traballos en beneficio da comunidadefademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2011.folleto...

2
Pro grama para persoas reclusas e ex-reclusas con discapacidade intelectual COLABORA SUBVENCIONA Traballos en beneficio da comunidade MÁIS INFORMACIÓN Programa para persoas reclusas e ex-reclusas [email protected] Telf: 981519650 www.fademga.org

Upload: others

Post on 30-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Traballos en beneficio da comunidadefademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2011.folleto RECLU… · Programa para persoas reclusas e ex-reclusas con discapacidade intelectual

Programa para persoas reclusas e ex-reclusas con discapacidade intelectual

COLABORASUBVENCIONA

Traballos en beneficio da comunidade

MÁIS INFORMACIÓNPrograma para persoas reclusas e [email protected] Telf: 981519650 www.fademga.org

Page 2: Traballos en beneficio da comunidadefademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2011.folleto RECLU… · Programa para persoas reclusas e ex-reclusas con discapacidade intelectual

Nos centros penitenciarios tamén hai persoas con discapacidade intelectual.

¿Qué queremos?Mellorar a calidade de vida das persoas reclusas e ex reclusas con discapacidade intelectual.

¿Qué facemos?• Actividades de atención directa nos Centros

Penitenciarios de Teixeiro, A Lama e Pereiro de Aguiar.

- Apoios en diversas áreas: habilidades sociais, comunicativas, funcionais, autocontrol, autoestima,…

- Saídas terapéuticas e saídas programadas

- Preparación para a saída en liberdade

• Seguimento e apoio a persoas en situación ex reclusa para previr o reingreso.

• Apoio e asesoramento a entidades, profesionais e familias.

• Actividades de coordinación cos axentes implicados no programa (equipo técnico dos centros penitenciarios, entidades,…)

Nembargantes, as características do medio penitenciario non son as máis axeitadas para a súa reinserción posto que, neste ámbito, estas persoas poden:- Ser especialmente vulnerables.

- Ter dificultades para adaptarse ao tratamento penitenciario.

- Ter respostas inadecuadas.

E ¿qué di a lei?O artigo 49 da Constitución española obriga aos poderes públicos á prestación de atención especializada ás persoas con discapacidade intelectual para o disfrute dos seus dereitos igual que o resto dos cidadáns.

A lei contempla a aplicación de medidas alternativas ao ingreso en prisión para persoas con discapacidade intelectual.As medidas alternativas son formas de cumprir a condena, pero evitando o ingreso no cárcere. Poden ser de diferentes tipos:-Traballos en Beneficio da Comunidade.

- Estancia en centros de réxime pechado ou aberto.

Traballos en Beneficio da Comunidade¿Qué son?Consisten na realización dunha actividade laboral de utilidade pública, de interese social e/o valor educativo coa finalidade de compensar á sociedade polo dano que o penado causou á mesma.Esta medida está dirixida á persoas que cometeron infraccións leves, moi frecuentemente relacionadas coa seguridade vial.

¿Qué vantaxes ten?Para a entidade: que aproveita o traballo realizado polo infractor ao proporcionar o lugar e os medios onde se desenvolve a actividade laboral.Para a persoa: que asume un papel activo ante a sanción imposta converténdose nun “traballador ao servizo de outros”.Para a sociedade: é unha medida exemplificante e integradora

¿Qué tipo de traballos se poden ofertar ?Non existe limitación algunha salvo a premisa de que a tarefa ofertada sexa un traballo digno e non remunerado.As tarefas a realizar virán dadas en función da entidade que as oferte e da formación académica e/ou profesional de quen presta o traballo.

“É máis fácil desintegrar un átomo que un prexuício” Albert Einstein