rober y sono

2
Soñamos, pero nos tomamos muy en serio nuestros sueños”….. Así comezaba a intervención de Pablo Iglesias na Marcha do Cambio en Madrid. Veciños e veciñas, ¿cantas veces soñamos como nos gustaría que fosen as nosas vidas, o noso traballo, o noso fogar? ¿Cantas veces soñamos con ser felices nós e os nosos fillos? (pausa) Somos seres humanos: Brancos e negros, pobres e ricos. Chegamos desnudos a este mundo e desnudos marchamos del (Pausa larga) Nacemos coa facultade de respirar. Non é ningún mérito. ¿Por que ter traballo e un teito ten que selo? ¿Fálannos dos Dereitos Humanos? (Pausa). ¿Por que? (Pausa). Porque se presume do que se carece. Fóronnos arrebatados. (Pausa). Non necesitamos que lle chamen “dereitos” a aquelo que xa nos pertenece. Non lle pedimos ós que mandan que nos traian como regalo o que antes nos roubaron. A quenes viñeron ocupando o poder ata agora aterrorízaos unha cousa: Que nos demos conta de que a política non se pode deixar en mans duns extraños. Por iso chaman “xestión” ó que fan coas nosas vidas. Ocúltanse detrás das palabras. No mesmo momento no que pensamos isto, comezamos a facer política con maiúsculas. Deixamos de ser simples seres humanos para converternos en persoas. 8 de cada 10 xóvenes de Sanxenxo viven na casa dos seus pais porque non poden acceder a un teito que poidan pagar. (Pausa) Non poden pagalo nun dos municipios que máis pisos ten sin vender. Xente sin casa (Pausa) e casas sin xente (Pausa). O 20% dos veciños de Sanxenxo está no paro porque non atopa un traballo que lle dé estabilidade á súa vida. Moitos que traballan non chegan a fin de mes, outros non teñen nin para dar de comer ós seus fillos……. Un

Upload: numb25

Post on 06-Dec-2015

214 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Non o levou.

TRANSCRIPT

Page 1: Rober y Sono

“Soñamos, pero nos tomamos muy en serio nuestros sueños”….. Así comezaba a intervención de Pablo Iglesias na Marcha do Cambio en Madrid.

Veciños e veciñas, ¿cantas veces soñamos como nos gustaría que fosen as nosas vidas, o noso traballo, o noso fogar? ¿Cantas veces soñamos con ser felices nós e os nosos fillos? (pausa) Somos seres humanos: Brancos e negros, pobres e ricos. Chegamos  desnudos a este mundo e desnudos marchamos del  (Pausa larga)

Nacemos coa facultade de respirar. Non é ningún mérito. ¿Por que ter traballo e un teito ten que selo? ¿Fálannos dos Dereitos Humanos? (Pausa). ¿Por que? (Pausa). Porque se presume do que se carece. Fóronnos arrebatados. (Pausa). Non necesitamos que lle chamen “dereitos” a aquelo que xa nos pertenece. Non lle pedimos ós que mandan que nos traian como regalo o que antes nos roubaron.

A quenes viñeron ocupando o poder ata agora aterrorízaos unha cousa: Que nos demos conta de que a política non se pode deixar en mans duns extraños.Por iso chaman “xestión” ó que fan coas nosas vidas. Ocúltanse detrás das palabras.No mesmo momento no que pensamos isto, comezamos a facer política con maiúsculas. Deixamos de ser simples seres humanos para converternos en persoas. ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­

8 de cada 10 xóvenes de Sanxenxo viven na casa dos seus pais porque non poden acceder a un teito que poidan pagar. (Pausa) Non poden pagalo nun dos municipios que máis pisos ten sin vender.Xente sin casa (Pausa) e casas sin xente (Pausa).

O 20% dos veciños de Sanxenxo está no paro porque non atopa un traballo que lle dé estabilidade á súa vida. Moitos que traballan non chegan a fin de mes, outros non teñen nin para dar de comer ós seus fillos……. Un 

Page 2: Rober y Sono

Banco de Alimentos é unha clara mostra de que hai esperanza. Pero a esperanza non é a solución. 

¿Como pode ser que nun dos concellos que tivo un dos presupostos máis elevados de Galicia haia xente sin teito, sin pan e sin traballo? ¿Como pode ser que no ano 2015, 21 séculos despois de Cristo, un Concello cun potencial coma o de Sanxenxo esté arruinado? ¿Como pode ser que siga gobernado a estirpe que nos levou á ruina??.........Pode ser (Pausa) e de feito é. Pode ser porque nós o permitimos. Permitimos que uns extraños comercien coa nosa boa voluntad no seu propio beneficio. Permitimos que o máis sagrado fora reducido a un vulgar e criminal intercambio.

Señoras e señores,  CAMBIEMOS….. UNAMO­LOS NOSOS ESFORZOS ….É hora de que os veciños collamo­la politica polos cornos que lle puxeron, e sementemos por fin esta terra con semente da boa, da que da para moitas colleitas. Da de antes.

Fagamos política para que ninguén pase fame, para que calquera poida mercar unha vivenda sin ter que volver a pensar neso. Para crear oportunidades de emprego, para recupera­los servicios sociais, porque eran nosos.Ningunha xeración será sacrificada. Recuperarémo­lo Tesouro que esos extraños converteron en botín. Ese Tesouro é inagotable. Todos podemos beber nel sen temor, porque está chamándonos. Pero tratémolo ben, non é un botín. Soñemos…..Pero tomemos moi en serio os nosos soños.