proxecto plan dinamizacion social mqa
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
PROXECTO PLAN DE DINAMIZACIÓN SOCIAL
OUTUBRO – NOVEMBRO - DECEMBRO 2014
¿ QUÉ É O PLAN DE DINAMIZACIÓN SOCIAL “MQA é máis”?
O plan de dinamización social é un movemento que engloba actividades de
diferente índole como un añadido a toda a programación que MQA presenta os
seus usuarios.Como o propio nome indica, MQA é máis, non só son unhas
instalacións deportivas, senón centros lúdico-deportivos-sociais, e as actividades
do Plan, a testemuña dos execelentes beneficios que a actividade física ten para
as nosas vidas, é a de toda á familia, por iso mesmo moitas das actividades teñen
por obxectivo englobar actividades saudables en familia, tanto dentro coma no
exterior dos nosos centros.
Na actualidade celébranse na nosa cidade numerosas carreiras populares de
atletismo, andainas, marchas, comidas, festas, eventos... Maisqueauga quere
axudar a todos os usuarios das instalacións de Barreiro e Florida a introducirse en
novos retos deportivos e de lecer, e de acompañalos no seu camiñar ata a
consecución dos seus obxectivos. Invirtindo o tempo de lecer en hábitos
saudables.
Maisqueauga proporá numerosas actividades en calendarios trimestrais e creará
grupos de traballo onde se vos facilite as ferramentas necesarias para que poidan
coñecer, vivenciar e practicar as diferentes actividades. Ademais, de xeito
periódico, impartiranse charlas para facilitar información sobre temas de interese e
dar a coñecer temas tan importantes como a alimentación saudable, primeiros
auxilios, etc.
TIPO DE ACTIVIDADES “MQA é máis”?
MASTERCLASS: Actividade na que se trata un tema en profundidade durante unha hora de
duración. É unha actividade de pago, xa que son actividades con contidos especiais
impartidas por especialistas que poden non formar parte da plantilla permanente de MQA,
nas que para moitas delas se precisa dun material específico. Terían dereito a asistir todo
tipo de persoas, xa que teñen un custo adquirido.
CLASES ESPECIAIS: Clases con duración de 45 minutos de carácter eventual, impartidas
por personal propio das instalacións, mesmo procedemento que actividades de libre acceso,
utilizarémolas como actividades de promoción e dinamización. Accesos para abonados.
MESES ADICADOS A DIFERENTES TEMAS: Actividade que pode desarrollarse tanto na
sala coma na piscina. Durante o mes escollido, os usuarios terán que realizar as probas
propostas, por exemplo, mes da travesía ás illas cies, onde terán que percorrer a nado a
distancia que separa a costa de Vigo das Illas. Actividade de dinamización para abonados.
. GRUPO DE RUNNING: É un grupo de traballo que levará unha planificación, preparada por
un adestrador. Sairán dous días en cada instalación, ademáis nas instalacións semanalmente
adestramentos complementarios. O grupo terá como obxetivo participar en diferentes
carreiras populares (circuito de Vigo,por exemplo). Pero este grupo xorde coa idea de crear
hábitos e facer da carreira un medio de entretemento e disfrute. Actividade de dinamización
para abonados.
GRUPO DE TRAVESÍAS: É un grupo que durante os meses de verán farán unha saida
semanal o mar coa compañía dun monitor que guiará unha progresión de adestramento no
tempo, así como supervisión e control dos adestramentos. No inverno este grupo fará unha
sesión semanal alternando centro os sábados a mañá, o requisito e ter contratado un curso
de Progresa PP, Perfecciona o Master.
. ANDAINAS, TRAVESIAS: Marcaranse no calendario diferentes probas e ofreceremos a
posibilidade de anotarse e preparalas en grupos de traballo como o de running . Actividade
para abonados.
CHARLAS: Cada certo tempo, terán lugar charlas informativas sobre temas de interese, así
como a alimentación dos máis cativos, alimentación para deportistas, primeiros auxilios…
Actividade para abonados.
CEAS, COMIDAS...: En momentos puntuais organizaranse ceas de abonados (aniversarios),
así como despois de participar nos diferentes eventos, quedadas, realizaremos comidas ou
entregaremos picnics como na carreira de cativos do aniversario, saida btt…
OUTRAS: Ademáis de todas estas actividades, incluiranse no plan de dinamización social,
actividades como campamentos de verán, actividades de pádel e outras que poidan xurdir e
non estén contempladas no día a día das instalacións.
Actividades OUTUBRO – NOVEMBRO – DECEMBRO 2014
Comezamos cos adestramentos do grupo, alternando días por instalación e asistindo ás
carreiras en grupos. Entrenos para todos os niveis.
As carreiras obxectivos deste trimestre son:
-”Vigo contra el Cancro” 26-10.
-Vigo +11. 9-11.
-- Gran Premio Pedestre Nadal. Día 21-12
- San Silvestre. Día 31-12.
En todas asistiremos cos monitores para quecemento e faremos fotos que subiranse nas
redes sociais, para seguir sendo unha referencia no mundillo do running que poden obter fotos na
páxina de MQA.
Xornada adicada a samain nos dous centros. Faremos photocall e toda a
xente que participe, sacando unha foto disfrazado de hallowen participará no
concurso que se levará a cabo nas redes sociais. Entre os máis votados sairán tres gañadores de un mes de balde (abono).
As instalacións estarán ambientadas para a ocasión .
Especial adicado a mulleres para que aprendan
técnicas de defensa persoal básica. Este
especial será impartido por un traballador
externo, chamado Antonio e con númerosos anos
de experiencia na materia. 40 prazas e
realizarase en lugar da clase de GAP disa mañá.
Faremos a segunda andaina co fin de promover a actividade saudable e aproveitar o medio natural. Será realizada por un profesional
externo que se adica a practica no medio natural e ten rutas por niveis pre-establecidas. Será
durante todo o día e comerase na actividade. Cás inscricións especificarase todo o necesario.
Ruta sobre 9 km para todos os nivéis. Orientaremos a ruta coma un día de goce en
familia e incluirá actividades paralelas.
Durante estos meses de inverno, os sábados a mañá farase unha quedada coa compañía dun monitor que será o que guie a mesma. O grupo alternará
un sábado en cada centro e como requisito todos os participantes terán
que ser cursillistas.
Para todos os abonados e cursillistas da instalación haberá unha toma de tempos de “x” probas que se irán
anunciando e adestrando nas clases.
Será o sábado de tarde e as monitoras/es encargados do grupo de travesias serán os responsables de escoller as probas mediante unha programación que vos
achegaremos durante o mes de novembro.
A charla informativa levarase a cabo o mesmo día co triatlón indoor, será
impartida por triatletas de xeito que expliquen as suas experiencia e nos acheguen o seu día a día en canto a
adestramentos. Aproveitando tamén falar da seguridade nos adestramentos
en exterior, aproveitando todos os acontecementos na actualidade.
Realizarase na instalación un triatlón indoor, combinando as tres disciplinas e con agasallos para os participantes.
Faremos a natación na piscina, zona de transición nos vestiarios de grupos,
clase de ciclo e saida a correr no arredor da instalación de Barreiro.
.
Durante o periodo marcado, habilitaremos un espazo nas recepcións dos centros para que a xente poida deixar COMIDA non perecedoira
que entregaremos o banco de alimentos de Vigo + XOGUETES para repartir entre os máis
necesitados.
.
Visitará o centro Santa Claus e estará cos máis pequenos do centro. Estes dous días estará en horarios de “cursillos nenos” o señor Santa Claus. Ademáis o propio día 24 no Campus estará esa mañá cos cativos.
.
CAMPÚS DE NADAL:
Un novo campus para os máis pequenos nunha quenda que comprendería entre os días 22 de
decembro e 4 de xaneiro.
.
ACTO QUE POUCO A POUCO ESTASE A INSTITUCIONALIZAR CÓMA UNHA TRADICIÓN
Celebraremos o novo ano deportivo as 12 do
medio día, simularemos as badaladas e sustituiremos as uvas por conguitos, lacasitos… para celebrar a entrada no novo ano deportivo.
Xusto despois comezaremos unha clase para arrancar deportivamente o 2015 (por definir)!!!
.
PÁDEL 2014 OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO
.
Liga por parellas, os participantes terán que xogar catro partidos nun mes.
Torneo interno de pádel onde xogaranse un torneo mensual cada día da semana
Luns
martes
Mercores
Xoves
venres
.
Liga por parellas, os participantes terán que xogar catro partidos nun mes.
Torneo interno de pádel onde xogaranse un torneo mensual cada día da semana
Luns
martes
Mercores
Xoves
venres
.
Torneo de pádel para nenos onde xogarán todos contra todos nun ambiente lúdico.
Torneo social de nadal, solo para abonados e cursillistas ou participantes das actividades.
Participarán adultos e nenos