tema 4 a diversidade bioxeografica de españa
TRANSCRIPT
• A diversidade orográfica, climática e hídrica de España, así como a distribución litolóxica no territorio, da como resultado unha gran variedade de formacións vexetais e paisaxísticas.
• Ademais a actividade humana influíu nos solos, na vexetación e na fauna, modificando o medio; unhas veces favorecendo o desenvolvemento de determinadas especies, e outras poñendo en perigo a súa supervivencia.
• España é a pesar diso un país cunha gran biodiversidade.
• Na Península Ibérica distínguense tres rexións bioxeográficas:
• A rexión eurosiberiana, no norte e algúns sectores do Sistema Central e o Sistema Ibérico.
• A rexión mediterránea, no resto da Península.• A rexión macaronésica, nas Illas Canarias.• Ademais nas zonas máis elevadas das montañas
como Pirineos e a Cordilleira Cantábrica, distínguese a rexión boreoalpina
Factores da diversidade bioxeográfica• Esta notable diversidade explícase por
diferentes factores:• Factores físicos:• - Situación xeográfica - Diversidade do clima - Diversidade do relevo - Variedade de solosCando a vexetación dunha zona resulta exclusivamente dos factores naturais, denomínase vexetación clímax.
• Factores humanos -Degradación das especies - Sobreexplotación dos recursos - Introdución de especies foráneas - Contaminación• Cando a vexetación dunha zona, é resultado da
intervención humana, denomínase vexetación secundaria ou antrópica.
• A situación xeográfica da Península Ibérica entre o norte de África e o extremo suroccidental de Europa e, entre o Mediterráneo e o Atlántico ,favoreceu a presenza en España de especies vexetais moi diversas.
• España representa un papel esencial nas rutas das aves migratorias que favorecen a dispersión de sementes e o incremento da diversidade vexetal
• Durante as glaciacións cuaternarias, amplos sectores da PenínsulaIibérica e dos dous arquipiélagos tiveron unhas condicións máis cálidas ca as do centro e norte de Europa, polo que serviron desta forma de refuxio a numerosas especies vexetais e animais de latitudes máis frías.
• Relevo • moi contrastado entre chairas e montañas,
áreas costeiras e de interior, zonas continentais e arquipiélagos, que multiplica a variedade de condicións ambientais.
• disposición do relevo peninsular que actúa ás veces como barreira (Pireneos e cordilleiras interiores) e o illamento do arquipélago canario favoreceron o desenvolvemento de numerosas especies endémicas (pinsapo, violeta do Teide, drago)
• diversidade litolóxica, onde rochas de diferente composición, cronoloxía e grao de meteorización favorecen a formación de distintos tipos de solos e, con iso, de diferentes condicións para que se instale a vexetación e a fauna.
• A diversidade climática. As especies vexetais teñen determinadas esixencias de humidade, temperatura e luz solar que condicionan a súa distribución espacial. O factor climático máis decisivo é a abundancia ou escaseza de precipitacións. Secundariamente tamén actúa a temperatura
• A distribución dos recursos hídricos, moi desigual en España, tanto espacial coma estacionalmente, tamén inflúe na localización da flora e a fauna
• Factores humanos• Degradación das especies.e deforestación Debido ás
cortas de bosques para ampliación de pastos ou aos incendios.
• Sobreexplotación dos recursos, favorecendo a extinción de especies en zonas intensamente explotadas durante séculos.
• Introdución de especies foráneas polo seu interese económico(eucalipto), coa consecuente perda de biodiversidade nas zonas nas que se instala. Introduciu novas especies de cultivo, favorecendo a diversidade bioxeográfica.
• Contaminación, debido ás verteduras industriais e urbanas e ao abuso de fertilizantes e praguicidas
As paisaxes vexetais de España• As formacións vexetais dispóñense agrupadas en
conxuntos Estúdase en relación cás áreas climáticas• A paisaxe do clima oceánico(rexión eurosiberiana)• A paisaxe do clima mediterráneo(rexión
mediterránea)• A paisaxe de ribeira• A paisaxe vexetal de montaña• A paisaxe de Canarias (rexión macaronésica)
A PAISAXE VEXETAL DO CLIMA OCEÁNICO
• As súas formacións vexetais características:• O bosque caducifolio• A landa • O prado• O bosque caducifolio composto por árbores
de folla caduca. As especies máis características: carballo e faia
• A faia,• tolera moi ben o frio e mal a calor• Precisa moita humidade• Se instala nas zonas altas• Adáptase a solos calcarios e siliciosPero prefire os siliceosArea: Cordilleira Cantábrica e Pireneo Navarro
• O carballo• Non soporta veráns calorosos• Menor tolerancia ao frío • Esixe menos humidade que a faia • Sitúase en zonas máis baixas• Crecemento lento• Madeira dura empregase Para construción e fabricación De madeira e barcos Area: Galicia e Cordilleira Cantábrica
• Formacións vexetais secundarias:
• Castiñeiro, freixo, tileiro, umeiro (olmo), bidueiro..
• Na actualidade o bosque caducifolio desapareceu de diversas áreas, debido á corta e queima incontrolada para obtención de pastos ou polos incendios forestais.
• Foi substituído por especies de crecemento rápido e bo aproveitamento económico como o piñeiro ou o eucalipto
3. Vexetación boscosa da España húmida (2)
Castiñeiro
Acivro(acebo)
Abeto
Amieiro(aliso)
Pradairo(arce)Freixo
(fresno)
Salgueiro(sauce)
Piñeiro
Sabugueiro(saúco)
Bidueiro(abedul)
Eucalipto
5. Matogueira da España húmida: a landa
Xesta
Gramíneas
Piorno(codeso)
Fento(helecho)
Breixo(brezo)
ToxoCarrascos e carqueixas
PAISAXE VEXETAL DO CLIMA MEDITERRÁNEO
• Correspóndese coa rexión floral mediterránea.• As formacións vexetais características son o
bosque perennifolio e a matogueira.• Estas formacións xerófilas adáptanse á seca
estival: - desenvolvendo as súas raíces para captar auga - a través das follas perennes e escleróficas, duras, coriaceas de pequeno tamaño, espiñentas
• O BOSQUE PERENNIFOLIO• Árbores de mediano porte, de folla
perenne. Con copas globulares, amplas que proxectan sombra.
Especies características: aciñeira(encina) e sobreira (alcornoque).Rico sotobosque con especies como o piorno e a xesta.
• Aciñeira,árbore máis característica e estendida. Resistente á seca e a todo tipo de solos. Madeira moi dura e resistente, emprégase para carpintería exterior, utensilios e carbón. O seu froito, a landra alimenta o gando.
• Os bosques mellor conservados atópanse en Serra Morena, Estremadura e a Serra de Guadarrrama.
• A sobreira. Necesita invernos suaves, certa humidade e solos silíceos.
• A súa madeira, moi dura utilízase para elaboración de toneis e barcos. A súa codia para a obtención de cortiza.
• Concéntrase no sueste peninsular (Estremadura)e sectores do sur de Andalucía (Cádiz e Málaga) e nordésde Cataluña e Castelló.
• O aproveitamento destes árbores faise mediante as devesas,bosque aclarado onde se combina o aproveitamento dos seus froitos, madeira, pastoreo e cultivos.
• O piñeiro. Formación vexetal secundaria.• Adáptase a condicións extremas de frio ou
calor, humidade e aridez e a solos diversos.
• Estendeuse pola intervención humana polo seu rápido crecemento e valor económico da súa resina e madeira para elaboración de mobles e pasta de papel.
• A MATOGUEIRA• É o resultado da degradación do bosque, polo
tanto é vexetación secundaria.• Presenta tres tipos característicos:• Maquis• A garriga e• a estepa.
• O maquis. Formación arbustiva de máis de dous metros de altura moi densa. As súas especies principais son :xara, breixo, lentisco e xesta
breixo
• A garriga. Formada por arbustos e matogueiras de pouca altura, mais espalladas entre as rochas.
• Destacan especies como:tomiño, romeu ou lavanda
• A estepa, está formada por herbas baixas mesturadas con arbustos espiñentos, baixos e discontínuos, que deixan ao descuberto solos pobres.
• As especies principais son o palmito, o tomiño, o espartal e o espárrago. E propia de zonas semiáridas do sueste peninsular e do val do Ebro onde a seca impide o crecemento de árbores
• A MONTAÑA ALPINA OU PIRENAICA, ten catro pisos vexetais:
• O piso basal, ata os 1.200 metros, inclúe aciñeiras e carballos.
• O piso subalpino, entre os 1.200 e os 2.400 metro: coníferas como o abeto,o piñeiro negro e o piñeiro silvestre. Pode formar bosques mixtos coa faia. O sotobosque está constituído por arbustos como o rododendro e a arandeira.
• O piso alpino, entre os 2.400 e os 3.000 metros, é o dominio do prado. Este ten un período vexetativo curto, xa que pasa sete ou oito meses cuberto pola neve, o que impide o desenvolvemento de plantas de maior tamaño.
• Abundan os sectores de rocha nú, e os pedregais, onde crecen pequenas plantas rupícolas (que viven en zonas rochosas).
• O piso nival, por enriba dos 3.000 metros.
• Nos espazos de topografía algo plana ou de pendente reducida, a neve mantense todo o ano, a vexetación é inexistente.
• Nos espazos de forte inclinación, onde a neve desaparece certo tempo, medran pequenas plantas rupícolas sobre a rocha (liques e mofos) ou no interior das gretas e fisuras.
O RESTO DAS MONTAÑAS PENINSULARES • carece de piso subalpino.• O piso basal está ocupado polo bosque propio
do seu clima:• zona atlántica, caducifolio;• mediterránea, perennifolio na parte baixa e
caducifolio ou de piñeiras a maior altitude.• O piso supraforestal inclúe pequenos
arbustos: na zona atlántica, breixo e xestas; • na zona mediterránea, arbustos e matogueiras
espiñentas.• No cumio dominan os prados na zona
atlántica, e a matogueira, na mediterránea.
• A PAISAXE VEXETAL DE CANARIAS• A vexetación de Canarias ten unha riqueza
extraordinaria. • A súa orixe é, principalmente,mediterránea,
pero conta con influencias africanas e do Atlántico sur. Ademais, pola súa situación insular, desempeñan un gran papel os endemismos (formacións vexetais propias e exclusivas) e as reliquias (formacións vexetais propias de épocas xeolóxicas pasadas cun clima distinto, que se refuxiaron en enclaves moi reducidos).
• Nas illas con relevo montañoso sucédense os seguintes pisos vexetais.
• O piso basal comprende desde o nivel do mar ata os 300-500 metros. Está marcado pola aridez, polo que predominan as matogueiras raras e ásperas, como o cardonal e a tabaiba.
• O piso intermedio esténdese entre os 200 e os 800 metros.
• Está condicionado polo descenso térmico e o aumento da humidade, que permiten o crecemento de palmeiras, dragos e sabinas.
• O piso termocanario , entre os 800 e os 1.200 metros.
• A vexetación adáptase ás néboas causadas polo alisio, ao maior refrescamento e á menor insolación.
Dúas orixinais formacións boscosas: o bosque de laurisilva, moi denso e composto por máis de 20 especies, e o faial-breixeira, resultante da degradación da laurisilva pola acción humana.
• O piso canario, esténdese entre os 1.200 e os 2.200 metros. Está dominado polo bosque de coníferas, cuxa especie principal é o piñeiro canario que, ao quedar fóra do mar de nubes, debe adaptarse á aridez e ao frío.
• Nas zonas máis altas deste piso poden acharse outras especies, como o cedro canario.
•
• O piso supracanario, por enriba dos 2.200 metros, só está presente en Tenerife e en La
Palma. Caracterízase por unha acusada nudez, con matas dispersas, pero de gran riquezaFloral (violetas do Teide).
• Comentario dunha cliserie.• Identificación• indicar a que sistema montañoso corresponde.• Explicar as causas da variación de formación
vexetais en función da altura, da orientación a barlovento ou a sotavento do vento dominante; ou na aba, do solleiro ou do avesedo.
• Determinar os pisos de formacións vexetais que se aprecian,indicando os límites de altitude .
• Caracterizar as formacións vexetais en cada piso, dende a base ata ao cumio.
Os solos• O solo e a capa superficial da codia
terretre, formado por elementos sólidos(particulas procedentes da erosión de rochas e materia orgánica), auga e gases (CO2).
• A ciencia que estuda os solos é a edafoloxía.
• Os solos son o resultado da alteración do rochedo polo clima e os seres vivos seguindo 3 pasos:
1. Disgregación da rocha debido aos fenómenos atmosféricos.
2. Instalación de plantas e organismos e microorganismos que permiten a implantación de organismos máis complexos.
3. Evolución do solo.
• A formación e a evolución dos solos depende de diversos factores:
• A rocha nai, sustrato mineral a partir do cal se forma o solo.
• -silíceos, soltos e permeables -calcarios , pastosos e permeables -Arxilosos, compactos e impermeables• A topografía. Nas zonas chas acumúlanse
solos grosos; nas pendentes favorecen a erosión e o movemento dos solos.
• O clima, temperaturas e precipitacións inflúen nos procesos químicos e biolóxicos. As precipitacións condicionan a lixivación.
Os solos poden ser: - zonais ou climax, cando a sua orixe está estreitamente ligada ao clima. -azonais e intrazonais cando depende doutros factores.
• Os seres vivos. Actúan de diversas maneiras As plantas poden empobrecer e acidificar o solo( coníferas) ou enriquecelo (frondosas).A microflora (bacterias e fungos ) descompón ama teria orgánica e crea humus.Animais como lombrices , roedores e insectos removen e airean a terra.As persoas destrúeno, altérano ou mellórano.
Horizontes e perfil do solo
• Horizontes son as capas dos solos , diferenciadas polas súas características físicas, químicas e biolóxicas.
• O conxunto dos horizontes constitúe o perfil do solo.
Os tipos de solo• SOLOS ZONAIS• Solos de clima oceánico. -evolucionados, ricos en materia orgánica e ácidos. As chuvias arrastran as bases da superficie cara os estratos inferiores (lixivación).Requiren fertilizantes para o aproveitamento agrícolaA acidez aumenta cando a rocha e silicia e hai piñeiros e eucaliptos.
• Sobre rochedo siliceo increméntase a aridez Terra parda e húmida, excelente para cultivos contrastase a acidez con cal. Rankers, en zonas altas e pendentes, sometidos a forte erosíon, escasa evolución.(pastos bosques)• Sobre rochedo calcário• Terra parda calcária (millo, prados)• Terra fusca ,uso forestal.
• Solos de clima mediterráneo. Moi alterados pola erosión e a acción humana.
• Nas rochas silíceas: • terra parda meridional, solo pobre pola súa acidez e
escaso en humus e estrutura solta, facilmente erosionable(aciñeira, pastos pobres)
• Nas rochas calcarias teñen horizonte arxiloso e cor avermellada por óxido de ferro.
• Solo vermello, rico en nutrintes, excelente para cultivos.• terra rossa con afloramentos rochosos (matogueiras,
devesa e cultivos de oliveira, amendoeira)
• Nas arxilas e margas xorden os vertisolos os terras negras ,son os máis fértiles (por renovación constante de materiais depositados nas fendas en épocas de seca).
• Nas áreas de clima estepario, solo gris subdesértico ou serosem, moi pobre en humus, pouco fertil.
• SOLOS AZONAIS novos, situados en pendentes.• SOLOS INTRAZONAIS• Inflúen factores distintos ao clima.• Pardo-calcarios (cultivos cereais, leguminosas..)• Aluviais, nas beiras dos ríos (cultivos de horta)• Encharcados, pobres en nutrintes.• Areentos, improdutivos• Salinos, en zonas de marismas ou de evaporación• Volcánicos inprodutivos «algúns»
O MEDIO NATURAL COMO RECURSO• O RELEVO• Inflúe nos asentamentos(outeiros ,vales, beiras)• Inflúe nas actividades agrarias.(chairas, pendentes)• Proporciona recursos minerais e enerxéticos• Dificulta ou favorece as comunicacións.• Atractivo turístico
• O CLIMA• Distribución da poboación, tipo de hábitat.• Influencia na agricultura• Favorece fontes de enerxía renovables(paneis
solares, hidroeléctricas.• Interven nas actividades terciarias(transportes,
turismo.• A AUGA • Usos das augas, balance hídrico, problemática..
• A VEXETACIÓN • proporciona recursos alimenticios, materias
primas, fontes de enerxía, ocio e recreo.• Contribúe á protección e mellora do medio
ambiente( consume CO², mitiga a evaporación,o risco de inundacións, evita erosión do solo...)
• O SOLO• Inflúe no poboamento• Produción agraria• Infraestructuras
Comentario dunha paisaxe natural
• Identificación• Localización xeográfica da paisaxe• Análise dos elementos naturais: -Relevo -Augas -Vexetación -Solo -Clima• Interrelacións do medio natural coa actividade
humana.(relevo, augas, solo e clima)• conclusión
• Bibliografía e webgrafía utilizada:• Libro texto Xeografía 2º Bacharalato Anaya • Geografía General de España Manuel Terán,Solé
Sabarís E Vilá Valentí .Ed Ariel• http://noespazoenotempo.webnode.es• http://
www.02.ign.es/espmap/mapas_bio_bach/Bio_Mapa_02.htm
• http://age.ieg.csic.es/recur_didacticos/index.htm• http://www.isaacbuzo.com/• Imáxes varias do banco de imáxes de Google. Algunha
propia e da miña compañeira Inma.