-A

estrutura da oración. A concordancia. Orde de palabras. Oracións

simples e compostas. Coordinación. Inicio do estudo da

subordinación.

BLOQUE II: Os textos latinos e a súa interpretación:

o Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e

comentario de textos latinos.

o Análise morfosintáctica.

o Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con

comentario do seu contexto histórico, social e cultural.

BLOQUE III: O léxico latino e a súa evolución:

o Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa

frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán.

o Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica

do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e

cultismos.Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e

literaria.

BLOQUE IV: Roma e o seu legado:

Page 11: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

10

o Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V

d. C.

o Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases

sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O

exército. Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en

Roma. O urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os

espectáculos.

o A romanización de Hispania e as súas pegadas.

3.1.3 Mínimos esixidos

• Historia da lingua latina: do indoeuropeo ás linguas romances.

• Abecedario latino, pronunciación e acentuación de palabras.

• Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.

• Sintaxe dos casos. Uso de preposicións.

• A concordancia, orde de palabras na oración. Oracións simples

compostas.

• Análise sintáctico e tradución de textos latinos sinxelos.

• Dominio de léxico latino básico.

Page 12: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

11

• Nocións básicas da evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín

e as linguas hispánicas.

• Expresións latinas incorporadas á linguaxe habitual.

• Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a.C. ó VI d.C.

3.1.4 Secuenciación e temporalización dos contidos

Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Apróximadamente 140

sesións das que adicaremos 105 a docencia e as restantes 35 a controis e

actividades complementarias.

PRIMEIRO TRIMESTRE:

Unidade 1: Do indoeuropeo ás linguas romances. Contexto xeográfico da Roma

antiga. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario

do seu contexto histórico, social e cultural. 9 sesións de clase.

Unidade 2: A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.

Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V d. C. Lectura

comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto

histórico, social e cultural. 9 sesións.

Unidade 3: Sintaxe dos casos. Flexión nominal. Nocións básicas de evolución

fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras

patrimoniais e cultismos. Organización política e social de Roma. Maxistraturas

Page 13: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

12

e clases sociais. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con

comentario do seu contexto histórico, social e cultural. 10 sesións.

Unidade 4: Sintaxe dos casos. Flexión verbal. Nocións básicas de evolución

fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras

patrimoniais e cultismos. Organización política e social de Roma. Maxistraturas

e clases sociais. 10 sesións.

Unidade 5: Sintaxe dos casos. Flexión pronominal. Nocións básicas de

evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances.

Palabras patrimoniais e cultismos. O dereito romano e a súa pervivencia. Lectura

comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto

histórico, social e cultural. 9 sesións.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Unidade 6: Sintaxe dos casos. Formas non flexivas. Nocións básicas de

evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. A

relixión primitiva romana. 9 sesións.

Unidade 7: Uso das preposicións máis frecuentes. Análise morfosintáctica.

Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás

linguas romances. A relixión “asimilada” dos gregos. 9 sesións.

Unidade 8: A estrutura da oración. Análise morfosintáctica. Nocións básicas de

evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. O

exército. 9 sesións.

Page 14: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

13

Unidade 9: A concordancia. Análise morfosintáctica. Iniciación á lectura

comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Nocións

básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas

romances. Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O

urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos. 9 sesións.

Unidade 10: Orde de palabras. Análise morfosintáctica. Iniciación á lectura

comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Nocións

básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas

romances.Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. 9

sesións.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Unidade 11: A estrutura da oración. Oracións simples e compostas. Iniciación á

lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos.

Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria. O urbanismo e a

vivenda. 9 sesións.

Unidade 12: Coordinación. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de

tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas incorporadas á

lingua coloquial e literaria. A educación. 9 sesións.

Unidade 13: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva

e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas

incorporadas á lingua coloquial e literaria. A familia. 10 sesións.

Page 15: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

14

Unidade 14: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva

e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas

incorporadas á lingua coloquial e literaria. Os espectáculos. 10 sesións.

Unidade 15: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva

e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas

incorporadas á lingua coloquial e literaria. A romanización de Hispania e as súas

pegadas. 10 sesións.

3.1.5 Criterios de avaliación

Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos,

orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible. Con

este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de

comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia

lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas

dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de

dificultade mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de

obxectivos os exercicios de pouca dificultade de tradución inversa ou de

elaboración en latín de pequenas mensaxes orais e escritas.

Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da morfoloxía

regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto

latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas,

especialmente co galego e co castelán. Este criterio pretende comprobar

se o alumnado adquiriu as nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle

Page 16: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

15

permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar

formas, funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co

obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino. O

alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega e

castelá ou outras coñecidas por el.

Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes

aomundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos

neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de

comprender o contido esencial dun texto, de limitar as súas partes e

establecer a relación entre elas. O estudante poderá manifestar a súa

competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con

sentido completo, contrastando os textos latinos con textos de literatura

actual e valorando a súa vixencia na actualidade.

Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na

Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética,

morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de derivación e

composición. Este criterio trata de constatar se o alumnado ten

conciencia de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o

latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas léxicas.

Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán ou doutras linguas

romances cos seus correspondentes étimos latinos e identificar os

cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos producidos no curso da

súa evolución.

Page 17: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

16

Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da

súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en

diversos aspectos da civilización actual. Con este criterio comprobarase

o coñecemento do pasado romano, especialmente centrado na Península

Ibérica, e a constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles

exercicios son o traballo sobre fontes escritas e iconográficas, sobre

pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos arqueolóxicos,

ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao mundo

romano.

Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo de

investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno,

consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos

antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e

comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que o

alumnado distingue no seu contorno os elementos do mundo clásico,

recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta

correctamente mediante a utilización selectiva de fontes diversas.Tamén

trata de avaliar a capacidade de indagar nas fontes directas e tomar

contacto cos materiais ordenando os datos obtidos e elaborando o

traballo mediante o uso das TIC como ferramentas fundamentais. Neste

sentido recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas,

enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

ferramentas da internet.

Page 18: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

17

Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou

películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano. Este

criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura

comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción

relacionadas co mundo romano.

3.1.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de autoaprendizaxe,

de traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para

seguir aprendendo ao longo da vida.

Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultaneamente

os aspectos morfosintácticos da lingua latina, o seu léxico e a súa relación co

galego e co castelán, así como os aspectos culturais relacionados cos textos

traballados.

Proporase unha secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha

metodoloxía activa, preferentemente de tipo indutivo-contextual, na que as

normas se convertan en posesión permanente e en automatismo lingüístico. O

enfoque irá dirixido a que o alumnado desenvolva e afiance as súas proprias

técnicas de traballo mediante diversas estratexias.

Procurarase xerar un clima na aula co que as alumnas e alumnos sintan a

necesidade de participar activamente no proceso de ensino-

Page 19: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

18

aprendizaxe,asegurándonos de que eses intentos, mesmo se son erróneos, sirvan

de estímulo para intentalo de novo.

Faise preciso a realización, nos primeiros días do curso, dun Cuestionario Inicial para

comprobar o grado de comprensión sintáctica que o alumno alcanza sobre a súa

propia lingua. Tendo en conta que os estudos de gramática latina, así como os

exercicios de tradución, serán os bloque de contidos tratados con maior regularidade,

a urxencia de coñecer canto antes as posibles lagoas na análise sintáctica, resulta

comprensible.

Independentemente desta sondaxe, a primeira unidade didáctica desenvolverá

brevemente os conceptos elementais de gramática, é decir, todos aqueles elementos

morfolóxicos e sintácticos imprescindibles para a comprensión dunha lingua como a

latina (ou grega): dominio e comprensión práctica da terminoloxía usual para a

análise sintáctica (concepto de oración, proposición, C.C., C.I., C.N., C.C.,

predicativo, aposición, etc.); identificación daquelas clases de palabras que tan

frecuentemente soen confundirse na análise sintáctica de moitos alumnos

(preposicións, relativos, pronomes, artigos…).

Durante o primeiro trimestre non se empregará diccionario. O alumnado deberá

aprender un vocabulario básico para traducir, hai que sinalar que este vocabulario non

se estudará en forma de lista de palabras, senón dentro dun contexto, facendo as

relacións pertinentes (familias léxicas, etimoloxías, etc.) de maneira que sexa máis

doada a súa aprendizaxe. As palabras descoñecidas serán enunciadas polo profesor. A

partir de mediados do segundo trimestre deberán habituarse ao manexo dun dicionario

básico latino-español

Técnica de tradución

Page 20: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

19

No primeiro curso daranse unhas pautas orientadoras, deixando para Latín II a

concreción e desenvolvemento desta técnica, que sempre deberá tratarse ao unísono

co uso correcto do diccionario. Intentaremos que en Latín I os alumnos poidan

traducir un texto de dificultade básica ao final de curso.

Bloque de unidades culturais ou de civilización

Ao longo do curso (cada quince días aproximadamente), os alumnos prepararán

xunto co profesor temas ou unidades de civilización e cultura. Ademáis do núcleo

histórico, social, político, relixioso e cultural do mundo latino, trataranse tamén

estudos de etimoloxía e a evolución das palabras.

O estudo das principais locucións latinas, prantexado como exercicio de

aplicación práctica, completará o tratamento deste bloque.

Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse e para

utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de procedencia diversa.

En canto ós materiais, o libro de texto este curso será Latín I de Editorial EDEBÉ, que

servirá como conductor e reforzó dos conceptos explicados na clase; empregaranse,

ademáis, textos adaptados polo profesor e, en canto sexa posible, textos latinos

orixinais. Como gramática de referencia usaráse a de Valentí Fiol, así como libros de

consulta como o dicionarios de mitoloxia, ou seleccions de expresións latinas aínda en

uso. Empregarase o diccionario Vox. Latino-Español, Español-Latino dende o segundo

trimestre.

Visualizarase alomenos una película por trimestre que escollerá o profesor e

ilustrará os aspectos de cultura e vida cotiá que se traballen na clase.

Page 21: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

20

3.1.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

Observación directa do traballo do alumno na aula.

Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,

caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducccións, de léxico...)

Intercambios orales con los alumnos: entrevistas, postas en común...

Probas escritas periódicas que recollan o traballo do alumno nos distintos

bloques.

Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe

Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos

estos parámetros e será o seguinte: Traballo de clase: 25%, probas

obxectivas: 75%.

Realizaremos dous exames por trimestre que abranguerán tódolos conceptos

traballados na aula máis a tradución

Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un

50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de

avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ó longo do curso

efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a alumnos

Page 22: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

21

pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ó longo do ano

escolar.

3.1.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,

como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten

sobredotación.

Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.

Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.

Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos

pendentes.

Neste nivel de Latín non é necesario acreditar coñecementos previos

aínda así fomentaremos que os alumnos poñan en valor os seus

coñecementos de cultura clásica ou latín adquiridos fora da aula ou ao

cursar Cultura Clásica ou Latín de 4º ESO.

3.1.9 Acción de contribución ao proxecto lector e a o plan TIC

Para contribuir ao proxecto lector do centro será lectura obrigatoria ao longo de

todo o curso a Historia de Roma de Indro Montanelli, extractos da cal leremos en voz

Page 23: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

22

alta na aula ao final de cada unidade didáctica para ilustrar o tema correspondente.

Adicarase a esta actividade una sesión de clase cada dúas semanas.

Se é posible poremos en marcha un clube de lectura con obras de temática

clásica.

Para contribuir ao plan TIC asistiremos á aula de informática ou empregaremos o

ordenador da aula de referencia, alomenos una clase á semana, para navegar por

distintas páxinas web de contido clásico.

Asimesmo os alumnos colaborarán no blog blogueandoculturaclasica.es, creado e

mantido por Catalina Rey dentro do proxecto Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, e

plasmarán nel as suas descubertas sobre o mundo clásico nos medios de comunicación

escritos e específicamente nos principais diarios.

Page 24: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

23

3.1.10 Criterios para avaliar a propia programación

A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe basearase

nos seguintes criterios e a súa consecución:

A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades

do alumnado.

A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades

do alumnado

As aprendizaxes acadadas polo alumnado

A programación didáctica o seu desenvolvemento

Os procedementos de avaliación do alumnado.

3.2 Latín II

3.2.1 Obxectivos

Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de dificultade

progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos,

sintácticos e léxicos básicos da lingua latina.

Page 25: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

24

Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e

recoñecer compoñentes significativosda flexión nominal, pronominal e verbal

latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el.

Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante

unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero

literario ao que pertencen.

Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou quepermanecen nas

nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación.

Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando

en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa

presenza ao longo da historia.

Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso

contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura.

Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador

de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que

conforman o ámbito cultural europeo.

3.2.2 Contidos

Contidos comúns aos catro bloques temáticos de que consta a asignatura:

Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude

na expresión lingüística.

Page 26: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

25

Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e

das peculiaridades do texto e do contexto.

A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura latina na

literatura posterior.

As raíces romanas de Galicia.

BLOQUE I: A lingua latina

o Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais

e irregulares.

o Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e

defectivos. Formas nominais do verbo.

o Afondamento no estudo da sintaxe casual.

o A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e

adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

Construcións de participio e de infinitivo.

BLOQUE II: Os textos latinos e a súa interpretación

o Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos

latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico.

Page 27: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

26

o Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos

relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas

características formais.

BLOQUE III: O léxico latino e a súa evolución

o Aprendizaxe de vocabulario.

o Formación de palabras latinas. Composición e derivación.

Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances.

o Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas

que se estudan no bacharelato.

o Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

o Uso correcto do dicionario.

BLOQUE IV: Roma e o seu legado:

o Transmisión da literatura clásica.

o Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións

posteriores artísticas e literarias con especial referencia á cultura

galega.

o A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos

arqueolóxicos e museos.

Page 28: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

27

3.2.3 Mínimos esixibles

Todos os contidos mínimos de Latín I máis:

• Formas nominais do verbo.

• A oración composta: subordinación substantiva, adxectiva e adverbial.

Conxuncións. Construccións de participios e infinitivos.

• Tradución de textos latinos complexos.

• Características formais dos diferentes xéneros literarios: historiografía,

épica, lírica, oratoria, teatro.

• Memorización de vocabulario específico de orixe grecolatina.

• Transmisión da literatura clásica.

3.2.4 Secuenciación e temporalización dos contidos

Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Aproximadamente 120

sesións das que se reservan 30 para controis e recuperacións; as restantes 90

adícanse á docencia.

PRIMEIRO TRIMESTRE:

Unidade 1: Flexión nominal. A primeira e segunda declinacións. Lectura

comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de

vocabulario. Transmisión da literatura clásica. 6 sesións.

Page 29: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

28

Unidade 2: Flexión nominal. A terceira declinación. Lectura comprensiva,

tradución e comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de vocabulario.

Transmisión da literatura clásica. 6 sesións.

Unidade 3: A cuarta e quinta declinación. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de vocabulario. Formación de

palabras latinas. Composición e derivación. Compoñentes etimolóxicos no

léxico das linguas romances. 6 sesións.

Unidade 4: Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e

irregulares. Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais.

Aprendizaxe de vocabulario. Composición e derivación. Compoñentes

etimolóxicos no léxico das linguas romances. Uso do diccionario. 6 sesións.

Unidade 5: Os comparativos e superlativos, incluídas as formas irregulares máis

comúns. Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais.

Aprendizaxe de vocabulario. Composición e derivación. Compoñentes

etimolóxicos no léxico das linguas romances. Uso do diccionario. 6 sesións.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Unidade 6: Revisión da flexión verbal regular. Uso do dicionario. Lectura

comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios

latinos e a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con

especial referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina

usualnas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.

Page 30: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

29

Unidade 7: Verbos irregulares e defectivos. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Uso do dicionario. Os xéneros literarios latinos e

a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial

referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual

nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.

Unidade 8: Formas nominais do verbo. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa influencia

nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial referencia á

cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas

que se estudan no bacharelato. 6 sesións.

Unidade 9: Afondamento no estudo da sintaxe casual. Lectura comprensiva,

tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa

influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial

referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual

nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.

Unidade 10: Afondamento no estudo da sintaxe casual. Lectura comprensiva,

tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa

influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial

referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual

nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Page 31: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

30

Unidade 11: A subordinación: substantiva. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

6 sesións.

Unidade 12: A subordinación adxectiva. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

6 sesións.

Unidade 13: A subordinación adverbial. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

6 sesións.

Unidade 14: Construcións de participio. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. A romanización da Gallaecia. Vestixios en

xacementos arqueolóxicos e museos. 6 sesións.

Unidade 15: Construcións de infinitivo. Lectura comprensiva, tradución e

comentario de textos orixinais. A romanización da Gallaecia. Vestixios en

xacementos arqueolóxicos e museos. 6 sesións.

3.2.5 Criterios de avaliación

Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos

pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese

comprobar o progreso na práctica da tradución, así como a capacidade de

lectura comprensiva adquirida polo alumnado. Na tradución procurarase

Page 32: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

31

combinar a fidelidade coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso

do dicionario.

Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía

regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto

latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas,

especialmente co galego e co castelán. Este criterio trata de comprobar o

coñecemento e manexo da lingua latina por parte do alumnado,

completando o nivel adquirido no curso anterior mediante o estudo das

irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos

máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado

debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises

morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e

recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas por el

coñecidas. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do

alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu

significado etimolóxico. Este criterio trata de avaliar se o alumnado

domina os procedementos de derivación e composición na formación do

léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron como tales

á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar se reflexionou

sobre os procedementos de derivación e composición, no que xogan un

papel preponderante os afixos de orixe grecolatina.

Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos

literarios deles e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas

Page 33: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

32

occidentais. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos

elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se

recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O

comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos

xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior,

especialmente a escrita en galego e castelán nos que sobrevivan trazos,

temas ou tópicos da literatura latina.

Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de

diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos,

traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a

comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos

resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do

alumnado na planificación, procura, recompilación e sistematización da

información, así como o grao de corrección na expresión oral ou escrita.

O alumnado, guiado polo profesorado, planificará a actividade,

organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses,

elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información

e da comunicación como ferramentas fundamentais en todo o proceso e

como soporte para a exposición das súas conclusións. Neste sentido,

recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas,

enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

ferramentas da Internet.

Page 34: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

33

Ler obras da literatura latina traducidas. Con este criterio preténdese que

o alumnado capte a mensaxe contida na obra, as claves do xénero e o seu

contexto histórico. Pode tratarse de obras completas, traducidas ou

adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou

varias autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos.O que se

busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con textos

atractivos para o alumnado.

3.2.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de autoaprendizaxe, de traballar

en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para seguir aprendendo ao

longo da vida.

Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultáneamente os aspectos

morfosintácticos da lingua latina, o seu léxico e a súa relación co galego e co castelán,

así como os aspectos culturais relacionados cos textos traballados.

Proporase unha secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha metodoloxía

activa, preferentemente de tipo indutivo-contextual, na que as normas se convertan en

posesión permanente e en automatismo lingüístico.O enfoque irá dirixido a que o

alumnado desenvolva e afiance as súas propias técnicas de traballo mediante diversas

estratexias.

Page 35: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

34

Procurarase xerar un clima na aula co que as alumnas e alumnos sintan a necesidade de

participar activamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe, asegurándonos de que eses

intentos, mesmo se son erróneos, sirvan de estímulo para intentalo de novo.

Neste senso, crearanse contextos de aprendizaxe e avaliación que comprometan o

alumnado e que o leven a planificar e avaliar as súas realizacións, identificando os

avances e as dificultades, de cara a autorregular o seu propio e singular proceso de

aprender a aprender.

Promoverase a participación do alumnado en pequenos traballos de investigación, coa

orientación precisa para que poida acadar a capacidade de realizar un proxecto de

investigación escolar de forma autónoma.

Haberá que distinguir niveis de dificultade no contido e nas actividades para cubrir as

diversas necesidades educativas do alumnado.

Adicaremos o primeiro mes ao repaso xeral de toda a Gramática Latina (flexión

nominal, pronominal e verbal) con un exame parcial e proba de recuperación.

Ao longo deste período traballarase na casa e na clase coa análise sintáctica e tradución

de frases e textos de dificultade media, que tratarán os conceptos teóricos dos que se

irán examinando nas probas parciais, antes de comenzar propiamente co curso de Latín

II que revisará e completará o programa do ano anterior, concentrando boa parte do

tempo dispoñible no estudo das formas nominais do verbo, conxugacións perifrásticas e

proposicións subordinadas, especialmente as construcións de infinitivo que recibirán

maior dedicación.

Page 36: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

35

O uso do dicionario de Latín terá neste curso unha atención prioritaria e fundamental.

Haberá clases adicadas ao manexo correcto do diccionario.

Igualmente seguirase atendendo á técnica de tradución para orientar aos alumnos e dar

uns criterios de estratexia ante a tradución do Latín (ou Grego).

A técnica de tradución completa e amplía a que se lles deu en Latín I. O resto do curso

adicarase á tradución co dicionario de textos do latín clásico de complexidade crecente e

de extensión similar aos que propoñen as Probas de Acceso á Universidade (PAAU). Os

autores que traduciremos serán os propostos en ditas probas, serán, polo tanto, en verso

Fedro e en prosa Eutropio.

En canto ós materiais, utilizarase o libro Latín II da editorial EDEBÉ, ademáis o

profesor entregará aos alumnos todo o material publicado polo grupo de traballo de

Latín da CIUG con vistas á preparación das PPAU. Como gramática de referencia

usaráse a de Valentí Fiol, así como libros de consulta como o diccionarios de mitoloxía,

ou seleccions de expresións latinas aínda en uso. Durante todo o curso empregarase o

dicionario Vox Latino-Español, Español-Latino. Visualizarase a película Golfus de

Roma de Richard Lester recomendada pola CIUG para traballar o tema de literatura

adicado á comedia de Plauto.

3.2.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

Observación directa do traballo do alumno na aula.

Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,

caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducións na casa, exercicios

de léxico...).

Page 37: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

36

Intercambios orales con los alumnos: entrevistas, postas en común...

Probas escritas periódicas (exames) que recollan o traballo do alumno

nos distintos bloques. Estas probas serán un mínimo de dúas de tradución

por trimestre e una ou dúas de literatura dependendo da evolución do

alumnado.

Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.

Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos

estos parámetros e será o seguinte segundo as normas da CIUG: 6 puntos

para a tradución dun dos autores citados anteriormente; 1 punto para

análise morfosintáctica dunha oración; 1.5 puntos para o tema de

literatura; 1.5 para as cuestión do mundo clásico.

Ao longo de cada trimestre realizaranse dous exames de tradución e análise

morfosintáctica e un ou dous, segundo a marcha do curso de literatura latina e mundo

Clásico.

Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un 50%

en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de

avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ao longo do curso

efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a alumnos

pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ao longo do ano

escolar, una por trimestre que constarán de tres líneas de texto latino orixinal dos

Page 38: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

37

autores mencionados, para traducir e preguntas de literatura, topónimos e expresións

latinas das traballadas na clase segundo a secuenciación dos contidos de cada trimestre.

3.2.8 Medidas de atención á diversidade e programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,

como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten

sobredotación. Nestes últimos casos proporcionaránselle aos alumnos

textos con menor ou maior dificultade, dependendo do caso para traballar

a trdución e o comentario morfosintáctico. En canto aos contidos teóricos

adaptaranse para alumnos con infradotación. Os alumnos pendentes

seguirán a programación normal agás en casos específicos.

Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.

Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.

Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos

pendentes.

Salientar que neste curso temos, no grupo de Latín II, tres persoas que

non cursaron Latín I. Aténdome á Orde do 5 de maio de 2011 na que se

regulan aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato, e dado

que non é recomendable una proba de coñecementos previos, decidín que

estes alumnos cursen a asignatura Latín I ao mesmo tempo que Latín II,

Page 39: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

38

pois o primeiro trimestre de Latín II adícase, case na súa totalidade, ao

repaso de gramática. Estes alumnos comenzarán xa a traballar con textos

aínda que a un ritmo ralentizado para que poidan asimilar os

coñecementos que os seus compañeiros xa adquiriron. Así mesmo

adicareilles una atención máis personalizada en canto ás explicacións de

contidos mentres os seus compañeiros realizan exercicios individuais.

3.2.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

Como xa mencionamos, asistiremos cos alumnos á aula de informática para

navegar por distintas páxinas web de contido clásico. Así mesmo os alumnos

participarán no blog blogueandoculturaclasica.es, no que irán plasmando as

suas descubertas sobre o mundo clásico.

Como contribución ao plan lector realizaremos todas as lecturas recomendadas

polo grupo de traballo de latín da CIUG en voz alta, na aula, dramatizando

aquelas que se poidan adaptar.

Se é posible poremos en marcha un club de lectura con obras de temática

clásica.

3.2.10 Criterios para avaliar a propia programación

A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe basearase

nos seguintes criterios e a súa consecución:

Page 40: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

39

A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades

do alumnado

A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades

do alumnado

As aprendizaxes acadadas polo alumnado

A programación didáctica o seu desenvolvemento

Os procedementos de avaliación do alumnado.

Page 41: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

40

3.3. Grego I

Os contidos propostos para Grego I céntranse en dous grandes ámbitos, a

lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques:

Estudo progresivo das características da lingua grega:

metodoloxíaprogresiva en que as regras morfosintácticas se deduzan

da práctica da lectura e da tradución e en que a súa aprendizaxe

sistemática constitúa unha segunda fase.

Comprensión e interpretación de textos gregos. Os textos, que son o

obxecto principal da materia, seleccionaranse entre autores de

diferentes épocas e xéneros literarios. A práctica da tradución de

textos gregos debe contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia.

Estudo do léxico grego e a súa continuidade en galego, castelán e

outras linguas modernas. O estudoe aprendizaxe do léxico constitúe

un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao mesmo

tempo que contribúe a enriquecer o vocabulario, mostrar os

mecanismos de formación de palabras e valorar a transcendencia do

préstamo lingüístico como parte do legado cultural achegado polo

pensamento grego.

A aproximación a Grecia e ao seu legado farase cun enfoque global e

vinculado á aprendizaxe da lingua. Centrará a súa análise no

antropocentrismo e androcentrismo grego para intentar comprender a

Page 42: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

41

mentalidade e a dimensión social e individual do home grego a través

da súa proxección nas institucións, na arte e na literatura na Grecia

antiga e valorar a tradición clásica e a súa continuidade nas

sociedades actuais.

Por outra banda, o estudo da cultura e civilización gregas facilitaralle

ao alumnado as claves necesarias para situarse no contexto literario,

histórico e artístico adecuado. O desenvolvemento destes contidos ha

ter unha aplicación esencialmente práctica orientada tanto á

competencia lingüística en grego coma a un coñecemento crítico da

Grecia antiga.

3.3.1 Obxectivos

Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de

dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos

elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua grega.

Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe cotiá e na

terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e sufixos gregos

que axuden a unha mellor comprensión das linguas modernas.

Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos,

realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as

características principais e o xénero literario a que pertencen.

Page 43: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

42

Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes

manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a súa

contribución e continuidade ao longo da historia no mundo actual.

Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas

datos relevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas.

3.3.2 Contidos

Contidos comúns aos catro bloques

A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a precisión na

expresión en calquera lingua; a expresión dos matices.

As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con respecto a

outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e

influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas

políticas, na situación da muller e da infancia, na escravitude e nas

relacións económicas e militares entre as cidades-estado.

Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo.

Aproximación a outras culturas do mundo antigo.

BLOQUE I: A lingua grega

o Do indoeuropeo ao grego moderno.

o O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.

Page 44: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

43

o Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal.

Paradigmas máis frecuentes.

o Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións.

o Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple, a

coordinación; inicio do estudo da subordinación (construcións

sinxelas de infinitivo e participio, subordinadas de relativo.

Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes).

BLOQUE II: Os textos gregos e a súa interpretación

o Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e ao

comentario de textos gregos.

o Análise morfosintáctica.

o Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos.

BLOQUE III: O léxico grego e a súa evolución

o Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa frecuencia

ou da súa relevancia en galego e castelán.

o Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación.

o Helenismos no vocabulario común das linguas modernas.

o O vocabulario científico e técnico.

Page 45: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

44

BLOQUE IV: Grecia e o seu legado

o Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia.

o Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos.

o A polis grega: organización política e social.

o Etnocentrismo e androcentrismo.

o A vida cotiá.

o Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis importantes,

incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais

do mundo occidental).

o Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais.

o O pensamento; a ciencia. A arte grega.

3.3.3 Mínimos esixibles

• Do indoeuropeo ó grego moderno. Dialectos.

• O alfabeto grego. Normas de transcripción ó latín e ó castelán.

• Lectura fluída.

• Flexión nominal e pronominal: paradigmas máis frecuentes.

• O sistema verbal grego: formas regulares e irregulares máis frecuentes.

Page 46: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

45

• Sintaxe dos casos e da oración. Preposicións e partículas.

• Tradución con diccionario de textos sinxelos.

• Memorización de vocabulario grego básico.

• Memorización de cultismos e vocabulario científico e técnico.

• Sinopse da historia e a vida cotiá gregas.

3.3.4 Secuenciación e temporalización

Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Apróximadamente 140

sesións das que adicaremos 105 a docencia e as restantes 35 a controis e

actividades complementarias.

PRIMEIRO TRIMESTRE

Unidade 1: Do indoeuropeo ao grego moderno. Aprendizaxe do vocabulario grego

básico. Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia. 7 sesións.

Unidade 2: O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.

Aprendizaxe do vocabulario grego básico. Sinopse da historia de Grecia. Os grandes

períodos da historia grega. 12 sesions.

Unidade 3: Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal. Paradigmas máis

frecuentes. Aprendizaxe do vocabulario grego básico. A polis grega: organización

política e social. Etnocentrismo e androcentrismo. 8 sesións.

Page 47: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

46

Unidade 4: Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións. Análise

morfosintáctica. Aprendizaxe do vocabulario grego básico. A vida cotiá. 10 sesións.

Unidade 5: Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple. Aprendizaxe do

vocabulario grego básico. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis

importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais do

mundo occidental). 11 sesións.

SEGUNDO TRIMESTRE

Unidade 6: A coordinación. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución

e ao comentario de textos gregos. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos

máis importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións

culturais do mundo occidental). 9 sesións.

Unidade 7: Inicio do estudo da subordinación (construcións sinxelas de infinitivo).

Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. Literatura grega:

xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.

Unidade 8: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de participio).

Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. Literatura grega:

xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.

Unidade 9: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de oracions de

relativo). Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación.

Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.

Page 48: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

47

Unidade 10: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de oracions de

relativo e repaso das duas unidades anteriores). Formación de palabras. Prefixos e

sufixos. Composición e derivación. Literatura grega: xéneros, autoras e autores

principais. 9 sesións.

TERCEIRO TRIMESTRE

Unidade 11: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

Helenismos no vocabulario común das linguas. O pensamento grego. 9 sesións.

Unidade 12: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

Helenismos no vocabulario común das linguas. A ciencia en Grecia. 9 sesións.

Unidade 13: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.O

vocabulario científico e técnico. A arte en Grecia.10 sesións.

Unidade 14: Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. 10 sesións.

Unidade 15: Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. 10 sesions.

3.3.5 Criterios de avaliación

Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os

seus diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexodo

alfabeto grego no abecedario latino propio das linguas modernas do noso

contorno. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnadorecoñece os

signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así

mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua

Page 49: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

48

materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as

semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos.

Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos. Preténdese

comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun

texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha

lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade

mínima.

Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da

oración, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas. Este

criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de morfoloxía e sintaxe

que permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar

formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos cos do galego e do

castelán ou cos doutras linguas coñecidas.

Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e

do léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que

aparezan nos textos. Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar

termos da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co

correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un

vocabulario básico que lle permita deducir palabras da mesma familia

etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os procedementos de

derivación e composición.

Page 50: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

49

Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos

ao mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.Con

este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido

esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas.

Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura

comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con

textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos

referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre os

diferentes modos de se achegar á cultura clásica.

Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de

Grecia, identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa

pegada na nosa civilización. Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa

época e marco xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que

configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis

significativas. Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os

elementos da cultura grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a

competencia elaborando mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais

sobre o mundo clásico.

Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos

traballos de investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as

fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación

como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio

pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen os elementos do

Page 51: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

50

mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os

interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a

utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de

indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias ordenando os datos

obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da

información e da comunicación como ferramentas fundamentais.

3.3.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos

O enfoque metodolóxico favorecerá a capacidade do alumnado para aprender por si

mesmo, traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para seguir

aprendendo ao longo da súa vida.

Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultaneamente os aspectos

morfosintácticos da lingua grega, o seu léxico e a súa relación co galego e co castelán,

así como os aspectos culturais relacionados cos textos traballados. Proporase unha

secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha metodoloxía activa,

preferentemente de tipo indutivo-contextual, en que as normas se convertan en posesión

permanente e en automatismo lingüístico. O enfoque irá dirixido a que o alumnado

desenvolva e afiance as súas propias técnicas de traballo, mediante unha estratexia de

descubrimento.

Procurarase xerar un clima na aula en que as alumnas e alumnos sintan a necesidade de

participar activamente no proceso de ensino e aprendizaxe, asegurándonos de que esas

interaccións, mesmo se son erróneas, sirvan de estímulo para intentalo de novo.

Page 52: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

51

Neste senso, crearanse contextos de aprendizaxe e avaliación que comprometan o

alumnado e que o leven a planificar e avaliar as súas realizacións, identificando os

avances e as dificultades, de cara a autorregular o seu propio e singular proceso de

aprender a aprender.

Promoverase a participación dos estudantes en pequenos traballos de investigación.

Deberán ser orientados para que poidan acadar a capacidade de realizar un proxecto de

investigación escolar de forma autónoma.

Haberá que distinguir niveis de dificultade no contido e nas actividades para cubrir as

diversas necesidades educativas do alumnado.

Nos primeiros días de curso realizarase un Cuestionario Inicial para comprobar o grado

de comprensión sintáctica que o alumno alcanza sobre a súa propia lingua. Tendo en

conta que os estudos de gramática latina ou grega, así como os exercicios de tradución,

serán os bloque de contidos tratados con maior regularidade, a urxencia de coñecer

canto antes as posibles lagoas na análise sintáctica, resulta comprensible.

Independentemente desta sondaxe, a segunda unidade didáctica desenvolverá

brevemente os conceptos elementais de gramática, é decir, todos aqueles elementos

morfolóxicos e sintácticos imprescindibles para a comprensión dunha lingua como a

latina ou grega: dominio e comprensión práctica da terminoloxía usual para a análise

sintáctica (concepto de oración, proposición, C.C., C.I., C.N., C.C., predicativo,

aposición, etc.); identificación daquelas clases de palabras que tan frecuentemente soen

confundirse na análise sintáctica de moitos alumnos (preposicións, relativos, pronomes,

artigos…).

Page 53: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

52

Durante o primeiro e segundo trimestres non se empregará diccionario. O alumnado

deberá aprender un vocabulario básico para traducir, hai que sinalar que este

vocabulario non se estudará en forma de lista de palabras, senón dentro dun contexto,

facendo as relacións pertinentes (familias léxicas, etimoloxías, etc.) de maneira que

sexa máis doada a súa aprendizaxe. As palabras descoñecidas serán enunciadas polo

profesor. Durante o terceiro trimestre deberán habituarse ao manexo dun dicionario

básico grego-español

Sobre a técnica da tradución no primeiro curso darase unhas pautas orientadoras,

deixando para Grego II a concreción e desenvolvemento desta técnica, que sempre

deberá tratarse ao unísono co uso correcto do diccionario. Intentaremos que en Grego

I os alumnos poidan traducir un texto de dificultade básica ao final de curso.

Bloque de unidades culturais ou de civilización

Ao longo do curso (cada quince días aproximadamente), os alumnos prepararán

xunto co profesor temas ou unidades de civilización e cultura. Ademáis do núcleo

histórico, social, político, relixioso e cultural do mundo latino, trataranse tamén

estudos de etimoloxía e a evolución das palabras.

O estudo das principais locucións latinas, prantexado como exercicio de

aplicación práctica, completará o tratamento deste bloque.

Page 54: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

53

Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse, e para

utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de procedencia diversa.

En canto ós materiais curriculares, usaremos o libro de texto Griego I de editorial

Almadraba e textos gregos orixinais seleccionados polo profesor, que irán aumentando

en dificultade e complexidade ao longo do curso. Como gramática de apoio na aula

usarase a Gramática Grega de Berenguer Amenós e o dicionario Vox Griego-Español.

No ámbito das Tics faremos uso de distintas webs da internet como

culturaclásica.com...

Visualizarase alomenos una película por trimestre que escollerá o profesor e ilustrará os

aspectos de cultura e vida cotiá que se traballen na clase.

3.3.7 Procedementos e instrumentos de avaliación

Observación directa do traballo do alumno na aula.

Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,

Caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducccións, de léxico...).

Intercambios orais cos alumnos: entrevistas, postas en común...

Probas escritas periódicas que recollan o traballo do alumno nos distintos

bloques.

Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.

Page 55: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

54

Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos estos

parámetros e será o seguinte: Traballo de clase: 25%, probas obxectivas: 75%.

Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un

50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso

de avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-

aprendizaxe.

Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ao longo do curso

efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a

alumnos pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ao

longo do ano escolar.

3.3.8 Medidas de atención á diversidade e programación de reforzo de

materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos

previos

Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,

como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten

sobredotación.

Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.

Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.

Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos

pendentes.

Neste nivel de Grego non é necesario acreditar coñecementos previos

Page 56: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

55

aínda así fomentaremos que os alumnos poñan en valor os seus

coñecementos de cultura clásica adquiridos fora da aula ou ao cursar

outras disciplinas.

Por ser o primeiro ano que se cursa non é necesario acreditar coñecementos previos

nesta asignatura.

3.3.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

Para contribuir ao proxecto lector do centro será lectura obrigatoria ao

longo de todo o curso a Historia dos gregos de Indro Montanelli,

extractos da cal leremos en voz alta na aula ao final de cada unidade

didáctica para ilustrar o tema correspondente. Adicarase a esta actividade

una sesión de clase cada dúas semanas. O libro de lectura en ningún caso

será de obrigada compra.

Se é posible poremos en marcha un club de lectura con obras de temática

clásica.

Para contribuir ao plan TIC asistiremos á aula de informática ou

empregaremos o ordenador da aula de referencia, alomenos una clase á

semana, para navegar por distintas páxinas web de contido clásico.

Asimesmo os alumnos participarán no blog blogueandoculturaclasica.es,

no que irán plasmando as suas descubertas sobre o mundo grecorromano.

Page 57: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

56

3.3.10 Criterios para avaliar a propia programación

A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe

basearase nos seguintes criterios e a súa consecución:

A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades

do alumnado.

A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades

do alumnado

As aprendizaxes acadadas polo alumnado

A programación didáctica o seu desenvolvemento

Os procedementos de avaliación do alumnado.

Outras consideracións que sexan oportunas.

Ao final de cada trimestre, despois da avaliación dos alumnos facilitaráselles un

cuestionario no que calificarán de cero a dez ao profesor con preguntas relativas á

puntualidade, claridade das explicacións, interese da materia, organización do

ensinante, se na clase hai bo ambiente docente , se aprende nas clases , se as probas se

axustan ao explicado , se ve utilidade nos contidos, se o profesor conta cos recursos

materiais suficientes para impartir as clases … Esta enquisa de avaliación docente será

estudiada e valorada polo profesor/a para a partires do resultado mellorar, cambiar ou

modificar o que se considere necesario.

Page 58: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

57

4. Programación didáctica das asignaturas da ESO

4.1. Latín 4º ESO

4.1.1. Obxectivos

Dous son os obxectivos primordiais que persegue esta materia: iniciar un

estudo básico da lingua que é nexo e está na orixe do amplo grupo das linguas

romances e coñecer os aspectos máis relevantes da sociedade e da cultura

romanas para poder relacionalos cos do mundo actual. O primeiro obxectivo

axuda a mellorar o coñecemento e uso das propias linguas como instrumento

primordial de aprendizaxe e comunicación; o segundo achega unha

interpretación máis ponderada da sociedade actual.

Pola súa banda, a práctica da tradución constitúe unha experiencia de

investigación que utiliza a lóxica do pensamento, favorece a memoria e potencia

os hábitos de disciplina no estudo, co que se razoa mellor e se aprende a

aprender. Neste sentido, parece recomendable seguir un método natural en que

as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e no

cal a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase. Ademais, a

materia aborda o coñecemento do marco xeográfico e histórico e os aspectos

máis relevantes da sociedade romana e clásica en xeral, desde a que se

transmitiron modos de vida, institucións e creacións literarias, técnicas e

artísticas que están na base da configuración e do progreso de Europa. Ese

coñecemento supón un referente necesario no que rastrexar os antecedentes

históricos da organización social ou a delimitación dos dereitos das persoas.

Page 59: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

58

Así as metas didácticas a acadar este curso son:

Comprender textos latinos en contextos onde o sentido

sexa fácilmente deducible.

Identificar e relacionar elementos morfolóxicos,

sintácticos e léxicos da lingua latina que permitan a

análise e a tradución de textos sinxelos.

Desenvolver os hábitos de organización, traballo e

disciplina no estudo apartir dos mecanismos de

estruturación mental que implica o proceso de análise e

tradución de textos latinos.

Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita

mediante o coñecemento do vocabulario e as estruturas

gramaticais latinas.

Coñecer a orixe e evolución das linguas romances para

valorar os trazos comúns e a diversidade lingüística como

mostra da riqueza cultural dos pobos de Europa.

Utilizar as regras fundamentais de evolución fonética do

latín ás linguas romances e identificar palabras

patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes

contextos lingüísticos.

Page 60: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

59

Entender o significado do léxico común de orixe

grecolatina da propia lingua e comprender vocabulario

culto, científico e técnico a partir dos seus compoñentes

etimolóxicos.

Reflexionar sobre os elementos formais e as estruturas

lingüísticas das linguas romances coñecidas polo alumno,

a través da comparación co latín, modelo de lingua

flexiva.

Coñecer os aspectos relevantes da cultura e da

civilización romanas, utilizando diversas fontes de

información e diferentes soportes, para identificar e

valorar a súa continuidade no noso patrimonio cultural,

artístico e institucional.

Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes.

4.1.2. Contidos

BLOQUE I. O sistema da lingua latina

Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da

penúltima sílaba. Diferenza entre vogais breves e longas.

Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva

creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e

Page 61: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

60

as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen

ambigüidade, do contexto en que aparezan.

O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores

sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a

estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo

alumno.

Clases de palabras. A flexión nominal, pronominal e verbal.

Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e

comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de

palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes.

Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e

continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha

comprensión profunda do sistema das linguas romances.

BLOQUE II. A historia e evolución da lingua latina

A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.

Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O

proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A

formación das linguas romances. Análise dos procesos de evolución das

linguas romances.

Page 62: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

61

A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos.

Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica

entre palabras dunha mesma raíz latina e evolución fonética diferente.

A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del.

BLOQUE III. A formación das palabras

Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de

lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua:

préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de

enriquecemento do vocabulario.

Definición de palabras a partir dos seus étimos.

O vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas

terminoloxías específicas.

Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas

incorporadas á lingua falada e escrita.

O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada

utilización do vocabulario.

BLOQUE IV. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico

O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto

da Hispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas:

Page 63: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

62

medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade política e

económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias

para coñecer o pasado.

As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso

e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva

sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e

familiares.

As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio

enrelación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco

e a bóveda na arquitectura posterior. Valoración da conxunción da

magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e

das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación

directa.

Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e

visuais. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en

manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado.

O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio arqueolóxico,

artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia.

Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina de

diversidade temática.

Page 64: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

63

4.1.3 Mínimos esixibles

Abecedario e pronunciación clásica do latín.

O latín como lingua flexiva. Casos e o seu valor sintáctico.

Clases de palabras e os seus elementos flexivos.

A concordancia e a orde flexible das palabras.

Análise morfosintáctico e tradución de estructuras oracionais básicas.

Orixe do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.

Diferencia latín culto/latín vulgar. Formación das linguas romances.

Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos.

Latinismos e locucións latinas: recoñecemento nas linguas actuais.

Sinopse histórica de Roma, Hispania e Gallaecia.

A romanización de Hispania.

O vocabulario das linguas actuais: latinismos e helenismos. Palabras

patrimoniais, cultimos e semicultismos.

Page 65: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

64

4.1.4 Contribución da materia á adquisición das competencias básicas

O estudo desta materia contribúe dun xeito claro ao desenvolvemento da

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA: o coñecemento da estrutura

da lingua latina posibilita unha comprensión profunda da gramática funcional das

linguas europeas de orixe romance e doutras que comparten co latín o carácter flexivo,

ou recibiron unha achega léxica importante da lingua latina. A interpretación dos

elementos morfosintácticas e de vocabulario e a práctica da tradución e da retroversión

supoñen a adquisición da habilidade para recoller e procesar a información dada e

utilizala apropiadamente. O coñecemento dos procedementos para a formación das

palabras e os fenómenos de evolución fonética colabora eficazmente á ampliación do

vocabulario básico e potencia a habilidade para utilizar a linguaxe como instrumento de

comunicación. O coñecemento das etimoloxías grecolatinas proporciona a comprensión

e incorporación dun vocabulario culto e explica o vocabulario específico de termos

científicos e técnicos.

O estudo pormenorizado dos números contribuirá a reforzar a COMPETENCIA

MATEMÁTICA.

O coñecemento da historia e evolución da lingua latina fomenta o ser consciente

da variabilidade das linguas a través do tempo e dos diferentes ámbitos xeográficos e

sociais, así como do diálogo entre as culturas; igualmente o interese e o respecto por

todas as linguas, incluíndo as antigas e as minoritarias, e o rexeitamento dos

estereotipos baseados en diferentas culturais e lingüísticas. Co coñecemento do

patrimonio arqueolóxico e artístico romano no noso país e en Europa esta materia

Page 66: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

65

potencia o aprecio e goce da arte como produto da creación humana e como testemuño

da historia, á vez que fomenta o interese pola conservación dese patrimonio. Coa achega

de referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores

inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos

medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio

clásico. O coñecemento do mundo clásico e da súa continuidade favorece a

interpretación da literatura posterior, en que perduran temas, arquetipos, mitos e tópicos,

á vez que se desenvolve o interese pola lectura, a valoración do carácter estético dos

textos e o amor pola literatura, contribuíndo, pois, ao logro da COMPETENCIA EN

EXPRESIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA.

Desde o coñecemento das institucións e o modo de vida dos romanos que é o

referente histórico de organización social, a participación dos cidadáns na vida pública e

delimitación dos dereitos e deberes das persoas e das colectividades, no ámbito e o

contorno dunha Europa diversa, unida no pasado pola lingua latina, sitúase a

contribución para lograr a COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. O coñecemento das

desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a

discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola diferenza

de sexos. Foméntase así no alumnado unha actitude de valoración positiva da

participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais para todos como

instrumentos válidos na resolución de conflitos.

Coa busca, selección crítica, e tratamento da información, recorrendo a fontes

variadas; coa aplicación de técnicas de síntese, coa identificación de palabras clave e

coa distinción entre ideas principais e secundarias; elaboración de textos e coa

Page 67: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

66

presentación a través de medios informáticos, favorécese a COMPETENCIA DIXITAL.

Cómpre facer ver a necesidade dunha utilización crítica das tecnoloxías da información

e a comunicación como instrumento que universaliza a información e como unha

ferramenta para a comunicación do coñecemento adquirido.

O estudo do latín, propiciando a disposición e a habilidade para organizar a

aprendizaxe, favorecendo as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, ejercitando

a memoria mediante a recuperación de datos e situando o proceso formativo nun

contexto de rigor lóxico, favorece a COMPETENCIA DE APRENDER A

APRENDER. Facilita o logro da competencia de autonomía e iniciativa persoal o

recurso continuado a procedementos que esixen planificar, avaliar distintas

posibilidades e tomar decisións. O traballo cooperativo e a posta en común dos

resultados implica valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros,

comprender a forma de corrixilos e non renderse ante un resultado inadecuado. En

definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación.

4.1.5 Secuenciación e temporalización dos contidos

Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre:

PRIMEIRO TRIMESTRE:

Unidade 1: A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.

Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba.

Diferenza entre vocais breves e longas. O marco xeográfico e histórico da sociedade

romana.

Page 68: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

67

Unidade 2: O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores

sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da

lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. Latín culto e latín vulgar:

lingua de cultura e lingua de comunicación. Gallaecia e o resto da Hispania. As vías

romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización

uniforme, de unidade política e económica e de relación humana.

Unidade 3: Clases de palabras. A flexión nominal. Recoñecemento das categorías

gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. Uso de fontes primarias

e secundarias para coñecer o pasado.

Unidade 4: Clases de palabras. A flexión pronominal. Recoñecemento das categorías

gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

A formación das linguas romances. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio.

Unidade 5: Clases de palabras. A flexión verbal. Recoñecemento das categorías

gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

Análise dos procesos de evolución das linguas romances. Relación entre o relixioso e o

festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Unidade 6: As estruturas oracionais básicas. A evolución fonética. As institucións e a

vida cotiá. Ocio e negocio. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e

familiares.

Page 69: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

68

Unidade 7: As estruturas oracionais básicas. A concordancia. Termos patrimoniais,

semicultismos e cultismos. As pegadas materiais da romanización: o foro e a

arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia

do arco e a bóveda na arquitectura posterior.

Unidade 8: A concordancia e a orde flexible de palabras. Termos patrimoniais,

semicultismos e cultismos. As pegadas materiais da romanización: Valoración da

conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e

das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa.

Unidade 9: Nexos coordinantes máis frecuentes. Explicación dos cambios fonéticos

máis frecuentes. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e

visuais.

Unidade 10: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. A

evolución fonética. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e

evolución fonética diferente. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en

manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Unidade 11 : Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. A

achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del. O papel de Roma na

historia de Occidente.

Unidade 12: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva.

Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e

Page 70: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

69

prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e

analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario. O patrimonio

arqueolóxico, artístico e literario herdado de Roma.

Unidade 13: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. O

vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías

específicas. O patrimonio arqueolóxico, artístico e literario herdado de Roma.

Coñecemento especial do herdado en Galicia.

Unidade 14: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva.

Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á

lingua falada e escrita. Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina

de diversidade temática.

Unidade 15: Definición de palabras a partir dos seus étimos. O significado etimolóxico

das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.Valoración da lingua

latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento

privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances.

4.1.6 Procedementos para a avaliación inicial

Dado que o alumnado é a primeira vez que ve a asignatura de Latín a

avaliación inicial basearase na observación do nivel dos coñecementos

morfosintácticos de cada alumno e a posta en valor dos coñecementos

de cultura xeral adquiridos en ámbitos diversos. Realizarase para este

Page 71: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

70

fin un cuestionario no primeiro mes de curso con preguntas relativas

ás pegadas clásicas na nosa sociedade, lingua…

4.1.7 Criterios de avaliación en relación coas competencias básicas

Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois

de resumir os aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende

verificar a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar

acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e

relacionar os datos do texto con referentes actuais.

Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os

tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no

patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata

de comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía

clásica e o patrimonio arqueolóxico romano en diversos contextos

expresivos, textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se

comprende o seu significado específico e se se advirte o seu valor como

fonte de inspiración.

Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean

orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación

semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio

preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución

fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha

mesma orixe.

Page 72: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

71

Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe

cotiá e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o

seu sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de

recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos

lingüísticos e producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns,

científicos e técnicos.

Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás

linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións

orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e

comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é

capaz de utilizalas de xeito coherente.

Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas

elementais da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este

criterio trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da

lingua latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con

elementos e estruturas da súa propia lingua.

Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión,

oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este

criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as

estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son

capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de

textos elaborados de escasa dificultade.

Page 73: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

72

4.1.8 Metodoloxía, materiais e recursos didácticos

O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de

autoaprendizaxe, de traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados

de investigación para seguir aprendendo ao longo da vida.

A aplicación metodolóxica a cada tema constará basicamente das

seguintes partes:

o Actividades de introdución e coñecementos previos que procuren

a interese do alumno polo que vai aprender.

o Actividades de desenvolvento que permitan coñecer os conceptos,

procedementos e actitudes. Nelas inclúense:

Exercicios sobre aspectos morfosintácticos e tradución de

oracións con aplicación dos mesmos.

Exercicios de léxico.

Lecturas comprensivas de temas culturais.

Tradución de textos preferentemente orixinais seguindo

estes pasos: lectura en voz alta, análise do vocabulario,

recoñecemento de formas gramaticais, establecemento de

relacións sintácticas e tradución.

Actividades de resume: gráficos, esquemas…

Page 74: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

73

Actividades de consolidación do aprendido.

Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse e

para utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de

procedencia diversa.

4.1.9 Procedementos e instrumentos de avaliación

Observación directa do traballo do alumno na aula.

Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos

monográficos, caderno de clase e exercicios de todo tipo

(traducións, de léxico...).

Intercambios orais cos alumnos: entrevistas, postas en

común...

Probas escritas periódicas que recollan o traballo do

alumno nos distintos bloques.

Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.

Na AVALIACIÓN ORDINARIA o sistema de cualificación terá en conta

todos estos parámetros e será o seguinte:

Traballo de clase: 25%

Probas obxectivas: 75%.

Page 75: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

74

Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo

un 50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de

avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Como programa de recuperación (AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA) ó

longo do curso efectuaranse tres probas obxectivas, unha por trimestre. Respecto a

alumnos pendentes doutros cursos, dicir que non cabe nesta materia, por ser a primeira

vez que os alumnos teñen contacto có latín.

4.1.10 Medidas de atención á diversidade e programa de reforzo para a

recuperación de materias pendentes

A atención ás diferenzas individuais dos alumnos/as debe ser contemplada en

diversos planos: nos contidos, nas actividades e na selección dos materiais utilizados:

Os contidos preséntanse claramente diferenciados en dous niveis:

a) Nivel constituido polas aprendizaxes básicas imprescindibles para a

consecución dos obxectivos xerais por parte dos alumnos/as; constitúe os contidos

mínimos de aprendizaxe, de carácter básico, exisible e alcanzable para todos os

alumnos/as.

b) Nivel de aprendizaxes complementarios que aseguran unha maior amplitude

no desenvolvemento das capacidades por parte dos alumnos/as, mediante

desenvolvementos monográficos que analizan en profundidade un dos elementos ou

aspectos da información esencial, mediante exposición de feitos que evidencien a

presencia nosa sociedade de algún dos aspectos tratados nos contidos básicos e

mediante a reflexión sobre a lectura de fragmentos de obras de autores clásicos en

relación con ditos contidos.

Page 76: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

75

Deste modo, os contidos que non se consideran imprescindibles para a

consecución dos obxectivos por parte dos alumnos sepáranse dos que son esenciais

mediante un tratamento diferenciado. Este doble nivel permite administrar os contidos

en diversas doses en función dos intereses, coñecementos previos e expectativas do

alumnado.

As actividades deben estar graduadas segundo a dificultade que entrañan para o

alumno/a e segundo a natureza da finalidade que pretenden alcanzar, de manera que

poidan adaptarse ás diversas capacidades, intereses e motivacións dos alumnos/as.

As actividades de cada unidade didáctica están organizadas en torno aos dous niveis de

contidos e prevén distintos graos de dificultade:

a) Actividades e tarefas básicas, que permitan alcanzar as aprendizaxes mínimas

imprescindibles para cumplimentar os obxectivos fixados oficialmente. Estas

actividades estarán plantexadas de forma que sexan asequibles para calquera alumno/a.

b) Actividades que desenvolven as capacidades que consideramos normais, pero

que supoñan un maior grao de destreza por parte dos alumnos/as.

c) Actividades de ampliación e reforzo, que permitan aos alumnos/as máis

interesados ou máis capacitados progresar máis alá da media. Poden ser tarefas de

investigación ou outras actividades que xa entrañen certo grao de dificultade.

Todos os alumnos/as realizarán as actividades do primeiro nivel. Quen as

realizara sen dificultade, progresará ao segundo nivel e deste ao terceiro. Este método

debe aplicarse en cada unidade didáctica, porque hai que evitar a formación de grupos

dentro da aula aos que se asigne, durante todo o curso, un mismo nivel; xa que o

alumno/a que, nunha determinada unidade, so alcanza o primeiro nivel, pode estar

capacitado para desenvolverse nun nivel superior noutra unidade didáctica.

Page 77: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

76

A selección de materiais e recursos didácticos utilizados na aprendizaxe tamén

ten unha gran importancia á hora de atender ás diferenzas individuais no conxunto dos

alumnos/as. Como material esencial debe considerarse o libro de texto e os demáis

materiais e recursos didácticos que se utilizarán segundo o nivel e características dos

alumnos/as segundo o tipo de contidos.

Para atender a diversidade do alumnado o profesor desenvolverá con regularidade as

seguintes actividades:

Traballo na aula de xeito individualizado con aqueles que presenten algunha

dificultade ou presenten sobredotación.

Elaboración de materiais de reforzo e ampliación.

Control do traballo semanal.

Entrevistas periodicas cós alumnos con dificultades.

Non existe programa de reforzo para os alumnos pendentes doutros cursos pois

non cabe nesta materia, por ser a primeira vez que os alumnos teñen contacto

có latín.

4.1.11 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC

A través da lectura de textos de autores clásicos o alumnado entrará en contacto

co mundo grecorromano. Tamén se utilizara a lectura de textos literarios de outras

épocas cuxo tema sexa a cultura clásica.

Tanto os textos de autores clásicos traducidos, como textos de autores actuais

sobre temas relacionados coa cultura clásica son un incentivo para a lectura. Sobre todo

tendo en conta que nos últimos anos publicaronse moitos, e moi bos libros sobre

diversos aspectos da cultura grecorromana, acompañados de excelentes ilustracións,

Page 78: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

77

moitos deles especialmente dirixidos a un público xuvenil. Os relatos históricos e

mitolóxicos, que están na orixe da nosa cultura, constitúen en si mesmos unha excelente

estratexia para incentivar o gusto pola lectura, pois as aventuras dos heroes clásicos

sempre apasionaron aos mozos, ao mesmo tempo que lles mostran, de modo simbólico,

todas as situacións típicas da condición humana.

Propoñemos a lectura voluntaria dalgúns do seguintes libros de ediciones Akal,

na colección dirixida por Anne-Catherine Vivet-Rémy, sobre relatos históricos e

mitolóxicos: Julio César y la guerra de las Galias, Agamenón y la guerra de Troya, Los

viajes de Ulises, Rómulo y Remo, Teseo y el Minotauro, Jasón y el vellocino de oro, Los

trabajos de Hércules, Edipo, etc. Estes libros presentan “textos orixinais”, divididos en

breves episodios ilustrados, fáciles de ler, e completados con páxinas de xogos,

crucigramas, adiviñas e documentación, que permiten:

- Comprobar a comprensión del texto a partir de preguntas sobre a acción, os

personaxes e o sentido das palabras importantes.

- Memorizar o vocabulario respondendo a adivinanzas ou resolvendo crucigramas e

sopas de letras.

- Adquirir coñecementos culturaies gracias ás informacións sobre a civilización e o

contexto histórico no que están insertados os relatos.

O mesmo esquema de “lectura intelixente” presenta o libro Unha historia na

Historia, de Sauro Marinelli, de editorial Bruño, novela histórica xuvenil ambientada na

época de Augusto. Cada capítulo do libro vai complementado con “xogos”, actividades

que axudan a comprender mellor aos personaxes e ao ambiente, de maneira que

desenvolve no xove lector a curiosidade e o sentido crítico hacia os feitos humanos do

pasado de xeito que pode coñecer mellor a época actual.

Page 79: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

78

Tamén da editorial Bruño, nos parecen adecuados para alumnos de ESO os

libros titulados Indiana Jones explora…la antigua Grecia e Indiana Jones explora…la

antigua Roma, nos que o famoso arqueólogo e aventureiro, actuando como guía, fai

revivir estas antigas civilizacións, despertando nos mozos a emoción de descubrir

algúns dos segretdos do pasado.

Excelente parecenos o libro Pompeia, de Peter Connolly, da editorial Anaya,

esplendidamente ilustrado, no que se describe o desastre, a desaparición e o

redescubrimento gradual de Pompeia, para despois facer un relato de como transcurría

unha xornada calquera na cidade.

O fomento do uso das TIC é un obxectivo do centro, a través do Plan de

Integración das TIC e será tamén obxectivo da materia de latín, utilizando a rede

informática para realizar traballos de investigación e atopar información, empregando

todos os recursos multimedia ao noso alcance (CD-ROM, páxinas web…), incentivando

no noso alumnado o uso dos recursos informáticos para a presentación dos seus

traballos (presentación en PowerPoint, uso na aula de audivisuais, dos equipos

informáticos da biblioteca escolar…) e deixando que a actualidade entre nas aulas a

través dos recursos multimedia con contidos relacionados co mundo clásico, a

arqueoloxía, a literatura, etc.

4.1.12 Criterios para avaliar a propia programación

A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe

basearase nos seguintes criterios e a súa consecución:

A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades

do alumnado.

Page 80: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

79

A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades

do alumnado

As aprendizaxes acadadas polo alumnado

A programación didáctica o seu desenvolvemento

Os procedementos de avaliación do alumnado.

Outras consideracións que sexan oportunas.

Ao final de cada trimestre, despois da avaliación dos alumnos facilitaráselles un

cuestionario no que calificarán de cero a dez ao profesor con preguntas relativas á

puntualidade, claridade das explicacións, interese da materia, organización do

ensinante, se na clase hai bo ambiente docente , se aprende nas clases , se as probas se

axustan ao explicado , se ve utilidade nos contidos, se o profesor conta cos recursos

materiais suficientes para impartir as clases … Esta enquisa de avaliación docente será

estudiada e valorada polo profesor/a para a partires do resultado mellorar, cambiar ou

modificar o que se considere necesario.

Page 81: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

80

5. Accións de contribución ao plan de convivenvia e educación en valores en todos

os niveis

Colaboraremos en todo o que o plan de convivencia do centro considere oportuno. Na

ESO e para cortar os insultos e pelexas esixirase ao alumno que insulte que diga cinco

cousas positivas ao alumno insultado. Pediráselle que o faga de xeito oral pero se

necesita moito tempo, deberá facelo por escrito, aínda que lle leve toda a clase porque

redactar aumenta as competencias básicas en lingua. Paréceme una maneira adecuada

para ir minimizando todo o posible as faltas de respecto entre os membros da

comunidade escolar.

No bacharelato debe pedir perdón e dicirlle algo positivo no mesmo momento. Se é una

conducta case impulsiva, explicaráselle cada vez por qué é negativa a súa conducta

aínda que ao alumno non llo pareza. Todas as veces que apareza este comportamento

chamaráraselle a atención.

Con respecto á Educación en Valores incidiremos na igualdade de sexos, respecto polas

diferenzas, educación para a paz, educación viaria,... que serán traballados a través das

distintas unidades didácticas no Bloque IV dos contidos da programación de cada

asignatura e cada nivel impartido por este departamento.

Traballaremos con intensidade a violencia de xénero e a cousificación da muller, moi

presente en todo o mundo antiguo; incidiremos constantemente na relación falta de

preparación educativa/ pobreza e na escravitude como fenómeno normalizado na

antigüidade e aínda que prohibida na actualidade presente nas nosas sociedades, incluso

nas máis desenvolvidas disfrazada de moitas formas.

Page 82: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

81

6. Actividades complementarias e extraescolares xerais deste departamento

As actividades propostas a continuación son para todos os alumnos do

departamento e levaranse a cabo en colaboración có departamento de Xeografía e

Historia.

Asistencia a unha representación teatral dunha obra clásica, no marco do

Festival de Teatro Grecolatino de Lugo.

Visita ao Museo Provincial de Lugo e ás distintas salas de exposicións que

mostran achádegos de orixe romana.

Asistencia á proxección dunha película que teña que ver có curriculum da

asignatura.

Participación, a través de internet, no concurso de Cultura Clásica organizado

pola SEEC, Sección Galicia.

Visitas a lugares de interés para o alumnado de clásicas: Médulas (León),

Museo Romano de Mérida, Santa Olalla de Bóveda ou calesquera outros.

Os contidos desta programación serán explicados pormenorizadamente

aos alumnos na primeira semana de curso polo profesor correspondente e unha

copia dela permanecerá na aula durante todo o curso. Os contidos mínimos de

cada asignatura publicaranse no taboleiro da aula.

Page 83: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO …€¦ · PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LATÍN/GREGO ~ CURSO 2014/15 ~ IES ALFREDO BRAÑAS (CARBALLO) Xefa de Departamento

Programación Departamento Latín/Grego

Curso 2014/15

82

7. Anexo. Recursos didácticos recomendados

O alumnado dos distintos niveis traballarán durante o curso académico cós

recursos que lles proporcionará a profesora. Son libros e material audiovisual

(películas e documentais) de temática clásica. Tras a súa lectura ou visionado

faranse comentarios e fichas de actividades sobre eles de forma colaborativa e

grupal. Para facilitar a localización dos recursos éstes atópanse agrupados en

cuxo enlace estárá disponible no espazo adicado ao

Departamento de Clásicas na web do centro.

Tamén se recomendará ao alumnado o acceso a páxinas web de referencia en

contido clásico coma http://www.culturaclasica.com/ ou a Blogs educativos coma

http://divesgallaecia.blogspot.com.es/

Catalina Rey Rodríguez

Xefa de departamento