tema 2.- al-Ándalus · 2020-07-22 · diversos califatos (al-Ándalus, marrocos, exipto)...
TRANSCRIPT
Tema 2.- Al-Ándalus
1.- A expansión do Islam
etapa datas capital expansión
Mahoma 570-632 Medina conquista e unifica a maior parte da península Arábiga
Califas
ortodoxos
632-661 Medina
cara ao Norte: Palestina, Siria, Iraq, Armenia
cara ao Oeste: Exipto, Libia
cara ao Leste: Persia
Califato
Omeia
661-750 Damasco
cara ao Oeste: o Magreb, Península Ibérica, fracaso na
penetración no reino dos francos (Poitiers, 732)
cara ao Leste: ata o val do río Indo e Asia Central
cara ao Norte: fracaso na conquista do Imperio Bizantino
(ano 718)
Califato
abasí
750-1258 Bagdad
conquista de Sicilia
cesou o expansión militar e o imperio disgregouse en
diversos califatos (al-Ándalus, Marrocos, Exipto)
navegantes e comerciantes difundiron o Islam por África,
Malaisia, Indonesia, Filipinas e sur de China
dominio dos
mongois
e
turcos
desde
1258
Istambul
desde
1453
os mongois conquistaron Bagdad en 1258
os turcos conquistaron Constantinopla en 1453 ⟹ fin do
Imperio bizantino ⟹ os turcos dominaron o Islam ata o s XX
turcos e mongois difundiron o Islam por Asia Menor, Asia
central e a India
2.- O Islam na Península Ibérica: al-Ándalus
A conquista musulmá da Península Ibérica
O emirato dependente (718-756)
No nome de Alá, clemente e misericordioso. Este é o escrito [5 de abril de 713] de Abd al-Aziz ben Musa para
Teodomiro. Este sométese á paz baixo a promesa (...) de que obterá a protección de Alá (...) e do seu profeta
Mahoma (...), non se impoñerá dominio sobre el, a ninguén dos seus se lles desposuirá de nada do que
posúan, non serán escravizados nin separados das súas mulleres nin dos seus fillos, respectaranse as súas
vidas e non se lles dará morte, non serán queimadas as súas igrexas nin forzados no culto da súa relixión. El
e os seus deberán pagar (...) por cada home libre: un dinar, catro almudes de trigo e catro de cebada, catro
cántaros de vinagre, dous de mel e un de aceite; polos escravos pagarán a metade.
Trata de pacto de submisión entre os conquistadores musulmáns e os nobres visigodos
Autores Abd al-Aziz: primeiro emir de al-Ándalus
Teodomiro: nobre visigodo, gobernador da actual rexión de Murcia
Cronoloxía fixada no texto: 5 de abril do ano 713
Que conceden os musulmáns aos visigodos? Que contraprestacións deben ofrecer os visigodos?
Son protexidos do Islam: sométese á paz... protección
de Alá...
Autonomía política: non se impoñerá dominio sobre el
Respecto ás propiedades: a ningún dos seus se lles
desposuirá de nada do que posúan...
Respecto á liberdade persoal: non serán
escravizados... respectaranse as súas vidas...
Libre práctica da fe relixiosa: non serán queimadas as
súas igrexas nin forzados no culto da súa relixión
En xeral: manter o statu quo anterior
Pago de impostos como recoñecemento da
soberanía do Islam
Persoal en metálico: un dinar
Territorial en especie: catro almudes de trigo e
catro de cebada...
O emirato independente (756-729)
A crise do emirato independente
O califato de Córdoba (929-1031)
Os reinos de taifas no século XI
A Península Ibérica entre os séculos XI e XII: os almorábides.
Entre 1086 e 1109, os exércitos almorábides entraron na Península, unificaron baixo o seu goberno todas as taifas e derrotaron os reis cristiáns
A Península Ibérica entre 1150 e 1212: os almohades
Imperio almohade
Imperio almohade
A mediados do século XII, os almohades -un novo imperio norteafricano- dominaron al-Ándalus e frearon o avance dos Estados cristiáns cara ao Sur
O reino nazarí de Granada no século XV
Evolución da fronteira entre os reinos cristiáns e al-Ándalus
1248
1248
Economía e sociedade.
unha
Rutas comerciais de al-Ándalus
Sociedade Grupos Trazos básicos
Musulmáns
Árabes
Minoría que dirixira a conquista.
Formaban a elite do poder político e social
Acaparaban os cargos, os privilexios e a propiedade da terra
Bérberes Procedían do N de África: eran soldados do exército ou inmigrantes
A maioría dedicábase ao pastoreo e tiña unha situación máis humilde
Muladís
Eran a maioría da poboación.
Eran os hispanovisigodos convertidos ao Islam: adoptaron non só a
relixión, senón tamén os costumes e a lingua dos conquistadores
Non
musulmáns
Grupos minoritarios. Pagaban maiores impostos e carecían de determinados dereitos
Mozárabes
Hispanovisigodos que seguiron sendo cristiáns en al-Ándalus
Vivían maioritariamente nas cidades
Moitos sufriron persecucións e emigraron aos reinos cristiáns do Norte
da Península
Xudeus
Comunidades que vivían xa na Península ou chegaron cos musulmáns
Dedicábanse á artesanía, ao comercio, á medicina ou á ciencia
Gozaban de autonomía xurídica
unha cidade
6.- As manifestacións culturais en al-Ándalus.
Al-Ándalus actuou como ponte entre a Antigüidade clásica e a Europa medieval, e entre Oriente e Occidente:
os musulmáns asimilaron, perfeccionaron e difundiron os coñecementos de culturas anteriores:
o papel, a pólvora, o compás, o astrolabio, a carretilla... de orixe chinesa
o sistema de numeración decimal, de orixe india
o xadrez, de orixe persa...
crearon e expandiron novas técnicas e inventos:
muíños de vento
instrumentos cirúrxicos
receitas medicinais con substancias vexetais...
Al-Ándalus coñeceu un gran desenvolvemento cultural en todos os aspectos (ciencias, técnicas, literatura, artes...)
Factores:
labor dos propios emires e califas:
actuaron como mecenas das artes e das ciencias
algúns foron grandes eruditos que se rodearon de sabios e de artistas
mandaron traducir as principais obras da Antigüidade,
crearon bibliotecas e escolas para difundir os coñecementos de culturas anteriores, (a grecolatina, a bizantina,
a persa, a exipcia e a india),
o uso dunha lingua común -o árabe- facilitou a transmisión de coñecementos dun territorio a outro
Principais achegas culturais
Matemáticas Medicina Agronomía Historia e
Xeografía Filosofía Poesía Poesía popular
al-Mayriti Abul-Qasim
Avenzoar Ibn Bassal
al-Idrisi
Ibn-Hayyan
Averroes
Maimónides
Ibn Hazem
princesa Wallada zéjel
7.- A arte andalusí.
Trazos básicos da arte musulmá:
carácter sincrético: recibiu influencias e adoptou elementos artísticos dos territorios polos que se espallou
as diversas manifestacións artísticas están moi vinculadas á relixiosidade
predominio da arquitectura sobre as demais artes
construción máis representativa: a mesquita
edificacións civís: fortalezas, palacios, zocos, baños públicos e escolas (madrasas)
escaso desenvolvemento da pintura e da escultura pola prohibición coránica de representar imaxes humanas
a súa función primordial foi a ornamentación dos muros arquitectónicos
predominio de motivos abstractos e xeométricos.
gran desenvolvemento das artes decorativas:
obxectos de metal, cristal e marfil (vaixelas, xerras, aldrabas…),
a marquetería
cerámica e mosaico, decorados cunha enorme variedade de motivos, formas e cores.
A arquitectura de al-Ándalus
etapa trazos básicos obras representativas
Emirato e Califato
(756-1031)
época na que se realizan as achegas técnicas máis
importantes
gran riqueza construtiva e ornamental
a mesquita de Córdoba
o palacio de Medina Azahara
(Córdoba)
Época taifa e almohade
(1031-1212)
arquitectura máis austera, que potencia a estrutura
arquitectónica e descoida a ornamentación
a Alcazaba de Málaga
a Alxafaría de Zaragoza
a Xiralda e a Torre do Ouro de Sevilla
Época nazarita
(1238-1492)
gran riqueza decorativa no interior das edificacións, que
esconde a pobreza dos materiais construtivos
a Alhambra e o Xeneralife de
Granada
A mesquita de Córdoba. Época do Emirato e o Califato de Córdoba (756-1031)
A Alxafaría de Zaragoza. Época dos reinos de taifas e os imperios norteafricanos (1031-1248)
Os xardíns do Xeneralife na Alhambra de Granada. Época do reino nazarita (1248-
Tipos de decoración
ataurique
xeométrica