revista

24
Realización próximos ciclos Imaxe e

Upload: ies-audiovisual-de-vigo

Post on 28-Nov-2014

1.589 views

Category:

Art & Photos


0 download

DESCRIPTION

Un Resumen del año

TRANSCRIPT

Page 1: Revista

Realizaciónpróx imo s c i c l o s

Imaxe e

Page 2: Revista

Entrevista a Rogelio Mariño Leiro..................................................................... 3, 4 e 5

Análise do sector audiovisual................................................................................................... 6 e 7

As novas apostas de Afial .............................................................................................................. 8 e 9

A maxía do son envellecido............................................................................................. 10 e 11

Os segredos de contar unha boa historia.................................................. 12

De gala na TVG .................................................................................................................................................................................. 13

A esencia de ‘Fama, a bailar’ ........................................................................................................ 14

O poder das ondas ................................................................................................................................................................ 15

Escoitando os sons das Cíes ........................................................................................... 16 e 17

Unha orquestra para o recordo........................................................................... 18 e 19

Viaxe ao CGAI e a Voz Audiovisual .............................................................................. 20

Acordos co exterior ............................................................................................................................................................... 21

Habremos de ir a Viana ................................................................................................................ 22 e 23

O ensino no IES Audiovisual de Vigo ....................................................................... 24

IES AUDIOVISUAL DE VIGOEduardo Cabello, s/n 36208 VigoTel.: 986 24 68 34 Fax: 986 24 68 35

contidoscontidoscontidos

Page 3: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 3

ENTREVISTA A ROGELIO MARIÑO LEIRO

EAV

–Que oferta formativa tedes noIES Audiovisual de Vigo?

–O IES Audiovisual de Vigo esti-vo condicionado estes anos por terque compartir as súas instalaciónscoa Escola Superior de Arte Dramáti-co (ESAD). Por ese motivo no curso2008/2009 só se puido ofertar o Ci-clo Superior de Son en réxime ordi-nario e o Ciclo Superior de Produ-ción en adultos.

–Cales son os próximos ciclosque se van ofrecer na EAV?

–Estamos realizando as xestiónsoportunas para poder ofertar o CicloSuperior de Imaxe para o curso pró-ximo 2009/2010, e esperamos poderofertar o Ciclo Superior de Realiza-ción para o curso seguinte, unha vezrealizado o traslado da Escola Supe-rior de Arte Dramático. No futuro aoferta educativa debería completarsecoa formación para o emprego, se-gundo o recollido no Proxecto dedirección aprobado para os cursos2008/2012.

–Tedes pensado realizar cursosmonográficos aos que poda acudirxente de fóra do centro?

–O equipo directivo e o departa-mento de Comunicación, Imaxe e

[Pasa á páxina 4] Rogelio Mariño Leiro, no seu despacho no centro.

«Pretendemos ofertar o próximocurso o Ciclo Superior de Imaxe»

Rogelio Mariño LeiroDirector do IES Audiovisual de Vigo

Exerce o cargo de director do IES Audio-visual de Vigo dende fai apenas un anoe as súas ilusións ao frente do posto sonevidentes a pesar da responsabilidade.

Home dialogante e humilde desexa quea escola teña todos os ciclos da familiade Comunicación, Imaxe e Son e que se-xa un centro de referencia na cidade

Page 4: Revista

Son, están a traballar para poder reali-zar cursos monográficos nestas exce-lentes instalacións, de non ser posiblepara setembro do 2009, con toda segu-ridade se realizarán no 2010. De todasformas este curso xa se realizaronvarios cursos e experiencias dunha oudúas xornadas de duración, na súamaioría para o profesorado e o alumna-do do centro, segundo se recolle nestapublicación e na memoria anual.

–Que requisitos se necesitanpara cursar estes estudos?

–Para poder realizar estes estudos,como norma xeral é necesario ter otítulo de bacharelato, Ciclo Superior,

ou titulación universitaria. Excepcio-nalmente tamén se pode acceder ten-do 18 anos e superando as probas es-pecíficas que convoca a Conselleríade Educación anualmente.

–Que ofrece o IES Audiovisual deVigo para que os alumnos se matri-culen? E cales son as perspectivasde futuro?

–Estas ensinanzas son moi voca-cionais e prácticas. É un sector queestá medrando pero que tamén se es-tá a ver afectado pola crise económi-ca e pola súa dependencia das sub-vencións públicas. Para facilitar ainserción laboral os ciclos teñen unmódulo denominado Formación enCentros de Traballo, que consiste na

realización dun traballo normalnunha empresa do sector por un perí-odo mínimo de tres meses que per-mite ao alumnado de formación pro-fesional introducirse no seu sectorprofesional.

–Cantos alumnos hai matricula-dos no centro? Cal é a dotación enequipamento do centro?

–A matrícula está limitada a unmáximo de 22 persoas por cada cursoe ciclo. O normal é comezar o cursocoas 22 prazas de cada ciclo comple-tas. Ao ofertarse o Ciclo de Produciónen sistema modular, o que permite amatrícula por módulos soltos, nocurso 2009/2010 matriculáronse untotal de 98 alumnos e alumnas.

4 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

ENTREVISTA A ROGELIO MARIÑO LEIRO

[Vén da páxina 3]

Rogelio Mariño Leiro.

Page 5: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 5

ENTREVISTA A ROGELIO MARIÑO LEIRO

–Que tipo de metodoloxía se den-senvolve na escola?

–As ensinanzas de formación profe-sional regrada son eminentemente prác-ticas. O centro dispón do profesoradoespecializado e está dotado coas instala-cións e material para que a ensinanzasexa adaptada as necesidades do alum-nado e das empresas. Se ben cada pro-fesor utiliza a metodoloxía que conside-ra máis axeitada para alcanzar os mello-res resultados, todas as aulas ordinariasdispoñen de ordenadores, Wifi, canón,DVD, equipo de son, etc. En canto aostalleres e aulas específicas dispoñemosda dotación necesaria para ofertar unhaensinanza de máxima calidade. Taménse dispón dunha pizarra dixital.

–Que posibilidades hai para con-verter á escola nun centro integrado?

–Para Galicia sería convinte ter uncentro integrado da familia profesionalde Comunicación, Imaxe e Son. A díade hoxe o centro de Imaxe e Son de ACoruña lévanos vantaxe, por ofertarsealí todos os ciclos da familia profesio-nal e por levar moitos anos con estasensinanzas. Ao noso favor contanunhas instalacións novas e con posibili-dades de ampliación e a motivacióndun centro novo. De todas formasdeben cumprirse certos requisitos,como por exemplo a súa aprobaciónpolo Consello Escolar e o Claustro, aobrigatoriedade de integrarse en cali-dade, etc., que nos obriga a ver esteobxectivo a medio prazo.

–Poden os profesionais vir o IESAudiovisual de Vigo a reciclarse?

–Desde xa podemos contemplaresta posibilidade. Ao dispoñer de pro-fesorado especializado e de instala-ción e dotación punteiras, o centroestá aberto a esta posibilidade.Ademais da realización de cursosmonográficos estamos estudiando arealización de convenios co sectoraudiovisual de Galicia e Portugal quepermita ese obxectivo común. Esasposibilidades increméntanse xa coaoferta modular e deben completarseno futuro cando se oferte formaciónpara o emprego, que engloba as deno-minadas anteriormente formación pro-

fesional continua (para traballadoresen activo) e ocupacional (para persoasdesempregadas).

–Como se integra a Escola Audio-visual no tecido industrial da cidadee arredores?

–Mediante a Formación en Cen-tros de Traballo (FCT) porque osestudantes realizan as súas prácticasen empresas, con colaboracións condistintos organismos e empresas dosector audiovisual, coas actividadesque se desenvolven ao longo do cur-so, coas xornadas de audiovisuais e através das distintas visitas programa-das que se levan a cabo no centro.

Natural de Vilanova de Arousa, 14 de maio de 1955, vivín enPontevedra desde 1979 a 1986 e en Vigo desde 1986 ata hoxe.Entre setembro de 1990 a xuño de 1992 vivín na Coruña onde

traballei en Monte Alto no que hoxe chaman IES Anxo Casal.Fago unha paréntese. Alberto Gago, o rector da Universidade de Vigo,ademais de veciño de Vilanova foi compañeiro de estudos. Tamén estu-diei COU con Mariano Rajoy no IES Sanchéz Cantón de Pontevedra,creo que no 1972. Logo en Dereito Mariano estaba nun curso superiorporque eu fun a Madrid a estudar para piloto....pero aburrinme da físi-ca, das matemáticas e do inglés. Xa vedes que compañeiros. Por certoen Dereito tiven de compañeiros a Tareixa Navaza ou Gayoso que porcerto non deberon rematar os estudos.... Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Traballei comoavogado desde 1979 a 1986 (organizacións sindicais, Colexio deDiplomados de Enfermería de Pontevedra e Vigo e despachos priva-dos en Pontevedra e Vigo). Profesor de Ensino Secundario deFormación e Orientación Laboral, funcionario de carreira, desde1985. Catedrático de Formación e Orientación Laboral desde 2008.Director do IES Valentín Paz Andrade 2000/2001. Director do IES AGuía de Vigo 2004/2008. Membro do Consello Social da Uni-versidade de Vigo de 1994 a 1997 (en representación dunha organiza-ción sindical). Co-autor de varios libros de FOL (Editorial Xerais, Vigo,en lingua galega e Algaida, Sevilla, en lingua castelá).Na época de estudante, ao ser mal futbolista, xoguei no equipo dafacultade de balonmán. Tamén xoguei ao rugby.Gústame moito a música (chupei moitos directos) e o cine (europeo pre-ferentemente a pesar do difícil que resulta atopar salas onde velo). Paseimoitos días nos Alphaville de Madrid, no Valle Inclán en A Coruña enos Vía Norte en Vigo. Formei parte do equipo directivo do Cine ClubAdega de Pontevedra entre o ano 1982 e 1985 (aproximadamente) pre-sidido por Ana Fernández.

◗ Moi persoal

Rogelio Mariño Leiro.

Page 6: Revista

6 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

ANÁLISE DO SECTOR AUDIOVISUAL

Profesionais do sector analizana situación audiovisual en Vigo

AS III Xornadas celebradas ao comezo do curso no antigo reitorado da cidade foron organizadas polos alumnos do Ciclo Superior de Produción

EAV

Baixo o lema “Cambios eretos do audiovisual galego”desenvolvéronse as III Xornadasdo audiovisual. O evento organi-zado polos alumnos do CicloSuperior de Produción do IESAudiovisual de Vigo, tivo lugaros días 25,26 e 27 de novembro,no antigo reitorado. Nel reuní-ronse profesionais do sector paradebatir e analizar os diferentesaspectos da industria do cine eda televisión, así como a influen-cia dos novos hábitos do especta-dor na súa progresiva desercióndas salas ou qué facer co DVD ea piratería. Chegando a unhasconclusións analíticas acerca daprodución, a realización e a difu-sión dos distintos modos da ima-xe en movemento.

Durante a primeira xornadaos produtores Susana Maceirasde Adivina Producciones, Fa-rruco Castroman de Zircozine eIsabel Rey de Artefacto Pro-ducciones falaron sobre o futurodo cine galego e os apoios á pro-

dución. Posteriormente tivo lugarunha charla-coloquio onde participa-ron os representantes das diferentesasociacións galegas: Manuel Abad,en representación dos realizadores; oguionista Rivadulla Corcón; a actriz

Camila Bossa. Nela os participantesdestacaron as posibilidades de Ga-licia como núcleo de creación e pro-dución, posto que conta cunhassinerxias e unhas infraestruturas con-solidadas.

Os produtoresSusana Maceiras,Farruco Castroman

e Isabel Rey asistiron á cita ▲ Os representantes de distintos colectivos debateron os cambios e

retos na realidade audiovisual galega.

Page 7: Revista

Na segunda xornada foi omomento de explicar cara ondecamiña a televisión e o que supo-ñen as novas pantallas como alter-nativas ao cine convencional.

A xornada de clausura contoucoa participación da subdirecto-ra del Consorcio Audiovisual deGalicia, Reyes Abad; e JoséManuel Sande, responsable decomunicación del CGAI, queabordaron o tema da xestión dacultura audiovisual. O eventoconcluíu coa charla a cargo doavogado da SGAE, José ManuelRodríguez, sobre a creación epropiedade intelectual na eratecnolóxica.

As xornadas implicaron nesteambicioso proxecto a todos osestamentos vencellados á industriaaudiovisual, á crítica, aos creado-res, ás institucións e á televisión,buscando a súa complicidade pararesponder ás preguntas e situa-

cións creadas coa entrada das no-vas tecnoloxías.

As III Xornadas sobre oAudiovisual pretenden ser nunespazo de reflexión e debate no

que teñen cabida todos os intere-sados polas mutacións que estáexperimentando o universo daimaxe en movemento durante osúltimos anos.

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 7

ANÁLISE DO SECTOR AUDIOVISUAL

▲ Os participantes das xornadas, no descanso das mesmas.

Os alumnos da Escola Audiovisual de Vigocomezaron o curso organizando unha festade benvida na que tanto docentes comoestudantes puideron intercambiar as primei-ras impresións dun ano que se presentabalongo a principios do curso. A organizacióndo evento correu a cargo dos alumnos pero

contou coa participación e asesoramento dosprofesores. Foi a primeira toma de contactoco sector audiovisual e coa organización deactos que desenvolverán ao longo da súacarreira profesional. Como nas grandescitas, os protagonistas desta historia estive-ron alí, os estudantes. / EAV

E houbo festa,...

Page 8: Revista

8 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

As novasapostasde Afial

EAV

É unha cita obrigada para to-dos aqueles que desexen coñecerde primeira man as derradeirasnovidades do audio e da ilumina-ción. Afial abriu as súas portas norecinto da Casa de Campo deMadrid os días 4, 5, 6 e 7 do pasa-do mes de febreiro.

O IES Audiovisual de Vigo or-ganizou unha viaxe a Madrid paraasistir á cuarta convención de Afial,o salón do Audio Profesional e daIluminación Espectacular e destexeito os alumnos da escola fixeronun percorrido polas distintos standsda feira e puideron coñecer osnovos produtos no campo do audioe da iluminación.

Os estudantes amosaron intere-se nas demostracións de son quetiveron lugar no exterior do recin-to. Empresas como Ecler, MasterAudio, Musicson, Kinson e TripleOnda entre outras foron algunhasdas que fixeron as súas exhibiciónsna rúa.

As presentacións e as conferen-cias técnicas foron as actividades

A feira tivo lugar en frebreiro en Madrid

Os alumnos do IES Audiovisual de Vigo puideron coñecer os novosprodutos e as derradeiras novidades do sector audiovisual

O PULO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Page 9: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 9

que máis interese suscitaronentre os asistentes.

O sector do audio e da ilu-minación estivo representadopor unha ampla gama de pro-dutos. Altair amosou as súasmesas analóxicas de directoElectra E3 FOH y Electra E3Monitor. A empresa Ben-RiElectrónica presentou o seu

sistema de control para iluminaciónE.GO. Ecler apostou polo procesa-dor Amic24. EQC Audio suliñou olanzamento do subwoofer cardioideXT Cardioid. Os fabricantes amo-saron un estenso abano coas últimastendenzas.

Afial converteuse un ano máis noescaparate que congregou aos máisvariados representantes do sector.

▲ As novas tecnoloxías do audio e da ilumi-nación estiveron representadas con pro-dutos como altofalantes, mesas de mistu-ra, micrófonos, grúas, instrumentos musi-cais, etc.

O PULO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Page 10: Revista

A MAXÍA DO SON ENVELLECIDO

10 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

▲ Kolkowsky explica aos asistentes as técnicas e procesos de gravación utilizados hai cen anos. Á derei-ta, dúas imaxes dos aparellos empregados nas demostracións.

O son de onteO IES Audiovisual de Vigo organizou uns talleres onde os estudantes

puideron gravar os seus traballos en vinilos e soportes doutras épocas

O músico Alex Kolkowsky fixo unha simulación dun estudio de gravación de principios de século XX

EAV

Imaxina escoitar a túa propia vozcoma se estiveras escoitando ao teubisavó. A maxia de envellecer o sonfaino posible o músico inglés de orixeruso Aleksander Kolkowsky, quenfixo unha interesante demostraciónnuns obradoiros desenvolvidos enxornadas de mañá e tarde o pasado 28de abril na sala de exhibicións do IESAudiovisual de Vigo. Ante a mirada eexpectación dos alumnos de Son,Produción e os docentes do centro, omúsico Aleksander Kolkowsky fixo

unha simulación dun estudio de gra-vación de 1910. O segredo está nouso de gravacións acústicas e eléctri-cas utilizando tec-noloxías daquelaépoca —fonógra-fos, cilindros decera, vellos aceta-tos, entre outroselementos—. Oaparello estrelaque acaparou aatención dos presentes foi un fonó-grafo de principios do pasado séculocapaz de gravar e mesmo reproducir

sons. Alexander Kolkowsky foi oencargado de manexar un instrumen-to que hoxe en día é máis un obxecto

admirado en mu-seos e testemuñamuda do desexohumano de apre-hender o son.

Ao poder utili-zarse como micró-fono e altofalanterealizaronse prác-

ticas moi interesantes. Por exemplo,todos os alumnos e algúns docentesfalaron ante o imponente cilindro e as

Os alumnos participaron

activamente nosobradoiros de son

Page 11: Revista

súas palabras foron reproducidas cunson que facía retrotraerse aos primei-ros anos do séculoXX e máis seme-llaban voces deultratumba que depersoas que se ato-paban a poucosmetros.

Outra das activi-dades feitas foi agravación e poste-rior reprodución de distintas melodíasdende os teléfonos móbiles dos estu-dantes. Aleksander Kolkowsky conse-guiu deste xeito un son semellante aoson característico dos primeiros teléfo-nos inventados por Edison.

O músico inglés explicou aos asis-tentes que moitos músicos actuaisbuscan este tipo de efectos acústicosnas súas composicións intentando darun matiz antigo e diferente as súasgravacións.

Tamén foi interesante comprobarcomo as novas tecnoloxías poden sercompatibles coas centenarias. Foicurioso ver un moderno CD xirarcomo se fose un disco de viniloe comprobar posteriormenteque do son dixital pasábaseao que parecía a bandasonora dunha películados anos 20.

Outro ensaio quesorprendeu aos estu-dantes e aos docen-tes do centro foicando o músicoA l e k s a n d e rKo l k o w s k yinterpretouu n h a sp e z a sm u s i c a i sco seu violínStraw, un ins-trumento capazde producir unson tres vecessuperior ao emiti-do por un violínnormal.

O músico inglés tamén falou daimportancia do Auxetophone, inventa-

do por CharlesParson. Trátasedun sistema paraamplificar instru-mentos como con-trabaixos, vio-locenlos, etc.

Kolkowsky dixoque a sala de exhi-bicións da escola

non estaba debidamente acondiciona-da acusticamente e por iso se perci-bía moito ruído.

Pero a experiencia permitiucomprobar que a tecnoloxía podecambiar a forma de percibir o son,pero nunca poderá variar asúa esencia, aíndaque pasen cenanos.

O vinilo foi o protagonista dunhaxornada marcada

pola práctica

▼ Kolkowsky faiunha gravacióna un dos alum-nos para a súaposterior repro-dución

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 11

A MAXÍA DO SON ENVELLECIDO

Page 12: Revista

12 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

O taller desenvolveuse na Escola de Audiovisuais de Vigo

O guionista Raúl Dans Mayor aportou a súa experiencia profesional sobre escritura de Guións

EAV

Os estudantes de Produción daEscola de Audiovisuais de Vigoasistiron ao taller de Creación Li-teraria sobre escritura de guiónsimpartido por Raúl Dans Mayor,quen aportou a súa experiencia pro-fesional como guionista, autor deteatro, escritor de prosa e ensaísta. Afinalidade era adquirir práctica paraescribir una boa historia e coñeceros segredos mellor gardados dunprofesional que conta cunha amplaexperiencia no sector audiovisual.

O obradoiro, que tivo lugar aolongo de cinco xornadas en marzo,abril e maio, desenvolveuse cunhorario de 16:30 a 18:30 horas econtou coa participación dos alum-nos de Produción.

Raúl Dans facilitou aos estudan-tes as directrices básicas e os proce-dementos máis habituais que se

empregan no momento de levar acabo un proxecto determinado.

Os alumnos da escola escribironun guión dunha curtametraxe queconta a historia do asasinato dunprotagonista dun triángulo amoroso.Trátase dunha historia paisonal etráxica con tintes dramáticos e situa-cións rocambolescas.

EAV

Protagonistas por un díagrazas ao seu traballo. Osestudantes de Son foron osresponsables da gravación esonorización dunha confe-rencia que tivo lugar na salade exhibición da Escola deAudiovisuais de Vigo conmotivo da celebración dospremios Mestre Mateo “Me-llor interpretación protago-nista e de reparto”.

Os alumnos de primeirode Son, Joaquín FuentesOsorio e Juan Carlos AlonsoFigueroa, encargáronse dagravación do evento mentresque o estudante Javier Ri-veiro Álvarez fixo a sonori-zación do mesmo.

Os actores Antonio Durán“Morris”, Camila Bossa eTamara Canosa deronse citana escola o pasado 27 deabril e debateron sobre asituación da industria audio-visual en Galicia, a crise queatravesa o sector e as prefe-rencias de cada un para ele-xir Madrid ou a comunidadegalega para desenvolver oseu traballo.

A conferencia contou coaparticipación dos estudantese profesores da Escola Supe-rior de Arte Dramático deGalicia (Esad) como organi-zadora do evento. Os alum-nos e os docentes da escolaencargáronse de que o proce-so técnico transcurrise connormalidade.

Os segredos de contarunha boa historia

Alumnos deSon gravan esonorizan unencontro dosMestre Mateo

▲ Alumnos de Produción, no taller de guión organizado polo centro.

EN CONTACTO COA REALIDADE

▲ Un alumno traballa na aula.

Page 13: Revista

▲ O presentador José Ramón Gayoso posa cos alumnos da Escola Audiovisual de Vigo. A dereitadistintas imaxes das instalacións feitas antes da gravación da gala.

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 13

DE GALA NA TVG

No meollo da tele galegaOs estudantes do IES Audiovisual de Vigo participaron

no programa da Televisión de Galicia “A terra dos prodixios”

EAV

Improvisación ou planifica-ción. Todo estaba no guión. Osalumnos dos IES Audiovisual deVigo visitaron as instalacións daTelevisión de Galicia en SanMarcos e participaron na emisiónen directo do programa “A terrados prodixios”, unha aposta sobredistintas candidaturas para elixir omellor monumento de Galicia pa-

ra o público. Os estudantes fixeronpreguntas e defenderon distintasposicións para realizar a eleccióndo monumento máis representati-vo da comunidade galega.

O casco histórico de Ribadavia,as dunas de Corrubedo, o Colexiodo Cardeal de Monforte de Lemose a Torre de Hécules foron as catroxolas que chegaron á final por aca-dar o posto de maior prodixio deGalicia. E os rapaces da escola

compartiron a experiencia da emi-sión do programa e mesmo defen-deron algunha proposta.

Os estudantes puideron coñe-cer como desenvolven o seu traba-llo os profesionais do medio tele-visivo galego. E ademais cambia-ron impresións co presentadorestrela da gala, José Ramón Ga-yoso, nunha xornada na que osrapaces se adentraron no meolloda televisión galega.

Page 14: Revista

14 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

UN REALITY EN DIRECTO

EAV

Madrid. Seis de febreiro de2009. Nevaba e o frío penetrabanos osos das rapaces da EscolaAudiovisual de Vigo. Eran cercadas dúas da tarde e a xornada pre-sentábase longa. Estaban na capitalpara asistir á emisión en directo doprograma de telerrealidade daSexta “Fama, a bailar”.

Era unha das actividades quemáis expectación espertaron entreos estudantes porque verían en di-recto a esencia dun espazo que seemite a nivel nacional con persona-xes coñecidos e rapaces que perse-guen o soño mesmo se perden oseu anonimato.

Depois de comer un bocadillo eun refresco nas aforas das instala-cións e tras unha longa espera,entraron na academia para asistir aemisión en directo do programa e

desfrutar do baile dos concursantessen esquecer as ordes da rexidoraque se encargaba de cordinar osaplausos do público, as entradas esaídas á publicidade.

Foron dúas horas de emisiónnas que se viron as bágoas dosconcursantes, os enfados dos pro-

fesores con algúns exercicios doschavales e sobre todo a cordina-ción de moitos profesionais quetraballan detrás das cámaras e quefan posible a realidade do progra-ma “Fama, a bailar”.

A presentadora Paula Vázquezdaba paso as actuacións dos rapacese seguía o guión que lle marcaba aescaleta dun espazo no que non fal-taron os consellos dos profesores eas nominacións dos concursantes.

A presentadora Paula Vázquez foi a encargada de dar paso ás actuacións dos concursantes

A esencia de ‘Fama, a bailar’Unha viaxe a Madrid rematou cunha visita as instalacións do

programa de telerrealidade sobre a academia de baile da Sexta

As bágoas e osenfados estiveron

presentes na emisión do espazo

▲ Exterior das instalacións do espazo “Fama, a bailar”.Abaixo, dous alumnos, despois de rematar o programa.

Page 15: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 15

O PODER DAS ONDAS

Un percorrido pola radioOs estudantes da Escola Audiovisual de Vigo asistiron a emisión do programa ‘Hoy por hoy’ conducido polo locutor Carles Francino

EAV

Retroceder no tempo e mergu-llarse nu mundo no que as ondasson as verdadeiras protagonistas.Isto é o que fixeron os estudantes daEscola Audiovisual de Vigo queviviron a experiencia de asistir aemisión do programa “Hoy porhoy” con motivo do 75 aniversariode Radio Vigo Cadea Ser.

Ademais de revivir mo-mentos especiais da his-toria da radio, os alum-nos puideron imaxinarás vivenzas dos seusantepasados grazas aunha exposición na quese detallaban aspectosda historia radiofónicada cidade olívica.

“Hoy por hoy”, oespazo máis escoitado nasmañás da radio española,realizou a súa emisión enVigo o pasado 24 de abril

para celebrar o 75 aniversario deRadio Vigo Cadea Ser e os estudan-tes da Escola de Audiovisuais deVigo foron testemuñas de como olocutor Carles Francino lembrou ahistoria dunha das primeiras emiso-ras de Galicia.

O evento contou coa participa-ción dun público variado entre osque se atopaban os alumnos do IES

Audiovisual de Vigo. Os estudantese os asistentes puideron poñer caraas voces que todas as mañás relatana actualidade da cidade e do mundo.Carles Francino estivo arropado poloseu equipo de profesionais, entre osque se encontraban Ana Guantes,Magis Iglesias, Antón Losada eIsaias la Fuente. Juanma Ortega foi oencargado de entreter ao público nosanuncios e nas desconexións en-chendo os tempos de espera conchistes e comentarios divertidos.

A primeira emisora de Vigonaceu co nome EAJ 48 e come-zou a súa emisión en abril de1934. A rúa Abeleira Menéndezfoi o lugar elixido para a inaugura-ción de Radio Vigo o 24 de abrilde aquel ano. Empeza o poder das

ondas.

Radio Vigo Cadea Ser celebrou o 75 aniversario da emisora viguesa o pasado 24 de abril

Un equipo de transmi-sións dos anos 60.

Os estudantes do IES Audiovisual de Vigo visitaron a exposición titula-da “Galicia pola radio” o 14 de abril en Santiago. Foi un paseo para

lembrar que entre 1933 e 1935 comezan as emisións radiofónicas en Galicia. A memoria sonora convírteseen parte do patrimonio xeral galego do século XX. Recorda a frade “Escoiteno pola radio!”.

A historia falada.

Page 16: Revista

EAV

O proxecto “Os sons das Cíes”xorde como unha iniciativa entre osalumnos do Ciclo Superior de Pro-dución e de Son do IES Audiovisualde Vigo que ten como obxectivoamosar a riqueza sonora do Parque

Natural das Illas Atlánticas máis aládas imaxes das súas praias e da súafauna e flora.

O centro cívico de Teis foi o lu-gar elixido da exposición “Os sonsdas Cíes” que se inauguró o 19 demaio e rematou o día 23 despois decinco días nos que os asistentes pui-

deron lembrar os sons propios dasIllas Atlánticas grazas ao traballorealizado polos alumnos do centro.Había que escoitar os sons da terra,do mar e do aire.

Tres salas, unha para a terra,outra para o mar e unha terceirapara o aire, emulaban a realidade

Escoitandoos sonsdas Cíes

Unha exposición recrea a natureza das illas

Os alumnos de Son e deProdución fan posible a

realidade de evocar os sonsda terra, o mar e o aire

16 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

O ENCANTO DOS SONS DAS CÍES

Os estudantes da escola conseguiron evocar o sondo mar grazas o movemento das ondas, un soncaracterístico das augas nas illas Cíes.

MarAs gaivotas foron as principais responsables derecrear o aire. Pero os alumnos captaron o rexistrosonoro das distintas aves da zona.

Aire

Page 17: Revista

das illas Cíes en todo o seu esplendore riqueza. As gaivotas, os movemen-tos das ondas do mar e as pegadas dosanimais que viven nas illas foron osverdadeiros protagonistas dunha pro-xecto que foi posible grazas á colabo-ración e ao esforzo dun equipo de es-

tudantes que fixeron labores de autén-ticos profesionais. A iniciativa contouco patrocinio do Parque Nacional dasIllas Atlánticas, o Centro de AtenciónMunicipal (CAM) e a FundaciónClúster de Conservación de Pro-ductos do Mar.

O ENCANTO DOS SONS DAS CÍES SAÍDA A SANTIAGO

Os alumnos do centro emularon os sons da terra grazas aos animais quehabitan nas illas Atlánticas. A vexetación e as árbores completan unhaimaxe que persegue achegarnos á natureza das illas Cíes.

Terra

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 17

EAV

A Escola Audiovisual deVigo organizou unha activi-dade extraescolar aos estudoscentrais da Radio e da Te-levisión de Galicia. A prácti-ca que tivo lugar o 14 de abrilfoi un achegamento para osestudantes ao ámbito audiovi-sual galego.

Os alumnos do IES Audio-visual de Vigo puideron po-ñer en práctica os coñece-mentos teóricos aprendidosao longo do curso e resolverdúbidas acerca de cuestiónsrelativas sobre o proceso deelaboración, edición e trasmi-sión das contidos a través dosmedios audiovisuais.

Os informativos da radio edo medio televisivo requirenun bo ritmo de traballo paraque todo esté a punto nomomento de saír ao aire. Paraa confección de programas deentretemento a distribucióndos tempos é máis pausada.Pero en ámbolos dous casos énecesaria a coordinación detódolos profesionais que in-terveñen no proceso.

A actividade en San Mar-cos significou unha primeiratoma de contacto nun ámbitoprofesional onde o importan-te é traballar en equipo e co-ñecer as últimas novidades entodo o relacionado coa tecno-loxía audiovisual.

Os alumnosvisitaron

a Radio e a Televisiónde Galicia

14 de abril de 2009

Page 18: Revista

18 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

UNHA IMAXE PARA LEMBRAR

Pantalón negro, camisa branca e garavata escura.... ecada membro da orquestra asumiu o seu rol para con-seguir unha imaxe para o recordo. Os estudantes de

segundo curso de Produción e os de segundo de Sonmesturáronse cos profesores coa finalidade de formarun grupo no que cada un representaba o seu papel.

Unha orquestra para o recordo

Page 19: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 19

UNHA IMAXE PARA LEMBRAR

Era o escenario propicio para recrear unha divertida orquestra noque os sons non tiñan importancia. O relevante era inmortalizar omomento con esta divertida escea.

MUNDO LABORAL

EAV

Os estudantes de Pro-dución participaron comomeritorios na VII Edicióndos Premios Mestre Ma-teo, unha primeira toma decontacto coa realidade queterán que desenvolver aolongo da súa carreira pro-fesional.

A Academia Galega doAudiovisual foi a encarga-da de organizar o espectá-culo que tivo lugar no Pazoda Cultura de Pontevedra opasado 30 de abril. A emi-sión foi retransmitida endirecto pola Televisión deGalicia e algúns alumnosde Produción tiveron aoportunidade de amosar assúas habilidades como fu-turos integrantes do sectoraudiovisual.

Directores, actores, pro-dutores, guionistas, humo-ristas e un sinfín de profe-sionais do eido audiovisualdéronse cita nun eventoque reuniu aos mellorestraballos do panoramaaudiovisual galego. Osfilms “Os mortos van ápresa”, “A noite que dei-xou de chover” e “Pra-dolongo” son tres exem-plos de produtos que com-petían na categoría demellor longamentraxe. Untotal de 148 proxectoscompetiron na presenteedición dos premios.

Alumnos deProdución, de

meritoriosnos Mestre

Mateo

30 de abril de 2009

Page 20: Revista

20 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

UNHA MIRADA AO SECTOR EMPRESARIAL AUDIOVISUAL

Viaxe ao Centro Galego de Artesda Imaxe e a Voz Audiovisual

Os estudantes do IES Audiovisual de Vigo visitaron as instalacións dunhaempresa que adica a súa actividade profesional ao sector audiovisual

O actividade supuso unha primeira toma de contacto co ámbito produtivo galego

EAV

Os estudantes do IES Audiovisualde Vigo viaxaron A Coruña para coñe-cer o Centro Galego de Artes daImaxe (CGAI) e os estudios de grava-ción e as instalacións da empresa VozAudiovisual e así establecer unha pri-meira toma de contacto coa realidadeprofesional galega.

Alumnado e profesorado da escolaestiveron atentos ás explicacións dadaspolo xefe de Son da empresa VozAudiovisual quen suliñou os detallestécnicos para facer unha gravación. Foiun achegamento ás áreas de Producióne de Son, sobre todo no relativo á reali-zación de series que emite a Televisiónde Galicia como “Padre Casares”.

O percorrido polo Centro Galegode Artes da Imaxe supuxo unha voltaao pasado. O CGAI, que desenvolve asúa actividade no ámbito audiovisuale da fotografía de xeito regular, recu-pera, cataloga, custodia e difunde pro-ducións e obras do patrimonio audio-visual e fotográfico galego.

A instantánea pertence ao despacho de Delmiro, protagonista que adquiriu prota-gonismo na serie da Televisión de Galicia “Padre Casares”. A fotografía foi reali-zada por un estudante durante o percorrido feito aos platós da empresa VozAudiovisual a comezos do curso.

Despacho de Delmiro en “Padre Casares”

Os estudantes de segun-do curso de Son fixeronunha visita ao estudiode gravación Max MixPlus onde preguntaronas súas dúbidas.

Visita ao estudiode gravación Max Mix Plus

Os estudantes de Produ-ción de Radio visitaronas instalacións das em-presas Metropolis e Ra-dio Voz para tomar con-tacto coa realidade.

Produción de Radiovisita Metropolis eRadio Voz

O especialista AlbertoCordero deu unha clasemaxistral sobre son di-recto para os estudantesde segundo de Son noteatro o 26 de abril.

Clase maxistral doexperto en sonAlberto Cordero

O experto Gonzalo Pe-drido falou aos estudan-tes de segundo de Sonda súa experiencia so-bre as técnicas de grava-ción nun estudio.

Gonzalo Pedridofalou das técnicasde gravación

Page 21: Revista

Convenios educativos internacionais no maco da Unión Europea

O alumno Pablo Hervés completou os seus estudos naUniversidade de Southampton no Reino Unido

EAV

Para algúns alum-nos como é o caso dePablo Hervés a súaestadía na Universi-dade de Southamptomno Reino Unido está acumprimentar o seucurrículo grazas aosconvenios educativosinternacionais dentrodo marco da UniónEuropea.

Pablo Hervés parti-cipou nun curso de grao do gravaciónde audio de carácter teórico-prácticono que se investiga coas novas tecno-loxías para a mellora da calidade norexistro sonoro dentro do ámbito das

gravacións musicais. Aposibilidade de realizareste tipo de estudosprecisa do coñecemen-to de nivel alto do idio-ma do país de acollidapara poder asimilar oscoñecementos con cer-ta profundidade. O IESAudiovisual de Vigotraballa na liña de in-tegrar aos máximosestudantes nos plans deestudos no estranxeiro.

Trátase dunha expe-riencia pioneira do centro que intentafomentar este tipo de actividades queaxudan a coñecer o nome da escola noexterior e supón un valor engadidopara o currículo dos alumnos.

EAV

Tres estudantes da escola,un do Ciclo de Produción edous do Ciclo de Son, reali-zarán este curso as súas prác-ticas na empresa Miso Musicde Portugal.

Establecer contactos e po-der chegar a acordos entre aEscola Audiovisual de Vigo ediferentes centros de Lisboafoi o motivo da viaxe da pro-fesora Luisa Peláez de laCruz a principios de curso ácapital portuguesa. Viaxe quedeu os seus froitos co esta-blecemento de acordos paraque os estudantes poidanabrirse un futuro no mercadode traballo portugués.

Trátase dunha iniciativaque pretende coñecer a meto-doloxía de traballo das esco-las portuguesas e achegarposturas para o desenvol-vemento de proxectos.

Estudos alén da escolaTres alumnos

da escola realizarán assúas prácticasen Portugal

Profesionais do sector daimaxe e son portuguesesachegaronse á Escola Au-diovisual de Vigo para coñer-cer as instalacións do centroe intercambiar impresiónssobre as materias que seimparten e a metodoloxía detraballo empregada. Na visitativo lugar a proxección dalongametraxe “O maligno”.

■ Profesionais dePortugal coñecen a Escola de Vigo

Representantes do IESAudiovisual de Vigo esta-bleceron contactos previoscoa Escola San Antonio delos Baños de Cuba. O cen-tro dedica a súa actividadeformativa ao cine, o quesignifica que nun futuro osestudantes da Escola deVigo poderán facer as súasprácticas no país caribeño.

Contactos previoscoa Escola de Cine de Cuba

▲ Pablo Hervés.

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 21

Silenzo, gravando....

ACORDOS CO EXTERIOR

Enfrontarse coa realidade. O alumno Javier Riveiroexerceu de axudante de son para o programa“Salitre” que emite a TVG os luns. Foron dúas lon-gas xornadas de traballo en O Grove.

A alumna de ProduciónIria Pirez realizará as súasprácticas en Colombia.

Colombia será opaís de acollida daalumna Iria Pirez

Page 22: Revista

22 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

OLHARES FRONTAIS

Habremos de ir a VianaPor Darío Carrera Fernández

P ortugal é un país amizoso, demúltiples oportunidades,cunha mentalidade aberta eque sempre aposta pola van-

garda. Pese o que no comezo seme-lla, temos xunto a nós un país ama-ble, de liñas sinxelas e xentes xene-rosas, cunha capacidade creativa aomáis alto nivel. Sempre é interesanteacudir ás citas portuguesas, e sempreé interesante adentrarse no profundodos seus costumes. O festival de cur-tas de Viana, ofrece outra posibilida-de máis de sentir de preto o purosentimento portugués, reflectido noseu facer en materia audiovisual,

cunha mirada posta no futuro inme-diato sen esquecer as raíces pasadasda súa tradición.

En tres intensosdías poidemos des-frutar dun intere-sante arume portu-gués, sazoado cun-has pingas de cos-tumismo español,e uns sabores pro-vintes da máis lon-xana China cunhaspingas da Italia máis mediterránea.Esta mistura cultural de olores esabores, tivo como froito o mellor

dos platos: Olhares Frontais, onde oscomensais botaron tamén unha mira-da á intensidade creativa do cineasta

portugués máiscelebrado nomundo enteiro:Manoel de Oli-veira.

Cando atopa-mos unha ofertadestas caracte-rísticas, é com-plicado rexeitar

a invitación e non sumarse con certainquedanza o Festival portugués, quelonxe de ter unha denominación de

Olhares Frontais,unha mirada á creatividade de

Manoel de Oliveira

Page 23: Revista

IES AUDIOVISUAL DE VIGO Xuño 2009 / 23

OLHARES FRONTAIS

orixe propia, afronta unha amalgamade sensacións de distintas culturas,que na súa complexidade, conflúende xeito natural nunha pantalla decine, florecendo en marabillosas flo-res con forma de curta.

Facendo un comentario xenéricosobre o festival,o espectador ex-perimenta unharelación amor-odio coas obraspresentadas, pe-ro ninguén ficaindiferente nabutaca do TeatroVianés. O Fes-tival non é máis que un espello ondepoder mirarnos, onde atopar esaserie de reflexos que retratan a nosasociedade global, polo que oFestival, é un Festival sobre a vidareal e cotiá de todos.

Chegar a Viana é sempre un pra-cer. A zona antiga é un remanso depaz e tranquilidade, e a pesares de serunha das vilas máis antigas do paísveciño, respírase un aire de moderni-dade que axuda á realización dosOlhares Frontais, prato de degusta-

ción típico nunrestaurante de cin-co garfas. Dentroda imaxinería por-tuguesa en Viana,atopamos o teatroSá de Bandeira,que non perdeunin unha partículade oxíseno dende

o Portugal finisecular que o viunacer. Nas súas butacas, o espectadorretoma o ambiente que veu nacer oséptimo arte que polo de agora foi omotivo deste banquete audiovisualque todos probamos.

“Habremos de ir a Viana”, dicía acanción, e “habremos” de voltar, por-que entre tódalas cousas, Viana tenun olor diferente, unha cor máxica,onde o mar non é o mar e o río perdeo seu nome morrendo nun salgadosemblante, e donde a terra e o ceoteñen unha cita permanente noSagrado Corazón do Xesús, no máisalto da montaña de Santa Lucía ondedin que nas noites de verán baixan asestrelas para alumar a vila.

En Viana súmanse as cores nasdistintas fachadas que atopamos ólongo do noso camiño, o longocamiño que nos levou ata as súasrúas, esas rúas empedrigadas deamables e sixelas liñas. Nese cami-ño, a nosa vida fíxose arte, fíxoseséptimo arte, e paseniñamente osnosos pensamentos reflectíronsenunha gran pantalla branca, coma asincesantes rúas de Viana.

O espectadorexperimenta unharelación amor-odio

coas obras

▲ Secuencia dos distintos lugares polos que os estudantes da Escola Audiovisual de Vigo pasaron para asistir aos IX Encontros de Viana Cine.

Page 24: Revista

Ensinanzas

24 / Xuño 2009 IES AUDIOVISUAL DE VIGO

NA VANGARDA DAS TECNOLOXÍAS

Traballando nas aulasAs modernas instalacións e o equipamento docentro son razóns de peso para que o alumna-do se anime a realizar estes estudos.

A experiencia da escola coaFormación en Centros de Tra-ballo, coñecida como FCT, émoi positiva xa que moitosestudantes que remataron asúa formación na escola traba-llan na actualidade nas empre-sas que os acolleron para reali-zar as súas prácticas.

A FCT facilita a incorpora-ción do alumnado nas distintasempresas do sector audiovi-sual e é unha oportunidademoi importante para que os ra-paces amosen as súas habili-dades ao fronte dun sector quedemanda profesionais prepa-rados e cualificados.

▼ Formación en Centros de Traballo (FCT)

Co Ciclo Superior de Pro-dución Audiovisual, Radio eEspectáculos (PARE) adquí-rense capacidades profesio-nais para organizar, supervi-sar e xestionar a produciónde produtos audiovisuais,programas de televisión, es-pazos radiofónicos, repre-

sentacións escénicas e espec-táculos. Estes estudos capa-citan ao alumnado do centrocomo técnico en produciónde programas de televisión,obras cinematográficas, vi-deográficas, programas ra-diofónicos, espectáculos eobras teatrais.

▼ Produción

Co Ciclo Superior de Sonadquírense capacidades pro-fesionais para definir e reali-zar a captación, rexistro,emisión e tratamento de sonen producións audiovisuais,radiofónicas e fonográficas,a sonorización industrial deespectáculos, actos sociais e

postprodución de audio enproducións audiovisuais. Es-tes estudos capacitan comotécnico de son en televisión,radio, cine, estudios musi-cais, teatro, sonorización deespectáculos, edición, monta-xe e postprodución de audiopara radio, cine e televisión.

▼ Son