que é a ciencia
DESCRIPTION
Ciencia e pseudociencia. O método científico.TRANSCRIPT
Profesores: Marcos Perille e Adán Gonçalves. EPAPU Santa María de Caranza.
INTRODUCIÓN
O termo ciencia provén da palabra latina “scire” que poderíamos traducir como
“coñecer”.
A ciencia foi entendida de diversos xeitos ao longo da historia da humanidade.
Ciencia e Filosofía foron da man durante moito tempo (pensade nos “filósofos da
natureza” gregos: Parménides, Heráclito, Demócrito, Platón e sobre todo
Aristóteles), a escisión débese fundamentalmente a apreciación do coñecemento
científico separado dos mitos, lendas e crenzas e ligado á experimentación
seguindo un método científico.
Co desenvolvemento da ciencia prodúcese o xurdimento da tecnoloxía que tivo e
ten unha influencia notable nas nosas vidas. Estos avances foron posibles grazas
tamén a evolución do pensamento humano e da sociedade.
INTRODUCIÓN
É esencial, tamén, ser quen de diferenciar o que é ciencia do que non o é (a
pseudociencia). Para elo é preciso ter unha formación científica e unha actitude
crítica fronte a información que nos chega.
Pero, que é a pseudociencia?
É un termo que engloba datos fraudulentos que pretenden presentarse en
sociedade como datos científicos probados.
O xeito para poder diferenciar a ciencia da pseudociencia, é que a primeira
segue un método ( do grego “methodos” = meta (más allá) e hodos (camiño)),
o método científico.
1. CLASIFICACIÓN DAS CIENCIAS
CIENCIAS
EMPÍRICAS FORMAIS
Baséanse na experiencia
NATURAIS: Obxecto de estudo, a natureza
SOCIALES: Adícanse ao estudo do ser humano
Non se refiren a feitos da experiencia: Argumentacións e
razoamentos
2. O MÉTODO CIENTÍFICO
O método científico é un método inductivo-deductivo, ou o
que ven a ser o mesmo hipotético-deductivo.
Que significa isto?
É inductivo porque partindo de casos particulares (premisas)
establecemos conclusións xerais (hipóteses).
Exemplo:
Marián é humana e ten dous ollos.
Pepe é humano e ten dous ollos.
Hipótese: Todos os humanos teñen dous ollos.
2. O MÉTODO CIENTÍFICO
É deductivo, porque a partir da premisa xeral (a nosa
hipótese) establecemos predicións a casos particulares.
Exemplo:
Todos os humanos teñen dous ollos.
Uxía é humana.
Predición: Uxía ten dous ollos.
Se se cumpren as predicións, a nosa hipótese vese reforzada,
se non se cumpren debe ser modificada.
2. O MÉTODO CIENTÍFICO Dun modo xeral podemos establecer unha serie de pasos:
ETAPAS DO MÉTODO CIENTÍFICO
OBSERVACIÓN E DETERMINACIÓN DO PROBLEMA
BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN
ESTABLECEMENTO DAS HIPÓTESES (POR INDUCIÓN)
EXPERIMENTACIÓN- PREDICIÓNS (DEDUCIÓN) E ANÁLISE DE RESULTADOS
ELABORACIÓN DUN MODELO OU TEORÍA
CONCLUSIÓNS
PUBLICACIÓN DE RESULTADOS
VERIFICACIÓN POR OUTROS INVESTIGADORES
Imos ver un exemplo sinxelo:
1. Observación da realidade: observamos que as aves do
noso arredor (canarios, parrulos, mouchos...) voan.
2. Busca de información (Documentación): imaxina que
pescudamos información sobre este feito e non hai nada
publicado ao respecto (evidentemente esto non é real,
pero serviranos para comprender mellor o noso exemplo).
Se xa estivera investigado (como sucede realmente, aquí
remataría o proceso).
3. Elaboramos unha hipótese (indución): como todas as
aves do noso entorno voan, inducimos que “Todas as
aves voan”.
4. Experimentación e predicións (dedución):
Debemos deseñar experimentos ou estudos de observación
que nos permitan determinar que todas as especies
pertencentes ao grupo aves cumpren a nosa hipótese.
Por exemplo estableceremos todas as familias de especies
dentro das aves e faremos as nosas predicións a partir da
nosa hipótese xeral (dedución). As predicións serían do tipo:
“os córvidos son aves, polo tanto voan” “os falcónidos son
aves, polo tanto voan”...
5. Análise de resultados:
Nas nosas observacións decataríamonos de que hai aves,
como as avestruces ou os pingüíns que non voan. Non se
cumprirían as predicións nas familias destas aves e polo
tanto a nosa hipótese sería rexeitada. Se non se cumpre a
hipótese debemos modificala ou propoñer outra nova.
Hipótese modificada: “Case todas as aves voan”.
A partir de aquí comprobaríamos a nova hipótese.
O método científico é o xeito que teñen os científicos de respostar as preguntas.
3. HIPÓTESE, LEIS E TEORÍAS.
HIPÓTESE: é unha posible resposta (sen comprobación
todavía) a un problema plantexado que xurde da
recopilación de datos.
LEI CIENTÍFICA: hipótese comprobada reiteradamente
que explica un fenómeno ou conxunto de fenómenos e
ademais explica porque acontecen. Describe e predice o
que sucederá baixo unhas condicións. Teñen aplicación
universal e demóstranse científicamente. Exemplo: as
leis de Mendel.
TEORÍA CIENTÍFICA: explicacións aceptadas pola
comunidade científica a un conxunto de fenómenos do
mundo natural que están interconectados e que poden
incorporar leis, e feitos e hipóteses probadas. Por exemplo a
Teoría da Evolución ou a Teoría da Tectónica de Placas.
3. HIPÓTESE, LEIS E TEORÍAS.
Imos ver un exemplo global do que vimos ata agora:
Un estudiante de bioloxía mariña pasou meses estudiando os animais mariños. Tras moito observar e comparar os animais, pregúntase:
Por que os mamíferos acuáticos teñen que saír á superficie a respirar?
PROPÓN UNHA HIPÓTESE: O ancestro máis cercano dos mamíferos acuáticos non son os peixes, senón os mamíferos terrestres, que están adaptados a respirar O2 aéreo.
EXPERIMENTACIÓN:
O noso amigo comeza a realizar probas ós grandes mamíferos acuáticos: radiografías, diseccións e toma de mostras e descobre que:
Dentro da aleta, os grandes mamíferos acuáticos teñen CINCO dedos, unha característica exclusiva de animais terrestres, pois serve para desprazarse por terra pero non pola agua.
Os grandes mamíferos acuáticos non teñen branquias, senón pulmóns, que son órganos adaptados á respiración aérea, pero que non lles permiten respirar baixo a auga.
O seu ADN é moito máis semellante ó dos mamíferos terrestres que ó dos peixes.
O seu desenvolvemento ontoxénico (os pasos que segue o embrión no seu desenvolvemento dentro do útero antes de nacer) segue todos os pasos que seguen os mamíferos
HIPÓTESE: Os ancestros máis cercanos dos mamíferos acuáticos non son os peixes, senón os mamíferos terrestres, que están adaptados a respirar O2 aéreo.
Hipótese reiteradamente confirmada
LEI CIENTÍFICA
Ten que explicar por que pasa
Obsérvase unha crise alimentaria fai millóns de anos: a escasez de alimentos na terra e a súa abundancia no mar fixo máis fácil a alimentación na auga, co que se viron favorecidos aqueles mamíferos capaces de vivir na agua.
LEI CIENTÍFICA: Os mamíferos acuáticos evolucionaron a partir dos mamíferos terrestres.
TEORÍA DA EVOLUCIÓN
Os seres humanos temos órganos e pezas atrofiadas que foron moi benificiosas para dixerir alimentos sen cociñar e vexetais
Dúas especies que viven en zonas xeográficamente illadas na actualidade, pero que previamente permaneceron xuntas, son moi similares
Existen animais moi pouco abundantes que presentan características comúns entre as aves e os mamíferos
O ADN do ser humano é prácticamente idéntico ó do chimpancé
Os animais que máis se camuflan co seu entorno sobreviven máis
Poboacións de Bolboretas que aumentaron a cor negra das súas ás para camuflarse mellor nas codias das árbores contaminadas
4. COMUNICACIÓN E VERIFICACIÓN DOS RESULTADOS
Para que o proceso de investigación científica esté completo
faise imprescindible publicar os nosos resultados para poñelos en
coñecemento da comunidade científica que será a encargada de
verificar a veracidade da nosa investigación.
Por iso, é fundamental que os experimentos deseñados sexan
reproducibles.
Tamén é esencial o rigor científico, tanto por parte dos
investigadores que realizan a investigación, como das
publicacións especializadas que publican os achados, e en xeral
de toda a comunidade científica.
O CASO DO Dr. HWANG WOO-SUCK
O fraude científico, por sorte para todos, non está moi extendido. Pero sempre hai excepcións que confirman a regra, como o caso do Dr. Hwang Woo-Suck
O CASO DO Dr. HWANG WOO-SUCK
Era investigador da Universidade de Corea do Sur, que no 2004 publicou un artículo na revista Science no que presentaba unhas liñas celulares humanas conseguidas, segundo él, por clonación terapéutica, algo que nunca antes se conseguira e que abría todo un mundo de novas posibilidades terapéuticas (inxertos e transplantes sen rexeitamento)
O CASO DO Dr. HWANG WOO-SUCK
En diciembro de 2005, foi acusado de fraude pola comunidade científica:
A TÉCNICA NON ERA REPRODUCIBLE.
Evidentemente, perdeu o seu posto na Universidade e parte do seu prestixio.
Hwank Woo
O HOME DE PILTDOWN
Éste é posiblemente un dos fraudes científicos máis relevantes da paleoantropoloxía que perviveu durante cuarenta e cinco anos (de 1908 a 1953).
O HOME DE PILTDOWN O arqueólogo aficionado Charles Dawson e o afamado paleontólogo A. Smith Woodward presentaron a comunidade científica restos do “eslabón perdido”.
Moitos anos depois descubríuse que todo era un engano e que os supostos restos estaban formados por unha mandíbula de orangután, unha parte dun cráneo de Homo sapiens e un dente dun simio.
Todavía hoxe existen dúbidas de quenes foron os autores do fraude, pero parece evidente que o contexto socio-político e as envexas tiveron moito que ver no asunto.
No noso blog tedes un entretido vídeo-documental con máis información:
O Home de Piltdown
ENTÓN, QUE É A CIENCIA?
Reflexión: Non hai mulleres na Ciencia?
5. COÑECEMENTO ORDINARIO
O coñecemento científico fundaméntase, como xa comentamos, na aplicación do método científico.
Como acabamos de ver se non somos rigurosos na aplicación do mesmo os resultados poden ser desastrosos.
Pola contra, o noso coñecemento ordinario susténtase moitas veces na observación, pero sen precisar probas que o demostren. É habitual que se transmita a través da tradición cultural.
Un caso sustancial desta sabiduría popular son as supersticións, mitos, lendas, refráns...
Ningún destes casos constitúen coñecemento científico, aínda que algún deles, sen sabelo, pode relacionarse cunha xustificación científica.
6. PSEUDOCIENCIA
Todo aquilo que se reviste cunha aurea de ciencia, pero que non o é porque non segue a metodoloxía científica. As características máis salientables da pseudociencia frecuentemente son:
Uso dunha suposta linguaxe científica.
Evitan as demostracións dun xeito riguroso, pero expoñen conclusións e experiencias que non poden reproducirse, e polo tanto demostrarse empíricamente.
Soen contar con xente que se fai pasar por científica, ou que incluso o é, pero que non actúan como tal expoñendo probas de escasa credibilidade.
Pretenden facer pasar por científico un coñecemento ordinario.
6. PSEUDOCIENCIA
Adoitan a presentarnos a especialistas na materia, pero que non teñen un percorrido científico contrastado.
Soen referirse a culturas milenarias e ancentrais que tiñan saberes ocultos aos que so uns poucos elixidos poden acceder.
Son dogmáticas.
Algúns exemplos son, a astroloxía (horóscopo), a numeroloxía, as dietas milagro, ou a pseudoteoría evolucionista do deseño intelixente da que falaremos noutro tema.
GRAZAS POR ATENDERME
“ Estráñame que un adiviño non sorría cando ve un colega” (Marco Tulio Cicerón)
“ Alá debe querer moito ós tontos, porque hai tantos...” (da película Lawrence de Arabia”)
WEBGRAFÍA
http://www.edu.xunta.es/web/node/950
http://www.ehu.es/reviberpol/pdf/OCT05/schulz4.pdf
http://filosofiaencolmenarejo.files.wordpress.com/2012/10/pseudociencia1.jpg