sustancias: setas-cogumelos

2
COGUMELOS campaña para o consumo responsábel de drogas recreativas Canto tardan en facer efecto? , canto vai durar? Os efectos poden tardar en aparecer dende 15 minutos ata máis dunha hora, depende dos factores anteriormente mencionados A duración da experiencia será de entre 4 e 6 horas, con algunha máis de recuperación ata volver á copleta nor- malidade. Que busca a xente que consume “fungos alucinóxenos”? Principalmente pasar un bo momento (ninguén consume para amargarse). Buscan rirse, outros buscan relaxarse e tranquilizarse. O aumento das percepcións somáticas, ralentización do tempo, etc. Se che toca ser acompañante, tes que saber que: -É preciso non non deixalo/a sola/o -Non preguntes continuamente como se atopa, o feito de non transmitir tranquilidade contribúe a aumentar o malestar. -O axeitado e que acepte a situación e tranquilizalo comentán- dolle que cando os efectos pasen as paranoias cesarán. -Se os efectos non cesan e a persoa non presenta melloría, contacta co persoal sanitario (ambulatorio, hospital, etc) Cales son os síntomas dunha mala viaxe? Percibiras un aumento da temperatura corporal, podes ter taquicardias, paranoias, insomnio, depresións, ansiedade, etc.

Upload: educandonolecer-asfedro

Post on 25-Mar-2016

246 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Se consumes ou tes pensado consumir setas-fungos-cogumelos,esta información pode ser do teu interese. Recorda que sempre podes escoller non consumir

TRANSCRIPT

Page 1: Sustancias: Setas-Cogumelos

COGUMELOScampaña para o consumo responsábel

de drogas recreativas

Canto tardan en facer efecto? , canto vai durar?Os efectos poden tardar en aparecer dende 15 minutos ata máis dunha hora, depende dos factores anteriormente mencionadosA duración da experiencia será de entre 4 e 6 horas, con algunha máis de recuperación ata volver á copleta nor-malidade.

Que busca a xente que consume “fungos alucinóxenos”?Principalmente pasar un bo momento (ninguén consume para amargarse). Buscan rirse, outros buscan relaxarse e tranquilizarse. O aumento das percepcións somáticas, ralentización do tempo, etc.

Se che toca ser acompañante, tes que saber que:

-É preciso non non deixalo/a sola/o -Non preguntes continuamente como se atopa, o feito de non transmitir tranquilidade contribúe a aumentar o malestar. -O axeitado e que acepte a situación e tranquilizalo comentán-dolle que cando os efectos pasen as paranoias cesarán. -Se os efectos non cesan e a persoa non presenta melloría, contacta co persoal sanitario (ambulatorio, hospital, etc)

Cales son os síntomas dunha mala viaxe?Percibiras un aumento da temperatura corporal, podes ter taquicardias, paranoias, insomnio, depresións, ansiedade, etc.

Page 2: Sustancias: Setas-Cogumelos

Fungos AlucinóxenosComposición:Referímonos ás PSILOCIBES, en especial ás Cubensis e á Semilanceata (Mongy). Conteñen psilocina e psilocibina (sub-stancias con efectos psicodélicos similares a o dos tripis)

Efectos dos fungos alucinóxenos. Ao pouco de tomalos…é habitual que baixe a tensión arterial. Ao comezo poden aparecer bosquexos, nauseas e posiblemente debilidade.Como efectos secundarios tamén pode darse calafrios, vérti-gos, dores de cabeza, e habitualmente sequidade na boca.Factores coma: a dose, a sensibilidade individual, dos prin-cipios activos da sustancia, de si se ten ou non o estómago cheo, condicionaran a tanto a aparición dos efectos coma da súa intensidade.

Que pode acontecer?Co consumo de fungos, é preciso ter en conta que as sit-uacións desagradables poden xurdir en calquera momento.As alteracións das emocións dos pensamentos e das per-cepcións poden xerar ansiedade e pánico en moitas persoas. As risas poderían converterse en choros e a calma en pánico e ansiedade.De feito non é extrano que nunha mesma viaxe se pase por momentos agradables e angustiantes.

Hai probabilidade de que a cousa non saia como se espera. Que facer logo?

-Procura relaxarte e non raiarte. Pensa que nunha s ho-ras os efectos desaparecerán -Deixa que as/os colegas te axuden, non te escapes de-les. -Se estas nalgún lugar con moitos estímulos, luces, música alta, xente, retírate a un lugar onde estes máis cómoda/o e fresco

E logo xa esta. Non?Posiblemente nos días posteriores teñas flashbacks, isto é que revivirás a viaxe sen tomar nada. Se consumes canna-bis ou outro tipo de perturbadores, incrementaranse estes síntomas.Esta sustancia pode funcionar como desencadeante, no caso de que se padeza unha psicose lantente , así coma desenvolv-er comportamentos irracionais. Poden dar lugar á evolución de crises agudas en persoas que padezan esquizofrénia.

Non deberías consumir se. -Estas embarazada. -Estas en período de desenvolvemento (- de 20 anos) -Se tes que desenvolver actividades que precisen de at-ención e concentración; manexo de maquinaria, exames, etc) -Se tes un estado de ánimo moi baixo. Se tes problemas de saúde mental, ou desequilibrios psicolóxicos, posible-mente se potencien ao consumir LSD así como outro tipo de sustancias.

Doses e vía das variedades máis comúnsPSILOCYBE SEMILANCEATA (Mongy)

Frescos Secos

Doses baixas de 8gr. a 10gr. de 0,8gr. a 1gr.

Doses medias de 10gr. a 20gr. de 1gr. a 2gr.

Doses altas de 20gr. a 30gr. de 2gr a 3gr.

Apuntamentos: coñecida coma Mongy, recoletase no outono. Conten moi pouca psilocina e moita psilocibina. Isto fai que se conserve durante máis tempo. É realmente potente cando esta seca.

PSILOCYBE CUBENSIS

Frescos Secos

Doses baixas de 10gr. a 15gr. de 1gr. a 1,5gr.

Doses medias de 15gr. a 30gr. de 1,5gr. a3 gr.

Doses altas de 30gr. a 50gr. de 3 gr. a 5gr.

Apuntamentos: contén máis psilocina que psilocibina, polo que se perderá potencia ao conservala moito tempo.