"textos sobre deseño" luís seoane

33
LUIS SEOANE Textos sobre deseño

Upload: sheila-martinez-aznar

Post on 08-Mar-2016

248 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Maquetación de "Luís Seoane Textos sobre deseño" para la asignatura Artes gráficas y tipogrfía de 4º de Publicidad y RRPP (FCSC Pontevedra, UVigo)

TRANSCRIPT

Page 1: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

LUIS SEOANETextos sobre deseño

Page 2: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

CRÉDITOS

Deseño e Maquetación: Sheila Martínez Aznar

Tipografías empregadas: Portada: Futura Condensed Medium 48pt 14ptInterlineado 16Encabezamentos: Futura Medium 12 pt Interlineado 16ptFutura condensed ExtraBold 24pt, 22 pt interlineado 16 pt, 20ptCaixas de texto: FuturaEF-Book 12pt Interlneado 16 ptPés de páxina:Bembo std 6pt Interlineado 12ptPés de foto:Bembo std 7pt Interlineado 8pt

Todos os textos que aparecen nesta pu-blicación foron extraídos do cadernoAlicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 20101, agáso Manifesto do Laboratorio de For-mas, que foi extraído dunha separataincluída no nº1 dos ‘Cuadernos del La-boratorio de Formas de Galicia’, editadopor Edicións do Castro no ano 1970.

Esta publicación é o resultado dun exerci-cio práctico da asignatura ‘Publicidade, Ar-tes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociaise da Comunicación da Universida-de de Vigo, Campus de Pontevedra.Esta publicación ten un obxectivo exclu-sivamente didáctico e non comercial.

©Dos textos: Fundación Luís Seoane©Das imaxes: Os seus autores

Page 3: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

ÍNDICE

Libros e autores galegos 5

Dúas imprentas e as miñas tapas 18

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas 26

Manifesto do Laboratorio de Formas 31

Page 4: "Textos sobre deseño" Luís Seoane
Page 5: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 5 - Textos sobre deseños

Primeira exposición organizada polo Centro Galego de Bos AiresDía de Galicia de 1948

Breve historia do libro galego

Galicia, un dos pobos máis antigos da Penín-sula Ibérica e que máis aportaron á historia da súa cultura, non podía deixar de conser-var, por medio do libro e a través do tempo, o pensamento dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Directiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Comisión de Cultura, ao organizar esta primeira mos-tra do libro galego, sen poder contar para iso coa riqueza bibliográfica que se con-serva en Galicia, e recorrendo aos escasos exemplares que se gardan nesta cidade, es-pera dar sen embargo ao público culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma salientar o extraordina-rio aporte deste país á cultura da Península Ibérica.

Non contando, como non se conta neste caso, co apoio de entidades oficiais nin, por conseguinte, con envíos desde Galicia de exemplares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro intento destinado a ser superado nos anos vindeiros. En Galicia existen verdadeiras xoias bibliográficas, entre elas algúns códi-ces exemplares, dos que, dos seus miniados, detalles ornamentais, caligrafía, etc., limi-

Capítulo 1Libros e autores galegos

Page 6: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 6 - Textos sobre deseños

tarémonos a dar o seu aspecto fotográfico. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste intento primeiro, se reaice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respecto a esta primeira exposición é su-ficiente, para a entidade organizadora, con que o público arxentino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía. Da máis an-tiga Galicia celta, aquela que conquistaron os romanos, non se conservan obras escritas. Sábese polos historiadores latinos que os ga-legos tiñan unha literatura oral, que por des-graza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media.

Foron os monxes, antes de que a imprenta en-trase en Galicia, quen se dedicaron á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos polos poetas dis-cipulos do herexe galego Prisciliano, os once opúsculos deste, así como a memoria dal-gúns daqueles homes de letras que o acom-pañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV florecen dous grandes escrito-res galegos, o historiador Paulo Orosio, natu-ral da Galicia Bracarense, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia. Desta época é o curioso libro titulado de Pe-regrinatione silviae, da monxa galega Eteria, obra incompleta traducida no século XIX a distintos idiomas europeos e que relata a pe-regrinación desta santa mullecr galega á

Page 7: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 7 - Textos sobre deseños

península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como conta a súa viaxe a Carres para venerar a memoria do patriarca Abrahám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopotamia e Du-mea antes de retirarse a escribir estas memo-rias na cidade de Constantinopla. Do século VII consérvase o libro do monxe galego San Valerio, titulado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Ga-licia, pero que paralizan toda manifestación literaria e cultural, aparece o Epitalamio da princesa galega Leodegunda, filia do rei de Galicia Ordoño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatio-ne Rationis.No século IX florece en Galicia unha escola de Códices na que se destacan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que ilumina o libro de rezos de Fernando I con precio-sas miniaturas, a escritora Leodegundia de Bobadela que escribe os seus tratados en caracteres suevo-galaicos e da que se con-serva a súa obra na Biblioteca do Escorial, ademais doutros monxes coma Estevo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondoñedo Rudecindo. Neste século IX o diácono Miguel recompilou o Códice dos Concilios coñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Bi-blioteca do Vaticano. De finais do século XI é a primeira composición poética universal

Miniatura do Libro de horas de Fernando I, do século XI, que se conserva na Biblioteca da Universidade de Santiago de Com-postela.

2 As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do ‘Salve Regina’ a diferentes autores. Consultar artigo na Wikipedia (http:/ es.wikipedia.org/wiki/Salve_Regina)

[Último acceso 09.12.2012]

Page 8: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 8 - Textos sobre deseños

Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Codax. Século XIII.

de Galicia convertidamáis tarde na ora ción máis fermosa dos católicos co nome de Sal-ve Regina e o seu autor é o bispo de Com-postela procedente das montañas de Curtis, San Pedro de Mezonzo2-.

Anterior a todos eles e acusado de prisci-lianista é o teólogo Bachiario, que escribiu en Roma Confessio fidei e De Reparationes Lapsi. En Santiago, Bernardo deu comezo á primeira historia da súa igrexa, monumen-to literario importantísimo ao que debemos grande parte dos coñecementos que temos sobre as orixes e primeiros bispos de Com-postela, titulado Crónica Compostelana.

No século XI Walfrido publica a súa Cróni-ca e Ordoño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo.

Pasadas esas épocas fóronse publicando traducións ao galego de distintas obras cé-lebres do mundo medieval, ou compilacións legais que hoxe son documentos importan-tes para fixar o esplendor do idioma gale-go, como ocorre cos Diálogos de San Gre-gorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine;a Crónica Troiana da que se fixo unha es-pléndida edición dirixida por Martínez Sa-lazar en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta exposición. Ata os sécu-los XIV ou XV, pódense fixar as distintas da-tas en que se fixeron estes Códices, ás queTamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanc-torum, historia da Igrexa de Iria escrita en

Page 9: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 9 - Textos sobre deseños

galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblioteca da catedral com-postelá. Marabilla de realización son os Tombos que tamén están na dita catedral. Nestas obras dos Códices hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola caligrafía con que se realizaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encaderna-ción, dourados, etc.

Desde os séculos XII ao XV, Santiago de Compostela foi o centro cultural máis impor-tante do extremo occidente europeo e no pri-meiro destes séculos comeza a manifestarse con extraordinario esplendor a poesía lírica galaicoportuguesa. Florecemento literario de Galicia que comprende a un grande nú-mero de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernardo de Bonaval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Meogo, Paio Gó-mez Chariño, Johan Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia desta poesía, eses dous grandes poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo com-pleto en Filadelfia o profesor Alberte Ren-nert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordinaria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.

No século XV incorpóranse ás letras caste-lás os cabaleiros Rui López, don Pedro Álva-rez Osorio, o Conde de Altamira D. Rodrigo

Page 10: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 10 - Textos sobre deseños

Páxina do Misal de Monterrey, de 1500, o máis antigo —entre os que se conservan— dos libros impresos en Galicia.

Osorio de Moscoso, don Luís de Viveiro, o bacharel Francisco de Vaamonde, Diego de Muros,Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se conservan escasas mostras litera-rias. Pasados os séculos en que os discípulos de San Frutuoso o Asceta se dedicaban á co-pia de Códices e no que os bispos como San Froilán levaban consigo o asno car-gado de libros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia estaba sumida en revoltas políticas e sociais, don Diego de Acevedo, conde de Monterrei e frei Antonio de Guevara, cronista de Carlos V, estable-cen a imprenta na nosa terra. A estes insig-nes varóns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da península en utilizala para proveito propio. Murguía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os nosos incunables, e é esta unha gloria da que podemos envaidecérmonos como tantas outras que xacen no esquecemento máis triste”. Poucos anos despois do descu-brimento de América imprímese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras no-vas polo bispo Muñoz de la Cueva na súa Memoria Histórica de la Iglesia de Orense, sen que poidan darse noticias exactas dos impresores Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano un e salmantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras posteriores. Este Misal é o primeiro libro impreso antes de 1500 en Galicia. Da imprenta instalada en Mondo-ñedo discútese se o seu primeiro libro é a Descripción del Reino de Galicia polo licen-

Page 11: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 11 - Textos sobre deseños

ciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz.

Outro impresor célebre, tamén do sécu-lo XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natural de Estremadura, que tivo primeiro imprenta na cidade de Ourense e despois noutras varias cidades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros tipográ-ficos foron famosos polas súas edicións os que xurdiron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago a absorber todo o movemento literario e cultural de Galicia e que foron as prensas dos Guixard,Fraiz, Aldemunde e Aguayo. Nos séculos XVIII e XIX numerosas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha calida-de extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que contribuíron coa súa artesanía ao desenvol-vemento cultural desta rexión do occidente peninsular. De todas elas quedan exemplos de revistas, diarios e libros. A finais do século XIX xorde un home de grande mérito para as letras de Galicia, don Andrés Martínez Salazar, falecido na segunda decena do noso século. Don An-drés Martínez Salazar, natural de Astorga coma D. Marcelo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Gali-cia e que tan excelentemente estudou Otero Pedrayo. Martínez Salazar dirixiu na Coru-ña a súa célebre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do sé-

Page 12: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 12 - Textos sobre deseños

culo pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor. Os libros da Biblioteca Galega, presentados sobria e severamente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en certa maneira un modelo edi-torial.

Logo deste primeiro ensaio xurdiu na mesma cidade da Coruña outra gran editorial gale-ga dirixida por Ánxel Casal, un dos homes a quen Galicia debe recoñecemento polo seu traballo e que se titulou Editorial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idioma galego dos máis prestixiosos ho-mes de letras actuais de Galicia, que tivo a imprenta, primeiro na Coruña e despois en Santiago de Compostela. Simultaneamente a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouinta-nilla dirixiu en Ferrol Céltiga e dasimprentas de todas as cidades galegas saí-ron impresos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en Santiago o escritor Arturo Cuadra-do, acompañado dun núcleo de estudantes fundou as edicións Niké e Resol, onde se pu-blicaron tomos raros da máis nova literatura galega. Tamén publicou unha primeira edi-ción de poemas dos discípulos do escritor e pedagogo uruguaio Jesualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bibliográfica.

Cuberta do libro De catro a catro, escrito polo poeta Manoel An-tonio no ano 1928 e editado pola editorial Nós de Anxel Casal.

Page 13: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 13 - Textos sobre deseños

Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Castelao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

En Mondoñedo os poetas Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostiveron unha reduci-da editorial de poesía: Editorial un no Este gallego. En Ourense publicouse ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu momento. Nela publicáronse por vez primeira traduci-dos a un idioma peninsular, o galego, gran-des autores contemporáneos, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último precisamente un capítulo do Ulises.Outra revista que agrupou o núcleo máis mozo de escritores e artistas e que uniu en certa maneira a unha xeración distinta á de Nós foi Yunque, dirixida por Ánxel Fole. Simultaneamente, a Academia Galega, a Universidade compostelá e o Seminario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas publicacións. O labor do Seminario de Estu-dos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, constitúe unha das máis importantes iniciativas de cantas se emprenderon en Ga-licia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda superados. Actualmente continúan o seu labor oficial a Academia Galega e a Universidade e emprenderon un importante labor editor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela e o Museo de Pon-tevedra. Tamén algúns particulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e sistemático.

Cuberta de revista Yunque con deseño e ilustración de Luís Seoane, 1932.

Page 14: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 14 - Textos sobre deseños

Entre os artistas galegos que se dedicaron á decoración e ilustración do libro debe-mos salientar no século XIX a Ánxel Bala-ca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebreiro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urba-no Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máxi-mo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes galegos que realiza-ron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquecesen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realiza-ba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Manuel Cas-tro López, tamén residente nesta Repúbli-ca.Dos escritores máis destacados de Galicia que impulsaron a edición de libros dében-se citar os nomes ilustres dos historiado-res e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra pu-blicada en Vigo en 1862 titulada Diccio-nario de Escritores3 aportase un dicionario bastante completo de impresores como primeira parte dese libro, no que están si-naladas as imprentas galegas desde

aquela primeira fundada polo Conde de Monterrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador Paralela a esta breve síntese histórica dos nosos códices e dos libros das nosas im-prentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entidades públicas ou privadas, ou de particulares, realizan unha importante función de difusión do libro. A máis des-tacada de todas elas polo seu valor e prestixio é a Biblioteca Universitaria. Se-guiu na súa formación as alternativas de progreso e decadencia a través dos va-rios séculos da Escola Compostelá e nos seus comezos esta librería universitaria formouse das achegas dos antigos mes-tres que ían legando os exemplares raros impresos ou manuscritos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a compra da Biblioteca do bispo Carmona pola cifra, daquela cuantiosa, de 400.000 marabedís, e au-mentáronse as cadeas e cadeados que gardaban a antiga biblioteca, ao mes-mo tempo que se convertía en pública, abríndoa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os libros eran vixia-dos polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban.

3 MURGUÍA, Manuel, ‘Impresores’, Diccionario de escritores gallegos. Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30. É posible consultar unha copia dixitalizada do libro na Bibliote-

ca Dixital de Galicia, Galiciana. (http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=4829) [Último acces 09.12.2012]z

Page 15: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 15 - Textos sobre deseños

En 1591, o Santo Oficio realizou nesa biblioteca os expurgos que considerou necesarios. A custodia dos estudantes, así como as cadeas duraron ata o sécu-lo XVIII, en que comezou para a Biblio-teca Universitaria a súa obra de grande esplendor. Coa expulsión dos xesuítas in-corporáronse a esta os volumes da mag-nífica biblioteca do Colexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospeitosas de herexía procedentes doutros colexios de Galicia, formouse o famoso cuarto de prohibidos. A isto engadiuse a doa-zón testamentaria da librería valiosa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escultor galego, Felipe de Castro. Nos días da invasión francesa, un grupo de sabios galegos “afrancesados”, entre os que estaban Pedrosa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o famoso autor do Mapa de Galicia, lograron salvar a biblioteca do incendio.Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousiño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bi-bliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algunhas máis foron engadidas á Biblioteca Universitaria con motivo da exclaustración dos frades.A ela pertencen, ademais de millares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos antes, de Fernando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións realizadas por mestres da tipografía

europea coma Plantino, Maunar e Estéfa-nos e es pléndidas edicións dos impresores españois do século XVIII coma Sacha, Iba-rra, Monfort e Cuesta.

Outras bibliotecas moi importantes están en entidades oficiais de toda Galicia, como algunhas de Deputacións provinciais, e de Institutos, ou en Sociedades Económi-cas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, destacar aquí a magnífica biblioteca de El Consulado da Coruña, a da Academia Galega e as particulares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modesta pero moi interesante para bibliografía contemporánea do Sporting Club, na Coruña. Exemplos de bibliotecas particulares entre as moitas e valiosas que se posúen en Galicia son a do arcebispo Lago González,que foi adquirida pola Bi-blioteca Universitaria Compostelá e que conserva o nome do antigo propietario en homenaxe a este gran galego, home de letras e arcebispo de Compostela; e a do poeta Antonio Rey Soto, actualmente insta-lada en Ourense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio desta cidade na últi-ma guerra civil polo goberno da República e por personalidades galegas.

Hai máis de corenta anos, os emigrados galegos secundando a iniciativa do escri-bán desta capital D. Gumersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a que se denomina en homenaxe a este continente

Page 16: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 16 - Textos sobre deseños

Cartel anunciador da Colección Hórreo, da editorial Emecé Editores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942.

continente “Biblioteca América”. Nela están depositadas coleccións de docu-mentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e literatura e coleccións de revistas de todas clases, ata constituír, se-guramente, a mellor biblioteca america-nista que hai en Europa. Cos libros pro-cedentes de América están as coleccións de mineraloxía, de moedas e medallas, de mapas deste continente e multitude de pezas etnográficas que fan aínda máis valiosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis grande homenaxe que puidese ofrecer un pobo emigrado a América ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arquivos norteamericanos, non se consti-tuíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun mul-timillonario, senón polo esforzo colectivo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes libros a San-tiago de Compostela.

En América, por outra parte, e volven-do aos editores emigrados galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publicaron arredor de 50 títulos.

Page 17: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 17 - Textos sobre deseños

As coleccións Hórreo e Dorna de Emecé Editores; e Camiño de Santiago e Pomba da editorial Nova, e que é o primeiro grande esforzo realizado por estranxei.O libro preocupou sempre á xente mellor de Galicia e para demostrar esta afirmación bastará con citar a atención que demostra o noso sabio erudito frei Benito Jerónimo Fei-joo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito galego: “Un escritor inhábil, destituído de enxeño, estilo, erudición, imprime un libro inútil e expono en venta pública, sinalando o prezo ou pro-porción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se vende o libro máis excelen-te; pois peca gravemente e está obrigado á restitución”. Establece os fraudes que se cometen no en-gano na calidade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está com-posto con caracteres moi crecidos e nos ca-sos en que o seu contido non corresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden facer, é obrigatoria a restitu-ción de prezo. Estes principios de moralidade editorial do noso grande sabio galego debían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illada-mente, coma unha lección de dignidade, se non fose que a algúns impresores e editores actuais, non a todos afortunadamente, po-den non interesarlles ser os propios denun-ciantes das trampas que se poden facer nos libros.

Page 18: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 18 - Textos sobre deseños

A Elena e Domingo García Sabell que me trouxeron toda a Compostela das miñas pri-meiras tapas.

En Santiago de Compostela, monumento de granito e néboa, a antiga cidade vieira er-guida coma unha rocha, estableceu Ánxel Casal a súa imprenta.Primeiro no número 20 da rúa das Hortas á que se baixa por entre o HospitalReal e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro sotas da baralla: a de espadas, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os perso-naxes da danza da morte e da vida medie-val: a nobreza,a igrexa, o comercio, os campesiños, que fi-xeron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ade-mais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, tonsura-dos e segrares, posúe en abundancia.Despois da rúa das Hortas, de menestreis e artesáns, instalouse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve erguer a Torre do Reloxo da catedral compostelá. Na oficina que pre-cedía aos talleres da imprenta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estu-dantes para falar de política, de libros e fa-cer proxectos de revistas.Pola porta viamos pasar uns cabaleiros hi-pocritamente repousados, anciás veladas previdas de rosarios e libros de misa, estu-

4 SEOANE, Luís, “Dos imprentas y mis tapas”, Libro de Tapas, Ediciones Botella al Mar, Bos Aires, 1953.

Capítulo 2Dúas imprentas e as miñas tapas4

Page 19: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 19 - Textos sobre deseños

dantes ateigados de textos baixo o brazo, ou esveltas mandadeiras coa sella de auga á cabeza. De noite animábase a Rúa do Vilar cos paseos de estudantes; as parellas de namorados preferían facer a súa rolda de amor baixo os soportais que enmarcan a rúa, mentres, polo centro, grupos de mozos de ambos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se dedican ditos graciosos e galan-tes.

Na miña época, moitos conspirabamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vidreiras das vellas prate-rías, das antigas libreríascon sotos misteriosos, no portal dalgunha ve-lla casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dunhas mesas do café Español, onde outros consumían a súa quenda de oito horas de dados e de dominó.

Algunhas desas noites alterábase o candor polas rúas cando se interrompía a enerxía eléctrica da cidade por un apagón provoca-do por estudantes e obreiros ou pola carga aberta que a garda civil ou a garda de se-guridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo entre berros subversivos e corridas de mulleres, silenciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore.Outras veces a desorde ocorría porque os estudantes de Dereito e os de Medicina ou

Page 20: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 20 - Textos sobre deseños

Primeira páxina da revista Claridad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proclamación da República, con deseño e gravado ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

os de calquera outra facultade, en compa-ñía dalgún dourador de imaxes ou tallista de mobles facían estalar bombas inofensi-vas fabricadas clandestinamente polos com-pañeiros de Ciencias, para sinalar a nosa protesta contra a ditadura e a monarquía. Calquera desas interrupcións á normalidade da rúa, dos paseos, non lograban silenciar a outros grupos que apoiados a unha columna cantaban a coro as máis diversas e fermosas cancións folclóricas de Galicia, nin alterar a curiosidade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cortinas das fiestras.Os días de choiva, que son a maioría, o paseo faise baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.É posible que aínda continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañeira, que arroupada no seu longo e negro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das co-cidas, ese olor a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira debe de con-tinuar parecendo unha das figuras labradas en pedra do Pórtico da Gloria ou dun capi-tel, do Palacio Xelmírez. Para algúns libros de poetas amigos, Feliciano Rolán, Iglesia Alvariño,Cunqueiro, fixen alí as primeiras tapas e ilustracións, aquelas que se imprimi-ron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que outros debuxos meus fosen publicados en revistas literarias e semanarios políticos. Yunque, Universitarios, Claridad, Ser, Resol, que escandalizaban á

Page 21: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 21 - Textos sobre deseños

fidalguía e burguesía galegas durmi-das no pretérito, nas lecturas dos vellos cronicóns; historias de santos, amores clandestinos e balances bancarios. Na miña mesa de estudante mesturábanse, cos códigos de tratados de Dereito, os albumes e monografías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España —esta cos espléndidos debuxos de Maside— e os libros das editoriais “Cénit”, “Ulises”, “Zeus” e “Teivos”. Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proximidades da cal proceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revoltoso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de liques, ouro, verde e negro, as fachadas romá-nicas e barrocas, chuvia e néboa, acen-déronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

IICon Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compostela, emprendín en Bos Aires varias empresas editoriais. Os dous con outro amigo entrañable, Lo-renzo Varela, de quen os primeiros poe-mas viñeron desde súa terra aceirada de Lugo, traídos por amigos comúns, funda-mos e diriximos Correo Literario, coa co

laboración de Alberto Girri, Pedro Larral-de e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros e outras empresas nada comer-ciais, todas elas en certa maneira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666.Unha rúa do barrio de San Telmo, dese barrio habitado en grande parte por gale-gos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese copete de luz que nos momentos precursores da treboa-da adorna a arboradura dos barcos.

A capital desa rúa branca, gris e ocre, de ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Imprenta López, que leva o número ca-picúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Bo-tella al Mar”, un café de esquina e unha froitería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas imprentas das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raí-da, pechada a súa porta desde hai anos con cadeas e cadeado, con reixas nas fiestras que nos veráns aparecen cubertas de arañas estendendo as súas teas ao sol. O leste é lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra descoñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos séculos XV e XVI. A primeira vez que entrei na Imprenta López, hai máis de dez anos, antes de que mo-dificasen a súa fachada e a súa estrutura interior, acompañando ao pintor Attilio

Page 22: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 22 - Textos sobre deseños

Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artista gráfico, foi a unha habitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxante e da que dunha das súas pare-des pendía unha vella gaita inútil e encouza-da, de cando había moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompañado dalgún obreiro da tipografía ou das máqui-nas, representaba como actor afeccionado nos festivais da colectividade galega.A Imprenta López unira xa o seu destino ao dos libros de moitos escritores arxentinos consagrados e novos, de modo que cando se fundaron as importantes empresas edito-riais deste país, como consecuencia sobre todo da guerra de España, atoparon neses grandes talleres todo o necesario para coo-perar coa grandeza do movemento editorial que se emprendía. Tipografía e máquinas constantemente renovadas e un equipo de obreiros capaces, dirixidos por Don Xosé Manuel López Soto, filio do fundador e propietario da industria, e por Don Pedro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formán-dose os fillos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles temonean por igual, sor-teando as borrascas da industria, o traballo dos talleres e os soños dos autores. Cando, con Cuadrado, quixemos continuar o labor comezado de estudantes en Com-postela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis estraños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas librerías e que seguen silandeiros o seu destino a través do tempo, pero que consti

Page 23: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 23 - Textos sobre deseños

túen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta imprenta, unha das máis importantes de Sudamérica, o ánimo necesario. Desde hai anos, entre as decenas de millares de libros que saen do corno da abundancia da súa sección ex-pedición, destinados a editoriais arxentinas, venezolanas, colombianas e doutros moitos países deste continente, xorden esas magno-lias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de “Botella al Mar”.

Ao cafetucho da esquina de México e Perú, entre mensaxeiros da axencia telegráfica de enfronte, obreiros dalgunhas outras, que case sempre se constrúen nos arredores, e comerciantes de países nórdicos que recor-dan paisaxes afastadas a través do fume das súas pipas, estendemos o reducido ta-maño da nosa oficina. Alí discutimos plans quiméricos e novas publicacións acompaña-dos do infaltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indiferentes, como se en riquecía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para establecerse como patrón independente nun propio dou-tro barrio.

Algunhas veces, veciños da vidreira, mira-mos silandeiros para as colas das xentes que esperan o ómnibus ou o colectivo ou para ese carriño de changas que ostenta o alcume: “Afástate piolloso que vén o peite”.

Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernando Scornik, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 24: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 24 - Textos sobre deseños

Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carba-llos centenarios da montaña galega. Igual encomenda ela ao azar os seus billetes coma nós os nosos libros.

III

Escribín sen cerimonia algunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustracións que fun facendo para moitas grandes e peque-nas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primeiras, alegres e cando-rosas, feitas para algúns libros que se im-primiron na imprenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da imprenta López, en Bos Aires; es-tas últimas, como as primeiras, realizadas desinteresadamente, e destinadas na súa maioría a novos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se reproducen algunhas delas despoxadas dos detalles tipográficos que as complementaron, é parecido a aquel capicúa que Macedo-nio Fernández escribiu nunha carta: “Libro de tapas de libro”, definindo: “a tapa de libro é a morada de todo lector”.

Page 25: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 25 - Textos sobre deseños

Penso que moitos libros actuais perdu-rarán como testemuño dunha bela épo-ca da pintura. Pablo Picasso, precursor en tantos xéneros artísticos, admirable ilustrador de Ovidio, de Góngora e de Buffon, dixo nunha oportunidade: “Tivemos a época dos ballets rusos, te-remos probablemente agora a época das grandes edicións”. Para un pintor ilustrar ou com paxinar un libro é unha oportunidade de atopar unha nova ex-presión. Pola miña parte sentín, preci-samente comopintor, a necesidade de facer fermosos libros aínda desenvol-véndome sempre con mesquiños me-dios económicos.

O que creo ter aportado ao libro en xeral coas miñas tapas e debuxos é un humor como de canción popular, xunto a imaxes novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon probablemen-te máis a sutís elementos tipográficos e á utilización dos recursos aportados polas novidades técnicas.

A min bastoume con destinarlles unha nova expresión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os an-tigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas pintadas dos circos.

Cuberta e contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 26: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 26 - Textos sobre deseños

Albert Skira, creador de libros de arte da-quela espléndida revista que se chamou Minotaure, asegurou, no catálogo que conmemoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso libro non é obra dunha soa persoa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son varios os artesáns que interveñen na elaboración do libro e o esforzo é sempre de carácter colectivo. Cada libro ten unha historia, independente do autor e do tema que trata. Unha historia referida á súa edi-ción. Aquel libro que naceu rico, que produ-ciu seguramente un déficit na contabilidade da editorial, aí está nunha librería de última categoría, vendéndose en lote, con outros máis modestos que correron igual sorteo “Tres libros por dez pesos” reza o cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas condicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha especie de dignidade que o semella nesas librerías, onde se vende en promiscui-dade con discos e outros obxectos, á daque-les fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gastado a traza das repetidas limpe-zas dos tintoretos e que viven unha segun-da vida na Corte dos Milagres de calquera cidade. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de bo-rrar. A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate.

5 SEOANE, Luís, “Breve crónica en relación conmigo y las artes gráficas”, Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos Aires, 1957.

Capítulo 3Breve crónica en relación conmigo e as artes gráficas

Page 27: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 27 - Textos sobre deseños

Cada un deles ten, independentemente da historia da súa creación e do seu actual desamparo, a súa crónica gráfica tan dig-na de ser relatada nalgúns casos, como a do “Florilége des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas litografías Matisse e, en oportunidades, moito máis pintoresca.Entre todas as persoas que interveñen na confección do libro, o que lle imprime ca-rácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e deco-ración.Cando comezou o grande movemento editorial arxentino, entre os anos 1938 e 1940, a consecuencia da guerra civil española, algúns artistas gráficos trataron de imprimir personalidade aos libros que saían por primeira vez en cantidade das imprentas de Bos Aires. Tres sobre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mes-mo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa diferenciación.Pasaron case vinte anos, e falo de min en relación con aqueles a quen seguramente debe aportes máis fundamentais o libro arxentino. Mais, cada un de nós, Attilio Rossi, o primeiro, Hermelín, e máis eu, deixou na arquitectura e decoración do libro industrial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas colec-cións deles, o aporte da súa sensibilidade artística e da súa cultura.

6 A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación idependente en Italia, e das primeiras en Europa, en difundir e aplicar as teorías do deseño de vangarda no período de

entreguerras. A revista caracterizouse pola aplicación dunha lóxica funcionalista ao seu deseño, empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomontaxes. A revista edi-

touse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939. Na páxina de internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de moitos exemplares (http://www.thisisdisplay.

org/tag/Campo+Grafico) [Último acceso 09.12.2012]

Os tres tiveramos que saír, por razóns po-líticas, dos países onde nos formaramos. Attilio Rossi abandonou a Italia de Mus-solini onde dirixira con Cario Dradi Cam-po gráfico6, en Milán, logo de participar en todos os movementos renovadores da tipografía e das artes gráficas nesta cida-de. Xacobe Hermelín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como consecuencia das persecucións de Hitler e trouxo consigo, á parte da súa experiencia gráfica, o seu aporte de notable calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstracto das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pequena imprenta com-postelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de editar semanarios políticos e revistas xuvenís de arte e lite-ratura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferenciación cultural e senti-mental desa terra.Dos tres, só Attilio Rossi puido regresar ao país da súa formación; Hermelín finou no desterro e, pola miña parte, veño contem-plando desde aquela, desde esta cidade do meu nacemento, o curioso fenómeno político da incorporación paulatina do franquismo ao seo das democracias, sen disimular a súa orixe e violencia.Rossi trouxo ao libro arxentino o seu amor pola medida, o seu rigor xeométrico e,

Page 28: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 28 - Textos sobre deseños

cos seus grandes coñecementos técnicos, un afán constante de experimentación. Hermelín aportou a vontade e o vigor que caracterizan o traballo xermánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis ins-tintivo, tratei de servirme do meu coñece-mento do pasado para as miñas experien-cias gráficas. O gusto polas prehistóricas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos romanos que tamén alí abundan, e polos miniados me-dievais. (Sobre todo, aqueles do cartulario da catedral compostelá, do Tumbo A, e os do Diurnal de Fernando I, que teñen as páxinas epigráficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Domínguez Bordona, e onde existe unha inicial, a B, que segundo o romanista nor-teamericano Kingsley Porter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos europeos nos séculos medios; tendo en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manuscritos do Sal-terio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións). Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na decoración e dia-gramación do libro. A color, tamén o negro, gris e branco da páxina. Existían desde logo impresores que realizaran fer-mosos libros para bibliófilos, magníficos debuxantes que ilustraron este tipo de

libro e que fixeron o aporte do seu talento a moitas edicións de autor. O noso propó-sito era distinto. Consistía en crear libros e coleccións para as grandes editoriais que se formaban con outro sentido formal e no que non se ex-cluíse a personalidade do artista gráfico, e imprimíndolle un carácter diferencial no mercado do mundo.

Os tres coñecíamos moitas das experien-cias fundamentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerrafaelistas, e as de Wi-lliam Morris, e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Realizaramos, ou coñeciámolas desde tres puntos afas-tados de Europa, moitas das experiencias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aínda unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas partes de Amé-rica. Utilizaramos a medida de ouro, a impre-sión en papel de farrapos, suprimindo as maiúsculas, —supresión iniciada, creo arre-dor de 1925 en Alemaña, seguramente como reacción ao excesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgunhas publicacións de literatura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros libros valio-sos se publicou unha das primeiras mono-grafías sobre o pintor W. Baumeister— e tamén usando para as carautas os corpos

Page 29: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 29 - Textos sobre deseños

10 ou 12 como un alarde de distinción e austeridade, utilizando o que chamaba-mos tipo universal como máis claro e de-finitivo.Coñeciamos as experiencias tipográficas futuristas e cubistas, as rusas de arredor de 1920, as de El Lissitzky, as de Werkman en Holanda, os traballos modernistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova tendencia entón dos construtivistas ale-máns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Bayer no Bauhaus, e case todos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír notablemente na pintura e as ar-tes plásticas en xeral. Rossi, que foi un dos primeiros defensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de nu-merosas notas de crítica artística na revista Sur, aplicou algúns destes coñecementos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un libro. Xacobe Hermelín, máis fiel á cali-grafía, que constituíu a súa maior vocación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o alfabeto gótico e o público coñeceu o alto valor do seu labor na exposición póstuma que da súa obra se realizou nesta capi-tal, hai algúns anos, polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min,pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, pre-ferín deixarme guiar case sempre pola in-tuición, polas mesmas leis que arredor de 1930 me facían gustar das experiencias

post-expresionistas e post-cubistas, sempre en relación con outros gustos máis perma-nentes. Estes libros e coleccións, dos que orientamos a súa arquitectura, adoitáronse imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, na-turalmente, máis decrépitas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Estes libros e coleccións, dos que orienta-mos a súa arquitectura, adoitáronse impri-mir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, natural-mente, máis decrépitas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, superada aque-la etapa, un núcleo de artistas destacan o seu gusto na artesanía tipográfica (Silvio Baldessari, Bonomi, Cerdá Carretero, Co-tta, Gonda, Alfredo Hlito, Carlos Hirsch, Iaquinandi, Maldonado, Méndez Mosque-ra, Lidy Pratto, Rebuffo, Rosarivo, etc.) e fan posible, aínda a pesar dese estancamento técnico, a distinción do libro Naquela im-prenta compostelá “Nós” á que me refe-rín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tempo alternando os faladoiros de café e as reunións clan-destinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estudante de Dereito, fixen para semanarios revolucionarios e autono-mistas, como Claridad, Ser, a revista Uni-versitarios, os meus primeiros intentos de composición tipográfica.

Page 30: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 30 - Textos sobre deseños

O gravado en linóleum, impreso en negro sobre papel de color, atravesaba algunha que outra vez, como a franxa dunha ban-deira, a primeira páxina de Claridad. Os meus recursos tipográficos, limitados á modestia da imprenta, utilizábaos mestu-rando na composición os tipos máis anti-gos con filetes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras imprentas daquela cidade desde os séculos XVII e XVIII, re-voltos nas caixas cos de estilo modernis-ta, adquiridos polos seus propietarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para outras experiencias.Gozabamos deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscando pa recidosfins tipográficos, aínda que guiados dun afán distinto no ensaio, pois, pola nosa parte, non ía unido á imposi-ción de programa estético algún. Os no-sos carteis, os que faciamos para pegar nas paredes burlando a vixilancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferencias universitarias, estaban realizados polo procedemento do estarcido, ou tamén gravados ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos despois gustarían aos partidarios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta”.¿É posible que nas bibliote-cas expurgadas de Galicia se conserve algo desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía daquela nunha e noutra cida

de dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colaborabamos con outros compañeiros, facíanse alardes tipográfi-cos parecidos. ¿Que foi daqueles libros de poemas dos que coloreabamos as ta-pas a man con menos solemnidade cós pequenos beatos? No pequeno rastro próximo á Universida-de, se continúa existindo, ou nas librerías de vello, é seguro que non se encontren mostras daquela inquietude. En cambio, nas librerías das rúas de Co-rrentes de Bos Aires, nesas onde a lectura dos títulos se une na mente aos ripios das cancións de discos populares, ou ao ritmo da canción bailable de moda, dun bugui ou dun rock, podemos ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionalida-des e temas, un anaco dalgún daqueles que diagramamos e lle fixemos a tapa. Está con outros amoreado de calquera xeito, e, sobre el, sobre todos eles, colo-cado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: “Tres por dez pesos”. Se non o silencio, polo ruído dos discos, o lixo, polo menos, úneos e envólveos, men-tres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con notables libros de arte e de foto-grafías que son, ao dicir de Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, quizais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 31: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 31 - Textos sobre deseños

- El LABORATORIO DE FORMAS, nacido en la Galicia emigrada como pro-ducto de la voluntad de dos artistas, se pro-pone el estudio de las formas desarrolladas en el pasado gallego y las que continúan vigentes, heredadas de ese pasado, en el presente. Testigo del cansancio producido por los últimos ideales cosmopolitas de algu-nas escuelas, el LABORATORIO se propone encontrar en esas formas olvidadas que tu-vieron vigencia durante siglos, y en las que perduran heredadas, los signos de su pro-pio sistema de expresión.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALl-CIA registra un largo número de intentos y teorías que van desde John Ruskin y William Morris, desde los racionalistas y constructi-vistas rusos, hasta las últimas experiencias de Tomás Maldonado, 1. Sutherland, T. Jo-hnson, etc., pasando por el ejemplo clásico del Bauhaus.Pero, los propósitos que guían al LABORA-TORIO y la teoría que sustenta, han de in-cluir, además del significado, el origen de las formas tratando de no someterse al cos-mopolitismo a que antes nos referíamos, por respeto al hombre, analizando aquellas que disti guen de antiguo el arte de Galicia, te-niendo en cuenta las experiencias anónimas que inventaron hace centenares de años for-mas aún actuales y que adquirieron particu-laridad gallega.

7 SEOANE, Luís e DÍAZ PARDO, Isaac, Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia, separata incluída en ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia nº1’, Edicios

do Castro, Sada, A Coruña, 1970.

Capítulo 4Manifesto do Laborato-rio de Formas de Galicia

Page 32: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 32 - Textos sobre deseños

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GA-LlCIA dejó su período de conversaciones previas y de formulaciones teóricas, y, cola-borando con Cerámicas del Castro cuenta ya en su haber con dos importantes realiza-ciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestigio del pasado gallego, que representó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Mu-seo Carlos Maside, que aspira a recoger la obra y la documentación del movimiento re-novador del arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verdadero centro de información y archivo relativo a las ideas es-téticas de Galicia y a la difusión dentro de ella de los movimientos universales del arte.

- El LABORATORIO DE FORMAS se propo-ne hacerse notar más por sus realizaciones que por formulaciones teóricas, mostrando siempre su simpatía por las artes populares.

- El LABORATORIO estará presente allí don-de existan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.

Page 33: "Textos sobre deseño" Luís Seoane

Luís Seoane - 33 - Textos sobre deseños