2014 Órgano de comunicación do s. n. de cc€¦ · número 50 - marzo de 2014 Órgano de...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 50 - marzo de 2014 P ara o 3 de abril, UGT e CCOO de Galicia, ao abeiro da convocatoria europea da CES, organizan unha xornada de mobiliza- ción para rexeitar as políti- cas de austeridade e de recortes e esixir un plan de investimentos que permita reactivar a economía e crear emprego de calidade. Ha- berá, polo tanto, concentra- cións en varias localidades do país. / PÁX. 10 Construír máis sindicato Construír máis sindicato

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 50 - marzo de 2014

Para o 3 de abril, UGT eCCOO de Galicia, aoabeiro da convocatoria

europea da CES, organizanunha xornada de mobiliza-ción para rexeitar as políti-cas de austeridade e de

recortes e esixir un plan deinvestimentos que permitareactivar a economía e crearemprego de calidade. Ha-berá, polo tanto, concentra-cións en varias localidadesdo país. / PÁX. 10

Construírmáis sindicato

Construírmáis sindicato

GaLICIa SINdICaL Número 50 - marzo de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Luis Romero, Nuria Rguez. Lema, Rodolfo Benito,Lluís Filella e Xan María Castro (análise) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 31/3/2014

Lembrando

Nos primeiros anos da de-mocracia, a oposición cri-ticáballe ao Goberno as

medidas económicas e políticasque tomaba cualificándoas de in-xustas, retrógradas e ineficacesnun país abafado pola inflación,o paro, o terrorismo e a persis-tencia de hábitos golpistas e deleis da ditadura.Lembro que o ministro Abril

Martorell adoitaba xustificar asaccións de goberno repetindoque eran necesarias para «sal-var» a España de todos os malesque a asexaban. Nunha ocasión,Gregorio Peces-Barba pediulleque deixase xa de salvarnos por-que, do contrario, estabamosperdidos.Pasaron desde aquela trinta e

tantos anos e nese tempo fomosdando un paso atrás e dousadiante ata chegarmos aos tem-pos de hoxe nos que, en apenasmedia lexislatura, o Partido Po-pular foi quen de, nun chimpo,impulsarnos cara atrás de dezanos en perda de dereitos, endesigualdade e en inxustiza. Todos os estudos serios

apuntan nesa dirección. Taméno último informe da OCDE dirixe

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

as críticas nese sentido e afirmaque España é, de lonxe, o paísdesta organización no que máismedraron as desigualdades eco-nómicas entre ricos e pobres acausa do desemprego e dunhapeor cobertura do sistema deprotección social. Os datos quedebulla o informe son desalen-tadores, en especial os que falanda mocidade, dos parados delonga duración, dos que estánpor debaixo do limiar da po-breza, dos dependentes…Desde o Goberno repiten ata

fartar que a culpa é da herdanzaque lles deixaron e queren quecomunguemos con esa ladaíñacoma se fose un dogma de fe.Pero eu créolle máis a Tony Judt:«O estilo materialista e egoísta davida contemporánea non é inhe-rente á condición humana. Granparte do que hoxe nos parece‘natural’ data da década dos oi-tenta: a obsesión pola creaciónde riqueza, o culto á privatizacióne o sector privado, as crecentesdiferenzas entre ricos e pobres e,sobre todo, a admiración acríticapolos mercados non regulados,o desprezo polo sector público, ailusión do crecemento infinito».

SEN COMENTARIOS

Na imaxe superior, estado das obras do novo hospital privado de Vigo,

en marzo de 2014; na instantánea inferior, manifestación este mesmo mesen Vigo contra a privatización da sanidade pública

3

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 50 - marzo de 2014

Xa pasou un ano desde acelebración dos congre-sos de CCOO, nos que se

concluíu que cómpre ser máissindicato para facer fronte ácrise e ás políticas de recortesdos gobernos da dereita. Nosdocumentos aprobados entodos os congresos facíase fin-capé no «sindicalismo de pro-ximidade», en situar nasempresas o escenario de todaa nosa acción sindical. E, encerta medida, poderíase dicirque se está cumprindo: procú-rase estar máis preto dos prin-cipais conflitos nas empresase das persoas que se acheganao sindicato para recibir aten-ción. Ademais, son centos osprocesos de negociación nasempresas nos que o sindicatointervén, aínda que sexan amaioría casos de regulación deemprego máis ca de negocia-ción colectiva. Cúmprese oaprobado nos congresos, peronon obtemos os resultados es-perados. Daquela, deberiamosreflexionar sobre que se fai ecomo se fai.O noso sindicato atópase en

plena reorganización interna,con fusións de federacións queperseguen unha maior eficaciasindical e tirar mellor resultadodos recursos e estruturas em-pregadas para a acción sindi-cal. Este proceso tamén haatender a realidade da organi-zación territorial desde todosos puntos de vista pero, sobretodo, desde o sentido comúnna xestión orgánica e de recur-sos e desde o compromiso sin-dical. Esta reorganización eadelgazamento de estruturasnon é doado, cómpre facelo

ben. É obriga de todas as per-soas con responsabilidades or-gánicas en CCOO facilitarestes procesos, e facelo ase-made mantendo e cumprindoos seus deberes en funcióndas súas posibilidades, xaque non se lle pode pedir omesmo a quen se dedica enexclusiva ao labor sindical, caa quen dispón de horas sindi-cais limitadas, ou a quenatende as súas tarefas des-pois de saír do traballo ouque, por se atopar en desem-prego, as atende como pode.A situación é moi compli-

cada: cada vez hai máisfrontes que atender e menosposibilidades para facelo.Pero, así e todo, debemosesforzarnos en sermos nósquen resolvamos os proble-mas das persoas ás querepresentamos, e facelo im-plicándoas para incorporarmáis xente á nosa acciónsindical.Cando, en plena ditadura, os

nosos compañeiros e compa-ñeiras máis veteranas se pu-xeron á faena de organizar nasempresas as primeiras comi-sións obreiras, topábanse anteun reto inmensamente maior edifícil ca o noso. Nós enfrontá-monos a situacións de redu-ción de dereitos laborais, perdade emprego e desestruturaciónde sectores e zonas. Daquelaarriscábanse á perda de liber-dade, a seren vítimas de tortu-ras e cárcere, mesmo aperderen a vida en defensa daliberdade. Quizais sexa bo falarcon eses compañeiros e com-pañeiras para que nos contencomo o facían, como atendían

EDITORIAL

Facer máis CCOO con menos recursos

Con este número que estás a ler, GALICIA SINDICAL chega á edición número50 desde que en 2010 comezou a saír só en formato dixital

a xente, como a mobilizaban,como a organizaban: todo naclandestinidade e con recursosachegados por eles mesmos(locais, coches, cartos). Sencaermos na nostalxia, pero senperdermos de vista aquelaspersoas, coas posibilidades ac-tuais, seguro que farían aíndamáis no pasado. Temos a res-ponsabilidade de impulsar osdereitos e liberdades dos tra-balladores e traballadoras, apartir do seu protagonismoneses procesos.

Neste número do GALICIASINDICAL queremos deternosnestas reflexións, nas estrate-xias e ferramentas que o nososindicato está elaborandodesde as seccións sindicais,federacións, organizacións te-rritoriais e tamén desde a di-rección confederal. O encontroconfederal de seccións sindi-cais tamén debe avanzar naliña de repensar a acción sin-dical cotiá para superar osatrancos actuais, para conse-guir facer máis con menos, eexercer a nosa responsabili-dade como principal organiza-ción sindical do país.

GaLICIa SINdICaL Número 50 - marzo de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

En boa medida,o noso proxectosindical hafundamentarse,máis se cabe,na plena sindi-calizacióndos centros detraballo edas relaciónslaborais

Estes últimos cinco anos vi-ñeron marcados por unhaprofunda crise cuxos efec-

tos se notaron sobre todo naredución desmedida do em-prego –especialmente nos sec-tores industriais–, no incre-mento insoportable das taxasde paro e no crecente empo-brecemento das condicións devida e de traballo das clasestraballadoras. Ao tempo, puxé-ronse en marcha varias refor-mas laborais que provocaronperda de dereitos. Outro ele-mento destacable deste pe-ríodo foi a constante e siste-mática campaña de despresti-xio das organizacións sindicaisorquestrada por poderososgrupos de interese e medios decomunicación.As folgas xerais e as masivas

mobilizacións que desenvolve-mos durante este lustro non ter-

minaron de desmontar os argu-mentos da falta de credibilidadee representatividade dos sindica-tos. Doutra banda, as decisiónsadoptadas polos sucesivos go-bernos durante este período conrespecto á participación institu-cional dos sindicatos e ao sis-tema de formación para oemprego fan aínda máis rele-vante a importancia da afiliaciónpara CCOO e para a Federaciónde Industria en particular. A base afiliativa xa non só re-

presenta o principal activo na de-fensa dos dereitos dos traba-lladores e traballadoras –porqueonde se ten máis afiliación haimaior capacidade de incidencia–,senón que a partir de agora acota sindical convértese case naprincipal fonte de ingresos paraCCOO. Isto obríganos –máis canunca– a pórmos en marchaplans de traballo efectivos e con-

Luis Romero RedónSecretario de Organización da Federación estatal de CCOO de Industria

tinuados, tanto para manter a ac-tual afiliación como para esten-dela ao maior número posible detraballadores e traballadoras.O período que agora abrimos

coa celebración do Congreso defusión non será sinxelo, pois acrise persiste e non se ven indi-cios de solución a curto prazo.Con todo, a nosa forza reside narazón dos nosos argumentos ena nosa capacidade de crecer-mos ante a adversidade. En boamedida, o noso proxecto sindicalha fundamentarse, máis se cabe,na plena sindicalización dos cen-tros de traballo e das relacións la-borais. Iso require pechar filas aoredor da creación das condiciónsaxeitadas para estender e afianzaro noso vínculo de proximidadecos traballadores e as traballado-ras e, xa que logo, aumentarmosen afiliación.As estratexias afiliativas teñen

como obxectivo ampliar, fidelizar,recuperar e potenciar a afiliacióna CCOO desde unha concepciónque integra a política sindical e aorganizativa. Esixe novas iniciati-vas e apunta ao reforzamento daproposta sindical, tanto no planoxeral –reivindicación do sindica-lismo e desenvolvemento da súaacción colectiva– como no espe-cífico –apuntalar a súa presenzae intervención nas empresas–.Nisto ten un papel sobranceiro aestrutura de rama no territorio erequire, ademais, programas es-pecíficos con relación ás empre-sas en que CCOO ten secciónsindical. Doutra parte, nas em-presas en que hai representaciónpero non existe sección sindical,é urxente pór en marcha un planpara a implantación e o desenvol-

A afiliación,unha prioridade

vemento do sindicato; tamén nasempresas onde non hai nin sec-ción sindical nin representación.A negociación colectiva é un

dos elementos centrais da activi-dade do sindicato. É certo que areforma laboral supuxo un durogolpe para os convenios colecti-vos, pero tamén o é que o sindi-cato está a artellar propostas einiciativas de traballo co con-xunto das organizacións para su-perar esta situación e evitar así aaplicación da reforma laboralcanto á ultraactividade. Dito isto,a negociación dun convenio haconverterse no medio co que ex-pormos programas de traballoespecíficos en materia de nego-ciación colectiva que acompañentodo o proceso de negociación econflito: desde a elaboración daplataforma reivindicativa ata oasinamento do texto final.A prioridade do conxunto de

estruturas da nosa federaciónserá traballar por obxectivos me-dibles e avaliables, facendo daafiliación unha prioridade, vincu-lando a organización ao servizoda acción sindical. Na outra di-rección, faremos valer a acciónsindical para o desenvolvementoorganizativo e este, pola súa vez,para o crecemento da afiliación.A participación de todas e todosneste proxecto é fundamental.

n A creación de seccións sindicais en empresas onde xa hai representación de CCOO é urxente.Se non for posible crear a sección, hanse establecer mecanismos de participación que consiganmás implicación e afiliación ao sindicato. Para Luis Romero, secretario federal de Organización deCCOO de Industria, este é un reto inaprazable.

5

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 50 - marzo de 2014

Ás veces, cando escoitamosiso de «baixar ás empre-sas» sóanos a tópico e

procuramos outras opciónscomo as novas tecnoloxías, oscorreos electrónicos e non seicantas cousas máis. Poida quetodas elas sexan a solución, perosempre como opcións comple-mentarias. A proba témola no tra-ballo de CCOO en EXTEL, tantona sección sindical como no co-mité de empresa.EXTEL naceu en 1999 e du-

rante os primeiros catro anos nocomité só había representaciónde CCOO. Máis tarde entrou aUGT e, posteriormente, nunhaseleccións parciais, a CIG. Nunnovo proceso electoral, CCOO,UGT e CIG quedamos con cadan-seus catro membros nun comitéde 21. Xa nas últimas eleccións,obtivemos oito membros no co-mité (49 % da representación), a

só dez votos da organizaciónmaioritaria.Como se ve, a representación

de CCOO na empresa pasou porfases ben diversas, pero nestesquince anos houbo sempre unhacerteza: a nosa afiliación medroude xeito constante, circunstanciameritoria polo complicado donoso marco de traballo: unhaempresa que ten entre 1.200 e1.300 traballadores e traballado-ras con rotación de emprego(precario), salarios moi baixos enun sector recente con poucatraxectoria e cultura sindical. Seisto parece desalentador, aíndapor riba o convenio colectivo foinegociado por dúas federaciónscon culturas de rama moi distin-tas, xa que o noso é un sectordos chamados fronteirizos.Os atrancos son, polo tanto, di-

versos. Con todo, grazas ao com-promiso e á militancia de quen

Nuria Rodríguez LemaSecretaria xeral da sección sindical estatal de CCOO en EXTEL

actúa na defensa dos dereitosdos seus compañeiros e compa-ñeiras, ningunha eiva é insalva-ble. O traballo diario, o contaxiodesa militancia e a procura incan-sable de solucións de con-xunto –sobre todo para aquelasnecesidades que a nosa afiliacióndemanda– é algo que se aprecia.Onde hai un problema, hai un de-legado ou delegada de CCOOpara tentar chegar á mellor solu-ción posible. Sobra dicir que anosa afiliación ten que se sentiracompañada e apoiada polosnosos delegados e delegadas!O traballo cotián que facemos

en EXTEL consiste en acompañaras necesidades das persoas que

Un sindicatoa pé de corredor

representamos, pero tamén eninformar de canto facemos: concomunicados en man, por correoelectrónico e a través dunha pu-blicación mensual dirixida ao per-soal da empresa, informamos detodo o que está pasando, lembra-mos os dereitos que asisten opersoal por convenio e damosconsellos de como coidar asaúde no centro de traballo.No caso particular do noso

centro, na Coruña, o labor sindi-cal baséase en moita dedicación.Daquela, ademais de estarmosxunta os compañeiros e compa-ñeiras nas instalacións da em-presa, dedicamos un día ásemana a permanecer de gardana sala sindical. Alí atendemoscalquera consulta ou petición quese nos faga chegar. Loxicamente,aproveitamos o tempo para re-dactar denuncias, revisar proble-mas xa formulados e planifi-carmos a acción sindical paraaqueles casos en que a negocia-ción ou as denuncias non de-sembocan nunha solución.

Un sindicato grandeCando un traballador ou traba-

lladora ten un problema, o pri-meiro que facemos é procurar-mos unha solución. Como partedeste labor, tamén explicamos asvantaxes da afiliación a CCOO. Amaioría das persoas entendenque o feito de estaren afiliadasaxudará a que o sindicato llespoida dar unha mellor atenciónnon só a elas, senón tamén e ou-tras traballadoras e traballadores.Para o desempeño deste co-

metido non se precisan grandesinvestimentos económicos ningrandes alardes de tecnoloxía–aínda que sexa necesaria–. Sede algo hai probas no labor sin-dical de CCOO en EXTEL é deconstancia no traballo cotián a péde corredor. Atender, escoitar esolucionar son os verdadeirosmotivos polos que a afiliaciónnos acompaña. Cómpre ter algomoi claro nesa militancia: Comi-sións Obreiras é un sindicatogrande, non só en números,senón en solucións.

n As boas receitas de sempre para a acción sindical en EXTEL: atención ás persoas que serepresenta, información sobre todos os procesos en que se participa e implicación na resolucióndos problemas. Estas son as tarefas imprescindibles segundo Nuria Rodríguez, secretaria xeral dasección sindical estatal de CCOO en EXTEL.

Parte do nosolabor sindical éinformar decanto facemos.Para isto, entre-gamos comuni-cados en man,enviamos infor-mación por co-rreo electrónicoe contamoscunha publica-ción mensualdirixida a todoo persoal

GaLICIa SINdICaL Número 50 - marzo de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

Máis sindicato na empresapara termos máis sindicatona sociedade

Amagnitude da crise eco-nómica e os seus efectosdevastadores sobre o

emprego, así como o rumboideolóxico da súa xestión polí-tica –baseada en recortes dedereitos e prestacións–, reacti-varon o debate ao redor dacuestión social. Conferiulle, ade-mais, unha nova centralidadeao traballo como factor de ci-dadanía, pondo de manifestoos dramáticos desaxustes entrea oferta e demanda.A reforma laboral imposta

polo Goberno do Estado tencomo obxectivo desequilibrarradicalmente as relacións la-borais, tanto nos seus medios–aumenta o poder empresarialmentres diminúen a tutela xu-dicial e a cobertura da nego-ciación colectiva– como nos

seus fins –depreciación sala-rial, desregulación normativa,enfraquecemento do podercontractual dos traballadorese traballadoras.Situar o emprego decente

como principio de actuaciónuniversal é unha cuestión cen-tral, máis aínda nun marco enque se irá alterando significati-vamente o tipo de regulación eo valor político do traballo.O respecto e a vixencia xene-

ralizada da liberdade sindical–e, por conseguinte, a pre-senza do sindicato como figurasocial clave, non só das rela-cións económicas e sociais,senón da propia civilización de-mocrática– estase cuestionan-do e isto hai que combatelo: aposta en valor da función sin-dical é un compoñente estraté-

Rodolfo Benito ValencianoSecretario confederal de Estudos de CCOOPresidente da Fundación 1.º de Mayo

xico da acción sindical que re-quire moita visibilidade do sin-dicato, dos seus dirixentes entodos os ámbitos, desde a em-presa ata a dirección confede-ral, no centro de traballo e nasociedade, no conflito e na ne-gociación, na súa capacidadede proposta e de alternativas.Engadimos a aposta de máis

sindicato: máis próximo aosafiliados e afiliadas, aos traba-lladores e traballadoras desdea empresa; máis aberto á so-ciedade; máis forte, máis igua-litario e máis confederal; capazde xestionar os seus recursoseficazmente e capaz de asumirun amplo proceso de renova-ción. Máis participación da afi-liación, desde o centro detraballo, no sector, no territo-rio, para unha maior relacióncos traballadores e traballado-ras, para conseguir unha maiorfortaleza do discurso sindical.O sindicato debe estar onde

se dirimen os intereses daforza do traballo. Mais eselugar non é só o centro de tra-ballo, implica a necesidade deque o sindicato se sitúe con re-novada forza e protagonismona empresa, abrindo canles departicipación ás mulleres, ámocidade, ás novas realidadesproduto dos procesos migrato-rios, ás vítimas de distintas for-mas de precariedade. Cómpreabrir vías para revitalizar a ac-ción sindical na empresa, quenon é outra cousa que o lugaronde se fan efectivos os cam-bios –polo tanto, é o lugar ondetamén se han facer efectivos os

n Proximidade como premisa sindical e afastamento da rutina e da perspectiva a curto prazo. Para Rodolfo Benito, secretarioconfederal de Estudos de CCOO e presidente da Fundación 1.º de Mayo, estes son os elementos clave para reforzar a nosa estratexiasindical.

O sindicatodebe estar ondese dirimen osintereses daforza do traba-llo. Mais eselugar non é só ocentro de traba-llo, implica anecesidade deque o sindicatose sitúe con re-novada forza eprotagonismona empresa,abrindo canlesde participaciónás mulleres, ámocidade, ásnovas realida-des produtodos procesosmigratorios,ás vítimas dedistintasformas de pre-cariedade

7

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 50 - marzo de 2014

novos retos que o sindicalismoten ante si.Pero non só a mobilización

no centro de traballo ou na rúaque, sendo importante, ten queir acompañada ineludiblementeda mobilización das ideas, doscadros sindicais, a mobiliza-ción organizativa, a de todos osrecursos do sindicato.Xunto a isto, hai que refor-

zar o concepto de utilidade dosindicato: o alcance e resulta-dos da súa intervención naacción sindical cotiá, a ne-gociación colectiva e a concerta-ción social, a acción xurídicacomo complemento da sindical eos servizos que presta, pondo demanifesto o factor diferencial quea presenza ou non do sindicatosupón en materia de condiciónsde traballo, dereitos, seguridadecontractual, etc. Reforzar estratexias tanto na

acción, no saber facer –presenzae intervención cotiá nos centrosde traballo, na sociedade, nego-ciación colectiva, asesoramento,representación institucional–como na opinión, no facer saber–estratexia de comunicación,creación de imaxe e opinión, in-tervención nas redes sociais–,convértese nunha urxente priori-dade. O sindicato non pode xerarnin indiferenza nin distancia.

Intervir para transformarA acción do sindicato ten a

misión de modificar a realidadeno sentido de mellorar as con-dicións de traballo e de vida.Esa misión só pode cumprirseafrontando a realidade e osprofundos cambios que a con-figuran na súa raíz. Isto hasefacer mediante unha estratexiasindical definida cuxo obxec-tivo central se axuste a unhaúnica premisa: intervir paratransformar.CCOO debe aspirar a repre-

sentar o conxunto diverso ecambiante dos traballadores eas traballadoras. Nisto consis-ten hoxe os acenos de identi-dade do sindicalismo confe-deral e do sindicalismo de

clase. A cultura sindical debepartir dunha premisa: a proxi-midade. Isto esixe versatili-dade, flexibilidade e capacidadede adecuación ao concreto–sempre diverso e plural–,centralidade nos obxectivos,organicidade nas decisións, ar-ticulación das estruturas e au-tonomía crecente na xestión.Só hai sindicato se se fai sindi-calismo, e iso esixe afastarseda cultura do fugaz.

Afastamento das rutinasEsta reflexión leva a expor a

necesidade de afastar o sindi-calismo da rutina e da perspec-tiva do curto prazo para xerarmaior capacidade de iniciativae de proposta, para abordarunha axenda que nas súas pri-meiras páxinas consigne al-gunhas tarefas pendentes ares-tora no terreo sindical. Ha in-cluír o organizativo, porque faiparte del, e o que atangue ostraballadores e traballadoras,cuxas condicións de empregoempeoran de maneira peri-gosa, empurrando a unha indi-vidualización das relaciónslaborais cada vez máis ampla.Do propio movemento sindical

dependerá que a situación sexareversible.

Facer saberCómpre, reitero, facer visible

o traballo do sindicato no cen-tro de traballo. Polo tanto, acarón dos temas de caráctermáis xeral hai que poñer envalor, por sistema, a interven-ción simultánea do sindicato enmilleiros de asesoramentos, denegociacións, de conflitos, deacordos… En definitiva, mos-trar que intervén acotío na de-fensa dos dereitos dos traba-lladores e traballadoras. Estecapital social haino que difun-dir e require planificación, xaque CCOO ten unha maior pre-senza social ca recoñecementopúblico.É necesario seguir profun-

dando no papel do sindicatocomo interlocutor na empresae fóra dela. Hai que exporse,acometer os necesarios proce-sos de co-decisión na empresae facer máis eficaces os de ne-gociación social e laboral fóradela. O sindicato ha ser, pois,interlocutor decisivo no microe no macro.O sindicato emancípase na

empresa e reforza o seu podernormativo-colectivo a partir darama de produción como for-ma de ampliar a tutela de todosos traballadores e traballado-ras, tamén nas pequenas e me-dianas empresas.O sindicato, cómpre subli-

ñalo, é ademais portador duninterese económico e social entermos político-democráticos.No contexto dunha crise eco-nómica, social e política comoa actual, a reivindicación dosindicalismo, dos seus valores,da súa función social e dasconquistas civilizatorias, re-sulta máis necesario ca nuncapara defender os dereitos dostraballadores e das traballado-ras e o estado do benestar.

Na imaxe, unha asemblea do persoal dunha empersa do sector da alimentación

Cómpre facervisible o traballodo sindicato nocentro de traba-llo, poñer envalor a interven-ción simultáneado sindicato enmilleiros deasesoramentos,de conflitos, deacordos… Mos-trar que inter-vén acotío nadefensa dos de-reitos dos traballadores e tra-balladoras.Este capital so-cial haino quedifundir

8

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaL Número 50 - marzo de 2014

O papel da Sindicaturada Afiliación en CCOO

No ano 2004, o 8.º CongresoConfederal das CCOO deCataluña (CONC) acordou

a creación e posta en marcha daSindicatura da Afiliación para ga-rantir a atención aos afiliados e ásafiliadas como centro da estrate-xia do sindicato, incrementando,reforzando e, sobre todo, deta-llando as políticas en relación coaafiliación para favorecer a súa es-tabilidade en CCOO.A Sindicatura da Afiliación ten

como obxectivo garantir e tutelaros dereitos dos nosos afiliados eafiliadas e, ao tempo, ser un ele-mento dinamizador na mellorados servizos que reciben e no in-cremento da atención á afiliación.A sindicatura é unha figura queconsta actualmente nos nososestatutos, do mesmo xeito que aComisión de Garantías e a Comi-sión de Control Administrativo eFinanceiro.A elección da persoa que asu-

mirá esta tarefa –defensora daspersoas afiliadas ante actuaciónsdo propio sindicato– correspón-delle ao Comité Confederal dasCCOO de Cataluña. Será elixida

por acordo da maioría absolutados membros presentes no mo-mento da toma de decisión. Aduración da función da Sindica-tura da Afiliación establécese nunperíodo congresual de catroanos, ampliable a outro único pe-ríodo de catro anos máis logo doacordo do Comité Confederal.O desempeño da Sindicatura

da Afiliación é incompatible coaasunción de responsabilidadesexecutivas e de xestión nos diver-sos ámbitos da estrutura sindicale dos instrumentos confederaisda CONC. Garántese, así, que nonsexa xuíz e parte ante as posiblesqueixas que se produzan.As funcións e competencias da

Sindicatura da Afiliación consis-ten en tutelar os dereitos indivi-duais da afiliación –previstos nosestatutos do sindicato– e, aotempo, dinamizar a mellora dacalidade dos servizos sindicais eprofesionais que a afiliación re-cibe, así como a correcta aten-ción ás persoas afiliadas. Taménpode facer as recomendaciónsque coide oportunas para perfec-cionar as políticas afiliativas –di-

rixidas a mellorar a calidade estatus interno da afiliación–. Ase-made, a Sindicatura debe canali-zar e tentar resolver coas estru-turas sindicais ou os organismosprestadores de servizos afecta-dos as queixas e reclamaciónspresentadas individualmentepolas persoas afiliadas.Compételle á Sindicatura cana-

lizar e dinamizar as suxestións demellora en relación cos servizosque poidan expor individual-mente as persoas afiliadas e velarpara que os ámbitos competen-tes do sindicato nas materiasenunciadas actúen en coherenciaco establecido.A Sindicatura da Afiliación

pode actuar a partir da presenta-ción de queixas, suxestións oupropostas de mellora en relacióncos seus ámbitos de actuación,pero tamén por iniciativa propia–para propor melloras ou previractuacións que, froito da súa ex-periencia, considere que nondeben repetirse.Para dar coñecemento ao con-

xunto da organización dos traba-llos realizados, a Sindicatura daAfiliación presenta un relatorioanual ao Consello Confederal daCONC no que recolle tanto as es-tatísticas relativas ás queixas for-muladas e resoltas como as súasrecomendacións e propostas demellora na atención á afiliación.Co fin de pór en práctica a filo-

sofía de colaboración do con-xunto da organización sindicalcoa Sindicatura da Afiliación,constituíuse o Consello Asesorda Sindicatura, para darlle axudae soporte no desenvolvementodas súas funcións. É elixido poloComité Confederal da CONC e nelparticipan responsables sindicais

Lluís FilellaSíndico da Afiliación de CCOO de Cataluña

–tanto territoriais como federati-vos–. A función deste Consello é,basicamente, asesorar o síndicoe darlle apoio no exercicio dasfuncións, así como recibir infor-mación das súas actividades ecoñecer con carácter previo o re-latorio anual –sobre o que emiteopinión non vinculante, se o con-siderar oportuno–. Estas cues-tións están recollidas nunregulamento de funcionamentoda Sindicatura que detalla fun-cións e procedementos que debeseguir, fixando os protocolos epautas de actuación.As persoas afiliadas á CONC

poden facer chegar as súas quei-xas ou suxestións desde a páxinaweb da CONC, mediante impresonormalizado –depositado nascaixas de correo instaladas nosprincipais locais territoriais dosindicato–, de xeito presencial outamén por correo electrónico. Aseguir, procúrase a solución ouos medios para evitar que unhasituación como a motivada polaqueixa se volva producir.Cabe destacar que esta instan-

cia de mediación, arbitraxe e re-solución de conflitos, nos noveanos que leva funcionando, deuresposta satisfactoria á maioríade casos expostos. De media, o84% das persoas afiliadas seguí-rono sendo unha vez mediou aSindicatura. Estes resultados es-peranzadores e o convencemen-to de que a atención e participa-ción das persoas afiliadas son aesencia básica e a razón de ser deCCOO, anímannos a seguir coatarefa da Sindicatura e a compar-tirmos a nosa experiencia contodas as organizacións que for-mamos parte da ConfederaciónSindical de CCOO.

n A atención aos derechos das personas afiliadas a CCOO débese coidar sempre, polo que ferramentas como a Sindicatura daAfiliación, posta e nmarcha polas CCOO catalás, deberíanse estudar para a súa implantación confederal. Lluís Filella, actual síndico,explícanos cal é o seu labor.

9

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 50 - marzo de 2014

Lembranzas para a reflexión

Hai poucos días celebrousea entrega de Premios 10 deMarzo na súa vixésima se-

gunda edición, e cando me dis-poño a redactar unhas liñas paralembrar a traxectoria das persoaspremiadas e doutros militantesde CCOO hai corenta anos, ché-game a noticia do pasamento deAdolfo Suárez. Non podo evitarreferirme a tan importante perda,así como lembrar o seu papelnos tempos da chamada transi-ción que, ende ben, desemboca-ron na conquista da democraciae na súa consolidación coa recu-peración das liberdades, as elec-cións democráticas celebradas o15 de xuño de 1977 e a redaccióne aprobación da Constitución noano 1978.O pasado 15 de marzo, o Sin-

dicato Nacional de CCOO de Ga-licia e a Fundación 10 de Marzopremiabamos a Juan Quirós, Be-nigno Sánchez, Dionisio Fernán-dez (in memoriam) e ManoloMontero, como recoñecemento aunhas vidas de entrega aos valo-res da xustiza, da loita polas liber-dades e polos dereitos indivi-

duais e colectivos. Estas catropersoas, xunto con moitas outraspremiadas ou non premiadas,militantes ou non de CCOO, foronmoi valiosas para superar a dita-dura e restablecer as liberdadesdemocráticas, articular instru-mentos de defensa da clase tra-balladora, dos seus dereitos emellorar as condicións laboraispara a consecución dunha socie-dade máis xusta.Con motivo do falecemento de

Suárez, destácase o seu papel,así como o do rei Xoán Carlos naconstitución da España democrá-tica. O que hoxe parece un cla-mor unánime a prol de Suárez,non era tan claro daquela. Paré-ceme ben, pois, que se faga xus-tiza coa súa figura; pero taméncómpre un recoñecemento dosque, ante a necesidade de supe-rar o enfrontamento das dúas Es-pañas, a guerra civil, represen-taron un papel fundamental paraconseguir o tránsito á democra-cia e facelo de xeito pacífico: opapel que desempeñaron San-tiago Carrillo, Gutiérrez Mellado,o PC, a Unión Militar Democrá-

tica e os militares que, aceptandoa Constitución, neutralizaron o in-tento de golpe de Tejero, Milánsdel Bosch e o resto dos golpistas,foi tamén peza clave. Esta nece-sidade de recoñecemento atan-gue tamén o papel, valente easemade sensato, do move-mento sindical no tardofran-quismo e na transición, conmención especial ás CCOO.Comisións foi protagonista,

non único pero esencial, nas loi-tas dos traballadores e traballa-doras por mellores salarios econdicións laborais na ditadura etamén na etapa de transición.Combinou con tino a loita clan-destina coa conquista de posi-cións legais dentro do sindicatovertical, o que permitiu á vez de-fender os dereitos da clase traba-lladora e situar o corporativosindicato vertical diante das súascontradicións, da súa negativa aaceptar a existencia de interesescontrapostos entre a clase traba-lladora e a empresarial, que facíanecesaria a legalización do sindi-calismo de clase.Comisións definíase na época

da clandestinidade como un mo-vemento sociopolítico que pre-tendía a defensa dos interesesinmediatos dos traballadores e astraballadoras combinándoa cosobxectivos estratéxicos de liqui-dación da ditadura franquista, es-tablecemento das liberdades de-mocráticas e construción dun Es-tado social e democrático de de-reito e descentralizado, cos sin-dicatos de clase legalizados.Aberto o período de transición,

cumpría evitar o «franquismosen Franco». Para iso, CCOO in-tensificou a loita, conseguindoun ambiente de protesta e rei-

Xan María CastroEx-secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

vindicación que contribuíu a es-tablecer unha unidade ampla nonsó co conxunto das forzas políti-cas e sociais da oposición, senóncos propios evolucionistas do ré-xime, que tiveron que ceder eaceptar a legalización de todos ospartidos e centrais sindicais.A combinación de potencial

militante con sensatez concrétaseen CCOO na capacidade de mo-bilización e negociación, na res-posta dada a actuacións dosultras do franquismo. Son exem-plo desa sensatez a reacción áprovocación que constituíu oasasinato dos avogados de Ato-cha e a resposta cidadá cunhaenorme e pacífica manifestación,que sería o preludio da legaliza-ción do PCE o 9 de abril de 1977.Algo máis tarde, e case coinci-dindo coas primeiras elecciónsdemocráticas do 15 de xuño, sonlegalizadas as organizacións sin-dicais, entre elas a nosa, CCOO.Antes, no verán de 1976, o Go-

berno de Arias Navarro prohibí-ranos levar a cabo unha asem-blea legal de CCOO. Ao cabo ce-lebrámola en Cataluña: foi a cha-mada Asemblea de Barcelona,onde decidiamos –ante a impo-sibilidade de formar un sindicatounitario pola posición da UGT–camiñar cara á nosa estrutura-ción como sindicato de novotipo. Emitíronse bonos de adhe-sión a CCOO e, máis tarde, a fi-nais do ano 1976, abríronselocais de atención aos traballado-res e traballadoras –a nome de«particulares», aínda non eramoslegais–, emitíronse carnés e co-mezouse a afiliar e a cobrarcotas. Nacía o Sindicato Nacionalde CCOO de Galicia, nacía a Con-federación Sindical de CCOO.

n Debemos considerar como verdadeiras protagonistas da transición as persoas que loitaron contra a ditadura e en defensa dosdereitos laborais, a risco de seren represaliadas, detidas, torturadas ou mesmo asasinadas. Xan María Castro, ex-secretario xeral doSindicato Nacional de CCOO de Galicia e actual presidente da Fundación 10 de Marzo, é un deses protagonistas e lémbranos comose crearon as CCOO na clandestinidade.

Número 50 - marzo de 2014

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Visto o visto, está claroque o sector naval nonse rende, que Ferrol non

se rende. Milleiros de persoaspercorreron as rúas da cidadedepartamental o domingo 30de marzo a esixiren carga detraballo para os estaleiros e so-lucións para unha comarcaempobrecida pola crise nossectores comercial e industrial.Ignacio Naveiras, de CCOO,

é o voceiro do comité de em-presa de Navantia-Ferrol. Aoremate da manifestación aler-taba de que se non se adop-tan medidas «inmediatas», adeterioración económica po-dería chegar a un «punto senretorno».Os datos apoian a tese de-

fendida polo sindicalista deCCOO. Abonda con sinalarque o sector naval é o princi-pal eixe económico da co-marca ferrolá e que, nestecontexto, nos últimos seisanos desapareceron dez milempregos só na industria vin-culada ao naval. A situaciónprovocou un efecto de arrastrenegativo na economía dos mu-nicipios da bisbarra, que cunhataxa de paro do 32% rexistranun dos índices de desempregomáis elevados de Galicia. Ata omomento houbo moitas pro-mesas e moitos incumprimen-tos, pero Ferrol e o navalprecisan certezas.Remato xa cun recadiño

para os opinólogos que cadacerto tempo podemos lerou escoitar cualificando de«egoístas» as esixencias decarga de traballo para Navan-tia. Esquecen que non se tratado problema particular dunhaempresa, senón dun mal queafecta a case unha ducia deconcellos e, polo tanto, a mi-lleiros de familias e aos seusproxectos de vida.

Ferrol e o navalnon se renden

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

n A CORUÑA: ás 20 h no Obeliscon FERROL: ás 20 h diante do edificio da Xunta

(praza de España)n SANTIAGO DE COMPOSTELA: ás 20 h na

praza do Touraln LUGO: ás 20 h diante da Subdelegación

do Goberno (rúa de Armanyà)

n OURENSE: ás 20 h diante da Subdelegacióndo Goberno (parque de San Lázaro)

n PONTEVEDRA: ás 20 h na praza da Peregrinan VILAGARCÍA DE AROUSA: ás 19:30 h

na praza de Galician VIGO: ás 12 h diante da delegación da Xunta

(rúa de Concepción Arenal)

Concentracións