segunda escola sindical de ccoo: saÍr da crise sen … · se polo mundo a golpes de machada as...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do s. N. de CCOO Número 54 - setembro de 2014 N o mes de setembro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia orga- nizou a súa Segunda Escola Sindical. Baixo o lema «des- envolvemento con dereitos para saír da crise», tomaron a palabra especialistas de dentro e fóra do ámbito sin- dical que, partindo dunha exposición multidisciplinar, achegaron propostas alter- nativas ás de Feijóo e Rajoy. / PÁXS. INTERIORES Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN PERDA DE DEREITOS Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN PERDA DE DEREITOS

Upload: ngongoc

Post on 05-Dec-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do s. N. de CCOONúmero 54 - setembro de 2014

No mes de setembro, oSindicato Nacional deCCOO de Galicia orga-

nizou a súa Segunda EscolaSindical. Baixo o lema «des-envolvemento con dereitospara saír da crise», tomaron

a palabra especialistas dedentro e fóra do ámbito sin-dical que, partindo dunhaexposición multidisciplinar,achegaron propostas alter-nativas ás de Feijóo e Rajoy./ PÁXS. INTERIORES

Segunda Escola Sindical de CCOO:

SAÍR DA CRISESEN PERDA

DE DEREITOS

Segunda Escola Sindical de CCOO:

SAÍR DA CRISESEN PERDA

DE DEREITOS

Page 2: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

GALICIA sINdICAL Número 54 - setembro de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON: Benxamín Rocha (O Retrovisor), Juan Martínez e X. Rodríguez (opinión) / CONTACTO: [email protected] /PECHE: 30/9/2014

Os mercados ditanas prioridades

Xa no final dos anos se-tenta, cando aquí anda-bamos procurando bo-

tar abaixo a ditadura para verde nos incorporar ao club das«podrecidas» democracias deEuropa Occidental –así ascualificaban os prebostes doréxime franquista–, desde aoutra beira do Atlántico che-gaban voces que clamabanpor rematar coa «excepcióneuropea» onde o estado dobenestar lle poñía rostro hu-mano ao capitalismo.Esas voces, urdidas por ilus-

tres economistas, estendéron-se polo mundo a golpes demachada as máis das veces,outras –como en Europa– enrai-zaron avaladas polas urnas. Cal-quera método era bo con tal deque fose útil para teren os mer-cados campo libre e circular o ca-pital sen taxa nin control. A acu-mulación de beneficios é paraeles o becerro de ouro ao quehai que render culto. Non impor-tan as condicións e os sacrifi-

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

cios que se lles impoñan ás per-soas, porque actuar de formaegoísta beneficia a todos; nonimporta que amplos colectivossociais queden fóra de xogo ouna indixencia, porque a exclu-sión é normal e necesaria para aboa saúde da sociedade; a co-biza é boa para mellorar a vida eo elitismo é eficiente porque sóuns poucos teñen capacidadesespeciais; e loitar contra a de-sigualdade resulta prexudicial,porque esta é unha condición«natural» do xénero humano.As prioridades márcanas os

mercados que, segundo o mi-nistro Luis de Guindos, son«esa man invisible que os faiactuar conforme á razón e aoben común e que, polo tanto, omellor é deixar os mercadoseconómicos con liberdade ab-soluta e eliminar todo o posiblea intervención e a regulamenta-ción dos poderes públicos naeconomía». O que non din é que a deses-

peración resultante é inevitable.

SEN COMENTARIOS

Arriba, o dimisionario ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, tras

anunciar o Goberno central a retirada do proxecto de reforma da lei do aborto;abaixo, unha das numerosas mobilizacións cidadás de rexeitamento a esta

iniciativa que limitaría gravemente o exercicio do dereito ao aborto

Page 3: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA sINdICALNúmero 54 - setembro de 2014

Non parece que o go-berno de Rajoy estea aconsiderar un cambio

de políticas. A «marcha atrás»do proxecto de reforma de leido aborto ten máis que ver concálculos electoralistas ca conconvencementos sobre os de-reitos das mulleres. A conse-cuente dimisión de Gallardóncomo ministro de Xustiza, des-autorizado e amortizado, resól-vese co nomeamento deCatalá; da súa etapa como nú-mero dous do Ministerio de Fo-mento e as súas «presións»non gardan un recordo gratoas vítimas do accidente doAlvia en Angrois.Aínda que fose por electora-

lismo, e atendendo ás sonda-xes e resultados electorais daseuropeas pasadas, xa podíarenunciar a manter os recortesque favorecen a desvaloriza-ción de dereitos sociais, labo-rais e cidadáns. Non pareceque vaia haber cambios, e oanteproxecto de orzamentos

xerais para 2015 xa avanzaque virán máis «receitas» desacrificio para as persoas queviven do seu traballo ou pen-sión e as que se atopan endesemprego.Algo de electoralismo, e do

malo, zumega o aviso de certabaixada de impostos, que nonse acompaña dunha reformafiscal para asegurar máis in-gresos ao Estado. Para o PP, oobxectivo é chegar ás elec-cións municipais e autonómi-cas de maio de 2015 senperder máis popularidade ci-dadá, que xa é dicir.Se de electoralismos fala-

mos, Feijóo é un experto: sabevender fume a mancheas encampaña electoral; así ocorreunas eleccións europeas cobuque de acción militar asig-nado a Navantia Ferrol, oucomo pasou cos floteis dePEMEX anunciados en setem-bro de 2012, dos que só em-pezou a construír un.Pero se falamos de políticas

EDITORIAL

A mellor ferramenta contra recortes e despedimentos

CCOO segue a ser a mellor ferramenta para defender os dereitoslaborais. Na imaxe, compañeiras de EXTEL-A Coruña contra o acoso moral

de desenvolvemento do nosopaís, Galicia non merece unpresidente que anda seguidocoa cabeza agochada. Porexemplo, agora que Navantiadecide levar a construción doflotel a Cádiz. Por sorte, as boasxentes de Ferrol e comarca té-ñeno claro e non esperan nadade Feijóo nin do PP, saben quevan conseguir saír adiante abase de presión e mobilización.Nunhas semanas celebra-

rase no Parlamento de Galiciao debate do estado da autono-mía e, aínda que queira estru-llar as estatísticas e as cifraseconómicas, Feijóo só poderápresentar como balance o seupapel de «asistente» na cita deMerkel e Rajoy en Santiago deCompostela hai un mes.

O papel do sindicatoA de hoxe non é unha situa-

ción distinta da vivida noutrascrises. Tampouco cando aeconomía ía mellor deixamosde actuar desde CCOO en de-fensa de máis dereitos e me-llores condicións de vida e detraballo. Pero si é certo quetemos unha responsabilidadeque cumprir a prol da clasetraballadora, e que temos queafrontar unha ofensiva antisin-dical coa que mesmo querenencarcerar centos de traballa-dores e traballadores que par-ticiparon en folgas.O labor sindical nunca é

fácil, e sempre ha ser rigorosoe firme, pero temos que estaraí, onde somos imprescindi-bles, multiplicándonos e su-mando máis xente ás CCOO,para chegar a máis empresase atender máis traballadores e

traballadoras. Se é preciso,temos que cambiar a nosaxestión sindical para impedirque a escaseza de recursos ede dispoñibilidades mingüen anosa capacidade de acciónsindical.

Eleccións sindicaisAgora que se cumpren cin-

cuenta anos das primeirasCCOO, temos que afrontar unproceso crucial de elecciónssindicais. Por mellor dicir, aparte final do proceso de elec-cións sindicais que comezouhai catro anos. Son moitos osintereses empresariais, políti-cos e de sindicatos corporati-vos e amarelos que converxenpara que, tanto CCOO como osindicalismo confederal e declase, perdan representativi-dade. Pero para CCOO a súarepresentatividade dependeráda súa acción sindical e dosresultados alcanzados enforma de máis dereitos, demáis defensa do emprego, demáis e mellores convenios ne-gociados, a pesar da situaciónde crise xeneralizada en em-presas e sectores.É o momento para que

todas as xentes de CCOO re-dobren o seu compromiso eesforzo militante e sexan unexemplo para os compañeirose compañeiras de traballo. Se-xamos merecentes do apoio ea implicación da clase traba-lladora en Galicia para plantarcara en defensa dos nososdereitos fronte a empresariosque todo o resolven despe-dindo e fronte aos gobernosda Xunta e de España e assúas políticas de recorte.

Page 4: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

GALICIA sINdICAL Número 54 - setembro de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

No marco da Segunda Es-cola Sindical, o secreta-rio confederal de CCOO,

Ignacio Fernández Toxo, e o se-cretario xeral de CCOO de Gali-cia, Xosé Manuel SánchezAguión, deron unha conferen-cia de prensa conxunta na quepresentaron as principais con-clusións deste encontro eavanzaron as alternativas queformula CCOO para unha saídada crise sen perda de dereitos.Sánchez Aguión sinalou

que a recuperación econó-mica de que falan os sectoresafíns ao Goberno é «aínda in-certa» e supeditada á recupe-ración da zona euro. E men-tres a recuperación non che-ga, a crise estase a utilizarcomo «escusa para impor unnovo modelo social» conmenos democracia, menosdereitos e recortes nos servi-

zos públicos.«En vez de austeridade, apos-

tamos por estímulos á activi-dade económica para poder-mos xerar emprego», ex-plicou Aguión. As políticas que seestán a promover ata o mo-mento, baseadas nos recortes,«non serven». O seu único ob-xectivo, censurou, é «satisfacermotivacións ideolóxicas» dosgrupos que apoian o Goberno, ecitou entre os exemplos máis cla-ros disto a LOMCE –contrarre-forma educativa– ou a lei taxasxudiciais –que consagra unhaxustiza de dúas velocidades.Pola súa parte, Toxo identifi-

cou como principal ameaza daeconomía «unha terceira rece-sión», polo que lle reclamou áUnión Europea que outorgue«máis flexibilidade» no calen-dario para acometer a consoli-dación fiscal. «Se o risco de

deflación se consolida, o riscodunha terceira recesión en Es-paña pode estar moi presente»,subliñou.Na súa opinión, nos próxi-

mos cumios do Consello Euro-peo decidirase entre manter aausteridade e cumprir os calen-darios fixados para os diferen-tes Estados en materia deconsolidación fiscal ou, polacontra, se se dará maior flexi-bilidade, política que iría com-binada co impulso da acti-vidade económica.O secretario confederal de

CCOO salientou que Españaadoita acompañar o ciclo eco-nómico europeo «con dous outres trimestres de atraso». Poresta razón, nun escenario dedébil crecemento do PIB, «saírda recesión non é saír dacrise». Neste sentido, aludiu aanálises de diferentes espe-

Saír da crise sen perdade dereitos

cialistas que ven como unha«anomalía» a situación eco-nómica da UE, con políticasbaseadas na austeridade, moidiferentes ás doutras latitu-des. Precisamente, tal comose sinalou na Escola Sindical,países como os Estados Uni-dos están a medrar ao redordo 5% grazas á adopción demedidas totalmente diferen-tes.Por outra parte, Toxo adver-

tiu de que a saída da crisedebe significar que «os bene-ficios cheguen ás persoas», oque se ha traducir nunha di-minución do desemprego,pois España é, tras Grecia, oEstado con maior taxa deparo. De feito, ao ritmo actual,serían necesarios catorceanos máis para reducir o de-semprego aos niveis do 2008.

As alternativas de CCOOFronte a este escenario,

CCOO propón alternativas enmateria de emprego –con es-pecial atención á mocidade eás persoas maiores de 45anos–, impulso dunha forma-ción profesional dual, un planespecífico de igualdade para ainclusión laboral das mulle-res, maior protección social eun novo acordo de negocia-ción colectiva para revalorizaros salarios.Canto a esta última cues-

tión, o secretario xeral deCCOO de Galicia anunciou queo sindicato ten entre as súaspretensións o reforzamen-to da negociación colectiva,indispensable para lograr talobxectivo.

n Xosé Manuel Sánchez Aguión e Ignacio Fernández Toxo explicaron as principais propostas de CCOO para lograr este obxectivo

Conferencia de prensa de Xosé Manuel Sánchez Aguión e Ignacio Fernández Toxo

Page 5: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA sINdICALNúmero 54 - setembro de 2014

Margarita Pérez, subdirec-tora de Información Ad-ministrativa e responsa-

ble dos Centros de Atención e In-formación do Instituto Nacionalda Seguridade Social da Coruña,centrou o seu relatorio na EscolaSindical de CCOO na xestión dasincapacidades temporais nos pri-meiros 365 días da súa duración.Pérez foi presentada por Vio-

leta Esteban, secretaria de SaúdeLaboral de CCOO de Galicia, queintroduciu a cuestión denun-ciando unha «desregulación le-xislativa» situada na órbita dacrise económica e as súas con-secuencias.En opinión de Esteban, a crise,

que semellaba unha «situacióntemporal», camiña cara a un«novo paradigma» económico,social e laboral. Unha das conse-cuencias disto é a mencionada«desregulación lexislativa» que,ademais, «compromete seria-mente a seguridade e a saúdedos traballadores e das traballa-doras», reprochou.Segundo a súa análise, as eli-

tes mundiais están a aproveitar acrise para privatizar os servizospúblicos rendibles, «non os ou-tros», e minguar os dereitos que

a cidadanía logrou «co esforzode moitas décadas de loita».Entre estes dereitos se encon-

tra a seguridade e a saúde no tra-ballo, que as «elites mundiais»están a percibir como un «obs-táculo» que cómpre saltar paraincrementar a competitividadeda economía. Exemplo deste cri-terio constitúeno a redución dosinvestimentos en política preven-tiva e as peticións emanadas dedeterminadas instancias para re-baixar a protección en seguri-dade e saúde.Nesta última liña encádrase a

redacción inicial do borrador deanteproxecto da lei de mutuas,agora emendado grazas á pre-sión sindical, e que recollía aposibilidade de que as mutuasfixesen propostas de alta senmediación de acto médico ou aconsideración do silencio admi-nistrativo como positivo –isto é,a favor da alta, o que poderíaprexudicar o traballador ou tra-balladora–. Malia que xa se co-rrixiron estes aspectos, VioletaEsteban aseverou que son aproba do «criterio economi-cista» que está a guiar nos últi-mos tempos as actuacións namateria.

Xestión da ITTras as claves sindicais apun-

tadas pola secretaria de SaúdeLaboral de CCOO, MargaritaPérez realizou un repaso estrita-mente técnico das novidadesque introduce o Real decreto625/2014, do 21 de xullo, quemodifica o trámite administra-tivo do control dos procesos deincapacidade temporal nos pri-meiros 365 días da súa dura-ción, en vigor desde o pasado 1de setembro.Ademais de introducir cam-

bios na xestión da incapacidadetemporal, Pérez explicou que oreal decreto tamén cumpre afunción de «adaptar a realidadeclínica dun traballador ou traba-lladora ao novo sistema de co-tización da Tesouraría Xeral daSeguridade Social».Co novo real decreto, as

mutuas poderán facer o con-trol da incapacidade temporal(en diante, IT) por enfermidadecomún a partir do primeiro díade baixa. Xa non teñen que es-perar ao décimo sexto día comoata agora. É salientable que ascitas terán que programarsecunha antelación mínima decatro días hábiles, o que impideque a mutua poida «molestar»os doentes con baixas de dura-ción inferior a cinco días. Ade-mais, a mutua debe concertar acita por un medio que deixeproba da convocatoria.

As non comparecenciasNos casos de non compare-

cencia do traballador ou traba-lladora ao control da IT porenfermidade común, producía-se a extinción da prestación. Apartir de agora, a non compa-recencia inxustificada darálugar á suspensión preventiva;

«Desregulación lexislativa»sobre a saúde laboral

esta notificaráselle á persoa in-teresada e iniciarase un prazo dedez días hábiles, contados dendea data en que estaba citada, paraque xustifique por que non asis-tiu, antes de se facer efectiva aextinción da prestación.

Propostas de altaNo que atinxe ás propostas de

alta médica formuladas polamutua, a presión sindical –comoxa apuntara Esteban– logrou eli-minar a «alta presunta» por omi-sión de resposta dos sistemaspúblicos de saúde (SPS) ou dasentidades xestoras (INSS, ISM),que na práctica facultaba a mutuapara dar a alta nos casos de en-fermidade común. Outra novi-dade salientable é que atraballadora ou traballador de-berá ser informado do inicio daproposta da alta para que poidaarticular a súa defensa, se o con-sidera oportuno.Os prazos de resposta a esta

proposta de alta acúrtanse: seránde once e oito días (SPS eINSS/ISM, respectivamente) atafebreiro de 2015; a partir desadata, de cinco e catro días res-pectivamente. Polo tanto, amutua non pode dar a alta nasenfermidades comúns, pero osprazos para que a súa propostasexa contestada acúrtanse.

Derivacións ao SERGASEn moitas ocasións, o traballa-

dor ou traballadora que acudía ámutua por considerar que a súadoenza era de orixe laboral ato-pábase con que o derivaban aoSERGAS aducindo enfermidadecomún, pero sen fundamentar adecisión. Agora, haberá queacompañar un informe e probasque sustenten a consideración decontinxencia común.

Violeta Esteban (esquerda) e Margarita Pérez (dereita)

Page 6: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

GALICIA sINdICAL Número 54 - setembro de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

Participou na Escola Sindicalde CCOO deste ano e,salvo compromisos pre-

vios ineludibles, acompáñanossempre nos principais eventosdo sindicato. Tamén o fai candoo convidan outras organizaciónssindicais e mesmo a patronal.Sabe que nos debates dos axen-tes sociais están as claves paradesatascar conflitos e avanzarno diálogo.Exerce de presidente do Con-

sello Galego de Relacións Labo-rais defendendo o diálogo e oacordo. Para Demetrio Fernán-dez, a negociación colectiva senpresións é máis eficaz para xes-tionar a crise en empresas e sec-

tores ca decretos impostos quefacilitan o despedimento e per-miten o dúmping nos dereitoslaborais.

Como licenciado en dereito einspector de traballo, nonpensa que o dereito laboralestá gravemente tocado coasmodificacións das últimas re-formas laborais?Sen ningunha dúbida. As últi-

mas reformas laborais supoñenun cambio radical do papel dodereito do traballo. O dereito la-boral sempre foi a rama máis in-tuitiva e protectora do ordena-mento xurídico. Xorde para co-rrixir e introducir un certo equi-

Por Juan Martínez librio nunha relación de naturezadesigual, como é a relaciónentre empresa e persoa traballa-dora, na que unha parte con-trata, despide e dispón de poderde dirección, de control e disci-plinario, e a outra vende a forzado seu traballo. Ese carácterprotector perdeuse e o dereitodo traballo pasou a conside-rarse un elemento puramenteeconómico, entendíase que in-troducía rixideces e trabas quecumpría eliminar para acadarunha recuperación económica.É un erro de enfoque pois estacrise en ningún caso veu moti-vada por rixideces da regula-ción laboral, senón por unhamala regulamentación e unhaausencia de control no eido fi-nanceiro mundial.

«Tras da depreciaciónde salarios hai persoase hai familias»

Realmente, son máis compe-titivas as empresas que podendespedir máis facilmente?A competitividade das empre-

sas vén marcada por elementosque nada teñen que ver co des-pedimento. Hai que atender aovalor engadido que xeren, aosector en que se atopen, á súamodernización, á súa capaci-dade de actuar nun mercadoglobal e ao seu capital humano.Facilitar o despedimento sóachega un aforro de custos acurto prazo, pero en nada mello-rará a competitividade nin a pro-dutividade das empresas. Amaiores, o que demandan asempresas é que flúa o crédito,

n Entrevista a Demetrio Fernández, presidente do Consello Galego de Relacións laborais e relator na Segunda Escola Sindicalde CCOO de Galicia

As últimas refor-mas laborais su-poñen uncambio radicaldo papel do de-reito do traballo,que pasou aconsiderarse unelemento pura-mente econó-mico. É un errode enfoque

Page 7: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA sINdICALNúmero 54 - setembro de 2014

facilidades para colocaren osseus produtos, menos dificulta-des e máis axudas para produ-ciren, para ampliaren eexpandírense; e que se creen ascondicións para que o consumose reactive. A mellora destas va-riables é o que anima as empre-sas a contratar persoal, non ofeito de que haxa un despedi-mento máis barato.Xoán López Facal dixo na Es-

cola Sindical de CCOO que aredución en dereitos laborais,e concretamente dos salarios,é agora a maneira de depreciara economía, ao non o poderfacer coa moeda. Comparteesta visión?A visión é perfectamente vá-

lida, o problema é que tras dadepreciación de salarios hai per-soas, hai familias e hai efectoscolaterais na economía mal cha-mada real, converténdose napescada que morde a cola (sala-rios máis baixos, menor con-sumo, menor produción, menospostos de traballo, menos ingre-sos públicos).O goberno de Rajoy, coa súa

reforma, concibiu o conveniosectorial como un problema epermitiu desvalorizar os míni-mos deses convenios con con-venios de empresa á baixa, amaior parte asinados por sin-dicatos corporativos ou repre-sentacións «independentes».Existen precedentes desta si-tuación de dúmping social nou-tros países?Hai diferenzas notables nos

sistemas de negociación colec-tiva nos distintos países. Nonoso, con todos os defectos quetiña e ten a negociación colec-tiva, o convenio sectorial pro-porcionaba unha certa homo-xeneidade de mínimos nos dis-tintos sectores. A primacía caseabsoluta do convenio de em-presa, no país das micropemes,rompe esa homoxeneidade eabre unha carreira á baixa na re-dución de custos laborais. A pri-macía dun convenio sectorial ea posibilidade de melloralo cosconvenios de empresa funcio-

nou razoablemente ben comobinomio nos últimos trinta ecatro anos, achegou unha dastaxas de cobertura máis altas daUnión Europea e foi un elementode paz social de primeirísimaorde.Na súa opinión, é posible re-

cuperar a economía galegacando se están a rexistrar ossalarios máis baixos que selembran?Parece difícil que se acaden

melloras en elementos clavescomo a capacidade e as ganasde consumir con incrementossalariais mesmo por baixo doIPC, que na práctica carrean unhaatonía na economía.Facendo un breve repaso

polos sectores produtivos, encal se producen máis desvin-culacións ou non-aplicaciónsde convenios e cales son as ra-zóns disto que detectan desdeo CGRL?As non-aplicacións de conve-

nios colectivos, o que tradicio-nalmente se chamaron desvin-culacións salariais e que agorapoden afectar a practica totali-dade do convenio colectivo,irromperon con moita forza nosúltimos anos, mesmo coa intro-

dución de elementos de compe-tencia desleal. O sector dos ser-vizos é o máis afectado e, unhalexislación que facilita estas non--aplicacións unida á posibilidadede que se poida acordar con trestraballadores designados na em-presa e non necesariamente cosrepresentantes legais (delega-dos de persoal ou comité de em-presa), son factores queinfluíron decisivamente nese in-cremento.Con este panorama de des-

trución de emprego e de derei-tos laborais, a conflitividade épermanente. Que grao de inci-dencia teñen o CGRL e o AGA(Acordo interprofesional ga-lego sobre procedementos ex-traxudiciais para a solución deconflitos colectivos de traballo)coa súa mediación na resolu-ción deses conflitos?O Consello Galego de Rela-

cións Laborais incrementou enmáis dun 40% a súa interven-ción axudando a solucionar con-flitos colectivos e folgas nosúltimos anos. O Acordo galegode solución extraxudicial de con-flitos é hoxe un instrumentoconsolidado na nosa realidadelaboral, que chega a solucionar

pola vía do diálogo e a negocia-ción máis do 80% dos conflitosen que intervén. Hai un reto deestender este acordo aos confli-tos individuais, algo que se de-bería materializar nos vindeirosanos atendendo a parámetros decalidade e eficiencia no seu des-envolvemento.Podería o CGRL cumprir coas

súas funcións fusionado coCES, como parece ter en menteo Goberno da Xunta de Galicia,para reducir custos orzamenta-rios?Afortunadamente, a fusión

CGRL-CES parece que non seescoita nos últimos tempos.Ambos os organismos teñenrazón de ser por separado, osdous son froito de acordos entreas tres centrais sindicais maio-ritarias en Galicia e a CEG, e con-taron con unanimidade dasforzas políticas no Parlamento áhora da súa creación ou re-forma. É bo para Galicia, para omarco galego de relacións labo-rais e para o acordo, a negocia-ción e o entendemento entresindicatos e empresas galegas,que exista un organismo espe-cífico en materia de relacións la-borais, que se move enparámetros de paz social, de ne-gociación colectiva articulada ede diálogo social como elemen-tos esenciais de progreso e cre-cemento harmónico.

Demetrio Fernández foi o primeiro relator da Segunda Escola Sindical de CCOO

A primacía dunconvenio secto-rial e a posibili-dade demelloralo cun deempresa funcio-nou razoable-mente ben nosúltimos trintaanos

Page 8: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

GALICIA sINdICAL Número 54 - setembro de 2014

8

www.galicia.ccoo.es

Enrique Martín, adxunto á Se-cretaría Confederal de Polí-tica Social, explicou as

motivacións e alcance dunha dasprincipais propostas de CCOOpara axudar as persoas que peoro están pasando por culpa dacrise: a renda mínima garantida.Salientou o carácter colectivo daproposta, xa que naceu grazas aotraballo das diferentes organiza-cións territoriais e federais quecompoñen o sindicato. Conci-biuse para protexer o colectivoque máis está padecendo a crise:os fogares sen ningún tipo de in-greso.Segundo o sindicalista, esta-

mos nunha fase de «aparenteou incipiente crecemento eco-nómico», ou cando menos asío expresa o discurso oficial doGoberno. Por este motivo, traso rescate a multinacionais ebancos, CCOO considera quexa «é a hora de 'rescatar’ aspersoas». Con este obxectivo,CCOO estableceu tres instru-mentos, pensando tanto naspersoas que teñen empregocomo nas que non. O primeiro,a recuperación do poder adqui-sitivo dos salarios, que se faría

mediante os procesos de nego-ciación colectiva e tamén cunaumento do salario mínimo in-terprofesional (SMI). O segun-do, a mellora dos mecanismosde protección por desemprego.O terceiro, a renda mínima ga-rantida para as persoas que

non teñen ningún tipo de in-greso. Lembrou, ademais, queno caso de Galicia hai ao redorde noventa mil fogares contodos os membros no paro eque a terceira parte carece deningún tipo de ingreso.

Reforma fiscalPara financiar esta renda mí-

nima garantida, CCOO propú-xolle ao Goberno unha reformafiscal que iría nunha direccióntotalmente diferente á que estáa tomar actualmente o Execu-tivo. Partiría da base de refor-mar a maneira en que estánconstruídos os impostos, nonos seus tipos. Así, poderíanseincrementar os ingresos do Es-

«Xa rescatamos osbancos, é a hora de‘rescatar’ as persoas»

tado e inxectar diñeiro nas fa-milias. En definitiva, non se tra-taría de subir impostos, senónde «reducir os beneficios fis-cais de que goza unha mino-ría».Como se inxectaría diñeiro

nas familias? Reducindo o IVEdos bens máis esenciais –ener-xía e alimentos–. Así, sen tocaro resto de figuras e xogando«cos beneficios fiscais dunspoucos», poderíanse inxectarcatro mil millóns nos petos dasfamilias e aumentar considera-blemente os recursos do Es-tado para, entre outras cousas,mecanismos de protecciónnovos como a renda mínimagarantida.

UN MODELO PRODUTIVO DÉBIL

O modelo produtivo español sufriu máis a crise que outros paí-ses da Unión Europea «e evoluciona moito peor», sinalou Martín.Por outra parte, a mediana renda –que non a renda media–, queé onde se sitúan os ingresos da maioría de familias, decrecetamén moito máis, situándose case un 25% por baixo da mediaeuropea.A taxa de risco de pobreza española (27,3%) é moi superior á

media europea (24,8%); con todo, en Galicia é lixeiramente infe-rior á media estatal (24,3 %). Ademais, no caso estatal, é maioro risco de pobreza da poboación de 0-17 anos (case 34 %) quena poboación de 18-64 (29,7) ou na maior de 65 anos (16,6 %).Os mecanismos de redistribución de pobreza no Estado espa-

ñol sempre foron peores que nos países da contorna, mesmo napoboación que está a traballar. Agora, coa crise económica, estemal endémico acentuouse, «dando lugar a un novo fenómeno, oprecariado, persoas que, mesmo tendo emprego, seguen sendopobres ou están en risco de pobreza», abundou Martín.Mentres en boa parte da UE se utiliza a contratación a tempo

parcial para conciliar a vida persoal, familiar e laboral, como de-cisión, polo tanto, voluntaria, en España é imposta e serve paraincrementar o risco de pobreza da poboación.

A renda mínimaten como obxec-tivo garantirllesuns ingresos mí-nimos ás per-soas que peor oestán a pasarpor culpa dacrise. Financia-ríase grazas aunha propostade reforma fis-cal de CCOO

Page 9: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA sINdICALNúmero 54 - setembro de 2014

Osecretario confederal deAcción Sindical, RamónGórriz, centrou a súa inter-

vención nesta Segunda EscolaSindical na estratexia de CCOO endefensa da negociación colectiva,elemento básico das relacións la-borais e albo principal da últimareforma do mercado de traballo.Górriz explicou que, igual queaconteceu noutros ámbitos, oGoberno central aprobou haidous anos unha reforma laboralque responde ás principais de-mandas neoliberais.En opinión do secretario con-

federal de Acción Sindical, «o ca-pital decidiu neste tempoaproveitar a grave crise econó-mica para cambiar o modelo derelacións laborais, debilitar o sin-dicalismo e mais a negociacióncolectiva». Segundo explicou,non se trata só dun problema es-pañol, porque cando o Gobernoaprobou a reforma laboral no ano2012, xa existía o pacto EuroPlus, que contaba entre as súaspremisas coa debilitación dossindicatos como cadro de derei-tos sociais e laborais, non como

estruturas. Por esta razón, «aagresión non vai só contra a ins-titución sindical, senón directa-mente contra os traballadores etraballadoras», sentenciou.Neste contexto, Górriz avogou

por manter a concepción da ne-gociación colectiva como «con-flitividade, disputa entre capital etraballo», e instou a explicalo noscentros de traballo, especial-mente agora, xa que no últimotrimestre do ano haberá numero-sas eleccións sindicais.Górriz tirou de experiencias

persoais para exemplificar comoas cousas poden ir aínda a peor.Por exemplo, nun debate recenteno que participaron el mais o res-ponsable de relacións laborais daCEOE, o representante da patro-nal estatal puxo en cuestión asubsistencia do concepto ergaomnes («fronte a todos») refe-rente aos convenios colectivos.Actualmente, cando se aproba unconvenio, produce efectos paratodos os traballadores e traballa-doras do seu ámbito; coa supre-sión do erga omnes, só sería deaplicación ás persoas do ámbito

afiliadas aos sindicatos que lo-grasen o pacto, tal como acon-tece noutros países europeos. Osecretario de Acción Sindicalcensurou esta maneira de pen-sar, porque «cando CCOO nego-cia un convenio, faino tanto paraafiliados como non afiliados», eexplicou que outros sindicatoseuropeos loitan por esta «con-quista» á que «aquí non se lle dádemasiada importancia».Outra das cuestións que a pa-

tronal ten na mira é a regulaciónpor lei da negociación colectiva.Por esta razón, e malia as refor-mas laborais, Górriz salientouque «é un feito moi importanteque a negociación colectiva esteaactualmente recollida na Consti-tución», en concreto no seu ar-tigo 37, que tamén recoñece «aforza vinculante dos convenios».Na súa exposición, Ramón Gó-

rriz chamou o conxunto do sindi-cato a defender a importancia danegociación colectiva, xa que éunha institución «fundamental»para mellorar as condicións detraballo ou manter o poder adqui-sitivo dos salarios, entre outrosaspectos. No entanto, pediu «re-cuperar tamén a súa parte de ac-ción colectiva, participación,reivindicación de dereitos univer-sais». Todo isto constitúe, en de-finitiva, «dereitos de cidadanía»,sentenciou, e «só poderemos re-gular dereitos de cidadanía sesomos fortes nos centros de tra-ballo», algo que inexorablementeestará ligado «ás condicións quealí conquistemos».Para lograr estes obxectivos,

Górriz considerou «vital» unir oconcepto de negociación colec-tiva ao de participación, polo que

«O capital aproveitoua crise para debilitara negociación colectiva»

rexeitou que a única participaciónsexa entre comisión negociadorae empresa. «A xente ten que par-ticipar, comezando pola afiliacióne seguindo polo resto de traballa-dores se traballadoras, isto per-mitiranos compartir os nososcoñecementos coa poboación etamén mellorar», abundou.O obxectivo da reforma laboral

«non foi crear emprego, senónque serviu para depreciar sala-rios, incrementar o poder empre-sarial, debilitar o dereito aotraballo, facilitar unha estratexianeoliberal que aposta por un mo-delo competitivo de baixos cus-tos salariais». Fronte a isto, oelemento central do convenio co-lectivo ha ser a intervención dosindicato en todo o proceso denegociación colectiva, xa que seevitará tanto a atomización comoa negociación individual –emenos eficaz– das condicións.Outro dos retos é o convenio

de sector que, malia a última re-forma laboral, «continúa a terunha boa saúde». Se ben a re-forma lle outorga máis importan-cia ao convenio de empresa, aacción de CCOO deberá manter aaposta polo convenio sectorial,que pode complementarse –peronon substituírse– mediante oconvenio de empresa.O último reto constitúeno as

pequenas empresas, xa que éonde se deron máis faltas de apli-cación de convenio, maior depre-ciación dos salarios e maioraxuste de emprego. CCOO inten-tará formular medidas que llespermitan aos sindicatos intervi-ren directamente nas súas con-dicións laborais a partir do sectora que pertenzan.

Page 10: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

GALICIA sINdICAL Número 54 - setembro de 2014

10

www.galicia.ccoo.es

En opinión de Rodolfo Benito,«os ministros de Xusti-za –en referencia ao dimisio-

nario Gallardón– e do Interior–Fernández Díaz– ven exceso dedemocracia no que realmente éun instrumento de participacióndemocrática: o dereito de reu-nión, o de manifestación e o defolga». Con esta afirmación co-mezou a súa intervención o se-cretario confederal de Estudos eCultural na Segunda Escola Sin-dical de CCOO de Galicia.Benito acusou o Goberno cen-

tral de querer regulamentar tantoestes dereitos, que acabou porsumilos en «restricións», maliase tratar de dereitos fundamen-tais. O sindicalista aseverou queestamos inmersos nun procesomovido por «teorías neoliberaisno económico e profundamenteconservadoras no terreo das li-berdades». Por esta razón, «po-demos afirmar que nos atopa-mos nun proceso de regresión,porque se limitan os dereitos so-ciais e laborais e se debilita,como consecuencia, a democra-cia», sentenciou.Para formular esta regresión, o

PP está a utilizar tres liñas bási-cas de actuación: a reforma doCódigo penal, a debate no Parla-mento e que podería ver a luznesta lexislatura; o proxecto dereforma da lei de seguridade ci-dadá, que afecta directamente adereitos básicos como os de reu-nión e manifestación; e, en ter-ceiro lugar, a ofensiva penalcontra o dereito de folga, que enEspaña se está facendo «a golpede iniciativa de parte da Fiscalía»,pero tamén mundialmente conpropostas patronais na Organiza-ción Internacional do Traballo.

A reforma laboral, sinalou Be-nito, «limita a nosa capacidadecontractual, fundamentalmenteen aspectos como a negociacióncolectiva», que foi albo da últimareforma laboral e quedou moi to-cada, tal como explicaron outrosrelatores da Escola Sindical. Da-nada a negociación, en moitoscasos só queda o recurso á vía damobilización, pero novamenteaparecen as restricións do Go-berno, neste caso tentando limi-tar o exercicio dos dereitos defolga e manifestación para «mi-nimizar a capacidade de respostados sindicatos», incluso che-gando á vía da «intimidación».

Exemplo disto último, da inti-midación, constitúeno centosde casos en todo o Estado enque se xulgan pola vía penal de-terminados comportamentosque, supostamente, se produci-ron nunha folga. Na maioría decasos, as fiscalías están a reco-rrer a unha interpretación «tor-cida» do artigo 315.3 do Códigopenal, referente á coacción dosdereitos dos traballadores e tra-balladoras. Deste xeito, un ar-tigo que debería servir paradefender dereitos estase empre-gando para castigar a quenesixe a defensa deses dereitos.Por se fose pouca a presión

O Goberno ve «excesode democracia» nosdereitos da cidadanía

sobre os sindicatos e sobre astraballadoras e traballadoresdispostos a mobilizarse, o pro-xecto de lei de seguridade ci-dadá formula unha maiorcapacidade de intervención dapolicía en detrimento do propioPoder Xudicial. Isto significadarlle maior peso á vía adminis-trativa mediante os procede-mentos sancionadores; ade-mais, sitúa sobre o sindicato ousobre as persoas que convocanunha protesta «a responsabili-dade directa de calquera inci-dente que se produza».

A resposta de CCOOVistos os movementos do

Goberno central, CCOO está aconstruír a súa resposta se-guindo as vías política e comu-nicativa. No primeiro caso,mediante reunións cos gruposparlamentarios e co propio Exe-cutivo. Nestas xuntanzas, o sin-dicato pediu paralizar o actualproxecto de reforma do Códigopenal e, no seu lugar, acometerunha reforma en que se su-prima o artigo 315.3.Canto á vía comunicativa, Be-

nito explicou o labor realizadopolo sindicato en todo o Estadodando a coñecer os casos de re-presión contra traballadoras etraballadores que están a serperseguidos xudicialmente pordefenderen os dereitos dosseus compañeiros e compañei-ras. Estas persoas «teñen onoso apoio, tanto se están afi-liados a CCOO coma se non»,porque, na súa opinión, «asxentes que integran este sindi-cato son a principal rede de so-lidariedade de España».

Arriba, Rodolfo Benito na Escola Sindical; abaixo, unha mobilización paraapoiar sindicalistas que se enfrontan a penas de prisión

Page 11: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

11

www.galicia.ccoo.es

GALICIA sINdICALNúmero 54 - setembro de 2014

Orelatorio do economistaXoán López Facal levoupor título «Galicia, un de-

serto industrial. Hai alternati-vas?». Na súa exposición de-tallou a situación actual da indus-tria galega e reflexionou sobre osprincipais retos que están riba damesa. Comezou referíndose ápersistencia da crise, ao malestarsocial creado e á falta de pers-pectivas de mellora.Facal situou a orixe da crise no

«delirio especulativo» que entrouen colapso no ano 2007, peroesta «agudizouse por mor de po-líticas erradas», especialmente a«desvalorización do traballo». Naanterior crise, entre 1992 e 1997,o Goberno do Estado acometeutres depreciacións da peseta ensó nove meses, que restaron un19 % do seu valor. Agora que coamoeda única Madrid non tencompetencias na política mone-taria, o economista sinalou quea mencionada desvalorización dotraballo está a ser a alternativa ádesvalorización do euro paramellorar a competitividade daeconomía.Esta «brutal política», nun con-

texto de peche ou diminución deactividade de empresas e colapsocrediticio, tivo como obxectivo

restaurar a rendibilidade do capi-tal e incrementar as exportaciónsmediante o abaratamento doscustos laborais.

Outra política económicaMalia o «entusiasmo» con que

o Goberno do PP aplicou estas eoutras medidas, Facal sinalouque o FMI e a OCDE, organiza-cións «gardiás da ortodoxia»económica, comezan a «marcardistancias». Exemplo disto sonas advertencias do efecto dos re-cortes en gasto público e nosgastos salariais sobre a econo-mía, levándoa á depresión polacontracción da demanda. Preci-samente, CCOO leva meses ad-vertindo da necesidade derevalorizar os salarios para evitara caída na deflación, petición in-tensificada nas últimas semanasapós coñecer os datos máis re-centes do índice de prezos aoconsumo (IPC).En opinión de Facal, é posible

aplicar outras medidas económi-cas de signo diferente. Por exem-plo, a Europa da austeridade viucomo se contraía a súa economíao 0,4 % entre 2012 e 2013, men-tres que os Estados Unidos, conoutro tipo de medidas, medrarono 5,2 % no mesmo período.

DesindustrializaciónSegundo Xoán Facal, a espe-

culación inmobiliaria e o poste-rior estoupido da burbullaprovocaron un «desempregomasivo» cuxa primeira conse-cuencia foron os recortes sala-riais, máis intensos no Estadoespañol que na media europea.No caso concreto de Galicia,isto veu acompañado dun pro-ceso de desindustrialización aoque cómpre sumar o que oeconomista considera princi-pais eivas do sector industrialgalego.A primeira delas, a incerteza

do sector naval público. Tras seconfirmar a fin do veto quecondenou Astano en 1987, aconstrución do «irrenunciable»dique flotante «esmorece porincapacidade para configurarun grupo promotor e un es-quema de financiamento». Noentanto, queda ao ralentí aoferta de Pemex para revitalizaro naval, «onde o único certo éa ausencia de calendario».Doutra parte, a «incerteza»

sobre o futuro de ENCE na ríade Pontevedra, cuxa concesiónexpira no 2018, «está a conxe-lar os investimentos de moder-nización». Mentres, a empresaanunciou que renuncia a pro-ducir pasta na factoría deHuelva, destinando a planta áprodución enerxética.Na automoción, o grupo PSA

comunicou perdas por máis dedous mil millóns de euros no2013, que se suman aos máis decinco mil anunciados un anoantes e se atribúen á contraccióndo mercado europeo, aínda quese paliaron en parte co avancenas vendas nos mercados chinése latinoamericano.Ligando coa crise na cons-

trución, Facal sinalou que a

Risco de «irrelevanciaindustrial» para Galicia

falta de recuperación nestesector está a prexudicar sub-sectores como os da pedra,lousa, cemento, aceiro e ma-deira.Canto ao agro, o ano que vén

remata o réxime de cotas lác-teas que regula a produción lei-teira galega desde 1984 e,porén, aínda hoxe «ignoramoso impacto» que terá a «compe-tencia ilimitada» dos grandespaíses produtores europeossobre as granxas galegas e osistema de recollida actual.Todo isto no contexto dunhaGalicia con máis de corenta milexplotacións gandeiras, dasque case o 30 % se dedican áprodución leiteira e o 4,7% áprodución mixta láctea-cárnica.Todo o anterior, sumado á

perda do sistema financeirogalego, o declive da pesca ea «desfeita» no sector dasenerxías renovables, abocaGalicia a «caer na irrelevanciaindustrial».Para Facal, só hai «dúas bri-

llantes excepcións» que permi-ten manter Galicia no mapa daprodución industrial e o comer-cio internacional: os gruposPSA –malia os riscos sinaladosanteriormente– e Inditex.

DesafíosPor último, Xoán Facal ex-

puxo os desafíos que debeafrontar a industria galega. Oprimeiro e inescusable, a rein-dustrialización, alicerzada nadiversificación e na competiti-vidade. O segundo, o comercioexterior, que se alimenta ca-se exclusivamente de produtosindustriais; recuperando a in-dustria, reactivaríase este co-mercio, como tamén a com-pravenda de materias primas ecompoñentes.

Page 12: Segunda Escola Sindical de CCOO: SAÍR DA CRISE SEN … · se polo mundo a golpes de machada as máis das veces, ... mulación de beneficios é para eles o becerro de ouro ao que

Número 54 - setembro de 2014

Órgano de comunicación do sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Cando Alberto Ruiz-Gallar-dón presentou a súa di-misión como ministro de

Xustiza, todo foron gritos dexúbilo, especialmente porparte da poboación feminina.Non era para menos, xa quese trataba da renuncia do ros-tro visible do proxecto de re-forma da lei do aborto, unhainiciativa que lles furtaba ásmulleres dereitos conseguidostras décadas de traballo e que,dun día para outro, levaba anosa sociedade case corentaanos atrás.

Os éxitos de GallardónOutros colectivos sociais

tamén se aledaron coa mar-cha de Gallardón, pois comoministro de Xustiza foi culpa-ble das taxas xudiciais, queconsagran unha xustiza dedúas velocidades: a primeira,para quen ten medios econó-micos suficientes para litigare presentar recursos de todotipo; a segunda, para a maio-ría social deste país, a daspersoas que deben mirar moiben o peto antes de acudir áxustiza e, en boa parte doscasos, acábanse resignando.

A punta do icebergPorén, Gallardón é só a

punta do iceberg, unha partedo problema, a máis visible.Por esta razón, non podemosesquecer todo o que está porbaixo ou, neste caso, portras. Temos que facer visibleo que agora non se ve entretanto xúbilo: todas e cadaunha das iniciativas do ex-ministro foron apoiadas enpleno polo Goberno a quepertencía. Para a miña ale-gría ser plena, todas estaspersoas deberían dimitir conel, mesmo o exiliado MiguelArias Cañete.

O icebergGallardón

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Como cada ano, CCOO e UGT convocan para o 7 de outubro unha xornada reivindicativa a prol dotraballo decente. Toda a información da convocatoria estará dispoñible en www.galicia.ccoo.es.