recuperación da carraca

2

Upload: nacho-mugica

Post on 29-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

A finalidade principal da restauración da carraca é a súa recuperación como documento histórico-etnográfico e instrumento sonoro. Ante a imposiblidade de conservar a orixinal como instrumento activo e conseguir recuperar a súa función, o Consorcio de Santiago, propúxose, por unha banda, a construción dunha réplica exacta do instrumento, partindo do testemuño da carraca orixinal; por outra, a recuperación e restauración dos restos desta, como peza organolóxica documental para a súa exposición museística.

TRANSCRIPT

Page 1: Recuperación da carraca
Page 2: Recuperación da carraca

Coñécese de vello o emprego da carraca nos actos litúrxicos que corresponden ao Triduum Sacrum, que comprende dende o Xoves Santo ata o Sábado Santo. As campás de igrexas e catedrais enmudecían dende a hora nona do Xoves Santo ate as tres da tarde do Sábado Santo, sendo substituídas polo son das devanditas carracas, situadas nas torres dos templos. A referen-cia máis clara que chega ata os nosos días é a referida á carraca como instrumento de man empregado polos fieis nos actos litúrxicos que logo derivou nun divertimento infantil.

A carraca da Catedral de Santiago ten unha disposición de “Cruz de San Andrés” e está ancorada na torre oposta á “das campás”, con dominio de son en toda a praza do Obradoiro e sobre boa parte da zona vella da cidade.

O instrumento, case na súa totalidade de madeira salvo ferraxes puntuais, está provisto dunha roda dentada que, ao ser posta en movemento mediante unha manivela, vai golpeando de xeito secuencial contra unhas lingüetas que producen un forte son, que á súa vez é amplificado pola caixa de resonancia que envolve a totalidade do conxunto.

A finalidade principal da restauración da carraca é a súa recupe-ración como documento histórico-etnográfico e instrumento sonoro. Ante a imposiblidade de conservar a orixinal como instrumento activo e conseguir recuperar a súa función, o Consorcio de Santiago, propúxose, por unha banda, a construc-ción dunha réplica exacta do instrumento, partindo do testemuño da carraca orixinal; por outra, a recuperación e restauración dos restos desta, como peza organolóxica documental para a súa exposición museística.

Horario no que soará a carraca:

Venres Santo, 22 de abril | ás 12:00h. e ás 18:00h.

Sábado Santo, 23 de abril | ás 12:00h. ás 18:00h. e ás 22:00h.