rueiro do consumo
TRANSCRIPT
Visita didáctica
“rueiro do consumo” Vigo 18 de marzo de 2010
Día mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo celébrase o “Día Mundial dos Dereitos do Consumidor” que este ano ten como
tema “O noso diñeiro, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores
en relación aos servizos financieiros (préstamos, hipotecas,...)
Un consumidor informado é un consumidor que coñece os seus dereitos e que realiza cada acto
de consumo dunha maneira segura e consciente.
Existen varios organismos que nos axudan a coñecer e defender os nosos dereitos como
consumidores,
Ocu
A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación privada independente e
sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos
consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudalos a resolver os
seus problemas de consumo e a facer respectar os seus dereitos fundamentais como consumidores.
Informar, asesorar e defender os dereitos dos consumidores son os obxectivos da OCU. Se
non se están respectando os teus dereitos como consumidor, a OCU está para defenderte.
IGC O Instituto Galego de Consumo creouse co obxecto de desenvolver as actividades
relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, como un
organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Está rexido por un Consello de
Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Escola galega de consumoEscola galega de consumoEscola galega de consumoEscola galega de consumo
Créase como un instrumento para coordinar as actividades
de educación e formación no eido do consumo coa finalidade de
impulsar e desenvolver a educación e formación dos
consumidores galegos a través da realización de cursos,
obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.
Omic As Oficinas Municipais de Información ao Consumidor están nos Concellos,
como administración máis próxima ao cidadán. A súa finalidade é informar,
orientar e educar aos consumidores para un adecuado exercicio dos seus dereitos,
a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, etc.
As OMIC atenderán e tramitarán as queixas, reclamacións e denuncias dos
consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos.
O Instituto Galego de Consumo convídanos a pasear polo “RUEIRO DO
CONSUMO” co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores.
Terá lugar entre o 12 e 18 de marzo no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Descrición da actividade
Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia
dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e
entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre
todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis
temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un
consumo responsable.
A actividade “Rueiro do Consumo” trata de percorrer unha rúa, na que poder
achegarse ao eido do consumo a través da realización de experiencias e actividades en
espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións,.....
A duración da actividade será superior ás dúas horas, e farase en grupos de 15
compoñentes aproximadamente.
As “paradas” nesta rúa serán as seguintes:
Un supermercado
No que poderedes realizar unha compra responsable.
Un ciber No que poderedes coñecer os criterios de páxina segura na rede,
nas compras a través de internet e xestión da conta de correo
electrónico.
Ag21 escolar e climántica Con actividades sobre paisaxismo e cambio climático. Podes
ver antes algunhas das actividades que teñen nas súas páxinas:
http://eduprimaria.climantica.org/
oficina de banca Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou
o uso dos produtos ofertados (tarxetas de crédito, de débito, etc.) e
cousas máis complicadas, xa para os maiores.
Oficina de consumo Nun mapa poderedes pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis
próxima á túa localidade. Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso
debemos acudir a elas.
Sala de mediación e arbitraxe Realización dunha simulación de arbitraxe (resolución
de conflitos) , alternando cun conto para os máis pequenos.
Unha reprodución dunha casa Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC
do mercado. Realización dun instrumento de seguridade .
Tenda de comercio xusto Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de
dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio
alternativo.
Galería de exposicións Exposición dos traballos premiados no curso anterior. Lembrades as comidas sas e
saudables? E a Archimboldo, e Carl Warner????
Artesanía. Baixolizo Averigua antes de ir que é iso do baixolizo.
Inega Instituto Galego de Enerxía , preséntanos unha exposición de
enerxías renovables.
Galicia calidade Coñeceremos a marca de garantía do goberno galego,
así como os produtos que teñen este cuño a día de hoxe.