reunión da comisión académica do máster en …...2016/09/27 · 1. aprobación, se procede, da...
TRANSCRIPT
Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818 16805
Reunión da Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Ambiental
Data: Martes 27 Setembro 2016
Texto da Convocatoria:
1) Aprobación, se procede, da acta da reunión do 7 de Xullo de 2016. 2) Informes
a) alumnos de nova matrícula b) viabilidade grupo de inglés na materia Instrumentación e Monitorización Ambiental c) altas e baixas do profesorado
3) Aprobación, se procede, da renovación da Comisión Académica
4) Aprobación, se procede, do Plano Executivo de Calidade da ETSE para o Máster
5) Aprobación, se procede, das actas consolidadas de Prácticas Externas e Traballos Fin de Máster do curso 2015-16
6) Aprobación, se procede, do novo regulamento TFM
7) Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2016-17
8) Turno aberto
Asistentes: M.C.B., A.C., G.F., S.F., M.C.M., F.O. e R.M.
Limiar.
O martes 27 de setembro de 2016 ás 9:15 h na sá X3.2 da ETSE reúnese a Comisión Académica do Master Oficial en Enxeñaría Ambiental cos asistentes e orde do día que se indican no encabezado.
1. Aprobación, se procede, da acta da reunión do 7 de Xullo de 2016
Apróbase a acta da Comisión Académica do día 7 de Xullo de 2016.
2. Informes
O Coordinador informa sobre os seguintes asuntos:
Matrícula curso 2016-17: 28 alumnos (houbo 2 baixas): 26 nacionais + 2 latinoamericanos. Máis 4 estudiantes Erasmus (2 de Portugal e 2 de Italia).
2
ALUMNOS MÁSTER OFICIAL EN ENXEÑARIA AMBIENTALCurso 2016-17
Nacionais
No. DNI Apelidos e Nome email teléfono Titulación anterior Univ. Procedencia Residencia
1 Álvarez Vila, Nerea [email protected] 626671376 Ing Energía (Gr) U Vigo 6,4 Oleiros (C)
2 Argiz Montes, Lucía [email protected] 667796232 IQ (Gr) USC 8,0 Chantada (LU)
3 Cancela Mata, Marta [email protected] 649361770 CC del Mar Uvigo 6,4 Santa Comba (C)
4 Cortés Montoya, Antonio J. [email protected] 696652828 CC Ambientales (Gr) U Almería 7,7 Almería
5 Domenech Beil, Patricia [email protected] 635271743 Biología (Gr) UB 7,1 Zaragoza
6 Fariña Mouzo, Juan juan_peril [email protected] 617591725 Biología (Gr) USC 7,5 Laxe (C)
7 Folgueiras Fernández, Alejandro [email protected] 648068151 Biología (Gr) USC 7,0 Baralla (LU)
8 Freijomil Ramil, Sergio [email protected] 674951138 Quimica (Gr) USC 6,0 Narón (C)
9 Freire Nivela, Carola [email protected] 992751472 Ing en Petróleo ESPL (Guayaquil) 8,0 Ecuador
10 Garcia Iglesias, Lidia l [email protected] 696004176 Biotecnología (Gr) UAB 7,8 Terrasa (B)
11 González Durán, Francisca [email protected] 686433101 CC Ambientales (Gr) U Girona 7,3 Palma Mallorca
12 González Sánchez, Daniel F. [email protected] 610097195 Ing. Ambiental y SanitariaU. La Salle (Bogo 5,5 Colombia
13 Guerra López, Aida [email protected] 722124117 Biología (Gr) UCM 7,5 Madrid
14 Lago Rodríguez, Telma [email protected] 638526835 Ing Energía (Gr) UPC 6,7 Santiago (C)
15 Lázaro Miranda, Carlos [email protected] 617143012 IQ (Gr) U Oviedo 6,3 Oviedo
16 Liñares Dominguez, Ismael ismael.l [email protected] 690757260 Química (Gr) USC 6,2 Ames (C)
17 López Fernández, Almudena [email protected] 625738843 CC Ambientales (Lic) URJC 6,7 Parla (Madrid)
18 López Fernández, Elena [email protected] 667025623 CC Ambientales Uvigo 7,6 Lalín (PO)
19 Oliveira Aboy, Diego A. [email protected] 699552294 Ing. Minas Uvigo 6,5 Moraña (PO)
20 Olveira Montes, Ismael [email protected] 676216563 Biología (Gr) USC 6,6 Ourense (OU)
21 Pascual Diez, Carlos [email protected] 618639629 Ing. Forestal y Medio NatU Valladolid 6,3 Palencia (CyL)
22 Pascual Fernández, Diego [email protected] 608238740 CC Ambientales (Gr) U Córdoba 7,4 La Rioja
23 Pérez Pérez, Ana [email protected] 610535968 CC Ambientales (Gr) U Almería 7,1 Granada
24 Prieto Redondo, Elena [email protected] 656568712 CC Ambientales (Gr) U León 6,6 León (CyL)
25 Ramos Barros, Miguel [email protected] 615165658 CC Ambientales (Gr) U León 7,7 León (CyL)
26 Rodriguez Zurdo, Alba [email protected] 600713957 CC Ambientales (Gr) U Salamanca 7,4 Zamora (CyL)
27 Sainz Rodriguez, Adrian [email protected] 645338999 Ing Civil (Gr) U Cantabria 6,0 Maliaño (Cantabria)
28 San Martino Gómez, Máximo [email protected] 669437324 CC Ambientales (Gr) U Salamanca 6,9 Verín (OU)
ERASMUS (solo MEnA)
29 Cerqueira Peixoto, Flávia Andreia [email protected] XXX Enx Ambiental (Lic) U. Aveiro (P) Erasmus (Port, U. Aveiro)
30 Da Silva Amorín, Daniela Josefa [email protected] XXX Enx Ambiental (Lic) U. Aveiro (P) Erasmus (Port, U. Aveiro)
ERASMUS (GrEQ y MEnA)
31 Colleta, Virginia Ing. Ambiental U. Sapienza (It) Erasmus (Italia, U. Sapienza)
32 Segnini, Camilla Ing. Ambiental U. Sapienza (It) Erasmus (Italia, U. Sapienza)
USC 21,4%
UVigo 14,3% 42,9%Titulaciones experimentales 19 59% Univ. resto España 57,1% de Galicia
CC Ambientales 10 31% U extranjero 7,1% 50,0%Bioloxía 5 16% USC 6 resto España
Quimica 2 6% UdC 0 7,1%CC Mar 1 3% Uvigo 4 10 Extranjeros
Biotecnología 1 3% U Salamanca 2 Coruña 6U León 2 Lugo 2
Ingenierías 10 31% U Valladolid 1 Ourense 2Ing Química 3 9% U Oviedo 1 Pontevedra 2
Ing Energía 2 6% U Cantabria 1 Castilla y León 4Ing Ambiental 1 3% UCM 1 Asturias 1
Ing Civil 1 3% URJC 1 Cantabria 1Ing Forestal y Medio Natural 1 3% UAB 1 La Rioja 1
Ing Petróleo 1 3% UB 1 Madrid 2
Ing. Minas 1 3% UPC 1 Cataluña 1U Girona 1 Islas Baleares 1U Córdoba 1 Andalucía 2U Almería 2 16 Aragón 1Colombia 1 Colombia 1Ecuador 1 2 Ecuador 1
28 28Portugal (U Aveiro) 2 Portugal (Erasmus) 2Italia (U Sapienza) 2 Italia (Erasmus) 2
Constatouse a vontade de máis de 8 alumnos de 1º de participar no grupo en inglés correspondente a materia IMA (3º módulo), polo que procedeuse a darlle finalmente viabilidade a este segundo grupo, que será impartido pola Profa. Elena Peña.
Altas/Baixas no profesorado:
o O Prof. RMP reincorporase á materia “Tecnoloxías Limpas”, que impartiu o ano pasado Profa. MMV a quen agradecemos a súa colaboración.
3
o Debido á concesión dun ano sabático ó Prof. FM, o Prof. EGRG incorporase a docencia da materia “Avaliación de Impacto Ambiental”, e a Profa. CM asume a docencia da materia “Edafoloxía Aplicada”.
o Debido a unha baixa por motivos de saúde, o Prof. XCC non puido incorporarse para impartir a materia “Planificación e Xestión de Espacios Naturais”, polo que foi finalmente asumida polos Profs. AR, JGA e IDM, todos eles do Depto. de Enxeñaría Agroforestal do Campus de Lugo.
o Na materia optativa “Modelización Ambiental” incorporase o Prof. JAS, unha vez solicitada a baixa nesa materia da Profa. PB, a quen se lle agradece dende a Comisión Académica o traballo realizado nesa materia.
3. Aprobación, se procede, da renovación da Comisión Académica
Como xa se indicou anteriormente, no curso que comenza temos unha baixa na Comisión Académica: a do prof. Felipe Macías por estar disfrutando dun ano sabático.
Para cubrir ese posto contactouse coa profesora BP, do Depto. de Edafoloxía e Química Agrícola, quen aceptou formar parte.
Os alumnos de 1º decidiron que AFF e AGL sexan os seus representantes, namentras que os de 2º nomearon a Xabier Diz e Manuel Rama.
Polo tanto, a Comisión Académica aproba por unanimidade o nomeamento das citadas persoas, polo que a relación global de membros da Comisión Académica quedaría coma sigue:
Coordinador do Máster: FO
Director da ETSE: AM
Xestora da ETSE: MCP
Profesores áreas mayoritarias: o GF, RM (Enxeñaría Química) o CM, BP (Edafoloxía e Química Agrícola)
Profesores doutras áreas: o SF, AC, MCB.
Estudantes: o AFF e AGL (1º ano) o XDG e MRC (2º ano)
A Comisión Académica agradece a colaboración do Prof. FM que agora nos deixa, polas súas aportacións e bo facer desexándolle que sexa proveitoso o seu ano sabático.
4. Aprobación, se procede, do Plano Executivo de Calidade da ETSE para o Máster.
Destacan os seguintes puntos relativos a diferentes tarefas a realizar dentro do proceso de calidade do Máster (os apartados seguintes correspondese coa da memoria do Plano Executivo):
4
► Enquisas a Grupos de interese:
EQ-ENV: Estudantes de nova incorporación Realización: Coordinador de calidade da ETSE Explotación: Coordinador do Máster Período temporal: Anual (Setembro) Modalidade: on-line
EQ-CGT: Carga de traballo Realización: Coordinador do Máster Explotación: Coordinador do Máster Período temporal: Ó final de cada módulo Modalidade: en papel (para reflexar as suxerencias)
EQ-CIL: Cuestionario de inserción laboral Realización: Coordinador de calidade da ETSE Explotación: Coordinador do Máster Período temporal: Bianual (Setembro) Modalidade: on-line
► Seguimento de títulos de Máster:
RM-ACO: Reunión anual de coordinación de profesores Realización: Coordinador do Máster Período temporal: Anual (Outubro) Modalidade: presencial no centro Control da participación: información anonimizada sobre a asistencia e listado voluntario de participantes cara a acreditación da participación en programas de calidade. Documentación producida: informe resume.
RM-CMO: Coordinación de Módulos Realización: Coordinadores de Módulo Período temporal: Ó principio de cada módulo Modalidade: virtual Resultado: informe resume da organización das actividades.
RM-AAE: Anual de avaliación de estudantes Realización: Coordinador do Máster Período temporal: Anual (Setembro) Modalidade: Presencial Control da participación: información anonimizada sobre a asistencia. Documentación producida: informe resume.
RM-ISE: Presentación do informe de seguimento Realización: Coordinador do Máster Período temporal: Anual (Outubro) Modalidade: Presencial Control da participación: información anonimizada sobre a asistencia. Documentación producida: non hai.
5
► Seguimento de títulos de Máster:
REX-PRE: Presentación de prácticas en empresa Realización: Coordinador xeral de prácticas en empresa e Coord. do Máster Período temporal: Anual (Febreiro) Modalidade: Presencial Control da participación: non se rexistra. Documentación producida: non hai.
REX-TFE: Presentación de TFM Realización: Coordinador de módulo TFM e Coord. do Máster Período temporal: Anual (Setembro) Modalidade: Presencial Control da participación: non se rexistra. Documentación producida: non hai.
► Reunións
REG-BEN: Benvida a estudantes de nova incorporación Realización: Coordinador do Máster Período temporal: Anual (Setembro) Modalidade: Presencial Control da participación: non se rexistra. Documentación producida: non hai.
A Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Ambiental aprobou por unanimidade incluir estes puntos no Plano Executivo de Calidade da ETSE.
6
5. Aprobación, se procede, das actas consolidadas de Prácticas Externas e Traballos Fin de Máster do curso 2015-16
A táboa que se mostra a continuación mostra as calificacións recibidas durante este ano na materia de Prácticas Externas. Destacar o elevado nivel de satisfacción tanto por parte das empresas participantes como por parte dos alumnos. Estas calificacións, que xa foron, incluidas nas actas individuais pertinentes, confirmaránse de novo na Acta Consolidada.
PRACTICAS EXTERNAS Master Enxeñaría Ambiental USC 2015‐1620‐sep‐16
Alumno Empresa / Organismo Titor USC Titor empresa Comienzo Fin CALIFICACIÓN
Alonso Blanco, Óscar METEOGALICIA ‐ XUNTA DE GALICIA J.A. Souto Pedro D. Melo Costa 01/07/2016 04/08/2016 Not
Andrade Carpente, Eva APPLUS Elena Peña Alexis Pedreira Ramos 01/07/2016 03/08/2016 Sob
Andrés Santiago, Sara BIOGRUPO USC Gumers indo Fei joo M. Teresa Moreira 04/07/2016 29/07/2016 Sob
Arias Cisterna, Andrea VIAQUA (Feans) F. Omi l Jesús M. Vázquez Arias 28/06/2016 09/09/2016 Not
Barja Alonso, Zinaida CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑSarah Fiol Diego Fonpedriña Roca 01/07/2016 03/08/2016 Sob
Calviño Vázquez, Beatriz VIAQUA (Silvouta) Juan M. Garrido Marta Clemente Marginet 23/06/2016 29/07/2016 Sob
Castro Quintáns, Verónica ESPINA Y DELFIN Juan M. Garrido Gaspar García ‐Toriel lo 01/07/2016 28/07/2016 Sob
Cortegoso Galmán, Andrea CSIC MISION BIOLÓGICA DE GALICIA Fel ipe Macías Luis Sampedro 01/07/2016 31/07/2016 Sob
Costa Tomé, Paula CALIDAD DEL AIRE ‐ XUNTA DE GALICIAElena Peña Nuria Gal lego Fernández 22/06/2016 27/07/2016 Sob
Darriba Ferradás, Laura Carmela CSIC INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MSarah Fiol Antonio Cobelo García 01/07/2016 31/07/2016 Sob
Del Castillo Llamosas, Alexandra ALVTEK Pastora Bel lo José Carlos Álvarez 02/07/2016 02/08/2016 Sob
Diz Gerpe, Xabier CALIDAD DEL AIRE ‐ XUNTA DE GALICIAJ.A. Souto Nuria Gal lego Fernández 17/08/2016 15/09/2016 Sob
Esteve Llorens, xavier SERVIGUIDE Gumers indo Fei joo Nata l ia Nogueira López 04/07/2016 03/08/2016 Sob
Fernández González, Isabel INTERLAB Mª Carmen Barciela María Teresa Díaz Díaz 22/06/2016 26/07/2016 Sob
Fernández Martínez, Lucas GESTAGUA F. Omi l Aracel i Igles ia 04/07/2016 29/07/2016 Sob
García Muñoz, Aida Isabel VIAQUA (Silvouta) F. Omi l Marta Clemente Marginet 04/07/2016 08/08/2016 Not
Igrexas Soto, Alba FCC AQUALIA F. Omi l José R. Vázquez Padín 04/07/2016 05/08/2016 Sob
Lago Olveira, Sara ESTACION FITOPATOLÓXICA AREEIRO Carmela Monterroso Pedro Mansi l la Vázquez 06/06/2016 11/07/2016 Sob
López Muñoz, Pedro ENDESA Generacion, Madrid J.A. Souto Jan Arroyo Hai luoto 01/07/2016 04/08/2016 Sob
Mata Rivas, Breixo INTERLAB Sarah Fiol María Teresa Díaz Díaz 27/07/2016 30/08/2016 Sob
Muiño Parente, Paula EDAR BENS Gumers indo Fei joo Carlos Lamora Suárez 18/07/2016 19/08/2016 Sob
Rama Caamaño, Manuel INDROPS Elena Peña Miguel González Castromi l 27/07/2016 01/09/2016 Sob
Raposo Díaz, Xiana CSIC IIAG ‐ Santiago Carmela Monterroso Ángeles Prieto Fernández 13/06/2016 29/07/2016 Not
Ríos León, Carmen Aída EPTISA Gumers indo Fei joo Cal ixto Varela Castejón 28/06/2016 26/07/2016 Sob
Sanmartín Sangiao, Sergio TROPOSFERA José Antonio Souto David Cartel le Fernández 04/07/2016 04/08/2016 Sob
Serrano Recio, Diego ADANTIA Mercedes Para jó Roberto Verde Lareu 04/06/2016 03/08/2016 Sob
Varela Landeira, Victoria SOGAMA Gumers indo Fei joo Pedro Alcázar Arévalo 27/06/2016 01/08/2016 Not
Zapelloni , Gabriele SERTEGO Pastora Bel lo Alejandro Rodríguez 01/07/2016 01/08/2016 Sob
Convenio nuevo
Fechas prácticas
En canto as cualificacións resultantes da defensa dos TFMs durante o pasado curso académico, a Táboa seguinte recolle os estudantes que acadaron a máxima cualificación. Agora, na Acta Consolidada incorporarase 1 Matrícula de Honra que, como indica a nosa regulamentación, outorgarase á persoa que teña o mellor expediente académico de entre aqueles que acadasen a máxima nota nos TFM. Neste caso esa persoa foi MNCC.
7
6. Aprobación, se procede, do novo regulamento TFM
Dacordo co novo regulamento dos TFG e TFM aprobado polo Consello de Goberno da USC o pasado 10 de marzo de 2016, actualizouse o regulamento propio de TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental, desenrrolando e concretando algúns aspectos específicos coma, por exemplo, a participación dos titores nas comisións de avaliación dos TFM.
O Apéndice I recolle esta nova regulamentación, na que está tamén incluida a totalidade do novo regulamento aprobado pola USC.
A Comisión Académica aprobou por unanimidade esta nova regulamentación específica dos TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental.
7. Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2016-17
A Táboa anexa recolle as novas solicitudes de TFM que se fixeron por acordo entre alumos e profesores:
8
Alumno Título TFM Titor
Alén López, Carlos Control de calidad de aguas y sedimentos enmarcado en el programa Margal‐Ulla de la UU
Sarah Fiol López, Juan Antelo Martínez
Á vista da documentación aportada, a Comisión Académica aproba por unanimidade ambas cuestións.
8. Turno aberto
Non hai intervencións.
Sen máis asuntos que tratar, dase por rematada a reunión ás 10:10 h.
En Santiago de Compostela, a 27 de Setembro de 2016
Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental
9
Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818.16805
Apéndice I
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (90 ECTS)
Normativa Traballo Fin de Máster (18 ECTS)
(Aprobada pola Comisión do Máster na reunión do 27 de Setembro de 2016)
1.‐ Obxectivos
O principal obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización por parte do estudante, de forma individual ou en grupo, dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo.
A materia de Traballo Fin de Máster ten unha vinculación directa con todas as que compoñen a Titulación, buscando a integración e aplicación profesional da formación do alumno.
Esta normativa está baseada na Nova Normativa sobre TFG e TFM aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016 (Anexo I), que marca a regulación xeral destes traballos no marco da USC e actualiza á aprobada previamente pola Comisión Académica o 5 de xuño de 2013.
2.‐ Tipoloxía dos Traballos Fin de Máster (TFM)
O TFM poderá consistir na conceptualización, definición, deseño e avaliación de elementos correspondente a un problema medioambiental, incluíndo o deseño e cálculo da estratexia de solución axeitada. Tamén poderá contemplarse a realización dun traballo de deseño ou de resolución dun problema de organización, investigación ou avaliación, de suficiente entidade.
Dado que a tipoloxía dos traballos pode ser variada, a Comisión Académica velará polo establecemento dunha relación directa co alumno a través dunha titoría/dirección por parte de profesor/es e, por outra banda, definirá os termos de referencia que permitan establecer unha definición, desenrolo e avaliación do traballo persoal realizado polo alumno. Asemade, se definirá un nivel de traballo similar para todos os alumnos da titulación, acorde coa carga de traballo reflectida no Plan de Estudos (18 ECTS).
10
En función do anterior podemos definir as seguintes tipoloxías:
2.1. Proxecto ou Anteproxecto de Enxeñaría, os cales se axustan formalmente ás características dun proxecto técnico con seus correspondentes documentos.
2.2. Estudo técnico sobre un tema específico que se desenrolará de acordo coa proposta.
2.3. Traballo de investigación aplicado.
2.4. Proxecto desenrolado durante a estadía en empresas e/ou organismos públicos ou privados.
Independentemente da tipoloxía do traballo, a Comisión Académica velará para que o TFM se axuste a carga asignada e ó cumprimento dos prazos formulados na programación do Máster.
3.‐ Asignación dos TFM e titorización
O alumno poderá elixir e propor a temática e a tipoloxía do TFM que considere máis axeitada aos seus intereses, de forma independente ou dacordo con algún profesor do Máster.
A principios do curso, o Coordinador do Máster e o Coordinador do Módulo 7 (TFM) explicarán ós alumnos as particularidades referentes a elección, realización e presentación dos TFM. Fárase fincapé en que os alumnos establezan unha rolda de contactos cos profesores da titulación para poder chegar a puntos de encontro entre os seus intereses e as actividades investigadoras do profesorado.
3.1. A partires de esa charla de presentación dos TFM, así coma en calquera momento do curso, os alumnos do Máster que acaden un acordo con un profesor, poden propoñer un proxecto concreto segundo o modelo que se expón na páxina web onde se indicará o traballo proposto e titores implicados (Anexo II). Esta solicitude presentarase na secretaría da ETSE. O proxecto será analizado, e aprobado se procede, pola Comisión Académica.
3.2. Se a finais de outubro hai alumnos pendentes de asignación de TFM, realizarase unha convocatoria única a finais do módulo 6 onde o Coordinador do Máster fará pública a relación de proxectos ofertados polos profesores. Fixarase un tempo de consultas tralo cal os alumnos entregarán unha instancia indicando de forma priorizada os temas elixidos (Anexo III). Finalmente a Comisión Académica resolverá as asignacións. En caso de conflito entre varias solicitudes usarase como criterio de selección o expediente académico do alumno correspondente ao primeiro curso do Máster. Si aínda así non quedase claro, o titor do proxecto elixiría a un dos alumnos solicitantes. En caso de que algún alumno nesta quenda quedase sen asignación, recorreríase a o procedemento sinalado no punto 3.1.
3.3. Con respecto ós titores dos TFM:
3.3.1. O/a titor/a será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación.
3.3.2. Asemade, poderán ser cotitores persoal contratado con cargo ó capítulo VI que posúa titulación de Máster ou outra que se corresponda co nivel 3 (Máster) do MECES.
11
3.3.3. Tamén poderán ser cotitores persoal alleo a USC, especialmente de empresa, naqueles casos en que a temática do TFM o considere, ainda que con carácter previo a realizar a cotitoría, deberá comunicarse a dita circunstancia á vicerreitoría con competencias na materia a través do servizo correspondente indicando a súa dedicación.
3.4. A instancias dun alumno ou profesor, a Comisión poderá aceptar a realización de proxectos externos á USC, sempre asegurando que a proposta do proxecto sexa compatible cos obxectivos e competencias do TFM e que se efectuará un seguimento por parte dun profesor do Máster (que actuará como cotitor) do citado traballo.
3.5. O compromiso de titoría abrangue soamente o período definido para a realización do TFM no Plan de Estudos (12 semáns). Isto non impide que o profesor e o alumno poidan prolongar estar titorías si están de común acordo.
3.6. O Coordinador do Módulo fixará tanto as datas límite de entrega da memoria final así como ás de exposición dos TFM perante as Comisións de Avaliación.
4.‐ Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais
Tanto si é a USC como unha empresa, administración ou centro de investigación onde o alumno realice o TFM, o alumno debe recibir a oportuna información no concernente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que vaian ser relevantes para o seu traballo do alumno. No caso concreto dos centros de investigación, por exemplo os laboratorios da USC, o estudante debe cumprir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar.
5.‐ Matrícula, depósito de memorias e presentación de proxectos.
5.1.‐ Os períodos de matriculación axustaranse ó calendario definido en cada curso pola USC. A matrícula realizarase nos prazos establecidos para a matrícula ordinaria, conxuntamente coas materias que teña pendente de superar para completar os estudos do Máster, de ser o caso (Anexo I).
5.2.‐ O depósito das memorias axustarase ó disposto na normativa de convocatoria efectuada pola Secretaria da ETSE.
5.3.‐ Namentras a USC non defina un sistema xeral de depósito, entregaranse tres copias e un arquivo en formato pdf da memoria do TFM, unha delas quedará depositada na Biblioteca da ETSE.
5.4.‐ Os titores deben entregar un informe previo de titorización.
5.5.‐ Defínense tres períodos anuais para a avaliación do TFM que serán feitas públicas na páxina web da titulación a comezo do curso.
No marco do actual Plano de Estudios, de 1,5 anos de duración, e á luz da experiencia dos pasados anos, a Comisión Académica do Máster (20 outubro 2011) decidiu distribuír as convocatorias de defensa dos TFM do xeito seguinte:
• Febreiro: momento no cal remata o período docente asignado ao Máster.
• Xuño/Xullo: momento apropiado para aqueles que non tivesen tempo dabondo para rematar o seu TFM en Febreiro.
12
• Setembro: O obxectivo desta convocatoria é que concorran todos aqueles que tiñan materias pendentes nos exames extraordinarios de Xullo (cuxas actas xa estarían finalizadas en setembro).
6.‐ Avaliación do Traballo Fin de Máster.
6.1.‐ O TFM defenderase en sesión pública diante dunha Comisión Avaliadora designada ó efecto.
6.2.‐ As Comisións Avaliadoras estarán formadas por tres profesores da USC que impartan docencia na titulación, dos que poderá formar parte o titor ou titora do traballo.
As Comisións Avaliadoras configuraranse atendendo ao número de alumnos matriculados, á temática e ás modalidades dos TFMs. En todo caso procurarase que cada Comisión non xulgue máis de 4 TFMs.
O nomeamento dos membros das Comisións será proposto pola Comisión Académica a instancia do Coordinador do Máster.
6.3.‐ Cada alumno será avaliado individualmente para o cal teranse en conta os seguintes aspectos:
Traballo realizado polo alumno, incluíndo a calidade da memoria presentada
Informe do titor.
Presentación e defensa do TFM ante a Comisión Avaliadora
6.4.‐ O TFM exporase nunha sesión pública, diante da Comisión Avaliadora designada. Nesta sesión o alumno defenderá fronte á comisión o TFM e respostará a aquelas cuestións que lle foran formuladas.
6.5.‐ Ós efectos do premio ós mellores TFM do Máster, que convoca anualmente a ETSE, as Comisión Avaliadoras deberán facer unha valoración/priorización de cada proxecto presentado para que sexa a Comisión Académica a que decida e outorgue estas mencións.
6.6.‐ A mención “Matrícula de Honra”, e tal e como indica a nova normativa sobre TFG e TFM (Anexo I), será outorgada pola Comisión Académica segundo o seguinte criterio: i) estudantes que obteñan unha cualificación no TFM igual ou superior a 9,0; ii) TFM con maior cualificación; iii) en caso de empate, se lle outorgará ó estudante que teña maior cualificación no expediente académico.
13
ANEXO I Novo Regulamento de TFG/TFM da USC
Aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016
(ver pdf adjunto insertado en este documento)
1
REGULAMENTO DE MATRÍCULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO E FIN DE MÁSTER NA UNIVERSIDADE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016
O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro e posteriores modificacións, establece a regulación dos traballos de fin de grao e fin de máster.
Respecto do Traballo de Fin de Grao (en diante TFG), establece no art. 12 que:
"3. Estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de Grao.
(...)
7. O traballo de fin de Grao terá un mínimo de 6 créditos e un máximo do 12,5 % do total dos créditos do título. Deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación de competencias asociadas ao título.”
O citado Real Decreto non recolle disposición ningunha sobre o proceso de elaboración e avaliación que, en consecuencia e no exercicio da súa autonomía universitaria, deberá ser regulado por cada universidade.
En relación ao Traballo de Fin de Máster (en diante TFM), sinala no art. 15 que:
“2. Os plans de estudos conducentes á obtención dos títulos de Máster Universitario terán entre 60 e 120 créditos, que conterán toda a formación teórica e práctica que o estudante deba adquirir: materias obrigatorias, materias optativas, seminarios, prácticas externas, traballos dirixidos, traballo de fin de Máster, actividades de avaliación, e outras que resulten necesarias segundo as características propias de cada título. (…..)
3.Estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa pública dun traballo de fin de Máster, que terá entre 6 e 30 créditos.”
Os estatutos da USC, aprobados mediante Decreto 14/2014 do 30 de xaneiro, residencia nas facultades e escolas o deseño, planificación da docencia, organización, xestión, etc. dos estudos de grao e de máster. Sen embargo o Acordo do Consello de Goberno do 2 de maio de 2013 que aprobou a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster foi aprobado cando o título de máster non dependía unicamente das facultades e escolas. A disposición transitoria 7.2 dos Estatutos establece o prazo de dous anos dende a súa entrada en vigor, para que o Claustro e o Consello de Goberno, no ámbito das súas respectivas competencias, procedan a adaptar as diferentes normas aos novos Estatutos. En consecuencia, e co obxecto de adecuar a Normativa citada sobre Traballos fin de Grao e Fin de Máster ao novo marco normativo, é necesaria a súa revisión e modificación para incorporar todas as melloras recomendadas nos informes de seguimento e renovación da acreditación dos títulos e aquilo ao que obrigan os Estatutos.
Por todo o anterior, o Consello de Goberno aproba este Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster na USC.
2
Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.
1.1. Este acordo ten por obxecto a regulación dos TFG e TFM en titulacións adaptadas ao EEES e que outorguen títulos ao abeiro do Real Decreto 1393/2007 no que respecta ás directrices relativas á definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa dos TFG e TFM que se establezan nos diferentes plans de estudo de grao e máster impartidos pola USC. Nos títulos que habiliten para o exercicio de actividades profesionais reguladas, rexerase tamén polo disposto na Orde que estableza os requisitos para a verificación do correspondente título.
En todo caso, todas as titulacións deberán adaptarse ao presente regulamento e de ser o caso adaptar a memoria do título verificado a esta normativa.
1.2. Os centros, a través dos órganos correspondentes (en xeral, as comisións que teñan delegados os aspectos da titulación referidos a TFG ou TFM: comisión de docencia, comisións de titulación, comisións académicas, comisión de calidade, etc.), elaborarán as normativas propias de TFG e TFM das titulacións das que son responsables, axustándoos ás características propias de cada un dos títulos. Estas normativas deberán ser aprobadas pola Xunta de Centro e polo Consello de Goberno da Universidade, previo informe da Asesoría Xurídica. No caso de titulacións interuniversitarias, esta normativa axustarase aos acordos que estableza o convenio ou a normativa do título para os ditos traballos, debendo ser ratificado pola Xunta de Centro.
Artigo 2.- Natureza do traballo fin de grao e fin de máster.
2.1. Os TFG e TFM consistirán na elaboración por parte do estudante, de forma individual ou en grupo, dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao ou máster. Incluirán, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estarán orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
2.2. Para o desenvolvemento en grupo do TFG ou TFM será preciso que o centro teña prevista esta modalidade na súa normativa propia, fundamentalmente como proxecto coordinado, e que exista unha clara delimitación de tarefas entre os membros do grupo, de xeito que sexa perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado global. A cualificación e o título do traballo serán sempre individuais.
2.3. Os TFG e TFM desenvolveranse baixo a supervisión dun ou máis titores académicos. O persoal docente da Universidade de Santiago de Compostela que sexa nomeado titor de TFG ou TFM ten a obriga de asumir esta actividade de titoría conforme ao que se estableza na normativa propia dos centros ao respecto, e na xeral da USC.
3
2.4 Na elaboración da normativa propia, teranse en conta as peculiaridades que correspondan ás titulacións de grao con nivel 3 (máster) do MECES.
Artigo 3.- Órganos dos centros encargados da xestión dos traballos.
3.1. Cada centro deberá designar un/ha coordinador/a de TFG e TFM único ou por titulación, e unha comisión encargada de atender ás cuestións propias do desenvolvemento das materias “Traballo de Fin de Grao” e "Traballo de Fin de Máster" única ou por titulación, segundo determine o centro.
3.2. A Comisión poderá ser nomeada de xeito específico (Comisión de TFG ou Comisión de TFM do centro ou por titulación) ou ben poderase asignar este cometido a algunha das xa existentes no centro, debendo en todo caso formar parte da mesma o/a coordinador/a de TFG ou TFM. No caso dos TFG, se as funcións non están delegadas na comisión de titulación, recoméndase unha por centro, agás que as titulacións do centro teñan características moi diferentes no que se refire ao TFG. No caso dos TFM, recoméndase que a comisión de TFM sexa a propia comisión académica do máster.
3.3. As competencias da dita comisión serán, entre outras que lle asigne o centro na normativa propia, as seguintes:
Propoñer anualmente a guía docente na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento, exposición e criterios de avaliación establecendo, se non está recollido na normativa propia, a porcentaxe da cualificación asignada ao desenvolvemento da memoria, exposición do traballo, resposta a preguntas e outras características de avaliación fundamentais da titulación.
Establecer o sistema de avaliación das actividades formativas dos TFG ou TFM, no caso de que estas figuren na memoria verificada do título.
En función da modalidade de presentación, establecer o tempo máximo do que o estudante disporá para a súa defensa, se non está fixado na normativa propia.
Establecer a convocatoria anual de traballos nas 3 oportunidades. Determinar os sistemas de titoría. Aprobar a proposta das liñas temáticas e temas, previa consulta aos departamentos con
docencia no título. Establecer e publicar un procedemento para a asignación dos titores/as e os temas que
poderán desenvolverse na elaboración dos traballos. Decidir sobre a modificación de temas e/ou titor/a asignado derivada de situacións
excepcionais, previa consulta ao/s departamento/s afectado/s. Fixar as características dos traballos (extensión, formato, contido mínimo,…) sempre que
non estean fixadas polas normativas de TFG e TFM de cada centro para a dita titulación. Aprobar os tribunais de avaliación e fixar o sistema de rotación, de ser o caso, de acordo
coa normativa propia de TFG ou TFM desa titulación. Autorizar a presentación dos traballos en casos excepcionais. Propor os prazos de entrega dos traballos e informes de seguimento e as datas de defensa
dos traballos de acordo co calendario académico. Solucionar as incidencias graves relativas a esta materia.
4
Calquera outra que a Xunta de Centro lle encomende.
3.4. A Xunta de Centro aprobará a guía docente e os períodos de entrega e defensa dos TFG e TFM, que se publicarán xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico.
3.5. No caso de títulos interuniversitarios, a guía docente e os períodos de entrega e defensa dos TFG e TFM axustaranse aos acordos e normativas que estableza o convenio ou a normativa do título para os ditos traballos, que deberán ser ratificados pola Xunta de Centro.
Artigo 4.- Matrícula e convocatorias.
4.1. A matrícula dos traballos realizarase dentro do prazo xeral de matrícula ordinaria que estableza a Universidade, mediante o aboamento dos prezos públicos que correspondan conforme aos créditos que teña asignados e conxuntamente coas materias que o alumnado teña pendente de superar para completar os estudos de grao ou máster, se é o caso.
Para poder formalizar a matrícula do TFG o alumnado poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao TFG.
4.2. Os/as alumnos/as de intercambio poderán matricularse desta materia. O seu réxime será o establecido no Regulamento de Intercambios da USC.
4.3. A matrícula dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado e reportará os prezos públicos establecidos, sempre que cumpra os requisitos para a súa avaliación.
4.4. Os TFG e TFM e n t r e g a d o s só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de grao ou máster, salvo os correspondentes aos propios traballos.
O centro, ou o órgano que corresponda, deberá verificar que se cumpren estes requisitos para autorizar a súa defensa. Para estes efectos, no caso de que na data de defensa aínda non se recepcionaran todas as actas de avaliación das materias, o/a secretario/a do centro responsable da titulación solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia defender os traballos na mesma convocatoria.
4.5. Os centros, a través dos órganos que correspondan, atendendo a criterios organizativos e de programación docente, concretarán as datas para a celebración das defensas dos traballos nos intervalos temporais que determine o calendario académico. Tamén deberán definir as modalidades de defensa admitidas en cada caso, os instrumentos de seguimento e criterios xerais de avaliación.
Os traballos deberán entregarse nos períodos fixados polo calendario académico anual. No caso de graos ou másteres interuniversitarios, a Secretaría Xeral poderá autorizar outros períodos de entrega e defensa.
4.6. O número máximo de convocatorias que poderá consumir o alumnado será de catro para os TFG e dúas para o TFM (agás no caso de títulos de máster conducentes ao exercicio
5
de profesións reguladas, no que o número de convocatorias será de catro), e poderá contar con dúas oportunidades por curso académico. A obtención de non presentado nalgunha das oportunidades ou en todas computarase para os efectos de consumir a convocatoria.
Para poder presentarse a unha nova convocatoria será necesaria a formalización de nova matrícula.
4.7. Unha vez formalizada a matrícula, non procederá a devolución dos prezos aboados no caso de non presentarse. No suposto de que o/a alumno/a non reúna os requisitos para presentar o traballo por ter materias pendentes, considerarase unha renuncia automática polo que non se computará para os efectos de consumir convocatoria.
Artigo 5.- Do/a titor/a docente, da súa asignación e da elección do tema do traballo.
5.1. Os TFG e TFM deberán ter un/ha titor/a que asista aos estudantes na realización do traballo. Por razóns xustificadas e se o órgano competente o estima oportuno, poderá designarse outro/a titor/a, un/ha cotitor/a, ou excepcionalmente dous cotitores.
5.2. Os departamentos con docencia na titulación comunicarán cada curso académico ao centro o listado de titores e t e m a s dos traballos. No caso de títulos interuniversitarios, a súa normativa propia establecerá o sistema de comunicación de titores e temas ao órgano competente en xestión de TFG ou TFM.
5.3. O/a titor/a será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación. Non obstante, a normativa propia do centro poderá establecer outros requisitos para ser titor, ampliando a outro PDI da USC ou esixindo requisitos académicos adicionais ao sinalado anteriormente. No caso dos títulos interuniversitarios, poderá ser titor/a calquera profesor/a do título, cos criterios que estableza o convenio ou normativa propia.
Excepcionalmente tamén poderán ser cotitores profesores da USC que se atopen na situación de servizos especiais, comisión de servizos, eméritos ou ad honorem e profesores doutras universidades ou persoal con vinculación permanente a Organismos Públicos de Investigación (OPI) e profesionais especializados. Non poderán ser cotitores persoal de administración e servizos, agás nos supostos de consideración como profesionais, nin o persoal contratado con cargo ao capítulo VI, agás os que posúan titulación de máster ou teñan unha titulación que se corresponda co nivel 3 (máster) do MECES. No caso de cotitorías de persoal alleo á USC (área externa), con carácter previo a realizar a cotitoría, deberá comunicarse a dita circunstancia á vicerreitoría con competencias na materia a través do servizo correspondente indicando a súa dedicación.
5.4. Os traballos poderán desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións. Nestes casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un cotitor que poderá ser persoal do centro ou institución no que se desenvolva o traballo. En todo caso, a defensa e avaliación dos traballos deberá realizarse na USC. No caso de títulos interuniversitarios a defensa pode realizarse nas sedes que se faciliten por parte do responsable do título.
6
5.5. A asignación dos titores aos estudantes farase en tempo e forma segundo determine a comisión con competencias en TFG ou TFM da dita titulación, dependendo do período en que se matricule o estudante e a convocatoria á que se vaia presentar.
5.6. O/a titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza o centro antes da defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta para a avaliación establecida na normativa propia.
5.7. O recoñecemento dos labores de titoría e avaliación de TFG e TFM farase nos termos previstos anualmente na Normativa de Programación Académica Anual.
Artigo 6.- Avaliación.
6.1. A avaliación dos traballos farase no centro responsable da titulación, a través da súa exposición e defensa pública diante dun tribunal.
6.2. A normativa propia do centro deberá determinar a composición do tribunal tendo en conta o establecido nos seguintes apartados deste artigo.
6.3. Os membros dos tribunais serán PDI da titulación. Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que estableza o órgano competente na xestión dos TFG ou TFM, atendendo ao número de alumnos/as matriculados, á temática e ás modalidades dos diferentes traballos.
6.4. Os tribunais estarán formados por tres membros e, polo menos, un suplente que substituirá, de ser o caso, ao membro ausente. A normativa propia do centro para a dita titulación establecerá se un dos titores do traballo forma ou non parte do tribunal avaliador. En todo caso, polo menos un dos membros do tribunal pertencerá a unha área de coñecemento afín ás liñas temáticas xerais dos traballos. A participación nos tribunais é obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada. Poderá constituírse un tribunal único para a avaliación dos traballos da mesma convocatoria.
6.5. O tribunal estará formado por un/ha presidente/a, un/ha secretario/a e un/ha vogal. Utilizarase o criterio de categoría docente e antigüidade para nomear o/a presidente/a, que será o de maior categoría e o máis antigo, e o/a secretario/a, que será o de menor categoría e máis novo, de non existir outra previsión na normativa propia do centro. O/a presidente/a e o/a secretario/a exercerán como tales en todas as actuacións. Procurarase que a participación do PDI nos tribunais sexa rotatoria, establecendo a comisión encargada da xestión dos TFG e TFM o sistema de rotación.
6.6. No caso de que un dos titores do traballo forme parte do tribunal, a normativa propia establecerá cómo se terá en conta o informe de seguimento establecido no apartado 5.6.
7
No caso de que ningún do/s titor/es do traballo formen parte do tribunal, este poderá invitalo/s ás deliberacións. Neste caso, ademais, a normativa propia establecerá o modo no que o tribunal terá en conta o informe de seguimento do/a titor/a establecido no apartado 5.6.
O tribunal tamén poderá invitar a profesores/as especializados/as na temática do traballo que se estea a avaliar, en calidade de asesores, con voz pero sen voto.
6.7. Na normativa de TFG dos centros con unha elevada ratio de alumnos por profesor poderá recollerse outro tipo de avaliación alternativa ou complementaria á do tribunal. Para a aprobación de esta excepcionalidade na normativa do TFG dun centro deberá contar co informe favorable da vicerreitoría con competencias en titulacións logo de que lle sexa solicitado polo centro en cuestión, xustificando e motivando o procedemento de avaliación alternativo. Esta proposta e a aprobación da normativa de TFG que a inclúa terá que ser anterior á inclusión na guía docente do centro como sistema de avaliación para o curso académico no que se implemente.
6.8. A cualificación farase pública nos taboleiros de cualificacións do centro, nun prazo non superior a sete días dende a súa defensa.
6.9. No caso de títulos interuniversitarios, a composición do tribunal axustarase aos acordos e normativas que estableza o convenio ou á normativa das universidades participantes para os ditos traballos. Ademais, a defensa poderá realizarse nas sedes que se faciliten por parte do responsable do título.
Artigo 7.- Modalidades de defensa do Traballo de Fin de Grao e Fin de Máster.
7.1. Nas normativas propias que desenvolverán os centros estableceranse as modalidades de defensa pública dos traballos, entre as que poden figurar a de exposición individual, formato congreso, exposición de pósteres, comunicacións, formato grupo, etc. Tamén deberá establecer a modalidade de defensa para os traballos protexidos por cláusulas de confidencialidade segundo se indica no artigo 11.
Artigo 8.- Entrega e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster.
8.1. O alumnado deberá entregar o TFG ou TFM seguindo o procedemento establecido na normativa propia do centro no que se atope matriculado. Os requisitos formais determinaranse na normativa propia que ao respecto desenvolvan os centros e na guía docente da materia.
8.2. A defensa do traballo requirirá o informe previo e preceptivo do/a titor/a ao que se fai referencia no apartado 5.6.
8.3. A defensa do traballo será realizada polo/a estudante de xeito presencial. Non obstante o anterior, para casos excepcionais debidamente autorizados polas respectivas comisións con
8
competencias na xestión dos TFG e TFM, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
8.4. O alumnado que, unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para a súa defensa, non se presente á defensa do TFG ou TFM na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.
8.5. A elaboración e defensa do traballo poderanse efectuar en calquera das linguas que se utilizaron na impartición do grao ou máster conforme ao disposto na memoria de verificación do título, sempre que se poidan establecer tribunais competentes nas devanditas linguas. En todo caso, garantirase o dereito a elaborar e defender os traballos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma, salvo que a natureza da titulación esixa a súa defensa noutra lingua.
Artigo 9.- Avaliación, cualificación e revisión.
9.1. A cualificación dos traballos realizarase conforme ós criterios establecidos na guía d o c e n t e da materia, que estarán vinculados á consecución das competencias da titulación e das competencias transversais.
9.2. Os tribunais deliberarán sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios de avaliación publicados na guía docente e ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
Non Presentado (NP) 0 - 4,9: Suspenso (SS) 5,0 - 6,9: Aprobado (AP) 7,0 - 8,9: Notable (NT) 9,0 - 10: Sobresaliente (SB)
A mención de “Matrícula de Honra” poderá ser outorgada a estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado matriculado nesa materia no correspondente curso académico. Se o número de alumnos é inferior a 20, poderase outorgar unha matrícula de honra. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Naquelas titulacións nas que se constituíse un tribunal único para todas as convocatorias, será este o que outorgue as matrículas de honra que correspondan. Noutro caso, a atribución desta cualificación corresponderalle á comisión con competencias nos TFG ou TFM, oídas as propostas dos diferentes tribunais.
9.3. O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais. Para estes efectos o mes de agosto será inhábil e non computará neste prazo.
9
A revisión será persoal e poderá realizala un ou varios membros do tribunal. En todo caso deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización.
O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Artigo 10.- Xestión das actas.
10.1. Elaborarase unha acta individual por cada alumno/a e traballo e para cada oportunidade na que constarán o/s titor/es académicos, o tribunal e o título do traballo defendido, así como a súa cualificación e data de defensa. As actas estarán asinadas polos membros do tribunal. En caso de imposibilidade de asinar a acta por algún dos membros avaliadores, esta circunstancia porase en coñecemento da Secretaría Xeral, que procederá a autorizar a sinatura da acta polo/a coordinador/a dos TFG ou TFM. No caso de imposibilidade destes, substituiranse polo/a profesor/a que designe a Secretaría Xeral. En todos os casos farase constar a dita incidencia. No caso de que algún dos avaliadores sexa persoal alleo á USC, as actas deberán ser asinadas polo/a coordinador/a do TFG ou TFM.
10.2 Nos títulos interuniversitarios a normativa de xestión de actas realizarase consonte ao que se estableza no convenio ou na normativa propia do título, e será de aplicación subsidiaria o establecido neste regulamento. A este respecto corresponderá ao coordinador do título asinar as actas cando non poidan facelo os membros do tribunal.
10.3. Os períodos de cobertura de actas serán os que se fixen no calendario académico oficial. Só nas titulacións interuniversitarias ou conxuntas e no caso dos Programas Erasmus Mundus, poderán establecerse períodos diferentes de avaliación, en función dos acordos entre universidades ou do establecido nos correspondentes plans de estudos. Nestes casos deberase solicitar anualmente a correspondente autorización para a apertura das actas á Secretaría Xeral.
10.4. Finalizado o período de defensa de TFG e TFM en cada curso académico xerarase de xeito automático unha acta consolidada (acta final) para as materias Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Máster en cada unha das titulacións impartidas nun centro, que conterá a todo o alumnado matriculado na materia de TFG ou TFM coas cualificacións que en cada caso lles corresponda polas actas individuais, non presentados, mencións e as cualificacións obtidas polos alumnos de intercambio. Estas actas serán asinadas polo/a coordinador/a do TFG ou TFM.
10.5. O alumnado matriculado que non se presentase en ningunha das oportunidades, figurará na acta consolidada coa mención “non presentado”. Nesta edición da acta tamén se incorporarán as mencións de “matrícula de honra” conforme o establecido no artigo anterior.
Artigo 11.- Dereitos do alumnado
11.1. A propiedade intelectual dos traballos correspóndelle ao/á alumno/a que o realizou.
10
11.2. No caso de que os traballos se realicen no marco dun contrato ou convenio con algunha entidade ou, de ser o caso, dun proxecto ou liña de investigación, os dereitos serán os recollidos no dito contrato ou convenio ou os que se pacten previamente, respectando en todo caso a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual ou industrial.
Nestes casos e sempre que existan cláusulas de confidencialidade con empresas ou no caso de que poidan dar lugar a dereitos de propiedade industrial e intelectual que non se poidan difundir antes de estaren debidamente protexidos, actuarase do seguinte modo: entregaranse dúas versións da memoria de TFG ou TFM: a reducida, na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difundir ou polo deber de segredo ou confidencialidade; e o exemplar completo, que se entregará baixo compromiso de confidencialidade.
O exemplar reducido será o que se utilice para ser autorizada a súa defensa e deberá coincidir co contido da exposición e defensa pública. A versión completa entregarase aos membros do tribunal para a súa avaliación. O/a titor/a e os membros do tribunal deberán asinar o correspondente compromiso de confidencialidade sobre os contidos que non se poderán difundir publicamente. Se o tribunal desexa formular cuestións sobre os contidos protexidos, estas intervencións faranse nunha sesión privada, con carácter previo ou posterior á pública.
O exemplar do traballo non será obxecto de publicación no repositorio institucional da USC (Minerva) ata que sexan realizadas as oportunas proteccións ou venza o prazo de confidencialidade.
11.3. Unha copia en formato electrónico dos traballos superados quedará depositada no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizada na Universidade de Santiago de Compostela para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para estes efectos o alumnado asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo inédito.
11.4. As comisións con competencias en TFG ou TFM poderán propoñer a publicación dos TFG e TFM que destaquen pola súa calidade no repositorio institucional da USC (Minerva), e en especial propoñeranse os dos/as alumnos/as que acaden a mención de matrícula de honra nesta materia. Os/as autores/as dos traballos propostos, co visto e prace do/a titor/a, deberán asinar o correspondente documento para autorizar a súa difusión no que declaren que se trata dun traballo orixinal.
Artigo 12.- Deberes do alumnado
12.1. Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización.
12.2. O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de “suspenso” na convocatoria e o deber do/a titor/a e do tribunal que o detecte de poñelo en coñecemento da
11
Reitoría a efectos de iniciar as accións disciplinarias que procedan, de conformidade co artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
12.3. Con carácter previo á autorización da defensa, poderá realizarse unha análise automatizada de control da vulneración de dereitos de propiedade intelectual. A partir desa análise, se a comisión con competencias en TFG ou TFM considera que se vulneraron os citados dereitos, poderá denegar a defensa do traballo e aplicarase o indicado no parágrafo anterior.
DISPOSICIÓN FINAL. ENTRADA EN VIGOR
1.O presente Regulamento entrará en vigor no curso académico 2016/2017 e será de aplicación aos títulos regulados polo R.D. 1393/2007, do 29 outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. 2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, os artigos 6.4 e 6.7 do presente Regulamento serán de aplicación no vixente curso académico 2015/2016. Para acollerse ao disposto no artigo 6.7, será preciso que a Vicerreitoría con competencias en titulacións o autorice previa solicitude da dirección do Centro. 3. O presente Regulamento será interpretado en consonancia co resto de normas e procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a Normativa sobre Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster, a Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións, o Regulamento da USC dos Intercambio Universitarios de Estudantes, as Normas de Planificación Académica Anual, e o resto de normas sobre os TFG e os TFM dos Centros. DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Quedan derrogadas cantas normas se opoñan a este acordo, en particular a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno do 2 de maio de 2013, así como as normativas internas dos centros e másteres e as memorias dos planos de estudos, que deberán adaptarse de ser preciso a este Regulamento no prazo de seis meses dende que sexa aprobado e publicado na Sede Electrónica da USC.
14
ANEXO II
MODELO DE SOLICITUDE DO TFM (solicitude TFM por acordo con profesorado, apartado 3.1)
DATOS PERSOAIS NOME: APELIDOS:
DIRECCIÓN:
E-MAIL TELÉF:
DATOS DO TRABALLO FIN DE MÁSTER PROPOSTO:
TÍTULO:
TITOR:
EMPRESA (se procede):
RESUMO (250 palabras máx.)
15
CRONOGRAMA TEMPORAL DE ACTIVIDADES (12 semáns)
En Santiago de Compostela a , de , de 201
Asdo: O alumno Asdo.: O titor
16
ANEXO III
SOLICITUDE DE TRABALLO FIN DE MÁSTER (solicitude TFM dende convocatoria, apartado 3.2)
CURSO ACADÉMICO: 201__/201__ CONVOCATORIA/OFERTA: ___
Apelidos: Nome:
Estudios que lle deron acceso a titulación: DNI:
Enderezo Cod. Postal Teléfono/s
Localidade Poboación Provincia
SOLICITUDE DE TFM
Traballos polos que quere optar, por orde de preferencia: (indicar só o número do traballo segundo listado da oferta de Traballos Fin de Máster): Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº
1ª opció
n
2ª opción
3ª opción
4ª opción
Santiago de Compostela, a_______ de _________________________ de 201__
Sinatura:
17
Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818 16805
Apéndice II
MÁSTER OFICIAL EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL LISTA TFMs ASIGNADOS SEGUNDO PREVIO ACORDO CO PROFESORADO
Curso 2016 - 17
Alumno Título TFM Titor
Alén López, Carlos Control de calidad de aguas y sedimentos enmarcado en el programa Margal‐Ulla de la UU
Sarah Fiol López, Juan Antelo Martínez
En Santiago de Compostela, a 27 de Setembro de 2016
Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental