se podes ver, olla; se podes ollar, repara

34
SE PODES VER , OLLA; SE PODES OLLAR, REPARA Paso a paso pola Compostela dos Camiños, reparamos nos nomes das rúas e dos barrios. E decidimos pescudar na orixe deses nomes, algúns ben curiosos.

Upload: 5palabrascompartidas

Post on 27-Jun-2015

186 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Paseo visual por Santiago de Compostela

TRANSCRIPT

  • 1. SE PODES VER , OLLA; SE PODES OLLAR, REPARA Paso a paso pola Compostela dos Camios, reparamos nos nomes das ras e dos barrios. E decidimos pescudar na orixe deses nomes, algns ben curiosos.

2. CAMIO FRANCS 3. RA DOS CONCHEIROS Chegamos RA DOS CONCHEIROS, que d entrada ao ncleo urbano de Santiago. O nome lembra a actividade artesanal que d orixe a peregrinacin. Nesta ra estaban as tendas dos concheiros, artesns que se dedicaban fabricacin de cunchas que servan de insignias aos que acadan a meta da sa peregrinacin. 4. RA DE SAN PEDRO Continuando camio, entramos na RA DE SAN PEDRO, que se formou en torno igrexa do mesmo nome levantada no sculo XI e denominada de fra por estar extramuros. 5. PORTA DO CAMIO A ra de San Pedro remata na PORTA DO CAMIO, nome que evoca a existencia dunha muralla na cidade. Por esta porta, entraban os maiores continxentes de peregrinos chegados de diversos puntos de Europa: de a o seu nome. 6. RA DAS CASAS REAIS Xa estamos intramuros, na RA CASAS REAIS. Na Idade Media, en tempos dos RRCC, haba neste lugar unhas "Casas Reais", que acollan a institucin do gobernador e os xustizas reais e acabaron dando nome a esta zona da cidade. Antes, chamouse ra do Camio ou Francxena. 7. PRAZA DE CERVANTES Xiramos un pouco esquerda e chegamos actual PRAZA DE CERVANTES, en cuxo centro se levanta unha fonte coroada por un busto do escritor. Mais non este o nome orixinal do lugar, senn o de PRAZA DO CAMPO, lugar de mercado e un dos ncleos principais da cidade. 8. Na recta final da peregrinacin baixamos pola Acibechera, onde coincidimos cos/as que veen facendo o camio dos ingleses. Agora continuaremos xuntos. Aqu se establecan os artesns do acibeche para atraer a atencin dos peregrinos que percorran este camio. RA DA ACIBECHERA 9. PRAZA DO OBRADOIRO Por fin, a PRAZA DO OBRADOIRO, fin do Camio! Un obradoiro de canteiros que traballaban na construcin da fachada barroca da Catedral, que domina a praza, parece ser a orixe do nome. 10. Aqu, praza do Obradoiro, chegamos canda os compaeiros e compaeiras que vian polo CAMIO INGLS, e a eles/as cedemos a palabra. PRAZA DO OBRADOIRO 11. CAMIO INGLS 12. O noso roteiro por Compostela comeza en San Caetano, ra e barrio que leva este nome pola ermida que, en advocacin a este santo, foi al construda. RA DE SAN CAETANO 13. RA DA PASTORIZA Ao pouco da nosa entrada no ncleo urbano de Santiago, pasamos por diante, dunha capela, a Nosa Seora da Pastoriza, de onde procede a designacin desta Ra da Pastoriza. 14. RA DOS BASQUIOS Proseguimos o noso camio sen deixar de nos fixar nos carteis que nos din como se chama a ra na que estamos. Aqu pon TRAVESA DOS BASQUIOS, un nome ben curioso, por certo, polo que nos sentimos inclinados a pescudar a sa orixe. E soubemos que se chama as por ser o lugar onde fixaron a sa residencia os inmigrantes bascos que se estableceron en Compostela. 15. RA DE SANTA CLARA Sen desvirmonos anda do camio, pasamos por diante dun convento, o das clarisas, fundado e impulsado por dona Violante, muller de Afonso X e o primeiro que esta orde tivo en Galicia. SANTA CLARA o nome da ra. 16. RA DOS LOUREIROS Tomamos agora polo mis baixo dos dous camios da bifurcacin e deixamos nosa dereita o Convento do Carme, sito no CAMPO DO CARME. Proseguimos pola RA DOS LOUREIROS, onde anda se poden achar algunhas das rbores que lle deron nome ra. 17. RA DA PORTA DA PENA Xa estamos intramuros, e acabamos de cruzar a PORTA DA PENA, nico resto no lugar da porta da muralla, hoxe desaparecida, que rodeaba Santiago e que daba acceso aos peregrinos de Inglaterra e Flandes. 18. RA DA FONTE DE SAN MIGUEL Pouco falta para chegar fin do noso camiar, pois xa nos atopamos na RA DA FONTE DE SAN MIGUEL, que toma o seu nome dunha das boas fontes de auga doce das que dispoa Compostela. 19. RA DE ABRIL ARES Rapidamente estamos na RA DO DOUTOR ABRIL ARES, da que sabemos, grazas a persoas orixinarias de Compostela, que antes se chamou RA DOS BRILLARES. Non chegamos a saber a razn deste cambio de denominacin. 20. RA DA TROIA A nosa ruta estritase e accedemos RA DA TROIA, onde, por certo, anda se conserva a que , probablemente, a casa mis antiga da cidade, e en cuxos muros pode lerse unha inscricin que fala dos seus posuidores. Troia parece proceder de TUROBRIGA, topnimo celta que significa cidade forte. 21. RA DA ACIBECHERA Continuamos e realmente estreita a ra cando desemboca na ACIBECHERA, onde o noso camio deixa de ser o noso. Aqu andaremos xuntos con quen vn facendo o Camio Francs. E, ao chegar Praza do Obradoiro, vemos como tamn o fan os e as que percorreron o Camio Ingls 22. CAMIO PORTUGUS 23. CONXO O camio portugus pasa por este barrio de estrao nome que xurdiu arredor do convento, e cuxa orixe hai que buscala nunha lenda que conta que un peregrino, apelidado Canogio, foi asasinado neste lugar, xa case s portas da cidade. A sa prometida, Rosuida, ao ter coecemento do lugar exacto no que falecera o seu amor, mandou levantar o convento de Santa Mara de Canogio, que, co tempo, acabara sendo Santa Mara de Conxo; e de a a denominacin da zona. 24. A denominacin ROCHA FORTE para esta zona fai referencia a unha rocha sobre a que houbo unha torre defensiva e ten o valor semntico de fortaleza. Neste topnimo, hai un cambio de significado do termo rocha, que adquire o valor de fortaleza ou castelo; e aqu levantouse o castelo da Rocha Forte, hoxe en runas. Por esta zona, pasa o CAMIO PORTUGUS. ROCHA FORTE 25. . Estamos na POZA REAL, nome que pode conducir a equvocos, pois REAL, probablemente, no ten un significado relacionable coa palabra rei, senn que procede da voz latina RIGALE, derivada de RIGUUS, rego, en referencia a unha pequena corrente de auga. Esta ra pertence Rocha Vella pola que pasa o CAMIO PORTUGUS RA DA POZA REAL 26. PONTE VELLA Cruzamos a PONTE VELLA, construcin situada sobre o ro Sar en Larao. Est realizada en cantara e cachota e presenta un nico van, formado por un arco de medio punto con rasante horizontal. E falando do RO SAR, e tamn do Sarela, entre os que est Compostela, temos que remontarnos poca prerromana para atopar a orixe destes topnimos: o precltico SAR, corrente de auga. 27. RA DA PORTA FAXEIRA Tras percorrer un bo treito por ras cheas de coches chegamos PORTA FAXEIRA, e penetramos na cidade medieval. Xa queda pouco para rematarmos o noso camio. Aqu estaba ubicada unha das portas da desaparecida muralla medieval e o seu nome parece ser debido existencia de faias, FAGUS en latn, na zona. 28. RA DO FRANCO Recta final pola RA DO FRANCO. Cando percorramos esta ra, entraremos no final da nosa peregrinaxe; atoparemos al os compaeiros e compaeiras que estn facendo outros camios? Para buscar a orixe do nome desta ra hai que retrotraerse poca medieval, cando nela se asentan taberneiros e pousadeiros de procedencia francesa para atender a peregrinos e visitantes da cidade. 29. CAMIO DA FIN DA TERRA 30. Xa no Obradoiro, decidimos continuar at o FINIS TERRAE, agora xa xuntos. E para iso baixamos pola RA DAS HORTAS, que, na Idade Media era unha zona sementada de hortas propiedade dos vecios e do Cabido composteln. RA DO CAMPO DAS HORTAS 31. Continuamos pola RA DO CRUCEIRO DO GAIO, que debe o seu nome existencia nela dun cruceiro, hoxe ubicado mis arriba, na entrada da Alameda desde a ra do Campo do Cruceiro. unha ofrenda feita en 1679 por un matrimonio devoto. RA DO CRUCEIRO DO GAIO 32. RA DA POZA DE BAR Nos arrabaldes de Santiago, percorremos a RA DA POZA DE BAR, situada na depresin do ro Sarela. A denominacin desta zona subministrara unha tautoloxa co significado dobre de poza ou depresin , o que se corresponde coa realidade do lugar, pois bar ten o sentido de depresin, costa, desnivel. 33. AUTORAS/ES: 3 ESO A Mara Alcaraz Prez. La Barba Iglesias. Uxa Castro Fondo. Carla Somoza Pallas. 3 ESO B Rayanne Mabilly Alves-Almeida Chavier. Paula Nagore Carrillo Costa. Ariadna Gil Rial. Menca Hermida Garca. Zulema Mara Losada Ares. Alba Marzoa Viqueira. Victora Mara Parga Iglesias. Tamara Rodrguez Mrquez. Marta Sanabria Gago. Martn Veiga Pena. 34. BIBLIOGRAFA -Concello de Santiago de Compostela (ed.), Callejero de la ciudad de Santiago de Compostela, Santiago, 1979. -Portela Silva, Ermelindo (coo.), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacins e Intercambio Cientfico, Santiago, 2003. -Rodrguez Gonzlez, A. e Varela Jcome, B., Santiago de Compostela, Editorial Everest, S.A., Len, 1991. -VVAA, Guas fotogrficas. Santiago de Compostela, Susaeta Ediciones, S.A., Madrid, 2009. -VVAA, Santiago de Compostela en el bolsillo, Santillana Ediciones Generales, S.L., Madrid, 2007. -http://www.santiagoturismo.com/ -www.compostelavirtual.com -www.xunta.es/dog/publicados/ -www.compostelaintegra.org -sanpedro.wordpress.com -caminodesantiago.consumer.es -www.ruc.udc.es