revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “kiss comix”, debuxando...

24
revista de banda deseñada do ies francisco aguiar ano IX nº 9 sumario Presentación............................................................................................. 2 Francisco Martínez Roca....................................................................... 3 Arashi ........................................................................................................ 6 Ruth Gallego Huertas, Lydia Roel Charión, Aída Torreiro Golpe E se lle fago unhas preguntas? ............................................................ 8 Paula Sánchez Regueiro, Ángela Río Rey, Andrea Méndez Castelos A ilustración. Carme Núñez Carro .................................................... 10 Xan Munín Neira Lágrimas negras .................................................................................... 12 Alejandro Montero Basteiro, Jesús Ois Fraga, Jorge Taín Alemparte Quen matou os Argent? ...................................................................... 13 Julia Nieto Mantiñán, Adriana Calvete Buyo, Julia Medín Crespo, Brais Agilda García Mito de Aracne...................................................................................... 15 Paula Brea Germade, Irene Docampo López, Natalia Bouza Espiñeira Xosé Tomás. “Historias de Betanzos”.............................................. 16 Un pesadelo encantador ...................................................................... 19 Gisele Méndez García, Sabrina Reyes Ares, Carmela Vázquez Calatayud Oscuras memorias ................................................................................ 21 Iria Pita Río, Laura Placer Picado, Adela Ríos Gómez

Upload: trinhtram

Post on 07-Oct-2018

230 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

1

revista de banda deseñadado ies francisco aguiar

ano IX nº 9

sumarioPresentación ............................................................................................. 2Francisco Martínez Roca....................................................................... 3Arashi ........................................................................................................ 6 Ruth Gallego Huertas, Lydia Roel Charión, Aída Torreiro GolpeE se lle fago unhas preguntas? ............................................................ 8 Paula Sánchez Regueiro, Ángela Río Rey, Andrea Méndez CastelosA ilustración. Carme Núñez Carro .................................................... 10 Xan Munín NeiraLágrimas negras .................................................................................... 12 Alejandro Montero Basteiro, Jesús Ois Fraga, Jorge Taín AlemparteQuen matou os Argent? ...................................................................... 13 Julia Nieto Mantiñán, Adriana Calvete Buyo, Julia Medín Crespo, Brais Agilda GarcíaMito de Aracne ...................................................................................... 15 Paula Brea Germade, Irene Docampo López, Natalia Bouza EspiñeiraXosé Tomás. “Historias de Betanzos” .............................................. 16Un pesadelo encantador ...................................................................... 19 Gisele Méndez García, Sabrina Reyes Ares, Carmela Vázquez CalatayudOscuras memorias ................................................................................ 21 Iria Pita Río, Laura Placer Picado, Adela Ríos Gómez

Page 2: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

2

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIADirección Xeral de Política Lingüística

BD BAN-DE. Revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar.

Betanzos, ano IX, nº 9, xuño 2016

Enderezo: Avda. da Coruña, s/n 15300 – Betanzos (A Coruña)Tel. 981 772 451 – Fax 981 770 753

Deseño e Coordinación: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Todos os traballos de banda deseñada, así como os traballos e artigos da presente publicación son propiedade dos seus respectivos autores. Reprodú-cense co permiso destes. Os copyrights correspondentes son, xa que logo, da súa pertenza.

Se queres enviar os teus traballos, podes facelo ao enderezo arriba in-dicado, ou ben vía e-mail ao enderezo electrónico do centro:[email protected]

A publicación desta revista realizouse con cargo á subvención outorgada pola Dirección Xeral de Política Lingüística ao ENDL do IES Francisco Aguiar de Betanzos no curso 2015-2016.

Depósito legal: C 4525 – 2007

PresentaciónOlaaaaaa.... (claro que, para ola, a do pintor xaponés Hokusai, eh?)Agora en serio: Ola! Fieis á nosa cita cando o curso vai rematando, aquí estamos un ano máis. Xa sabes que BD é un dos instrumentos cos que o Equipo de Norma-lización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar utiliza para espallar e facer chegar a lingua e a cultura de Galicia aos membros da nosa comunidade educativa, dun xeito atractivo, lúdico e, sobre todo participativo (ou eso intentamos). Gran parte dos contidos da revista son elaborados polo alumnado a través da área de Educación Plástica e Visual.Como é habitual, BD difunde a obra de autores importantes da banda deseñada. Esta vez fi xámonos nun dos mestres da nova xeración na banda deseñada española: Paco Roca. Se-guramente oíches falar del e da súa obra máis difundida: “Engurras”, que lle ten reportado un lote de premios, incluído o Premio Nacional de Cómic. A súa obra amosa un interese po-los temas cotiáns, as vivencias íntimas dos personaxes e, moitas veces, un certo carácter autobiográfi co. Non deixes de ler algún dos seus álbums: non van de superheroes, pero son historias conmovedoras coas que has pasar un tempo moi agradable. Tamén nos facemos eco do proxecto que está levando a cabo o betanceiro Xosé Tomás, recollendo a Historia de Betanzos en pequenos relatos que recollen momentos concretos do pasado da nosa vila. Non perdas a ocasión de lelos: disfrutarás dunha obra mestra ao tempo que aprenderás moitas cousas sobre a nosa historia. Outra constante de BD son os apuntamentos técnicos cos que queremos que coñezades o proceso creativo que implica a elaboración dun cómic; nesta ocasión, falamos da ilustra-ción. Aínda que hai quen pensa que en realidade non é unha técnica da banda deseñada, é un xeito de expresar grafi camente o que un texto literario nos conta, expresa ou suxire. É, polo tanto, unha fusión de debuxos e palabras coa que se busca que o lector teña unha comprensión o máis cabal posible do que lle estamos a contar (non é iso o que persegue tamén a banda deseñada?)Pero xa chega de rollo. Pasa á páxina seguinte e empeza a mergullarte na obra dos mestres e a disfrutar das historias que elaboraron os teus colegas de 3ºESO. A disfrutar do verán, que xa está aquí.

Page 3: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

3

Paco

Roc

a

Francisco Martínez Roca (o seu nome real) é un dos mellores expoñentes da novela gráfi ca espa-ñola actual. Nacido en Valencia en 1969 nunha fami-lia de clase media, as súas lecturas de neno (Astérix, Blueberry, Mortadelo, Tintín...) ensináronlle a amar a aventura e o cómic. Tras estudar Artes e Ofi cios, co-mezou a traballar no mundo da publicidade.

En 1994 comeza a súa andaina na banda deseñada, na revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas. Catro anos máis tarde empezou a publi-car para “El Víbora” xunto ao guionista Juan Miguel Aguilera, con quen xa creara “Road Cartoons”, un experimento que mesturaba debuxo e 3D (en 2000 publicarían xuntos o comic-book “GOG”, inspirado nos mundos virtuais de Road Cartoons).

Con “El juego lúgubre” (2001) fai un paralelismo en-tre Drácula e Dalí: é unha historia sobre dous seres illados (un en Transilvania, outro en Cadaqués) que te-ñen atemorizados aos seus veciños porque están por riba da moral. O álbum foi editado en Francia, Italia e Holanda, abríndolle as portas do mercado internacio-nal: en Francia publica a súa serie “Las aventuras de Alexandre Icaro” (2003) e “El faro” (2004).

En 2007 chega o seu primeiro gran éxito: “Engurras”, refl exión sobre a vellez que tras a súa publicación en Francia como “Rides”, foi considerada como unha das vinte mellores obras editadas nese ano. Recibiría tamén os premios ao Mellor Guión e á Mellor Obra de

Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona-2008, outro do Festival de Lucca e dous premios Dolmen, ademais do Premio Nacional do Cómic. Mentres se tra-ballaba na adaptación cinematográfi ca de “Enrugas”, publicou outras dúas novelas gráfi cas: “Las calles de arena” e “Emotional World Tour” (na que conta anéc-dotas relacionadas coa promoción das súas obras).

Paco Roca ten manifestado que o seu obxectivo é che-gar ao público en xeral, á xente que non adoita ler cómics; é a xente que ten na cabeza á hora de es-coller o tema e darlle forma á historia; a súa forma de narrar é moi sinxela, e concepción da páxina, moi clásica. Soe inspirarse nas noticias que lle chaman a atención, pero tamén é un autor comprometido social e politicamente, que na presentación de “Los surcos del azar” (obra baseada na historia de “La Nueve”, di-visión formada por exiliados españois que loitaron na

Page 4: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

4

Segunda Guerra Mundial dentro do Exército da Fran-cia Libre), non dubida en afi rmar que “hai que seguir loitando e recordando, por nós e polas xeracións que veñan despois; loitar polas liberdades é tan necesario como respirar”.

Nesta liña de traballo, abordou a vida nos campos de refuxiados españois en Francia tras a Guerra Civil en “El ángel de la retirada”, con guión de Serguei Douno-vetz, así como a dos autores da escola Bruguera en “El invierno del dibujante”, coa que volveu a gañar os pre-

mios ao Mellor Guión e Mellor Obra de Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona-2011.

A súa última obra publicada (“La casa”, 2015) ten tamén un marcado carácter autobiográfi co; en pala-bras de Fernando Marías, “é o libro que un mozo quixo debuxar para o seu pai morto, é tamén o libro que permitiu a Paco Roca debuxar o Tempo que se vai, ou que xa se foi, ou que se irá”. A CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros) ven de concederlle o premio como Mellor Cómic Nacional de 2015.

Page 5: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

5

Paco Roca ten colaborado en prensa: publicou a tira domini-cal “Memorias de un hombre en pijama” para o xornal “Las Pro-vincias” (2010) e “Diario estival de un hombre en pijama” para “El País” (2013). Tamén traballa como ilustrador (“La metamor-fosis”, de Franz Kafka, 2011) e deseñador (é autor de múltiples carteis, etiquetas para cervexas e incluso da falla que Fede Fe-rrer realizou en 2013 para a co-misión General Barroso-Litógra-fo Pascual y Abad). En 2012, o Museo Valenciano da Ilustración e a Modernidade (MuVIM) aco-lleu unha exposición retrospec-tiva dedicada á súa obra.

Page 6: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

6

Ara

shi

Page 7: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

7

Page 8: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

8

E s

e ll

e fa

go

unhas

pre

gunta

s

Page 9: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

9

Page 10: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

10

A ilu

stra

ción

A poesía é a arte de expresar os sentimentos a tra-vés da palabra. Mediante a palabra imaxinamos o que senten e o que nos queren facer sentir os poetas. Eles transpórtanos a outros tempos e a outros lugares, no noso maxín prodúcese un torrente de novas sensa-cións que descoñeciamos.

Todos, algunha vez, temos lido algún poema e, neste mesmo instante, o noso pensamento levounos a imaxi-nar o que o signifi cado das palabras nos ofrecían.

Os autores a miúdo empregan outras técnicas como a pintura ou o debuxo para poder plasmar visual ou plas-ticamente todas as emocións, os sentimentos: o amor, a desesperanza, a rabia, a dor, a ledicia, a tristura...

que a palabra escrita mostra a través do papel en branco.

Xa o fi xo o grande mestre das letras ga-legas, Castelao, na súa obra “Cousas” onde o narrador rianxeiro fai unha mestura entre a pintura e a literatu-ra, de tal forma que as súas prosas están formadas por unhas pequenas palabras complementadas cun-has grandes imaxes.

Isto é o que nos ofrece unha alumna do noso institu-to; dende aquí queremos dar a coñecer esta técnica que empregou de forma moi orixinal e persoal Carme Núñez Carro, alumna de 2º de Bacharelato.

A través dos seus debuxos, Carme mostra as distin-tas sensacións que lle producen os versos da nosa es-critora universal, Rosalía de Castro. Fusiona o debuxo coas palabras da autora galega e fai unha interpreta-ción moi persoal da súa obra. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo que xa é coñecido pro moitos de vós porque xa foi exposto na libraría Biblos durante este curso escolar 2015/2016.

XAN MUNÍN NEIRA

Page 11: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

11

Page 12: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

12

Lág

rim

as n

egra

s

Page 13: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

13

Quen

mat

ou a

os A

rgen

t?

Page 14: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

14

Page 15: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

15

Mito d

e A

racn

e

Page 16: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

16

Xosé

Tom

ás“H

isto

rias

de

Bet

anzo

s”A banda deseñada é un medio de narrar historias dende unha perspectiva e un punto de vista moi persoal e aber-to. Permite contar desde unha óptica subxectiva, libre e económica, é o “cine dos pobres”, como dicía Fellini.

Hoxe queremos dar a coñecer aquí, na nosa revista, a obra dun ilustrador betanceiro, Xosé Tomás, debuxan-te, guionista e profesor de ensino secundario. Imparte accións formativas arredor da ilustración a pequenos e maiores.

O que vos ensinamos a continuación son unhas pequenas historias ilustradas do seu libro titulado “Historias de Betanzos”: en forma de cadernos, fai unha viaxe ao pa-sado para dalo a coñecer a pequenos e maiores, fai un percorrido persoal por diferentes fases da historia da Cidade dos Cabaleiros.

A través da banda deseñada, mostra varios episodios da historia antiga e moderna da cidade de Betanzos, permitíndonos revivir lugares, feitos e personaxes co-ñecidos e descoñecidos que poboaron e marcaron nal-gún momento a historia brigantina. É un material peda-góxico inmellorable para coñecer e revisar como foi e é a historia da nosa vila.

Todos os libros contan cun material complementario para poder traballar en forma de unidade didáctica na que os rapaces poderán xogar, colorear, responder a preguntas coa fi nalidade de iniciarse no mundo do de-buxo e a banda deseñada ao mesmo tempo que aprender unha parte do seu pasado de forma moi lúdica.

XAN MUNÍN NEIRA

Page 17: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

17

Page 18: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

18

Page 19: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

19

Osc

ura

s m

emor

ias

Page 20: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

20

Page 21: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

21

Page 22: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

22

Un

pes

adel

o enca

nta

dor

Page 23: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

23

Page 24: revista de banda deseñada do ies francisco aguiar 9.pdf · revista “Kiss Comix”, debuxando historietas eróticas con personaxes como Peter Pan ou Aladino como pro-tagonistas

24

LA CASA