textos - xornal vigo. gabinete de prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf ·...

16
TEXTOS Nado en Cangas, trasládase coa súa familia a Vigo con trece anos por mor do nomeamento do seu pai como director das Escuelas Nieto. Na adolescencia, con catorce anos, comeza os seus estudos artísticos na Escola de Artes e Ofi- cios de Vigo baixo a titoría do profesor de debuxo Maximiliano Vidales. Pronto comezou a desenvolver as súas inquietudes artísticas colaborando co grupo formado ao redor do “I Salón de Primavera” de Vigo e a concesión da pri- meira bolsa de estudos outorgada pola Deputación de Pontevedra con 19 anos. Tras unha primeira etapa de formación na Escola de Belas Artes de Madrid, retornou a Vigo e comezou a desenvolver a súa carreira artística coa primeira exposición individual no ano 1932. O servizo militar en África nos anos 1933-34 e o comezo dos seus estudos de Maxisterio traerían un período de certa inactividade pictórica que se acentuaría co período de preparación da oposición para o corpo de Maxisterio e o estalido da Guerra Civil. Tras o parón da contenda militar consegue a praza de Bibliote- cario municipal en Vigo (1946), que co tempo compaxinou coa de Técnico de Cultura e Arte do Concello de Vigo. A partires de mediados dos anos 40 do século pasado desenvolveu con certa regularidade a súa actividade artística na que destacou como retratista. Tamén cabe subliñar a súa participación activa na dinamización cultural da cidade coa participación nos grupos artísticos da cidade como a Sociedade “Amigos del Arte” de Vigo, as tertulias artísticas do café Tropical ou o Derby, a recuperación da Batalla das Flores (1961) xunto a Maximino Fernández ou a Exposición de Artistas Noveles (1961) cos seus compañeiros de xeración. Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Fernández Rodal en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devol- verlle parte da súa inspiración impartindo clases de debuxo e pintura ou recupe- rando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro. Producción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Comisario: José Luis Mateo Álvarez

Upload: hoangdan

Post on 25-Sep-2018

226 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

TEXTOS

Nado en Cangas, trasládase coa súa familia a Vigo con trece anos por mor do nomeamento do seu pai como director das Escuelas Nieto. Na adolescencia, con catorce anos, comeza os seus estudos artísticos na Escola de Artes e Ofi-cios de Vigo baixo a titoría do profesor de debuxo Maximiliano Vidales.Pronto comezou a desenvolver as súas inquietudes artísticas colaborando co grupo formado ao redor do “I Salón de Primavera” de Vigo e a concesión da pri-meira bolsa de estudos outorgada pola Deputación de Pontevedra con 19 anos. Tras unha primeira etapa de formación na Escola de Belas Artes de Madrid, retornou a Vigo e comezou a desenvolver a súa carreira artística coa primeira exposición individual no ano 1932.O servizo militar en África nos anos 1933-34 e o comezo dos seus estudos de Maxisterio traerían un período de certa inactividade pictórica que se acentuaría co período de preparación da oposición para o corpo de Maxisterio e o estalido da Guerra Civil. Tras o parón da contenda militar consegue a praza de Bibliote-cario municipal en Vigo (1946), que co tempo compaxinou coa de Técnico de Cultura e Arte do Concello de Vigo. A partires de mediados dos anos 40 do século pasado desenvolveu con certa regularidade a súa actividade artística na que destacou como retratista. Tamén cabe subliñar a súa participación activa na dinamización cultural da cidade coa participación nos grupos artísticos da cidade como a Sociedade “Amigos del Arte” de Vigo, as tertulias artísticas do café Tropical ou o Derby, a recuperación da Batalla das Flores (1961) xunto a Maximino Fernández ou a Exposición de Artistas Noveles (1961) cos seus compañeiros de xeración. Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Fernández Rodal en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devol-verlle parte da súa inspiración impartindo clases de debuxo e pintura ou recupe-rando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro.

Producción: Escola Municipal de Artes e Oficios de VigoComisario: José Luis Mateo Álvarez

Page 2: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

FORMACIÓN

Rodal iniciou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios de Vigo como alumno de Maximiliano Vidales durante catro anos. Con dezaseis anos publicou o seu primeiro debuxo, titulado A igrexa de Lavadores no xornal Faro de Vigo (31/8/1928). Os seus primeiros retratos comezaban a ser expostos nalgúns comercios do centro, algo que era moi común na cidade; e mesmo deseñou os espazos e iluminación do baile da Asociación da Prensa de Vigo.Este período formativo na Escola de Artes e Oficios veu acompañado dunha actividade cultural próxima ao grupo de mozos que uns anos máis tarde formarían a sociedade de “Amigos del Arte” de Vigo, onde coincidirán artistas plásticos, xornalistas, poetas e outros animadores culturais da cidade. Foi nese ambiente onde entra en contacto con Bremón Sánchez, Enrique Archidona Romero, Xesús Nieto Pena, Alfredo Gómez Jaime, Camilo Nogueira, Mario González, etc.

Superando os vaivéns dos estilos, o retrato sobrevive durante o século XX. A xustificación histórica do xénero era, evidentemente, a procura da reprodu-ción da aparencia física do retratado. Na pasada centuria, coa transformación da arte, o retrato convértese tamén nun campo para a experimentación, para a construción do estilo do artista.Neste sentido cómpre lembrar que a fotografía, desde mediados do XIX, reti-rara ao retrato a posibilidade de continuar a súa funcionalidade.Se sempre a visión subxectiva do artista estivo na presentación de calquera modelo, a evolución da arte do século XX fixo deste aspecto un elemento central da representación retratística, servindo, nos mellores casos, para reconstruír e reflectir a intensidade complexa do home moderno.Os pintores galegos non son alleos a estas continxencias do xénero, poden-do percibirse neles un uso do retrato como método de coñecemento para o propio creador, un aspecto que está presente na arte occidental desde a revolución artística do século XV. Daquela, o retrato está formado non só de imaxes, senón tamén de ideas, ou mellor, que as unhas nunca se dan sen as outras. Un cadro non debe soamente verse senón tamén entenderse ou, aínda mellor, lerse. Os retratos debemos, pois, lelos no contexto. Os realizados polo pintor vigués Emilio Fernández Rodal abalan entre os que seguen fórmulas académicas e os de maior soltura, entre os últimos debemos subliñar o seu Autorretrato (1932); o Estudo de muller (1934-36), obra que nos lembra na súa frescura a lección de Manet, e o Debuxo (1933-34), que representa unha figura feminina cun ar de precisión e frialdade que lembra a arte da Nova Obxectividade ale-má de entreguerras. Ao tempo, son pinturas que exemplifican como artistas e comitentes modernos utilizaron o retrato como manifestación dun estatus social, seguindo neste sentido as vellas convencións, máis ou menos enfeita-das e adaptadas aos novos tempos.

Carlos L. Bernárdez

Page 3: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

AS PENSIÓNS DE ARTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Emilio Fernández Rodal foi un dos artistas pensionados pola Deputación de Pontevedra. Esta institución comezara en 1864 a concesión de bolsas aos artistas da provincia, feito habitual nas deputacións de todo o Estado, pero a singularidade da de Pontevedra foi que en 1925, baixo a presidencia de Daniel de la Sota, o asesoramento de Losada Diéguez e a colaboración de Castelao, elaboraba un regulamento específico que daba fin á irregularidade e á falta de criterios uniformes. Os aspirantes debían someterse á proba imposta polo tribunal e os pensionados estaban obrigados a demostrar o aproveitamento das axudas e á exposición pública dalgunha das obras realizadas durante o ano de estudos, así como a entregar á Deputación unha destas obras. As bases establecían que as bolsas non sobrepasasen os tres anos e, desde 1929, inclúen as bolsas de viaxe ao estranxeiro para ampliar coñecementos. Aínda que excepcionalmente, na primeira convocatoria, Maside recibía unha bolsa para estudar en París e Munich.

As pensións contemplaban todas as manifestacións artísticas e, entre os integrantes do tribunal, figuraron galeguistas como Losada Diéguez, Castelao ou o arquitecto Gómez Román, xunto a artistas próximos ao rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente. O que confirma a convivencia do binomio cultural entre o rexionalismo e a nova arte galega auspiciada polo nacionalismo, o chamado movemento renovador que supuxo incorporar por primeira vez a linguaxe da modernidade á arte en Galicia, á vez que o vincula coa tradición cultural.

A maior parte dos renovadores foron pensionados da Deputación de Pontevedra: Maside, Colmeiro, Arturo Souto, Torres, Uxío Souto, Camilo Nogueira, Narciso Pérez, etc. A decidida aposta da Deputación de Pontevedra impulsou a renovación artística galega, que vivía un ambiente cultural propicio para o seu desenvolvemento, e os artistas puideron formarse en Madrid, Barcelona e París. En Madrid coñeceron directamente a nova figuración que se poñía de manifesto, en 1925, na primeira exposición da

Sociedad de Artistas Ibéricos, e en París puideron ver as vangardas históricas de preguerra e ser testemuñas das novas propostas da arte europea: a Art Decó, a vangarda rusa e os novos realismos europeos de entreguerras. O espírito europeo de posguerra estaba dominado polo retorno á orde, que reclama unha arte máis próxima ao público e implica unha volta á figuración renovada que serviu de base aos artistas renovadores.

Fernández Rodal foi dos máis novos daquela xeración e por iso non obtivo a pensión ata 1931, coa que se trasladou a Madrid, onde comezou a súa amizade con Laxeiro, naquel momento pensionado polo Concello de Lalín e que ao ano seguinte seríao pola Deputación.

En 1934, baixo o goberno da República, as dificultades económicas polas que atravesaba a Deputación obrigárona a suspender as bolsas, cuxa restitución se produciría en 1940, suxeitándose ás mesmas bases e condicións da época anterior, pero nun ambiente artístico moi diferente. O nexo co período anterior non se limita só ás normas senón que os primeros pensionados son artistas que xa o foran, contribuíndo así a finalizar a formación interrompida no seu día. Este é o caso de Fernández Rodal, Xosé Sesto, Laxeiro, José María Acuña e Virxilio Blanco.

Beatriz de San Ildefonso RodríguezConservadora do Museo de Pontevedra

Page 4: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

I SALÓN DE PRIMAVERA DE ARTISTAS NOVELES (1931)

O fito máis salientable da súa formación foi, sen dúbida, a participación no ano 1931 do Primer Salón de Primavera de Artistas Noveles de Vigo. Un certame organizado por iniciativa de Santiago Puime Freiría, inaugurado o 15 de maio no Salón de Festas do xornal El Faro de Vigo. O salón, financiado en parte pola Cámara Oficial de Comercio e a Juventud Católica de Vigo, trataba de convocar a creatividade dos novos artistas locais e promover a actividade cultural na cidade. Ao certame presentáronse 106 obras, o que demostra o grande interese que xenerou non só en Vigo senón tamén nos concellos da súa área de influencia así como doutras vilas de Galicia. Entre os participantes estaban algúns que co paso do tempo chegaron a formar parte da vida artística galega. Ademais do propio Fernández Rodal podemos atoparnos con Camilo Nogueira, Julia Álvarez Prado, Alfonso Casal, Leal Ínsua, Angel Mareque Cajaraville, Elena Agra, Tirso Javier, Ignacio Senra, Alejandro Lafuente, Eloy Freire Casal, Telmo González, Fernando Oliveira, Mario González, Benjamín Quinteiro Alonso, etc.Rodal presentábase con 16 obras entre as que estaban: San Francisco, Boceto, Viaxe en terceira, Cabeza de estudio (carbón), Rincón de Cangas ou Vencidos da vida (serie de seis retratos de anciáns residentes na Casa da Caridade de Vigo). Ademais presentaba os retratos de Don Antonio Conde (lápiz), Don Alfredo Gómez Jaime (pastel) ou Don Eugenio Valladares (óleo); e tres gravados en madeira: Sonata, Goya e Beethoven.

O carácter do mozo Fernández Rodal quedaba debuxado nas súas declara-cións á prensa:Soy vigués de corazón y por ideal. Siento en mi ese afán de trabajar que eleva el nivel moral de este pueblo, grande por su trabajo y por su fé en el porvenir.En realidad todos mis conocimientos los debo al entusiasmo desplegado en mi enseñanza por el destacado pintor don Maximiliano Vidales y a mi gran voluntad para aprender.

Busco mi inspiración en las cosas vivientes, porque opino que la mejor paleta es la Creación, el mejor cuadro el paisaje, la máxima concepción el Ser y el supremo artista, Dios, trabajando en el inmenso estudio de la Naturaleza.

O mozo Rodal de dezanove anos xa chamaba a atención da crítica de arte dos xornais vigueses:

un estilo que tiene por principio básico de producción, la confianza del artista en su labor conceptiva. Esta realidad se destaca en el bien acusado perfil del trazo, la fijeza de la línea como síntesis del conjunto, la fina observación de los rasgos y la lozana pujanza de la naturaleza de lo pincelado. [Bremón Sánchez, Faro de Vigo (24/5/1931)]

Emilio F. Rodal: buen retratista y psicólogo, sabe captar con justicia el mo-mento, por eso en todos los retratos al óleo y al pastel que expone, se ob-servaba la perfección en el parecido así como un gran dinamismo. Su paleta todavía oscura, nos hace suponer que con fe pronto llegará a descollar en el mundillo pictórico regional si hace su fuerte a base del retrato. El de "Gómez Jaime", es algo definidor de las cualidades antes enumeradas; "Mendigos de la vida" es un cuadro lleno de sentimiento y muy acertado en la gradación de la luminosidad, si bien algunas de las figuras componentes de la escena no están logradas con la pulcritud apetecida en otras de sus producciones. Presenta además tres maderas barnizadas en negro y grabadas a punzón en ellas, dos retratos: un Goya, un busto de Beethoven y "Sonata", muy llama-tivos por su relativa novedad y buen gusto. [Modesto Prieto Camiña, Vida Gallega nº 487, 1931]

Page 5: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

A SOCIEDADE DE "AMIGOS DEL ARTE" DE VIGO

Ao seu regreso a Vigo en 1932 retoma o círculo de amigos que xurdira do Salón de Primavera do ano anterior. Froito dese grupo crease a Sociedade de "Amigos del Arte" de Vigo, co obxectivo de difundir as expresións artísticas na cidade. Esta sociedade apoiaba a idea que circulaba na cidade de crear un Museo de Arte e demandaba a implicación dos poderes públicos ademais de ofrecerse para facerse cargo da custodia e regulamento do devandito local ao que os seus membros cederían obra.

Rodal, xunto a Santiago Puime e outros novos artistas participantes no Salón do ano anterior foi un dos impulsores e membros desta Sociedade. Al-gúns destes artistas, que recibiran formación na Escola de Artes e Oficios de Vigo, tamén chegaron a conseguir unha bolsa de estudos da Deputación de Pontevedra para ampliar a súa formación e, mesmo nalgún caso, chegaron a impartir clases neste centro.

Ignacio Senra. Debuxante que xa publicara algúns dos seus traballos no Faro de Vigo entre 1924 e 1928 ou en Vida Gallega, onde publicaba viñetas humorísticas. No ano 1928 acadaba unha bolsa da Deputación de Ponteve-dra para ampliar estudos artísticos. No 1931 participou no I Salón de Prima-vera de Artistas Noveles de Vigo. Deseñou as capas e páxinas interiores dos libros de J. Ramón Castro, Cuatro pies de tribuna (1934) e Sinfonía ácido-resistente, Lucha antituberculosa (1935).

Benjamin Quinteiro Alonso (Ponteareas 1911 - Madrid 1936). Escultor formado no obradoiro de marmoraría do seu pai Benjamín Quinteiro Martínez, en Ponteareas. Formouse na Escola de Artes de Oficios de Santiago, onde foi alumno de Asorey. Participou no Salón de Primavera con catro obras e nese mesmo ano acadou unha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudar escultura en Madrid xunto a Victorio Macho e coñezeu a obra de Emiliano Barral e de Pérez Mateos.

En 1934 regresou de Madrid e comparte o seu labor de docente de modelado e debuxo nas Escola de Artes e Oficios de As Neves coas diversas encomen-das que recebe. Co inicio da Guerra Civil tense que trasladar á fronte, onde morre no ano 1936.

Ángel Mareque Cajaraville (Santiago 1904 - Vigo 1974). Ourive, traballaba a prata e o marfil. Participou no I Salón de Primaveira. No ano 1946 foi no-meado profesor de ourivaría da Escola de Artes e Oficios. Representante da chamada “Escola de Santiago de Compostela”.

Camilo Nogueira (Vigo 1904 – 1984). Escultor. Comezou os seus estudos profesionais na Escolas de Artes e Oficios no curso 1919-20 e ao final dos mesmos coincidiu con Longa, Senra ou Mareque. Pensionado pola Deputa-ción de Pontevedra no 1930, ampliou estudos na Escola de Belas Artes de Madrid ata que retornou a Vigo no 1933. Participou no “I Salón de Primavera de Artistas Noveles” no 1931, tras instalar o seu obradoiro de ebanistaría e talla colaborou coa Sociedade “Amigos del Arte” coa exposición de escultura que organizou no ano 1934.

Sempre presente no círculo artístico e político da cidade, desenvolveu a súa carreira docente na Escola de Artes e Oficios entre 1946 e 1977. No ano 1952, xunto a Rodal, Archidona, Sigüenza e Mareque organizou o “II Salón de Primavera de Artistas Noveles” e coincidiu con eles en exposicións destaca-das como a Exposición Regional de Arte (1960) ou a conmemoración do XXX Aniversario do Salón de Primavera (1961).

Jesús Conde González (Xesús) (Vigo 1909). Debuxante, influenciado pola obra humorística de Castelao. Nos seus debuxos predominaban o mundo rural e as súas romarías. Colaborou co Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e outras publicacións. Escribiu o libro Cando Colás foi á Lúa. Colás era un can de palleiro filósofo que Xesús empregaba nos seus debuxos para facer os diversos comentarios.

Page 6: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

Telmo González. Pintor, participou no I Salón de Primavera. Foi vogal da Sociedade Amigos del Arte.

Eduardo Padín Rodríguez (Tui 1886-1979). Fillo do tamén artista Ricardo Padín. Inicia os seus primeiros estudos no Seminario da cidade tudense que ao pouco abandona para iniciar a súa carreira como artista. No ano 1916 publicaba os seus primeiros debuxos ou “monos” na revista Vida Gallega, que pola boa acollida axiña figuran na portada da revista. Eduardo Padín foi entre 1924 e 1927 subdirector da revista e colaborador ata a súa desaparición o 30 de xaneiro de 1935. Desde 1923 colaboraba en Faro de Vigo, no semanario tudense La Semana. Tamén participou coas súas ilustracións noutras publi-cacións como La Integridad de Tui, La Región de Ourense, El Pueblo Gallego de Vigo, El Ideal Gallego de A Coruña, etc.Da súa obra pictórica hai numerosos exemplos espallados por Tui, Vigo e nu-merosas cidades, pois realizou unha obra ampla e abondosa, caracterizada polo seu dominio do debuxo e o seu realismo. Podemos citar, coma exemplo, o retrato do Bispo Salvado (1942), doado polo artista e conservado no Museo Diocesano, ou o retrato do bispo de Ourense Florencio Cerviño (1942), encar-go do Concello de Tui e hoxe no Salón de Plenos da Casa do Concello, pai-saxes tudenses, e diversos retratos existentes na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, entre os que destaca o retrato de Avelino Rodríguez Elías.

Tamén tivo amizade co grupo de xornalistas, poetas e escritores que estaban vencellados á Sociedade de “Amigos del Arte”, como Enrique Archidona Romero, Modesto Prieto Camiña, José Antonio Ochaíta, Jose María Bremón Sánchez, Julio Sigüenza, Santiago Puime Freiría ou escritores como os cubanos Luis Bas Molina ou Manuel Fernández Sarrasi, ou o colombiano Alfredo Gómez Jaime, que tiñan praza diplomática na cidade e que influíron na vocación literaria deste grupo de mozos.

Page 7: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

A PRIMEIRA EXPOSICIÓN INDIVIDUAL NA SOCIEDADE "AMIGOS DEL ARTE" DE VIGO (1932)

Tras regresar dese primeiro ano de estudos en Madrid, Rodal recibe a invitación para facer unha exposición individual co traballo realizado durante a súa estadía na capital como bolseiro da Deputación de Pontevedra. A nova Sociedade xa contaba daquela cun local no primeiro andar da rúa Velázquez Moreno nº 16 que inaugurara o ano anterior e onde viña desenvolvendo algunhas exposicións así como actos culturais como os recitais poéticos.

Foron 23 obras nas que mesturaba retratos como Autorretrato, Tirso Javier, Mario González, Doña Carmen González Larroca (Esposa del médico Angel A. Ruiz Martínez), Don Antonio Autrán, D. Eduardo Autrán y Florez de Losada (Marqués de Esteva de las Delicias); xunto a unha serie de vistas realizadas nos tempos de bolseiro da Deputación: cinco de Santiago (Rúa do Vilar, San Paio de Antealtares, etc.) e doce de Toledo (Catedral, Cristo de la Luz, Callejón de los muertos, Plazas de Santo Domingo y San Justo, Íntimos, etc.)

Enrique Romero Archidona animou a exposición cun recital poético que comezou co poema:

Te dormiste de pequeñocon el día; despertasteya de noche, y conservaste, vivo la visión del sueño.Hoy plasmas con noble empeño las sombras donde soñaste, la luz con la que te acostaste,y el encanto del ensueño.

No poema Piedras milenarias dedicado a Rodal, definía o su estilo como "mezcla sublime de notas de pretéritas edades, en un conubio encantado, en un noble maridaje, que brinda Emilio en un bello exponente de su arte".

PIEDRAS MILENARIASLuces y sombras captadasEn el lienzo, en plasmación de piedras anquilosadas:CreaciónAngulosidades rígidas;Criptas de curva suave:Un halo con albas frígidasEn la nave.Toledo… Santiago…; viejosRecuerdos de épocas idas…¿Cuadros que son como espejosReflejando nuestras vidas!

[E. Romero Archidona, con motivo da primeira exposición individual de Rodal en 1932].

Bremón Sánchez deu unha charla na sede da exposición co tema: Fernández Rodal. Emboza de Luna. Racialidad. Naturismo. El alma gallega bajo la influencia del paisaje. En los espíritus la fé como claror. Compostela. La civilización. Ideal peregrino de Galicia. Un ascético destino. Avanzadas del progreso. En el joyel de Galicia inmortal.

Manuel Fernández Sarrasi, publicista, poeta e cónsul de Cuba na cidade, pechou o ciclo de actos da exposición cunha charla lírica co lema: La acción simuladora de la leyenda. Nela fixo un resumo histórico e poético da cidade de Toledo

Modesto Prieto Camiña dedicoulle un artigo no Faro de Vigo subliñando a súa calidade como retratista, sobre todo pola súa obra Autorretrato e polo retrato de Eduardo Autrán.

Page 8: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

Foron estes anos de xuventude anos de ímpeto creativo así como de euforia social dentro do grupo de amigos formado ao redor da Sociedade de Amigos del Arte, onde se estableceron amizades que perdurarían no tempo. Enrique Romero Archidona (Madrid 1908 – Vigo 1959), poeta e crítico de arte en diferentes medios xornalísticos locais, foi compañeiro de xeración e, sobretodo, un bo amigo de Rodal. Así facía lembranza daqueles anos de "Bohemia" inmediatamente anteriores á República:

Allá por el 1926 comencé una fórmula de vida independiente, por fondas y hospedajes, que se alargó a Bilbao y a Madrid en 1930, -con retorno-, salpicada de algunos legítimos bohemios: Emilio Canda y el pequeño-gran Xesús Nieto Pena en primera línea. Mis dieciocho años pimpantes y tiernecitos, plagados de verso y novelería, de romances de amor ingenuo y portalero, de merendolas y bailongos en el extrarradio con empanadas y tinto y polvo de romerías, se prolongaban en el nocturno vigués de la Ceca a la Meca de todas las oportunidades de olvidar los colchones infectos de chinches ansiosas de mi sangre bullente y dulce. En 1930 se fueron agregando algunos de los recién aparecidos artistas de la urbe, que brotaron como hongos en la "Primera (y última) Exposición de Primavera de Artistas Noveles". Los que más abundantemente trasnocharon por aquellos años estupendos atiborrados de sabrosas sardinas de "xeito" fueron Bremón y Prieto Camiña (Modesto), José Antonio Ochaíta y Rodal, "Tirso Javier" y el padre del inefable "Colás" del perro y del paraguas: Jesús Conde, Xesús. Por aquellos días, -porque de noche dormían como personas sensatas-, nos servían de consejeros los cónsules de Cuba y de Colombia, don Luis Bas Molina y don Alfredo Gómez Jaime, poetas de gran fuste que fueron fructífera semilla de poetas en Vigo, y el llorado director-propietario de "Vida Gallega", don Jaime Solá Mestre, que acogía nuestros intentos líricos en las páginas de su revista imperecedera.

[Enrique Romero Archidona, "Notas para una crónica de la bohemia viguesa". El Pueblo Gallego 24/8/1958]

Page 9: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

A PARÉNTESE DO SERVIZO MILITAR, OS ESTUDOS E A GUERRA CIVIL (1934-1945)

Entre 1933 e 1934 Fernández Rodal incorpórase ao servizo militar en África, onde realiza algúns debuxos con motivos locais. Ao seu regreso a Vigo comeza os seus estudos de Maxisterio, aínda que non deixa de colaborar con "Amigos del Arte" ata que chega a Guerra Civil e ten que ser movilizado.

En marzo de 1935 participou na convocatoria dun concurso de poemas ilustrados nos que estaban traballos literarios de Viñas Calvo, Prieto Camiña, Ruiz Jiménez, Gamallos Fierros, Romero Archidona, Urbano R. Moledo, María Consuelo Cordero, Julio Leal y Bene, ilustrados por Bustamante, Vizcaíno, Prieto Cusset, Telmo, Xesús, Rodal, Padín, Prieto, Bene y Rodríguez Vilar.

No ano 1937 participou dunha exposición colectiva da Sociedade “Amigos del Arte” organizada polo Goberno Civil de Pontevedra e realizada no salón da Casa Loscertales (rúa do Príncipe) para apoiar aos soldados que marchaban á fronte e que se complementaba con actos culturais e musicais onde participaban Elena de Arana, Cunqueiro, Benedicto, Fernández Sarrasi, o Trío Corvino, etc. Entre os artistas achegaban obra: Abelardo Bustamante: Iglesia de San Pedro de Sárdoma (óleo), Hermanos Hernández: Alta mar (esmaltes sobre metal), Ignacio Senra: Peixe (debuxo), Padín: Festa no adro (óleo); Fulgencio Laiseca: Paisaje (óleo). Fernández Rodal doou da súa colección un óleo titulado Cabeza de ermitaño.

Tras a fin da guerra volve a acadar unha bolsa da Deputación de Pontevedra para ampliar estudos no ano 1941. Por esas datas consegue a praza de Bibliotecario Municipal que, a partir de entón, compaxinará coa súa actividade artística. A Biblioteca Municipal creábase por unha orde de comezos de setembro de 1940 no baixo do edificio da Praza de Compostela esquina con Pablo Morillo, e inaugurábase a comezos de marzo de 1943 con perto de 2.000 volumes. En agosto de 1945 a Biblioteca pasa a denominarse

Biblioteca Jaime Solá en honor ao editor da revista Vida Gallega.

No ano seguinte instala o seu estudo de pintura na Praza de Alfonso XII, perto do Café Tropical, onde participaba nunha animada tertulia con outros persoeiros da cultura viguesa coma Pedro Díaz, Julio Sigüenza, Mario González, Emilio Álvarez Blázquez ou o pintor Eduardo Padín.

Page 10: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

O RETORNO Á PINTURA. AS EXPOSICIÓNS NO CASINO NOS ANOS 40

Rodal retoma á pintura tras a paréntese da Guerra Civil a mediados dos anos corenta instalando o seu estudo na Praza de Alfonso XII. A súa pintura seguirá a centrase no retrato, onde amosa unha gran evolución técnica e un gusto pola captación da expresividade dos seus modelos.

Considero el retrato lo más difícil de resolver en la pintura. Y como la máxima ambición del artista debe ser la de enfrentarse con los mayores problemas estéticos y procurar vencerlos, de ahí la variedad de tipos y técnicas que presento.Tras haber estudiado bien al modelo y escoger la técnica más adecuada a su temperamento, lograr en los primeros trazos apresar los rasgos, gestos y expresiones que nos hablen de su interior. Y después de esto, el parecido físico, la composición, las calidades, etc., sin olvidar la unidad que debe presidir toda la obra[Declaracións ao xornal El Pueblo Gallego, 15/5/1949]

A súa participación no círculo artístico da Sociedade “Amigos del Arte”, a súa actividade como bibliotecario municipal e a participación activa na vida sociocultural do Vigo dos anos corenta valeulle para conseguir unha importante e crecente clientela que abranguía estamentos burgueses e intelectuais da cidade. O resultado foron dúas exposicións individuais nos salóns do Casino de Vigo.

Entre os retratados do ano 46, salientar os da Sra. del Dr. Iglesias Lago, Dª Efigenia Argibay, Vda. de Espinosa, Sra. de D. Antonio Autrán, Sra. de D. Antonio Herrero, D. Manuel Manso, Don Maximino Fernández, D. Guillermo Vilarelle, Don Rafael Pol, Don Carlos Colmeiro, Don Darío Álvarez, Bertita Pazó, Mary Carmen Babé e Amparito Archidona.

… existe en Rodal una faceta que nadie supo adivinar y que no dudamos en

calificar de revelación. Se apuntaba en los fondos de sus retratos de niñas; se perfilaba en el toque de color, en la conjugación de los planos y las líneas, en la distribución de los espacios y en la transparencia del aire que transita sus telas. Pero no era nada más que el complemento de una composición centrada a la figura, sin deseos expresos de obtener cualidades paisajistas ni valores permanentes en otra disciplina. (…) Ahora es distinto. Es una pintura deslastrada de tintas vagas y literaturas inútiles, personal y limpia, sincera hasta el imposible y ejecutada con maestría y amor[Delfín Doncel, “La Noche” ,16 de Outubro de 1946]

A exposición do 49 constaba de 17 retratos: Señora de Augusto Espinosa, Señora de D. Ramón Fernández, Señora de D. Heriberto Torrado, Señora de D. Avelino Ponte, Srta. Encarnación Rivera, Srta. Elenita Rodríguez, Srta. Cristinita Rodríguez, Srta. Luisita Gerrity, Mr. Charles M. Gerrity, cónsul norteamericano, D. José María Castroviejo, D. Moisés G. Quijano, D. Ramón Fernández, D. Amador Montenegro, D. Eugenio Rodríguez, D. Gaspar Rivero, D. José Zunzunegui e D. Manuel Bouzón. Na exposición do 46 aínda presenta algúns exemplos de paisaxes nos que non amosaba o mesmo dominio técnico, pero que perdurarán ao longo do tempo. Entre mentres, en 1948 participa dunha exposición benéfica á favor do seu amigo Mario González na que participaron tamén Arrondo, Laxeiro, Torres, Lugrís, Oliveira, Mareque, Carlos Sobrino, Xesús Conde, Bustamante, Seijo Rubio, Rodríguez Piñeiro e outros.

Page 11: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

A ETAPA DE MADUREZ. AS EXPOSICIÓNS NO "FOTO CLUB"

A sala de exposicións da tenda do “Foto Club”, na rúa do Príncipe, converteuse nunha referencia fundamental para a vida artística da cidade. Por esa sala pasaron os principais artistas plásticos dos anos 50 e 60. Rodal presentou dúas exposicións individuais nos anos 1958 e 1961.

Na exposición de 1958 presentou unha mestura entre a súa produción retratística de tema máis persoal, na que optaba pola presenza de membros da súa familia ou escenas de temática popular (O vendedor de xornais, As mulleres labregas, Tratantes do Berbés, Bendición na aldea, etc.) coa produción de paixases, mariñas ou motivos florais.

Mis paisajes son una inquietud, no al margen del retrato, sino como complemento, experiencia y fondo...Existe un paisaje y una luz gallega que se caracteriza por su inestabilidad.[Entrevista con Pedro Díaz no Faro de Vigo, 23/12/1958]

Representante de esa pintura formal y densa de contenido de la que tenemos tan pocos cultivadores conscientes[Crítica de Enrique Romero Archidona: El Pueblo Gallego, 25/12/1958]

Su expresión plástica es dulce y nace de su temperamento apacible, reposado, a cuyo servicio pone una técnica alcanzada en tenaz aprendizaje, que produce una pintura de buen oficio y honrada expresión que encuentra sus mejores momentos en la alegría vital de los seres y de las cosas[Julio Sigüenza, Faro de Vigo, 28/12/1958]

Na exposición de 1961 o tema dominante foi o retrato. A presenza desta galería de retratados amosa a relevancia de Rodal na sociedade burguesa da cidade: Dª María Correa, Sra. de Piñeiro; Dª María del Carmen Castaño, Sra. de Jaso; Dª Augusta López, Sra. de Fernández; Dª Mª Rita Goldar, Sra. de Tabarés; Dª Isabel Garrido, Vda. de Lago; Srta. Elena Espinosa Fernández;

Srta. Margarita Zunzunegui Pérez; Srta. Leonor Ballesteros Alonso; D. Antonio Pérez Álvarez; D. Pedro Zunzunegui Freire; D. Amador Montenegro Saavedra; D. Santiago López Vaqueiro; D. Jesús Otero Delgado; D. Luis Vales Dopico.

Emilio Rodal posee, desde hace bastantes años, la técnica suficiente. Ahora posee también un mayor sentido y dominio del color y de sus matices, y una inquietud que los años han de ir remansando para fijarla en un punto de convergencias en que la materia y el espíritu logran un todo que el dibujo aprisiona y cierra inexorablemente.[Julio Sigüenza, Faro de Vigo, 7/11/1961]

Page 12: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

RODAL E A DINAMIZACIÓN CULTURAL NO VIGO DOS ANOS 60

Na década dos anos sesenta o Concello de Vigo comezou a desenvolver unha política de acción cultural na que estaba implicado Fernández Rodal desde a súa condición de bibliotecario municipal e membro do Servizo de Educación e Cultura da que era xefe Maximino Fernández. Correspóndese con esta política a organización dunha Exposicion Regional de Arte, para pintores e escultores consagrados, e por outra parte unha Exposición de Artistas Noveles. A esta convocatoria presentáronse máis de 200 obras.

1960. I EXPOSICIÓN REXIONAL DE ARTE

Tivo lugar no Pazo de Castrelos, entre o 25 de xullo e o 15 de agosto. Nela presentáronse 71 obras pictóricas, 16 esculturas e 20 de arte decorativo. No concurso convocado pola Comisión Municipal de Cultura y Arte do concello de Vigo resultou gañadora no eido pictórico Julia Minguillón coa obra Mi familia. Rodal participou no concurso con tres obras: Singando, Retrato de la Srta. Elena Espinosa e o Retrato de Dª Mina de Araujo Carvalho.

1960. EXPOSICIÓN DE ARTISTAS NOVEIS

Realizada na Escola de Artes e Oficios e organizada polo Concello de Vigo. Formaron parte do xurado Maximiliano Vidales Espinosa, Julio Sigüenza, Emilio Bugallo, Jesús Piñeiro Nogueira, Carlos Sobrino Buhigas e Angel Ilarri Gimeno como secretario.O espírito da mostra era o de retomar a convocatoria que no ano 1931 organizara Santiago Puime Freiría e no que participaran os artistas da xeración de Rodal. A mostra foi inaugurada coa presenza do director do Museo de Pontevedra, o escritor e historiador Filgueira Valverde.Rodal, como Técnico de Cultura e Arte do Concello, pintor e participante do "I Salón de Artistas Noveles", impartiu unha conferencia na que disertou sobre

conceptos xerais da arte, ademais de ofrecer consellos aos artistas noveis participantes na mostra.Clausurou a exposición cunha conferencia sobre pintura o crítico de arte do xornal Faro de Vigo e membro da Academia Galega, Julio Sigüenza. A súa conferencia comezou cunha análise do que consideraba a crise artística das vangardas para despois facer un percorrido pola arte galega do século XIX e a primeira metade do XX. Pechou a súa exposición co que el consideraba como a arte dotada de galeguidade dos artistas do momento (J. Minguillón, Colmeiro, Laxeiro, Suárez Llanos, Díaz Pardo, etc.) e que para el pasaba pola condición de artistas figurativos: felizmente, libres de las vacías e incoloras abstracciones, porque todos acumulan, componen por medio de la materia, una cantidad de deseos, de intenciones y de condiciones que les llegan de todos los puntos del espíritu del ser, y saben que hay siempre un misterioso acuerdo entre lo que se dice y la manera como se dice. [El Pueblo Gallego, 13/5/1960]

No certame foi premiado Ángel Sevillano Estremera (Vigo 1942 -Vilagarcia de Arousa 1994) moi vencellado a Colmeiro e que con posterioridade realizou estudos superiores de Belas Artes, desde 1962 a 1967, en San Carlos, Valencia, e San Fernando, Madrid, pensionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O segundo premio foi para Juliana Estévez Alonso mentres que Margarita Barrientos acadou o de artista máis nova, con catorce anos.

Page 13: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

1961. EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO XXXI ANIVERSARIO DO “I SALÓN DE PRIMAVERA” DE ARTISTAS NOVEIS

Organizada polo Concello de Vigo no salón do Círculo Mercantil de Vigo, presentáronse 102 obras e estaban presentes tres dos artistas que participaran no Salón de 1931: Angel Mareque, Camilo Nogueira e Emilio Fernández Rodal.Ademais da exposición fíxose unha homenaxe ao promotor do I Salón, Santiago Puime Freiría e os colaboradores Blas Agra Mancebo e Enrique Romero Archidona. O escritor Álvaro Cunqueiro colaborou no acto cunha conferencia no Círculo Mercantil: La invención del mundo: lo vivo y lo pintado (1/8/1961).

1961. RECUPERACIÓN DA “FESTA DA BATALLA DAS FLORES”

Como funcionario do concello participou como vogal no xurado da Batalla das Flores xunto ao secretario da comisión organizadora Maximino Fernández.

1966. ENCARGO DOS 24 RETRATOS DOS PRESIDENTES DO CÍRCULO MERCANTIL DE VIGO

Con motivo do 75 aniversario do Círculo Mercantil, Rodal recibiu o encargo de inmortalizar aos 24 presidentes desta sociedade viguesa. O artista tivo que empregar fotografías e recortes de xornais dos presidentes xa falecidos para realizar o catálogo de retratos. No ano 2011, con motivo do 120 aniversario, volvéronse expor as obras de Rodal na mostra titulada "Galería de Presidentes", na que se completaban os anos posteriores con obras doutros artistas en forma de retrato pictórico ou fotográfico.

Page 14: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

Es este un muchachito franco y jovial de veinte años apenas, con un perfil aquilino de César, un bigotillo embrionario y presuntuoso y un tórax de Apolo griego. Locuaz y vivo, se lanza en el trineo de la conversación amena, por la pendiente de las confidencias. Y yo, que soy casa de dos puertas para los secretos, doy salida libre y amplia a sus expansiones al campo inmaculado de cuartilla cómplice.Mi amigo el pintor todavía cree en el arte y en la gloria; y me dice con su extraña voz de hombre maduro, impropia de sus años, sin espinas: “Vosotros los escritores tenéis una gran facilidad a vuestras necesidades literarias. ¡Puerta franca a las columnas impresas para vuestros sueños sin noche! Pero…¿y nosotros?A ti te basta una cuartilla en blanco y una punta de lápiz para fijar un poema para siempre. Pero…¿y nosotros?Donde el lienzo; dónde los tubos; dónde la luz y el sol para beber el Arte…? ¡He aquí mi tragedia sin autores!¿Y, a quién lanzar la piedra, y a quién gritar esta exposición de vida, que me salta y me cruje entre los dedos…?”Razón tenía mi amigo el pintor. Y es necesario que tú arrastres a tu casa a los cretinos, a los incrédulos, a los abúlicos y a los soñadores de pesadillas áureas. Y es necesario que te vean atado, ¡pies y manos!, al árbol de tu Arte. Y es necesario que vean como tú, imitándome, creas en la cuartilla, con un lápiz minúsculo, ese poema de líneas de un desnudo de playa o esa estrofa tan bella de un rostro de mujer.Emilio Fernández Rodal, amigo y pintor, gallego y joven; que todavía sueñas con el arte y la gloria, a quien todos creíamos un abúlico improductivo. Emilio Fernández Rodal, de la risa de niño y de la voz de hombre, que plasmas tus poemas en el vulgar papel: Eleva tu espíritu, y lánzalo a lo alto como una aguja gótica de catedral vetusta.Yo te digo que a menudo, y para muchos, la vida es larga y amplia.¡Tu lápiz; tu cuartilla! Y no llores el tiempo que se te va de entre los dedos nostálgicos de pinceles. Y no llores el tiempo que huye ante tu vista ausente

RODAL VISTO POLOS SEUS AMIGOS

Son numerosos os exemplos de debuxos e caricaturas realizadas de Fernández Rodal polos seus amigos da Sociedade “Amigos del Arte” e outros personaxes da vida cultural que pasaban polas tertulias do Derby ou do Tropical. Aquí o temos debuxado por Manolo Quiroga, Hipólito Peña, Pardo e Arrondo.

El Cuadro de un PintorA mi querido amigo y artista Emilio Fernández Rodal como recuerdo¡Déjale! Ha querido llorar dibujando en el lienzo...También se escriben versos con brocha y con pinceles;Este cuadro que pinta tal vez es el comienzoDe una nueva jornada que le brinda laureles!

No pretendas ahogarme el llanto que derramaPorque es ese el color que los cuadros precisan...¡Es la voz de la gloria quien lo llamaLos ángeles del Arte que lo avisan!

¡Déjale! Sin sufrir no se llega a la victoriaEl cuadro que más vale es un cuadro de Amor...Que tiene contenido su ímpetu y su euforia¡Por la garra divina que nos clava el Dolor!

[Xesús Nieto PenaEn Vigo, Diciembre de 1930]

Fue, hace algunas semanas, una de esas tardes de luz y de sol y vida fácil a pulmones plenos…La gente se iba a las playas o al campo. Y yo, que por no hallar lo más emotivo para mi espíritu ansioso, caminaba abúlico y agareno por las calles tropecé, como tantas veces, con mi amigo el pintor.

Page 15: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

de la vida. Ríos de color surgirán de los tubos para fecundar los campos de tus lienzos futuros.Y entretanto, sueña en el Arte y en la gloria que espera.¡Que a ti y a mi, nos basta con una tarde de sol y de luz como aquella para vivir un poema sin orillas.

[Enrique Romero Archidona, Faro de Vigo, 6 Octubre 1933]

AS TERTULIASLA TERTULIA DEL "CAFÉ TROPICAL"

Tiempo: primeros años cuarenta, que es decir hambre, aún "Auxilio Social", algún caso de tifus exantemático, piollo verde, música de "tiroliro", estraperlo de pan y patatas, con tren frenado en San Lourenzo, para el lanzamiento nocturno de sacos, alimentos frescos para suministro a submarinos alema-nes en Rios, nazis uniformados en la casa de Alemania, edificio La Norma, moda de cintas traseras en el peinado femenino y sombreros de fieltro verde de estrechísima ala, para jóvenes chicos. Sesiones de "varietés" en el Nuevo Café, Perfidia y Tatuaje, como canciones de éxito, noche del cine español en directo y muchísimas cosas más.

El "Tropical", entre nuestro simbólico olivo y el edificio comercial La Fe, era amplio y contaba al fondo con amplios ventanales y vistas a la bahía. Sus dueños tenían raíces cubanas y se les notaba algo, en su morenía contras-tada con alba chaquetilla. Asistían a esta tertulia, Julio Sigüenza, buen poeta y ágil periodista. Ocasionalmente, hizo crítica de arte. Narrador de vivencias anecdóticas, con secuencias de bohemia habanera de juventud. Autor de conocidos libros y sonetos. El pintor Emilio Rodal, cultivaba el retrato, era Bi-bliotecario municipal e inspector de escuelas también municipales. Excelente persona y acudía con puntualidad a esta reunión.Eduardo Padín también pintor. Tudense de nación, vivía entre otras activi-dades de miniar con oros y barrocos rameados, pergaminos. Era un santo reconocido, con uso de boina vasca que, aviserada, disimulaba un poco su prominente nariz semítica.Mario González, peripatético y omnipresente en todas las tertulias. Maside aseguraba que poseía el don de la ubicuidad. Dibujaba "mariñeiros berbe-sianos" homologados con patela y muchas, muchísimas "xoubas". Hablaba con la ese, por una inexplicable coquetería. Prefería problemática bohemia, a ganar dinero como técnico protésico, que lo era, y bueno. A veces oscurecía nuestro rincón una enorme sombra que precedía la humanidad de Urbano Lugrís, que por aquel tiempo, nos llegaba de La Coruña y era fiesta mayor en

Page 16: TEXTOS - Xornal Vigo. Gabinete de Prensaxornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf · 2013-04-25 · rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente

la tertulia. Sus genialidades, no siempre cómodas, animaban, sin embargo, a todos. Cuando estaba Emilio Álvarez Blázquez y no estaba yo, solía decirle, ayer estuve con tu primo Pedro. El sabía muy bien que, a pesar del Álvarez, no éramos primos, pero era esta manía, divertimento obsesivo. A su genial arte y fantástica creatividad se le podía permitir todas las licencias. En todo caso, flor de anécdota, fue privilegio el haberlo tratado de cerca.

[Pedro Díaz en "La Gamboa", Aquellas tertulias. Faro de Vigo]

OS CARTEIS

Rodal participou en varios concursos de carteis para as Festas de Vigo. No ano 1951 e no 1954, cando gañou o primeiro premio pola obra Pregón, e na que resultou segundo o pintor Mario Granell coa obra Volta da festa. No ano 1955 volve acadar o primeiro premio deste concurso e algúns dos outros participantes como Mario Granell ou Alberto Carpo criticaban o fallo do premio durante a exposición dos carteis que se realizaba na sala do Foto Club, na rúa do Príncipe.No ano 1957 recibiu o encargo para pintar un mural coa Provincia Marítima de Vigo na entrada da Comandancia de Mariña de Vigo. Plasma sobre a parede a xeografía das Rías Baixas localizando algúns dos acontecementos vencellados á historia como a chegada da carabela La Pinta a Baiona im-pulsada por un Eolo que insufla o seu velame, a Batalla de Pontesampaio, a Peregrina de Pontevedra ou o castelo de Soutomaior.

Textos (redacción e selección): José Luis Mateo Álvarez, comisario da ExposiciónVigo, abril de 2013