tig@ número 09

16
REVISTA DA ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA Número 9. Novembro 2015 NOITE DA ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA, por unha sociedade da información centrada na persoa

Upload: colexio-profesional-de-enxenaria-en-informatica-de-galicia

Post on 24-Jul-2016

240 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

TIG@ Revista da Enxeñería en Infomática do CPEIG

TRANSCRIPT

Page 1: TIG@ número 09

REVISTA DA

ENXEÑARÍA EN

INFORMÁTICA

Número 9. Novembro 2015

NOITE DA ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA, por unha sociedade da información centrada na persoa

Page 2: TIG@ número 09

CONSELLO EDITORIALFernando Suárez, presidente do CPEIGJuan Otero, vicepresidente do CPEIGJuan José González, secretario do CPEIGFrancisco Javier Rodríguez Martínez, vogal do CPEIGContidos e asesoramento: Guindeira C&EMaquetación: ográficodeseño

Suxestións e comentarios: [email protected]

Datos de contacto do CPEIGRúa Fernando III O Santo 13-1ºA15701 Santiago de CompostelaTel: 981 592 773 - Fax: 981 553 997

www.cpeig.gal

ISSN 2255-3169

Índice

4

12-13

14

15

3

5

6-10

11

o cpeig opina. fernando suárez lorenzo presidente do cpeig

1 mes, 1 profesión dixital

entrevistaabraham otero, experto en bitcoin e criptomoedas

noite da enxeñaría en informática de galicia

rapaciñ@s o cpeig nos medios

os nosos patrocinadores ouro. clúster tic

beneficios colexiaiso cpeig defende os teus intereses

Page 3: TIG@ número 09

o cpeig opina. fernando suárez lorenzo, presidente do cpeig i 3

Cada 25 de novembro conmemórase o “Día internacio-nal para a eliminación da violencia contra a muller”. Como recoñece a ONU, a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e das desigualdades aínda existentes por razón de xénero. Cada ano, o CPEIG incre-menta as súas actividades para reflexionar sobre este pro-blema desde o punto de vista da tecnoloxía.

A violencia que nas súas distintas formas se exerce con-tra as mulleres supón un dos máis graves atentados contra a dignidade e a integridade física, psíquica e moral destas e, en consecuencia, unha intolerable violación dos dereitos humanos. A súa prevención e erradicación compételles aos poderes públicos, que teñen a obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.

O uso das tecnoloxías da información ten amosado a súa bondade na promoción da igualdade e na prevención e loita en contra da violencia de xénero e na creación de ferramentas que axuden ás súas vítimas. Nesa liña, a Se-cretaría Xeral da Igualdade e o CPEIG veñen de intensificar a súa tradicional colaboración, con programas diversos ta-les como o programa Rede Emprende en Igualdade ou a App contra a violencia machista “Escapp”.

Desde o colexio somos conscientes de que o fomento do coñecemento e o uso avanzado das TICs é un instru-mento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro, e por iso continuaremos a traballar no desenvolvemento de medidas centradas en dimi-nuír a fenda dixital de xénero e promover o uso máis amplo e diverso das tecnoloxías dixitais ao considerar as necesidades especiais dos grupos de mulleres que presentan un maior descoñecemento ou dependencia das mesmas.

Vimos de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, para favorecer un tipo de innovación tecnolóxica que

contemple a perspectiva de xénero e axude a superar esa desigualdade tecnolóxica e incluso social das mulleres, e por outra banda, para contribuír a sensibilizar e a favorecer a loita contra a violencia de xénero, a través de accións formativas, de información e divulgación, facendo fincapé especial na xente moza e o seu uso das tecnoloxías.

Co foco nesta mocidade, vimos de colaborar tamén co Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria, a través da organización da xornada “Adolescentes e Internet. Novos espazos de ciberviolencia de xénero”. Esta iniciativa pretende afondar na sensibiliza-ción e prevención, contribuíndo á transmisión a través das TIC de valores igualitarios e á ruptura de estereotipos de xé-nero, fundamentalmente entre a mocidade.

O CPEIG reitera así non só o seu compromiso na difusión e sensibilización social no rexeitamento conxunto da violencia de xénero e a utilización dunha linguaxe inclusiva e non sexista en calquera medio de difusión que utilice, senón que tamén se compromete a impulsar este comportamento entre todos os seus colexiados, empresas colaboradoras e administracións coas que se relaciona.

Fernando Suárez LorenzoPresidente do CPEIG

Accións do CPEIG para evitar a ciberviolencia de xénero

O uso das tecnoloxías da información ten amosado a súa bondade na promoción da igualdade e na prevención e loita en contra da violencia de xénero e na creación de ferramentas que axuden ás súas vítimas.

Page 4: TIG@ número 09

A campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital “1 mes,1 profesión dixital” (http:/www.profesions-dixitais.org/) liderada polo CPEIG co apoio da Amtega impulsou, desde o mes de abril ata novembro, a concienciación da necesi-dade que ten a cidadanía de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara a consecución dun posto de traballo ou a mellora no emprego.

As charlas, que contaron coa intervención de expertos e profe-sionais, deron a coñecer novos perfís profesionais dixitais como o de deseñador e programador dixitais, professional blogger, desenvolvedor de apps, especialista en contidos ou análise de datos, técnicos de e-commerce ou experto en marketing online, entre outros.

ObxectivosA campaña “1 mes 1 profesión dixital” nace cos obxectivos de po-tenciar o uso das Tecnoloxías da Información (TI) e estimular as vocacións tecnolóxicas na mocidade galega, así como de axudar ás persoas demandantes de emprego a incorporarse ao mercado laboral a través da formación en TI.

A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as de-mandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da po-boación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.

O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sa-nidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á ci-dadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña “1 mes 1 profesión dixital” facilita o achegamento a este novo es-cenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.

ProgramaciónA programación das xornadas foi consonte ao seguinte calen-dario:

29 de abril en Santiago: “Faite profesional dixital do marketing dixital”

25 de maio en Santiago : “Faite profesional dixital dos contidos dixitais”

23 de xuño en Ourense: “Faite profesional dixital da banca do futuro”

28 de xullo en Santiago: “Faite profesional dixital do ámbito sociosanitario”

15 de outubro na Coruña. “Faite profesional de tecnoloxías informáticas na arquitec-tura”.

3 de novembro en Santiago: “Faite profesional dixital do xornalismo”

Segundo sinala o Estudo nacional sobre a situación laboral dos profesionais do sector das tecnoloxías da información, promovido polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática (CCII, nas súas siglas en castelán), os profesionais TIC españois están en niveis de pleno emprego, cunha inserción la-boral do 94% dos titulados e profesionais enquisados.

Estes datos poñen de manifesto o “claro xacemento de empre-go que supoñen as profesións TIC en todos os seus niveis de cualificación” na liña das previsións da Comisión Europea, e “a grande oportunidade de emprego que supón para a mocidade.

1 mes, 1 profesión dixital4 i

Remata a primeira edición da campaña “1 mes, 1 profesión dixital”

A iniciativa buscou mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e divulgar as novas profesións a través dun ciclo de charlas.

Page 5: TIG@ número 09

entrevista a abraham otero, experto en bitcoin e criptomoedas i 5

Abraham Otero, doutor en Informática, relator no ciclo de xornadas “1 mes, 1 profesión dixital”

“Bitcoin ten o potencial de abaratar entre un 3% e un 7% todas as compras online”

Abraham Otero (Ourense, 1978) é licenciado en Ciencias Físicas e Doutor en Informática. Cofundou o Laboratorio de Bioenxeñaría na Universidade San Pablo CEU. Profesor titular de Ciencias da Computación, é coordinador da titulación do Grao en Enxeñaría Biomédica da Universidade San Pablo CEU.

Que fai un experto en bitcoin e criptomoedas?

No meu caso, profesionalmente dedícome a algo completamen-te diferente. Son coordinador dun Grao en Enxeñaría Biomédica na Universidade CEU San Pablo. Bitcoin é para min un hobby, ade-mais de, por suposto, unha moeda que usei para comprar cousas. O meu papel dentro da comunidade de Bitcoin podería definirse como “evanxelista”. Eu coñecín o proxecto bastante cedo, cando case ninguén oíra falar del. Pareceume interesante, e comecei a dar charlas e obradoiros sobre el. Como, especialmente den-tro do mundo hispano, eu era dos primeiros falando do tema, isto levou a que se me convidase a dar moitas charlas sobre esta moda tan novidosa tanto en España como en Lationoamérica.

Como chegaches a esta especialización?

A min sempre me interesou a economía desde o punto de vista de ciencia que estuda o comportamento das persoas. Esta ver-tente da economía estuda os incentivos e desincentivos que le-van os seres humanos a tomar decisións. Lin libros e teño algúns coñecementos básicos deste campo. Por outra banda, a miña formación académica está relacionada coa informátca, o que me deu os coñecementos de criptografía nos que se basea a moeda. Cando a comezos do ano 2000 me atopei con Bitcoin, algo que combinaba as dúas paixóns da miña vida (a economía e a infor-mática), namoreime do proxecto inmediatamente. Comecei a ler, tanto documentos técnicos explicando o funcionamento cripto-gráfico como documentos máis filosóficos explicando o porqué das decisións de deseño. Resumindo: fundamentalmente fun autodidacta, aínda que é certo que no momento de aparecer a moeda, grazas a que tiña coñecementos tanto de informática como de economía, eu me encontraba nunha posición bastante boa para comprendela en profundidade.

Que oportunidades de futuro representa?

Bitcoin ten o potencial de abaratar entre un 3% e un 7% todas as compras online. Ao poder pagarlle directamente ao desti-natario sen intermediarios (bancos, tarxetas de crédito …) afó-rranse as comisións destes intermediarios. Tamén é a platafor-ma ideal para poder implantar microtransaccións, isto é, pagos pequenos pola Internet. A microtransacción podería ser clave para o xornalismo online. A estes medios nin a publicidade nin o cobrar por subscrición lle soen funcionar demasiado ben. A publicidade dá poucos ingresos, e o pagar unha subscrición mensual é algo que fan poucos usuarios. Pero con Bitcoin é posible implantar unha solución que cun só clic lle envíe ao xornal da Internet, por exemplo, dous céntimos a cambio de ler un artigo. Todo isto sen necesidade de rexistrarme de nin-gún xeito, sen que sexa un pago recorrente e sen ningún com-promiso. Isto a día de hoxe non se pode facer cunha tarxeta de crédito. A tarxeta sempre require rexistro por parte do usuario (algo tedioso) e coa tarxeta non é posible cobrar dous cénti-mos, porque as comisións de Visa ou MasterCard por realizar calquera transacción son superiores a ese importe.

Que recomendacións darías a quen queira orientar o seu futuro laboral cara a banca do futuro?

Sen dúbida, é un campo moi interesante. Os pagos dixitais (transferencias bancarias e pagos con tarxetas de crédito) son un campo que non variou de xeito significativo nas últimas dé-cadas. Iso a pesar de que agora hai tecnoloxías que permiten simplificar os procedementos de pago, eliminar intermediarios abaratando o custo das transaccións e todo isto sen diminuír a seguridade. Falo de cousas como o teléfono móbil, a tecno-loxía NFC e as criptomoedas. Ao longo da seguinte década, o mundo dos pagos electrónicos vai sufrir unha ruptura dunha magnitude similar á que o mundo da música sufriu a princi-pios da década pasada. Calquera persoa que queira orientar o seu futuro laboral cara a banca pode estar seguro de estar entrando nun campo onde vai haber moitas oportunidades de negocio.

Page 6: TIG@ número 09

6 i gran noite da enxeñaría en informática de galicia

A gala do CPEIG convocou o sector tic baixo o compromiso de crear unha sociedade da información inclusivaA Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia reuniu empresariado, representantes públicos e colexiados no Hotel San Francisco o pasado 23 de xuño

O CPEIG celebrou o pasado 26 de xuño a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia,

un acto no que fixo entrega dos premios

anuais. A gala, evento no que en cada edición

se reforza o espírito de pertenza a un colectivo

con demandas e intereses comúns, reuniu

unhas 250 persoas no Hotel-Monumento San

Francisco, en Santiago de Compostela.

Como convidados de honra asistiron a daquela

conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera,

e o conselleiro de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

Participaron tamén autoridades académicas,

unha representación do empresariado TIC e,

por suposto, unha ampla representación das

colexiadas e colexiados.

Page 7: TIG@ número 09

gran noite da enxeñaría en informática de galicia i 7

Page 8: TIG@ número 09

As entidades, persoas e empresas distinguidas polas enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos na edición de 2015 foron os seguintes:

8 i gran noite da enxeñaría en informática de galicia

PREMIO PROXECTO FIN DE CARREIRA:

Jesús Peón López, polo proxecto

“Plataforma de Identificación Biométrica

en Emerxencias Sanitarias”. Permite

identificar os pacientes que requiren de

atención sanitaria empregando sistemas

biométricos, como a pegada dixital e o

patrón intravenoso dixital.

PREMIO INICIATIVA EMPRENDEDORA:

Teimas Desenvolvemento, empresa de

desenvolvemento software orientada a

produto, que leva adiante a súa actividade

no sector ambiental.

PREMIO E-INCLUSIÓN: Grupo Promedia,

pola súa aposta pola integración, a través

das novas tecnoloxías, das persoas con

diferentes problemas da linguaxe.

Page 9: TIG@ número 09

gran noite da enxeñaría en informática de galicia i 9

PREMIO ADA BYRON: Eva Dafonte, enxeñeira superior informática que traballa na actualidade na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra.Recolleu o premio no nome da galardoada María José Lado, subdirectora da Escola Superior de Enxeñaría Informática.

PREMIO TRAXECTORIA PROFESIONAL: Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

PREMIO APOIO Á INICIATIVA EMPRENDEDORA: Telefónica Galicia Open Future, proxecto tractor que, mediante a convocatoria de emprendedo-res, impulsa a innovación tecnolóxica en secto-res estratéxicos para Galicia.

PREMIO INICIATIVA DA ADMINISTRACIÓN: Colaboración da Amtega e a Consellería de Educación na realización do “Estudo sobre os Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos”.

Page 10: TIG@ número 09

10 i gran noite da enxeñaría en informática de galicia

PREMIO INICIATIVA EMPRESARIAL: Centro Tecnolóxico de Inditex. O epicentro tecnolóxi-co de Inditex conta cunha superficie construída de 4.000 metros cadrados e está dotado coa última tecnoloxía que garante a máxima se-guridade en termos de fiabilidade da infraes-trutura e a maior eficiencia enerxética posible.

COLEXIADO DE HONRA: Miguel Anxo Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega das Ciencias, pioneiro en Galicia no uso da Informática na investigación.

Nas palabras que lles dirixiu aos presentes na gala da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, subliñou o compromiso da profe-sión, “claro e irrenunciable”, de construír “unha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva, e onde todos poidan crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñece-mento para permitir a persoas, comunidades e pobos acadar o seu pleno potencial”.

Asemade, o máximo representante do CPEIG tivo palabras máis reivindicativas. Deste xeito, Suárez Lorenzo apuntou que “é che-gado o momento de poñer en valor as capacidades dos profesio-nais da Enxeñaría en Informática no nivel corporativo axeitado” e destacou que a estratexia informática das organizacións é unha parte crítica da estratexia global corporativa.

Suárez Lorenzo afondou nesta idea e manifestou que “as uni-versidades españolas estiveron formando excelentes enxeñeiros en Informática infrautilizados polas organizacións, entre outras causas polo caos regulatorio e a falla de profesionalidade”.

Máis patrocinios

Este ano o CPEIG contou cun maior número de patrocinadores, un feito que dá conta do interese crecente que suscita o colecti-vo entre o empresariado e as institucións.

Como patrocinadores ouro: Altia, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Emetel, Epson, Everis, HP-Intel, In-dra, Oracle, Plexus, R, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia.

Como patrocinadores prata: Acuntia, Agasol, Atos, Ava-ya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Deputación de Pontevedra, IBM, Idom, Ilux, Inforhouse, Inycom, Kas-persky, Microsoft-Solidq, Tecnocom e Telvent.

Como mantedor da Noite da Enxeñaría en Informática ac-tuou Dani Delacámara, quen tamén se encargou de amenizar a velada cun monólogo. Durante o cóctel de benvida, un grupo de ilusionistas sorprenderon os convidados no claustro do hotel, ao tempo que os asistentes ao evento puideron acceder a simula-dores de voo, de Fórmula 1, de moto e de motocross. Un sorteo final repartiu diversos premios entre as colexiadas e colexiados.

Page 11: TIG@ número 09

rapaciñ@s i 11

A era dixital abre un mundo de posibilidades que require un bo uso das novas ferramentas por parte das nenas e nenos. O programa Rapaciñ@s “A tecnoloxía ben segura” vai de normas e límites para un uso seguro da Internet e tamén de valores e oportunidades na esfera dixital.

Na enquisa feita aos asistentes das xornadas ”Navega con Rumbo polo Ci-berespazo”, impulsadas polo CPEIG en máis de 170 centros, en relación á pre-gunta “Que outros aspectos do campo das novas tecnoloxías cre que serían necesarios abordar en charlas no seu centro?” resultaron destacadas dúas temáticas: as redes sociais e menores, elixida polo 75,58% dos participantes, e técnicas de control parental, elixida polo 58,72% dos participantes. Destas preocupacións naceu a iniciativa Rapaciñ@s, que se celebrou ao longo deste pasado outono.

O Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia e os espazos lindeiros ser-viron de escenario ao pistoletazo de saída das xornadas Rapaciñ@s “A tecnoloxía ben segura”, impulsadas polo CPEIG e a Axencia para a Mo-dernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado 3 de outubro. Esta xornada de arrinque foi inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

No evento participou o profesor de Sistemas de Información en I.E Bu-siness School, Enrique Dans, quen abordou os riscos na rede coa char-la “Nenos, Rede e futuro: o perigo está en non estar”. A continuación, a psicóloga Rocío Ramos-Paúl, autora do “Manual de Supernanny”, expuxo as cuestións relativas a “Educar na era dixital”.

En paralelo, as empresas Bq, Imaxin Software, Tech Academy e Voda-fone-Pantallas Amigas celebraron obradoiros para nenos de entre 8 e 14 anos sobre navegación segura, realidade aumentada e protección de datos. As actividades combinaron aspectos lúdicos e didácticos.

Despois da xornada celebrada en Santiago, colexiados e colexiadas continuaron coa campaña e trasladáronse a Ames, Ferrol, Monforte, Ourense, Ribadeo e Vigo para informar ás familias e profesorado sobre os riscos e vantaxes da Internet, mentres os rapaces asistían a obradoi-ros organizados pola empresa Imaxin Software para desenvolver a súa creatividade tecnolóxica e adquirir hábitos seguros.

O CPEIG e a Amtega puxeron en marcha as xornadas tecnolóxicas Rapaciñ@s este outonoDistintas sesións celebradas en vilas e cidades deron continuidade ao gran evento celebrado o 3 de outubro no que Enrique Dans e Rocío Ramos-Paúl ofreceron orientación sobre riscos e vantaxes da Rede

Page 12: TIG@ número 09

12 i o cpeig nos medios de comunicacións

La Región I 24 de Xuño de 2015 Faro de Vigo I 4 de Xullo de 2015

La Voz de Galicia I 28 de Setembro de 2015

Código Cero I 16 de Setembro de 2015

ESPECIAL ■ 13FARO DE VIGO

SÁBADO, 4 DE JULIO DE 2015

TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN

REDACCIÓN [VIGO]

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Ga-licia (CPEIG) celebrou o pasado 26 de xuño a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, un ac-to no que fixo entrega dos pre-mios anuais e no que se reforza o espírito de pertenza a un co-lectivo con demandas e intereses comúns.

Unhas 250 persoas participa-ron na gala, á que asistiron a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; autoridades académicas; unha representación do empresariado TIC e colexiadas e colexiados.

Na súa alocución aos presen-tes, o presidente do CPEIG, Fer-nando Suárez Lorenzo, subliñou “o compromiso da profesión, claro e irrenunciable, de cons-truír unha sociedade da informa-ción centrada na persoa, inclusi-va e onde todos poidan crear, ac-ceder, utilizar e compartir a infor-mación e o coñecemento para permitir a persoas, comunidades e pobos acadar o seu pleno po-tencial”

O máximo representante do CPEIG tamén tivo palabras máis reivindicativas. Deste xeito, Suá-rez Lorenzo apuntou que “é chegado o momento de poñer en valor as capacidades dos pro-fesionais da Enxeñaría en Infor-mática no nivel corporativo axei-tado” e destacou que a estrate-xia informática das organiza-cións é unha parte crítica da es-tratexia global corporativa.

Suárez Lorenzo afondou nes-ta idea e manifestou que “as universidades españolas estive-ron formando excelentes enxe-ñeiros en Informática infrautiliza-dos polas organizacións, entre outras causas polo caos regula-torio e a falla de profesionalida-de”.

Os premiados En relación aos galardoados

da presente edición da Noite, que se celebrou no Hotel-Monu-

mento San Francisco, en Santia-go de Compostela, estas son as entidades, persoas e empresas distinguidas polas enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos na edición de 2015:

–Premio Proxecto Fin de Carreira: Jesús Peón López, po-lo proxecto Plataforma de Iden-tificación Biométrica en Emer-xencias Santiarias, que permite identificar os pacientes que re-

quieren de atención sanitaria empregando sistemas biométri-cos, como a pegada dixital e pa-trón intravenoso dixital.

–Premio Iniciativa Empren-dedora: Teimas Desenvolve-mento, empresa de desenvolve-mento software orientada a pro-duto, que leva adiante a súa ac-tividade no sector ambiental.

–Premio e-Inclusión: Grupo Promedia, pola súa aposta pola

integración, a través das novas tecnoloxías, das persoas con di-ferentes problemas da linguaxe.

–Premio Ada Byron: Eva Da-fonte, enxeñeira superior infor-mática que traballa na actualida-de na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra.

–Premio Apoio á Iniciativa Emprendedora: Telefónica Ga-licia Open Future, proxecto trac-

tor que, mediante a convocato-ria de emprendedores, impulsa a innovación tecnolóxica en secto-res estratéxicos para Galicia.

–Premio Traxectoria Profe-sional: Benigno Rosón, subdi-rector xeral de Sistemas e Tecno-loxías da Información do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

–Premio Iniciativa da Admi-nistración: Colaboración da Amtega e a Consellería de Edu-cación na realización do “Estudo sobre os Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos”.

–Premio Iniciativa Empre-sarial: Centro Tecnolóxico de In-ditex. O epicentro tecnolóxico de Inditex conta cunha superficie construída de 4.000 metros ca-drados e está dotado coa última tecnoloxía que garante a máxi-ma seguridade en termos de fia-bilidade da infraestrutura e a maior eficiencia enerxética posi-ble.

–Colexiado de Honra: Mi-guel Anxo Ríos Fernández, pre-sidente da Real Academia Gale-ga das Ciencias, pioneiro en Ga-licia no uso da Informática na in-vestigación.

Este ano o CPEIG contou cun maior número de patrocinado-res, un feito que dá conta do in-terese crecente que suscita o co-lectivo entre o empresariado e as institucións. Como patrocinado-res ouro: Altia, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Emetel, Ep-son, Everis, HP-Intel, Indra, Orac-le, Plexus, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia. Como patro-cinadores prata: Acuntia, Aga-sol, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Deputa-ción de Pontevedra, IBM, Idom, Ilux, Inforhouse, Inycom, Kas-persky, Microsoft-Solidq, Tecno-com e Telvent.

Sobre o CPEIG O CPEIG é un dos colexios

profesionais máis activos na de-fensa dos intereses dos seus co-lexiados. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con máis de 350 persoas colexiadas.

Foto de familia dos premiados na Noite da Enxeñaría en Informática.

Crear unha sociedade da información inclusiva, compromiso do sector TIC » O CPEIG celebrou o 26 de xuño a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde entregou os seus premios anuais

AXENDA TIC RECURSOS DE BUSCA CODIGO.GAL

COMPOSTELA E OURENSE ANALIZARÁN O USO DOSDRONS NUNHA XORNADA

mércores, 16 de setembro do 2015 Redacción

Os vindeiros días 17 e 18 desetembro Compostela e Ourenseacollerán unha xornada titulada:Lexislación e oportunidades douso dos drons, unha cita queservirá para achegarse ao marcoxurídico e outros aspectos querodean a estes vehículos aéreosnon tripulados. Que é un dron?Pois como acabamos de dicir,trátase dun vehículo aéreo nontripulado (VANT), UAV(Unmanned Aircraft Vehicle), isto é, unha aeronave que voa sen tripulación, ou dito doutro xeito, unvehículo sen tripulación reutilizábel, capaz de manter un nivel de voo controlado e sostido, sendopropulsado por un motor de explosión ou de reacción.Volvendo á xornada, cómpre dicir que en Santiago se celebrará o día 17 de setembro con horario de16.00h a 20.00h no salón de actos do Colexio de Avogados. No caso de Ourense, a xuntanzalevarase a cabo o día 18 de setembro no salón de actos da Escola Superior de EnxeñaríaInformática da Universidade de Vigo (no campus ourensán) de 9.45h a 14.00h.Detrás da organización deste evento atópanse: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría enInformática de Galicia), a Universidade de Vigo e os Colexios de Avogados de Ourense e Vigo coapoio da empresa RKDrones e a colaboración da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.Engadir que a inscrición á xornada é de balde. Aquelas persoas interesadas poden consultar asseguintes páxinas para se inscribiren: dronesOurense.eventbrite.es e dronesSantiago.eventbrite.es.

PROGRAMA COMPOSTELA16.00: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Santiago deCompostela e o presidente do CPEIG.

16.15: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal deSeguridade Aérea.

17.15: Pausa­café.

17.45: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. MaríaJesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.

18.45: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone.

19.15: Mesa redonda.

20.00: Peche da xornada.

PROGRAMA OURENSE09.45: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Ourense e opresidente do CPEIG.

10.00: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal deSeguridade Aérea.

11.00: Pausa­café.

11.30: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. MaríaJesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.

12.30: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone.

13.15: Mesa redonda.

14.00: Peche da xornada.

Revista en PDF:

Descárgaa xa

PUBLICIDADE

[]

PRINCIPAL NOVAS GADGETS/TREBELLOS VIDEOXOGOS EDICIÓN IMPRESA TOP 100 (WEBS GALEGAS) TOP 50 (WEBS EN GALEGO)

Page 13: TIG@ número 09

o cpeig nos medios de comunicacións i 13

El Correo Gallego I 2 de Octubre de 2015 La Voz de Galicia I 3 de Octubre de 2015

La Voz de Galicia I 4 de Novembro de 2015

La Voz de Galicia I 4 de Octubre de 2015

1 Médicos sin Fronteras no olvida a las treinta perso-

nas, entre colegas de la orga-nización y pacientes, falleci-das en octubre en el bombar-deo del hospital de Kunduz (Afganistán). Y ayer, al cum-plirse un mes del «espeluz-nante ataque do exército es-tadounidense», en el que hu-bo además 37 personas heri-das, dedicaron un recuerdo a las víctimas con un acto, por la tarde, en la plaza de Prata-rías. «Non se pode e non se debe bombardear hospitais. Necesitamos saber se as re-gras da guerra mudaron», se-ñala María Díaz, delegada de la oenegé para Galicia.

Periodismo digital

2 La campaña 1 mes 1 pro-fesión dixital, promovi-

da por el Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia y la Axencia para a Modernización Tecnolóxi-ca de Galicia, mostró en la Fa-cultade de Ciencias da Comu-nicación las posibilidades del periodismo digital. El deca-no del centro, Xosé Ramón Pousa; el vicedecano, Carlos Toural; y Manuel Gago, pro-fesor experto en la materia, auspiciaron un encuentro en el que conocidos expertos di-sertaron sobre cómo vestir el ego digital y las posibilidades profesionales de este ámbito.

La labor de Cáritas

3 La exposición 50 años de servicio de Cáritas Dio-

cesana muestra en el Insti-tuto Teológico Compostela-no la labor de esta entidad y sus diferentes campañas insti-tucionales. Puede visitarse to-da la semana, y ver como ha-ce frente a la pobreza.

Un recuerdo para las víctimas de KunduzÚ. XAVIER MACIEIRA

[email protected] 1

PATIO DE VECINOS

2Médicos sin Fronteras recordó en Pratarías a las víctimas del hospital de Kunduz. JUAN GRONDONA

La campaña sobre periodismo digital finalizó en Ciencias da Comunicación. JUAN GRONDONA

La exposición sobre Cáritas permanece toda la semana en el Instituto Teológico Compostelano. ALEXIS REY

3

A PIE DE CALLE

María José Fernández. Á. B.

Manos Unidas organiza a ex-posición Arte e solidariedade, de Siro López, que se inaugu-ra mañá ás 12.00 horas no Co-lexio de Fonseca, onde per-manece até o día 28. Conta co mecenado da Fundación Barrié, e a colaboración da USC e do Concello de San-tiago. María José Fernández, delegada de Manos Unidas en Compostela, afirma que «Es-ta exposición sobre dereitos humanos interesa no ensino, e xa hai dez centros que con-firmaron que a virán ver. Ha-berá visitas guiadas por vo-luntariado da USC, e hai un traballo didáctico moi valioso para informar e crear concien-cia sobre un tema de tanta ac-tualidade. A mostra ten unha vertente educativa, orienta-da para alumnado de prima-ria, secundaria e bacharelato, aínda que calquera persoa po-derá encontrar nela elementos interesantes». Siro López uti-liza nesta exposición diferen-tes técnicas, dun simple lapis a grafito, aerógrafo, colaxes e outras, e mestura o realismo das súas pinturas coa instala-ción e a ensamblaxe de mate-riais moi diversos.

«Esta exposición sobre dereitos humanos interesa no ensino»J. G. SANTIAGO / LA VOZ

MARÍA JOSÉ FERNÁNDEZDelegada de Manos Unidas

Delegado: Ignacio Carballo González

Jefe comercial: Ramón Nóvoa Núñez

MIÉRCOLES 4 DE NOVIEMBRE DEL 2015

La Voz de Santiago

L2 | SANTIAGO | Sábado, 3 de octubre del 2015 | La Voz de Galicia

TRANSPORTES

Estación de Autobuses 981 542 416

Transporte urbano 901 120 054

Renfe 902 240 202

Aeropuerto 981 547 500

AENA 902 404 704

PARADAS DE TAXI

Radiotaxi 981 569 292

Praza Roxa (24 horas) 981 595 964

Montero Ríos (24 horas) 981 561 028

Galeras 915 580 173

Polígono de Fontiñas 981 575 959

Avenida de Figueroa 981 585 973

Estación de Autobuses 981 582 450

Estación Ferrocarril 981 598 488

Castiñeiriño 981 521 300

Aeropuerto de Lavacolla 981 591 575

AUTOBUSES DE LÍNEA

Castromil 902 292 900

Arriva 902 277 482

Alsa-Enatcar 902 422 242

Freire 981 563 238

La Estradense 986 570 018

Autobuses de Calo 981 548 581

Mosquera 981 587 124

URGENCIAS

Emerxencias-SOS Galicia 112

SEGURIDAD COMARCAS

Policía Local de Ames 619 767 575

Policía Local de Arzúa 618 881 487

Policía Local de Brión 981 893 474

Policía Local de Melide 610 673 767

Policía Local de Ordes 676 975 533

Policía Local de Oroso 981 691 680

Policía Local de Santiago 981 542 323

Policía Local de Teo 606 984 838

Guardia Civil de Arzúa 981 500 002

Guardia Civil de Boimorto 981 516 212

Guardia Civil de Brión 981 887 011

Guardia Civil de Melide 981 505 007

Guardia Civil de Milladoiro 981 536 405

Guardia Civil de Negreira 981 885 001

Guardia Civil de Ordes 981 680 030

Guardia Civil de Padrón 981 810 091

Guardia Civil de Sta. Comba 981 880 023

Guardia Civil de Sigüeiro 981 691 381

FARMACIAS DE GUARDIA

SANTIAGO URGENCIAS (9.30 a 22.00 horas)

San Pedro de Mezonzo, 34 981 593 391

Rúa do Toural, 11 981 585 940

Rúa de Madrid, 12 981 583 156

Frei. Rosendo Salvado, 18 981 599 702

Santa Marta de Arriba, 4-6 981 521 064

Castiñeiriño, 12 981 590 397

Porta Faxeira, 1 981 585 802

Restollal, 47 981 599 225

Cantón do Toural, 1 981 585 895

República Arxentina, 43 981 592 172

SERVICIO NOCTURNO (22 a 9.30 horas)

Toural, 11 981 585 940

Rúa de Madrid, 12 981 583 156

República Arxentina, 43 981 592 172

COMARCASAmes Avda. da Mahía, 24. Bertamiráns

Arzúa Padre Pardo, 34

Dodro Lestrove, s/n

Melide Progreso, 3

Negreira Carreira de San Mauro, 26

Ordes Alfonso Senra, 139

Santa Comba Lugar da Pereira, s/n

Teo Travesía de Cacheiras, 70

SERVICIOS

La psicóloga y educadora Rocío Ramos-Paúl, también conocida como Supernanny por un progra-ma de televisión, participa hoy en el Gaiás en Rapaciñ@s, una jornada orientada para familias y menores sobre el uso de móviles y otras tecnologías. Hablará para padres y madres a las 18.30, des-pués de Enrique Dans, otro reco-nocido experto, que lo hace a las 16.45. Al mismo tiempo se orga-nizan talleres para que menores entre 8 y 14 años (no hace falta inscripción previa) aprendan a usar Internet de forma segura y creativa. Rocío es autora de Ma-nual de Supernanny, Aprendien-do a enseñar, Mi hijo no come o Niños desobedientes, padres de-sesperados, libros con directrices educativas para ayudar a resol-ver preocupaciones y conflictos y lograr una mejor convivencia.

—¿Qué dificultad tiene educar en el hogar en el uso de nuevas tecnologías?—Hay que saber cómo hacerlo y en qué momento, sin miedo. Muchos padres lo que hacen es prohibir, porque no saben de qué van y les da miedo. La prohibi-ción aumenta el atractivo para el niño, hace que insista más. Así se generan conflictos en la dinámica familiar. Y esa tecno-logía es muy frecuente, porque está en el ocio digital, o en los estudios. Por eso a los padres les preocupa el control de esas tecnologías nuevas y su buen uso.

—¿Generan muchas consultas?—Sí, y son diferentes según las edades. Con los más pequeños preocupa cuándo darles el mó-vil o que dediquen demasiado

«Para el uso de móviles y pantallas hay que poner normas y límites»Participa esta tarde en el Gaiás en una jornada para familias y menores

Rocío es muy conocida por el programa «Supernanny». PACO RODRÍGUEZ

J. GÓMEZSANTIAGO / LA VOZ

ROCÍO RAMOS-PAÚL PSICÓLOGA Y EDUCADORA

tiempo a videojuegos. Con ado-lescentes, si tienen móvil propio, el abuso del smartphone o de las pantallas en general, pues a veces están todo el día con el teléfono, hasta cuando comen, no hablan ni se comunican de otro modo. La parte más clínica tiene rela-ción con el abuso de las tecnolo-gías; o el acoso, tanto quien aco-sa como quien es acosado.

—¿Preocupa el gasto?—También, porque son tecno-logías caras. Pero sobre todo el control de contenidos y el tiem-po que deben utilizarlas.

—¿Están preparadas las familias para afrontar estas situaciones?—Sí, la brecha digital cada vez es más pequeña. Los padres de ahora ya usaban videojuegos, en su ocio hubo una parte digital. El problema que tienen estas gene-

raciones es cómo hacer para no prohibir y que su hijo no abuse.

—¿Hay alguna receta para con-seguirlo?—Recetas mágicas no hay. Hay que pensar que se tiene que edu-car en todos los ámbitos y áreas de la vida de un hijo, y esta es una de ellas. Para el uso de móviles y pantallas hay que poner normas y límites, con sus consecuencias. Y si hay un mal uso se puede in-cluso retirar el móvil, ¿por qué no? Aunque la aplicación de eso en la práctica sea más complica-da de lo que parece.

—¿Cómo ha cambiado la demanda en su consulta?—La demanda está en función de lo social y es muy parecida. De los más pequeños preocupan los hábitos del sueño y de la ali-mentación; también las conse-cuencias de un divorcio; o aho-ra se ven más casos de acoso es-colar. El comportamiento del ni-ño dice que le pasa algo a lo que hay que responder. Al ser más mayores surgen problemas de normas y límites; del estudio en adolescentes; y la comunicación, la negociación, establecer un ti-po de relación distinta y ser un padre diferente a cuando el niño era pequeño de manera natural.

—¿Cómo ha influido «Super-nanny» en su profesión?—Me ha dado una serie de opor-tunidades a las que de otro modo sería muy difícil acceder. Es una experiencia interesante por el cariño que siente la gente, que te paren y te digan que duermen gracias a ver un programa es muy satisfactorio. A nivel profesional los medios de comunicación dan un empuje que de otra manera es complicado conseguir.

«La prohibición aumenta el atractivo para el niño, hace que insista más»

La USC y la Fundación Innovación de Bankinter promueven la sépti-ma edición de Akademia Project, un curso gratuíto que busca esti-mular el espíritu emprendedor en-tre los alumnos de los últimos cur-sos de cualquier titulación univer-sitaria. El Salón de Graos de Far-macia acogerá este martes a las 12 horas una presentación para los estudiantes interesados en parti-cipar. Las inscripciones deberán formalizarse antes del domingo 11.

FORMACIÓNLa USC promueve un programa para alumnos emprendedores

La biblioteca pública de Santiago estará presente un año más en la Plaza de Abastos con un puesto de atención al público que permane-cerá abierto todos los sábados del mes, de 8.30 a 13.45 horas. En él la Ánxel Casal dará a conocer la co-lección que alberga, con una pe-queña representación de sus fon-dos, constituida por libros, revistas y audiovisuales. En el propio pues-to se facilitarán los trámites para hacerse socios del centro.

LIBROS EN EL MERCADOLa biblioteca Ánxel Casal se da a conocer en la Plaza de Abastos

El laboratorio itinerante Circolab, que promueve el aprendizaje y de-sarrollo de la imaginación y crea-tividad a través de las nuevas tec-nologías, se instalará hoy en la Ci-dade da Cultura. Allí impartirá tres talleres entre las 16 y las 20 horas, de una hora de duración cada uno, y con un aforo máximo de veinte personas por sesión. Será su últi-ma escala en Santiago, después de pasar ayer por el Museo Gra-nell, para partir hacia A Coruña.

TALLERES El laboratorio itinerante tecnológico de Circolab se instala en el Gaiás

El Concello de Santiago ha infor-mado que este lunes se llevará a cabo un corte de tráfico a causa de la tercera fase de la ejecución de las obras para la renovación de viales y aceras en la avenida Quiro-ga Palacios. El tramo afectado se-rá el comprendido entre la rúa Ba-talla de Clavijo y la rúa Puente de la Reina, con una duración estima-da de un mes y medio. Al mismo tiempo, la rúa de Belvís se volverá a abrir de nuevo al tráfico.

MOVILIDADCorte de tráfico por las obras en la avenida de Quiroga Palacios

Con motivo del Día Internacional de la No Violencia, los alumnos del co-legio compostelano San Francisco Javier realizaron una jornada edu-cativa en la que elaboraron para-guas simbólicos para protegerse de la violencia infantil. Con este ges-to el centro representaba la volun-tad de guarecer a los menores de «esa lluvia tan constante de vio-lencia contra los más jóvenes de la casa». En el acto se leyó un ma-nifiesto elaborado por los alumnos.

EDUCACIÓNParaguas contra la violencia infantil en el San Francisco Javier

Las condiciones de movilidad en el tramo periférico Antón Fra-guas cambiarán y se complica-rá de forma significativa a partir de mañana, con el arranque de la construcción del muro del túnel de Conxo en el tramo más pró-ximo al centro. Los dos carriles de entrada a la ciudad se corta-rán al tráfico entre el paso infe-rior de la travesía de Conxo y el superior de la rúa Penedo. Ello no eliminará el movimiento de entrada en la ciudad, aunque en adelante sí se hará con mayores restricciones, al igual que el de salida. Uno de los dos carriles de salida en dirección Milladoiro en ese mismo tramo se reconvertirá para mantener el movimiento de entrada, con lo que solo queda-rá habilitado uno para cada sen-tido de circulación.

Además, la nueva fase de las obras impedirá el acceso a la ro-tonda de Conxo desde las calles que confluyen en ella y no per-mitirá la conexión directa con el hospital del barrio a través de la rotonda para el tráfico que ven-ga de Milladoiro, según se des-prende del plano de afectación de las obras. El tráfico que ve-nía del centro ya no podía hacer tampoco ese giro, salvo el trans-porte público, y tenía que ser-virse de los itinerarios alterna-tivos habilitados desde el inicio de las obras.

Hospital de ConxoLos que procedan de Milladoi-ro o Vidán y quieran dirigirse al hospital Médico Cirúrxico po-drán buscar alternativa desde la rotonda de A Rocha hacia Con-xo, por la carretera tradicional, al margen del periférico, toda vez que desde Campo de Conxo sí hay habilitado un paso paralelo a la rotonda que comunica con Ramón Baltar. Quienes lleguen a la rotonda de Conxo desde Mi-lladoiro para ir a dicho hospital podrán proseguir hasta el cuar-to giro de Cornes, dar la vuelta e incorporarse a los itinerarios al-ternativos del barrio.

La AP-9 y el vial Santiago de Cuba seguirán siendo las vías de alta capacidad alternativas para este punto. Los desvíos para los itinerarios alternativos recomen-dados en el propio barrio duran-te esta tercera fase de ejecución del túnel estarán debidamente señalizados para minimizar las afecciones a la circulación.

El nuevo operativo de tráfico

se comenzará a aplicar a las 10.30 de la mañana y afectará también a las líneas 5, 12, C4 y C2 del bus. Las tres primeras se quedarán sin la parada 85 de la praza da Mercé.

Las obras complicarán la movilidad en Conxo desde mañanaParte del tramo entre la rotonda y Cornes quedará con solo un carril por sentido

SANTIAGO / LA VOZ

La Voz de Galicia | Domingo, 4 de octubre del 2015 | SANTIAGO | L5

Estar en Internet de forma segu-ra y aprovechar su potencial edu-cativo es el objetivo de la campa-ña «Rapaciñ@s. A tecnoloxía ben segura». Ayer celebró su primera sesión, en el Gaiás, con Enrique Dans y Rocío Ramos-Paúl (Super-nanny), que hablaron para padres y madres; y actividades para ado-lescentes. Organizan la Axencia para a Modernización y el Cole-xio Profesional de Enxeñaría In-formática. FOTO ÁLVARO BALLESTEROS

Rapaciñ@s forma en el Gaiás en el uso seguro de Internet

TECNOLOGÍAS

Page 14: TIG@ número 09

14 i os nosos patrocinadores ouro. clúster tic

O Clúster TIC movendo TICNeste 2015 fíxose máis visible o labor que vén desen-volvendo o Clúster TIC Galicia para consolidar un sec-tor galego especializado e competitivo. Queremos ser un polo de coñecemento de referencia a nivel internacional e cada acción executada achéganos un pouco máis a este obxectivo.

Conseguimos asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que nos permitirá axudar a tres secto-res dentro da estratexia da industria 4.0 e que nos traerá liñas específicas de financiamento para executar a súa transformación dixital.

Realizamos o primeiro ‘Mini-MBA|Clúster TIC’, formación específica e adaptada ás necesidades das nosas empresas para que teñan ferramentas de mellora.

No eixo estratéxico da internacionalización continuamos executando o programa ‘Marco-Polo’ un intercambio de información a través da experiencia das empresas socias xa internacionalizadas que lle axuda a valorar e acometer a expansión a outras.

Entregamos os I Premios Clúster TIC Galicia, un achega-mento e respaldo da entidade a proxectos incipientes e innovadores que están nacendo na comunidade.

Creamos o Club de Investidores do Clúster, que ademais de ter o compromiso de investimento privado en proxec-tos e empresas de base tecnolóxica, tamén realiza la-bores de asesoramento e seguimento para que acaden niveis óptimos de maduración que lles permitan a súa comercialización.

E pechando o ano comezamos un novo percorrido coa creación do Grupo de Traballo de Internet das Cousas, unha liña que comeza coa investigación para chegar ao desenvolvemento e que abrirá novas portas de especiali-zación e negocio para as TIC galegas.

Esta pequena mostra do traballo feito e tamén do que aquí non se reflicte, foi realizado grazas a implicación e participación de cada entidade adherida ao Clúster. Agar-damos seguir no bo camiño e que a ilusión coa que fa-cemos este labor salpique e atraia a todas e cada unha das empresas, persoas e entidades que conformamos o ecosistema galego das tecnoloxías da información e da comunicación. De xeito anticipado dámosvos a benvida ao proxecto Clúster TIC Galicia!

EXCEED YOUR VISION

Page 15: TIG@ número 09

beneficios colexiais i 15

O CPEIG DEFENDE OS TEUS INTERESESO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados e colexiadas e o medio a través do cal os profesionais do sector poden participar no ordenamento e na regulación do ámbito da enxeñaría en informática.

O CPEIG agrupa a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolven actividades propias da profesión en Galicia.

Cunha estrutura interna democrática e independente das Administracións públicas, o CPEIG constituíuse no mes de decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional, con personalidade xurídica propia que se rexe pola normativa vixente na materia e polos seus estatutos. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con 350 persoas colexiadas.

O CPEIG OFRÉCECHE SERVIZOS:_ Bolsa de emprego

_ Cursos de formación

_ Xornadas

_ Docencia

_ Servizo de responsabilidade civil gratuíto

O CPEIG OFRÉCECHE INCORPORARTE A:_Programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Charlas

remuneradas nos centros escolares a prol dunha navegación en Internet segura e responsable.

_Programación nas Escolas. Charlas remuneradas nos centros escolares a prol da introdución da programación en primaria.

_Corpo Oficial de Peritos (COP).

_Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

BENEFICIOS COLEXIAISOs colexiados e as colexiadas poden beneficiarse de condicións vantaxosas nos seguintes organismos e empresas:_ Aula Tegnix

_ ASISA

_ Universidade Europea de Madrid

_ Escuela Europea de Negocios

_ ADESLAS

_ Hotel Puerta del Camino (Santiago de Compostela)

_ Hoteis NH Obradoiro (Santiago de Compostela)

_ ING

_ Asociación para el Progreso de la Dirección (APD)

_ Banco Sabadell

_ Novagalicia Banco

_ Díaz de Santos

_ Escola de Negocios Novacaixagalicia

_ Hotel Louxo A Toxa

_ Hoteis Eurostars

_ Hoteis High Tech

_ Hp

_ La Caixa

_ León y Pérez Abogados

_ Abogados Pintos y Salgado

_ pQliar

_ Viaxes Viloria

_ Hotel Monumento San Francisco

_ CuVit

_ Instituto Madrileño de Formación

_ Pigoo Soluciones Web

_ Previsión Sanitaria Nacional

_ OELS Oficcial English Language School

_ Escolas Infantís PSN Bicos nas cidades da Coruña e Pontevedra

CÓMO COLEXIARSEDocumentación:_ Fotocopia do DNI ou pasaporte

_ Fotocopia compulsada do título de Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática.

_ Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitan-te da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma,

_ Formulario de colexiación cumprimentado e asinado.

Cota:60 euros semestrais

A documentación para colexiarse ou pre-colexiarse debe entre-garse ou remitirse por correo ordinario á sede do CPEIG, situada na Rúa Fernando III O Santo, 13-1ºA, 15701 Santiago de Com-postela.

Podes ampliar esta información na webwww.cpeig.galou a través do enderezo electrónico [email protected]éfono: 981 592 773 Fax: 981 553 997

Page 16: TIG@ número 09