web viewrevista latina de comunicación social. ... a última fundamental para darlle...

30
Memoria GT (máx. 15 páxinas) Localizador Grupo: 152.D00 Localizadores Individuais (orde alfabética: apelidos+ loc.): Montáns Parmo 152.D01 Platero Pérez 152.D02 Rapado García 152.D03 Río Otero 152.D04 Rivera Molíns 152.D05 Tema e Foco: Relacións interpersoais entre xornalistas e fontes e entre xornalistas e público 1 1.1 Os obxectivos do noso traballo eran o análise das relacións interpersoais entre xornalistas-fontes e xornalistas- público e o estudo prácticas dos xornalistas nalgúns medios de comunicación . Asistimos a unha rolda de prensa con xornalistas de distintos medios e realizamos cuestionarios e entrevistas a profesionais do mesmo eido, saímos á rúa a facerlle preguntas ao público sobre asuntos de actualidade para así coñecer o informada que está a sociedade e realizamos unha enquisa que tiña por obxectivo coñecer a opinión sobre os medios de comunicación. Por outra banda, cumprimos co compromiso de realizar un traballo de documentación centrado en acontecementos que tiveron un gran impacto a nivel local en Santiago de Compostela. 1.2. Dende un primeiro momento tivemos claras cales ían ser as pautas a seguir no noso proxecto: primeiro conseguir os

Upload: trandat

Post on 06-Feb-2018

221 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Memoria GT (máx. 15 páxinas)

Localizador Grupo: 152.D00

Localizadores Individuais (orde alfabética: apelidos+ loc.):

Montáns Parmo 152.D01

Platero Pérez 152.D02

Rapado García 152.D03

Río Otero 152.D04

Rivera Molíns 152.D05

Tema e Foco: Relacións interpersoais entre xornalistas e fontes e entre xornalistas e público

1

1.1

Os obxectivos do noso traballo eran o análise das relacións interpersoais entre xornalistas-fontes e xornalistas-público e o estudo prácticas dos xornalistas nalgúns medios de comunicación. Asistimos a unha rolda de prensa con xornalistas de distintos medios e realizamos cuestionarios e entrevistas a profesionais do mesmo eido, saímos á rúa a facerlle preguntas ao público sobre asuntos de actualidade para así coñecer o informada que está a sociedade e realizamos unha enquisa que tiña por obxectivo coñecer a opinión sobre os medios de comunicación. Por outra banda, cumprimos co compromiso de realizar un traballo de documentación centrado en acontecementos que tiveron un gran impacto a nivel local en Santiago de Compostela.

1.2.Dende un primeiro momento tivemos claras cales ían ser as pautas a seguir no noso proxecto: primeiro conseguir os avais, logo documentarnos e analizar noticias que tiveran gran relevancia no ámbito principalmente local e en diferentes medios e, por último, sacar as nosas conclusións sobre o punto principal do noso traballo: a relación interpersoal entre xornalista-fontes e xornalista-público.

Para lograr os obxectivos principais do traballo decidimos dividir as tarefas grupais en función dos medios cos que traballaba cada membro. Así, Irma Rivera (152.D05), Helena del Río(152.D04) e Lucía Montáns (152.D01) centraron a súa parte do traballo de estudo das relacións xornalistas-fontes no medio La Voz de Galicia, desprazándonos en dúas ocasión até a delegación do

Page 2: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

xornal en Santiago de Compostela para chegar a un acordo de colaboración e comezar a traballar cos xornalistas da súa redación. Posteriormente, tivemos a ocasión de observar e analizar no desenvolvemento da súas tarefas profesionais a unha xornalista de La Voz de Galicia, Rosa Martínez.

Por outra banda, as compañeiras Claudia Platero (152.D02) e Carmen Rapado (152.D03) fomos as encargadas de realizar esta parte de observación e estudo das relacións interpersoais no xornalismo coa Cadena Ser Santiago de Compostela. Até os estudos da radio desprazámonos en varias ocasións para acordar a sinatura do aval, realización dunha enquisa e coñecer o método de traballo na redación deste medio.

A nosa intención tamén era traballar coa TVG, e chegamos a estar en contacto. Solicitáronnos información referente a materia, docente e membros que formabamos o grupo, mais despois de remitirlles o solicitado, non obtivemos ningunha resposta, polo cal despois dun tempo de espera e insistencia, decidimos desistir e centrarnos no traballo cos medios que si aceptaron a nosa proposta de traballo. Este foi o primeiro obstáculo que nós atopamos para cumprir cos obxectivos previamente descritos, pero non o último. Unha das nosas premisas era observar ós xornalistas á pé de rúa desenvolvendo o seu traballo coas fontes que dan voz a cidadanía, pero non foi posible por cuestión de tempo nas axendas dos xornalistas cos que traballamos.

1.3Semana do  6-12 de abril:

7 de abril: Enquisa na rúa sobre a percepción que ten a poboación dos medios que acostuma a consumir.

8 de abril: Contacto coa redactora da Cadena Ser Galicia para realizarlle unha entrevista sobre o contacto coas fontes.

9 de abril: Envío vía email da enquisa

10 de abril: Resposta das preguntas por parte da  xornalista.

Semana do 23 - 29 de marzo:

25 de marzo: Na rúa, realizamos preguntas ó público sobre as noticias das que nos documentaramos.

Semanas do 8- 22 de marzo:

Análise previa e documentación sobre as noticias de gran impacto a nivel local, das que posteriorme nte faríamos unha enquisa a pé de rúa.

4 de marzo: Entregamos uns cuestionarios, a responder por xornalistas da Cadena Ser.

Page 3: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

5 de marzo: Recollimos os cuestionarios dos xornalistas. Tamén, acudimos a unha rolda de prensa no Concello, en virtude de acompañantes de dúas xornalistas, Rosa Martínez (La Voz de Galicia) e Lara Salgado (Cadena Ser).

Semana do 23 febreiro - 1 de marzo:

24 de febreiro: Enviamos a ficha anteriormente mencionada, da que non obtivemos resposta.

26 de febreiro: Publicamos a enquisa realizada no blog da asignatura.

25 de febreiro: Realizamos unha enquisa ao público sobre a súa opinión acerca dos medios de comunicación, vía Facebook.

Semana do 16 - 22 de febreiro:

19 febreiro: Contactamos coa TVG vía email. O mesmo día obtivemos resposta, onde nos pedían unha ficha cos datos do noso traballo, profesor, materia…

1.4

Consideramos que os procedementos levados a cabo para conseguir os obxectivos da materia foron os adecuados, e ademais realizámolos de xeito correcto. A observación das relacións interpersoais no xornalismo meteunos de cheo no xornalismo profesional, e conseguimos reflexionar e valorar as boas e malas prácticas de cara ó noso futuro. Por outra banda, fixemos un traballo de documentación co que aprendimos que esta é unha tarefa complicada que require moito tempo para atopar toda a información necesaria para non publicar nada nos nosos posts que non estivese contrastado con varios medios. Ademais, tamén estudamos o tratamento que deron os medios cos que traballamos a través de noticias que tiveron un impacto local na cidade de Santiago de Compostela.

      

1.4.2

A publicación dos posts sufriu unha evolución progresiva na que partimos dunha toma de contacto coas fontes e os diferentes medios, ata chegar a obter informacións concretas sobre noticias determinadas que nós solicitamos ós mesmos. Con respecto ao posts individuais, para a súa publicación o procedemento foi o seguinte: partindo da base dun traballo común, dividíamos en diferentes tarefas que se asignaban a cada compoñente do GT. Nos grupais o método era similiar pero o traballo era en equipo e consensuado. Respecto

Page 4: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

do interese dos compañeiros da aula, pensamos que foi un tema que espertou interese nos compañeiros, que se viu reflexado tanto nos comentarios que nos ían deixando nos posts como nos datos, ideas ou aportacións que nos fixeron na clase.

      

1.4.3

Tendo en conta que o noso proxecto estivo encamiñado ao análise das relacións interpersoais entre os xornalistas e as fontes e os xornalistas e o público, é evidente que os conceptos que tocamos nel aparecen ao longo do temario desta materia. Tamén, houbo unha moi boa complementación coas lecturas e os diversos materiais aportados cos que traballamos. Algún exemplo disto pode ser o texto no que Tuchman analiza a obxectividade como estratexia do xornalista, ou o libro de Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio. Durante a realización deste traballo fomos testemuñas da importancia que supón no ámbito periodístico a busca da verdade, a transmisión da información de forma honesta e, na medida do posible,  de maneira obxectiva.

1.4.4Os resultados acadados grazas a este proxecto son diversos. En primeiro lugar, coñecemos a visión dos xornalistas con respecto aos medios en xeral e a súa relación coas fontes. Observamos a morbosidade e o amarillismo co que tratan algúns medios diversas noticias e descubrimos as distintas concepcións que ten á sociedade con respecto a algunha noticia de impacto local segundo o medio no que se informen. Isto último, lévanos a cuestionar a eficacia dos medios. Aínda que é verdade que son moitos os cidadáns que non prestan demasiada atención ó que acontece, unha das principais labores dos periodistas é a de captar a atención do público e ou ser interese. Consideramos os resultados deste traballo principalmente constructivos para a nosa formación e futura profesión.

Por outra banda, temos pensado realizar a nosa actividade de visibilización con distintos vídeos e fotografías que amosen, de xeito claro, o noso traballo durante o cuadrimestre (saídas á rúa, fotografías das actividades que realizamos, etc.)

Page 5: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

1.5

Cedrón, M. (24/07/2013). Accidente en Santiago: La caja negra confirma que el tren iba a más de 190km/h. La Voz de Galicia. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/07/24/maquinista-tren-descarrilado-santiago-reconoce-iba-190-hora/00031374692270721158120.htm>Primeira cobertura que La Voz de Galicia realizou do accidente do Alvia de Santiago de Compostela. Nela fálase de número de víctimas, posibles causas do sinistro e responsabilidades do mesmo.

Cervera, José. (28/12/2013). El arte del periodista. eldiario.es. <http://www.eldiario.es/defensor/periodismo-periodistas-redaccion_6_212138794.html>Este artigo de José Cervera, defensor da comunidade do lector do eldiario.es, narra as rutinas cotiás do xornalista.

Duva, Jesús. Pampín, María (07/07/2011). Desaparece el Códice Calixtino en Santiago de Compostela. El País.<http://cultura.elpais.com/cultura/2011/07/07/actualidad/1309989604_850215.html>Igual que na noticia anterior, nesta vemos a información que aportou o diario El País sobre o roubo. Utilizouse a mesma noticia de dous medios diferentes para comparala.

Europa Press (24/09/2014). Víctimas del accidente de Angrois rechazan el nombramiento de Rafael Catalá como ministro de Justicia. La Voz de Galicia. < http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/09/24/victimas-accidente-angrois-rechazan-nombramiento-rafael-catala-ministro-justicia/00031411548318314758325.htm>

García León, Juanita. (07/11/2013). ‘Dime cuántas y qué tipo de fuentes tienes y te diré qué clase de periodista eres’. Plataforma de periodismo.< http://www.plataformadeperiodismo.com/node/61>Este escrito comenta os principios básicos sobre os que se constrúe o bo periodismo. Fai especial fincapé na importancia da busca de fontes fiables, así como o contraste de información.

García Serrano, Eduardo (29/01/2015). Pablo Iglesias es un hijo del FRAP. La Gaceta.

<http://www.gaceta.es/noticias/pablo-iglesias-hijo-frap-29012015-1215>

Page 6: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Neste artigo reflíctese de forma máis que evidente a ideoloxía dun dos xornais españois que máis tenden á dereita. Observamos a forte oposición e desprestixio que realizan contra Pablo Iglesias e a súa doutrina política.

González, Pablo (25/09/2014). La sombra del Alvia persigue al nuevo ministro de Justicia. La Voz de Galicia. < http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/09/25/sombra-alvia-persigue-nuevo-ministro-justicia/0003_201409G25P3992.htm >Os dous artigos  recollen a indignación por parte das vítimas e familiares de do accidente do Alvia polo nombramento de Rafael Catalá como Ministro de Xustiza. Catalá era Secretario de Estado de Infraestructuras na data do sinistro.

López de Miguel, Alejandro (20/03/2015). “En un gobierno de Podemos ninguna institución será secreta". Público.< http://www.publico.es/politica/gobierno-institucion-sera-secreta.html >En cambio, o diario Público, cuxa liña ideolóxica identifícase coa esquerda dálle un tratamento completamente diferente a Podemos e mostra a política do partido como positiva e dalgún xeito, esperanzador.

N.V. (25/09/2014).Gallardón dimitió antes de la convocatoria de la consulta catalana por la demora de Mas. ABC.<http://www.abc.es/espana/20140925/abci-gallardon-cataluna-201409241329.html>

Flotats, A. (23/09/2014). Gallardón debe dimitir por haber criminalizado a las mujeres.<http://www.publico.es/actualidad/gallardon-debe-dimitir-haber-criminalizado.html#>

Estas dúas noticias comentan a dimisión de Gallardón a finais do pasado ano. En cambio, fano de formas moi diferentes. ABC, diario conservador, considera que o Ex Ministro de Xustiza tiña planeada a súa dimisión antes do fracaso da polémica reforma da Lei do Aborto. En cambio Público, cuxa ideoloxía comentei antes, xustifícaa con argumentos que deixan moito que desexar del.

León García, Juanita. (2004). La relación entre los periodistas y sus fuentes. Proyecto Antonio Nariño.<http://www.pan.org.co/sites/default/files/pdf/la%20relaci%C3%B3n%20entre%20los%20periodistas%20y%20sus%20fuentes.pdf.pdf>>Esta páxina recolle moita información sobre a relación entre os xornalistas e fontes. Fala de se existe independencia delas, de a quen elixir como fonte, as obligacións dun xornalista coas fontes, etc.

Page 7: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Martínez, Rosa (5/03/2015). La renta social completará ingresos de familias necesitadas hasta el límite de la Risga. La voz de Galicia. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/03/05/renta-social-santiago-completara-ingresos-familias-necesitadas-limite-risga/0003_2015031425559179222308.htm >Información recollida pola xornalista Rosa Martínez no Concello de Santiago cando acudimos con ela para cubrir a parte de observación do traballo profesional que nun futuro desenvolveremos. Fala do novo programa de axudas sociais que dende o goberno local impulsarán en plena campaña electoral.

Melchor, Xurxo. (26/09/2013). “Asunta no aparece en el testamento de sus abuelos pero recibió bienes en vida”. La Voz de Galicia.<http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/09/26/analisis-testamento-descarta-asunta-fuera-heredera-universal-abuelos/00031380213227265774558.htm>Información sobre o testamento do caso Asunta por parte de La Voz de Galicia.

Mosteiro, M. Pino, C. (04/07/2011) “Desaparece el Códice Calixtino del archivo de la Catedral de Santiago”. La Voz de Galicia.<http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/07/07/0003_201107G7P2995.htm> Información do roubo do Códice Calixtino en Santiago de Compostela por parte do diario La Voz de Galicia.

Peralta, Diego (Agosto 2008). Internet y la transformación del periodismo. Saladeprensa.org.<http://www.saladeprensa.org/art766.htm > Reflexión sobre como Internet se converte nun medio de comunicación máis a ter en conta no mercado mediático.

Rodríguez, Guillermo (29/10/2014). Jeff Jarvis: “El periodismo en Internet es mejor que el impreso”. The Huffington Post <http://www.huffingtonpost.es/2014/10/29/entrevista-jeff-jarvis_n_6066254.html >

Santamarta, Rubén (1/08/2013). Julio Gómez- Pomar Rodríguez: “antes de acabar este año estará operativo el sistema ERTMS”. La Voz de Galicia. < http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/08/01/acabar-ano-estara-operativo-sistema-ertms/0003_201308G1P8998.htm >

Serrano, Pascual. (2009). Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo. Barcelona.  Ed. Península.

Page 8: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Taboada, X.A. (29/07/2013). Rafael Catalá: “El accidente, gravísimo, no fue en la alta velocidad como algunos dañinamente dijeron”. La Opinión A Coruña. <http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/07/29/rafael-catala-accidente-gravisimo-alta/746865.html >

1.5.2

Arroyas, Enrique. La objetividad y la función democrática del periodismo. Academia.edu.<http://www.academia.edu/2035998/La_objetividad_y_la_funci%C3%B3n_democr%C3%A1tica_del_periodismo>En el texto el autor explica la importancia del periodismo en una sociedad democrática y la manera en que se debe ejercer.

Cabezas, Dani. (27/04/2010). Feminismo y rock: las mujeres al poder. 20minutos.es<http://www.20minutos.es/noticia/689312/0/feminismo/rock/musica/>Este artigo de 20minutos fálanos do feminismo no rock.

ConcorTV (26/08/2013). Las radios comunitarias en latinoamerica. www.concortv.gob.pe<http://www.concortv.gob.pe/index.php/noticias/1162-las-radios-comunitarias-en-latinoamerica.html>Esta páxina fala da evolución e do progreso das radios comunitarias en latinoamérica.

Consejo de redacción. (12/12/2009). Cómo cultivar las fuentes periodísticas. youtube.com<https://www.youtube.com/watch?v=CM5MyxKBGE4>Neste vídeo o xornalista Daniel Santoro do diario Clarín de Arxentina, conta como se deben tratar as fontes. Di que hai que coñecelas, velas, gañarse a confianza.

Díaz, Luis. (26/02/2015). Iglesias “censura” el turno de réplica. La Razón.<http://www.larazon.es/espana/iglesias-censura-el-turno-de-replica-NI8965528#.Ttt1b4F6BaiqsOY>Insistimos na influencia da liña ideolóxica dun medio á hora de publicar unha noticia. Este enlace, mostra que isto non só acontece co texto da noticia. As fotografías poden chegar a dicir moito.

Feafes: La salud mental también va contigo. <https://feafes.org/>

Page 9: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Web sobre saúde mental que adxuntei a un post dunhas compañeiras que tratan este tema no seu proxecto

Juntando más letras. “El fin de una época”, de Iñaki Gabilondo. Unha acertada revisión sobre a crise do xornalismo. juntandomasletras.blogspot.com<http://juntandomasletras.blogspot.com.es/2013/01/el-fin-de-una-epoca-de-inaki-gabilondo.html>Blogue no que se fai una reseña do libro El fin de una época, que lles recomendei a unhas compañeiras no seu post grupal xa que se adicaron ao tema das expectativas no xornalismo.

Maciá-Barber, Carlos y Galván-Arias, María Ángeles. (2012). Presunción de inocencia y deontología periodística: el “ caso Aitana”. Revista Latina de Comunicación Social.<http://www.revistalatinacs.org/067/art/960_Getafe/RLCS_paper960.pdf>Neste documento explícanse de forma moi interesante os principios deontolóxicos do periodismo, xa que os seus autores o fan partindo da análise dun feito real e concreto.

Durán Rodríguez, Jose. (03/12/2013). Radios libres y comunitarias: más de treinta años de alternativas en el dial. que.es<http://www.que.es/ultimas-noticias/espana/201312030800-radios-libres-comunitarias-treinta-anos.html>O artigo de que.es explica, de forma moi detallada, en que consisten as radios comunitarias, os seus fins e obxectivos.

García García, Javier. Transformaciones en el Tercer Sector: el caso de las radios comunitarias en España. Ad comunica. <http://www.adcomunicarevista.com/ojs/index.php/adcomunica/article/view/90http://www.ondacolor.org/index.php/noticias-y-actividades/82-el-vergonzoso-borrador-de-reglamento-para-radios-comunitarias>Este enlace fala, sen adentrarse moito, de en que consisten as radios comunitarias e os problemas delas en España.

La prensa Perú. (11/09/2014).10 películas que recuerdan el golpe de Pinochet contra Allende. La Prensa.Pe. <http://laprensa.peru.com/actualidad/noticia-10-peliculas-que-recuerdan-golpe-pinochet-contra-allende-12496>En esta páxina podemos encontrar información sobre un dos problemas que máis dano fan ao xornalismo: a falta de transparencia.

Page 10: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Mauleón, Amaia. (16/07/2015). Las gallegas “kañeras” alzan su voz. Faro de Vigo.

<http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/07/16/gallegas-kaneras-alzan-voz/1058886.html>Trinta mulleres reúnense para reivindicar un espazo que non teñen na sociedade. Xa que o rock está completamente masculinizado, estas mulleres “kañeras” únense en este proxecto para que as cousas no mundo do rock cambien.

Miranda, Isabel. (19/06/2013). La publicidad sexista que ahora no veríamos. abc.es <http://www.abc.es/medios/20130616/abci-sexismo-publicidad-evolucion-201306142211.html>Esta noticia dinos, en termos xerais, que si que é certo que se mellorou moito na discriminación da muller na publicidade, pero que aínda queda moito por percorrer.

Mujer emprendedora. <http://mujeremprendedora.net/>Páxina de noticias de actualidade sobre mulleres emprendedoras, xa que no post no que comentei saía este tema e pareceume interesante aportar esta información por se lles facilitaba o traballo.

PFO. (07/03/2010). Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo. resumante.wordpress.com<https://resumante.wordpress.com/2010/03/07/desinformacion-como-los-medios-ocultan-el-mundo/> Resumo de dous capítulos do libro “Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo” de Pascual Serrano. Explícase a forma de ocultar información dos medios, as mentiras, como a prensa sigue aos líderes, etc.

Ràdio Malva. (2013). Derecho de libre expresión. www.radiomalva.org<http://radiomalva.org/tercer-sector/>Explícanos as distintas leis sobre a liberdade de expresión e os obstáculos polos que teñen que pasar os medios comunitarios en España.

Sánchez, Francesc. (27/06/2013). Barcelona. “La educación femenina durante el franquismo”. elincorformistadigital.com<http://www.elinconformistadigital.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=2140>El incorformista digital cóntanos como era a educación das mulleres durante a época franquista.

Page 11: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Vico, Darío. (14/04/2012) “Mujeres que cambiaron las reglas del rock”. rollingstone.es<http://rollingstone.es/reportajes/mujeres-que-cambiaron-las-reglas-del-rock/> Este artigo fálanos de mulleres que deixaron pegada no rock.

Semitiel, Marta. (28/01/2015).Banco Santander compra las portadas de los principales bancos españoles. Infolibre.com<http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/01/28/banco_santander_compra_las_portadas_los_principales_periodicos_espanoles_27458_1027.html>Esta noticia conta o que pasou cando o banco Santander mercou as portadas dos xornais maioritarios en España. Ao comparar esto cos medios comunitarios, saquei a conclusión de que nun deles esto nunca acontecería, xa que están ao servizo dunha comunidade, da cidadanía, e non do poder.

Todos os enlaces que utilizamos fúmolos poñendo nos posts e quixemos deixalos plasmados nesta memoria..

1.5.3

Ainhoa Apestegui: redactora da Cadena Ser galicia que nos aportou a súa visión acerca da súa relación e tratamento coas fontes.Lara Salgado: xornalista da Cadena Ser. Acudimos con ela á rolda de prensa do Concello, acompañámola na súa entrada en directo na radio e ensinounos o proceso de redación da noticia.Gabriel Davila: xornalista da Cadena Ser que nos axudou a contactar co resto de compañeiros do seu medio.Aida Pena: xornalista da Cadena Ser gracias a cal conseguimos o noso primeiro aval.Rosa Martínez: xornalista de La voz de Galicia encargada da información municipal. Deixounos acompañala á rolda de prensa do Concello e observar así o seu traballo.Ignacio Carballo: delegado de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela. Facilitounos a firma do aval para comezar co proxecto.

1.5.4Algúns dos espazos e contextos polos que nos movimos, como xa citamos ao longo desta memoria, foron os distintos medios de comunicación cos que traballamos: as redaccións de La Voz de Galicia e de Cadena Ser Galicia, o Concello de Santiago, onde estivemos na sala de prensa e asistimos a unha

Page 12: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

rolda de prensa, a propia rúa, onde quixemos recoller o que pensaban os cidadás ou canto informados estaban…Todo isto influiu no traballo final de modo que puidemos adentrarnos un pouco máis no día a día dun xornalista, e así, puidemos plasmalo no noso traballo da relación dos xornalistas coas fontes e co público.

2. APORTACIÓNS INDIVIDUAIS

MONTÁNS PARMO, LUCÍA. 152.D01

2.1

Por unha banda, mellorei a miña capacidade de coordinación co resto de membros do grupo, para que os obxectivos do noso traballo se cumprisen. Ademais, requiría un compromiso e constancia as subidas de posts e os comentarios no blog, que me valeu tamén para mellorar en cada unha das entradas.

Aprendín tamén cal é a dinámica que seguen os xornalistas no desenvolvemento das súas tarefas profesionais, como por exemplo, cal é o funcionamento dunha rolda de prensa. Coas prácticas que decidimos facer de acordo co noso proxecto, por exemplo, saír á rúa a facerlle preguntas ó público, coñecín outra forma de relacionarme coa xente: en virtude de xornalista. A tarefa requiría dinamismo e decisión, a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron participar e axudarnos con esta práctica. Asemade, percibín de preto o difícil que resulta ser obxectivo nesta profesión, a forza que ten a persoa sobre a profesión neste ámbito.

Coa parte documental e analítica do traballo percibín a necesidade de paciencia, constancia e dedicación que se precisa para realizar unha tarefa deste tipo. Contrastar todas as fontes posibles e seleccionar a información precisa para a súa difusión require responsabilidade e actuación conforme ó código deontolóxico, do que moito sabemos e pouco facemos.

As lecturas que para esta materia realicei, principalmente, servíronme para coñecer mellor os eidos que pode chegar a abarcar, non só no xornalismo, senón na comunicación que establecemos en cada unha das nosas relacións. Se tivera que elixir un documento empregado, sería o texto de Boaventura de Sousa Santos, “As epistemoloxías do Sur”, do que saco que a falta de

Page 13: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

comunicación, ou a falta de desexo da mesma, lévanos a que haxa unhas desigualdades vertixinosas entre as persoas e a súa condición. Os apuntamentos da materia fóron especialmente útiles para orientar algún dos posts individuais e grupais, e complementar correctamente as distintas aportacións incluidas neles.

2.2

A principal idea que tiña cando eliximos o tema de relacións interpersoais no xornalismo era traballar no eido do xornalismo profesional, o máis preto posible da profesión e dos sucesos para poder aprender o máximo. A escolla dos medios cos que íamos a traballar foi decisión grupal, pero desde a individualidade parecéronme boas opcións os tres medios, especialmente a Cadena Ser, coa que xa tiña experiencia, pois colaboraron cun grupo de traballo que teño noutra materia, e a experiencia foi boa ambas veces.

Para os posts grupais, a participación foi a mesma por parte de todas as compoñentes do grupo, e grazas ó traballo da coordinadora, as tarefas sempre estiveron ben repartidas e acorde coas actividades que dentro do grupo nos comprometimos a realizar cando traballabamos ó mesmo tempo cos dous medios de comunicación.

Os obxectivos que decidimos previamente a empezar co proxecto, foron cumpridos, salvo por algún contratempo, como por exemplo a falta de resposta a petición de colaboración que enviamos a TVG. Isto, un problema no seu día, foi solucionado incrementando as actividades de cara ós medios que si aceptaron a nosa proposta e nos permitiron internarnos no seo do xornalismo. Como grupo, nalgún momento, o tempo volveuse na nosa contra, pero sempre entregamos as prácticas e post grupais a tempo, que eran froito do traballo de todas nós.

2.3

Ademais dos posts individuais, realicei unha serie de exercicios no exterior (fóra da facultade), como a asistencia a unha rolda de prensa no Concello de Santiago, diversas visitas a delegación de La Voz de Galicia e Cadena Ser e enquisas a pé de rúa.

En canto a colaboración con outros grupos, a compañeira Paula Sánchez Álvarez, do BCP, acompañounos o Concello e a rúa a facer enquisas ó público para despois plasmar no Making Off do grupo 152.D00.

2.4

Pareceume moi interesante dende o primeiro momento. Como antes dixen, quería coñecer o mellor posible que é o xornalismo profesional e adquirir novos coñecementos, e así foi; se xorde a ocasión de continuar con este proxecto

Page 14: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

noutra materia, faríao. Aprendín novos procedementos e desbotei aqueles nos que estaba errada, pero quizais con máis tempo, non só tres meses, podería chegar a coñecer moitas máis cousas. Creo que fixemos un bo enfoque do tema; recuperaría o traballo co mesmo grupo, a dinámica foi boa.

Non obstante, non lle vexo rendibilidade para converter o traballo en un proxecto profesional. Aínda que traballamos ben cos xornalistas, algunhas veces topámonos con algunha actitude non tan aberta, mostrándose reservados co noso traballo, aínda que fose só de índole académico. Se o obxectivo fóse desenmascarar as malas prácticas e premiar as boas, os medios de comunicación terían unha actitude de total rexeitamento cara ese traballo. Penso que a mellor forma de lograr o xornalismo que desexamos e meternos na profesión de cheo.

PLATERO PÉREZ, CLAUDIA. 152.D02

2.1

Individualmente, penso que aprendín non só a teoría que se pretendía nesta materia. Sinceramente, penso que iso queda nun segundo plano no momento que, a nivel persoal, enriquecinme nesta materia como ‘futura profesional’. Tamén cambiei a miña visión sobre o que é un traballo en equipo: ao poder elixir nós con quen traballar, coordinarse e falar as cousas, facer críticas construtivas ou simplemente traballar en equipo, foi algo moi gratificante.

Dende o primeiro día, como voceira, tiven que asumir que o medo a falar en público tiña que desaparecer; contactar con xente que non coñecía, falar con xornalistas e intentar moverme neste mundo foron algunhas das cousas das que antes non me vía capaz, e creo que é bo que vaia aprendendo como é a vida xa en segundo de carreira. Dentro do ámbito académico, penso que todo o que lin, xa fora pola miña conta ou por recomendación do profesor/compañeiros me serviu para, ademais de documentarme para o traballo e aportar datos, para enriquecerme persoalmente e poder ter mais coñecementos do mundo do xornalismo.

2.2

Penso que conseguimos acadar un bo traballo en equipo malia que ao principio nos custase orientarnos e enfocar o tema definidamente.

Unha vez acotado o tema, dividímonos segundo o medio co que foramos traballar cada unha. Aí, eu fun a unha rolda de prensa cunha xornalista da

Page 15: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Cadena Ser, e, despois, fun con ela para ver como era o proceso que se realizaba na radio antes de dar a noticia. Tamén, fixemos enquisas, tanto por intertet como na rúa, unha experiencia que repetiría, aínda que algunha xente non puxera moito da súa parte.

Melloraría quizais o feito de acadar uns obxectivos concretos. Non digo que non os acadásemos, se non todo o contrario: fomos máis alá do previsto, escapándonos un pouco da idea principal. Foi moi enriquecedor todo, cada unha das experiencias, pero, por exemplo, un dos obxectivos era analizar as boas e malas prácticas dos profesionais do xornalismo e foi algo que non puidemos observar.

2.3

Realicei diversas actividades que nun conxunto penso que me serviron para afondar máis na cuestión que buscabamos: as relacións interpersoais no xornalismo. Non só as enquisas, as visitas a Cadena Ser, o contacto cos xornalistas ou as lecturas para o traballo me aportaron algo; tamén lin moi asiduamente o blog, e moitas aportacións de compañeiros con temas similares me axudaron a profundizar máis no tema.

2.4

Si que penso que este tema seria moi interesante para desenvolver dunha forma mais ampla, xa que ademais de ser un tema que se actualiza día a día, que sempre vai ter algo que se poda contar, engadir ou aportar, pode ser de grande interesa para aqueles que forman a comunidade do mundo da comunicación, valga a redundancia.

RAPADO GARCÍA, CARMEN. 152.D03

2.1

Ao longo do traballo que realicei durante este cuadrimestre adquirín diferentes coñecementos e que creo reflectín nos posts. O meu traballo consistiu, fundamentalmente, en intentar sacar o máximo rendemento aos xornalistas da Cadena Ser e saír á rúa para falar e contar coa opinión da xente respecto aos medios de comunicación.

Unha vez finalizado o proxecto podo citar varias cousas que saquei en limpo,l pero tamén contras. Aprendín a relacionarme con xente da miña futura profesión, dinme conta de que as conversas teñen que ser en directo para aprender realmente delas e de que contactando por correo só perdes tempo. Hai que facerse notar e insistir, ir ao propio medio para que che fagan caso porque aínda non estamos metidos no mundillo e resulta difícil que conten

Page 16: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

contigo. Tamén me din conta da vantaxe que ten saír á rúa para entrevistar e facerlle preguntas á xente, en lugar de facer enquisas vía internet, xa que perdes información. Ao saír á rúa, comecei a perderlle o medo á xente e atrevinme a falar e a facerlles preguntas, algo que antes me custaba máis. Realmente é interesante saber a opinión do público dos medios de comunicación e a mellor forma é saíndo á rúa.

Tamén aprendín algo importante: a falta de sinceridade por parte dalgún xornalista, xa que cando realicei o cuestionario aos membros da Cadena Ser houbo respostas moi dispares, desde a maioría de xornalistas que contestaron que parte da información se oculta ao público ata algún que contestou que nunca se oculta información. Pero quédame claro que a realidade é que non convén contalo todo e que dependendo da liña editorial na que se traballe, a información pode ser moi distinta, aínda que penso que non debería ser así pero, lamentablemente, o xornalismo tamén é un negocio. O trato que se lle deu ao Caso Asunta na Voz de Galicia tamén merece especial mención, xa que analicei noticias deste caso, lin críticas, informeime sobre o tema e deume pena o xeito morboso e amarillista co que se tratou. Titulares erróneos, ningunha desculpa, imaxes escabrosas… estes son só algúns dos exemplos que demostran que realmente a sociedade é morbosa e paga cartos por ler eses titulares e ver imaxes indignas. Que saco en limpo desto? Que desexo non chegar nunca a ese punto ao que chega algún medio de comunicación só por vender.

Por outra banda, con respecto as lecturas realizadas (ademais das recomendadas na clase e a todo aquilo que atopei e me axudou a evolucionar no traballo) merece especial mención o libro de Riszard Kapuscinski que escollín para o debate. Este autor conta, desde a súa experiencia, as claves para ser un bo xornalista: honestidade, empatía e estar no lugar dos feitos cando estes ocorren, observar as cousas, porque aínda que recibas moita información está claro que desde fora as cousas percíbense de forma completamente distinta.

2.2

Os membros do grupo non tivemos ningún problema durante a realización do traballo. Houbo boa coordinación e para que todo saíra ben, para traballar cos xornalistas decidimos dividirnos por medios de comunicación e para analizar os feitos actuais cada unha de nós analizou un tema distinto, para non ser repetitivas e ter información diversa. Con respecto ao traballo cos medios, eu centreime na Cadena Ser e cabe dicir que non nos puxeron impedimento en ningún momento, todo saíu sobre rodas e axudáronnos en todo o necesario.

Que melloraría do traballo? Pois principalmente, o noso proxecto dirixíase cara un tema concreto, tiñamos un obxectivo común que se centraba na relación fonte-xornalista e xornalista-público e análise das boas e malas prácticas dos

Page 17: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

xornalistas. Penso que nos faltou tocar un pouco máis a relación fonte-xornalista, fixemos o que puidemos pero resultounos difícil inmiscirnos nesta relación. Falamos con xornalistas para que nos contaran, en termos xerais, como é a súa relación coas fontes ás que acoden pero non vimos esa relación, non puidemos analizar o nivel de confianza, o trato e a elección de fontes por parte dos profesionais deste oficio.

Outra mellora do traballo sería coa axuda da RTVG, un medio co que contactamos por correo pero, tras un par de correos máis, ignoraron a nosa proposta. Quizais, o fallo que tivemos foi a falta de insistencia ao medio. Algo que deberíamos haber feito era ir ao propio estudo da RTVG, xa que desa forma seríalles máis difícil negarse a axudarnos. O problema é que o tempo se non viña enriba, e coa longa espera ao correo, finalmente non contamos coa axuda deste medio de comunicación público.

2.3

Actividades realizadas: cuestionario aos membros da Cadena Ser; asistencia a unha rolda de prensa no Concello cunha xornalista da Cadena Ser, e posterior charla coa xornalista e entrada en directo con ela para as noticias da radio; entrevista a Ainhoa Apestegui, redactora da Ser Galicia, a cal me contou como é a súa relación coas fontes; saída á rúa para preguntarlle á xente como entendeu algunha noticia importante no ámbito local (Caso Asunta, Preferentes, Códice Calixtino, etc) para coñecer cómo de ben ou mal chega a información ao público; visualización de vídeos e páxinas que os compañeiros de clase me aconsellaron nos seus comentarios. Na clase, realicei en grupo un resumo sobre o concepto comunicación, o cal me axudou a chegar a unha definición clara desta palabra. Por outra banda, o meu grupo de traballo mais eu explicamos na clase a existencia dunha rede de fontes no mundo do xornalismo. Ademais, a participación nos debates tamén me axudou, en certa medida, a entender mellor algún concepto no referente ao xornalismo (empatía, honestidade, etc.)

2.4

Creo que pode ser útil este traballo para a realización doutras actividades xa que nos adentrou no mundo dos xornalistas, coñecemos un pouco máis a súa versión sobre as relación coas fontes, temos xa construída unha crítica fronte algún medio de comunicación (morbosidade, etc.).

Por outra banda, con este traballo conseguimos ter máis relación e coñecer máis profesionais do xornalismo, o que fai que teñamos xa camiño andado por se algún día os volvemos precisar.

Ademais, estaría ben facerlle ver á sociedade o que aprendemos con todo isto: o negocio do xornalismo, as mentiras, os intereses, etc. para que non crean

Page 18: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

todo o que escoitan “na tele” e que teñan claro que coa forma de facer xornalismo dalgúns medios de comunicación é moi difícil crear unha opinión pública.

RÍO OTERO, HELENA DEL. 152.D04

2.1

Sendo un traballo en grupo a responsabilidade de facer as cousas ben individualmente é maior, polo menos para min. Saber que o traballo que ti realices repercutirá na nota de máis xente é un motivo engadido para facelo o mellor posible. Así pois, este proxecto serviume, entre outras cousas, para mellorar a miña capacidade de traballar en grupo.Investigar arredor das relacións xornalista-fonte e xornalista-público levoume a analizar noticias e comportamentos dun xeito máis crítico do que o facía ata o de agora. Ver máis alá do que nos contan é algo positivo para calquera persoa dentro dunha comunidade e moito máis para nós, que pretendemos ser profesionais da comunicación.Fóra do ámbito estritamente académico este traballo axudoume a moverme máis por min mesma. Desprazarse a medios de comunicación, falar con xornalistas, realizar chamadas, etc. E, aínda que soe a tópico, seguramente aprendín máis dos erros que dos acertos (ver que mandar correos non serve case para nada, por exemplo). Somos estudantes de xornalismo e a capacidade que teñen para ignorarnos é algo fóra do normal. Insistir, insistir e insistir e, aínda así, non sempre atopamos resposta. Ás veces puidemos sentírmonos 'pesadas' e darnos 'vergonza' moitas cousas mais, como dicía o meu avó "coa vergonza nin se xanta nin se almorza", así que se este proxecto serviu para botarlle máis cara/morro á vida xa é un punto positivo.Tamén teño que destacar que, tanto a miña investigación arredor do tema, como os enlaces e propostas que deixaban os compañeiros nos posts, servíronme de moito para un hipotético futuro xornalístico. A lectura dalgúns blogs e de outro tipo de textos fixeron que a miña percepción sobre algúns temas cambiara ou, polo menos, que puxera en dúbida algunhas ideas que tiña.A medida que facía o traballo ía lembrando lecturas que fixera con anterioridade e que me servían para analizar este traballo. Desinformación de Pascual Serrano ou Eidos de xornalismo de Carlos Reigosa, conteñen información da relación fonte-xornalista e, se nun principio cando lin estes libros non mostrei gran interese nos capítulos relacionados con estes temas, con este proxecto volveron á miña mente e puiden analizalos con maior profundidade.

Page 19: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Se tivera que destacar un punto positivo que puidera adquirir grazas a este proxecto é sen dúbida a mellora da capacidade de crítica, algo non pouco importante se me quero adicar a un campo laboral como é o xornalismo.

2.2

No traballo tocoume ser a coordinadora, pero isto non foi un peso máis sumado ao proxecto. As compañeiras sempre estaban dispostas e non houbo problema interno algún.A temática foi escollida entre todas e cada unha aportou as súas ideas. A verdade é que foi un traballo grupal en todos os sentidos; as propostas de cada unha sempre foron postas en común, debatidas e decididas. O tempo sempre corría na nosa contra cando algún medio nos ignoraba e non podiamos seguir avanzando, pero ao final sempre soubemos como saír dos problemas e levar a cabo o traballo.Evidentemente, todo é mellorable, quizais con máis tempo entre post e post ou cun maior número de caracteres sería posible explicar mellor o que quixemos transmitir. Non é unha escusa nin nada que se lle asemelle e son consciente de que a capacidade de síntese e de atopar recursos no menor tempo posible é básico no xornalismo, pero seguramente para levar a cabo unha análise moito máis profunda destas relacións interpersoais se precise algo máis de espazo e tempo. Aínda así, penso que a pesar de ser mellorable cumprimos os requisitos semana tras semana.

2.3

Como digo ao longo desta memoria o traballo foi case na súa totalidade grupal, mais algunhas veces dividímonos para ir a medios ou realizar outras actividades. Eu fun a La Voz de Galicia nun primeiro momento para falar da posibilidade de que nos asinasen o aval e logo relacioneime con algúns xornalistas do medio para a realización das análises e outras aportacións ao blog. A verdade é que foi unha experiencia moi produtiva. A relación con xornalistas deume unha visión do mundo laboral xornalístico que é imposible acadar co estudo só das materias da facultade. Relacionarte, mellorar a comunicación e empregar vínculos de confianza para as relacións interpersoais son algúns dos éxitos acadados.Ir á rúa facerlle preguntas á poboación, o público, tamén foi unha experiencia a destacar. Aquí puiden decatarme, ademais dos resultados xa publicados nos posts, dos diferentes xeitos de ver ós medios e da reacción ante eles da xente. Moitas persoas non queren poñerse diante dunha cámara nin sabendo que é para un traballo da facultade.

Page 20: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

En relación aos traballos e temas dos demais grupos o feito de ter que buscar enlaces e noticias arredor dos temas a tratar por eles, serviume para ter unha visión crítica doutros xeitos de facer xornalismo. Aquí quero destacar o traballo das compañeiras que analizaban as radios comunitarias xa que era un medio que eu descoñecía por completo e, ao estar seguindo este traballo todo o cuadrimestre, teño unha nova visión e unha nova forma de pensar á hora da posibilidade de crear novos medios que non estean ao servizo das grandes empresas.

2.4Está claro que a maioría de cousas que facemos ao longo da carreira nos poden servir nun futuro -de ser medianamente decentes, claro está-. No caso deste proxecto penso que nos pode ser de utilidade, máis alá de futuros traballos unicamente académicos, para un posible traballo dentro desta profesión. Analizando as relacións fonte-xornalista e fonte-audiencia e analizando a cantidade de noticias que analizamos, vimos os erros, acertos e as cousas a mellorar. Agora está nas nosas mans ser quen de seguir pensando criticamente e non esquecernos do aprendido. Pódese facer un xornalismo mellor e non debemos rendernos ante a presión dos grandes grupos. Hai outras opcións e outras maneiras de facer as cousas.

Ademais o feito de ter que relacionarnos e traballar con conceptos como comunidade, comunitario, comunicación, comunicación interpersoal, etc., poderá ser útil para outras tarefas dentro da sociedade. Actualmente estamos a ver como movementos sociais están a levar a cabo tarefas para mellorar a sociedade fora do círculo de poder político/económico establecido. Asociacións contra os desafiuzamentos, os denunciantes das preferentes ou os afectados da hepatite C son exemplos de como coas relacións interpersoais e os encontros en comunidade tamén poden facer forza e poden loitar polos seus dereitos, que ao final convértense nun ben común, da comunidade.

RIVERA MOLÍNS, IRMA. 152.D05

Considero que el trabajo realizado en esta asignatura durante estos cuatro meses ha sido, principalmente, muy constructivo. Nuestro proyecto ha estado enfocado al análisis de las relaciones entre periodistas-fuentes, por una parte; y periodistas-audiencia, por la otra.

Page 21: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Antes de comenzar con el mismo ya contaba con que en muchas ocasiones, tanto mis compañeras como yo nos encontraríamos con ciertas dificultades en cuanto a la obtención de datos e información. Pero fue realmente al entrar en contacto con este mundo, cuando me di cuenta de hasta qué punto este hecho podía llegar a ser bastante frustrante.

Personalmente creo que, en cierto modo, he aprendido a moverme en este ámbito. Creo que para trabajar en esto es importante tener paciencia y mantener la calma, ya que ha habido días en los que nos ha resultado muy difícil contactar con una fuente determinada y otros en los que nos ha sido completamente imposible.

Otras veces, tras haber conseguido contactar con ellas, nos ha resultado difícil conseguir lo que necesitábamos, bien por ser estudiantes y no contar con los privilegios propios de un periodista, o bien porque sencillamente no nos han querido facilitar una determinada información.

Otro aptitud aprendida a destacar ha sido la de cambiar ciertos planes en el último momento para adaptarnos a la disponibilidad de los medios. En más de una ocasión, estos nos han citado el mismo día para proporcionarnos el material solicitado, lo cual supone una planificación por nuestra parte bastante improvisada.

En cuanto a la organización grupal no tengo nada negativo que decir. Creo que el trabajo en grupo es bastante complicado de por sí. En esta asignatura y en general en esta carrera, aprender a trabajar con más personas es una asignatura más. A rasgos generales la implicación y la eficacia de los miembros de mi grupo ha sido muy buena. Nos hemos dividido las tareas entre las cinco y cuándo alguna ha tenido algún imprevisto que le impidiese hacer su parte ninguna ha puesto trabas para ayudarla.

Con respecto a las actividades que he realizado de forma individual, he publicado una serie de post informando cada 15 días acerca del desarrollo de nuestro trabajo. Aunque unas mejores y otras peores, en general todas las semanas resultaron bastante productivas y obtuve información suficiente para la realización de estos. Aunque también hubo alguno en el que quedó reflejado que el acceso a las fuentes esa semana no fue del todo fácil o no trabajé de la manera más adecuada.

En las semanas en las que he tenido que comentar, me he decantado, por lo general, por los post de los mismos grupos. Destaco el que ha tratado las enfermedades mentales, ya que por lo poco que se habla de las mismas y por lo interesante que considero el tema, he aportado siempre, a través del blog, la información de la que me he ido enterando.

Page 22: Web viewRevista Latina de Comunicación Social. ... a última fundamental para darlle unha visión de seguridade e coñecemento do tema ás persoas que aceptaron

Este proyecto ha analizado y nos ha mostrado como es el día a día de los medios, lo que este trabajo te aporta a nivel personal y las dificultades a las que debemos enfrentarnos.

Ni en cuatro meses, ni probablemente a lo largo de una vida entera, esta investigación se podría dar por zanjada. Un TFG, un documental, una revista, un blog o cualquier otro soporte podrían ampliar enormemente este proyecto, lo cual sería bastante enriquecedor tanto para los miembros que trabajan en el espacio de la información y la comunicación; como para el resto de ciudadanos. Al fin y al cabo, estamos hablando de un ámbito que a todos afecta y debe interesar.