voandeira 4 lingüística

6

Upload: ies-de-beade

Post on 07-Apr-2016

216 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Autor: Chema

TRANSCRIPT

Page 1: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

1

Nunha entrevista a Xurxo Souto,publicada por un medio escrito,

afirmaba que o futuro do galego esta-ba nos neofalantes das cidades, en ba-rrios como o vigués de Coia que vénsendo o meu berce.Nacín nos Campos da Fontaíña, naaldea do Resío, en Coia (San Mar-tiño de). Seino grazas ao traballo de

Iván Sestay que recuperou a toponi-mia tradicional nun espléndido traba-llo publicado pola Área deNormalización Lingüística da U. deVigo. Nacín no Resío que non noRocío. Falan algúns tarugos de caste-lanizar os topónimos cando hai casostan dantescos como o da miña parro-quia: pois resulta que a Igrexa dixoque había que facer dúas parroquiasna antiga de San Martiño de Coia eentón inventou a da “Virgen delRocío”. Na igrexa está a figura virxi-nal. Montan tal parroquia a partir da

castelanización do topónimo Resío.É para rir ás cachizas! Pero o contoévos ben triste polo dominio impe-rial da ignorancia. Din que chove emexan por nós!En Coia só os vellos falan galego.Hainos que ir escoitar ás mañás dosdías laborais aos parques. O resto,agás contados casos, son castelán fa-lantes. Son castelán falantes os traba-

lladores pois Coia é un deses barriosobreiros que no seu día foi arrabalde.Son castelán falantes os fillos dos tra-balladores que acoden á escola onde,malia recibiren aulas en galego, se re-lacionan unicamente en castelán.Son castelán falantes a mocidade dosinstitutos e os que xa traballan. Soncastelán falantes os dos bares, os dos

quioscos, os da panadería, os da mer-cería. . . son castelán falantes. Eis o ba-rrio onde medrei e eis a realidade dogalego nunha comunidade urbana declase media-baixa.Neste seo nacín e medrei, sendo cas-telán falante até os 17 anos. Só fala-ba castelán. Para que precisaba eu ogalego naquel contexto? Os meusamigos todos falaban castelán, amiña familia falaba castelán, naescola falábanme en castelán, noequipo de fútbol tamén.. . non tiña al-dea onde escoitar o galego (son da

xeración urbana pois son dos poucosque ten a estirpe no Berbés) nin tiñalugares onde escoitalo de viva voz.Só a televisión, a radio, a música ealgún vello do parque, incluídos ve-ciños do meu edificio, moito mariñei-ros xubilados. Que era o galegoentón? Unha lingua allea a min e euera un estranxeiro na miña patria.Cando medrei tiven as miñas inque-

danzas e unha delas foi o galego.Entroume aquel becho logo de saberque os meus avós foran aldraxadosna miña cidade por falaren galegopublicamente; entroume o bechoporque o meu nome en galego véndende que os meus pais me bautiza-ron relixiosamente; entroume o be-cho porque atopaba noutros amigos

casos en que nas súas casas se falabagalego pero fóra non; entroume obecho que era a conciencia de sergalego, de identificarme con Galizae procurar a miña identidade. Foi unproceso parello a outras inquedan-zas.

Aquela treboada de ideas eran com-partidas por outros mozos da miñaescola e comezamos a escribirnosnotas en galego e mesmo a identifi-carnos como “Xeración Ceibe”. Sontrangalladas de rapaces pero aquilo

ía marcando pois para nós o galegopasaba a ser a nosa lingua de comu-nicación. Logo comezamos a esfor-zarnos para facer os exames engalego en materias impartidas encastelán. Mais si, fóra de nós, se-guiamos falando castelán. Non tiña-mos problemas pedagóxicos ninpsicolóxicos por estudar en galegoou en castelán segundo a materia,

SON NEOFALANTE

Page 2: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

2

nin precisabamos de traducións co-mo afirman os catro gatos piollosos.

Rematei a escola e pasei á universida-de. Decidira estudar filoloxía galegae tiña a oportunidade de mudar radi-calmente a miña escolla lingüística.Fíxeno. Non foi nada doado. Candoun muda a súa lingua dun día para ou-tro atopa atrancos en moitos lugares,prexuízos bastardos e incomodida-des. Por exemplo, no meu edificio eno meu barrio, onde sempre falaracastelán, ao falar en galego algúnspreguntábanme con retranca: agoraes do Bloque? Había problemas de co-

municación na miña familia candofacía escollas léxicas patrimoniaisque eles non comprendían. Cos meusamigos non fixo falla moita explica-ción pero algún compañeiro da escolaque me tiña atopado tempo despoispreguntaba estrañado: ahora hablasgallego?Confeso que onde máis dificultadesatopei foi na miña propia familia. Pa-sara 17 anos falando só castelán. Amiña familia trataba de facer o esfor-zo de falarme en galego pero acaba-ban indo ao castelán. Foi un procesomoi lento pero había que manterse fir-me. Para min o máis complexo peroque foi felizmente superado.

Son neofalante. Cando me pasei aogalego sabía que non falaba un gale-go correcto. Incluso tiña as miñas dú-bidas: debo falar o galego das normasou recuperar o galego cos trazos dia-lectais de Vigo? Sabía que fonetica-mente era penoso e que no léxico tiñamoitas lagoas. Tiña que traballalo eesforzarme. Non me podía botaratrás.

Aquí quero reflexionar porque namiña experiencia téñome atopadoxente que me dicía: con ese galegotan mal falado é mellor que fales cas-telán. Por que? Por que en determina-

das persoas pesan eses comentarios?Está claro que non queremos que sefale un galego deturpado pero no can-to de facer esas aseveracións canóni-cas cómpre arengar aos neofalantes amellorar o seu galego. Hai que com-prender que se na nosa sociedade é ra-ro e difícil facer unha vida en galegoimaxinade como será de difícil paraunha persoa que medrou falando sócastelán e se pasou ao galego sendoxa mozo ou home dentro dun contex-to urbano.A miña experiencia foi moi positivapois conseguín co tempo que os meusirmáns se dirixan a min en galego e,cando estamos xuntos toda a miña fa-milia, manteñamos parolas en galego

(feito inaudito antes); conseguín quealgúns dos meus amigos (que son osmesmos dende que teño 15 anos ealgúns antes), quen falaban só cas-telán, sexan hoxe tamén galego fa-lantes; conseguín que para os meussobriños pequechos haxa na familiaalguén que lles fale galego e eles sedirixen a min, con dificultades perofano, en galego; conseguín que amiña familia e os meus amigos optenpola opción do galego para recibirinformación, para redactar papeisoficiais ou para dirixirse a calquerainstitución.

Todas estas persoas que conforman omeu íntimo conforman hoxe taménun bastión da defensa do galego can-do naceron e medraron rodeados decastelán. Somos neofalantes.

Cómpre arengar e animar, potenciaro galego no mundo urbano pois ma-lia o que digan os paparolos lidera-dos polo supremo destes, FernándezAlvariño, en Coia, en Vigo, en cal-quera cidade galega, queremos viviren galego!

Xurxo Martínez González

Page 3: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

3

A nosa lingua é a número 22 entre as máis empregadasna rede de microblogs Twitter, por diante de moitos ou-tros idiomas máis falados.

A rede social Twitter está só en inglés e en xaponés. Ade-mais, o feito de reunir usuarios de todo o mundo e de di-ferentes linguas fixo necesario que existise algún tipo detradutor automático para, cando menos, permitir esa co-municación. Por Vilaweb coñecemos o lanzamento deTwinslator, que se atopa en fase beta e inclúe 42 linguas,entre elas o catalán e o galego.

E, a pesar de todo, o galego é unha das linguas máis em-pregadas en Twitter. Aínda que poida parecer chocante,está por diante do idioma catalán. É máis: é a primeiralingua non oficial dun estado en aparecer, no posto nú-mero 22, co 0,1 04% das mensaxes.

Segundo unha clasificación da que sabemos grazas aoblog de Opaco, e que forma parte dun proxecto de detec-ción de idiomas e tradución baseado no motor de Goo-gle, a lingua máis empregada en Twitter é, como era desupoñer, o inglés, con máis do 60%, e cun tamén sor-prendente segundo lugar para o portugués, co 9,5% dototal das mensaxes. O terceiro lugar vai para os textosaos que non se lles atopou unha correspondencia lingüís-tica fiábel.

Se estes datos se confirman, podería supoñer que o gale-go é unha das linguas que, en proporción ao seu númerode falantes, máis se empregan nesa rede de microblogs.E iso, aínda que haxa moitos usuarios galegos de Twitterque se resisten a empregar a súa lingua propia. E taménhai que lembrar que existe un equivalente autóctono, La-reta.net, pensado para galegofalantes.

AMocidade pola Normalización Lingüística felicí-tase pola "boísima noticia" e lembra a campaña

que promoveu para que o idioma estivese na rede social.

O anuncio de que a rede social Tuenti estará tamén dis-poñíbel en galego foi recibido con satisfacción pola Mo-cidade pola Normalización Lingüística. O colectivoconsidera unha "boísima noticia" para a lingua que axente nova poida usar o galego na rede social máis em-pregada por ese tramo de idade. Anima, asemade, a quetodas as persoas usuarias aproveiten "o importante derei-to que vimos de conquistar". As mocidades da Mesa xacontan cun perfil propio en Tuenti a través do que difun-de e promove iniciativas dirixidas á xente nova que rei-vindican o uso do galego en diferentes ámbitos. De feito,no último ano promoveu unha campaña para que Tuentiestivese en galego do mesmo xeito que xa están outrasredes sociais, como Facebook. A Mocidade animou a en-viar queixas masivas ao equipo xestor de Tuenti pola ex-clusión do galego e polo uso deturpado dalgúnstopónimos. Paralelamente, promoveu eventos reivindica-tivos para reclamar ese servizo en galego, que sumaronaté hoxe máis de 20 mil adhesións.

Prestixio do galego

O colectivo aplaude "o cambio de actitude" dos xestoresde Tuenti no uso das distintas linguas oficiais do EstadoEspañol e considera "un éxito para a nosa lingua poderestar presente con normalidade nas redes sociais máisimportantes do momento, con millares de usuarias eusuarios, nesta época na que as novas tecnoloxías xa fanparte da vida cotiá da mocidade". Asegura que é funda-mental "vincular a nosa lingua a ámbitos consideradosde prestixio pola mocidade para rehabilitar, fortalecer oumesmo crear unha consciencia lingüística favorábel aogalego".

TUENTI EN GALEGO,PRESTIXIO PARA A

LINGUA ENTRE A XENTENOVA

O GALEGO REMOCICA ENINTERNET

Page 4: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

4

Saben que a enciclopedia de refe-rencia en Internet, a Wikipedia,

ten en galego a décima parte dos arti-gos que en español, pese a que a por-centaxe de galegofalantes no mundoé 0,7% da de hispano falantes? Quehai aplicacións informáticas que setraducen antes ao noso idioma que aofrancés ou ao alemán? Que taménestá traducida Facebook, a rede socialque tende a ter tantos membros nomundo como usuarios de Internet, ena súa irmá emerxente, Twitter, o ga-lego está entre os 20 idiomas máisusados? O idioma propio de Galiciaten unha presenza na Rede moitomáis elevada que nos medios de difu-sión tradicionais, e todo iso non consubvencións oficiais, como reza omantra neoliberal, senón grazas ao es-forzo desinteresado de milleiros depersoas.

A Galipedia ten máis artigos que asversións hindi e grega da Wikipedia

Todo comezou nunha época tanprehistórica en Internet como princi-pios dos 90. Unha das primeiras aso-ciacións, aínda vixente, é aCiberirmandade da Fala, que fundouCamilo Regueiro. Daquela había 300webs en galego (o ano anterior eran95). Ao seu labor de tradución do soft-ware e difusión sumouse despois Ga-lego21 , un proxecto nucleado porAntón Méixome e Susana Sotelo e oautor do primeiro programa de tradu-ción automática, Roberto Abalde, ar-xentino neto de galegos. Pero ocrecemento exponencial deuse coachamada web 2.0.A Galipedia, a Wikipedia en galego,tiña onte a mediodía 55.792 artigos.Entre os 272 idiomas que hai, está noposto 41 º por número de artigos, porriba do hindi e do grego (o primeiro éo inglés, o segundo o alemán. O es-pañol está de oitavo, con 564.304, ca-se empatado co portugués, e por

detrás do polaco e o holandés). A Ga-lipedia creouna en marzo de 2003 Il-vi, un internauta ao que nin sequeracoñecen os administradores da Galipe-dia, que supoñen que é estadouniden-se. O primeiro usuario galego,Agremon (Antonio Gregorio Montes,un ribadense de 52 anos), rexistrouseen agosto dese ano. "Eu comezara acolaborar na Wikipedia en español,pero en canto vin aquilo, sumeime efun metendo cousas ata que desde Wi-kipedia me propuxeron ser administra-dor", di Agremon, que agora sigueformando parte da ducia de adminis-tradores que coordinan a edición engalego. "Agora está en mans de xentemáis nova", di este profesor de Físicaque anda a promover unha rede de pá-xinas científicas galegas. "O mellorfoi coñecer xente con ánimos de facercousas por Galicia, e o peor, os que seforon por desavinzas e os que se me-ten para desfacer o que fan outros".Hoxe hai 17.000 usuarios rexistrados,aínda que non todos editan, perotamén hai moitos que fan artigos deforma anónima. Entre uns e outros,van xa millón e medio de edicións."Pode parecer fachendoso, pero a Ga-lipedia ten máis calidade que as ver-sións española ou portuguesa, polasinxela razón de que é máis doadocontrolala. Retirar da Galipedia un ar-tigo que aseguraba que en Curtishabía tres lugares con nomes de Poke-mon foi doado, abonda con ir ao no-menclátor. Retiralo da Wikipedia eninglés foi moito máis traballoso", ar-gumenta Xabier Cid, un ourensán de34 anos residente en Escocia. Outrodos administradores, Alberte ÁlvarezGil, un veciño de Salceda de Caselasque estuda en Madrid, ten mesmo re-collido no seu blog unha chea de es-mendrellantes achegas que houbo queretirar. Non todos os vandalismos sondivertidos. Álvarez Gil recoñece quenon usa demasiado a Wikipedia en es-pañol desde que perdeu o tempo ten-tando corrixir -en van- Rianjo e

tamén porque domina o inglés ealgún idioma a maiores.En Burdeos (Francia) vive Juan Lens,un arquitecto de 26 anos que foi dosprimeiros en poñerse a traducir Face-book. "O máis interesante é que ungrupo de tradutores amateurs estamosaprendendo o novo galego das tecno-loxías, e mesmo inventando sen me-do usos como o de 'facerse seareirode.. . ' ou 'facerlle cóxegas a alguén'. Amiña moza, que é polaca, hai unhasemana cambiou o seu Facebook pa-ra o galego, e agora avísame das fra-ses que hai sen traducir". Van 44.996traducións entre Lens e o resto dos172 tradutores activos, desde estu-dantes a profesionais como FernandoOjea, director de Relacións Exterio-res da CRTVG: "Foi o propio Face-book quen me invitou a traducir, nonsei por que, e pareceume que era unbo xeito de espallar o galego polomundo, elevándonos un pouco sobreo balbordo das nosas controversiaslingüísticas cotiás. Probei e gustou-me".O altruísmo tamén o practican as em-presas. Algueirada, sociedade de ani-mación cultural, é o soporte deBlogaliza, a comunidade de blogsque agrupa e difunde 2.800 das 9.000bitácoras que se estima existen en ga-lego. Dálles hospedaxe, aplicacións eservizos de balde, incluído o de con-sulta técnica on line, un soporte cer-tamente inhabitual. Todo, incluídostres postos de traballo e tres colabo-radores, sufrágase cos outros ingre-sos da empresa, sen axudas públicas."Nunca as pedimos. A gran constru-ción intelectual que é o software libreé unha economía de agasallo, quenon é economía, pero si que o é. E namedida en que necesitamos axuda, acomunidade de blogs colabora, botaunha man etiquetando.. ." explica Pe-dro Silva, un vilagarcián de 37 anosque traballa a tempo completo enBlogaliza, onde se xuntaron esforzosvoluntarios para realizar AchegArte,

OS CIBERIRMANDIÑOS

Page 5: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

5

un novo estudo canadense asegura que con só catromeses, os meniños saben polas expresións no ros-

tro do falante se fala por exemplo en inglés ou enfrancés. Porén, esta capacidade desaparece aos oito me-ses de idade, a menos que medren nun ambiente bi-lingüe.Nos experimentos con videos sen voz de persoas falandoalternativamente, Francés e Inglés -as dúas principais lin-guas do Canadá- Whitney Weikum investigador da Uni-versidade de Columbia Británica (UBC) descubriu quemesmo o máis novo dos nenos de entre catro a oito me-ses de idade prestaba máis atención se un orador alterna-ba as linguas.

Pistas Faciais

Incluso con seis meses de idade os bebés, mesmo aque-les de fogares monolingües, poden discernir visualmenteas diferentes linguaxes, segundo un resumo da investiga-ción, publicado esta semana na revista Science. Mais,con oito meses, os bebés de fogares monolingües xa nonpoden deducir cal é a lingua falada con simplemente vero rostro do seu interlocutor, mentres que si son capacesos nenos en fogares bilingües. No estudo, os nenos mira-ron tres videos coa voz silenciada de voluntarios que pro-nunciaban frases en inglés e en frances. Os nenos enxeral ían perdendo o interese no video até que o falantemudaba para outra lingua, algo do que só poden ser cons-cientes a través de información visual. "Até agora sa-biamos que os bebés poden recoñecer unha linguamediante o ouvido", dixo Weikum, UBC Doutor en neu-rociencia que traballa no estudo co profesor de psico-loxía Janet Werke. "Pero este é o primeiro estudo queamosa que os meniños están prontos para recoñecer dis-tintas linguas utilizando só informacións visuais."

Beneficio bilingüeOs resultados do estudo – experimentado con cinco gru-pos de nenos monolingües e bilingües Inglés -Francés -demostraron que os bebés que medran nun ambiente bi-lingüe "manteñen como vantaxe as habilidades necesa-rias para separar e aprender varios idiomas", di oresumo. É unha das moi "sorprendentes capacidades"que Weikum ten visto en meniños, que seguen a sorpren-der os investigadores. Estudos recentes descubriron quenenos expostos a lingua de signos desde unha idade tem-perá "balbucían" coas mans, e os recén nacidos son ca-paces de recoñecer a súa lingua materna. Pero Weikuminsiste en que a partir dos oito meses só conserva esahabilidade visual os que medran nun ambiente bilingüe."Os bebés que só escoitan e ven unha linguaxe non pre-cisan desa capacidade, e a súa sensibilidade á informa-ción da linguaxe visual doutras linguas desaparece."Por suposto, engade Weikum, as pistas visuais dificil-mente poden axudar a un neno a aprender unha lingua eagora o seu obxectivo é investigar cales son concreta-mente os xestos faciais que os nenos saben interpretarcomo propios dunha lingua ou doutra.Brian Byrne, da Universidade de Nova Inglaterra, NovaGales do Sur, di que a investigación reforza a idea deque os nenos moi novos están moi predispostos á apredi-zaxe das linguas, moito antes de que comecen a falar. "Ofeito de que a capacidade de discriminar visualmente seatrofie se non é necesario o que nos di é que a aprendiza-xe de linguas, ás veces, implica a perda de capacidadesque existen no recén nacido: envellecer non é sempre fa-cernos máis espertos", dixo.

DIME COMO XESTICULAS E DIREICHE QUE LINGUA FALAS

a feira cultural que substituíu ao Cul-turgal cando a Xunta non se fixo car-go.Tamén A Navalla Suíza botou a andarhai un mes EuFalo.TV, que se definecomo "un documental colaborativo so-bre a lingua e os falantes". Cento e pi-co de vídeos, gravados polos autoresou enviados pola xente, sobre qué sefala e por qué. Teñen 579 usuarios re-xistrados, 2.230 fans en Facebook e le-van 47.871 visitas dende o seu

lanzamento. "Dende que nos xunta-mos para montar a empresa tiñamospensado que un proxecto ao ano fosepropio e feito pola ben da comunida-de", sinala o coordinador d'A Navalla,Berto Yáñez, un viveirense de 31anos, que non zafa do debate de se fa-cer as cousas de balde supón compe-tencia desleal ou incidenegativamente no emprego. "O impor-tante é 'facer cousas', e facelas polacomunidade é crear riqueza, directa e

indirectamente. Un exemplo claro é osoftware libre, todo ese traballo feitogratuitamente ao longo dos anos deri-vou en moreas de empregos", asegu-ra. "As culturas colaborativas,capaces de crear riqueza dende acolaboración, progresarán. As que se-guen un modelo medieval sostido naautosuficiencia, desaparecerán", di,máis categórico, Xabier Cid.Xosé Manuel Pereiro (adaptación de

El País)

Page 6: Voandeira 4 lingüística

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Folla voandeira da Revista E dálle do Ies Beade

Especial LINGÜÍSTICA

6

Omundo xa perdeu o Manx na Illa de Man, o ubikhen Turquía e no ano pasado a derradeira falante do

eyak, lingua vernácula de Alasca, Marie Smith Jones,morreu, levando a lingua aborixe con ela. A UNESCO (aaxencia cultural da ONU) durante a presentación da últi-ma actualización do seu atlas lingüístico mundial decla-rou que das 6.900 linguas faladas no mundo, preto de2.500 están ameazadas de extinción. Isto representa unconsiderábel au-mento sobre o at-las feito en 2001que cifraba en900 as linguas ne-sa crítica situa-ción.Para algúnsexpertos este alar-mante aumento édebido máis benás mellores ferra-mentas de buscaque hoxe temospara localizar lin-guas illadas e enperigo de supervi-vencia e non tantoa unha ameaza real deextinción de moitaslinguas do mundo.

Noticia desanimadora

Aínda así temos motivos para o desalento. Hai 199 lin-guas con menos dunha ducia de falantes no mundo, in-cluído o Karaim que ten seis falantes en Ucraína e oWichita, falado por 10 persoas no estado de Oklahomaen EUA. En Indonesia viven os catro últimos falantes deLengilu. As perspectivas son mellores para outras 178 lin-guas que teñen de 10 a 150 falantes. O certo é que máisde 200 idiomas se extinguiron nas últimas tres xeracións,como o ubikh que calou para sempre en 1992, cando Tef-vic Esenc finou; ou o Aasax en Tanzania, que desapare-ceu en 1976, e o Manx en 1974. India está no cumio dalista dos países con maior número de linguas ameazadas,1 96 en total, seguida polos Estados Unidos que está a per-

der 192 e Indonesia, onde 147 están en perigo. Olingüista australiano Christopher Moseley, que liderou oequipo dos 25 expertos que realizaron o atlás, observouque os países ricos en diversidade lingüística, como a In-dia e os Estados Unidos son os que tamén están afron-tando a maior ameaza de extinción de linguas nos seusterritorios.

Crisol de linguas

Segundo a UNES-CO incluso a Áfri-ca sub-sahariana,expoñente da di-versidade lingüísti-ca no mundo conarredor de 2.000linguas, verá redu-cirse a súa riquezaen polo menos un10 por cento duran-te o próximoséculo. Para aUNESCO hoxe nomundo, 538 lin-

guas están en perigocrítico, 502 gravementeameazadas, 632 defini-

tivamente ameazadas e 607 teñen un futuro inseguro.Casos máis esperanzadores son os de Papúa Nova Gui-nea, o país coa maior diversidade lingüística do mundocon 800 linguas, que ten só 88 dialectos en perigo. Al-gunhas linguas están aínda mostrando sinais dun renace-mento, como o Cornish, unha lingua celta falada enCornualles, sur de Inglaterra, e o Sishee en Nova Cale-donia. Os gobernos de Perú, Nova Celandia, Canadá, Es-tados Unidos e México tiveron éxito nos seus esforzospara evitar a desaparición de algunhas das súas linguasindíxenas en vías de extinción.Francoise Riviere, UNESCO Director-Adxunto, enco-miou os esforzos dos gobernos que protexen a diversida-de lingüística, pero engadiu que "as persoas teñen queter orgullo de falar a súa lingua", para asegurar a súa su-pervivencia.

NON SÓ EXTINGUIMOS AS BALEAS

Mapa coas linguas en Europa recentemente extintas (marca ennegro) e as máis ameazadas.