ríos de américa do norte
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
RÍOS DE AMÉRICA DO NORTE Alumnado de 1º de ESO, Adela Leiro, Chus García
IES Francisco Asorey, xuño 2013
Os río de América do Norte son moi diversos en canto ao seu percorrido, o seu réxime e a súa xeoloxía.
As Montañas Rochosas dividen as cuncas de norte a sur. Os ríos que desaugan no océano Pacífico son de cursos
curtos, rápidos e de gran poder erosivo. Os que desembocan no Atlántico son longos, caudalosos, de pouca
pendiente e con pouco poder erosivo; ademais teñen unhas cuncas hidrográficas enormes e son importantes vías
navegables. Os ríos que desembocan no Ártico están xeados unha parte do ano. Moitos dos ríos do norte están
alimentados por sistemas de grandes lagos de orixe glaciar.
O máis longo e coa cunca máis extensa é o sistema Mississippi-Misouri (3.160.000 km²).
OCÉANO GLACIAR ÁRTICO: Mackenzie, Churchill, Nelson, Severn e Albany.
OCÉANO PACÍFICO: Iukón, Copper. Fraser, Columbia, Sacramento, San Xaquín, Colorado e Grande.
OCÉANO ATLÁNTICO: San Lourenzo, Hudson, Savanah, Mississippi, Brazos, Bravo.
RÍO:
MISSISSIPI
NACEMENTO E FONTES
Lago Itasca (ao norte de Minnesota)
PERCORRIDO: PAÍSES
Estados Unidos
LONXITUDE: 6.800 km
PERCORRIDO LINEAL
Cidades no Mississipi: Mineapolis, Davenport, SAN Luis, Menphis, Baton Rouge, Nova Orleáns. Cidades no Missouri: Kansas City, Omaha, Bismark...
DESEMBOCADURA Forma un gran delta no Golfo de México
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 3.238.000 km2 (Mississipi) Drena 31 estados. A terceira cunca do mundo. LESTE: Montañas Rocosas, Meseta Ozark OESTE: Montes Apalaches
AFLUENTES DEREITA
Des Moines, Missouri, Arkansas, Vermello
AFLUENTES ESQUERDA
Wisconsin, Illinois, Ohio
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
O lago Pepin, que se formou hai preto de 9.500 anos, esténdese ao longo duns 35 km de lonxitude cunha profundidade media de cinco metros. Ten a capacidade de reter unha parte dos sedimentos e da polución que provén da parte máis elevada. Fervenzas de Saint Anthony, preto de Minneapolis A parte inferior do Mississippi é complexa: baious, lagos, bifurcacións... O río describe numerosos meandros, en particular entre Memphis(Tennessee) e o delta. A gran maioría son meandros de chaira aluvial (meandros libres ou divagantes) que teñen a súa orixe na dinámica do curso mesmo; trátase de meandros moi móbiles que forman sectores húmidos ou abandonados como os baious do Sur. En varios lugares, os meandros recortáronse e deixaron brazos mortos chamados oxbow ou «lagos en forma de ferradura». Delta: os sedimentos que arrastra o Mississipi ata o golfo de México oscilan entre 312 e 450 millóns de toneladas ao ano e forman numerosas illas no delta. O delta do Mississippi cobre unha superficie de 75.000 km² (máis de 400 km de anchura -deste a oeste- e 200 km de profundidade -do norte ao sur), sobre a que viven uns 2,2 millóns de habitantes, a maioría na cidade de Nova Orleans. A desembocadura do Mississippi desprazouse moitas veces ao longo da historia. En 5.000 anos, o río cambiou nove veces de desembocadura e a actual data só do século X. Cando se construíu unha canle a principios do século XIX, o río buscou reunir o leito e a desembocadura do río Atchafalaya, a 95 km de Nova Orleans. O delta do Mississippi avanza aproximadamente 100 m ao ano, alimentado polos 730 millóns de toneladas de aluvión que deposita a razón de 6 decímetros ao ano sobre o fondo do seu leito, o que fai necesario un dragado constante para asegurar a navegación. Estes depósitos forman un inmenso abanico aluvial que gaña terreo sobre as augas do golfo de México debido á pouca profundidade das augas e da escasa amplitude das mareas.
CLIMA
Continental no curso alto Tropical no baixo
TIPO DE RÉXIME
O réxime hidrolóxico do Mississippi é complexo xa que o río é alimentado por afluentes moi diferentes: o curso superior ten unréxime pluvionival mentres que o curso inferior atravesa unha rexión subtropical húmida. O Mississippi recibe as augas do Missouri incrementadas polas do desxeo das neves das Montañas Rochosas na primavera. A súa parte inferior é alimentada por choivas abundantes no verán e ao comezo do outono, con riscos ciclónicos na parte máis meridional.
CAUDAL (MEDIO)
Minneapolis: 210 m³/s San Luis: 5.150 m³/s Baton Rouge: 12.740 m³/s Desembocadura: 18.000 m³/s O Mississippi é un río cun caudal importante e poderosas enchentes, tendo en conta a natureza da conca que baña. Caracterízase por grandes variacións en función do lugar e a tempada; xeralmente oscila entre 8.000 m³/s e 50.000 m³/s. Durante o período de enchentes, o caudal pode subir facilmente a 70.000 m³/s, chegando aos 300.000 m³/s ( 1927). O río Ohio contribúe con máis da metade do caudal total do Mississippi (8.000 m³/s). O caudal medio interanual do Mississippi, referido á extensión da súa conca hidrográfica, é de 5,9 litros por segundo e por km².
FLORA
Salgueiro negro, álamo de Virginia, arce, bidueiro negro, celtis, arroz silvestre, eneas, lilas de auga, elodeas, Vallisneria americana... A salicaria común é unha planta de orixe europea, introducida a principios de século XX ao longo das beiras do Mississippi.
FAUNA
MAMÍFEROS: castor, londra de río, visón americano, rata almizcleira, coipo ... PEIXES: máis de 260 especies: peixe espátula, peixe aligator, salmón, peixe caimán... AVES: o 60% das aves de Norteamérica (326 especies) utilizan a conca do Mississippi nas súas migracións. RÉPTILES: aligator, 60 especies diferentes de mexillóns. E unha gran diversidade de insectos e outros invertebrados.
APROVEITAMENTO
Actividades industriais, acuicultura, regadío, deportes, turismos, lecer... A conca do Mississippi é a fonte do 23 % do abastecemento de augas superficiais públicas dos Estados Unidos. Máis de 72 millóns de persoas viven nesa área. É unha vía de comunicación esencial para o país. O dez por cento das mercadorías dos Estados Unidos son transportadas sobre o seu curso. Desde a época precolombina, o Mississippi é un medio fundamental para o transporte de mercancías. A súa orientación meridiana fai del un eixo esencial de penetración ao continente norteamericano e unha vía de acceso aos Grandes Lagos. Unha canle de navegación une o Mississippi co lago Michigan (á altura de Chicago), comunicando así o Mississippi cos Grandes Lagos. Outra canle, o Illinois Waterway, vai desde a desembocadura do río Chicago ata a confluencia do Illinois e o Mississippi. No sur, o Mississippi comunica Floridae Texas a través dunha canle lateral, o Gulf Intracoastal Waterway. Enerxía eléctrica. A central hidroeléctrica de Keokuk (Iowa) é a única deste tipo ao longo de todo o curso do Mississippi: foi construída en 1913 e produce cada ano 105 megavatios
ESPAZOS PROTEXIDOS
O río o Mississippi e o súa chaira aluvial acollen unha fauna e flora moi ricas que compón o maior sistema continuo de marismas do continente norteamericano. Humedal da chaira aluvial do río Mississippi Superior (22.357 hectáreas, está declarada humidal RAMSAR O ecosistema do curso superior do Mississippi está protexido polo Upper Mississippi River National Wildlife and Fish Refuge que se estende desde Wabasha (Minnesota) ata Rock Island (Illinois) cun traxecto de preto de 500 km. Esta reserva cobre preto de 80.000 hectáreas situadas en catro estados distintos, e encárgase da protección de medios moi diversos (marismas, zonas húmidas,lagos, bosques de chaira aluvial, praias de area e vertentes).
DATOS HISTÓRICOS
Durante a época precolombina, o Mississippi xa constituía unha importante vía de navegación, e os amerindios chamábano «Meschacebé», que significa «pai das augas». Na actualidade o río constitúe un elemento fundamental da economía e da cultura estadounidense. Os primeiros rastros de ocupación amerindia son antigos: os arqueólogos atoparon vestixios de poboadores indíxenas no delta que datan polo menos de 11.000 anos. A civilización mississippiense, asimilada á cultura dos mound builders, era coñecida polas súas grandes construcións de túmulos en terra (lugares arqueolóxicos de Poverty Point ou Jaketown Site), que os natchez aínda utilizaban no momento da colonización francesa de Luisiana. Pero a maior cidade era Cahokia que contaba no século XII cunha poboación entre 15.000 e 30.000 habitantes. O Mississippi servía como vía de comunicación antes da chegada dos europeos: os amerindios percorríano a bordo de canoas de cortiza; transportaban os toros aboiando no río. En Cahokia facían intercambios por cobre, nácar, carne de bisonte e de uapití. O río e os seus afluentes proporcionaban tamén pesca. Cando os franceses exploraron o Mississippi, atoparon varios pobos amerindios: os sioux no norte, quapaws na desembocadura do Arkansas, tamarois na confluencia co Misouri, choctaws no Mississippi inferior ou baiagoulas no delta. O 8 de maio de 1541, Hernando de Soto foi o primeiro europeo en chegar aoMississippi, que bautizou como Gran Río do Espírito Santo. A partir dos anos 1660, Francia decide a intrusión nos territorios españois do golfo de México, chegando así ata o que é o actual Canadá. O 17 de maio de 1673, os franceses Louis Jolliet e Jacques Marquette inician a exploración do Mississippi, que coñecían co nome siux Ne Tongo («o gran río») e ao que eles chamaron «río Colbert». Acadaron a desembocadura do Arkansas e volveron remontar o río tras comprobar que discorría cara ao golfo de México e non cara ao «mar de California» (océano Pacífico). Uns anos máis tarde, en 1682, Cavelier de La Salle e Henri de Tonti descenden tamén o Mississippi ata o seu delta. Constrúen o Fort Prud'homme que se converterá máis tarde na cidade de Memphis. En abril de 1682, a expedición chega á desembocadura do Mississippi; En 1698, Pierre Lle Moyne d'Iberville explora á súa vez a desembocadura do Mississippi. Vinte anos máis tarde, o seu irmán Jean-Baptiste manda unha nova expedición á Luisiana. Este funda a cidade de Nova Orleans.
CURIOSIDADES
O sistema Mississipi-Missouri forma a maior cunha hidrográfica de América do Norte. Unha pinga de choiva que caia no lago Itasca tarda preto de 90 días en chegar ao Golfo de México. As primeiras descricións por escrito do Mississippi fanse nos libros de viaxe dos europeos en América do Norte. O escritor francésFrançois-René de Chateaubriand (1768-1848) viaxou por Norteamérica a finais do século XVIII e escribiu varias obras con informes sobre a rexión do Mississippi: Atala (1801) e René (1802) desenvólvense entre amerindios de Luisiana. Na literatura, o Mississippi está indisociablemente unido á obra do escritor estadounidense Mark Twain (1835-1910). Coa súa multitude de illas, os seus numerosos meandros, os seus bosques e a súa fauna, o Mississippi ofrece numerosos temas de inspiración aos artistas: o naturalista John James Audubon (1785-1851) descendeu o río e pintou as aves desta rexión. O Mississippi e o seu delta son coñecidos por ser o berce do blues. O Mississippi foi tomado como marco en numerosas películas. En 2002, o nadador esloveno Martin Strel descendeu o Mississippi ao longo de toda a súa lonxitude en 68 días, recibindo pola súa fazaña a felicitación oficial da Cámara de Representantes dos Estados Unidos.
PROBLEMAS Contaminación, especies invasoras, cambios no cauce e nos ecosistemas por obras, inundacións. .. Na primavera de 1927 o río saíuse do seu curso en 145 lugares e alagou 73.000 km² de terras, ata unha altura de 10 m e unha anchura de 30 km. A pesar da magnitude das enchentes anteriores, foi en 1993 cando os Estados Unidos coñeceron a inundación máis devastadora e custosa (12 mil millóns de dólares) ata a actualidade. Precipitacións excepcionais durante a primavera e verán dese ano fixeron medrar o Mississippi e o seu afluente principal, o Misouri. Certas cidades foron alagadas durante máis de 200 días. O caudal do río excedeu 70.000 m³/s en St. Louis.
RÍO: SAN LOURENZO
NACEMENTO E FONTES
Lago Ontario (Kingston, Ontario /Cape Vincent, New York) Recolle a auga dos Grandes Lagos. Cabeceiras: North (a máis lonxana), Río Sant Louis no lago Seven Beaver (cordilleira Messabi en Hibbing, Minnesota), a fonte máis lonxana do lago Superior.
PERCORRIDO: PAÍSES
Canadá, Estados Unidos (nunha gran parte fai fronteira)
LONXITUDE Só San Lourenzo, 1 197 km Coas súas fontes 3.200 km
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Brockville, Cornwall, Montreal, Trois-Rivières, Québec
DESEMBOCADURA Golfo de San Lourenzo (océano Atlántico ). O esteiro de San Lourenzo é o máis grande do mundo.
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 1.344.200 km², 839.200 km² en Canadá (Ontario e Quebec) e 505.000 km² en Estados Unidos (estados de Illinois, Indiana, Míchigan, Minnesota, Nueva York, Ohio, Pensilvania, Vermont e Wisconsin. Inclúe toda a rexión dos Grandes Lagos, o maior sistema de lagos de auga dóce do mundo Leste: montes Apalaches Suroeste: cordilleira Messabi (Minessota)
AFLUENTES
O sistema fluvial do San Lourenzo está formado por unha sucesión de ríos e lagos: río North –río Saint Louis – lago Superior – río St. Marys – lago Hurón – río Sainte Claire – lago Sainte Claire – río Detroit – lago Erie – río Niagara –lago Ontario- río San Lourenzo – esteiro de San Lourenzo.
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Cataratas do Niágara. O río Niágara nace no lago Erie e desemboca no lago Ontario. Actúa como unha fronteira natural entre o Canadá (provincia de Ontario) -ao leste- e os Estados Unidos (Estado de Nova York) -ao oeste. Crese que as cataratas se desprazaron once quilómetros desde a súa situación orixinal nos últimos 12.000 anos. Lachine Rapids Lagos: Saint-Louis, Saint-François, Saint-Pierre, Champlain, Superior, Erie, Michigan, North, St Marys, Hurón, Sainte Claire, Ontario... Vales glaciares Arquipélagos: Thousand Islands(Mil Ilas), unha cadea de illas próxima a Kingston (Ontario); arquipélago de Hochelaga (illa de Montreal, Île Jésus (Laval) e o arquipélago de Mingan.
CLIMA Continental e atlántico
TIPO DE RÉXIME Nivo-pluvial, con augas altas en primavera (polo desxeo) e un máximo secundario no verán (polas precipitacións). No inverno, no seu curso superior, conxélase, o que impide a súa navegación. As mareas oceánicas penetran nel ata uns 800 km río arriba, ata a cidade de Trois-Rivières.
CAUDAL 9.850 m³/s (medio na boca)
FLORA Bosque mixto, de árbores caducos e de coníferas: bidueiros, pradairos, faias e piñeiros.
FAUNA
Zona do golfo: balea azul, balea de aleta, balea común, beluga... PEIXES: lucio trompudo (Lepisosteus osseus), amia calva, peixe ollos de lúa, alosa-Herring, arenque de lago (Coregonus artedii), corégono de lago (Coregonus clupeaformis), troita arco iris, troita café (Salmo trutta fario), troita de lago (Salvelinus namaycush), troita de regato (Salvelinus fontinalis), eperlanos (Osmeridae), mudminnow (Umbra limi), lucio, muskellunge almizclada (Esox masquinongy), cabaleiro cobrizo (Moxostoma hubbsi), matalote branco (Catostomus commersoni), carpiña dourada, sardiniña de quilla (Notemigonus crysoleucas), carpa de regato (Semotilus atromaculatus), carpa do norte vermella (Phoxinus eos), Blackchin Shiner (Notropis Heterodon), peixe gato americano (Ictalurus punctatus), enano bagre (Ictalurus nebulosus), anguía americana (Anguilla rostrata), Lota, killifish raiado (Fundulus diaphanus), espiñentos, troita perca, perca branca (Morone americana), róbalo de boca pequena (Micropterus dolomieui), perca americana (Micropterus salmoides), perca sol (Lepomis gibbosus), perca de rocha (Ambloplites rupestris), pomoxis negro (Pomoxis nigromaculatus), sander americano (Stizostedion vítreo), corvina de auga dóce (Aplodinotus grunniens)...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga ás cidades, pesca, enerxía hidroeléctrica, lecer, deportes, navegación. En 1959 inaugurouse un amplo sistema de canais coñecidos como a Vía Marítima do San Lourenzo que permite o paso de buques oceánicos ata o Lago Superior.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Saguenay-St. Lawrence Marine Park & National Marine Conservation Area Sainte - Croix (est) Faunal Habitat Lac Saint-Pierre UNESCO-MAB Biosphere Reserve Georgian Bay Littoral UNESCO-MAB Biosphere Reserve A rexión do golfo comprende varios parques nacionais canadenses: Parque Nacional Forillon, Parque Nacional Illa do Príncipe Eduardo, Parque Nacional Kouchibouguac, Parque Nacional Cape Breton Highlands, Parque Nacional Gros Morne e o Parque Nacional do Arquipélago de Mingan.
DATOS HISTÓRICOS
Hai vestixios de poboamentos amerindios arredor de 9.000 anos a.C. Foi chamado Magtogoek, que significa «o camiño que marcha» polos habitantes da rexión. Foi explorado polo francés Jaques Cartier e o nome é polo San Lourenzo, que coincidía co día en que Cartier navegou por el por primeira vez. Ao comezo chamoulle Gran río de Hochelaga. nome en tuscarora, Kahnawáˀkye; en mohawk, Kaniatarowanenneh, significa «gran vía navegable»)
CURIOSIDADES
A cunca do San Lourenzo supón a maior reserva de auga dóce do mundo (25%). O sistemas de lagos e ríos orixinouse nunha gran meseta afundidad e ocupada por glaciares que se desheou despois das glaciacións.
PROBLEMAS Contaminación, alteración do cauce por encoros...
RÍO
HUDSON
NACEMENTO E FONTES
O nacemento oficial do río Hudson é o lago Tear of the Clouds ( bágoa das nubes) nos montes Adirondacks. Con todo, o río que se deriva do lago é máis ben coñecido baixo os nomes de Feldspar Brook e logo de Opalescent River, ríos que se incorporan ao Hudson ao nivel da cidade de Tahawus. O verdadeiro río ten realmente o seu nacemento só uns quilómetros ao norte de Tahawus, á altura do lago Henderson.
LONXITUDE 507 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Estados Unidos
PERCORRIDO LINEAL Cidades: Darlington, Glens Falla, Albany, Nova York
DESEMBOCADURA Océano Atlántico , entre Manhattan, Staten Island e as costas de Nova Jersey na Upper Bay de Nova York.
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 36.260 km² De oeste a Leste: Montes Apalaches (Adirondac)
AFLUENTES DEREITA
Mohawk
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Cataratas Hudson Glen Falls O río Hudson ten un gran esteiro (a influencia das mareas chega ata Troy) e numerosas illas. Unha das máis coñecidas é a de Mahatan. Ao río Hudson chámaselle ás veces o "Río asulagado". A subida do nivel das augas consecutiva á glaciación de Wisconsin, a glaciación máis recente, arrastrou unha incursión mariña que alagou certas chairas costeiras, e trouxo auga salgada ao nivel da desembocadura do río. O antigo leito do río está delimitado moi claramente baixo o Océano Atlántico, estendéndose ata o bordo da plataforma continental.
CLIMA Oceánico
TIPO DE RÉXIME Pluvial, moi regular cun mínimo no verán.
CAUDAL 606 m³/s (medio)
FLORA bosques mixtos constituídos fundamentalmente por carballos, piñeiro branco, piñeiro vermello, cedros e algunhas faias.
FAUNA Aves (patos, gansos, garzas...), peixes (salmón, troita, carpa...).
APROVEITAMENTO
Subministro de auga, pesca, lecer... É navegable ata Troy a uns 240 km da súa desembocadura. É unha importante vía comercial que se conecta cos grandes lagos e o río San Lourenzo por medio de canais. Ao norte, o Hudson está unido ao Lago Erie pola Canle Erie, que permite un enlace directo entre o Océano Atlántico e os Grandes Lagos.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Saratoga National Historical Park Mildred Denton Wildlife and Bird Sanctuary Nature Conservancy Fee Land Palisades National Wildlife Refuge
DATOS HISTÓRICOS O nome do río provén de Henry Hudson, un inglés que navegaba por conta de Francia e de Holanda que explorou o río en 1609. O primeiro europeo en exploralo foi o italiano Giovanni da Verrazano en 1524, cunha expedición financiada polos comerciantes florentinos de Lión e por Francisco I de Francia.
CURIOSIDADES
O río Hudson é un esteiro na maior parte do seu percorrido. Este fenómeno explica o nome mohicano do río, Muh-hei-kun-ne-tuk, o que significa "o río que remonta as dúas beiras". As súas fortes mareas fan que partes do porto de Nova York sexan difíciles e perigosas para a navegación; durante o inverno, bloques de xeo aboian polo curso do río, de norte a sur ou de sur a norte, dependendo das mareas.
PROBLEMAS Contaminación por vertidos industriais e urbáns
RÍO
COLORADO
NACEMENTO E FONTES
Montañas Rochosas (Colorado, USA) a 3.111 m de altitude.
LONXITUDE 1.352 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Estados Unidos, México
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Moab, Page, As Vegas, Yuma, San Luís-Río Colorado Phoenix (no Gila)
DESEMBOCADURA Golfo de California (México)
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 629 100 km² Norte e oeste: Montañas Rochosas (Wasatch Range, Monte Gannet Peak -4.207 m-, Monte Elbert -4.396 m-
AFLUENTES DEREITA
Verde, Muddy
AFLUENTES ESQUERDA
Gunninson, Dolores, San Xoán, Pequeno Colorado, Gila
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Gran Canón do Colorado, no estado de Arizona. Un canón de 446 km e máis de 1.600 m de altura excavado durante 2.000 millóns de anos nas rochas sedimentarias(xistos, calcárias, areíscas…) da meseta de Colorado que se foi elevando desde hai 65 millóns de anos elevando.
CLIMA De montaña no curso superior e desértico e semiárido no resto
TIPO DE RÉXIME
Nivo-pluvial no curso superior (máximos en xuño e mínimos en decembro-xaneiro). En realidade, as augas importantes do río proveñen da fusión da neve xa que as precipitacións ao longo do seu curso son moi pouco importantes. Sufre moi profundas estiaxes no verán.
CAUDAL 620 m³/s (medio)
FLORA Nas zonas de montaña, carballos, pradairos, caobas de montaña. Nas zonas semiáridas predomina a artemisa; hai tamén salvia e xenebreiros. No deserto hai iucas e cactos.
FAUNA
Nas zonas de montaña, alces, osos negros, pumas... Na zona cha, rata canguro, zorro, coiote, gato montés... A tartaruga do deserto en vías de extinción trala súa loita, perdida, contra o gando. Os ríos da conca do Colorado acollían 49 especies de peixes (42 endemismos). Algús extinguíronse e outros están en grave risco (matalote , carpa xigante do Colorado , carpa xorobada . No esteiro hai vaca mariña (marsopa)
APROVEITAMENTO
Subministro de auga ás cidades, para regadío e industrias, lecer, deportes, turismo. Enerxía hidroeléctrica: presas Glen Canyon, Hoover, Parker e Davis (Estados Unidos), e Morelos en México.
ESPAZOS PROTEXIDOS
O delta do río Colorado está dentro da área proxexida polo goberno mexicano: Alto Golfo de California e delta do río Colorado. Parque Nacional Canyonlands en Utah; Gold Butte Area of Critical Environmental Concern Lake Mead National Recreation Area
DATOS HISTÓRICOS
Os primeiros poboadores da cunca do río Colorado eran paleoindios das culturas Clovis e Folsom establecidos na Meseta de Colorado hai uns 12.000 anos. O primeiro europeo que explorou o Golfo de California e descubriu a desembocadura do río Colorado foi o navegante Francisco de Ulloa (1539).
TRADICIÓNS-LENDAS
Os conquistadores españois exploraron o río Colorado na busca das setes cidades de ouro do reino de Cíbola.
PROBLEMAS A sobreexplotación do río fai que case non chegue auga á desembocadura; extinción de especies, contaminación...
RÍO BRAVO
(RÍO GRANDE)
NACEMENTO E FONTES
Montañas San Juan (Cordilleira Central Canby) no estado de Colorado (Estados Unidos)
LONXITUDE 3.051 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Estados Unidos e México Desde 1848 marca a fronteira entre Estados Unidos e México
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Albuquerque, El Paso, Ciudade Juárez, Laredo, Nuevo Laredo, Reynosa, Matamoros.
DESEMBOCADURA Golfo de México (Océano Atlántico)
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 3.034 km2 NORTE: Montañas Rochosas LESTE: Montañas Rochosas (Sangue de Cristo), montes de Sacramento, Meseta Edwards, Meseta de “Lano Estacado” OESTE: Montes de San Juan, Black ra, serra Madre Occidental, serra Madre Oriental
AFLUENTES DEREITA
Puerco, Conchos, Sabinas
AFLUENTES ESQUERDA
Pecos
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Ata máis da metade do percorrido discorre por montañas de gran altitude (máis dos 1.000 m). Logo atravesa zonas desérticas e desemboca nun delta areoso. O Río Conchos pasa polo deserto de Chihuahua Canóns: Peguis, Santa Elena...
CLIMA De montaña no curso alto, semidesértico no medio e tropical na parte baixa.
TIPO DE RÉXIME Pluvial, moi irregular. En tempo de verán chega case a secar.
CAUDAL 68 m3/s
FLORA
Moi variada: especies de montaña, de deserto (Huizache, mezquite, canelo...) e de ribeira (carrizos, xuncos...).
FAUNA
Parrulos, garzas, gaivotas... A cunca do río Bravo acolle 121 especies de peixes, 69 delas endémicas: peixe demo ou coahuila, bagre, matalote, catán ou peixe lagarto... No río Conchos hai 48 especies de peixes (10 endémicas). Recentemente decubríronse a troita do conchos ou aparique (Oncorynchus sp.) e o “cachorrito de Julimes” (Cyprinodon julimes) que vive nun manancial termal a 43ºC.
APROVEITAMENTO
Captación de auga para consumo, agricultura e industria; enerxía, pesca, lecer. Presas: Río Grande, Cochiti, Elefante, Caballo, Amistad, Falcón, Anzaldúas, Retamal.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Un tramo en Nuevo México está declarado “Río Salvaxe e Paisaxístico” Parque Nacional Big Bend. Bosque Nacional do Río Grande (no nacemento).
DATOS HISTÓRICOS
Hai millóns de anos o río Bravo desembocaba no lago Cabeza de Vaca. Desde hai 1 millón de años a corrente foi "capturada" e comenzou a fluir cara ao leste. A zona do Río Bravo foi obxecto de disputas entre México e Estados Unidos. Desde a creación do estado de Texas o río fai fronteira entre os dous países (1846). En 1944, os EE.UU. e México firmaron un tratado sobre o río.
CURIOSIDADES
Chámase río Bravo en México e río Grande nos Estados Unidos No entorno do río Bravo e algúns dos seus afluentes (Pecos, Conchos...) desenvólvense moitas novelas e películas de vaqueros.
PROBLEMAS Sobreexplotación, contaminación, especies invasoras...
RÍO
COLUMBIA
NACEMENTO E FONTES
Lago Columbia, nas Montañas Rochosas da Columbia Británica (Canadá)
LONXITUDE 1.953 km, co Snake 2.240 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Canadá, Estados Unidos.
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Revelstoke, Vancouver, Portland, Astoria
DESEMBOCADURA Océano Pacífico
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 668.217 km² (un 15 % en Canadá) NORTE: Montañas Rochosas SUR: Great Basin LESTE: Montañas Rochosas OESTE: Cordilleira das Cascadas
AFLUENTES DEREITA
Okanogan
AFLUENTES ESQUERDA
Kootenai, Clark Fork, Snake
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
A Trincheira, val glaciar nas cabeceiras do río Columbia.
Gorxa do río Columbia, ao atravesar a Cordilleira das Cascadas (80 km), Gorxa do Anfiteatro,
Hells Canyon (o canón máis profundo de América do Norte)…
Lagos: Windermere, Kimbasket… Barra do Columbia: un cambiante banco de area na desembocadura. Fervenzas: Shoshone Falls, no río Snake en Idaho; Mulhomah.
CLIMA
Varía dunha zona a outra da cunca. De montaña, frío, nas zonas altas; máis seco no interior e húmido cara á costa, onde reciben as precipitacións do Pacífico
TIPO DE RÉXIME Pluvio-nival, con grandes enchentes nos desxeos.
CAUDAL
7.500 m³/s de media anual. O caudal maior do Columbia, o 6 de xuño de 1894, foi de 35.113
m3/s.
FLORA
Moi variada ao longo do curso: bosques de coníferas nas montañas, especies esteparias no curso medio e caducifolias no baixo.
FAUNA Varias especies de salmóns e troitas, carpa xigante do norte, esturión branco... Animais de bosque...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga para as cidades, a agricultura e a industria, enerxía eléctrica, navegación,
lecer...
O Río Columbia é o máis explotado de Norteamérica para enerxía hidroeléctrica. O seu curso
e o de moitos afluentes, está practicamente ocupado por encoros.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Parques Nacionais en Estados Unidos: Grand Teton, Yellowstone (en parte), Os Glaciares,
Monte Rainier, North Cascades.
Parques Nacionais en Canadá: Kootenay, Yoho, Os Glaciares, Mount Revelstoke, Hells
Canyon…
DATOS HISTÓRICOS
O río Columbia e a súa cunca experimentaron algunhas das enchentes máis catastróficas coñecidas cara ao remate da idade do xeo (hai 19.000 e 13.000 anos). A cunca do Columbia estivo habitada desde hai máis de 15.000 anos. En 1996 atoparonse os restos do Home de Kennewick, de 9.000 anos de antigüidade. Numerosos pobos nativos habitaron esta zona: Colville, Spokane, Coeur’Alene, Yakama, Nez, Perce, Cayuse, Palus, Umatilla, Cowlitz, Shoshone, Bannock, Sinixt, Shuswap… O nome do río púxollo o capitán norteamericano Robert Gray polo navío Columbia Redviva, o primeiro que entrou nel. O Columbia foi cartografado enteiro por primeira vez en 1814 por David Thompson. Entre 1807 e 1811, a Compañía de Peles do Noroeste explotou todo o seu curso. Desde a década de 1810 serviu como vía de comunicación na rexión noroccidental de América do Norte.
CURIOSIDADES
O río é coñecido como Wimahl ou Gran Río polos nativos chinook que viven no seu curso baixo.
PROBLEMAS Contaminación, alteración dos ecosistemas polos encoros, desaparición de especies.
RÍO
MACKENZIE
A fonte máis lon
NACEMENTO E FONTES
A fonte máis lonxana son as cabeceiras do río Finlay (afluente do Peace) que se forma con varios regos que conflúen no lago Thutade nas montañas Omineca (Montañas Rochosas)
LONXITUDE 4.241 km (1.738 só o Mackenzie)
PERCORRIDO: PAÍSES
Canadá
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Hay River, Fort Simsom, Fort Norman, Fort Good Hope, Tsiigenhtchik, Aklavik.
DESEMBOCADURA Mar de Beaufort (Océano Ártico)
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 1.805.200 km2 OESTE: montes Richardson, Ogilvie, Pelly, Cassiar, Montañas Rochosas
AFLUENTES DEREITA
Talston, Samare
AFLUENTES ESQUERDA
Peace, Athabasca, Hai, Liard, Artic Red, Peel Río Peace. Ten unha lonxitude de 1.923 km. Río Athabasca: nace no campo de Xeo Columbia, no Parque Nacional Jasper (Montañas Rochosas). Ten unha lonxitude de 1.231 km
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Lagos: Lago Athabasca, Lago do Escravo, Gran Lago do Oso Glaciares (glaciar Athabasca) Fervenzas nos cursos altos dos afluentes.
CLIMA Subártico e de montaña
TIPO DE RÉXIME Nival, con grandes enchentes na época do desxeo.
CAUDAL 10.700 m³/s
FLORA
Bosque boreal de coníferas, tundra e vexetación de alta montaña. Bidueiros, salgueiros enanos, brións, chopos, alerces, arces, freixos, ulmeiros...
FAUNA
Caribús, osos, gansos canadenses, ocas silvestres, águias, salmóns, troitas, lucios… O esteiro do Mackenzie é o hábitat de moitas especies animais, sobre todo de aves migratorias: gansos de neve, ciños da tundra e Brant. É unha zona que emprega a balea beluga para parir.
APROVEITAMENTO
Pesca, navegación, enerxía…
É navegable cinco meses no ano, conxélase de outubro ata maio. Durante os meses que
está conxelado varios tramos empréganse como vía rodada (vías de xeo).
Na cunca do río existen xacementos de petróleo, gas natural, pechblenda e uranio.
No río Athabasca hai esquimós e cazadores de peles.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Parques Nacionais Jasper, Banff, Yoho, Kootenay (forman parte do Parque das Montañas Rochosas canadenses, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984). Parque Nacional do Búfalo dos Bosques. Esteiro do Mackenzie.
DATOS HISTÓRICOS
O Mackenzie (anteriormente río Disappointment, «río Decepción») recibiu o seu nome na
honra ao explorador Alexander MacKenzie que en 1789 explorou a zona en busca do Paso
do Noroeste para chegar ao Océano Pacífico. Na lingua dene ao río chámanlle Deh Cho.
Desde 1880 ata 1940, polo río navegaron barcos de vapor.
CURIOSIDADES
É o segundo maior río de América do Norte, despois do Mississipi. O esteiro do Mackenzie é un dos mellores lugares do mundo para practicar turismo ornitolóxico.
PROBLEMAS Contaminación, conxelación...
RÍO NELSON-
SASKATCHEWAN
NACEMENTO E FONTES
O Nelson flúe a partir do lago Winnipeg. O Saskatchewan nace nas Montañas
Rochosas. Fórmase na zona central de Saskatchewan, pola confluencia das súas dúas
ramas principais, Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur e remata no lago
Winnipeg.
LONXITUDE Río Nelson: 644 km. Río Saskatchewan: 550 km. A cabeceira máis alonxada (1.939 km) é a do río Bow, un afluente do Saskatchewan do Sur en Alberta.
PERCORRIDO: PAÍSES
Canadá, Estados Unidos
PERCORRIDO LINEAL Cidades: Calgari, Prince Albert, The Pas, Grand Rapids.
DESEMBOCADURA Badía de Hudson (Océano Atlántico)
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 982 900 km2 (180.000 km2 nos Estados Unidos) SUR: Cypres Hills, montes de Dakota LESTE: Montañas Rochosas
AFLUENTES DEREITA
Saskatchewan do Norte (co Bow), Carrot, Vermello do Norte, Winnipeg
AFLUENTES ESQUERDA
Saskatchewan do Sur (co Battle)
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Vales glaciares, fervenzas, sistemas de lagos, badlands... En Alberta (Canadá) existe unha boa representación de badlands (un tipo de paisaxe ruiniforme de características áridas e de litoloxía rica en lutitas, extensamente erosionado pola auga e o vento) . Destacan os do val do río Red Deer.
CLIMA Subártico
TIPO DE RÉXIME Nival, con grandes enchentes na época do desxeo.
CAUDAL 2.370 m3/s
FLORA
Bosque boreal de coníferas, tundra e vexetación de alta montaña. Bidueiros, salgueiros enanos, brións, chopos, alerces, arces, freixos, ulmeiros...
FAUNA Caribús, osos, gansos canadenses, ocas silvestres, águias, salmóns, troitas, lucios…
APROVEITAMENTO Enerxía eléctrica, pesca, navegación...
ESPAZOS PROTEXIDOS Parque Nacional Wapusk, Río Álamo-Nanowin, Príncipe Alberto...
DATOS HISTÓRICOS
Os primeiros pobos que habitaron a zona foron as trubos atsina, cree, saulteaux, pés
negros, assiniboine e sioux.
Foi un río empregado desde tempos antigos como ruta para comerciar con peles
Foi explorado en 1912 polo inglés Thomas Button e en 1670 estableceuse nel unha
estación de comercio.
As embarcacións fluviais introducíronse no río Bermello do Norte no século XIX e foron
un importante medio de transporte ata a chegada do ferrocarril.
CURIOSIDADES
É un dos río con maior aproveitamento hidroeléctrico. O nome do río púxollo Sir Thomas Button en honra a un capitán de barco que morreu alí. En Drumheller atópase o Dinosaur Provincial Park, co Royal Tyrrell Museum of Palaeontology, nunha área moi rica en fósiles.
PROBLEMAS Alteracións nos ecosistemas por construcción para centrais eléctricas, contaminación...
RÍO
YUKÓN
NACEMENTO E FONTES
Montañas Costeiras a 654 m de altitude.
LONXITUDE 3.185 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Estados Unidos e Canadá
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Dawson, Tanana, Koyukuk, Alakunuk
DESEMBOCADURA Mar de Bering (Océano Pacífico)
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 854.000 km2 NORTE: cordilleira de Brooks SUR: monte Kuskokwin, montes de Alaska, Wrangell, San Elías, cordilleira Costeira LESTE: Montañas Costeiras, montes Oglivie, Mackenzie
AFLUENTES DEREITA
Teslin, Pelly, Stewar, Porcupine, Chandalar, Koyukuk
AFLUENTES ESQUERDA
White, Tanana, Imoko
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
-Glaciar de Llewellyn, vales glaciares -Lagos: Tagis (máis de 100 km de lonxitude), Laberge (50 km de lonxitude). -Yukon Flats: unha área pantanosa moi cha onde abondan pequenos lagos. -Kusawa (no río Takhini), Kluane (noos ríos Kluane e White). -Zonas de rápidos: Five Finger Rapids e Pista Rapids, augas abaixo de Carmacks. -Delta na desembocadura.
CLIMA
Subártico. Moi húmido ao leste das Montañas Rochosas e máis seco no interior. En Alaska Central e no Canadá aparece un corredor libre de xeos debido ao efecto Foehn. Os ventos constantes e cargados de humidade que veñen do Océano Pacífico ascenden polas montañas e deixan as precipitación pasando ao outra vertente sen humidade e máis quentes.
TIPO DE RÉXIME Nival, con augas altas no desxeo.
CAUDAL 6.430 m3/s
FLORA
Bosques de coníferas (picea negra e branca, abeto negro, alerce, Pinus contorta...), lamagueiros, bidueiro de Alaska...
FAUNA
MAMÍFEROS: reno, alce, lobo, oso pardo, oso negro americano, cervo mulo, esquíos, castores, visón americano... AVES (máis de 25 especies): águia calva, gansos, patos... PEIXES: catro especies de salmón, lucio norteño, troitas arco da vella, troitas de lago, touro do Ártico, corégano, incono...
APROVEITAMENTO
Subministro urbán e para industria, navegación, enerxía… O Yukón dispón de tres centrais hidroeléctricas: en Schwatka Lake, en Whitehorse; preto de Mayo e Aishihik Lake.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Reserva Nacional Ríos Yukón-Charley, Refuxio de Vida Silvestre Yukon Flats. “Trinta Millas”, unha sección desde o lago Laberge ata o río Teslin, está considerado Patrimonio Nacional. Parque Histórico Internacional Klondike Gold Rush.
DATOS HISTÓRICOS
Durante as glaciacións do Plistoceno o val do río Yukón formou un corredor libre de xeos entre as Montañas Rochosas e o glaciar do Nordés do Canadá servindo de ruta de entrada da poboación asiática que atravesou o estreito de Bering (ao descender o nivel do mar formaba un istmo) cara ao continente americano O río foi un dos principais medios de transporte durante a febre do ouro de Klondike (Yukón), entre 1898 e 1899.
CURIOSIDADES
Yukón, en gwich’in, significa «gran río». O río chámase Kwiguk, ou gran corrente en yupik. Noutros tempos houbo abundancia de ouro nas marxes do río.
PROBLEMAS Contaminación (especialmente pola minería), sobrepesca...