tema 3. la ciudad medieval
TRANSCRIPT
www.vicensvives.eswww.vicensvives.es
Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia
Segundo Curso
Cabo FISTERRA 2
A cidade medieval
1. A recuperación da vida urbana
2. As actividades urbanas: artesanía e comercio
3. A sociedade urbana
4. O afianzamento do poder real
5. A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV)
03
6. A arte gótica. A arquitectura
7. A escultura e a pintura góticas
Cabo FISTERRA 2
Introdución
• Entre os séculos XII e XIV, iniciouse en Europa un desenvolvemento económico que favoreceu o renacer das cidades.
• As cidades pasaron a ser un centro de produción artesanal e de intercambio de produtos. Nelas desenvolveuse unha próspera burguesía que gobernaba a cidade.
• Os monarcas aproveitaron o crecemento desta burguesía para aumentar e afianzar o seu poder sobre a nobreza feudal.
• Un novo estilo artístico, o Gótico, permitiu construír edificios máis altos e esveltos.
• A partir de mediados do século XIV e durante parte do XV, Europa sufriu unha crise económica e social xeneralizada.
03
Cabo FISTERRA 2
1. A recuperación da vida urbana
1.1. Expansión agraria e crecemento demográfico
1.2. As cidades, novos centros económicos
03
Cabo FISTERRA 2
1.1. Expansión agraria e crecemento demográfico
• A partir do século XI, en Europa occidental introducíronse unha serie de innovacións técnicas na agricultura:
• 1.-Novas técnicas de cultivo:
• ROTACIÓN TRIENAL ESTERCO
• 2.-Novos instrumentos agrícolas melloraron a utilización da forza dos animais de tiro para os labores do campo.
• Entre os séculos XII e XIV, a aplicación destes adiantos supuxo un aumento da produtividade en gran parte de Europa occidental. ¿ Que provocou esto?
03
Cabo FISTERRA 2
1.2. As cidades, novos centros económicos
• A mellora da agricultura e comercio estimulou a revitalización ou a aparición das cidades.
• Os agricultores, xeraron un excedente de alimentos e materias primas.
• Os campesiños, os nobres e mais os eclesiásticos, propietarios das terras, buscaron mercados onde vender eses produtos, e atopáronos nas nacentes cidades europeas.
• O crecemento da poboación fomentou a emigración dunha parte dos campesiños ás cidades .
03
Cabo FISTERRA 2
LA CIUDAD MEDIEVAL
Cabo FISTERRA 2
2. As actividades urbanas: artesanía e comercio
2.1. Artesáns e gremios
• Casa-obradoiro dun artesán (ilustración)
2.2. Feiras e mercados
2.3. As grandes rutas do comercio
03
Cabo FISTERRA 2
2.1. Artesáns e gremios
• A cidade medieval converteuse nun centro de produción de obxectos manufacturados.
• O traballo artesanal organizábase en pequenos obradoiros, cuxo propietario era o mestre artesán, que dispoñía das súas propias ferramentas. Tratábase dun traballo manual.
• Os artesáns de cada oficio agrupábanse en gremios, estruturados de xeito xerárquico: aprendices, oficiais e mestres artesáns.
• O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas.
03
Cabo FISTERRA 2
Casa-obradoiro dun artesán03
Cabo FISTERRA 2
2.2. A expansión do comercio
• ¿ Cal é a función das cidades?
• Acollen o mercado ao que acudían os campesiños da zona.
• As rutas terrestresAs rutas terrestres
• Máis seguridadeMáis seguridade
• ¿ Que eran as feiras?
• Mercados periódicos de grandes dimensións onde se mercaban e vendían grandes cantidades de produtos.
03
Cabo FISTERRA 2
2.3. As rutas marítimas
• O comercio marítimo adquiriu máis importancia que o terrestre para as longas distancias.
• ¿Por qué? A causa era a maior capacidade e velocidade dos barcos.
• ¿Cales son as rutas marítimas?
• A primeira gran ruta marítima abriuse no Mediterráneo. Importábanse produtos de luxo (seda e especias) e exportábanse tecidos, armas e ferramentas.
• Unha segunda ruta foi a do Atlántico e o Báltico. Transportábanse las, viños, peles, madeiras e trigo.
03
Cabo FISTERRA 2
2.1 ARTESÁNS E GREMIOS
Cabo FISTERRA 2
2.2 A EXPANSIÓN DO COMERCIO
Cabo FISTERRA 2
2.3 AS GRANDES RUTAS DO COMERCIO
Cabo FISTERRA 2
3. A sociedade urbana
3.1. A aparición da burguesía
• Ca d’oro, Venecia (ilustración)
3.2. O goberno das cidades
3.3. A cultura urbana
03
Cabo FISTERRA 2
3.1. A aparición da burguesía
• O crecemento das cidades transformou a sociedade feudal. Isto permitiu a formación dun novo grupo social non privilexiado, a burguesía.
• A burguesía estaba formada por persoas dedicadas ao traballo artesanal e ao comercio, que non dependían de ningún señor feudal.
• A base da súa riqueza era o diñeiro que cobraban polo seu traballo, pola venda dos seus produtos ou os beneficios dos seus negocios.
• Segundo a súa riqueza, distinguíase a alta burguesía, formada por grandes comerciantes e banqueiros, e a pequena burguesía, formada por mestres artesáns e pequenos comerciantes.
03ESQUEMA
Cabo FISTERRA 2
3.1 A APARICIÓN DA BURGUESÍA
Cabo FISTERRA 2
Ca d’oro, Venecia03
Cabo FISTERRA 2
3.2. O goberno das cidades
• No seu inicio, as cidades formaron comunas ou asembleas de todos os veciños para organizaren o seu goberno.
• Posteriormente, elixíronse maxistrados, dirixidos por un alcalde.
• ¿ Que era a casa do concello?
• Características do Patriciado Urbano
• Familias ricas
• Gobernan as cidades
• Grupo privilexiado
03
Cabo FISTERRA 2
3.3. A cultura urbana
• Nos séculos X e XI, en Europa occidental, ler e escribir era un labor reservado a cregos, funcionarios reais e ricos comerciantes.
• Segundo foi avanzando o século XII, a mellora das condicións económicas e o desenvolvemento da vida urbana propiciaron unha maior ilustración entre algúns nobres e burgueses.
• A necesidade de coñecementos potenciou o desenvolvemento das escolas nas cidades, dependentes da Igrexa ou do goberno da cidade.
• Nacen as primeiras universidades.
03
Cabo FISTERRA 2
4. O afianzamento do poder real
4.1. Os reis buscaron o apoio da burguesía
4.2. Cortes e Parlamentos
4.3. Guerras entre as monarquías europeas
• Reinos de Europa occidental a mediados do século XIV (mapa)
03
Cabo FISTERRA 2
4.1. Os reis buscaron o apoio da burguesía
• Entre os séculos X e XII, a monarquía exerceu un escaso poder sobre o territorio do seu reino. Os reis non se podían impoñer aos señores feudais.
• A partir do século XII, os monarcas aproveitaron o crecemento económico e o auxe da burguesía para intentar impoñer a súa autoridade sobre a nobreza feudal.
• Algúns reis apoiaron os burgueses ao lles ofrecer cartas de privilexios que os facían libres, isto é, non sometidos a ningún señor feudal.
• A cambio do apoio e dos privilexios reais, os burgueses facilitáronlles aos monarcas recursos económicos para as súas loitas contra os nobres.
03
Cabo FISTERRA 2
4.2. Cortes e Parlamentos
• Nas reunións do Consello ou Corte Real aceptouse a presenza dos representantes da burguesía.
• ¿Por qué aceptan a presenza da burguesía?
• Ao convocalos, o rei pretendía recoñecer a importancia deste estamento na sociedade medieval e pedirlles contribucións en metálico, os subsidios.
• ¿Cómo se chama a reunión do rei cos tres estamentos?
• As reunións do rei cos tres estamentos (nobreza, clero e burgueses) recibían o nome de Cortes ou Parlamentos.
03
Cabo FISTERRA 2
4.3. Guerras entre as monarquías europeas
• Orixináronse numerosos enfrontamentos entre os monarcas europeos polo empeño dalgunhas monarquías de afianzaren o seu poder e estableceren un reino con fronteiras claras.
• O conflito máis grave foi a Guerra dos Cen Anos, que enfrontou a Francia e Inglaterra entre 1337 e 1453.
• A guerra iniciouse por un problema sucesorio da coroa francesa e pola pretensión do monarca inglés de ser recoñecido como rei de Francia.
• Aínda que os ingleses ocuparon durante anos boa parte do territorio francés, o conflito finalizou coa vitoria de Carlos VII de Francia.
03
Cabo FISTERRA 2
Reinos de Europa occidental a mediados do século XIV
03
Cabo FISTERRA 2
5. A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV-XV)
5.1. A fame, a guerra, a peste
5.2. As revoltas campesiñas
5.3. As revoltas urbanas
• A peste en Europa. Revoltas campesiñas e urbanas (mapa)
03
Cabo FISTERRA 2
5.1. A fame, a guerra, a peste
• Desde comezos do século XIV, produciuse en Europa unha crise agraria debida a unha sucesión de malas colleitas.
• A consecuencia foi que a produción de trigo diminuíu moito e a fame se foi espallando por todo o continente.
• A este primeiro problema uníuselle o dos danos provocados polas frecuentes guerras entre señores feudais.
• O período máis duro iniciouse no ano 1347, cando a denominada Peste Negra asolou Europa, afectando a unha poboación subalimentada e provocando unha gran mortalidade.
03
Cabo FISTERRA 2
5.1. FAME, GUERRA E PESTE
Cabo FISTERRA 2
5.2. As revoltas campesiñas
• O descenso da poboación advertiuse rapidamente no campo, onde comezou a escasear a man de obra e moitas terras de cultivo quedaron abandonadas.
• Os señores viron como as súas rendas diminuían, e para compensar este desequilibrio aumentáronlles os impostos aos seus servos.
• A falta de alimentos, a suba dos prezos e o empeoramento das condicións de vida dos servos fixeron aumentar as tensións sociais no campo.
03
Cabo FISTERRA 2
ESQUEMA REVOLTAS CAMPESIÑAS (I)
Cabo FISTERRA 2
ESQUEMA REVOLTAS CAMPESIÑAS (II)
Cabo FISTERRA 2
5.3. As revoltas urbanas
• A crise chegou tamén ás cidades, onde a mortalidade foi aínda máis elevada que nas zonas rurais.
• Ante o aumento da miseria, os grupos máis desfavorecidos esixiron melloras e tamén un maior acceso aos cargos municipais, monopolizados polo patriciado urbano.
• As revoltas estendéronse por numerosas cidades europeas e a miúdo implicaron asaltos aos barrios xudeus.
03
Cabo FISTERRA 2
5.3 ESQUEMA REVOLTAS URBANAS
Cabo FISTERRA 2
A peste en Europa. Revoltas campesiñas e urbanas03
Cabo FISTERRA 2
A peste en Europa. Revoltas campesiñas e urbanas03
Cabo FISTERRA 2
A peste en Europa. Revoltas campesiñas e urbanas03
Cabo FISTERRA 2
A peste en Europa. Revoltas campesiñas e urbanas03
Cabo FISTERRA 2
6. A arte gótica. A arquitectura
6.1. As novas construcións urbanas
6.2. As catedrais e igrexas góticas
• Unha catedral gótica (ilustración)
03
Cabo FISTERRA 2
6.1. As novas construcións urbanas
• Desde o século XII, novas técnicas construtivas permitiron que xurdise un novo estilo artístico: o Gótico.
• O desenvolvemento da economía e o aumento da poboación nas cidades orixinou a necesidade de novas construcións.
• Construíronse palacios para nobres e mercadores, concellos para o goberno da cidade e lonxas para os comerciantes.
• A cidade medieval elevou grandes catedrais de pedra, símbolos do poder económico e do prestixio das cidades, e da fe en Deus dos seus habitantes.
03
Cabo FISTERRA 2
6.2. As catedrais e igrexas góticas
• As principais características da arquitectura gótica son:
• A utilización dun novo tipo de arco, o oxival.
• Un novo tipo de bóveda, chamada de cruzaría ou oxival.
• Abríronse grandes ventás cubertas con vidreiras de cores.
• Nos muros exteriores utilizábase un complexo sistema de arcobotantes e contrafortes.
• A portada gótica herdou os elementos básicos do Románico.
• A planta continuou a ser de cruz latina.
03
Cabo FISTERRA 2
Unha catedral gótica03
Cabo FISTERRA 2
7. A escultura e a pintura góticas
7.1. A escultura
7.2. A pintura
03
Cabo FISTERRA 2
7.1. A escultura
• No Gótico, a escultura utilizábase para decorar os exteriores das igrexas, sobre todo as fachadas, e outros elementos construtivos como as gárgolas.
• A partir do século XIV, a escultura independizouse da arquitectura e amosouse en retablos que decoraban as igrexas ou en monumentos funerarios.
• A escultura gótica era moito máis realista, tanto nos vestidos como na representación do rostro humano.
• Comezou a dotarse de movemento as personaxes e outorgóuselles un volume que non existía no Románico.
03
Cabo FISTERRA 2
7.2. A pintura
• A pintura gótica amosaba preocupación por novos aspectos como a representación da profundidade, o estudo anatómico das personaxes, etc.
• Á pintura gótica interesáballe plasmar a realidade; por esta razón as personaxes que aparecían eran retratos fieis dos homes e das mulleres da época.
• Xa non se representaban só, coma no Románico, personaxes illadas, senón que se pintaban escenas, edificios e paisaxes.
03
Cabo FISTERRA 2
4.1 OS REIS BUSCAN O APOIO DA BURGUESÍA
X-XI Os señores teñen máis poder
que os monarcas
XII Os reis buscan o apoio da burguesía
para impoñerse aos nobres
Os burgueses teñen os seus propios intereses:
- Máis liberdade
¿Qué conseguen os burgueses?
- Cartas de privilexios
- Abrir mercados
¿Qué conseguen os monarcas?
- Recursos económicos
Cabo FISTERRA 2
4.2. Cortes e Parlamentos
• ¿Quen formaba o Consello Real?
• Monarca• Nobreza• Clero• ¿Por que acepta a presenza da burguesía no Consello?
• Recoñecer a súa importancia
• Cartos
• ¿ Como se chama esa reunión?
• Cortes ou Parlamento
Cabo FISTERRA 2
4.3. Guerras entre as monarquías europeas
Cabo FISTERRA 2
La primeras universidades en España
Cabo FISTERRA 2
3.2 O GOBERNO DAS CIDADES