the muros times nº 21 - febreiro-marzo 2015
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
1
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
Nº 21
FEBREIRO-MARZO—2015
The Muros
Times
2
Indice:
Novas de onte: O Cine París (p/ Manuel Lago Alvarez) Páx. 3
Cruceiro de Santa Rosa (Xocas Figueiras) páx. 4
Por qué e bó escoitar música (p/ Esmu-Carnota) páx. 5
Entrevista a Bernardo Fariña (p/ Jorge Lago de Pexejo) páx. 6-8
Muiño do Pazo (p/ Elixio Vieites) páx. 9
A Nosa Xente (Xosé Tobío Maio) p/ Francisco Abeijón Núñez) páx. 10-11
O novo período de programación da UE 2014-2020 (p/ Inés Monteagudo Romero) páx. 12-13
Novo libro do Muradán José Manuel Bermúdez Lariño páx. 14-15
Xentes de Muros no século XVI (p/ Manuel Lago Alvarez) páx. 16-17
Estatísticas de Muros (p/ Alianza Uhía Patiño) páx. 18-19
Os anos da escola (p/ Nieves Formoso Vidal) páx. 20-22
Caldeirón (Globicephala melas) (p/ Amado Barrera) páx. 23
Desposorio accidentado (p/ Marcelino García Lariño) páx. 24-25
Subida ao Castelo (p/ Javier Mayo Veloso) páx. 26-27
A matanza do porco (p/ José Vázquez Tajes) páx. 28
Presentación do libro “FALANDO CLARO” páx. 29
"A confiansa levárona os ingleses" (p/ Manuel Antonio Franco) páx. 30-32
Un escudo da Vila (p/ Pablo Andrade) páx. 33
A cociña das Américas (p/ Manuela Tajes) páx. 34
Unhas notas de D. Jesús Precedo Lafuente sobre a Colexiata de Muros páx. 35
Historias de curas (p/ José Manuel Formoso Luces) páx. 36
A voz dos nosos poetas (Pablo Andrade) páx. 37
Cousas de por Muros e arredores (p/ M. Lago Álvarez) páx. 38-39
“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions
verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
The Muros Times Nº 21—FEBREIRO—MARZO —2015
Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez
Difusión da Cultura—
Depósito legal : C2437-2013
3
Foron moitas as xeracións de muradáns que pasamos polo cine París, o que coñeciamos mais polo cine
de Carcamán. Eran tempos non que a televisión aínda
non chegara aos fogares, e o cine convertíase nunha
forma de esparcimento i ocio pola que se esperaba con
ansía para acudir as funcións dos sábados e domingos.
O edificio do cine ten a súa pequena historia xa que, nun
principio ese non ia ser o seu destino. A historia comezou
no ano 1918, cando D. Abelardo Dubert Siaba solicitou ao
Concello de Muros que se lle cedera en venta o terreo
ganado ao mar con motivo da construción da estrada a
Boimorto e se lle autorizara para reedificar e adiantar
dúas casas da súa propiedade sitas na Rúa do Mar ata a
estrada. As casas eran coñecidas, una polo nome de “casa de Carocha” e a outra por “casa de Perpetua
da Gocha”.
Vista a solicitude presentada polo Sr. Dubert, o pleno do Concello na súa sesión de data 20 de agosto de
1918, vistos o ditame do Enxeñeiro de
Estradas e os acordos de 4 de maio de
1915 e de 1º de maio de 1918, a
Corporación por unanimidade acordou
conceder a autorización con estrita
suxeción o ditame e acordos de
referencia, quedando designados pra
determinar sobre o terreo a liña que
debe seguirse pola fachada que afecta a rúa do Caravel, os Sres. Alcalde, Portals e Formoso.
A obra levouse adiante pero non for destinada ao fin primeiro que se pretendía (un obradoiro de
panadería), sendo usado o extenso local como cocheira. Ao paso dos anos o edificio foi mercado por D.
Ramón París, quen o converteu no cine que moitos coñecemos. Pechada a actividade nos anos oitenta, o
Concello de Muros mercou o edificio no 2011 para convertelo nun auditorio cultural.
NOVAS DE ONTE:
O CINE PARIS
p/ Manuel Lago Álvarez
4
p/ Xocas Figueiras.
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros, Praza de Santa Rosa
Outra denominación do ben: Cruceiro da praza
do Cristo
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
No centro da praza de Santa Rosa, ou do Cristo,
atópase este cruceiro de gran fuste e fermosura.
A base, do chamado estilo toscano, aséntase
sobre catro gradas (a inferior desapareceu debi-
do ao enlousado novo da praza), o fuste de gran
altitude comeza sendo cuadrangular para rema-
tar oitavado dando paso a un capitel de forma
cadrada decorada con motivos vexetais e anxos.
A cruz de brazos cilíndricos sostén a un Cristo
despegado da Cruz, como morto e suxeitado só
polos cravos, e na parte traseira vese unha
imaxe das Dores sostida por unha mensuliña.
Sabemos que pertence ao ano 1789 e tamén nos
informa Ramón de Artaza que para o enlousado
primeiro da praza foron empregadas as lousas
da antiga parroquial de San Pedro sendo visi-
bles, segundo el, varias con signos que ben po-
derían pertencer o Gremio de Mareantes da Vila.
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da
Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
Artaza Malvárez, Ramón. Recuerdos de la Muy
Leal, Muy Noble y Muy Humanitaria Villa de Mu-
ros. Imprime el Eco De Santiago, 1908. 2ª edi-
ción.
Cruceiro de Santa Rosa
5
p/Esmu-Carnota
Unha vida sen música é coma un día
sin luz. Tanto o teu corpo como a túa
mente sinten que falla algo. O motivo
é que escoitar música pode aportar be-
neficios que teñen que ver coa calma,
a concentración e a supresión da dor.
Aínda que existen moitísimos benefi-
cios que reporta escoitar música con
frecuencia, imos resaltar os cinco pri-
mordiais:
Axuda a aliviar a dor. Un estudio
feito desvelou que os doentes de
fibromialxia que escoitaban mú-
sica por dez minutos, dende a
clásica ata o pop ou o rock, pero
sempre por debaixo dos 120
beats, aliviaban a súa dor e me-
lloraban a súa mobilidade.
Axuda a concentrarse. Se estás
preparando unha presentación,
igual che convén escoitar a Vival-
di ou a Bach, pois segundo un
estudio realizado pola Universi-
dade de Stanford en 2007, es-
coitar música barroca axuda a
memorizar mellor e ser máis
agudos nas presentacións en pú-
blico.
Eleva o rendimento físico. Facer
exercicios escoitando música,
eleva o rendimento, axuda a que
os intervalos de alta intesidade
das clases do ximnasio sexan
máis levadeiros. Probe a pedirlle
ao seu mestre que quite a músi-
ca e verá coma cinco minutos
poden ser eternos.
Levanta o ánimo. A música é unha
salvadora para o espíritu cando
chegan os días grises e fríos do
noso longo inverno. A música in-
tervén na liberación de dopami-
na, unha sustancia que se segre-
ga no cerebro e eleva a sensa-
ción de benestar e felicidade.
Dúas pezas fundamentais con
este efecto son o “Claro de Luna”
de Debussy e o 4º movimiento
da “Sinfonía del nuevo mundo”.
Calma. Despois dun duro día, es-
coitar música axuda incluso a
conducir mellor. Tal é a súa ca-
pacidade de relaxación que os
investigadores encontraron que a
música con moitos beats por mi-
nuto, fai que a xente sexa máis
feliz, pero para calmarse e me-
llorar a concentración e as habi-
liadades de conducción, funciona
mellor unha música máis suave.
POR QUÉ É BO ESCOITAR MÚSICA????
6
Entrevista a Bernardo Fariña.
p/ Jorge Lago de Pexejo
De Joe Bernardo coñecín a familia en Muros, aos
avós, pais e tíos. A él coñecino aquí, nos Estados
Unidos, ainda que nos vemos pouco a non ser por
algunha xuntanza de paisanos que facemos de
cando en vez.
De boa presenza e de doada conversación, Joe
non é dado á labia exuberante, pero sí de que a
charla sexa fluída e sempre interesante.
Coñecelo ao redor dunha mesa dun restaurante
non dá suficiente como para indagar moito sobre o
que lle apaixona, pero creou o preámbulo desta
entrevista que aí vos deixo.
J.L._ Joe, imos a empezar coa entrevista. Primeiro
dime como prefieres que che chame: Joe ou Ber-
nardo, mellor dito: Cómo che chaman na tua casa
e así será como eu me dirixa a ti se mo permites.
Outra pregunta: En qué ano viñeches para os Es-
tados Unidos e que edade tiñas cando saliches de
Muros?
Bernardo._ En muros conócenme por Bernardo,
Cheguei a os EUA o 22 de Novembro do 92 cando
tiña 22 anos .Un rapás daquela, que ahora xa non
o son tanto .En ese tempo era íntimo do teu sobri-
ño Tony e ainda seguimos séndoo. Boa xente
Tony, e a túa hirmá non digamos.
J.L._ Por qué decidiches virte para América?
Bernardo._ A traballar como casi todos, supoño.
Pero xa vin coa idea de andar o mar porque meu
tio José Lamela, hirmán de miña nai Uca de Ven-
tín, tamén coñecidos como os das “Gaviotas”, xa
estaba aquí, e eso sempre facilita as cousas.
J.L._ E ao mar segues andando. Foras ao mar an-
tes de vir para aquí?
Bernardo._ A plaia ajodelas veces, jajaja!!! .Non,
nunca andivera antes, pero penso que sabes que
meu avó foi moi bo patron toda a vida e parece
que o levo na sangre, él foi unha perona que sem-
pre quixen ser como él dende que empecei o mar
e así seguirei si Deus quere.
J.L._ Que o levades no sangue é indubidable. O
teu avó, Pepe do Niño, o teu tío, e polo que teño
entendido, o teu irmán Oscar que tamén se dedica-
ron máis ou menos ao mesmo tipo de pesca que
fas ti.
Bernardo._ E Carlos, outro hirmán que tamén an-
duvo o mar moito tempo de patrón no barco de
meu tio Pepe.
J.L._ Vamos, que sodes parte de unha disnastía
de mariñeiros en dous continentes.
A qué tipo de pesca te dedicas ti?
Bernardo._ Podese decir unha dinastía, ainda
que ahora son só eu o que ando o mar. Dende que
cheguei, sempre me dediquei o mismo: scallops.
Aparte teño o barco da lagosta no que teño xente
traballando.
J.L._ Para aclararnos, o scallop é a nosa vieira e a
lagosta sería o noso lubrigante si non me equivo-
co.
Ti vas todo ano a vieira ou alternas indo tamén o
lubrigante?
ENTREVISTA
7
Bernardo._ Vou todo o ano a vieira, a lagosta vou
cando me apetese que son poucas veces. A vieira e
parecida pero solo se come o músculo as “majas”
non se comen, son para as gaivotiñas.
J.L._ Si, aquí só se come o músculo redondo sin
nada do que leva arredor. Algo que a nosa xente o
ve como un desperdicio incomprensible.
Cando ides as vieiras, canto tempo vos leva cada
marea?
Bernardo._ Botamos sempre de 10 a 12 dias cada
marea
J.L._ Non sabía que iades por tantos días.
Xa levamos máis dun mes en que as temperaturas
non soben moito de 32 graos Fahrenheit (0 centígra-
dos) e con noites de chegar a menos de 15 grados.
Non pasades moito frío?
Bernardo._ Frio ajodelo pero xa non é como anos
atrás, ahora xa estamos moito mellor preparados
con roupa especial para o mar, ainda así, non deixa
de ser duro traballar con estes tempos.
J.L._ Ademáis, despois de que recolledes, tendes
que abrir as vieiras e limpalas a man en cubierta por
moito frio que faga, penso eu.
Bernardo._ Non, abrímolas dentro
J.L. Menos mal. Podedes pescar todo o que queira-
des, ou tedes cotas?
Bernardo._ O goberno puxo moitas regulacións e
ahora só temos unhas mareas por ano .Cando va-
mos de marea o barco pesca as 24 horas os 12 dias.
Somos dous patróns e traballamos por turnos de 8
horas cada turno e despois temos o que lle chaman
“day fishing” que salimos a coller 600 libras cada dia
e cada barco ten as sua cota. Eso é o que estou fa-
cendo ahora. O ano para nós empeza en Marzo que
é cando nos dan as mareas que podemos facer ca-
da ano, pero esas normas polo de ahora déronnos a
vida. Por eso está tan caro, porque a demanda su-
pera a oferta.
Non sei si sabes que hoxe en dia a vieira é unha das
mellores pescas que hai e de máis rendimento eco-
nómico nos Estados Unidos. Nós pescamos moi
ben, somos un dos millores barcos e con moi boa
reputación. Non é fácil conseguir traballo nesta in-
dustria.
J.L._ Así que ainda que un pase un pouco de frio,
vale a pena.
Despois de eses 10 ou 12 días de pesca, cando che-
gades a porto xa tendes comprador ou subástase
como fan nas lonxas? Cómo funciona a cousa en
América?
Bernardo._ Nós mandámolo todo a New Bedford a
subasta e cando ando o día (Day fishing) vendemos
aquí na lonxa a case prezo fixo. Normalmente nunha
marea traemos de 20 a 40,000 libras (9000 Kg –
20,000 Kg) e somos sete homes a bordo, esa é ou-
tra das regulacions. Fai anos podían andar os que
foran, pero con menos homes abordo non podes
abrir tanta vieira, así que é unha maneira de limitar a
pesca.
J.L._ O lumbrigante tamén está regulado? Dígoo por
que aquí nas peixarías sempre hai lubrigantes.
Bernardo._ Tamén pero a maioría do que ves ven
8
de Maine. Para do lumbrigante cérrase a pesca to-
do o mes de Abril, pero despois pescas seguido.
Nós vamos como tres veces a semana si o tempo o
permite. As nasas están todo o ano no mar. Cada
vez que vamos recollemos a pesca e poñemos car-
nada nova e logo volvemos en cinco ou sete días,
depende. Ahora mesmo teño como unhas 1,200
nasas no mar e levantamos 400 cada vez que va-
mos.
J.L._ Supoño que tedes restricións en canto a ta-
maño ou se a lagosta ten ovas.
Bernardo._ Todas con ovas van de volta o mar e as
que non dan a medida,porque temos unha medida
para elas. Aqui non e como alá por eso nas ves nin
nunca as veras con ovas en ningún sitio, restauran-
tes, pescadeirías, etc. Si nos collen unha con ovas
creo que son a dolar por ova mais podes perder as
licencias de pesca.
J.L._ Aclárame unha cousa; Ti es o patrón do bar-
co no que pescades vieiras, pero es o armador do
barco que se dedica á pesca do lubrigante. Cal é o
Discovery e cal é o Lucía?
Bernardo._ O Lucía é o meu que é o dos lubrigan-
tes. Donde eu traballo por 20 anos, son o Discovery
II e o Discovery V, e xa levo 15 anos que son pa-
trón.
J.L._ 15 anos de patrón, e polo entusiasmo que se
te nota aínda vas seguir séndoo por moitos anos
máis. Cando chegues a unha idade de ter que pou-
sar os pés en terra firme, pensas quedarte nos Es-
tados Unidos, ou talvez volver a vivir a Muros?
Bernardo._ O mar a min doume e estame dando
moito para eu deixalo por ahora. De volver a Espa-
ña, tería que cambiar moito a cousa, este país axu-
doume moitísimo como para eu deixalo un día.
J.L. Ok Skipper, lamentablemente eu tamén teño
cotas que cumprir e obríganme a ter que deixar es-
ta agradable conversación da que aprendín moito
dos mariscos que máis me gustan e dos que ti nos
provés. De agora en diante mirarei ás vieiras ou
lubrigantes pensando que talvez procedan dun dos
Discovery. Un abrazo e vémonos na próxima xun-
tanza.
Ahí che vai o cuestionario de Bernard Pivot:
J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Bernardo._ Na teño
J.L._ Cál é a menos favorita?
Bernardo._Guerra
J.L._ Qué te emociona?
Bernardo._ Ver a cubierta chea de peixe
J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Bernardo._ A música
J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Bernardo._ Cando rascan o tenedor no plato
J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
Bernardo._ Non acostumbro a xurar
J.L._ Qué profesión ademais da que exerces
che gustaría facer?
Bernardo._ Piloto de Rally
J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
Bernardo._ Médico
J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que
che dixese Deus cando chegases ás portas
celestiais?
Bernardo._ Xa podes ver a túa nai outra vez
9
p/ Elixio Vieites
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)
Lugar: A Rateira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O muíño do Pazo forma parte dun conxunto de 8
muíños que se atopan a carón do río Rateira. Os
nomes dos outros muíños son A Moíña, O Quei-
mado , o do Medio, o Novo, o Vello, o de Moledo,
o do Campo e o da Agriña. Unha canle, que aínda
se pode ver esborrallada, levaba a auga aos dife-
rentes muíños da marxe dereita do río para facer
andar a moa. Todos os muíños son de parecida
construción, planta rectangular e tellada a unha
auga con tella do país. Os muros son de cachote-
ría.
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-
ta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/
siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/
documents/22396CA021.PDF (pax 3 do pdf)
Ruta dos muíños do río Rateira
http://xurl.es/do964
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado:
Muiño do Pazo (Abel le i ra)
10
A NOSA XENTE
XOSE TOBIO
MAIO p/ Francisco Abeijón Núñez
Xosé Tobío Maio “Conroa” naceu en Esteiro (Muros)
o 8 de xaneiro 1891 no seo dunha familia labrega.
Como moitos fillos das familias poderosas do rural
galego estudiaría no Seminario de Santiago durante
dez anos e remataría facéndose mestre de escola.
Impartiría o seu maxisterio no centro de orientación
marítima do Pósito de Pescadores de Esteiro dende
finais da década dos anos vinte. Casou con María
Jesús Sillero Sanvicente, tamén mestra que daba
escola na parroquia de Lira no concello de Carno-
ta.E tivo cinco fillos: José, Enriqueta, María, Luisa e
Ricardo.
Por aquel tempo, Xosé Tobío Maio xa se convertera
nun auténtico referente cultural. Tendo unha gran
influencia en asociacións e en numeros actos que
se celebraban en toda a comarca. Participou, por
exemplo, en 1934 na famosa homenaxe que da
man de Álvaro de las Casas se lle tributou en Outes
ao poeta Añón. A este acto, Conroa levaría os seus
rapaces da escola do pósito de pescadores de Es-
teiro. Tamén aínda hoxe son lembradas polos máis
vellos do lugar as súas incisivas murgas satíricas
cantadas polo tempo do carnaval “Moita festa com-
pañeiros van a ter os de Negreira e nos como bos
irmáns imos aló a carreira…”
Consciente co seu compromiso republicano partici-
paría activamente no desenrolo e transformación da
vella Protección Social Esteirana creada en 1915
pola teoría política agrarista. Neste caso, a evolu-
ción do asociacionismo agrario sería capitaneado
por outro mestre, o socialista Francisco Rodríguez
Suárez, pero este é tema para debullar noutra oca-
sión.
Xosé Tobío Maio foi un dos que en xullo de 1936 se
embarcaron en Muros, xunto coas autoridades repu-
blicanas da comarca, a bordo dos bous Santa Eula-
lia e Santa Rosa rumbo a Bilbao coa finalidade de
escapar da represión franquista e defender a causa
republicana. Falouse que durante a guerra exerceu
como profesor en Cabo Rosas, na provincia de Gi-
rona.
Rematada a guerra, Conroa pasará a Francia e ao
igual que moitos exilados españois tivo que agardar
nun campo de concentración de refuxiados a que un
vapor os trasladase a illa de Santo Domingo. En
novembro de 1939 viaxaría a Venezuela, donde
subsistiu dando clases particulares e mesmo colo-
cando cristais nos edificios en construcción. Poste-
riormente pasará por Panamá e Chile para recalar
finalmente na Arxentina.
Gracias a uns carpinteiros de ribeira do Freixo
(Outes) conseguiu un traballo de contable nun aste-
leiro. Será en Bos Aires donde funde xunto con Ma-
nuel García Gerpe e Manuel Varela Buján a folla
“Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sába-
do. En 1941 publicará na editorial Celta o seu poe-
mario Espiñas. A edición desta obra foi posible gra-
cias a colaboración das sociedades galegas bonae-
renses, entre as que tivo unha especial importancia
a participación da asociación dos emigrantres pro-
cedentes do concello de Outes que xuntaron unha
importante cantidade de diñeiro para axudar a pagar
o coste da publicación. Durante toda a década dos
corenta os exemplares do libro Espiñas foron che-
gando a Galicia agachados polos mariñeiros a bor-
do dos trasatlánticos que por aquela cruzaban o
océano, ao tempo que medraba a sona de Conroa.
Daquel escritor e mestre esteirán republicano que
vivía de traballar nas oficinas dos asteleiros da boca
rioplatense.
Axudado pola familia, en 1948 gracias a unha am-
nistía do goberno franquista, Xosé Tobío Maio volta
a Galicia. Aínda que quedara en suspenso a súa
11
praza de funcionario, Conroa non perdería a súa con-
dición de mestre, xa que daría escola na súa casa da
Grais a varias xeracións de esteiráns que o idolatra-
ron. Estes mozos foron os principais divulgadores á
nosa xeración das Espiñas de Conroa. E por eles
tamén tivemos a sorte de coñecer que o escritor con-
tinuara escribindo e que fixera unha segunda parte
de Espiñas. Tamén que a súa intención era agrupar
todos os poemas escritos en galego nun volume que
titularía tamén Espiñas e os escritos en castelán nou-
tro chamado Campanadas.
Para recuperar o seu posto de mestre nacional tivo
que soportar en 1955 un humillante xuízo de revisión
por parte do réxime franquista. Con un prego de car-
gos que sonarían practicamente ridículos si non se
tratara de xogar coa vida e o futuro das persoas. Xo-
sé tobío Maio foi acusado de:
- Ser activo militante del Frente Popular y destacado
organizador de sociedades marxistas en el lugar de
su residencia inculcando, como es natural, estas doc-
trinas antiespañolas a los alumnos de la escuela que
por entonces regentaba.
- Como consecuencia de su ideología y actividades
izquierdistas extremas, de carácter público y notorio
en propagandas y mítines, su vida social se desarro-
llaba al margen de la Iglesia Católlica y de todo deber
religioso personal lo que constituía un mal ejemplo
vivo y permanente para sus alumnos.
- Su ideología y personalidad dirigente y activa en las
organizaciones de la extrema izquierda, la dejó plas-
mada de manera auténtica en la carta de fecha
27/11/1935 unida al expediente, dirigida a D.Manuel
Guzman, diputado de la ORGA, fusilado en consejo
de guerra y a D.Francisco Prego, activista al servicio
de Casares Quiroga, y en la cual se consignan las
siguientes frases alusivas a la represión sangrienta
de los intentos y preparación por entonces del Glorio-
so Movimiento Nacional que luego sobrevino “…de
común acuerdo operar con mano segura para que
ciertas enfermedades no vuelvan a retoñar. Queda-
mos con moito afán por saber o resultado do parto…”
- Al advenir el Glorioso Alzamiento Nacional, como
dirigente izquierdista de la villa, quiso oponerse al
triunfo del ejército y al verse perdido huyó con direc-
ción desconocida abandonando su destino.
Recupera a súa praza no Ministerio de Educación e
imparte escola en San Xosé de Ribarteme (As Ne-
ves) entre os anos 1957 e 1960. Despois voltará a
Esteiro donde coincidirá co tamén mestre Victor
Campio Pereira. Durante toda a longa noite de pedra
franquista foi coñecedor do mundo exterior a través
dun potente aparato de radio que tiña agachado no
faiado da súa casa da Grais, pola que escoitaba as
novas do exilio español e mesmo da BBC coa que
fixo algunha colaboración.
Xosé Tobío Maio faleceu en 1971, co dictador vivo e
sen albiscar aínda a alborada democrática que viviría
o estado español nos anos setenta.
Nesta etapa final da súa vida foi cando coñeceu a
Victor Campio Pereira, un xoven profesor que chega-
ba a Esteiro e ao que Conroa lle encomendou o ma-
nuscrito da súa novela que quedara sen publicar en
1936 e que el refixera posteriormente. Pasados ou-
tros vinte anos, a principios dos anos noventa, o es-
critor Cam-
pio Pereira
púxose en
contacto coa
sociedade
Esteirana
para intentar
cumplir o
compomiso
adquirido co
autor de pu-
blicar “…
cando se
poidera…” a
novela “O
frade das
dúas almas”.
Por aquela,
nós andába-
mos embar-
cados no proxecto da revista a Motora dos Canedos
e aínda que economicamente non éramos quen de
sufragar nen a publicación da nosa revista a idea
pareceunos fantástica. E mesmo creamos unha co-
misión que tiña a intención non solo de publicar esta
novela, senón de poñer en valor toda a obra e a figu-
ra deste insigne escritor esteirán.
Neste eido, a tripulación da Motora, entre os que es-
taban os actores Xosé Manuel Olveira, Francisco
Cernadas Veloso, Víctor Fábregas e un amplio grupo
de xente capitaneada polo mestre Xosé Agrelo Her-
mo, non fomos quen de publicar esta novela. O noso
esforzo acadou uns froitos moi cativos pois solo con-
seguimos múltiples copias das poesías e algunha
fotografía de Conroa, uns artigos sobre o escritor de
Victor Campio e do profesor Alonso Montero para a
nosa revista. E a autorización da neta para que a
asociación cultural Canedos poidera publicar a obra
de Xosé Tobío Maio. Pero penso que o noso esforzo
mereceu a pena e que serviu humildemente para que
a xente non se esquencera do escritor e acolla agora
con ilusión a publicación da novela inédita de Con-
roa.
Gracias e noraboa a Victor Campio Pereira e a Edito-
rial Galaxia por cumplir este vella faena que supuxo a
angueira de varias xeracións de esteiráns entre as
que eu me inclúo.
12
p/ Inés Monteagudo Romero
Técnico de inspección e promoción
Agader
O reto máis importante que ten a UE para este novo
período de programación é saír da crise e retomar o
camiño do crecemento sostible. Para iso precísanse
unhas finanzas públicas saneadas, reformas estru-
turais e investimentos a prol do crecemento e a me-
llora do emprego.
A Estratexia UE 2020 vai dirixida a acadar unha
economía intelixente, sostible e integradora, que se
supón vai xerar emprego, produtividade e cohesión
social. Así, neste novo período o FEDER, o FSE e o
FC teñen como obxectivos o “Investimento en crece-
mento e emprego” e a “Cooperación territorial euro-
pea”, neste caso só o FEDER.
Os fondos estruturais e de investimento europeos
(Fondos EIE) inclúen en España, para o período
2014-2020, o fondo europeo de desenvolvemento
rexional FEDER, o fondo europeo agrícola de de-
senvolvemento rural FEADER, o fondo europeo ma-
rítimo e da pesca FEMP e o fondo social europeo
FSE. Os fondos EIE teñen como obxectivo promo-
ver a competitividade e a converxencia de tódolos
territorios e son un instrumento esencial para facer
fronte aos retos do noso pais, restablecendo e au-
mentando o crecemento e garantindo unha recupe-
ración que xere emprego.
Para acadar estes obxectivos búscase a coordi-
nación entre os fondos, evitando solapamentos, e
tratando de acentuar os efectos positivos a través
das sinerxias. Neste camiño a Comisión propón un
Regulamento de disposicións comúns, que persigue
intensificar a coordinación, para concentrar os recur-
sos en acadar os obxectivos da estratexia UE 2020.
Así estableceranse uns obxectivos temáticos co-
múns, unha planificación e mecanismos de execu-
ción máis coherentes, unha reserva de eficacia, e
unhas normas de subvencionalidade máis simplifica-
das, entre outros elementos. O FEDER e o FEADER
contribuirán a tódolos obxectivos temáticos, incidin-
do nos ámbitos nos que actúan as empresas e na
prestación de servizos; o FSE atenderá ao emprego
e a mobilidade, a educación, competencias e apren-
dizaxe permanente, promoción da inclusión social e
O novo período de programación
UE 2014-2020
A Estratexia UE 2020 vai dirixida
a acadar unha economía intelixen-
te, sostible e integradora, que se
supón vai xerar emprego, produti-
vidade e cohesión social.
13
loita contra a pobreza; o FEADER terá como ob-
xectivo o crecemento intelixente, sostible e integra-
dor nos sectores agrícola, alimentario e forestal, así
como as zonas rurais; o FEMP centrarase na viabi-
lidade e competitividade da pesca e da acuicultura,
promovendo a cohesión social e a creación de em-
prego nas comunidades dependentes da pesca,
diversificando a actividade cara outro sectores ma-
rítimos.
Os traballos de programación da política de cohe-
sión inclúen un Acordo de asociación de España, e
os Programas operativos nacionais.
O Acordo de asociación é un documento nacional,
no que se expón a estratexia e as prioridades de
investimento dos fondos. Para elaborar a estratexia
faise unha análise da situación, incidindo nas dis-
paridades existentes entre as distintas rexións, nas
oportunidades de crecemento e debilidades, nas
diferentes áreas de investimento que identifican os
regulamentos, e que son os obxectivos temáticos:
Potenciar a investigación, o desenvolvemento tec-
nolóxico e a innovación; Mellorar o uso e a calidade
das tecnoloxías da información e das comunica-
cións e o acceso a estas; Mellorar a competitivida-
de das pequenas e medianas empresas, do sector
agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pes-
ca e a acuicultura (no caso do FEMP); Favorecer o
paso a unha economía baixa en carbono en todos
os sectores; Promover a adaptación ao cambio cli-
mático e a prevención e a xestión de riscos; Prote-
xer o medio e promover a eficiencia dos recursos;
Promover o transporte sustentable e eliminar os
embotellamentos nas infraestruturas das redes fun-
damentais; Promover o emprego e favorecer a mo-
bilidade laboral; Promover a inclusión social e loitar
contra a pobreza; Investir na educación, no desen-
volvemento das capacidades e na aprendizaxe per-
manente; Mellorar a capacidade institucional e a
eficiencia da Administración pública.
Pola súa banda os traballos do Programa operativo
lévanse a cabo respectando o principio de partena-
riado e gobernanza multinivel; é dicir, están involu-
cradas as autoridades públicas dos diferentes ni-
veis da Administración española (hai un programa
operativo por comunidade), e os axentes económi-
cos e sociais.
Se nos dan oportunidade, iremos desenvolvendo
estas primeiras apreciacións e analizando as re-
percusións que estas actuacións van ter na nosa
economía.
14
O muradán José Manuel Bermúdez
presentará axiña a seu cuarto libro. Unha novela
histórica ambientada na Gran revolta irmandiña de
1.467, o maior acontecemento social ocorrido en
Galicia na idade media.
A novela, escrita en galego, conta a
historia dun labrego da comarca ferrolá, chamado
Valente, que despois de ser visitado polos sicarios
do nobre Andrade, esixíndolle entregar un terzo
da colleita como pago dos impostos, e ante a
imposibilidade de facer fronte a tal demanda,
decide desprazarse a Pontedeume para solicitar
do nobre un aprazamento. Un amigo da infancia,
que lle da acubillo na súa casa durante a súa
estanza na vila do Eume, disuádeo de visitar a
Fernán Pérez, e convénceo para tomar parte
nunha gran revolta que se está a organizar para
acabar cos abusos dos señores donos daquelas
terras.
A animosidade que esperta aquel plan no
idealista labrego, faino incumprir cunha promesa
que lle fixera a súa muller. Esta, temendo que lle
ocorrese algo ao seu marido, decide ir a buscalo,
sendo asaltada no camiño por unha caterva de
mozos bébedos, que, despois de agredila e
violala, asasínana e foxen en busca de protección
no pazo dos Andrade.
Valente, quen se encontra coa súa muller
morta no camiño de regreso, implicase
emocionalmente naquela loita, co obxectivo de
atopar e matar aos asasinos da súa dona.
Alistándose no exército irmandiño, dedicará varios
anos da súa vida a loitar contra a nobreza galega,
sen deixar nunca de perseguir o seu obxectivo de
vinganza.
Na novela mestúrase a ficción cos
acontecementos históricos que se deron en
Galicia entre o 1.465 e o 1.472. Centrando
especialmente a narración no bienio da revolta e
dominio irmandiño, dende o 1.467 ata o 1.469, e
na contra revolta posterior, dende 1.469 ata o
1.472, coa recuperación do poder e dos seus terri-
torios polos nobres anteriormente derrotados. Se
ben, mediante recensións retrospectivas, se alude
a sucesos anteriores, levando a historia a tempos
pretéritos, antes incluso de nacer o protagonista,
desenvolvéndose a trama ao longo de toda a súa
vida, durante a cal suceden unha serie de
acontecementos e cambios na sociedade galega,
que afectan directamente ao personaxe principal,
e a aqueles amigos, veciños e familiares que o
rodean.
Novo libro do Muradán
José Manuel Bermúdez Siaba
15
Os protagonistas de ficción e as súas vivencias
comparten argumento con personaxes e feitos
reais, o que fai desta obra unha interesante
elección, tanto para unha lectura ociosa como
consultiva.
A novela está dispoñible en formato
dixital para Kindle, en Amazon. E está xa en
proceso de edición, polo cal axiña estará
dispoñible tamén en papel, editada pola editorial
Círculo Rojo.
No mes de marzo será presentada polo
autor en Buenos Aires, xunto a súa anterior
novela, “Mucho antes de ser mujer”.
Bermúdez espera poder presentala xa en
Galicia no mes de maio ou de xuño, e case con
seguridade en Santiago de Compostela.
Sinopse do libro.
Na segunda metade do século XV, as
clases baixas e medias de Galicia estaban a sufrir
unha situación de inestabilidade e carencias que
alimentaron, durante anos, o descontento xeral e
os desexos de xustiza dos menos favorecidos.
Aos períodos de malas colleitas por mor da falta
de choivas, sumábanselle os abusos da
aristocracia, e a inseguridade que supoñían os
salteadores e criminais, que actuaban baixo o
amparo dos nobres e do alto clero. O descontento
do pobo estoupou finalmente, na primavera de
1.467, nunha gran revolta popular coñecida como
“A Gran Revolta Irmandiña”.
Naquel contexto social, un labrego
chamado Valente Bolaño, coñecido como “Valente
de Covas”, alistouse no numeroso exército
popular en busca de liberdade e vinganza. Ao
longo de varios anos Valente había ser
protagonista, tanto dos satisfactorios logros
acadados na guerra, como de desoladoras perdas
persoais.
Acadada a vitoria, pouco durou aquel
tempo de paz e xustiza, xa que unha contra
revolta dos nobres, ansiosos por recuperaren o
poder e os seus territorios, desencadeou un novo
enfrontamento. Valente retomou, unha vez máis,
as armas para defender a liberdade conquistada e
ultimar, de paso, o seu inconcluso desquite.
Biografía do autor
José Manuel Bermúdez nace en Muros, (A
Coruña) o 7 de decembro de 1.957. Con apenas 3
anos emigra coa súa familia a Buenos Aires, onde
se desenvolve a súa infancia e cursa os seus
estudos. Con 15 anos retorna a Muros, ao
terminar o servicio militar, con vinteun anos,
emigra novamente, esta vez a Suiza, onde escribe
os seus primeiros poemas e relatos, os cales non
chegou a publicar.
En 1.985 vai vivir a New York,
retornando definitivamente a España en 1.989.
Publica o seu primeiro libro en 2.012, (De la luz a
las tinieblas. Editorial united p.c). En 2.013 publica
o seu segundo traballo, unha recompilación
histórica sobre o concello de Muros, (2.0 Editora).
En agosto de 2014 editase a súa segunda novela,
titulada Mucho antes de ser mujer, (Finisterrae
Ediciones).
16
p/ Manuel Lago Álvarez.
De cando os franceses prenderon fogo a Muros
aquel fatídico 26 de marzo de 1809, amais das
cinzas de 190 casas queimadas, deixáronos sen
parte da nosa historia escrita. Vellos documentos
que se atopaban nas casas dos escribáns da Vila
foron tamén pasto do lume e coa súa desaparición
perdeuse un legado historiográfico que como
rexistro escrito da nosa historia deixounos orfos do
coñecemento do acontecer de Muros durante
séculos. Pero non todo se perdeu. Dalgunha
maneira unha pequena parte do arquivo salvouse
do lume. De feito, nos arquivos municipais de
Muros hai documentos dos séculos XVI, XVII e
XVIII, arquivados na forma en que os técnicos
chaman “unidades de instalación”, sendo as mais
antigos as actas capitulares do ano1560.
A publicación no ano 1997 do libro do muradán
Don Manuel Fabeiro Gómez titulado “PAXINAS
HISTORICAS DE MUROS”, (Editorial Toxosoutos),
dou luz a un inmenso traballo paleográfico sobre as
actas capitulares do ano 1560. Don Manuel, con
unha paciencia inmensa transcribiu estas actas que
nos dan a coñecer o como se desenrolaba a vida
dos muradáns neses anos.
O libro describe con todo detalle como o primeiro
de xaneiro de cada ano, alcalde, xuíces e
rexedores, e parte dos veciños, acudían á Misa
Maior na Colexiata, para despois da ofrenda facer
tódalas dilixencias que eran obrigatorias de realizar
dende tempo inmemorial, e entre outras: nomear
ao Escriban, designar ao Procurador Xeral,
conceder poder o mesmo, proposta dos Señores,
donos dos Cobrados, aprobación de ordenanzas,
etc. Amais, no libro fai referencia a acordos
municipais de todo tipo, incluíndo as peticións e
queixas que presentaban veciños e forasteiros. Así
podemos saber dos acordos sobre os diezmos
pesca e as medidas do sal; do pago aos
traballadores; da visita de inspección do Dr.
Carriazo, provisor da cidade e arzobispado de
Santiago; da contratación do Sacristán e as súas
obligacions; dos ingresos e gastos fixos do
Concello; da necesidade de pan en Noia e da
descarga de pan para Muros; do conflito do coto de
Louro cos forneiros da Vila; da economía marítima;
do acordo de non admitir en Muros aos taleheiros
que foran vivir a Noia, etc. E así, todo o libro,
escrito cos datos que ofrecen as actas capitulares,
e un magnífico diario do acontecer da Vila e das
súas xentes neses anos do século XVI.
Dos andares sobre as páxinas do libro, fun quen de
sacar os nomes das persoas que cita, que
alcanzan a cantidade de 117, e que transcribo.
Moitos dos apelidos aínda son habituais nas xentes
de Muros de agora; outros xa desapareceron.
xunto con eles –nalgúns casos, cando así
aparecen- tamén poño os oficios, cargos e labores
que desempeñaban.
Xentes de Muros no século XVI
17
Persoas citadas:
Afonso Bazarra
Afonso de Lansos
Afonso de Nantes
Alberte Díaz
Alberte Fernández
Alberte González
Alberte Simón (taleheiro)
Alberto de Bazarra
Aldonza Dominguez
Alonso de Lestón (forneiro)
Alonso de Queiro
Alonso Nunez (Notario de nú-mero da Vila)
Alonso Pérez
Antón Xerpe
Antonio de Caamaño
Antonio de Meyrans (rexidor)
Antonio de Padrón
Antonio Domínguez
Antonio Gómez Ares
Antonio Gómez de Guisa-monde
Apriço García
Bachiller Leis
Bachiller Pardiñas (alcalde)
Bartolomé de Barral (notario)
Coles Maragato
Diego Fariña (escribano)
Dominga Oanes
Domingo Ferreiro
Domingos Fernández
Fernán de Saborido
Fernán de Sofán
Fernando de Loro de Figue-roa
Fernando Díaz de Caamaño
Francisco de Xixón
Gómez Ferreiro
Gómez Martínez (Ferreiro)
Gonzalo Calderón (rexidor)
Gonzalo Fernández (xuíz)
Gonzalo García (mariñeiro)
Gonzalo Louro
Gregorio de Caamaño
Gregorio de Reloba
Gregorio Fernández
Gregorio Fernández de Ben
Gregorio López (rexedor)
Gregorio Loro
Gregorio Peres
Gregrorio de Landeira (rexedor)
Inés Rodríguez (viuva de Sancho López de Ozconez)
Jacome de Ermida
Jacome Paz
Jacome Xorxe
Juan Afonso de Senyill
Juan Ben (notario)
Juan da Cana
Juan de Iocias
Juan de Lago (traballador)
Juan de Louro
Juan de Paradas (escribano)
Juan Fernández de Landeyra (tnte. de alcalde)
Juan Rodrígues Guiançe
Juan Rroibo
Juan Veloso
Lopo Afonso
Lopo Fariña
Lopo Faryna Fernández
Lorenço Afonso
Martín de Leis
Martín de Tal
Martín Fernández
Martín Fernández Loro
Martín Sánchez (sacristán)
Martino de Mayo
Mourelos
Pedro de Ben de Figueroa (Procurador Xeral en 1560)
Pedro de Zas
Pedro del Rio (canteiro)
Pedro Ninobo
Pedro Simón (taleheiro)
Pedro Teyxido de Turnes
Pedro Yañez de Baruta
Pero Afonso de Ayuso (coengo)
Pero Amor (colledor das Ren-das no 1559)
Pero de León (colledor de Rendas Reais)
Pero García de Ares
Pero Lesmente
Pero Yañez de Baruta
Roi Bo
Roi da Ponte (colledor das Rendas Reais)
Roi de Loro Figueroa
Sancho López de Ozconez (Xuíz da Vila, soterrado na Colexiata)
Vasco Patiño (Xuíz ordinario)
Vasco Rodríguez (taleheiro)
Xácome Giance (mercader e colledor das Rendas no 1559)
Xácome Gómez
Xan Rodríguez
Xil de Corposanto (taleheiro)
Xoán Beloso
Xoán Camarón
Xoán de Bamonde (procurador do alumeado da igrexa)
Xoán de Bazarra (colledor das Rendas Reás)
Xoán de Ben (alcalde)
Xoán de la Llama (Procurador xeral en 1559)
Xoán de Louro (Maiordomo Cofradía. Espíritu Santo)
Xoán de Meiráns (escribano real)
Xoán de Neira
Xoán de Santa María
Xoán de Xixón (alcalde)
Xoan Falloa (coengo)
Xoán Fernández
Xoán Fernández de Landeira
Xoán Martín
Xoán Preto (rexidor)
Xoán Rodríguez Moro (Teniente de Xuiz)
Xoán Roubo (Maiordomo Co-fradía. Espíritu Santo)
Xoán Xordo (maiordomo do Couto de Louro)
Xoán Xordo Rebellón
18
Estatísticas de Muros
p/ Alianza Uhía Patiño
Nos primeiros meses do ano as Administracións
soen facer públicas estatísticas referentes a todo
tipo de datos que fan referencia aos Concellos, e
fano comparando o ano vencido cos anos
anteriores, co obxetivo de analizar as situacións
de crecemento ou decrecemento que inciden no
andar económico ou social da poboación afectada.
No caso de Muros, as facilitadas ata o de agora
non son precisamente moi boas.
Todos os analistas coinciden sempre en que
resulta básico para calquera tipo de crecemento
económico que, ao menos a fixación da poboación
se encadre na estabilidade; argumento que se
sustenta na necesidade de que para que se
produza un crecemento cómpre que a poboación
creza ou, no mellor dos casos, non diminúa.
Os datos que paso a ofrecer son oficiais, recollidos
dos publicados por diferentes administracións, e
non pretenden mais que dar a coñecer unha
situación real, que pode ser boa ou mala, segundo
os ollos que os miren.
Poboación:
A 31 de decembro de 2014 o censo de habitantes
de Muros é de 9117 persoas, das que 4402 son
homes e 4715 mulleres. A 31-12-2013 a
poboación era de 9281 persoas. No ano 1900 a
poboación do noso Concello era de 9130
habitantes. Comparado coa veciña vila de Noia,
no ano 1900 tiña unha poboación de 9761
habitantes e agora en 2014, son 14571.
Censo Electoral de muradanos residentes no
estranxeiro (CERA)
Segundo as estatísticas ofrecidas polo INE a
1/9/2014 había censados no extranxeiro 1730
emigrantes cuxa orixe ou residencia é o municipio
de Muros.
Paro:
A 31 de decembro-2014, o número de parados é
de 674 persoas (332 homes e 342 mulleres). A
19
variación relativa con respecto ao mes anterior é de
-6, e a absoluta, con referencia ao ano anterior, a -
59. A 30 de xaneiro, o paro era de 686 persoas, o
supón un incremento do 1,78 % sobre o mes
anterior.
Débeda:
Según o Ministerio de Economía e Facenda, o
Concello de Muros, a 31-12-2013 tiña unha débeda
de 2.399.000 euros. A débeda viva a 31-12-2012
era de 2.655.000 euros. No 2013 reduciuse en
256.000 euros.
Protección e promoción social:
En 2013 o Concello de Muros, cunha débeda por
habitante de 36,38 euros, gastou en protección
social por habitante, 7,44 euros e en servizos
públicos básicos 160 euros por habitante. No
mesmo período Carnota, cunha débeda por
habitante de 43,61 euros, gastou 65,20 e 286,80
euros respectivamente. No caso de Noia, cunha
débeda por habitante de 66,91 euros, o gasto foi de
73,42 e 274,20 euros respectivamente.
Gastos de persoal:
Dos datos da liquidación do orzamento de 2012, os
gastos de persoal do concello de Muros supuxeron a
cantidade de 2.646.106,88 euros, que representan o
42,8 % do presuposto dese ano (6.181.902,96
euros), resultando ser o concello con mais gasto de
persoal de toda a Costa da Morte.
20
p/ Nieves Formoso Vidal.
Lembro sempre con moito agarimo os meus
tempos escolares en Louro e Muros. Foi unha
época bonita da miña vida na que aprendín e fixen
amigos que aínda hoxe conservo.
En Louro, as primeiras letras aprendinas na escola
de Dona Mari-Carmen e Dona Dolores. Mais tarde
tamén acudín as clases particulares que daba o P.
Agustín, do que gardo un gran recordo. Xa en
Muros, para estudar o bacharelato fun a academia
de Dona Katy, na rúa Axesta, e a Academia que
había nos baixos do Concello.
A escola de antes pouco ten que ver coa de agora.
O sistema de estudo agora e mais levadeiro e
pouco ten que ver cos moitos medios dos que
dispoñen agora as novas xeracións. Cando
pensamos que kilos de libros puideran ser
sustituídos por unha tablet?. Agora os métodos
son mais modernos e se acompañan dun
profesorado mais especializado na materia que
imparten e dunha maior conciencia de que o
alumno é, por enriba de todo, unha persoa a que
hai que respetar. Do mesmo xeito, os alumnos na
súa inmensa maioría, ven aos mestres como os
seus preceptores e non como a persoas das que
hai que escapar.
De antes para agora hai cousas que non
cambiaron. E refírome aos moitos disparates que
se dicían nas respostas ás preguntas dos
profesores. Eu teño escoitado uns poucos e
atrevinme a recopiar uns mais, e como a miña
memoria non me alcanzaba a todos, engadinlle
outros que fun recollendo de aquí e de acolá.
Espero, que como a min, vos lembren o imaxin que
Os anos da escola
RELIXIÓN:
A Santa Trindade: Son o Pai, o Fillo e unha
Palomica que vive con eles.
Onde foi bautizado Xesucristo: En Río Janeiro.
O sexto mandamento: Non fornicarás ao teu pai e
á túa nai.
A soberbia: É un apetito desordenado de comer e
beber, que se corrixe practicando a luxuria.
Fe: É o que nos dá Deus para poder entender os
curas.
Relixión: Caín matou a Abel cunha molleja de
burro. (Custoulle, pero ao final conseguiuno)
MATEMÁTICAS Polígono: Home con moitas mulleres.
Área do triángulo: É igual á cuarta parte da metade
do seu lado pola semisuma da raíz cadrada de tres.
Que é un paralelogramo?: Un aparato que serve
21
para pesar en gramos.
Que é un ángulo recto?: O que non se desvía
nunca.
Que son números primos?: Os que teñen os
mesmos avós.
Quen era Pitágoras?: Un director de colexio que
inventou moitas cousas e que non sabía escribir.
Profesor: Un pintor tarda dúas horas en pintar unha
parede e outro pintor faino en tres horas, canto
tardarán en pintar a parede se o fan os dous
xuntos? Alumno: Cinco horas.
Ponme un exemplo de pentágono: A Casa
Branca.
Quen foi Enrique Octavo?: O que inventou as
fraccións.
Barroco: Estilo de casas feitas de barro. (como o
seu propio nome indica)
Cal é o pico máis alto da península e onde se
encontra?: O Aneto, que está nos Pireneos, en
Francia.
CIENCIAS NATURAIS:
Movementos do corazón: De rotación arredor de
se mesmo e de translación arredor do corpo. O
corazón sempre está en movemento, só está
parado nos cadáveres.
Esqueleto do papo da perna: Está formado polo
óso máis longo do corpo, que é o fémur que vai
dende o omoplato ata a rótula.
Terremotos: Son problemas internos que ten a
Terra.
Que significa leucocito?: Leu, animal, e cocito,
pequeno.
Partes do insecto: Son tres: in-sec-to.
O sal común: Ten un curioso sabor salgado.
Coñeces algún vexetal sen flores?: Coñezo.
Glaciar alpino: Chámase así porque arrastra
moitos piñeiros.
Froitos secos: Entre eles está a laranxa, que se
divide en varias partes chamados "grallas".
Arterias: Son uns tubiños de plástico flexibles.
Pediatra: Médico dos pés.
Estimulantes do sistema nervioso: O café, o
tabaco e as mulleres.
Animais polares: Son a Osa maior e a Osa menor.
A medula espiñal: É un tubo de 10 a 12 metros
onde dicían os antigos que residía a alma. (e que o
temos gardado moi enrolladito para que nos caiba
ben dentro da columna vertebral).
Minerais: Son animais sen vida.
Fases da Lúa: Lúa chea, lúa nova e menos cuarto.
Músculos do colo: Electrocleidomésticos.
Parasitismo: É a acción de parar unha cousa.
Ósos do cranio: Son un frontal, dous parietais,
dous orientais... (- Non home, os orientais son os
chineses!) - Ah, si señor! Un frontal, dous parietais,
dous chineses...
Exemplo de fera salvaxe: O porco.
22
Derivados do leite: O arroz con leite.
O mercurio: O mercurio serve para medir a
temperatura e chámase termómetro clínico.
Os vivíparos: Os vivíparos son o contrario dos
ovíparos, entre eles está o home, que ten
memoria, entendemento e vontade.
Os mamíferos: Os mamíferos maman as
substancias da nai.
As eirugas: Non coñezo ningunha eiruga
prexudicial, ou sinxelamente ao mellor vin
algunha e ao meu modo de ver non era
prexudicial.
Traballo e enerxía: Traballo é se collemos unha
cadeira e a poñemos noutro sitio, enerxía é cando
a cadeira se levanta soa. (E forza é cando rompe
a cadeira).
Volcáns: En Mallorca está o Teide. A auga de
mar solidifícase e sae polo cráter. (Si, ese que
está ao lado dos Pireneos. Saen ata polbos nas
erupcións).
Terremotos: Son movementos bruscos que
tragan as persoas. (Non me gustaría encontrarme
pola rúa cun movemento brusco deses).
O voltio: Foi inventado por Voltaire. (Voltaire é
Deus)
O cerebro: As ideas, despois de falar, vanse ao
cerebro.
Aves prensoras: Son as aves que viven nas
"prensas", sitos onde hai moita auga.
Exemplo de galinácea que non sexa a galiña:
O polo.
Réptiles: Son animais que se disolven na auga.
Anfibios: A ra ten unha fenda cloacal, pola cal
lanza o típico son "cloac, cloac".
Exemplo de parasito interno: As vísceras.
Produtos volcánicos: As bombas atómicas.
Glaciares: Poden ser por erosión e por
defunción.
Prehistoria: A prehistoria comezou cando se
extinguiron os dinosauros e rematou cando se
inventou a imprenta.
Paleolítico: Significa Idade de Pedra, porque os
primeiros restos humanos eran de pedra.
Un cadro de Velázquez: As xemelgas.
Quen inventou o pararraios: Frankenstein.
Barroco: Estilo de casas feitas de barro.
Onde está o río San Lorenzo: No escorial.
Que río pasa por Viena: O Vesubio azul.
Afluentes do Douro pola dereita: Son os
mesmos que pola esquerda.
O Cid: Quixo armarse cabaleiro e buscouse un
aldeán chamado Sancho Panza e foise por eses
mundos.
O home primitivo: Vestíase de peles e
refuxiábase nas tabernas.
O nome de América: non se debe a Colón senón
a Américo "Bespúdrico".
LINGUA:
Linguas vernáculas: As que se falan nas
tabernas.
Quen foi Vicente Espinel?: O inventor da Capela
Sixtina. (E o co-fundador da falanxe).
Quevedo: Era coxo, pero dun só pé.
23
CALDEIRÓN (Globicephala melas)
p/ Amado Barrera.
Os caldeiróns son eses cetáceos tan fáciles de identificar polo seu gran bulto central, o “caldeiro”
culpable do seu nome co-
mún.
Hai dúas especies,
pero a que pasa pola mar
de Galicia e ás veces en-
tra nas súas risas de can-
do en vez ven varar e mo-
rrer nas nosas praias, é
ésta, porque a outra
(G.macrorhynchus) non se ten visto máis abaixo do Golfo de Biscaia. Tamén a lonxitude das aletas pecto-
rais, de case que o 30% do longo do Corpo, axuda a distinguila dela
Pódese confundir, de lexos, có Arroaz, ás veces van xuntos nun grupo. O arroaz é màis pequeño
e non é “cabezudo”.
Tamén se parece ao zifio (xénero
ziphius), pero éstes teñen máis fou-
ciño e menos “caldeiro”
O caldeirón desplázase habitual-
mente polo borde da plataforma
continental, o seu hábitat vai dende
as zoas subopolares ata as templa-
das (de 0º a 25 ºC) e hai dúas po-
blacións mundiais, unha ártica e
outra antártica, con uns 90000 indi-
viduos.
Vive en pequenos grupos dunha
media ducia de individuos, pero ás
veces agrúpanase ata 100 deles, e son tan fieis seguidores do “guía” que se vara éste poden ir e varar
unha chea deles. Pero son máis comúns os varamentos aillados.
Comer, come case todo o que pode, unha grande variedade de peixes, pero principalmente a súa
dieta é a base de calamares e bacallao. Necesita uns 14 kg de comida ao día e bucea ata os 600 m para
cazar calamares, que tanto lle gustan e aos que atopa utilizando o seu “caldeiro”, a prominencia frontal,
que é un ecolocalizador.
Pola outra banda, eles son presas naturales de orcas e tiburóns. As femias maduran aos 6 anos e
os machos aos 12, e son polígamos, perdón por acabar caendo no cotilleo, pero non deixa de telo seu
interes o dato.
24
DESPOSORIO ACCIDENTADO
p/ Marcelino García Lariño
Cando na freguesía de San Clodio do
Outeiro Grande, presentáronse Delaidiña dos
Manteiga, solteira, de oitenta e catro anos, e
Dionisio do Corrobelo, dúas veces viúvo, rañando
xa os cincuenta abriles, co san desexo e mellor
vontade de contraer santo e indisoluble matrimonio,
o señor abade, persoa posuidora dunha merecente
sona de home cabal e prudente, faloulle
amigablemente que, “dado que non eran picariños e
polo tanto non pensaban coma nenos debido á
sabedoría dos moitos anos e á experiencia da
dilatada vida, aconselláballe que denantes de dar
un paso tan importante e serio como é o casamento
(anque para o futuro marido ía se-lo terceiro; ela era
principiante) cavilasen moito no que querían facer,
pensasen nas diferenzas de idade que se levaban e
estudasen con detemento os pros. e os contras do
cambio tan radical e transcendental que nas súas
respectivas vidas necesariamente tiña que
producirse”, e emprazábaos para que ó cabo de oito
días lle trouxeran cumprida contestación.
O día sinalado, novamente chegaron os
prometidos á reitoral para dicirlles ó abade que
estaba firmemente decididos a unirse canto antes
en casamento por atopárense ámbolos dous
totalmente (eu diría tolamente) namorados un do
outro.
O tonsurado mirou para eles, e, despois de
estar un anaco de tempo calado, pensativo, díxolle:
–¡Vaia! Se queredes casar, se tedes
vehemente desexo de facelo como dicides, haberá
que casarvos: ninguén pode impedírvolo. Ti,
Dionisio, por seres doutra freguesía, non veñas ata
que traias os papeis arranxados do meu colega; e ti,
Delaida, cando queiras, mañá ou pasado, ven por
aquí.
A Delaidiña non se fixo agardar. Ó outro día
á primeira hora, xa se presentou perante do señor
abade que lle volveu a dicir que pensase, que
recapacitase, que meditase ben no que ía facer ós
seus oitenta e catro anos, que reflexionase no seu
futuro home que xa levara dúas mulleres por diante
25
e que non fixese certeiro o dito que non hai dúas
sen tres. Ela contestoulle que el dáballe claras e
ardentes mostras de que lle quería. E o abade, a
quen aquel casamento, aquela voda, por mor da
diferenza de idade en xente tan lonxeva non lle
gustaba nin moito nin pouco, pero non era quen de
impedilo, tratando por derradeira vez de disuadila,
faloulle:
–Amais desas mostras apaixonadas de
cariño que dis ti, debería darche outras. Imos ver:
–¿Díxote que te ía mercar un coche?
–¡Ai, non señor! E mire, neso que vostede
ben di ten moita razón. Porque si tiveramos coche
sería a felicidade completa. Co que me gusta a min
viaxar e ir ás festas... no me quedará o San Marcos
de Noia, o Nazareno do Caramiñal, o San Pedro de
Muros... ¡qué regalía!
O cura coa contestación da vella veu o ceo
aberto: “xa non hai casamento” coidou, e
replicoulle: –Pois ata teres do teu pretendente esa
inequívoca mostra de cariño, non veñas por aquí.
E non volveu. Non volveu uns días, porque
á semana, pouco máis ou menos, aparecéronlle á
porta da reitoral os dous ruliños montados nunha
motocicletiña pequena desas chamadas “vespino”.
–¡Señor cura, aquí estamos! Como os
posibles non daban para máis non puidemos
chegar a un coche. Cada un vai á feira co que ten,
¿non lle parece? –falou ela. E ó abade caeulle o
mundo ós pés. Non lle quedou máis remedio, pese
ás súas boas intencións, que claudicar: casounos:
Ó remate da cerimonia, os recentes
desposados montados no “vespino” encetaron
gozosos e felices a viaxe de noivos para disfruta-la
lúa de mel.
Ó outro día, enteirado pola prensa, o señor
abade acudiu a velos ó Hospital Xeral de Santiago
onde estaba internados por mor dun grave e
espectacular accidente: escaralláranse por exceso
de velocidade o saírse nunha curva baixando coma
un lóstrego unha pronunciada e perigosa pendente.
E a magoada, tremelicando coma un vara verde,
dicíalle ó abade:
–As crebaduras, con lle ser moito, non lle
son nada, señor cura,. O malo, o que xa non ten
remedio, é a perda do que levaba dentro das miñas
entrañas.
O cura fala o que lle dixo a vella. Moi ben
podería tratarse dun delirium tremens.
26
p/ Javier Mayo Veloso
O prometido é débeda. Alevosamente hoxe deci-
dín o asalto desta fortaleza natural.
Dende hai moito tempo esperaba esta visita a un
monte tan enigmático como
caprichoso nas súas formas
e cargado de estrañas his-
torias (ríos subterráneos,
pozos interminables, mora-
dores misteriosos....). Ma-
nuel Gago, mellor ca
min, vos explica no seu
blog unha interesante teo-
ría, segundo a cal, dende
este natural atalaia, gornicións romanas vixiaban
unha suposta vía secundaria á famosa Vía Per Lo-
ca Marítima (ou Vía XX). http://
www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/04/12/ o-
bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-
humildestesouros-agachados/
Probablemente moradores de distinta época con-
quistaron O Castelo dada a súa privilexiada situa-
ción. Non lle puxen tempo á ruta posto que me deti-
ven (e camiñei sobre os meus pasos) varias veces.
Ademais "toxos, xestas e loureiros" dificultan o pa-
so. Subimos en coche, para alixeirar, dende Esteiro,
pola estrada de o Maio, pasando por Lestelle, A
Penseira, Catadoiro e Arestiño. Chegamos ata a
subestación de Gamesa e collemos a estrada cara
Á Laxe. Na primeira curva moi pechada a dereita
deixamos o coche e camiñamos uns 100 metros ata
que, a esquerdas comeza un camiño da pé moi es-
treitiño e case imperceptible. Coidado non pasarse
de longo. A uns 300 metros encontrámonos coa
primeira atalaia e entrada natural que algúns mora-
dores adaptaron (ver foto do calzo). Seguimos ou-
tros tantos metros e encontrámonos a segunda ata-
laia. Aos seus pés unha impresionante cova graníti-
ca natural (podemos chegar a estar de pé dentro
dela) onde vemos restos de lume e probablemente
tellas seculares. Seguimos e a maleza vólvese se-
riamente impertinente (15 ou 20 metros), ascende-
mos lixeiramente deixando atrás impresionantes
loureiros e xa estamos no cumio. A primeira arritmia
sucede ao ver, de pronto sobre unha lousa, o al-
Subida ao Castelo
Isto e o que se miraba dende a atalaia. Esteiro ó
fondo. Abaixo, o vértigo.
Detalle do abrigadoiro natural na atalaia principal.
Enlace á ruta:
http://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8810852
27
querque (un xogo moi popular no medievo e orixinario do imperio
romano). Que fai aquí, quen o xogaba e dende cando?. A uns pou-
cos pasos e subindo por uns chanzos tallados na rocha por aqueles
outeadores a segunda arritmia volve visitarme ao descubrir unhas
impresionantes vistas desaconsellables para os que sufran de verti-
xe. Séntome un anaco e intento adiviñar en que estarían a pensar
os meus predecesores centenarios e, sobre todo, dobraría a garda
o perdedor do xogo?. Enlace á explicación do Alquerque (ou Xogo
do Muiño): http://es.wikipedia.org/wiki/Juego_del_molino
Panorámica dende a cazoleta da atalaia do Monte Castelo: dende Arestiño ate a Braña pasando por Esteiro.
Primeiro plano do Alquerque.
Foto esférica dende a Atalaia principal en Google Maps: https://www.google.com/maps/views/view/116330458616586852320/gphoto/6112890348930743298
Despóis do alquerque, quita o hipo esta
fenda na entrada natural do monte.
Imaxinadevos un inmenso medeiro a
modo de cancela eiquí.
Taboleiro granítico do Alquer-
que retocado dixitalmente.
28
José Vázquez Rama (Pepe do Conde)
As aldeas van cambiando e con elas costumes
ancestrais que se perden no tempo. Unha delas é a
matanza do porco. Criar un porco nunha casa era
case a garantía de ter a despensa chea para moito
tempo. Ter un porco na casa era como ter unha
bendición. No meu Serres natal, Case non había
casa que non criara un ou mais porcos.
A base fundamental da alimentación de todo o ano
dependía deses porcos que, entón, pasaban na
casa cerca dun ano, Engordábase con patacas,
verduras, fariña de millo e/ou calquera outro
alimento que se tivese a man, pero case nunca con
pensos, xa que nos tempos de antes non existían
na cultura alimenticia do lugar. Os que nacemos
na aldea sabemos ben que a mellor alimentación é
a natural.
A miña casa coñecíase
e coñécese pola casa
do “Conde” -aínda que
nen antes nen agora
fomos nobres, tan só
xente de aldea criada
no traballo- e nela
tamén había porco. Eu,
de pequeno, esperaba
con ansia pola matanza,
que sempre na nosa
aldea foi unha das
actividades colectivas
mais arraigadas e
colectiva, xa que nela
participaban familia e amigos ao tempo que se
realizaba un traballo esencial para a
"supervivencia" de todo o ano, tratábase dunha
"festa" que duraba máis dun día.
O traslado do porco dende a corte ao banco da
matanza -o traballo do experto matachín- e a
recollida do sangue para facer as "morcillas" eran a
primeira parte da faena. Despois, coller a palla ou a
ramada para queimar o pelo do animal, e
deseguido lavalo ben con auga, frotando con
esmero con pedra do país, e seguir limpado cos
coitelos. Colgalo, abrilo para sacar as tripas e
posteriormente lavalas para logo ser usadas co fin
de facer os chourizos. Aos días seguintes "festa
rachada": preparar a "zorza" para os chourizos e
derreter os rinchóns. Eran días de moito traballo
especialmente para as mulleres que realizaban a
maioría das faenas. E no medio de todo, que non
faltara a caña e o brandy para os homes e o
Sansón ou Anibal para as mulleres,E que
tampouco faltaran bromas, anécdotas nen moita
retranca. Lémbrome dunha do señor Andrés de
Jeilla que con 95 anos lle dicía a unha veciña
"veinteañera" de bo ver que se dispoñía a coller o
coche para ir traballar: "Gloria, ven tomar unha
copiña muller, a ver polo que nos da despois...".Os
nenos tiñamos que conformarmos coa laranxada
da “Pitusa” ou coa gaseosa que dou a coñecer
entre nós o apelido do noso presidente... É esta
unha tradición xa case extinguida e xa son poucas
as familias que na parroquia aínda engordan os
porcos na casa para a matanza, xa que é difícil
encontrar quen axude a realizar os traballos,
ademais que cada vez somos menos no lugar e
tamén a normativa para estas “festas”, é moi
europea.
Con todo, quédanos o gran recordo do gran sabor
de todo canto o porco daba de si: os chourizos
caseiros, as morcillas, as carnes mortas, os callos,
o cocido e o seu caldiño, e tamén o encontro de
familiares e amigos que arredor do sufrido animal
engrandecían os seus lazos de amizade.
A matanza do porco en Serres
29
Presentación do libro
“FALANDO CLARO”
Fotografias: Nieves Formoso Vidal
O venres 20 de febreiro, na aula de informática da
Casa da Cultura de Muros, a revista The Muros Times
tuvo a honra organizar a presentación en Muros do
libro de Pepe Sendón “FALANDO CLARO”, sobre a
vida do dirixente anarquista Claro José Sendón
Lamela.
Ante un público entregado, no nome de Jorge Lago,
(director de TMT), o editor da revista Manuel Lago dou
lectura a unhas notas enviadas por Jorge nas que
amosaba o seu agradecemento ao autor polo gran
traballo realizado; un traballo biográfico sobre unha
persoa singular, profundamente entregada aos seus
ideais, e que nado na parroquia de Louro, e de
humilde condición, chegou a alcanzar gran
notoriedade na España republicana.
O autor da obra, Pepe Sendón, agradeceu a
colaboración de TMT na presentación do libro, e
nunha corta pero profunda intervención, fixo un
percorrido pola vida de Claro Sendón, dende o seu
nacemento en Louro ata a súa morte en New York, no
ano 1937.
Na lembranza do ciclo vital do anarquista loureán, o
autor recordou a Claro Sendón como un fillo de
labregos que daba conferencias; un neno que vendía
xornais nas rúas de Bos Aires e como un autodidacta
que compartía estrado con ministros. Pepe Sendón
tamén defineu a Claro como un loitador incansable na
defensa dos mais débiles.
Toda a disertación de Pepe Sendón estivo
acompañada dunha presentación audiovisual, con
grande aporte de fotos e documentos do recordado
Claro Sendón Lamela.
30
"A confiansa levárona os ingleses."
(dito de Muros)
p/ Manuel Antonio Franco
Na mañá do 4 de xuño de 1805 o señor Yeo
atopábase na cuberta do HMS Loire mirando para
Montelouro. Na marina estaba fasendo carreira.
Entrara con 10 anos e con 22 era primeiro tenente
nun buque da súa maxestade... bo momento para
progresar, este, no medio das guerras
napoleónicas.
A fragata Loire, mandada polo capitán Maitland, ca
súa envergadura e cos 44 canóns que
portaba, podía ter problemas se se enfrontaba cos
buques insignia inimigos como o Argonauta ou o
Bucentaure, de 80 pezas, aos que a Royal Navy
andaba buscando co Prince of Wales ou o Victory,
de 98 e 110 respectivamente. Pero este era o xogo
que mantiñan Calder-Nelson e Villeneuve-Gravina,
non o seu. A súa misión, que xa duraba tres anos,
era acosar e raposear ós barcos franco-españois
que se puxeran por diante.
Para iso sí que estaban ben preparados... que lles
pregunten ós da faluca Esperanza, alias Don Pedro,
da Coruña, capturada dous días antes na bahía de
Camariñas; ou o propio Loire, de fabricación
francesa e apresado sen ter cumprido o ano de
servicio ás ordes da Revolución, aló no outono do
1798, cando fuxía despois da batalla de Tory Island
na costa noroeste de Irlanda. Realmente eran
expertos.
Na bahía de Muros, outra presa: un corsario francés
de 26 canóns que semella preparado para a
navegación. Maitland ordena dirixir o seu barco ó
interior da ría, deixando Montelouro e os areais de
San Francisco á babor. Ás nove da mañán, antes
de doblar Rebordiño, unha pequena batería de
dous canóns que non avistaran sorpréndeos
abrindo fogo sobre eles. El sabe que non supón un
grave perigo, pero é unha molestia que hai que
eliminar.
O capitán Frederick Lewis Maitland, que coñecera a
bahía de Muros cando servía como tenente no HMS
Kingfisher, unha balandra de 18 canóns, tamén
estaba progresando nunha guerra que lle gardaba
unha sorpresa final. Quen lle ía dicir, alí, na cuberta
dun barco de tamaño medio e planeando o
apresamento dunha pequena embarcación francesa
na costa galega, que o
invencible Napoleón Bonaparte, despois da derrota
en Waterloo, se rendiría a el e que o
levaría a Inglaterra cautivo no HMS Belerofonte, un
buque de terceira clase con 74 canóns que o
almirantazgo inglés porá nas súas mans.
Pero esto será dez anos máis tarde. Agora confiaba
na capacidade da súa tripulación e sobre todo nun
tenente Yeo, que xa demostrara a súa valía na
toma de posicións inimigas en terra, coma en
Cesenatico no 1800, na costa adriática italiana.
"Hoxe é o anviversario dos nosos soberanos e ímos
dedicarlles esta victoria!", arengou o
capitán. O primeiro tenente e outros 49 homes
elexidos ármanse e embarcan nos botes para
dirixirse rápidamente á costa e tomar a batería
inimiga. O desembarco nunha zona rochosa non é
31
doada e o baluarte segue cuspindo proxectís, pero
unha vez en terra, os defensores, 8 artilleiros e 10
homes de apoio, fuxen despavoridos en canto ven a
forza e determinación dos soldados ingleses con Mr.
Yeo á fronte.
Desde ese punto de observación privilexiado e
mentras os seus soldados desmontan e inutilizan as
2 pezas artilleiras do baluarte, ve como a Fortaleza
que hai á entrada da Vila está disparando sobre o
Loire con bastante puntería, impactando no casco
do buque unha e outra vez. A fragata vese obrigada
a cambiar o rumbo para protexerse e enfrontar
mellor o contraataque. Tamén ve fondeados non un,
senón tres barcos; a veloz e mariñeira nave corsaria
La Confiance de 26 canóns e o bergantín Le Belier,
de 20 carronadas de 18 libras, ambos de Burdeos,
e a un bergantín mercante español en moi mal
estado. Ningún deles estaba disparando, polo que
advertiu que non estaban pertrechados para a loita.
Quedaba como único obstáculo Fortaleza da Vila,
que incluso sen a axuda dos barcos de guerra
seguía sendo un enemigo a ter en conta.
Protexéndoo hai 22 soldados españois, varios
cabaleiros e xente do pobo. Tamén contan cun
reforzo de 100 homes do buque Le Confiance.
Seguramente non consigan afundilos, pero o
intercambio de disparos podía causar a morte de
moitos dos seus compañeiros.
Mr. Yeo decatouse da existencia dunha porta aberta
na Fortaleza. Os defensores, confiados na
consistencia dos muros que os protexían e
centrados no navío atacante, non se percibiran do
punto débil que supuña a porta sur!. El sí , polo que
sen esperar ordes e encabenzando ós seus 49
compañeiros asalta o forte.
Na entrada hai un centinela francés que dispara en
canto os vé e corre para refuxiarse dentro. A porta
está aberta e desprotexida. Entran e no medio da
praza Mr. Yeo atópase ó governador do posto e
acaba con el dun solo golpe rompendo o seu sable
en dous anacos. Mentras, a súa tropa despacha ós
outros oficiais e a cantos se lles poñen por diante,
anque a maioría da guarnición se retira na parte
traseira da Fortaleza para fuxir saltando desde as
troneiras ás rochas da praia, salvando unha altura
de 25 pes.
Iza a Union Jack no forte. A praza está tomada, os
defensores vencidos. Cero baixas, 0K. En cambio o
inimigo perdeu 12 homes, entre os que se atopoan o
governador do forte, un cabaleiro español, e o
subcapitán do Le Confiance, e hai 30 feridos.
As leves feridas que Mr. Yeo e os seus homes teñen
32
son un prezo pequeno polo enorme botín
conseguido: dous barcos, o La Confiance (que non
tiña canóns a bordo) e o Le Belier (o bergantín
español, dado o seu estado, quéimano na bahía), e
os 12 canóns de 18 libras da Fortaleza. Ademáis,
os dirixentes da Vila entréganlles o contido dos
almacéns a cambio de que deixen tranquilos á
xente do pobo. Mellor así, cargar e marchar canto
antes, sen excesos e sen abusar da pobre xente
que pouco pode ter. Pola contra, é numerosa e son
moitos os barcos do lugar fondeados na bahía que,
anque sexan pequenos e esten mal armados,
poden supoñer un gran problema se a situación se
torce.
Como despedida disparan e inutilizan as armas de
fogo que quedaban na Fortaleza e no baluarte e
tíranas ao mar. Tamén destruen os carros dos
canóns e reventan as troneiras ca pólvora que
atopan alí. Os 40 barrís que lles sobran así coma
outros dous pequenos canóns de bronce e 50
soportes de armas, lévanos á bordo.
Marchaban cuns magníficos trofeos para Inglaterra,
onde serán recibidos con honores,
recoñecementos, medallas e espadas. Non estarán
nestas coordenadas cando unhas semanas
despois, o 22 de xullo, as escuadras de Calder e
Villeneuve se enfronten á altura de Fisterra noutro
asalto dun combate que culminará en Trafalgar ca
victoria inglesa.
Por esta acción de guerra a James Lucas Yeo
nomearano máster and commander e o
almirantazgo porá nas súas mans o HMS Confiance
rearmado e preparado para navegar.
Mandará outros navíos e ascenderá a capitán,
comodoro e comandante xeral, combatindo a
españois, franceses e esclavistas (abolicionista
convencido) polo Caribe, os Grandes Lagos ou a
costa occidental de África, antes de morrer por
enfermidade nunha viaxe de volta a Inglaterra
desde Xamaica en agosto do 1818.
"A confiansa levárona os ingleses."
(dito de Muros).
Pois si, levouna Mr Yeo...
33
Un escudo da Vila p/ Pablo Andrade.
Segundo Don Ramón de Artaza este escudo atópase na casa que formaba parte do Maiorazgo da Capela
do Carme e que foi, sen dubida, a morada dos donos ou fundadores de este vínculo. De antigo o escudo
estaba na parede exterior do patio que conduce á horta. Na actualidade, non está nese sitio, xa que foi
trasladado polos novos donos compradores da casa e da finca, á parede sur da citada horta. Este é un
escudo cuartelado:no primeiro cuartel, as armas dos Figueróa; no segundo, descoñecido; no terceiro, as
armas dos Bermúdez; no cuarto, as das Romero, e no quinto, descoñecido.
34
p/ Manuela Tajes.
Despois de levar tantos anos vivindo en USA,
dinme de conta que querendo ou sen querer, as
costumes da sociedade americana pasaron a
formar parte da miña vida. Xa o di o refraneiro: “alí
onde estés, fai o que ves”. E tanto que oubo que
facelo, pese a que os costumes eran moi
diferentes. Pero a algo o que non me acostumei
totalmente foi ás comidas americanas sen darlles
un toque galego.
Intentar escribir sobre o cociña norteamericana e
case un imposible. A multiplicidade de culturas que
confluíron en USA ao longo da súa historia deron
de si moreas de formas de cociñar un mesmo
produto. Hai que ter en conta que en España hai
unha imaxe un pouco distorsionada da comida
americana, pois non todo e “fast-food” (comida
rápida). Nas Américas tamén se cociña con calma,
pero hai que darse conta que aínda cociñando con
produtos coñecidos en España os sabores non son
iguales. O americano é un ávido experimentador tal
vez polo feito de que a súa propia cociña está
emparentada culturalmente con tantas outras. O
americano que viaxa ao exterior non vai buscar o
que deixou senón que ao encontro de novas
sensacións culinarias e ese aprecio ao diferente fai
que nas súas cidades máis cosmopolitas o mapa
de sabores sexa case infinito. Tamén lles encantan
os postres que tenden polo xeral a ser demasiado
doces. Iso débese talvez a que dende o tempo das
colonias a fabricación do ron significaba un exceso
de residuos en forma de xaropes que non tiñan
outra aplicación máis que a de adozar certos
produtos alimenticios xa fosen cárnicos ou de
repostaría.
Unha costume que se exportou a España é o
brunch, (Breakfast-lunch) que consiste en facer un
almorzo moi forte a iso das 12 do mediodía un
domingo ou un sábado. Adoita ser un só prato que
normalmente ten ovos revoltos, mashed potatoes
(un puré de patacas riquísimo) ou o hash browns
(que é como unha tortilla de patacas, pero sen
ovo), pero pode
ter tamén peixe,
carne, salchichas,
etc. Non é un
prato moi forte,
pero tampouco
son os típicos
revoltos con
touciño
entrefebrado. Quedar con amigos para tomar o
brunch e logo ir ao cine é unha actividade tan
habitual como en España quedar a tomar unhas
tapas e logo ir a comer.
Como dicía ao principio, as comidas americanas
non son do que máis abuso, pero non por
discriminación, senón máis ben polo lastre cultural
que levo conmigo. Na casa facemos a comida ao
estilo de Muros. Caldeiradas, empanadas, cocido,
guisos, arroces, e un longo etcétera, conforman a
nosa carta e cando temos na casa invitados
americanos, a nosa comida gústalle moito, pero
tampouco renunciamos a algúns pratos moi
americanos, que de todo hai que probar. Bo
proveito ¡¡
A cociña nas Américas
35
Unas notas sobre la COLEGIATA DE MUROS (Texto del canónigo y escritor don Manuel Jesús Precedo Lafuente --licenciado en Teología y en Ciencias Bíblicas,
y diplomado en Filosofía)
La parroquia de S. Pedro de Muros, noble villa situada en la ría que lleva el nombre de Muros y de Noya,
tiene un buen número de edificios religiosos, recuerdo de la prosapia de sus gentes. Desde 1504 tuvo una
colegiata, creada entonces por el Papa Alejandro IV a petición de Diego de Muros III, que contó con el apoyo
de los Reyes Católicos. Desapareció el título colegial, dado a algunas iglesias insignes dotadas de un cabil-
do, en febrero de 1843, y, en virtud del Concordato de 1851, quedó convertida en sede de la comunidad pa-
rroquial.
Se conoció el templo primitivo, anterior al actual, como de Santa María do Campo y Santa María A Nova.
Había sido construido en el siglo XIII, y de él se conservan el rosetón, algunos canecillos y la bella portada
principal, de arquivoltas semicirculares, sobre columnas acodilladas en las jambas. Una inscripci6n en el din-
tel de la puerta lateral nos recuerda que la iglesia de Santa María que existe hoy fue construida por iniciativa
del arzobispo Don Lope de Mendoza, que rigió la sede compostelana de 1399 a 1445, y concluida con el pa-
trocinio del Concejo muradano.
La iglesia tiene una sola nave, dotada de cubierta de madera a dos aguas, asentada sobre arcos transver-
sales, que se apoyan en haces de columnas adosados a los muros. Los capiteles rezuman gustos románicos.
Hay seis capillas ojivales, unas con bóveda de crucería de nervios diagonales y otras con bóveda estrellada.
Destaca por su belleza la capilla mayor, que ocupa el ábside románico primitivo, posteriormente modificado,
que tiene bóveda de crucería. Al fondo tiene una ventana de arco apuntado, como también es apuntado el
arco triunfal. Hay interesantes sepulcros románicos y otros de los siglos XV y XVI.
36
p/ José Manuel Formoso Luces
Coa morte no ano 1857 do último Prior da Colexiata
D. Ramón Gómez de Reloba, Muros tivo por
párrocos a Don José Blanco (encargado polo
Arcebispo); Don Francisco Bretal (franciscano
exclaustrado); Don Pedro Antonio Rodríguez
(primeiro párroco por oposición); Don José García
Hervilla (cura ecónomo); Don José Baldomero
Callón (cura párroco); Don José Lamela Penela
(cura ecónomo); Don José Souto Iglesias (cura
párroco); Don Joaquín Malvarez Dubert (ecónomo,
de abril de1922 a 1930); Don Ramón García Longo
(cura párroco entre 1930 e1966, Don Casimiro
Torres Pombo entre 1966-2008 (falecido en 2014),
e na actualidade a Don Alfonso Mera Nogueiras,
cura párroco dende o ano 2008.
Dos moitos coadxutores que pasaron pola nosa
parroquia non se dispón dunha lista expresa que
faga referencia aos seus nomes e o tempo que
pasaron entre nós, sen embargo as xentes de
Muros gardan na súa memoria e con moi grato
recordo, a moitos deles. Un dos recordados é Don
Manuel Castiñeira Rodríguez. Este home, nacido
no concello de Laxe no ano 1927, foi ordenado
sacerdote polo Cardeal-Arzebisbo Don Fernando
Quiroga Palacios o 28 de xuño de 1953, o mesmo
día en que tamén foi ordenado Don Casimiro
Torres Pombo. Don Manuel, despois de descansar
uns días coa súa familia, foi nomeado como
coadxutor da nosa parroquia o 15 de xullo.
A Muros chegou de noite. O baixarse do autobús
dirixiuse a casa reitoral, onde o párroco Don
Ramón García Longo tras invitalo a cear levouno a
casa das “Picas”, que estaba enfronte da igrexa
parroquial e onde era costume de aloxar aos
sacerdotes que colaboraban co párroco. O novo
coadxutor sinteuse moi acollido polas tres irmás
Leis Castellat, Manuela, Juana e Lola. Días despois
coñeceu a Don Manuel Fiúza (o marido de Pepita
Hermosa), que era o director da Caixa de Aforros
con quen entabloú unha boa amizade.
A diferenza de idade entre o cura novo e o párroco
Don Ramón, fíxose notar de inmediato. Don
Ramón tiña xa 80 anos e o xoven Castiñeira, 26.
Don Ramón levaba xa cincuenta e seis anos de
cura e o coadxutor, 18 días. A xuventude de Don
Manuel axudou moito a que a xente xoven de
Muros estivera moi contenta co cura novo.
No pouco tempo que estivo entre nos (de xullo a
decembro de 1953) uniu en matrimonio a oito
parellas e escoitou a súas primeiras confesións,
amais de axudar ao párroco en todo canto
necesitase. Sobre o tema das confesións foi moi
sonada en Muros, anécdota que lle aconteceu con
unha parroquiana; anécdota que el contaría anos
despois, pero que xa era conocida na Vila.
Aconteceu que o párroco lle asignou un dos
confesionarios para que namentres el celebraba
misa o coadxutor escoitase en confesión a quen
quixera facelo. O caso foi que o novo cura nunca
antes escoitara en confesión a persoa algunha.
(apenas facía vinte días que era sacerdote). Un
pouco nervioso acercouse ao confesionario
asignado a alí acercouse unha muller. Unha vez
rematou, e despois da misa, xa na rúa, unha veciña
díxolle: ¿ves de confesarte co cura novo ?, ao que
respondeu: “Si, a primeira de todas lambina eu ¡”.
Don Manuel dicía: “supoño que pensaba que era a
primeira confesión en Muros, o que nunca soubo foi
que tamén era a primeira da miña vida”.
Don Manuel recibiu en decembro de 1953 o
nomeamento de ecónomo da parroquial de Santa
María de Cee e en 1955 de ecónomo de Carril.
Anos despois,(en 1965), foi nomeado párroco de A
Estrada, onde faleceu en 2008 aos 81 de idade,
despois de exercer durante case 40 anos como
pastor daquela comunidade.
Historias de curas
37
A voz dos nosos poetas
“ROMPE O MAR”
p/ Pablo Andrade.
Rompe o mar, bate nas penas
debaixo do Monte Louro.
Xa o ceo virou mouro,
Vai entrando o vendaval.
Rompe o ´´Neixon´´ dende fora,
E pola terra o ´´Congral´´
Pechalle o paso o ´´Carreiro´´
Que escomenza a retumar
As beiras tornanse brancas
Polos embates do mar
I os lóstregos no ceo, escomenzan dar sinais
Do temporal que se achega
Os patrons que ben coñecen
A falsedade deste mar
Poñen proa rumbo a terra
Non se queren arriscar
Pois o mal tempo que chega
Cada intre medra mais.
E alo pola lonxania che diviso, Monte Louro.
Erguendote esprendoroso na boca da nosa ria.
Monte Louro, Monte Louro cando che vexo o chegar
Sento a maior das ledicias
E do peito saeme un sopro
Pois xa non collo co gozo; de poder voltar a ollarche
Vexo xa o ´´Rebordiño´´doulle alabanzas a Deus
Por me traer a bon porto.
Rompe o mar bate nas penas; por fora do Monte
Louro
E o longo de toda a costa non hai baixo que non
rompa.
O temporai vai pra longo.
38
Cousas de por Muros e arredores
p/ Manuel Lago Álvarez
Como cada catro anos chegan os meses de
escoitar,(iso sí, moi corrixidas e aumentadas),
diferentes... vamoslle chamar “perliñas”, que son
parte da nosa maneira de ser, e que polas terras
de Muros sonche coma os airiños da “feliz
primavera”, que se esperan como quen espera as
andoriñas.
Quén non foi algunha vez increpado con un “vaites
-vaites”, ou con un
“reconos”, pois esas
perliñas serían as
menores, que outras
peores poderiamos
escoitar para gozo e
deleite de grandes e
pequenas orellas.
Os galegos, (e un pouco mais os muradáns),
facemos do insulto un arte. Di o saber popular que
non ofende quen quer, senón que pode, i esto e
unha realidade no día a día.
As xeracións novas quedáronse con pouco. O
mais que se lle pode escoitar e un “gilipollas”,
“parvo”,”estúpido”, e pouco mais. Pero tendo
como temos un léxico tan amplo, a cousa estraña
bastante. Creo que, en parte, porque as novas
xeracións usan mais outro tipo de expresión mais
“psicodélicas”, vamos... mais acordes cos tempos
que corren nos que as novas tecnoloxías priman
sobre o saber antergo.
Pois chega a tempada de escoitar, -sexa en voz
alta ou polo baixiño-, unha morea de expresións
que farán a delicia dos propios para alporizar aos
alleos. Eu estou seguro que estas “perliñas” non
se dirán con ánimo de afundir a quen vaian
dirixidas. Bueno, un pouco si, pero en todo caso
formarán parte do “gran teatro”.
Aí vai unha pequena escolma das “perliñas” mais
usadas nas nosas terras. Unhas son moi
conocidas e outras menos. Seguro que faltan
moitas mais, pero con estas seguro que a
diversión está garantizada. Non inclúo expresións
que xa forman parte dos andares de tódolos días:
prepotente, parvo, gilipollas, soberbio, corrupto,
chulo,mentireiro, carca, etc.
“As Perliñas” Argalleiro: armador de jaleos.
Baldreu/bandallo/porcallán: Persoa sucia
Barallocas/ falangueiro: Que fala en exceso ou
sen sentido.
Camándula: Hipócrita
Chafalleiro/trangalleiro: Desordenado,
despistado
Choromicas/ mexericas : Chorón
Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non
ten parada.
Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.
Cacholán/a: Utilízase para designar a todo aquel
privado de razón e de miolos, que realiza as
accións sen pensar , e con desastrosas
consecuencias.
Caguiñas: Apoucado, chaíñas, cobarde, cagainas,
cagaíñas, cagán, cagarolas.
Chapón: Persoa que come con voracidade.
Galdrumeiro.
Chocalleiro: Que ten por costume dicir ou facer
chocalladas (bromas ou chanzas de dubidoso
gusto).
39
Comeca: que fai as cousas por interese persoal.
Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu
traballo.
Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.
Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso.
Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán.
Lareta: Indiscreto, que todo o divulga.
Lercha: Prostituta
Esmorgante: trouleiro, juerguista
Fachendoso/farruco: Prepotente.
Farrapento: Cutre, mal vestido
Gordecho/a: Gordiño/a
Lacazán: Aquel que non quer traballar.
Lercho: Dise da persoa que come e bebe
demasiado.
Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: Persoa remilgosa
ou mimarralleira.
Mexevo: tonto, pero que non o é do todo.
Pailán/ pailaroco: Ignorante, inculto.
Papamoscas/ papaxouvas : Falto de iniciativa
Moinante: Arteiro, astuto. Aplícase á persoa que
utiilza métodos cariñosos para consegui-lo que
quere.
Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e
logo non cumpre.
Pándego: Dise da persoa amiga das farras e
diversións. Canfurneiro, carallán,
Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade
doutro con enganos e gabanzas.
Paxoco: medio bobo.
Pedichón/a : o que pide por pedir.
Pendejo: que vive a conta de quen se deixa.
Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona.
Quinquillan: persoa de dubidosa reputación e
modais que se adica a vagar polo mundo
aproveitándose dos demais sen proporcionar nada
a cambio.
Peposo/a: dise daquel que non coida o seu
aspecto diario e resulta repugnante para os que o
rodean, ademais de demostrar unhas facultades
intelectuais reducidas.
Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta
tundas de todos.
Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, zorro.
Remendafoles: Caguiñas.
Rexoubón: Murmurador, que soe falar mal
doutras persoas.
Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou
liortas. Rifante.
Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os
dentes.
Trampuzas: Persoa involucrada en negocios
sucios.
Trapalleiro: contador de trolas.
Valdreu: persoa despreocupada de calquera
asunto que defrauda constantemente a confianza
dos demais.
Quiñolán: persoa ridícula, xa sexa polos seus
actos ou polos seus comentarios; alguén que
sempre queda coma un inferior, sen ser digno de
respecto.
Rexoubón: Dise de todo aquel que expresa
opinións negativas sobre os actos dos demais
coma se el pudera facelo moito mellor inda que
non teña coñecementos ó respecto.
Taravelo: Persoa que acepta a vontade dos
demais sen discusión, alguén sen decisión.
Xan: Persoa de pouca personalidade que é
manexado por todos.
Zalapastrán: Baldreu, pastrán, fargallón, bandallo,
persoa sucia e mal amañada.
40