valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · web view2020. 11. 21. · polo tanto, para...
TRANSCRIPT
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E
INNOVACIÓN
XUNTA DE GALICIA
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
EXPEDIENTE IN408A 2019/15
D./Dª. _____________________________________, con DNI. Nº. _______________________, con
domicilio a efectos de notificacións en ______________________________, municipio de
________________________, provincia de _______________________, teléfono
_______________________, correo electrónico ________________________________.
EXPÓN:
Visto o Acordo do 14 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a
información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en
concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o
proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque
eólico O Cerqueiral nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba (expediente
IN408A 2019/15), por medio do presente escrito presenta as seguintes ALEGACIÓNS:
PRIMEIRA.- A VIABILIDADE ECONÓMICA DO PROXECTO EÓLICO O CERQUEIRAL:
6.536.026 € PARA GREENALIA E IMPACTOS ACÚSTICOS, AMBIENTAIS E PAISAXÍSTICOS
PARA A VECIÑANZA DOS NÚCLEOS AFECTADOS
O proxecto eólico O Cerqueiral, un máis no medio doutros nove, dentro da mesma Área de
Desenvolvemento Eólico A propia mercantil Greenalia recoñece como máis afectados aos núcleos de
Padrín, O Rueiro, A Brañeira, Couso e Esternande.
O proxecto do parque eólico O Cerqueiral está composto por 6 aeroxeradores modelo LAGERWEY L136
4,5 MW ou similar ( a mercantil promotora non especifica realmente o modelo, tanto pode ser ese
como outro), de potencia máxima activa de xeración eléctrica 4.500 KW para unha potencia instalada de
27 MW. A poligonal do parque ocupa unha superficie de 1.521 ha.
O parque eólico estará situado dentro dos termos municipais de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa
Comba, e sitúase dentro das Área de Desenvolvemento Eólico denominadas G-9/ G-10 e San Roque,
incluídas dentro do plan sectorial eólico de Galicia.
1
A promotora Greenalia Wind Power sinala que estudaron as situacións das poboacións máis próximas ás
instalacións do parque, manténdose en todo momento unha zona de exclusión de 500 metros contorna aos
límites dos núcleos rurais consolidados e de 200 para as vivendas illadas ou zonas de expansión futura de
núcleos. Sen embargo, sinala como núcleos máis afectados Padrín, O Rueiro, A Brañeira, Couso e
Esternande.
Características xerais:
– 6 aeroxeradores de 4,500 KW de potencia nominal
– Potencia prevista do parque: 27 MW.
– Altitudes comprendidas entre os 350 e os 410 metros sobre o nivel medio do mar en Alacante.
– Horas equivalentes nominais netas do parque: 3.287.
– Produción anual neta media do parque: 88.758 MWh/ano.
O aeroxerador LAGERWEY L136 4,5 MW ou similar é un aeroxerador con regulación por cambio de
paso con dirección activa e un rotor de tres pas. A altura da buxe do aeroxerador é de 111 metros. O
diámetro do rotor do aeroxerador é de 136 metros.
Greenalia Wind Power, a empresa promotora indica que a competitividade económica na zona verase
favorecida pola instalación do novo parque eólico. Sinala que grazas a esta nova infraestrutura crearanse
novas empresas e novos postos de traballo, o que mellorará a actividade económica da zona, pero non
indica cantos empregos, nin a calidade dos mesmos.
CALIDADE DE VIDA? PARA QUEN? PARA GREENALIA OU PARA A VECIÑANZA?
Greenalia Wind Power, a empresa promotora indica que a implantación do parque eólico mellorará a
calidade de vida “dos cidadáns” (emprega unha linguaxe sexista nos documentos do proxecto), xa que
contribuirá á mellora da calidade da subministración eléctrica da zona, por exemplo, diminuíndo cortes
eléctricos e caídas de tensión. Sen embargo non indica a que cortes eléctricos se refire nen especifica
cales son as caídas de tensión que padece a veciñanza afectada, xa que logo non existe constancia desta
problemática nos núcleos afectados polo proxecto.
2
Tamén indica que: “Debe ser mencionado que desde o punto de vista do emprego favoreceranse a creación
de postos de traballo e os novos ingresos do concello pola instalación do parque”. Pero reitérase que non
indica nin cantos, nin a súa calidade, nin desagrega os mesmos por razón de xénero.
Greenalia Wind Power indica no proxecto: “No deseño do parque eólico maximizouse a protección do
patrimonio, tanto natural como cultural, de tal forma que non se afectará ao patrimonio cultural e a
afección ao medio natural será moderada, compatible ou non significativa”.
1.- Vamos a ver canto de certo ten esta afirmación.
O parque atópase situado en terreos cualificados como Chan Rústico de protección agropecuaria, Chan
Rústico de Proteccion Forestal, Chan Rústico de Proteccion de Infraestruturas e chan rústico de protección
de augas no concello de Coristanco e a súa incidencia a nivel urbanístico tamén afactará aos Concello de
Santa Comba en terreo cualificado como Chan Rústico de Protección Agropecuaria e ao terreo de Cabana
de Bergantiños en terreo cualificado como chan rustico de protección agropecuaria.
Coa aprobación do proxecto sectorial as zonas afectadas pola instalación do parque serán catalogadas como
chan rústico de especial protección de infraestruturas.
É dicir, prodúcese unha transformación urbanística a favor da promotora e en detrimento da veciñanza e das
comunidades rurais afectadas, que coa nova cualificación urbanística perden capacidade sobre da xestión de
usos nos solos rústicos de protección de augas, de protección agropecuaria e de protección forestal.
Indica tamén a mercantil promotora que: “…pero respéctanse os elementos que compoñen o patrimonio
cultural mentres o impacto sobre o medio natural, considerado como moderado, atópase minorado polos
impactos positivos derivados da instalación do parque eólico”. Sen embargo, Greenalia Wind Power non
especifica nin concreta eses efectos positivos que se van a derivar para os municipios afectados en
relación á implantación do parque eólico.
3
A viabilidade económico financieira do proxecto prevese que será de 6.536.026 euros. Cal é a viabilidade
económico financiera do proxecto para as comunidades locais afectadas? A mercantil non o indica.
SEGUNDA.- IMPACTO VISUAL MOI SEVERO E INCOMPATIBLE
A Comunidade Autónoma de Galicia conta, desde a publicación do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, cun
Catálogo de Paisaxes, consecuencia da aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de
Galicia. O Catálogo das paisaxes de Galicia, ao amparo do disposto no artigo 9.3 da Lei 7/2008, do 7 de
xullo, de protección da paisaxe de Galicia, identifica determinadas zonas xeográficas como áreas de especial
interese paisaxístico, en atención aos valores naturais e culturais alí presentes. O ámbito do proxecto está
encadrado principalmente na gran área “Chairas e Fosas Occidentais” e dentro de tres comarcas paisaxísticas
Terra de Soneira, Bergantiños e Terra de Xallas.
A mercantil Greenalia di:
“Non existe afección directa a áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), situándose a máis próxima á
área de implantación do parque eólico, o denominado Lagoa de Alcaián, a aproximadamente 2,2 km ao
leste. O miradoiro máis próximo, chamado Pico Meda, sitúase a un 4,2 km da zona de implantación en
dirección suroeste, con todo cabe sinalar que se trata dun punto elevado dentro das instalacións dun parque
eólico”.
A empresa indica que:
4
“…Esta zona non se atopa habilitada para o gozar da paisaxe xa que non conta nin cun miradoiro nin con
zona de recreo ou esparexemento, non se prevé un alto número de potenciais observadores”.
Resulta evidente que a paisaxe non se goza dela só desde os miradores, sen dúbida é unha afirmación
moi pouco afortunada e un desprezo total ás paisaxes.
O humidal máis próximo, denominado A Palada, sitúase ao sur do parque eólico, a uns 750 metros da
máquina 04, situándose un parque eólico xa existente máis preto deste humidal, a uns 440 metros. Na AEIP,
a denominada Lagoa de Alcaián, serán visibles as máquinas do parque eólico desde gran parte da súa
superficie, sendo visibles tres aeroxeradores, debendo sinalar que desde este AEIP, situada a un 2,2
km ao leste do parque eólico avaliado, xa se observan as máquinas do parque eólico Castelo, que se
localizan a un 2,3 km.
Polo tanto, para evitar a afección e o impacto visual severo á AEIP “Lagoa de Alcaián” deben ser
eliminados os aeroxeneradores visibles, isto é, alomenos tres deles. Por outra banda, a afección do
aeroxenerador 04 ao humidal A Palada, implica tamén a eliminación deste ao non poder engadirse
máis impactos dos existentes e non desvirtuar a natureza e o valor ecolóxico do humidal.
Indica erróneamente a mercantil Greenalia que:
“Ao tratarse dunha paisaxe no que se observa a presenza de parques eólicos considérase que a súa
fraxilidade non aumentará ao proceder á implantación das estruturas do proxecto, xa que non supoñerá a
5
introdución dun novo uso e elemento na paisaxe. Por tanto, debido a que, por unha banda, o parque eólico
localízase nunha paisaxe que presenta unhas características moi comúns na comunidade galega, onde se
observan repoboacións forestais, estradas, liñas eléctricas, canteiras e aeroxeradores, sen que exista
ningún elemento ou aspecto que lle outorgue un maior valor paisaxístico, e aínda que desde algúns puntos
de concentración de potenciais observadores será visible o parque eólico, debido ao apantallamiento que
produce a vexetación arbórea nas inmediacións deses puntos, non se espera que a execución deste novo
parque eólico vaia a producir unha gran afección paisaxística”.
Pois precisamente por iso, precisamente froito da planficación e execución desordenada do Plan eólico e as
infraestruturas en Galicia e unha nula xestión forestal ordenada, este proxecto eólico sí vai a producir
unha gran afección paisaxística, á que hai que engadir a xa existente derivada doutros
aeroxeneradores e liñas eléctricas. Por tanto, terá que avaliarse adecuadamente todos os impactos
acumulados derivados de todos eles, incluidos as repobaocións forestais, estradas…etc.
Continúa a explicar a mercantil:
“Como se aprecia nas infografías do documento de inicio, tan só desde tres dos doce puntos estudados,
doce poboacións, dúas delas en puntos da CP-2902, Ventoso, Esternande e O Pazo dá Trabe observaranse
os seis aeroxeradores do parque eólico. Desde A Balsa (DP-2902) serán potencialmente visibles cinco
máquinas, mentres que desde Padrín, O Anido (DP-2902), O Vilar e A Ribela tan só serán visibles catro
máquinas quedando as outras dúas apantalladas polo relevo. Desde as outras catro poboacións tan só
serán potencialmente visibles dúas das seis máquinas do parque eólico”.
É dicir, que o impacto visual sí vai a ser importante para a veciñanza das poboacións mencionadas,
isto é, Padrín, O Anido, O Vilar, A Ribela, A Balsa, Ventoso, Esternande e o Pazo dá Trabe.
Como indica Greenalia: “En calquera caso, a valoración da presenza dun parque eólico na paisaxe é en
boa medida subxectiva, sendo un impacto sobre o medio inherentemente asociado á súa existencia, non
sendo posible formular medidas que o eliminen totalmente”.
Polo tanto, xa que o impacto é algo inherente á propia existencia do parque e dado que non hai medidas que
o eliminen totalmente e dada a natureza subxectiva do impacto, as comunidades locais afectadas teñen o
dereito a dicidir se lles afecta ou non visualmente o proxecto eólico, polo que Greenalia debe realizar
unha enquisa á veciñanza afectada sobre a disposición desta a aceptar ou non o impacto visual
derivado das instalacións do proxecto eólico O Cerqueiral.
TERCEIRA.- PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA CADUCO, OBSOLETO E NON
DEMOCRÁTICO, AO NON INCORPORAR A NORMATIVA DA PAISAXE NIN PERMITIR A
PARTICIPACIÓN PÚBLICA NA SÚA ELABORACIÓN
Existe un Plan Sectorial Eólico de Galicia, (aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia
o 1 de outubro de 1997, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 14 de 6
outubro de 1997), e existe unha modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobada definitivamente
polo Consello de la Xunta de Galicia o 5 de decembro de 2002, nos termos que recolle a resolución da
Consellería de Industria e Comercio do 20 de decembro de 2002 (D.O.G. 3/01/03).
No artigo 9.2 do decreto 80/2000 do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de
incidencia supramunicipal, indícase que os proxectos sectoriais, documentos necesarios para a autorización
dun parque eólico, deberán axustarse ás determinacións do correspondente plan sectorial.
O Parque Eólico O Cerqueiral aséntase sobre dúas zonas de investigación eólica aprobadas do Plan Eólico
sectorial denominadas G-9/ G-10 e San Roque.
É importante destacar que o proceso de avaliación ambiental debe incorporarse canto antes ao proceso de
deseño dun plan sectorial. Desta forma asegúrase que as valoracións ambientais realizadas teranse en conta
no proceso de toma de decisións, o cal conlevará que o deseño final sexa o que menor agresión ocasione ao
medio ambiente. Pois ben, no referido ao Plan Sectorial Eólico de Galicia, este non contou no momento da
súa aprobación nin da súa modificación posterior, coa normativa das Paisaxes nin a necesaria participación
pública, polo que a planificación realizada peta coa realidade dos espazos escollidos e planificados, o que dá
lugar como é o presente caso, a graves afeccións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais como é o caso do
humidal A Palada, a Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Lagoa de Alcaián, o Túmulo de Monte dá
Brañeira (GA15029034) e, por suposto, afeccións non desexadas para as comunidades locais máis afectadas,
isto é, Padrín, O Anido, O Vilar, A Ribela, A Balsa, Ventoso, Esternande e o Pazo dá Trabe. Existe por tanto
no deseño do propio Plan Sectorial fallas e lagoas na elaboración do regulamento planificador eólico que
vician o desarrollo e posterior aprobación e execución dos proxectos eólicos previstos no mesmo, xa que
logo non se tivo en conta ab inictio na súa aprobación a normativa sectorial de aplicación, o que implica a
nulidade de pleno dereito do regulamento e da planificación eólica.
7
CUARTA.- DISTANCIAS DAS POBOACIÓNS AO PARQUE EÓLICO PROXECTADO.
Practicamente estes núcleos están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que lles afecta
directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes lugares
debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto.
Aeroxenerador 01 Padrín 696 m
Aeroxenerador 04 O Rueiro 749 m.
Aeroxenerador 01 A Brañeira 978
Aeroxenerador 06 Couso 765 m
Aeroxenerador 06 Esternande 761 m
Aeroxenerador 06 A Ribela 1.140 m
Aeroxenerador 06 Pereiras 1.167 m
QUINTA.- IMPACTO ARQUEOLÓXICO MOI SEVERO
8
As estruturas asociadas á máquina 02 así como parte do vial de acceso á máquina 01 na súa contorna
atópanse na área de cautela do topónimo “Alto dous Sartegos” (TOP15014013), localizándose así mesmo
un pequeno tramo de gabia de cableado dentro da área de cautela do Túmulo de Monte dá
Brañeira (GA15029034), sendo proxectada esta gabia pola cuneta máis afastada a este elemento da estrada
existente.
É preciso afastar calquer elemento do parque eólico fóra da área de cautela dos bens arqueolóxicos e
buscar por tanto outras alternativas, dada a súa incompatibilidade.
SEXTA.- IMPACTO ACÚSTICO MOI SEVERO E INADMISIBLE PARA A SAÚDE HUMANA E
DOS ECOSISTEMAS E DO BENESTAR INDIVIDUAL E COLECTIVO
As fontes de ruído máis destacadas que se poden considerar en zonas próximas á área de implantación do
proxecto eólico son:
– Os vehículos que transitan polas estradas que rodean a zona de implantación, AG-55, AC-552, CP-2902 e
CP-2904.
– Vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do
parque.
A isto hai que engadir o ruido do parque eólico proxectado, tanto na súa fase de execución como de
funcionamento:
Núcleos afectados polo impacto acústico:
Municipio de Coristanco:
Aeroxenerador 01 Figueiroa 1.020 m
Aeroxenerador 02 O Rueiro 1.151 m
Aeroxenerador 03 O Rueiro 757 m
Aeroxenerador 04 O Rueiro 729 m
Aeroxenerador 05 Esternande 727 m
Aeroxenerador 06 Esternande 828 m
9
Municipio de Santa Comba:
Aeroxenerador 01 Estivada 3.111 m
Aeroxenerador 02 Estivada 2.563 m
Aeroxenerador Estivada 2.009 m
Aeroxenerador 04 Estivada 1.626 m
Aeroxenerador 05 Estivada 2.235 m
Aeroxenerador 06 Estivada 2.231 m
Municipio de Cabana de Bergantiños:
Aeroxenerador 01 Padrin 721 m
Aeroxenerador 02 Padrin 1.219 m
Aeroxenerador 03 Padrin 1.836 m
Aeroxenerador 04 Padrin 2.264 m
Aeroxenerador 05 Padrin 3.595 m
Aeroxenerador 06 Padrin 4.626 m
Indica a mercantil Greenalia que: “Tan só algunhas casas de Padrín, O Rueiro e Esternande percibirán
entre os 40-45 dB, estando por tanto en todo momento dentro dos límites establecidos pola lexislación. As
demais poboacións e casas illadas situadas máis afastadas que as citadas recibirían un nivel sonoro
máximo de 40 dB como se observa no mapa de ruído”.
Non obstante, como xa se dixo anteriormente a isto hai que engadir o ruido procedente doutras fontes de
emisión como os vehículos que circulan polas estradas que rodean a zona de implantación, AG-55, AC-552,
CP-2902 e CP-2904 e os vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se
localizan na contorna do parque. Polo tanto, cómpre a realización dun estudo sobre o impacto que sobre a
saúde da veciñanza afectada vai a ter a sobreexposición cotiá e permanente ao cúmulo de ruidos e se estes
10
entran dentro dos máximos tolerables, isto é, os os 55 dB de máximo xa que os aeroxeradores tamén
funcionan en horario nocturno.
Entre as medidas correctoras propostas pola empresa para minimizar a sobreexposición da veciñanza ao
ruido figura:
“Medidas correctoras propostas. No apartado correspondente á valoración do impacto acústico producido
pola implantación do parque, obtívose a conclusión de que aquel era moi baixo nas poboacións próximas
ao parque. Por tanto, non será necesario tomar medidas de corrección”.
Sin dúbida, a mercantil Greenalia pretende minimizar custes e facilitar a execución e posta en
funcionamento do proxecto sen ter en conta a saúde da veciñanza e dos ecosistemas afectados. Non prevé
nin medidas preventivas nin correctoras para minimizar o impacto acústico.
Tamén indica Greenalia, a mercantil promotora:
“No caso de que superen os valores legalmente establecidos adoptaranse as medidas correctoras oportunas
(incremento do illamento dos equipos, pantallas de illamento acústico, etc)”.
Pois ben, isto non é correcto. A empresa debe establecer que medidas preventivas prevé adoptar en relación
á problemática acústica, que no presente caso é crucial, dada a acumulación de ruidos aos que vai estar
exposta a poboación próxima ao proxecto do parque e a avifauna. É por tanto unha irresponsabilidade non só
non prever medidas correctoras, senón que é ilegal non establecer medidas preventivas para evitar o impacto
acústico e as súas consecuencias para as poboacións locais e a avifauna.
SÉTIMA.- IMPACTO SINÉRXICO E ACUMULADO DOS 9 PARQUES EÓLICOS PREVISTOS
PARA A ZONA DE AFECCIÓN DO PROXECTO EÓLICO O CERQUEIRAL: IMPACTOS
AMBIENTAIS, PAISAXÍSTICOS E ACÚSTICOS. NECESIDADE DUNHA AVALIACIÓN
EXHAUSTIVA E PORMENORIZADA TANTO INDIVIDUAL COMO DE CONXUNTO
Non se pode definir o impacto como moderado como realiza a mercantil promotora, senón que o impacto é
moi severo tendo en conta a presenza de catro parques eólicos en tramitación e cinco en funcionamento nas
proximidades da área de estudo. Cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira
individual e de maneira colectiva coas instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos
sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora,
senón tamén e ante todo, para a poboación dos núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto
acústico era xa severo para os núcleos poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os 9 parques
eólicos indicados, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e
multiplicando o risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle.11
Neste caso, dentro deste radio aparecen os seguintes parques:
• Parque eólico de Silvarredonda con 13 aeroxeradores a unha distancia de 4,5 quilómetros en dirección
norte, en funcionamento.
• Parque eólico de Fonte Silva con 12 aeroxeradores a unha distancia de 0,64 quilómetros entre as dúas
aliñacións do parque e ao sur, en funcionamento.
• Parque eólico de Ampliación de Fonte Silva con 4 aeroxeradores a unha distancia de 1,3 entre as dúas
aliñacións do parque e ao sur, en funcionamento.
• Parque eólico de Zas- Meda con 80 aeroxeradores a unha distancia de 4 quilómetros en dirección suroeste,
en funcionamento.
• Parque eólico de Lagoa con 10 aeroxeradores a unha distancia de 7,9 quilómetros en dirección suroeste, en
tramitación.
• Parque eólico de Castelo con 25 aeroxeradores a unha distancia de 5,8 quilómetros en dirección sueste, en
funcionamento.
• Parque eólico de Campelo con 9 aeroxeradores a unha distancia de 0,68 quilómetros en dirección este, en
tramitación.
• Parque eólico de Bustelo con 10 aeroxeradores a unha distancia de 5 quilómetros en dirección este, en
tramitación.
• Parque eólico de Monte Toural con 4 aeroxeradores a unha distancia de 4,4 quilómetros en dirección
sueste, en tramitación.
A empresa recoñece:
“Poderíase xerar un impacto sinérxico entre as instalacións, existindo a posibilidade de que aumente o
risco de colisión dá avifauna, producíndose un efecto maior do xerado polos parques existentes na
actualidade”.
Hai que ter en conta que a permeabilidade que indica a mercantil promotora en relación ao proxecto eólico
O Cerqueiral de 424 metros de separación é irrisoria, tendo en conta os diámetros das pás e as alturas
previstas.12
OITAVA .- DEFORESTACIÓN PREVISTA E IMPACTO HÍDRICO
O proxecto prevé 5.984 metros liñais de vías o que implica a ocupación de 2,99 hectáreas. Ademais diso, a
poligonal do parque ocupa unha superficie de 1.521 ha. A extensión indicada non é unha cuestión baladí
tendo en conta a crise climática existente e que a deforestación contribue á súa agudización. Polo tanto, ás
obras proxectadas non son de “modesta entidad” como indica a mercantil, senón que son obras de gran
calado e importancia e que poden ter consecuencias severas para o medio. A realización das zanxas,
vaguadas e viais vai a producir novas escorrentías nas vaguadas debido á creación de pistas e camiños e á
modificación destes, coa posibilidade de derrube de marxes, excavacións e canalización dos ríos prevista.
De feito prevé encauzar as augas do Rego Boaña e un afluente do mesmo, polo que evidentemente sí haberá
impacto, e non como di a empresa: “que no existirá impacto”. De igual modo prevé cruzar con cabreado o
rego da Bordesca e un afluente deste, co que hai riscos máis que probables de que se vaia a producir unha
modificación da súa morfoloxía. O proxecto prevé actuacións que van a ter un impacto severo sobre a
biodiversidade.
NOVENA.- IMPACTO SEVERO SOBRE HÁBITATS NATURAIS
Parte das estruturas localízanse sobre formacións de hábitats catalogadas. As máquinas 01 e 02 e o seu vial
de acceso, parte do vial de acceso á máquina 04 preto da máquina 03, parte das estruturas asociadas á
máquina 04, así como algúns tramos de gabia entre as máquina 01-04 e a 05 localízanse sobre a mancha de
hábitats código 16518 onde se poderían atopar formacións de brezal seco europeo.
Dentro de máncha código 18076, na que se describe a presenza de brezales húmidos, localízase unha pista
existente que será necesario acondicionar, un pequeño tramo de novo vial e un tramo de gabia cableado.
Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á
conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:
“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación
dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se
aplica o Tratado.
2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o
restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da
fauna e da flora de interese comunitario”.
CONCLUSIÓNS:
É inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico O Cerqueiral prevé na área da
súa influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de nove parques 13
eólicos e exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada
debe ser consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas
súas vidas, tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida
das poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Coristanco, Santa Comba e
Cabana para coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa
entorna na que desarrollan as súas vidas.
SOLICITA:
1.- O rexeitamento do proxecto do proxecto do parque eólico O Cerqueiral nos concellos de Coristanco,
Cabana de Bergantiños e Santa Comba (expediente IN408A 2019/15) polos motivos expostos neste escrito.
2.- A convocatoria dunha consulta popular ou enquisa para ver se a veciñanza dos núcleos habitados
afectados acepta ou non un proxecto eólico a escasos metros das súas casas como é este caso, onde hai
núcleos habitados rodeados por aeroxeneradores cos conseguientes impactos paisaxísticos, acústicos, sobre
da saúde e dos ecosistemas que isto implica e tendo en conta ademais que na entorna hai outros parque
eólicos, uns nove en total entre os que están funcionando e os que se prevé instalar. O dereito ás Paisaxes é
un dereito subxectivo amparado polo Convenio europeo da Paisaxe, e por tanto, é a veciñanza quen debemos
decidir se aceptamos ou non un proxecto industrial tan agresivo coas nosas vidas como é este, e non unha
empresa foránea e allea ás nosas parroquias que só se move polo ánimo de lucro. Ademais non existe
retorno social algún, constitúe un espolio das nosas Paisaxes e dos nosos recursos e baséase nun Plan
Sectorial eólico totalmente obsoleto, caduco e onde non existiu participación pública na súa elaboración nin
integra a normativa das paisaxes nin a do patrimonio cultural. Por tanto o proxecto debe ser rexeitado porque
é a todas luces ilegal e non conta con licencia social ao arrebatarnos as nosas Paisaxes e os nosos recursos.
3.- Téñase en conta que este proxecto eólico, ao igual que o Plan Sectorial eólico de Galicia, vulnera o
Convenio Europeo da Paisaxe, que fraguado a partir de mediados dos anos 90, elaborouse no seo do
Consello de Europa e concluíuse no ano 2000 na cidade de Florencia.
O Convenio recoñece todas as formas das paisaxes europeas, naturais, rurais, urbanos e periurbanos, e tanto
os emblemáticos como os ordinarios. Concerne aos compoñentes naturais, culturais e humanizados e ás
súas interconexións. O Convenio considera que os valores naturais e culturais ligados á diversidade e
calidade das paisaxes europeas supoñen un deber para os países europeos de traballar colectivamente na súa
protección, planificación e xestión.
O Convenio Europeo da Paisaxe compromete a tomar medidas xerais de recoñecemento das paisaxes; de
definición e caracterización; de aplicación de políticas para a súa protección e xestión; de participación
pública e de integración das paisaxes nas políticas de ordenación do territorio, así como nas políticas
14
económicas, sociais, culturais e ambientais. Tamén sobre a sensibilización cidadá, a educación e a formación
de expertos.
O Convenio Europeo da Paisaxe entrou en vigor o 1 de marzo de 2004, o primeiro día despois de expirar un
período de tres meses tras a data na que dez Estados membros do Consello de Europa expresasen o seu
consentimento de vincularse a el.
España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008). Está en vigor no noso
país desde o 1º de marzo de 2008 e a Xunta de Galicia ten a obriga de respectalo ao igual que a Lei da
Paisaxe.
Coristanco, 17 de novembro de 2020
Asdo.- ______________
15