03 outubro 2013 - bd nº84

16
Número: 84- Ano: V - 4 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. BALONCESTO Páx. 3 O COB inicia a Liga este sabado fronte ao Andorra. Sonia Teijeiro vence no “Correndo x Ourense”. O Balonmán Pabellón cae fronte ao Mecalia Atlético Novás. O CD Ourense enfrontarase co Burgos no estadio do Couto. O Cidade As Burgas vence en casa fronte ao Universidad de Alicante. FÚTBOL SALA Páx.4-5 Entrevista á remeira Anna Yuchenko [Páx. 8-9] ATLETISMO Páx. 6 BALONMÁN Páx. 11 FÚTBOL Páx. 2-3 Prepárate para vibrar

Upload: barrios-deportivo

Post on 03-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

En el número 84 del Barrios Deportivo la portada es un montaje de los numerosos eventos deportivos que ya están en marcha en la ciudad con el inicio liguero de muchos de ellos. El COB después de una pretemporada con muchos problemas, por fin, comienza la Liga, en casa y ante uno de los cocos de la competición, el River Andorra. La atleta Sonia Teijeiro junto con Javier Paredes se proclamaron, a falta de una carrera, campeones del circuito de carreras populares "Correndo x Ourense". El Pabellón Balonmán empezó su andadura en la 1ª División Nacional.

TRANSCRIPT

Page 1: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

Número: 84- Ano: V - 4 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

BALONCESTO Páx. 3

O COB inicia a Liga este sabado fronte ao Andorra. Sonia Teijeiro vence no “Correndo x Ourense”. O Balonmán Pabellón cae fronte ao Mecalia Atlético Novás. O CD Ourense enfrontarase co Burgos no estadio do Couto. O Cidade As Burgas vence en casa fronte ao Universidad de Alicante.

FÚTBOL SALA Páx.4-5

Entrevista á remeira

Anna Yuchenko [Páx. 8-9]

ATLETISMO Páx. 6 BALONMÁN Páx. 11FÚTBOL Páx. 2-3

Prepárate para vibrar

Page 2: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

� BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

FÚTBOL

4 Axenda deportivaFútbol- Día 6 de outubro -17.00h-. O Couto. CD Ourense - Burgos CF. �ªB.- Día 13 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Betanzos CF. 3ª División.- Día 13 de outubro. Meliás. Meliás - Club Xuventú Sanxenxo. Rexional Preferente.- Día 13 de outubro. O Barco de Valdeorras. Barco - Valadares. Rexional Preferente.- Día 13 de outubro. Ourense. CD Ourense B - Estra-dense. Rexional Preferente.- Día �0 de outubro. O Couto. CD Ourense - CD Tro-pezón. �ªB.- Día 13 de outubro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Pontevedra. División de Honra xuvenil.Baloncesto- Día 5 de outubro -Paco Paz-. COB - River Andorra. Liga Adecco Oro.Atletismo- Día 6 de outubro. Parada do Sil -09.00- VII Carreira Canón do Sil.- Día 1� de outubro. Toén -09.30- I Andaina de Morei-ras.- Día 13 de outubro. Rios -09.00- Medio Maratón e Andaina de Rios. Saída andaina ás 9:00, saída medio maraton ás 11.00 h.Fútbol sala feminino- Día 5 de outubro. Os Remedios -17.00 h- Ponte Ouren-se - Gironella. 1ª División.- Día 1� de outubro. Os Remedios -17.00 h- Cidade As Burgas - Vallirana. 1ª División.- Día 19 de outubro. Os Remedios -17.00 h- Ponte Ourense - Alcorcón. 1ª División.Ciclismo- Día 6 de outubro. Ourense -1�.00 h - XXIX Día da bici.Hoquei- Día 6 de outubro (Mariñamansa) -1�.00 h- Barrocás - Junior. División de Honra.Balonmano- Día 1� de outubro. Pavillón dos Remedios -18.30 h-. abellón Balonmán Ourense - Artabro Novo Mesoiro. Primeira Estatal.- Día 13 de outubro. Pavillón Os Remedios. Indomogal Pabellón - Serviauto Bueu.Tiro- Días 5 e 6 de outubro - Eiroás - XXV Copa Deputación de Ourense.- Día 6 de outubro - Eiroás - Liga Avangara.- Día 13 de outubro -Eiroás - Liga de pistola velocidad.- Día �0 de outubro - Eiroás - Liga fuego pistola central e pistola damas.Judo- Día 5 de outubro - Pavillón municipal de Oira - Segunda xornada da Liga Internacional de judo.Motor- Días 4 e 5 de outubro - Rali da Ribeira Sacra.

R. Torres

O domingo 6 de outubro a partir das 17 horas no estadio do Couto, o CD Ourense recibe a un clá-sico do fútbol nacional, o Burgos CF.

O Burgos vén de as-cender a pasada campaña de Terceira a Segunda B baixo o mando do ex xogador Ramón María Calderé (que militou, entre outros, no Barce-lona e foi internacional coa selección española). Cunha plantilla moi re-novada (case a metade dos xogadores son no-vas fichaxes) o equipo castelán-leonés marcha tralas sete primeiras xor-nadas na oitava posición con oito puntos -un me-nos que CD Ourense-. O Ourense, pola súa banda,

O Ourense espera ao Burgos4 Enfróntanse na sétima xornada no estadio do Couto.

é sexto con nove puntos.Un partido moi atracti-

vo que rememorará polé-micas do pasado, cando os dous conxuntos pisaban o mesmo céspede.

BaixasPor parte do CD Ouren-

se, o adestrador Luisito ten as dúbidas de Cam-pillo e Adrián Cruz para o partido desta xornada; os dous xogadores sofren molestias nos abdutores.

Nos homes dirixidos por Calderé, o que causará baixa seguro será o defen-sa central Héctor Jiménez, que ten unha elongación no isquiotibial da perna dereita.

DescansoDos dez primeiros equi-

pos da táboa clasificatoria tan só Ourense e Burgos xa tiveron a súa xornada de descanso, o resto aínda a teñen que cumprir.

Ourense - OviedoO CD Ourense vén de

dobregar ao todopodero-

so Real Oviedo, candida-to a todo nesta Segunda División B no seu grupo primeiro. Dous a un con goles de Borja Valle e Iker Alegre deron a vitoria a un CD Ourense que se coloca na clasificación en quinta posición con nove puntos.

O estado de gracia que atravesa Borja Valle des-

eguida se demostrou can-do, aos catro minutos de encontro, introducía o ba-lón na portaría visitante. Javi Hernández comezou a xogada cedendo a Óscar Martínez quen enviou a Valle para que éste fixera o un a cero.

Cando parecía que se encarrilaba o encontro, un

Óscar Martínez en primeiro plano coa bancada no fondo animando ao CD Ourense./RAMSÉS.

Borja Valle na disputa dun balón ante un xogador do Real Oviedo no último partido no Couto./RAMSÉS.

O CD Ourense é sexto con nove puntos; o Burgos, oitavo con oito

Page 3: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

3FÚTBOL / BALONCESTO

Mamadou Diop xogará no ABO Redacción

O xogador senegalés, nacionalizado español, Mamadou Diop será xo-gador do ABO Ourense Capital Termal para esta campaña. Diop xogará no equipo de Liga EBA aínda que realizará adestramen-tos co Club Ourense Ba-loncesto.

Con �0 anos e �,04 me-tros pertence á disciplina do Saski Baskonia, da Liga Endesa ACB. Estivo na canteira do club Vitoria e como sénior militou no UPV Alava (Liga EBA) e no CEBA Guadalajara (Adecco Prata) o ano pa-sado. Este ano formará parte do ABO e estará ven-cellado ao COB dentro da colaboración deportiva de ambos clubs.

SelecciónParticipou en categorías

inferiores coa selección española, participando nas categorías inferiores (U17, U18 e U�0).

EquipoO ABO, dirixido por

Juan Norat, continúa cos adestramentos de cara ao inicio ligueiro. Diego Ma-llou, Luis Otero e Rubén Pernas tiveron problemas coas lesións no que vai de pretempada.

Este ano Norat conta cun equipo moi novo no que aparecen xogadores de Primeira División júnior, procedentes do COB, así coma outros das categorías inferiores do club.

erro (o segundo en casa en dúas xornadas) fixo que os “carbayones” empataran a contenda; nesta ocasión Pato deixaba en franquicia o balón a Eneko quen non perdoaba o agasallo. Así remataban os primeiros 45 minutos.

A segunda metade dis-correría coma a primeira, o Ourense buscaba o gol con balóns aos dianteiros. O porteiro visitante, no minuto 49 lograba desviar un balón de Iker Alegre que se colaba pola esca-dra. Na segunda oportuni-dade, o ex do Oviedo non perdoaría e lograba adian-tar ao se equipo.

Borja Valle na disputa dun balón ante un xogador do Real Oviedo no último partido no Couto./RAMSÉS.

Galegos e casteláns son os únicos dos dez primeiros que xa tiveron a xornada de descanso

4 Copa FederaciónOurense e Compostela disputarán a final rexional

da Copa Federación. Os ourensáns venceron ao Alon-dras no Couto por dous a cero con goles de Gustavo Souto e Borja Valle No partido de ida disputado en Cangas, o resultado final fora de empate a un gol.

A final terá lugar xoves 10 de outubro e terá como contrincante ao Compostela que vén de vencer ao Pontevedra na outra semifinal da Copa.

O vencedor embolsarase 3.000 euros amais de par-ticipar na fase nacional da Copa Federación.

Ata o final, os visitan-tes buscaron un gol que lles dera o empate pero non chegaría. A pesar de que tiveron dúas claras ocasións nos instantes fi-nais, un balón repeleuno o pao e o outro marchou por enriba da portaría. Finalmente, o luminoso marcaría de xeito defini-tivo o �-1 e os tres puntos quedaban en Ourense.

Comeza a Liga LEB Ouro4 O Club Ourense Baloncesto recibe na pri-meira xornada al Andorra, un dos favoritos ao título. R. Torres

Acabouse a espera para o Club Ourense Balonces-to. Despois dunha longa e moi accidentada pretem-pada chega, por fin, o ini-cio de Liga. E non o pode facer de mellor maneira. O sábado 5 de outubro a partir das sete da tarde, o Paco Paz recibirá a visita dun dos favoritos a alzarse co título: o River Andorra. Un equipo feito para as-cender que estará baixo a dirección no banco de Joan Peñarroya e cunha das fichaxes máis desta-cadas da LEB Ouro, a do ala-pivot Jordi Trías, ex xogador entre outros do FC Barcelona e do Juven-tut Badalona.

Pretempada acciden-tada

A facilidade con que se fichou ao adestrador Gonzalo García de Vitoria foi inversamente propor-cional aos problemas que trouxeron algunha das fi-chaxes. Unha pretempada accidentada na que houbo que cambiar a dous xoga-dores que formaban parte do COB e que, un nin che-gou a Ourense, e o outro fixo as maletas ás dúas semanas de pisar a cidade das Burgas. Un “misterio-so” accidente de tráfico fixo que Alex Thompson non puidera coller o voo que o traería á súa nova aventura baloncestística en terras ourensás, polo que o club tívose que mo-ver rápido para buscar un substituto; o elexido foi Roberto Morentín, quen

xogara a pasada tempada no Cáceres.

Se isto xa era un contra-tempo grande peor foi o caso de Aziz N´Diaye. O senegalés tivo problemas co visado, polo que a súa chegada a Ourense retra-souse máis da conta. Cando xa estaba adestrando cos seus novos compañeiros e acoplándose á dinámica do grupo, unha chamada dun dos seus axentes fixo que collera as maletas e mar-chara sen despedirse dos seus compañeiros. O seu destino, Alemaña, para xo-gar no Frankfurt Skyliners. Novamente de Vitoria tivo que moverse rápido para traer o antes posible a un xogador de garantías. A aposta do vasco foi o norte-maricano Jared Carter.

Outro contratempo que non pasará a maiores é o de Edu Martínez. O aleiro su-friu unha fisura no tabique nasal ao ter un choque co seu compañeiro Diop, pero que non lle impedirá xogar no debut ligueiro fronte ao

Andorra.

IncógnitasCon todas estas adver-

sidades, García de Vitoria só puido contar con todos os xogadores da plantilla nos adestramentos desta semana, a semana na que comeza a Adecco Ouro. Polo que será una incógni-ta (ata o mesmo momento en que se poña o balón en xogo) saber como afec-taron estes problemas ao equipo neste difícil incio de Liga. Despois de debu-tar na casa contra Andorra, o Club Ourense Balonces-to ten dous desprazamen-tos seguidos; un a Burgos contra outros dos favori-tos da Liga e o seguinte contra o Navarra, equipo no que milita Rai López, un dos bases cobistas da pasada campaña.

O xogador senegalés adestrará co COB

COB-Andorra, sábado 5 ás 19 horas no Paco Paz

O norteamericano Jared Carter, última fichaxe do COB.

Page 4: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

4 BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

FÚTBOL SALA

Partido da pasada tempada entre o Ponte Ourense e o Gironella./RAMSÉS.

Claudia, Lidia, Anna e Berta son as xogadoras máis perigosas do Gironella

R. Torres

O Ponte Ourense recibe a partir das cinco da tarde do sábado 5 de outubro ao equipo catalán do Girone-lla. A central dos Remedios será a sede deste encontro da terceira xornada da Pri-meira División.

Nos dous primeiros par-tidos da tempada, as xoga-doras dirixidas por Jorge Vaz levan unha vitoria e unha derrota; a vitoria foi na primeira xornada con-tra o Roldán e a derrota, na segunda contra o Poio. Mesma sorte leva o Giro-nella neste inicio ligueiro, cunha vitoria (Móstoles) e unha derrota (Atlético de Madrid).

O Ponte tratará de mania-tar ás xogadoras máis des-tacadas do Gironella, entre

as que se encontran Clau-dia Pons e Berta Velasco. A maioría das opcións do cadro catalán pasan por estas dúas xogadoras en cada partido. Que a defen-sa do Ponte sexa capaz de anulalas será determinante de cara ao resultado final. Laura Fernández e Rosán-gela, xunto co resto das xogadoras, terán que estar atentas ao xogo eléctrico de ambas as dúas. E a par-tir de aí, as albinegras de-berán despregar o seu xogo vertical para sorprender en cada acción.

Partido atractivo entre dúas escadras chamadas a ocupar os primeiros postos da clasificación.

GironellaO Gironella é un dos

equipos que cada ano está

Redacción

O Ponte Ourense xa viu as dúas caras da moeda neste arranque ligueiro. A cara da vitoria diante do Roldán, e a cruz da derro-ta fronte ao Poio.

RoldánO Ponte recibía na pri-

meira xornada ao equipo murciano do Roldán. O primeiro en golpear foi o Roldán, que aos sete mi-nuto adiantábase no mar-cador co gol de Claudia. As visitantes cargábanse de faltas, o que aproveitou o Ponte cando Souza batía con dobre penalti á portei-ra visitante a falta de tres minutos para o descanso. Era o empate a un gol. Un minuto despois, Laura fa-cía o �-1 e antes do des-canso, novamente Souza desde os 10 metros poñía terra de por medio co ter-ceiro tanto das ourensás.

Tralo descanso, e des-pois da metade do mesmo, Laura anotaba o cuarto gol local. A partir dese in-tre, as visitantes optaban, sen nada que perder, polo xogo de cinco en busca da remontada. Nos últimos minutos chegaría o arreón goleador das murcianas. A un minuto do final, Mi-riam, de penalti, facía o 4-� e no derradeiro minuto do encontro, a mesma xo-gadora lograba o terceiro gol do seu equipo, insufi-ciente para sacar algo po-sitivo de Ourense.

PoioContra o Poio, o Ponte

sufriu a primeira derrota da tempada. 3-1 foi o re-

O Ponte Ourense recibe ás catalanas do Gironella4 O encontro da terceira xornada disputarase o sábado 5 nos Remedios ás 17 horas.

nos postos de arriba. É certo que, sen ter moi-tas opcións ao título, o conxunto catalán acostu-ma rematar entre os oito primeiros da Liga, o que fai que dispute a Copa de España (que se xoga ao remate da Liga).

No equipo franxiverme-llo están xogadoras con-trastadas coma Claudia Pons, Lidia, Anna Riera ou a retornada Berta Ve-lasco (que xogara a tem-pada pasada no Lacturale Orvina), quen achegará moito ao xogo de equipo.

sultado dun partido no que as ourensáns non estiveron cómodas. Adiantáronse as locais con dous goles antes do descanso. Na reanuda-ción o Ponte buscou máis presión e logrou recortar distancias cun gol de Mar-ta. Nos intres finais e can-do as ourensás buscaban a

Cal e area para comezar4 As pontinas vencían na primeira e perdían na segunda xornada de Liga.

igualada co xogo de cinco, Claudia facía o 3-1 definiti-vo para o Poio.

4 Xornada 3 - 5 de setembroAt. de Madrid - AlcorcónPonte Ourense - GironellaMóstoles - OrvinaLa Rioja - Soto del RealBurela - Cidade As BurgasRoldán - PoioViaxes Amarelle - U. de AlicanteVallirana - Ferrol

4 Xornada 4 - 12 de outubroOrvina - Ponte OurenseGironella - RoldánCidade As Burgas - ValliranaSoto del Real - At. de MadridU. de Alicante - BurelaAlcorcón - MóstolesPoio - Viaxes AmarelleFerrol - La Rioja

O Ponte venceu ao Roldán por 4 goles a 3, e perdeu ante o Poio por 3 a 1

Marta e Ana nunha xogada dun encontro desta tempada do Ponte Ourense./RAMSÉS.

Page 5: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

5FÚTBOL SALA

O Cidade xoga o sábado 5 en Burela e regresa a casa o 12 de outubro, cando recibe ao Vallirana

Vanessa controla o balón dunha forma espectacular antes de marcar o seu terceiro gol do partido. /RAMSÉS.

Primeira División FSF - 2ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º At. Madrid 6 �º La Rioja 6 3º Poio 64º Soto del Real 45º Burela 46º U. de Alicante 37º Alcorcón 38º Roldán 39º Cidade As Burgas 310º Gironella 311º Ponte Ourense 31�º Amarelle 313º Móstoles 014º Orvina 015º Ferrol 0 16º Vallirana 0

R. Torres

O Cidade As Burgas venceu ao Universidad de Alicante na segunda xor-nada da Primeira División de fútbol sala. Esta vitoria supón para o equipo ades-trado por Manolo Codeso vencer, por primeira vez, a un dos mellores equipos e favoritos ao título de Liga, por 5 goles a 3.

O equipo ourensán es-tivo moi serio durante os primeiros minutos, contra-rrestando o ataque visitante cunha forte presión en toda a cancha. Cando parecía que o empate ía ser o resul-tado ao final dos primeiros �0 minutos, dúas xogadas das locais desfixeron ese resultado. No 18 Vanessa aproveitaba un balón longo

da porteira Ana para batir a portaría rival; e un minuto máis tarde Fátima en propia porta facía o segundo gol cando tentaba despexar o esférico.

As xogadoras levanti-nas buscaron a reacción na segunda metade con máis presión á hora da saída do balón das galegas. Pero un gol de cabeza anotado por Nerea facía subir o terceiro tanto local ao electrónico. Despois deste revés, Sara lograba recortar distancias cun disparo desde fóra da área (3-1). Un minuto máis tarde chegaría o momento de Vanessa Sotelo; a dian-teira lograba o cuarto do Cidade logo dunha parede con Peque e o quinto (o terceiro da súa conta, que facía tras un soberbio con-trol de balón) cando o UA optara polo xogo de cin-co. A sorpresa estaba máis preto pero aínda terían que sufrir un par de sustos. Sara no minuto 36 e Amelia no 37 facían o segundo e ter-ceiro gol visitante. Unha acción máis para o Alicante

de certo perigo era a ante-sala do final do encontro e da primeira vitoria do Ci-dade contra un equipo de renome.

Tras dúas xornadas dis-putadas o Cidade As Bur-gas ocupa a novena praza con tres puntos.

Vindeira citaPara a xornada número

3 de Liga, o Cidade ten un novo derbi galego. Nesta ocasión o rival será o Bure-la, actual campión de Liga e Copa, polo que será un partido complicado para as franxiverdes.

No Burela causaron baixa para esta campaña xogado-ras como Dolo, Lucía Nes-pereira e Danny, pero re-gresou Claudia; ademais o equipo lucense reforzouse coa brasileira Marcela Leandro (Kinderman Caça-dor) e Bea Mateos (Orvi-na). As laranxas manteñen nas súas filas a piares im-portantes que as levaron a conseguir os títulos de Liga e Copa coma son Peque, Maite e a porteira Jozi. Ta-

mén, a nova xogadora Lidia Mesía está a coller este ano un gran protagonismo nas filas do conxunto mariñao.

O Cidade intentará sor-prender no pavillón bure-lense de Vistalegre ao equi-po local; o encontro será o sábado a partir das 18.30h horas. Logo do partido da pasada xornada no que sorprenderon ao Alican-te chegan a este encontro con moita moral, e como di Manolo Codeso, “imos a Burela con moito optimis-mo. Sabemos que é difícil pero non temos nada que perder”.

En canto ás baixas, nin Iria Saeta nin Candela Soria participarán neste encontro; as dúas teñen sendas lesións musculares. A outra lesio-nada é María Romero que ten un esguince, e será ela a que determine se está lista para disputar o derbi galego contra o Burela.

AmarelleO Cidade perdeu no

primeiro partido de Liga contra o Viaxes Amarelle. As de Manolo Codeso non puideron sacar algo positi-vo do seu desprazamento a terras coruñesas no que se enfrontaron ao Viaxes Amarelle. Un conxunto herculino moito máis com-

pacto que o ano pasado, con fichaxes contrastadas como as ex xogadoras do Burela Dolo e Lucía Nespereira e a ex do Cidade Laura.

O gol da local Patri foi suficiente para que o Viaxes Amarelle levara este parti-do. As franxiverdes bus-caron con forza o empate, pero este non chegou e re-gresaron a casa coa primei-ra derrota da tempada.

Vitoria de renome4 O Cidade As Burgas vence ao Universidad de Alicante, un dos mellores equipos da Liga.

Ana evita o gol das alicantinas. /RAMSÉS.

Tras dúas xornadas disputadas, o Cidade ocupa a novena praza, con tres puntos

Page 6: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

6 BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

ANDAINAS

Dos 11 roteiros organizados, 9 teñen novos percorridos

R. Torres

O artistas das andainas, o introdutor desta activi-dade física na provincia de Ourense -fai xa 16 anos-, José García Calvo “Willy”, regresa cos roteiros cul-turais da Universidade de Vigo - Campus de Ourense. Unhas andainas en forma de roteiros culturais que cada ano contan cun núme-ro maior de seguidores.

Neste curso son 11 as propostas de roteiros que comezarán o sábado 19 de outubro e rematarán aló polo 10 de maio.

O primeiro roteiro cul-tural (o do día 19) será o da Ruta do Ribeiro, unha andaina de 16 quilómetros con final na Bodega Eduar-do Peña, na que se fará unha cata de viños (o regreso será en autobús). O propio Willy fai seu un comentario dun colaborador ao dicir que “neste itinerario cheira

O artista das andainas4 José García Calvo “Willy” volve á primeira plana cos roteiros culturais organizados pola Universidade de Vigo.

a vendima”.

Nove novidadesDos 11 roteiros, nove son

novos mentres que dous son repetidos de edicións anteriores. As andainas dis-correrán polas provincias de Lugo, Ourense e Pon-tevedra, amais dun roteiro que adentrarase en Portugal e terá as praias do norte do páis veciño coma prota-gonistas. Comezarase na desembocadura do Miño e, ao longo de �5 quilómetros gozarase da beleza de di-versas praias.

Outro dos roteiros máis orixinais será o da “Ruta do Sil”, no que se alterna-rá a andaina co catamarán para poder descubrir dous puntos de vista da Ribeira Sacra.

Éxito de participaciónAno a ano os roteiros cul-

turais acumulan un número considerable de inscritos

chegados dos tres campus da Universidade de Vigo (Ourense, Pontevedra e Vigo). Entre os tres suman preto de 100 participantes en cada roteiro (este ano na Ruta do Sil soamen-te poderán inscribirse 75 persoas, que é o aforo do catamarán) e sempre en-chen dous autobuses. Por iso, prevese que se acade sen dificultade o número máximo de inscritos na cita do Sil.

Un éxito refrendado ano a ano, que demostra que esta actividade físi-ca ten moitos adeptos. O que demostra que Willy non se equivocaba hai 16 anos cando introduciu as andainas na provincia de Ourense.

Willy introduciu as andainas en Ourense fai 16 anos./RAMSÉS

R. Torres

O domingo �9 de setem-bro celebrouse no campus universitario de Ourense a quinta e penúltima pro-ba do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. Aínda que tivo unha menor participación que as súas predecesoras, entre todas as probas par-ticiparon máis de 400 at-letas, aos que nin o tempo inestable lles impediu acu-dir á cita atlética.

En canto á categoría ab-soluta, e tras 6.500 metros de carreira, Javier Paredes (Ximnástica de Ponteve-dra) venceu con solvencia a súa terceira proba das cinco que se levan dis-putado de circuíto. O seu tempo de �1:�8 minutos foi suficiente para chegar á liña de meta por diante de Óscar Ramos (Ouren-running), segundo clasifi-cado cun tempo de �1:4� minutos. En terceira posi-ción chegaría Luis Iglesias Raña (Club Atletismo Car-balliño) ao rematar a proba en �1:47 minutos.

Pola súa banda, en cate-goría feminina a incontes-table Sonia Teijeiro (At-letas Veteranos Ourense) volveu a dar mostras do seu poderío neste tipo de probas e foi a primeira mu-ller en cruzar a meta nun tempo de �4:36 minutos. Iria Fernández Fontenla (Club Ourense Atletismo), foi segunda con �6:41 mi-

nutos; pero esta atleta xa non disputa o circuíto ao perderse máis dunha das seis probas do calendario. A terceira clasificada foi Ana María Ocampo Sanmamed, ao empregar un tempo de �6:54.

Outras categoríasNas categorías infantil e

cadete, sobre unha distancia de 3.�00 metros, os vence-dores foron Abraham Ro-dríguez e Aida Martínez. A Rodríguez seguírono Jesús Álvarez, segundo e Álvaro de Luis, terceiro. Detrás de

Paredes e Tejeiro, fortes na Universidade4 Con esta vitoria logran o tí-tulo de campións do circuíto “Correndo x Ourense”.

Martínez chegaron Itziar Manso e Daniela Ferreiro, segunda e terceira, respecti-vamente.

Nas categorías benxamín e alevín (1.000 metros) os tres primeiros foron Pablo Romero (primeiro), Martín Míguez (segundo) e Martín Rivera (terceiro) en catego-ría masculina; e Elsa Pena (primeira), Nayeli Iglesias (segunda) e Emilia Antao (terceira) en feminina.

VencedoresTanto Javier Paredes coma

Sonia Teijeiro xa son os vencedores da terceira edi-ción do circuíto de carreiras populares ourensá. Os seus rivais xa non lles poderán dar caza na última proba que se disputará na Carballeira o domingo �7 de outubro.

A pesar de saberse xa gañadores, case seguro que os dous atletas participarán na derradeira proba do cir-cuíto para engordar a súa nómina de vitorias.

Grupo de atletas na carreira universitaria./R.T.

Page 7: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

7CICLISMO

Breogán e Martín tamén acadaron o podio en Tui.

Redacción

O �8 de setembro rema-taba a tempada de Mini BTT coa proba organiza-da pola Fundación Oscar Pereiro en Tui. A pesar da choiva a participación foi moi numerosa.

Nesta cita, os integrantes máis novos da Escola JA Hermida puxeron o colo-fón a unha gran tempada cunha brillante actuación, logrando seis deles acadar o podio. De entre todos, destacou a victoria de Iván Feijoo, na que foi a súa despedida do Mini BTT, xa que estréase na vindei-ra tempada de Ciclocross como cadete. Feijoo pe-chou así un gran curso, no que venceu na maioría das probas nas que participou.

Do meso xeito, en Tui tamén se fixo coa vitoria Aida González en catego-ría alevín. Pola súa banda, Breogán Diz, Martín Gon-zález, Noela Saa e Hugo

González subiron ao podio nas súas respectivas catego-rías.

Penúltima proba: 3 vito-rias e 7 podios

Unha semana antes a cita dos mozos da Escola JA Hermida foi no Mini BTT de Marín, onde lograron 3 vitorias e até 7 podios.

Na categoria infantil ven-ceu Iván Feijoo, mentres que

o seu compañeiro de equipo era 5º.

En alevín venceu Aida González, seguida de No-ela Saa en �º lugar. Outro doblete para o equipo mace-dán chegaba na categoría de principiantes, con Breogán Diz e Martín González (1º e �º, respectivamente). O últi-mo podio chegou na catego-ría cadete, con Xiana Conde (�ª en féminas).

BTT

Gran remate de tempada da Escola JA Hermida 4 Lograron dúas vitorias en Tui.

R.T.

O domingo 6 de outubro, os ciclistas volven tomar as rúas ourensás no que será a �9ª edición do Día da Bici.

O evento dará comezo ás 1� do mediodía con saída na rúa Progreso (á altura da Deputación). Ciclos Moure, entidade organizadora, esti-ma que o número de par-ticipantes será similar a anos predecesores (arredor de 6.500), sendo principal-mente unha xornada fami-liar. Nenos e maiores per-correrán as rúas ourensás en bicicleta formando unha serpe multicor sen proble-mas de tráfico. Serán unhas horas na que os protagonis-tas serán os pedais e as dúas rodas, e non os motores de cada día.

O percorrido é idéntico ao do ano anterior, con che-gada na Alameda, e un cir-cuíto por moitos dos barrios da cidade duns 10 quilóme-tros.

Inscricións e sorteosAs inscricións están aber-

tas ata o sábado 5 de outu-bro e realízanse no CC La Región ou en Ciclos Moure. Tamén poderá realizarse o propio día do evento na saída desde as 9.30 ata as 11.30 horas.

29ª Día da Bici4 O 6 de outubro, a partir das 12 horas.

Este ano sortearanse entre os participantes catro bici-cletas cos seus catro cascos, ademais dunha estancia na estación de montaña de Manzaneda e dun maillot do ciclista profesional ita-liano Vicenzo Nibali (sub-campión da pasada edición da Volta ciclista a España).

Nova normativaO Día da Bici é unha pro-

ba non competitiva. Trátase dunha manifestación lúdi-co-deportiva en favor da bicicleta. Este ano queren poñer énfase na nova nor-mativa de tráfico que per-mite aos ciclistas circular en paralelo e os adiantamentos dos vehículos teñen que realizarse cunha distancia

mínima de 1,5 metros.

Colaboración do ConcelloXa eran moitos os anos

en que o Concello non colaboraba neste evento, polo que o xesto do Con-cello de estar na presenta-ción do Día da Bici é unha mostra de normalidade e de sentido común.

Os dous eventos depor-tivos por excelencia da ci-dade, o Día da Bici e a San Martiño, teñen que contar coa organización, colabo-ración e/ou patrocinio de Concello e Deputación. Pasará o mesmo coa San Martiño e a Deputación estará presente na presen-tación da carreira decana das populares galegas?

Este ano o Concello de Ourense taméncolaborou cos organi-zadores do Día da Bici./RAMSÉS

Seis dos seus ciclistas fixeron podio

Page 8: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

8 BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

REMO

Yuchenko descubriu o remo por casualidade, cando un grupo de amigos lle propuxo probalo estando na universidade, pero dende entón non deixou de practicalo, con esforzo e disciplina, ata converterse nunha remeira de referencia, primeiro en Rusia e logo en España.

Anna Yuchenko proclamouse campioa de España absoluta de remo en 2012 e 2013./R.T.

Silvia Nieto

Naceu en Rusia e os seus primeiros pasos no mundo do deporte de-unos sendo só unha nena en probas de atletismo. Ninguén naquel momen-to pensaría que Anna Yuchenko se convertiría co paso dos anos en todo un referente en remo nun país tan alonxado do seu, España. As carreiras chegaron a aburrila e na universidade uns amigos

ENTREVISTA A ANNA YUCHENKO, REMEIRA DO CLUB NáUTICO CASTRELO DE MIÑO

“Márcome obxectivos paso a paso. O primeiro que busco é ir mellorando as miñas marcas”

4 A rusa Anna Yuchenko, remeira do CN Castrelo de Miño, fainos un repaso da súa carreira deportiva. propuxéronlle probar con este deporte. “Resultoume moi fácil. Estaba cómoda e nel quedei ata agora”, confesounos. Motivos per-soais trouxérona ao noso país e o seu tesón, traballo e disciplina convertérona, por méritos propios, na mellor remeira de España, chegando a loitar incluso por clasificarnos para os Xogos Olímpicos de Lon-dres. E non pensen que esta gran deportista está moi lonxe, é ourensá e

pertence ao Club Náutico Castrelo de Miño.

En Rusia chegaches a representar ao teu país nuns Xogos Olímpicos. Como foi esa experien-cia?

Anna Yuchenko: “Foi unha alegría. Estaba moi orgullosa de representar ao meu país. É unha ex-periencia única, difícil de describir ou comparar con nada, é todo un orgullo”.

Cando chegas a Espa-ña os teus logros foron moitos, pero o complica-do foi obter a nacionali-dade. Como viviches ese tempo?

A.Y.: “Con moita deses-peranza porque o trámite

“Competir nuns Xogos Olímpicos é unha experiencia única. É todo un orgullo representar ao teu país”

Redacción

O sábado �8 de setembro tivo lugar a terceira pira-guandaina da amizade, que se desenvolveu entre os con-cellos de Allariz e Xunquei-ra de Ambía, organizada conxuntamente polo Conce-llo alaricano e a Asociación Xuvenil Amizade de Allariz, coa colaboración do Conce-llo de Xunqueira de Ambía e do Club Piragüismo Fluvial Allariz, e co patrocinio do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

A andaina deu comenzo ás 9.15 horas dende a Alameda de Allariz e con destino á praia fluvial de Xunqueira de Ambía. Nesta ocasión o pistoletazo de saída correu a cargo da concelleira de Deportes de Allariz. De se-guido, ás 11.00 horas, foi o momento de iniciar a volta ata Allariz, indicando esta vez a saída o tenente alcalde de Xunqueira de Ambía.

Parte do percorrido fíxose

en piragua, naquelas zonas do río que eran navegables (no foi posible en todas de-bido ao baixo nivel da auga do río Arnoia e a climato-loxía adversa do día). O percorrido tivo dúas zonas de avituallamento, unha ao final da primeira etapa (na praia fluvial de Xunqueira de Ambía), e outra ao final da proba (na Alameda de Allariz).

A pesar das inclemencias do tempo, ao final un cento de participantes estiveron presentes nesta terceira pi-raguandaina.

Xornada ecolóxicaEse mesmo día tamén

se realizou una xornada ecolóxica, xa que a cada participante se lle deu una bolsa para que recollera o lixo que se acumula nas marxes do río entre Allariz e Xunqueira. Polo que ao final da xornada o aspecto deste trazado mellorou de forma significativa.

Piraguandaina pola amizade4 Os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía acolle-ron a 3ª piraguandaina.

Momento da proba disputada en Allariz.

Page 9: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

9REMO

Yuchenko descubriu o remo por casualidade, cando un grupo de amigos lle propuxo probalo estando na universidade, pero dende entón non deixou de practicalo, con esforzo e disciplina, ata converterse nunha remeira de referencia, primeiro en Rusia e logo en España.

ENTREVISTA A ANNA YUCHENKO, REMEIRA DO CLUB NáUTICO CASTRELO DE MIÑO

“Márcome obxectivos paso a paso. O primeiro que busco é ir mellorando as miñas marcas”

4 A rusa Anna Yuchenko, remeira do CN Castrelo de Miño, fainos un repaso da súa carreira deportiva.

foi moi longo. Estiven un ano agardando a que ma concederan e non podía competir en determinadas probas sen a nacionalida-de, fíxoseme moi longo e duro, pero a Federación

Española de Remo axudo-ume moito. E agora o im-portante é que xa a teño, xa nunca penso niso. Es-tou contenta e só penso no futuro”.

E precisamente unha vez que logras a nacio-nalidade española com-pites, xunto a Nuria Domínguez, para clasi-ficar a España de cara aos Xogos Olímpicos de Londres.

A.Y.: “Si, concedéron-

me a nacionalidade xusto 15 días antes de que me seleccionaran para compe-tir xunto a Nuria para cla-sificar a España en remo para os Xogos de Londres. E a verdade é que non imaxinamos que fora a sairnos tan ben porque le-vabamos moi pouco tempo remando xuntas. Pero rea-lizamos unha boa regata e faltounos moi pouco para acadar a mínima. A min gustoume moito esa expe-riencia”.

O pasado 30 de xuño proclamácheste (por se-gundo ano consecutivo) campioa de España ab-soluta de remo, como te sentiches?

A.Y.: “Lograr os cam-pionatos de España non me costa tanto como gañar un Nacional en Rusia, por-que alí o nivel deportivo é moi alto. Pero foi unha alegría, sobre todo polo meu adestrador, José Luis Méndez, que acá é como a miña familia”.

Como ves o remo en España?

A.Y.: “No meu país hai máis plans de traba-llo e competitividade. Alí

esíxese máis e iso é o que noto de diferente con Es-paña. Ademais, en Rusia en xeral a xente é máis corpulenta e alta, polo que resulta moi duro competir con deportistas tan gran-des. Iso fai que en España me resulte máis sinxelo”.

Cal é o teu obxectivo máximo no remo?

A.Y.: “Penso paso a paso. O primeiro que bus-co é ir mellorando as mi-ñas marcas, e ir pasando

“Tardaron un ano en concederme a nacionalidade. Vivimo con moita desesperanza”

de nivel. E se despois lo-gro dar o salto a nivel in-ternacional será perfecto. Pero vou pensando pouco a pouco. Onde estará o meu límite non o sei”.

E que obxectivos te marcas para esta nova tempada que comeza?

“En Rusia hai maior competitividade e esíxese moito. Ademais, é duro competir con xente tan corpulenta. En España me resulta máis sinxelo”

Despois de conseguir a nacionalidade española (trámite que tardou un ano) Anna Yu-chenko foi seleccionada para competir xunto a Nuria Domínguez na procura de clasificar a España en remo para os Xogos Olímpicos de Londres 2012./R.T.

A.Y.: “De momento teño en mente o Internacional de xaneiro e o Nacional de abril. O resto xa o ve-remos no seu momento. O que si que teño claro é que sempre hai que seguir cara adiante e nunca cruzarse de brazos”.

Page 10: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

10 BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

HOQUEI / PáDEL

Redacción

O domingo �9 de se-tembro rematou a Copa Deputación de pádel que se veu celebrando nas instalacións do P�1 Pádel Club dende o día 19.

1�7 parellas participa-ron durante 10 días de competición entre as oito categorías existentes (in-fantís, masculinas e fe-

mininas, parellas mixtas e veteranos).

Máis de �00 persoas par-ticiparon neste torneo que tivo como colofón as finais do día �9, nas que as banca-das estiveron cheas de afec-cionados.

En total foron 74 trofeos e medallas os repartidos, amais dos 1.500 euros en material deportivo que se levaron os campións e sub-

PáDEL

A Copa Deputación de pádel contou con máis de 200 participantes4 Disputouse nas instalacións do P21 Pádel Club do 19 ao 29 de setembro.

campións de cada catego-ría, xunto cunha camiseta técnica conmemorativa do evento para cada partici-pante.

Estas cifras de parti-cipación dan mostras da afección que ten este de-porte en Ourense, xa que cada vez que se organiza un evento destas caracte-rísticas o número de par-ticipantes é maior.

Foto de familia dos vencedores na Copa Deputación de pádel.

Redacción

O CH Barrocás acada un empate na primeira xornada de liga da División de Hon-ra de hoquei herba.

O rival era o Taburien-te canario e o empate foi a dous tantos no campo de Mariñamansa. E iso que os visitantes adiantáronse no marcador por cero goles a dous, pero a reacción dos de Roberto Oliveira fixo que se chegara ao final do tempo regulamentario con empate e reparto de puntos para as dúas escuadras.

HOQUEI

Empate para comezar4 O Barrocás empata na primeira xornada de liga contra o Taburiente.

O equipo ourensán come-zaba a competición contra un equipo que, por ser de fóra da Península, lle é máis complicado realizar unha pretempada de nivel. Por ese motivo era importante sacar o partido adiante na primeira xornada, cando, a priori, ao equipo canario aínda lle falta rodaxe. Nem-bargantes, os ourensáns víronse sorprendidos por un equipo visitante que se puxo por diante no marca-dor cun 0-� que poñía moi costa arriba o encontro.

O Barrocás fallou dous

penaltis córner, mentres que o Taburiente transfor-mou o primeiro que tiña a favor (minuto �4) en gol. Seis minutos máis tarde e tras varios erros consecuti-vos, o Barrocás víu como o seu rival se distanciaba no tanteador (0-�). E así se chegou ao descanso.

Segunda parteNa segunda metade os

locais afinaron máis e es-tiveron máis metidos no encontro. Antes de que se consumiran os cinco pri-meiro minutos da reanu-

dación, Xurxo transforma-ría un penalti córner para acurtar distancias (1-�). O tempo pasaba e o encontro volvíase máis duro, cos lo-cais en busca do empate e os visitantes defendendo a súa escasa renda. Nestas, os colexiados pitarían un pe-nalti strock que Xurxo non desaproveitaría poñendo as táboas no electrónico (�-�).

Nos últimos minutos o partido entrou nunha diná-mica moi trabada, na que houbo expulsados por ám-bolos dous bandos. Un Ba-rrocás volcado en buscar a vitoria a tivo nas súas mans, pero a pelota estrelouse contra o pao. Dous a dous e reparto de puntos. Un re-sultado positivo por como se deu o partido, pero non tanto se temos en conta que o Barrocás necesita os pun-tos deste tipo de encontros

se quere loitar pola perma-nencia. Con este resultado o BCH Barrocás é sétimo.

JúniorO próximo rival dos

ourensáns será o Júnior. O partido terá lugar o vindei-ro domingo 6 de outubro en Mariñamansa a partir das

1� horas. O Júnior vén de golear (5-0) ao Tenis, polo que será un duro rival.

O Barrocás recibe ao Júnior o domingo 6 de outubro ás 12 horas

Encontro do Barrocás en Mariñamansa./ARQUIVO

Retirada do Apóstol e o OurenseRedacción

O Apóstol Ourense e o Ourense, equipos de ho-quei herba, vense na obriga de retirarse da competición nacional na que militaban por motivos económicos. Esto fará que baixen de ca-tegoría e teñan que disputar competición rexionais. Un club, o ourensán, que esti-vo anos na elite do hoquei nacional e que viu coma a crise se cebou con el.

Primeira Masculina - Gr. III

A competición na Pri-meira Nacional Masculi-na comezou a pasada fin de semana. Na primeira xornada disputada o Cu-deiro venceu ao Padrón a domicilio por 0-3; o Albor desfíxose do Atlántico por 5-0; O Apóstol gañou no campo do Atlético Coruña �-3; e o Barrocás e Pabe-llón Ourense firmaron tá-boas no seu debut ligueiro (�-�).

Na clasificación o Albor é primeiro, seguido do Cu-deiro e o Apóstol. Barro-cás e Pabellón son cuarto e quinto, respectivamente; e o Cidade de Ourense -que descansaba na primeira xornada- é sexto. Os seis equipos ourensáns ocupan as seis primeiras posi-cións.

Page 11: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

11POLIDEPORTIVO

P. Lodeiro

O tirador ourensán Jorge Encinas vén de gañar o Cam-pionato galego de carabina tendido, que tivo lugar o pa-sado domingo �9 de setem-bro en Pontevedra. Encinas fíxose co campionato nunha disputadísima final fronte ao pontevedrés Luis Iglesias, que defendía o título acada-do o ano pasado. De nada lle serviu a Iglesias rematar primeiro na proba clasifica-toria (585 fronte a 581 pun-tos de Encinas), pois na final (na que todos os deportistas partían con cero puntos), o ourensán púxose á cabeza desde o principio, e rematou con �04,4 puntos fronte aos �04,1 do pontevedrés.

O Campionato galego de

carabina tendido tiña que terse celebrado no mes de abril, pero un problema cos brancos retrasou a proba ata setembro. Participaron sete tiradores séniors, un júnior e cinco veteranos; os séniors, tralos 60 tiros de rigor da proba, disputaron final, na que xa se aplicou a nova reglamentación da ISSF estreada este ano. Así, fronte aos dez tiros que compuñan a final ata o ano pasado, e que se sumaban á puntuación realizada na clasificatoria, agora todos os finalistas parten con cero puntos e teñen que realizar �0 disparos, eliminándose un a un os tiradores cos peo-res resultados ata quedar só dous finalistas.

Encinas xa gañou este

Encinas gaña o Campionato galego de carabina tendido4 Nunha disputadísima final fronte ao ponte-vedrés Luis Iglesias.

ano o Campionato galego de carabina tres posicións, disputado en marzo, con 1.1�5 puntos, e prepárase para o galego de aire com-primido, que se celebrará o 10 de novembro en Ei-roás.

Competición solidariaAntes, o club de tiro

Eiroás acollerá unha com-petición solidaria a favor da asociación de discapa-citados ASMIS. Será na primeira fin de semana de novembro, con tandas o sábado � a partir das 16:15 horas e o domingo 3 desde as 10 horas. Disputaranse todas as categorías de aire comprimido (pistola e ca-rabina) e o custo da inscri-ción é de 10 euros.

Finalitas do Campionato galego de carabina tendido; á dereita, o vencedor, o ourensán Jorge Encinas./P.LODEIRO.

Redacción

O Mecalia Atlético No-vás pasou polos Remedios como un ciclón, o que foi o mellor equipo visto na nosa cidade no que ao balonmán se refire. As incorporacións dos irmáns Tsybanev, Alex e Sergey, xunto coa tamén fichaxe de Pablo Sánchez, cunha vida deportiva en ca-tegoría ASOBAL, viñeron reforzar a un equipo favo-rito para gañar a categoría e ascender a División de Honra “B”.

Aínda que a superiorida-de do equipo pontevedrés é patente, o decoro dos pavillonistas permitiulles competir cos seus rivais de ti a ti durante case corenta minutos (1�-16), pero ese esforzo físico e mental pa-sou factura ao combinado dirixido por Zarra, que ter-minou sucumbindo de for-ma clara (17-31).

Malia que o equipo local logrou maniatar a primeira liña, que non anotou moi-tos goles, as frontes abertas eran tales que as maiores desfeitas viñeron mediante o seu extremo dereito, Ro-berto Martínez, que anotou ata 11 veces. A baixa de Pa-blo Vara e a lesión de Juan C. Quintas, que lle impediu

xogar, tamén minguaron o potencial local.

Pero este encontro permi-tiulle ao Balonmán Pabellón comezar a aclimatarse nesta nova categoría, na que, se conseguen manter un nivel similar ao do primeiro tem-po, poden dar moitas dores de cabeza aos seus opoñen-tes.

Primeira xornadaO Pabellón Balonmán xa

debutara sete días antes na Primeira Nacional contra o SAR de Redondela. Os de Zarra caeron derrotados polo resultado de �7-18.

Con estas dúas derrotas o Pabellón Balonmán non coñece a vitoria na 1ª Na-cional, e sitúase coma pe-chacancelas da clasificación con cero puntos (igual que o Mesoiro, Granitos Ibéricos e Bueu, pero con peor coefi-ciente goleador).

Próxima citaEste próximo sábado

viaxarán até o Lalín Area para medirse (a partir das 18.30 horas) cun dos equi-pos clásicos da 1ª Nacio-nal, o Embutidos Lalinense. Agardamos que o conxunto ourensán poida contar da-quela con todos os xogado-res ao seu servizo.

Indomogal PabellónO Indomogal Pabellón

disputou xa dúas xornadas na Primeira Autonómica Feminina, co saldo dunha derrota (ante o Porriño) e dunha vitoria (contra o Car-ballal). Ocupa a oitava posi-ción da clasificación.

O Mecalia Atlético Novás toma Os Remedios4 O Balonmán Pabellón su-cumbiu ante un dos favoritos.

A pesar dos seus esforzos o Balonmán Pabellón caeu ante o Mecalia Atlético Novás por 17-31./R.T.

Page 12: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

1� BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

O mestre ourensán de wushu, José Gago está en China para examinarse do sétimo Dan de wushu (Dragón de Bronce).

Nestas datas a Fede-ración China de Wushu está a organizar un curso de tecnificación ata o 8 de outubro en Beijing.

O mestre José Gago, director do Departamento Galego de Wushu da Fe-deración Galega de Judo, viaxou a China como re-presentante da mesma, para participar neste en-contro internacional de wushu no que se realizarán talleres de distintos estilos desta arte marcial. Os cur-sos son impartidos polos grandes mestres chineses. Gago, participará no taller de Yang Taiji Tradicional, que estará a cargo do Gran Mestre Fu Sheng Yuan, 5ª xeración da familia Yang e o mestre Fu Qing Quan.

Ao final do curso reali-zaranse exames de Duan (Dan) da Federación Chi-nesa. Gago é actualmente 6º Dan (Tigre de ouro) desde o �006 e neste curso tentará alcanzar o sétimo Dan (Dragón de bronce), empresa complicada de alcanzar, xa que é difícil que un non chinés logre tan alta distinción.

VisitaDespois do curso e do

exame, Gago viaxará ata a aldea de Yaon Nian, lugar de nacemento de Yang Lo-itan, onde visitará as esco-las actuais.

O ourensán terminará a súa viaxe de traballo en Shandong, onde realizará o primeiro curso de titu-lación oficial de Mestre Internacional.

José Gago, a polo Dragón de Bronce4 Examinarase en China na procura do sétimo Dan de wushu.

Gago (de branco) atópase neste momento en Beijing preparándose para esta proba.

Redacción

O �1 de setembro co-mezou a tempada com-petitiva de taekwondo co Torneo cadete Vila de Moaña, amais da Copa Galicia júnior e sénior.

En canto aos resulta-dos dos nosos represen-tantes, cabe destacar as

actuacións de Andrés Frei-jeiro (que foi ouro júnior), Sandra Senra (ouro sénior feminina), Andrés Álva-rez (bronce júnior), Sergio Álvarez (bronce júnior), Nicolás Pérez (bronce jú-nior), Iria Diéguez (bron-ce sénior feminina) e Janet Diéguez (bronce sénior fe-minina).

Bo comezo de tempada para os nosos taekwondistas

Redacción

O pasado mes de xuño íase celebrar o Open de F3C de aeromodelismo durante as Festas do Cor-pus de Ourense, pero por problemas de inscrición tívose que suspender.

Agora, o Club de Ae-romodelismo de Ourense volve pór en marcha este evento, que terá lugar du-rante os vindeiros días 1� e 13 de outubro.

Aínda que a inscrición non é moi alta, si que é suficiente para que teña lugar este torneo no cam-po de voo sito en Santa Mariña.

Pilotos nacionais e in-ternacionais

No evento poderase ver a pilotos da modalidade F3C de ámbito nacional e internacional.

Previamente, o venres 11 terán lugar os adestra-mento libres. Xa o sábado 1� pola mañá será o turno novamente dos adestra-mentos libres e das cali-bracións, e pola tarde das roldas clasificatorias.

O domingo 13 de outu-bro, en horario de mañá, finalizará o Open coas úl-timas roldas para todas as categorías.

O campo de Santa Mariña acollerá o Open de F3C o 12 e 13 de outubro

Page 13: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

13POLIDEPORTIVO

Redacción

O pasado sábado �8 de se-tembro, no pavillón munici-pal de Oira, disputouse a pri-meira xornada da undécima edición da liga Internacional de Clubs de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”. Unha competición, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, punteira no pano-rama ibérico e que reúne aos mellores equipos de Galicia, Asturias e Portugal.

Os ourensáns do Marbel Judo Club tiveron unha xor-nada moi dura, na que un dos seus integrantes -Tono Fernández- causou baixa e o puntal do equipo, Felipe Iglesias, participou merma-do por mor dun golpe no seu ollo dereito. A pesar de

JUDO

O Marbel supera as adversidades4 Competiu na primeira xornada da Liga In-ternacional cun judoka menos.

todas as vicisitudes lograron dúas vitorias e catro derro-tas o que os leva a ocupar a décimo primeira posición ao remate desta primeira xor-nada.

As vitorias foron contra o Famu C (3-1) e o Judo San-fer (3-1); un gran resultado se temos en conta que saían ao tatami cunha derrota pola ausencia de Tono Fernán-dez. As derrotas foron con-tra o Judo Lugo (0-3), Uni-versidad de Coruña (0-4), Shiai Coruña (1-3) e Famu A Vigo (0-4).

Con estes resultados o club ourensán é undécimo con 71 puntos, superando a cifra do ano pasado.

Tralo primeiro acto lidera a clasficación o UDC Mas-culino, da Coruña. Segundo

é o Famu de Frutos A (Vigo) e en terceira posición mar-cha o conxunto coruñés do

Judo Club Shiai; con sete, seis e cinco vitorias, res-pectivamente.

Vindeira xornadaA segunda xornada da

Liga Internacional dispu-tarase novamente no pa-villón de Oira (16.15h) o sábado 5 de outubro.

Os integrantes do Mar-bel Judo Club Ourense son Felipe Iglesias, Guillermo Otero, Tono Fernández e Christian Álvarez.

Felipe, Guillermo e Christian do Marbel Judo Club.

Redacción

Os días 4 e 5 de outubro celebrarase a segunda edi-ción do Rali Ribeira Sacra na que participarán preto de 100 equipos. A proba é puntuable para o Campio-nato Galego.

Esta segunda edición do Ribeira Sacra comezará o venres 4 coas verificacións administrativas e técnicas entre as dúas e as tres e media da tarde en Luin-tra (restaurante Olegario). Das verificacións pasarán ao parque pechado, situa-do nas inmediacións das piscinas de Luintra. Xa, as oito e media da tarde dis-putarase un tramo espec-táculo, único da xornada do venres, que terá unha distancia dun quilómetro e �00 metros e terá o cam-pus universitario como

Preparados para o Raly Ribeira Sacra4 Disputarase os días 4 e 5 de outubro.

escenario.

TramosA partir das 8.�5h da

mañá do sábado 5 de ou-tubro comezarán os tramos do rali. Serán catro tramos con dúas pasadas cada un deles. Os tramos da mañá son os de Maceda - Baldrei (10,430km.) e o de San Mi-guel - Luintra (10,000km.); xa pola tarde disputaranse os tramos (a dobre pasada tamén) de Ordelles - Es-gos (1�,000km.) e Meliás - Luintra (10,450km.) co que se pechará o �º Rali Ribeira Sacra.

Cartel do Ribeira Sacra.

Page 14: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

14 BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

POLIDEPORTIVO

O CD Aurum no Desafío Illas CíesTres representantes do Club Deportivo Aurum de Ourense participaron no Triatlón

MD Desafío Illas Cíes. Alfredo Ferreiro Deaño “Furi”, Jesús Fernandez Rico e Patricio Farias Forneiro foron os representantes do club ourensán que participaron neste medio “Iron Man”, unha das probas deportivas máis esixentes. Neste deporte, en realidade tres en un, a dificultade vai directamente proporcional á súa espectacularidade (canto maior é dificultade maior espectáculo ten). O medio “Iron Man” consiste en realizar 1.900 me-tros a nado, 90 quilómetros en bici e �1 a pé. Todo un reto para calquera deportista.

A posición final na clasificación dos tres atletas “Aurum” é o de menos logo de meter-se tal paliza no corpo. Alfredo Ferreiro empregou un tempo de 5:17:31; Jesús Fernández fíxoo en 5:14:59 e Patricio Farias rematou a competición en 5:39:39.

Alfredo Ferreiro Deaño “Furi”, Jesús Fernandez Rico e Patricio Farias Forneiro, no Desafío Illas Cíes.

Redacción

O próximo 5 de outu-bro a Fundación Otero Pedrayo organiza unha andaina literaria pola contorna de Trasalba. O fío condutor da activida-de serán textos extraídos da obra de Ramón Otero Pedrayo, que se lerán ao longo do percorrido, de aproximadamente hora e media.

Os asistentes reuniran-se ás 11 da mañá na porta da Casa Grande de Cima de Vila. Aqueles que o desexen poden levar a comida e quedarse a xan-tar ao rematar a andaina.

Para máis informa-ción poden dirixirse ao 988�81139 ou ao ende-rezo electrónico: [email protected]

ToénDe seguido, todos os

andaríns ourensáns te-ñen outra cita. Esta vez será en San Pedro de Moreiras (Toén), o 1� de outubro ás 9.30 horas. A proba constará dun to-tal de �5 quilómetros de distancia divididos en dous tramos, o primeiro de 10 quilómetros e o se-gundo de 15.

Os interesados poden inscribirse ata o 9 de outubro no Concello de Toén ou na tenda de de-portes Redonet da capi-tal ourensá. O prezo da inscrición será de 7 euros e dará dereito a avitualla-mento líquido e sólido e, ó rematar a proba, chu-rrasco e bebida.

Para máis información poden consultar a web http://www.moreiras.org.

Chegan as andainas de Trasalba e Toén

Absurda polémica

Nos últimos días desa-touse no Concello de Ourense unha polémica sobre a carreira popular do San Martiño. Tería que cobrarse a inscrición ou debería seguir sendo gra-tuíta? Habería que saber cal sería a opinión dos que gobernan se estiveran na oposición, e dos da oposi-ción se estiveran no poder.

A San Martiño é igual que moitas outras carrei-ras populares galegas (co orgullo de ser a decana de todas elas); e na maioría (por non dicir en todas) os participantes teñen que pagar. Se fose así na nosa, poderíase crear unha iden-tidade propia, permitindo, por exemplo, que ademais dos escolares participen de balde os desempregados.

O que debemos ter pre-sente é que por cada ins-crito a organización paga un seguro, aínda que final-mente este nunca chegue a calzar as zapatillas.

4EDITORIAL

Page 15: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº84- Ano: V - 4 de outubro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 22. A mentaliza-ción dun equipo.

O proceso de mentaliza-ción dun equipo entraña unha tarefa ardua e dificul-tosa. O primeiro paso do adestrador será coñecer e valorar psicoloxicamente a cada un dos xogadores, a súa contorna. Este traballo é unha tarefa que o adestrador día tras día debe analizar e ao mesmo tempo plasmar para unha futura obtención dos seus logros tanto no as-pecto humano como no de-portivo.

Por mentalización enten-demos, levar ao interior dos xogadores a compresión dos fins que un equipo ten ante si, e ao mesmo tempo impli-ca un traballo, unha axuda, unha colaboración de cada un dos compoñentes para o logro dos obxectivos; por tanto, queda claro que é un compromiso e esixencia de todos.

A mentalización empeza mesmo antes de formar un grupo, sendo un proceso que esixe sacrificio, esforzo e en-trega. Podiamos, por tanto, considerala como un proce-so de continuidade, xa que é algo de todos os días. De-bemos forxala día tras día, vitoria tras vitoria, derrota tras derrota, etc.

Un dos factores contri-buíntes a este proceso é a capacidade de adaptación do suxeito ao grupo.

Con esta adaptación, o suxeito lograría:

- Unha gran integración

entre os seus membros.- Obtención de fins co-

múns.- Cooperación íntima.- Entrega, esforzo, sacri-

ficio.Non cabe a menor dúbida

de que o equilibrio psicoló-xico, sería un potencial de mellora tanto en:

- Adestramentos.- Derrotas. - Triunfos.- Aprendizaxe de técnicas,

tácticas, etc.Por que debemos mentali-

zar ao xogador e preparalo psicoloxicamente?

Sabemos que a compe-tición provoca unha gran tensión no estado de ánimo do xogador debido á carga emocional que produce o seu sentido de responsabilida-de, inherente, en todo caso, da súa profesionalidade. O xogador vive envolvido nun clima de incerteza, do que moitas veces se derivan si-tuacións conflitivas. Estas situacións son a voz de alar-ma ao Adestrador, da que se deriva a preparación psico-lóxica do xogador.

Entre os factores que pro-ducen tensión temos:

1º. Factor resultado.- Alegrías, fracasos, sufri-

mentos.2º. Factor tempo:- Competición duradeira.- Recuperación fácil ou

difícil.3º. Factor numérico:- Número de partidos nun-

ha competición.- Torneos e eliminatorias.

Deporte e realidade (XXIII)4º. Factor participación:- Imprevisible as veces

que un xogador participa.- Dificultade na súa pre-

paración.5º. Factor desgaste am-

biental:- Clima, instalacións,

viaxes, concentracións, etc.6º. Factor ansiedade:- Por chegar a ser figu-

ra e permanecer despois como tal.

- O paso dos anos, a competencia, as relacións co adestrador, o diñeiro, etc.

7º. Factor económico:- Intereses do club8º. Factor dirixentes:- Egoísmos, impacien-

cias, inxerencias, etc.9º. Factor grupo:- As relacións no grupo

adoitan ser difíciles, cada integrante é un mundo dis-tinto. Os grupos poden ser autoritarios, liberais, de-mocráticos.

10º. Factor optimismo excesivo:

- Inhibicións e exceso de responsabilidade.

11º. Factor arbitraxe: Acertos, erros, cartóns,

etc.12º. Factor público:- Prensa, afeccionados,

críticos. É, pois, necesario e fun-

damental, diariamente xo-gadores e adestrador, etc., enfrontarse contra estas si-tuacións en diálogo aberto.

Alfonso Vilachá, con-celleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Redacción

O club Salvour inicia unha nova tempada fir-mando un convenio de colaboración xunto co co-lexio Miraflores.

Con motivo deste acor-do esta tempada a escola deportiva do club terá un grupo de traballo na pisci-na climatizada do colexio.

Ambas as dúas entida-des (o club por medio do seu presidente, José Ma-nuel Paredes, e o colexio a

través do director do centro, Alberto Domínguez) mani-festaron a satisfacción por dito acordo para potenciar este deporte e actividade educativa para a formación dos escolares.

CompeticiónPor outra banda, o equipo

de competición do club ini-ciou os seus adestramentos na piscina do Pavillón dos Remedios. Para esta tem-pada pretenden mellorar os resultados do ano anterior

O Club Salvour inicia a nova tempada4 Firma un convenio co colexio Miraflores.

Salvour terá un grupo de traballo na piscina do centro escolar

O presidente de Salvour, José Manuel Paredes (á esquerda), e o director do colexio Mi-raflores, Alberto Domínguez, na piscina do centro escolar.

e consolidarse coma un dos equipos máis importantes da Liga galega de salva-mento acuático deportivo, especialmente na categoría sénior. Así mesmo, os nenos da escola deportiva de entre 7 e 13 anos tamén comezan as súas sesións de traballo.

Redacción

A piscina Rosario Due-ñas e o circuíto hidro-termal do pavillón dos Remedios volven estar abertos ao público desde o pasado 1 de outubro.

Ainda que as obras que se realizaron na piscina principal (substitución de cristales, tratamento con-tra oxidación, carpintería, suxeción de placas do tei-to de vestiarios, limpeza de depósitos acumulado-res, traballos de pintura,

reparación de filtracións no pasillo de entrada, etc) están rematadas desde me-diados de mes de setem-bro, non se puido efectuar a apertura polo retraso das bombas de calor deshumi-ficadoras, obxecto principal das obras.

O Consello Municipal de Deportes pide disculpas po-las molestias ocasionadas os usuarios e agradece a súa paciencia pola demora destas obras que considera “ imprescindibles realizalas para garantir a seguridade e

mellorar as condicións de uso para os bañistas”.

Reparación piscina Pe-dro Escudero

Por outra banda, o Con-cello xa aprobou o proxecto de obras na piscina Pedro Escuredo. O vaso de �5 me-tros será sometido a obras de deshumificación e cli-matización, cun orzamento de 143.000 euros.

O Consello Municipal de Deportes tamén ten previsto actuar nas piscinas munici-pais de Oira, cunha reforma para reparar desperfectos e para construir unha pisci-na infantil separada da de adultos. O orzamento é de 16�.000 euros.Piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios.

Reapertura da piscina Rosario Dueñas

Page 16: 03 Outubro 2013 - BD Nº84

BARRIOS DEPORTIVO4 de outubro de �013