updlimiaverin.files.wordpress.com  · web viewcastrelo do val. unhas pinceladas do concello. este...

35

Upload: others

Post on 17-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre
Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

CASTRELO DO VALUnhas pinceladas do Concello

Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre estribacións da Serra de Queixa e o macizo de Cabeza de Manzaneda, e o fértil val do Támega. O principal atractivo de Castrelo do Val constitúeo o Parque Natural do Invernadeiro, que ten a porta de entrada natural neste concello.

O seu relevo presenta grandes contrastes entre o val, onde se manteñen os cultivos tradicionais e o viñedo, acollido á Denominación de Orixe Monterrei, e a agreste montaña, que alberga unha considerable riqueza cinexética e forestal, ademais dun forte peso de produtos gastronómicos entre os que destacan o mel e a castaña. A Capital municipal está a tan só 3km. de Verín, cabeceira da comarca que dista da capital Ourense 64km. por autovía (A 52 Vigo - Madrid). A liña ferroviaria Ourense- Zamora atravesa o concello e ten unha estación en Campobecerros, denominada Castrelo do Val – Verín.

Pola súa extensión, 122,4 Km2, o termo municipal é un dos maiores da provincia, aínda que ten unha densidade de poboación moi baixa (10,2 h/km2), xa que o municipio conta só con 1.242 habitantes (INE 2007), distribuídos en 16 núcleos de poboación:

CampobecerrosCastrelo do ValFontefríaGondulfesMarbánMontevelosoNocedo do ValPepínPiornedoPortocambaRibasSanguñedoSan PaioServoiVeiga de NostreVilar

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Unha mirada atrásEstas terras foron poboadas desde a antigüidade, como o demostran os

restos arqueolóxicos do Castro de Cabanca en Castrelo, Pena Boeira en Gondulfes e Urdiñeira en Piornedo. A presenza romana no concello queda patente co achado en Castrelo dunha ara dedicada a Xúpiter por Xulio Casio Tamagano, decurión da primeira á dos cigurros da Lexión II Augusta, en ofrenda por regresar dalgunha das campañas militares. Esta ara atópase no Museo Etnográfico e Histórico de Ourense. Tamén durante varios séculos de dominación romana, a zona do Invernadeiro foi sometida a unha intensa explotación aurífera mediante o sistema denominado derribium montium.

Na Idade Media, o concello tivo un mosteiro beneditino fundado polo rei Alfonso VI “O Emperador”, quen o doou a D. Diego bispo de Ourense. O longo período medieval estará marcado por sucesivos cambios de señorío, tanto nobiliar como eclesiástico.

Durante o Antigo Réxime, este territorio estaba repartido entre distintas xurisdicións. Sobre elas exercían o poder, dunha banda, o conde de Monterrei e, doutra, unha serie de entidades eclesiásticas. O primeiro mantiña a autoridade sobre as xurisdicións de Laza do Conde e Don Diego, compartindo a parroquia de Portocamba co marqués de Tenebrón, e a de Monterrei. As segundas controlaban as xurisdicións de Gondulfes, mediante o cabido de Ourense, de Piornedo, do bispo de Valladolid, e de Servoi, da abadía de Servoi. En 1820 desapareceron as xurisdicións e creáronse os concellos de Gondulfes e Castrelo, no partido de Monterrei, situación que perdurou ata 1835 cando se fundiron no actual termo municipal, xa no partido de Verín.

A importancia desta localidade queda patente no século XVI cando o primeiro cartógrafo de Galicia, o dominico Oxea, recolle no primeiro mapa que se fixo de Galicia o topónimo de Servoi.

Entre as personaxes ilustres de Castrelo do Val podemos mencionar ó abade licenciado D. Diego Pereda, que a mediados do S. XVII era comisario do santo oficio da Inquisición en toda a diocese.

O topónimo do concello variou ó longo da súa historia. Así no 1836 figuraba como Castrelo, pero en 1842 engadiuse o “do Val” para diferencialo de Castrelo do Miño.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Onde perderse Xoias naturais

O lema de Castrelo do Val “Rural ¡Naturalmente!” define con precisión o que é esta parte da bisbarra verinesa: aldeas cunha forte carga tradicional e montañas de natureza extrema, abraiante por momentos, tanto polas súas dimensións como pola súa beleza.

Este concello é o territorio de transición entre o val de Verín e o impoñente Macizo Central Ourensán, a maior concentración montañosa de Galicia.

O principal atractivo de Castrelo do Val está constituído polo Parque Natural do Invernadeiro, que forma parte do amplo espazo de Serra de Queixa- Montes do Invernadeiro, que neste termo acada a máxima altitude en Pena Nofre con 1.291 metros.

A rede fluvial está presidida polo río Támega (afluente do río Douro), que discorre cara o sur e baña as terras meridionais do concello, así coma o río Camba, que está represado no encoro das Portas. Completan a rede fluvial numerosos ríos, arroios e cascadas de augas cristalinas onde proliferan troitas e anguías.

A orografía, a rede hidrográfica e o clima marcan unha extraordinaria paisaxe decorada cunha vexetación mixta de carballos e castiñeiros entre os que se intercalan o carballo meloxo, o acivro, o teixo e o endrino. En altitudes superiores o bosque é substituído polo mato con especies como breixo e xesta. Esta variada vexetación constitúe o hábitat natural da fauna autóctona presidida polo lobo, o xabarín, o corzo, o teixugo, o gato bravo e a londra.

Os amantes do sendeirismo dispoñen de varías rutas ben sinalizadas como a dos Carboeiros, a do Portozón ou o Casteliño, con diversos servizos con función de albergue en Servoi e Pepín, ou aulas de natureza.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

PARQUE DO INVERNADEIRO

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado ó sur do macizo central na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que

constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes entorno ós 1.000-1.600 m, situadas no termo municipal de Vilariño de Conso.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bule de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

Vexetación

Este espazo natural está encadrado na rexión Eurosiberiana, provincia Cántabro- Atlántica, sector Galaico- Portugués, subsector Xuresiano Queixense.

A asociación dominante é a Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, e tamén cunha abundancia importante, aínda que en menor proporción ca anterior, atopámonos coa asociación Agrostio duriaei-Sedetum pyrenaici. Tamén destacan as formacións de prados ibéricos silíceos, que obedecen maioritariamente á asociación Teesdaliopsio confertae-Festucetum summilusitanae.

Destacan como especies de interese o Sorbus aucuparia, o teixo e o abruñeiro, entre as árbores, pola importancia da alimentación que teñen na fauna, así como os

(Foto de autor: vista do Invernadeiro)

(Foto de autor: vista do Invernadeiro)

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Rubus ulmifolius, abeleira (Corylus avellana) e o estripo (Crataegus monogyna), entre os arbustos.

Fauna

A cabra montesa actualmente atópase en expansión no parque trala súa reintrodución.

A fauna presenta a pirámide trófica completa. O lobo, único superdepredador

presente, actúa sobre as poboacións naturais de corzo e xabaril. O máis importante é a presenza dunha poboación de doce exemplares con permanencia máis ou menos estable e cun comportamento de predación sobre animais salvaxes, en oposición a outras poboacións "dexeneradas", que son predadoras "oportunistas" sobre aves de curral, depósitos de lixo, etc.

Son tamén mamíferos notables da área: o leirón gris, o teixugo, a donicela, a xeneta, o gato montés, a marta, a garduña, e o armiño. Atópanse tamén poboacións notables de ungulados, coma o corzo, o cervo e o gamo. Destacan no parque as exitosas reintroducións do rebezo e da cabra montesa, extinguida a finais do século XIX e recentemente reintroducida no parque. Dende o ano 2000, introducíronse no parque 63 cabras montesas da subespecie Capra pyrenaica victoriae procedentes da Serra de Gredos. Segundo os estudos de seguimento que realiza o persoal da Consellería de Medio Ambiente, os animais soltos habitan con normalidade nos montes e rexistrouse un aumento no número de exemplares, do que se deduce que a súa reprodución no parque está garantida e que se adaptan con facilidade.

Ademais destas especies, están presentes o aguaneiro, o tourón e maila lontra que habitualmente se aloxan no río, ribeiras e zonas húmidas en xeral.

Respecto da avifauna presente, é de destacar a presenza de dúas parellas de aguia real que, malia non chegaren a aniñar no interior do parque, si empregan o espazo como zona de alimentación.

Tamén destacan no parque o papoazul, a pica dos prados, o moucho común, a avelaiona, o Bufo real, o bufo pequeno, a aguia cobreira, gatafornela, a rapiña cincenta, o falcón peregrín, o azor, o miñato común, o gabián ou a perdiz . Son só algúns exemplos das numerosas aves que habitan no parque natural do Invernadeiro.

Historia e cultura

Foto de autor: Cabra montesa

Foto de autor: Cabalos no Invernadeiro

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Campobecerros é a entrada natural a este espazo protexido, declarado Parque Natural de Galicia pola Xunta o 5 de xuño de 1997, pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e o enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico. Ocupa unha superficie total de 5.700 hectáreas de alta montaña, formada polas Serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas. Aquí, as altas montañas cubertas de pastos amosan o seu máximo esplendor ata case fundirse coas ribeiras dos ríos, onde ceden o protagonismo aos bosques e aos soutos.

Os restos arqueolóxicos da zona reflicten unha civilización antiga con indicios da existencia de dolmens, castros e restos romanos (como a presenza dun antigo campamento romano en Castelo de Cerveira, preto do parque). Foi precisamente na época romana na que no monte de Invernadeiro se traballou nas explotacións auríferas polo sistema denominado derribium montium. Daquela época quedan topónimos como o do regato Cabadoiro.

O territorio que actualmente ocupa o parque natural, é unha excepción histórica dentro da dinámica seguida polo sistema de propiedade agraria en Galiza. O seu mantemento como propiedade privada, así como a súa permanencia en mans laicas, e sen padecer divisións territoriais desde a Idade media, provocou que o nivel do estado de conservación do medio natural sexa superior ó que a evolución antropóxena produciu nestas serras de Ourense.

Xa na época feudal, estes territorios eran moi apreciados pola súa riqueza cinexética e as súas posibilidades de pastoreo e foros.

A historia do Invernadeiro estivo ligada ó lugar de Pradoalbar, nun val paralelo situado máis ó norte, co que formaba o mesmo dominio xurisdicional, e do que os antigos habitantes de O Invernadeiro, principalmente gandeiros, dependían. Vinculado á familia Cadórniga desde finais da Idade Media, a abolición dos señoríos a inicios do oitocentos non afectou ás propiedades desta liñaxe, polo que a casa nobiliaria non se desprendeu do Invernadeiro. Tampouco lle afectou a redención foral do século seguinte. A comezos do

Foto de autor: Vista Panorámica

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

século XX era unha enorme finca indivisa de case 60 km2 en mans privadas, que a partir de 1910 pasou da nobreza a outros propietarios, e destes a outros máis en varias ocasións, ata que en 1949 foi adquirida por Papeleira Española, que a conservou durante máis de 30 anos.

No transcurso destas tres décadas Papeleira Española transformou profundamente o espazo. Así, unha paisaxe directamente herdado do dominio feudal- deforestado e gandeiro- converteuse nunha enorme fábrica de produción forestal, principalmente mediante a plantación de Pinus sylvestris. Para elo necesitaron importación masiva de man de obra dos pobos próximos, en parte para carbonear o breixo (o torgo era moi apreciado), e así facilitar as tarefas de forestación. Ademais da rede de pistas e devasas, dos viveiros e dos barracóns e demais instalacións, a empresa implantou unha enorme devesa perimétrica, aínda hoxe visible na paisaxe.

En 1979 un inmenso incendio que afectou de Manzaneda a Campobecerros arrasou a práctica totalidade do ámbito (unhas 4.000 das case 6.000 ha) e a Papeleira decidiu desprenderse da finca. Esta pasou a mans dunha inmobiliaria en 1980 que pouco despois a cedeu mediante compravenda ó goberno galego (1984). Converteuse entón nun ben patrimonial público, o que significa que é unha enorme propiedade en mans da administración.

Foto de autor. Muíño e Forno Foto de autor: Interior do Forno

Fotos de autor: Interior da Cantina

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

A primeira decisión que tomou a Xunta foi a declaración dun refuxio de caza. Con esta medida pretendíase a “conservación de determinadas especies da fauna cinexética” e que “cando existiran razóns de orde biolóxico, técnico ou científico que aconsellen a captura ou redución de determinadas unidades, aquelas poderán acordarse”. Decidíronse manter os cercados de caza establecidos por Papeleira Española.

En 1997 O Invernadeiro foi declarado parque natural, pola Lei estatal 4/1989. A exposición de motivos sinala a súa singularidade, a causa do seu illamento e estado de conservación, e por ser propiedade da xunta e non existir núcleos no seu interior. O Decreto 155/1997 afirma que “calquera actividade, uso ou aproveitamento que se desenvolva no interior do espazo natural protexido deberá ser aprobada e supervisada pola autoridade competente” . Un aspecto relevante do decreto é a zonificación (Reserva integral, Protección especial, e uso público restrinxido) que só permite o disfrute colectivo na terceira zona, que ocupa máis da metade da superficie do parque.

Outros datos de intereseImaxe inferior: zonificación do Invernadeiro

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Para entrar no parque, o visitante deberá contar cun permiso que lle estenderá por escrito a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Ourense (Tlf. 988 38 60 29), e que se concede a un máximo de 30 persoas por día, para efectuaren percorridos a pé polas rutas marcadas.Aínda que non está permitido pernoctar, existe unha Aula da Natureza que dispón de catro dormitorios, dous deles con 28 liteiras, e servizos, destinados a grupos de estudantes e investigadores.

Rutas

Ofrécense ata cinco rutas guiadas con excelentes posibilidades didácticas. Pódese axexar a baixada dos corzos e cervos ó río. o que comezou sendo un refuxio de caza, goza agora de grupos escolares en busca do contacto coa natureza.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre
Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

O INVERNADEIRO EN IMAXES

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

A aula da Natureza

Pola Orde do 8 de xaneiro de 1990 quedaron reguladas as actividades de uso público do espazo natural, entre as que figura expresamente a Aula da Natureza. Esta aula conta ademais dos catro, colectivos e un individual, sala de xogos, laboratorio- biblioteca, aula de proxeccións, enfermería, comedor e cociña industrial dotada con todo o necesario. Dous monitores coordinan as actividades coa axuda de diverso material didáctico.

A finalidade é o acercamento e o coñecemento do contorno (medios físico- químico, biolóxico, social e cultural), para deste xeito posibilita- la adquisición de actitudes, valores e normas de comportamentos respectuosos co medio ambiente.

Obxectivos específicos:

- Tomar contacto coa problemática ambiental e aportar solucións persoais que contribúan a mellora- la súa saúde do entorno

- Esperta-lo interese de conservación a través de actividades destinadas á recuperación e mellora do medio natural

- Propicia- la familiarización cun dos ecosistemas máis característicos da Galicia interior e afondar no coñecemento da súa biocenose e das relacións cos factores ambientais

- Estuda- lo papel que xoga a intervención humana na transformación da paisaxe e a interdependencia entre a humanidade e maila natureza.

- Observa- lo proceso de recuperación da vexetación autóctona e do solo tralos incendios forestais que sufriu a zona.

A continuación detállase un programa previsto para catro días, como unha formulación aberta ás iniciativas dos responsables e do profesorado dos grupos participantes.

Fotos de autor: Un dos dormitorios e aseos da Aula da Natureza

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Primeiro díao Recepción do grupo polos gardas da Ribeira Pequena, que

transportarán a súa equipaxe e indicaranlle o camiño que conduce á aula. Con este paseo de 12 km preténdese que os visitantes entren en contacto coa paisaxe desta paraxe sen ningún tipo de mediación, senón simplemente o que eles poidan apreciar.

o Unha vez na Aula o grupo é recibido polos monitores que lles mostrarán as instalacións e acomódanos dándolles tempo para apousentarse.

o Posteriormente, nunha reunión conxunta, elaborarase un plano de traballo para os seguintes días, tendo moi en conta os intereses dos profesores que acompañan o grupo. Tamén se aproveita esta reunión para comenta-las normas de convivencia establecidas para unha estadía enriquecedora.

Segundo e terceiro días.o Executarase o plan de traballo programado o día da chegada.

Este plan constará de varias actividades que en termos xerais consistirán en:

Realización de rutas autoguiadas, que teñen como finalidades: a recollida de datos e experiencias, a interpretación das mesmas e a posterior exposición dos resultados.

Talleres de traballo nos que os participantes tomen parte activa no coidado e na mellora do contorno. As actividades englobadas neste apartado van dende a reciclaxe de latas e papel ata o traballo nas labores de conservación do bosque pola construción de caixas de niño e comedeiros.

Cuarto día.o Limpeza da aula e do seu contorno, para minimiza-lo impacto

da nosa presenza no medio.o Antes de marchar, os alumnos e as alumnas farán unha mesa

redonda para comenta-las impresións da visita, as súas opinións respecto da Aula e as súas suxerencias ó fin de que poidan servir de referencia para mellora-lo seu funcionamento.

Destinatarios

As actividades desta aula están dirixidas primordialmente ós alumnos e ás alumnas dos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia, colexios de ensinanza infantil e primaria, institutos de ensinanza secundaria e

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

centros de formación profesional, tanto públicos como privados, e moi especialmente ós niveis educativos da ensinanza obrigatoria.

Cada grupo interesado, ademais de face-la correspondente solicitude, deberá presentar un programa de actividades para o apoio e o reforzo das accións de educación ambiental que se desenvolverán na súa estancia. Debe considerarse moi positiva a realización de actividades previas para a motivación do alumnado e posteriores, cara a explotación docente das aprendizaxes realizadas no medio.

A dispoñibilidade de prazas é dun máximo de 58 persoas (54 alumnos ou alumnas e 4 profesores ou profesoras),

con estancias por grupo de entre dous e catro días. Cada grupo responsabilizarase de organiza-las súas vituallas e comidas.

Dous monitores coordinan as actividades da aula que dispón de diverso material didáctico (libros, vídeos, material biolóxico, etc).

Normas

Ó fin de normaliza-la convivencia durante a estancia nas instalacións da aula considérase oportuno:

Prohibir acender calquera tipo de lume e só se poderá fumar no interior dos locais e espazos habilitados ó efecto.

Tampouco se poderá colleitar ou danar calquera elemento da flora ou da fauna, mesmo como práctica de campo extractora ou recadadoras, ó fin de non fomenta-lo coleccionismo de elementos bióticos.

Asemade, prohíbese o paso ós cercados de reintrodución de especies cinexéticas.

Nos percorridos a pé seguiranse os roteiros establecidos sen desviacións. Autorízase os vehículos exclusivamente pola pista central que comunica ámbalas dúas Ribeiras.

Restrínxese o baño ás zonas moi localizadas e sinaladas do río, que quedan afastadas da residencia.

Foto de autor

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Evitarase a emisión de ruídos e os radio- transistores empregaranse só no interior das edifiacións.

Tódolos residuos sólidos depositaranse selectivamente nos lugares axeitados . Para isto compre reduci-lo seu volume ó máximo posible, levando materiais reutilizables ou reciclables por ser facilmente biodegradables.

A admisión de material biótico condiciónase á súa inspección previa e manexo controlado.

As bicicletas e outros medio mecánicos de deporte só se poderán utilizar limitada e controladamente, sempre cun permiso previo.

Os grupos serán responsables do mantemento das instalacións que se poñen ó seu servizo, debendo entregalas no mesmo estado no que lles foron cedidas.

As persoas responsables dos grupos asinarán á súa chegada un compromiso de cumprimento das normas de visita- estancia e unha relación co inventario e o estado do material que se pon á súa disposición.

Redución de residuos

A grande cantidade de visitas cunha elevada afluencia de persoas ten como consecuencia a produción dun chea de residuos que supoñen una seria dificultade para a súa eliminación, ó esta-la Aula da Natureza do Invernadeiro nun parque natural sen posibilidade de contar cun vertedoiro controlado. Para protexer e minimiza-lo impacto ambiental da nosa propia presenza neste medio ambiente solicítase a colaboración de todos coas seguintes recomendacións:

o Que os grupos leven panos de tea en vez de papel.o Que se evite a utilización de papel de aluminio e de plástico.o Que se eviten os envases de plástico de refugo (por exemplo

iogures).o Evitar que os integrantes do grupo leven larpeiradas

envasadas industrialmente.o Que os envases de bebidas e alimentos sexan do maior

tamaño posible e reutilizables, nunca latas de bebida ou botellas de plástico dun só uso.

De calquera xeito, o grupo visitante debera levarse todo o lixo que non poida ser reutilizado ou reciclado, para depositalo no primeiro contender de recollida para o respectivo procesado de residuos urbanos.A completa colaboración na xestión de residuos e no coidado do contorno son aspectos de valoración para próximas solicitudes.

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Localización

Para chegar á Aula hai que ir a Verín, e de alí, pola estrada que conduce a Castrelo do Val a Campobecerros. Dende esta última localidade tómase pola pequena estrada que vai dar á Ribeira Pequena, desde onde o grupo prosegue a pé deica a Aula, situada a 12 Km. (Os bultos e a equipaxe transpórtanse nun vehículo do Servizo de Medio Ambiente Natural).

Ademais do Parque do Invernadeiro, Castrelo do Val conta con varias rutas.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

RUTA DOS CARBOEIROS

Esta ruta componse dunha vértebra central de 17 kms, paralela á estrada comarcal OUR 114, que une Vilamaior con Campobecerros, orixe desta ruta. Atravesa o Candal, Pena Nofre, Montes de Servoi, Alto dos Friles ata chegar a Castrelo do Val. Da ruta central parten derivacións cara ós pobos de Fontefría, Vilar, Servoi, Pepín e

Nocedo do Val.

O comezo desta ruta sitúase nas zonas altas do concello, onde a economía familiar sempre se complementou con recursos que ofrecía o entorno (mel, carbón vexetal, setas, castañas, …).

O carbón faise de raíces de torgo; primeiro córtase a parte aérea do vexetal, arrincando despois as raíces cun aixadón e xuntándose nunha morea.

Con petas e aixadas prepárase o braseiro, que consiste nun buraco mais ou menos grande feito na terra. No braseiro bótanse as raíces e púñaselle lume, cando acaba de arder tápase ben con terra para que se apagaran as brasas e quedara feito o carbón.

Unha vez feito o carbón metíano en sacos, cargábanos en burros ou machos e collían ruta en dirección ás vilas e pobos da bisbarra. Os seus mellores clientes eran os ferreiros das aldeas e a xente das vilas.

Ó longo da ruta e nos pobos que a circundan pódense ver unha serie de construcións ligadas á produción e transformación de produtos autóctonos do Concello como son o mel e o pan.

Atoparanse muíños de auga, fornos de pan tradicionais e alvarizas, construcións de pedra en forma circular ou ovalada, orientadas o nacente e situadas no monte, que tiñan como misión preservar as colmeas de certos animais coma os osos.

Esta ruta é de dificultade media.

RUTA DO CIRCUITO GALAICO- LUSO

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

A camiñata de montaña de Castrelo do Val consta de 50 km dividida en tres etapas de dificultade baixa, media e alta, transcorre na súa maior parte pola ruta dos Carboeiros e chega ata os límites do Parque Natural do Invernadeiro. Esta camiñata puntúa polo Campionato Galego de Sendeirismo e está organizado polo Concello de Castrelo do Val e polo Circuíto Galego Luso.

RUTA DO PORTOZÓN

A “Ruta do Portozón” parte da zona denominada “O Terrón” en Castrelo do Val, sube cara o pobo de Pepín, cruzándoo e encamiñándose cara o pobo de Ribas, dende onde se bordea o río para unirse á Ruta dos Carboeiros. Seguindo ese camiño, chega ata os Friles e sobe ata o pobo de San Paio. Dende alí encamíñase ao mirador de Portozón, onde se pode ver unha perfecta vista panorámica do Val de Monterrei e volta pola canle de regadío que, en tempos, abasteceu ao pobo de Gondulfes, para voltar ata o punto de partida. A ruta pódese facer tanto a pé coma en bicicleta. O percorrido é de 18 km cunha dificultade media.

RUTA DO CASTELIÑO

A “Ruta do Casteliño” ten o seu punto de partida na zona denominada “O Terrón”, en Castrelo do Val, e inicia a súa andaina cara a Ribas. Despois vai ao pobo de Pepín, cruzándoo e saíndo no “Alto de Vales” en dirección a Nocedo do Val, cruza o pobo e volta pola “Tapada”, “Casteliño”, “Salgada”, “Trascarreira” e remata novamente na zona de “O Terrón”. Ten un percorrido duns 8 km, a realizar a pé ou en bicicleta. A dificultade é Baixa

Ademais destas rutas, Castrelo do Val conta con fermosas áreas recreativas naturais, espalladas por todo o concello.

Foto de Autor: área recreativa de A Ponte Foto de autor: área Recreativa de Pepín

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Riquezas Históricas culturais

Castrelo do Val conta un Museo Etnográfico, que é o espazo máis característico das actividades ancestrais da comarca. Está centrado nos oficios tradicionais (labregos, ferreiros, zapateiros, etc.) e noutros elementos da cultura secular, onde a actividade que máis salienta é a do carboeiro, personaxe inseparable dos camiños do concello e cargado de lendas, que noutro tempo foi o rei dos montes da contorna.

Cada unha das localidades con Concello celebra unha ou varias festas populares na honra do seu patrón. Caracterízanse por seren celebracións de forte carácter relixioso (coma na maior parte dos pobos galegos), onde o acto relixioso dedicado ó patrón ocupa os momentos máis importantes da mañá. Tamén están amenizadas por unha charanga pola mañá e unha orquestra e/ou xogos populares pola tarde- noite.

Ademais das festas patronais, existen outras celebracións que ocupan o lugar máis importante na vida cultural dos habitantes, como son:

Romaría dos Danzantes (Santa María en Fontefría)

Celébrase o último domingo de agosto. Este singularísimo e ancestral baile dos danzantes coincide coa romaría de Santa Marta. O baile foi suspendido por presións do bispado ourensán nos anos sesenta e recuperouse de novo en 1984, aínda que sufriu de novo varias interrupcións. A orixe deste baile é incerta, se ben se relaciona con ritos agrarios pagáns. O que é certo é que o dos danzantes de Fontefría é un espectáculo obrigado dentro do circuíto de danzas brancas ourensáns.

 

Fotos de Autor: Interior do Museo Etnográfico de Castrelo do Val

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Os danzantes son seis homes vestidos cun chaquetón branco, fino e longo, un pantalón da mesma cor e unha banda cruzada. A casaca amárrase cun cinto no que se coloca un pano branco. Na cabeza levan un gorro cónico duns 15/20cm. de alto, tamén branco, adornado con cintas de distinta cor para cada un, e nas mans, castañolas engalanadas.

Escena do baile dos Danzantes ó chegar á praza de Fontefría

 

A actuación comeza tras a misa solemne, acompañando a procesión cos seus bailes e loas á Virxe. A o chegar á praza do pobo xiran arredor do seu cruceiro e de seguido realizan o trenzado das cintas respectivas nun mastro coñecido como "amapola". As cintas son de cor branco, verde, dourado, azul, vermella e negra, e o baile sempre é acompañado por música.

Noite do Lume Novo  (Servoi)

Realízase polo San Xoán (24 de xuño): de raíz pagá, a noite do Lume Novo conmemórase cunha fogata e unha tradicional sardiñada entre os veciños, para acabar saltando a cacharela nun ritual que pretendía, nos seus inicios, purificar

a alma co lume vivo da noite máis curta do ano, no equinoccio de verán.

Magosto  (Campobecerros)

Coincidindo, paradoxicamente, co San Martiño, é (xunto ao Entroido) unha das poucas festas de orixe pagán que quedaron sen cristianizar. A festa, na honra dun dos produtos típicos (a castaña) permite gozar dos bullós (castañas asadas) e o viño novo, da última colleita.

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Romaría da Divina Pastora (Alto do Foxo)

No Alto do Foxo celébrase unha procesión na honra da Virxe da Divina Pastora.

 

Ademais, nalgúns dos pobos de Concello celébranse outras festas gastronómicas relacionadas coa utilización artesanal dos antigos fornos de cada pobo, que se restauraron para beneficio dos propios veciños. Soen ser celebracións que ensalzan as propiedades culinarias deses fornos, e que se poden comprobar na cocción de produtos artesáns coma o pan, as empanadas ou as carnes da terra coma o cabrito ou o cordeiro. Destacan a Festa do Forno de Pepín, celebrada o sábado de Semana Santa e a Festa do forno de Castrelo do Val que se celebra en época estival.

En moitas localidades quedan fornos e muíños, que nalgún caso seguen a utilizarse. Un exemplo é o fermoso pobo de Servoi.

Foto de Autor: Forno de Pepín

Foto de autor: Forno de Servoi Foto de autor: Interior do muíño de Servoi

Foto de autor: Alto do Foxo

Page 23: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Na seguinte táboa recóllense as festas dos pobos que pertencen a Castrelo do Val.

LOCALIDADE PATRON/A DATACampobecerros Nosa Señora do Rosario 1º domingo de outubroCastrelo do Val O Carme / Santa María 16 xullo / 15 agostoFontefría Santa Marta Último sábado de agostoGondulfes Santa Cruz 14 setembroMarbán Santa Cruz 14 setembroMonteveloso San Antón 17 xaneiroNocedo do Val San Brais / San Salvador 3 febreiro / 6 agostoPepín San Vicente 22 xaneiroPiornedo San Brais 3 febreiroPortocamba San Miguel 8 maioRivas San Vicente 22 xaneiroSanguñedo San Ciriós 8 agostoSan Paio San Paio 26 xuñoServoi San Xoán 24 xuñoVeiga de Nostre Santa María 15 agostoVilar San Sebastián 20 xaneiro

Tesouros arquitectónicos

A arquitectura reflicte os condicionantes climáticos e os materiais da zona que ofrecen unha perfecta integración na paisaxe. Casas de pedra con varandas de madeira e tellados de lousa forman parte da fisonomía do concello, descubrindo nas súas parroquias elementos da arquitectura relixiosa en pequenas igrexas e capelas, así como mostras significativas da arquitectura popular en cruceiros, petos de ánimas, muíños, fontes ou alvarizas.

Page 24: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

Desde o punto de vista arquitectónico debemos destacar as igrexas de Servoi, Gondulfes e Nocedo e a Capela de Vilar, sen esquecer o casco antigo de Nocedo cunha interesante fonte e varios cruceiros, dos cales o máis destacable é o de Pepín.

Igrexa de Servoi

A orixe da parroquia vincúlase a un mosteiro beneditino fundado no S.X., doado polo Rei Alfonso VII “O Emperador” a D. Diego, bispo de Ourense, o 28 de maio do ano 1132.

A igrexa actual é do S. XVI, aínda que foi reconstruída no S. XVIII. Conta con elementos barrocos como espadaña e pináculos na fachada. O interior dunha soa nave presenta cuberta abovedada.

O

retablo maior foi realizado polo mestre Amaro da Silva, custou 2030 reais de vellón e representa as imaxes de  S. Vicente, Santiago Apóstolo, S.Pedro, S.Paulo e S.Antonio de Padua. Tanto o retablo maior como os altares laterais destacan polas súas esculturas de madeira moi rústicas e vistosamente coloreadas no ano 1956.

Igrexa de Nocedo

Pequena igrexa dunha soa nave construída no S. XVII. A fachada realizada

Foto de autor: Rúa en Nocedo

Page 25: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

con sillares ben labrados presenta porta con arco de medio punto e enriba un óculo circular que permite a iluminación interior. O remate en espadaña con dúas campás acentúa a verticalidade. Nos laterais fiestras pequenas e estreitas alternan con contrafortes exteriores. Como elemento curioso podemos destacar unha fornela en forma de cuncha coroada cunha cruz e unha inscrición. No interior destaca o altar e retablo maior de estilo manierista, realizado en 1655 polo escultor D. Manuel Martínez.

Peto das ánimas de Gondulfes

Os petos de ánimas son obras relixiosas populares construídas nos camiños para recoller esmolas e rezar oracións polas almas do purgatorio. Esta construcción de forma rectangular e realizada en pedra presenta unha cavidade no corpo central na que se representa a S. Francisco de Asís sacando cun cordón franciscano as ánimas penitentes do purgatorio.

Está rematada cunha sinxela cruz. Os devotos adoitan poñerlle veas e ofrendas fronte á imaxe.

Capela de Vilar

Pequena capela dunha soa nave con porta de arco de medio punto. No interior consérvase unha ara romana, sobre a que están os retablos.

No seu lavadoiro ten dous sarcófagos antropoides medievais. Un deles cun escudo con dous cabalos e a cruz dos xudeus.

Cruceiro de Pepín

Cruceiro realizado en 1759 por Manuel Carre e encargado por devoción de Mateo Carnero. Aséntase

Page 26: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

sobre unha plataforma con tres gradas e está composto por pedestal cadrado no que reza o ano da súa realización, un fuste esvelto e liso. 

Coroa o cruceiro un amplo capitel decorado con follas de acanto e volutas sobre o que se asenta a cruz. Presenta un conxunto iconográfico integrado por Cristo crucificado flanqueado de modo equilibrado por dúas figuras de inferior tamaño.

Outras cousas que ver

Estación de Campobecerros

A liña férrea que une Puebla de Sanabria con Ourense ten parada en Campobecerros. Hoxe en día non é moi utilizada, e a antiga estación converteuse nun albergue.

O proxecto Estacións é unha iniciativa turística que pretende revalorizar as infraestruturas ferroviarias de A

Vilavella (A Mezquita), Campobecerros (Castrelo do Val), Vilar de Barrio, Baños de

Molgas, Santa Cruz de Arrabaldo e Os Peares (A Peroxa), con novos usos culturais enfocados á parte máis humana, social e cultural, a través dun plan para convertelas en espazos de ocio, ecoturismo, turismo activo, natureza e cultura.

Na estación de Campobecerros situarase a base do conxunto de actividades de turismo activo, con escolas de formación e de actividades, para realizar no parque do Invernadeiro. Dispón dun punto de información tur´sitica, albergues, e cantina histórica. O albergue xa se encontra en funcionamento, e acollen ós peregrinos do Xacobeo.

Un alto no camiñoO visitante que se achegue a Castrelo do Val pode disfrutar dos

seguintes aloxamentos:

PENSIÓN CASA NÚNEZ:, situada en Campobecerros (Tel: 988 30 54 21), conta con 4 habitacións.

Page 27: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCASTRELO DO VAL. Unhas pinceladas do Concello. Este concello do sueste da provincia de Ourense ocupa unha zona de transición entre

PENSIÓN A CHARRELA: situada na estrada a Gondulfes (Tel: 988 41 91 29), conta con 4 habitacións. Ademais, está especializada en cociña galega, destacando o cocido, churrasco, e o chuletón.

No referente á casas rurais, en Castrelo do Val hai as seguintes:

TURISMO RURAL CASA RURAL A CABANCANúmero de Habitaciones 3Capacidad Total 6Barrio da Igrexa, Castrelo do Val - Tel: 988 41 90 25 / 699 18 70 49 | Fax: 988 41 90 25Grupo: B Casa de aldea

TURISMO RURAL CASA DO AMERICANONúmero de Habitaciones 3Capacidad Total 6Rúa Fulix, Castrelo do Val - Tel: 988 41 90 70 / 676 46 17 52 | Fax: 988 41 90 70www.turgalicia.es  Grupo: B Casa de aldea

ALDEA RURAL A CORTIÑANúmero de Habitaciones 8Capacidad Total 15Pepín  Castrelo do Val - Tel: 988 41 92 15/645 26 35 22 | Fax: 988 41 92 15

www.turismopepin.com   [email protected] rural Se alquilan casa completa con cocina o por habitación