a arquitectura renacentista: o cinquecento

77
A ARQUITECTURA DO ALTO RENACIMENTO (CINQUECENTO) E DO MANIERISMO ROMA, NOVO FOCO ARTÍSTICO O MECENADO DO PAPADO

Upload: profesor-historia

Post on 24-May-2015

2.882 views

Category:

Education


7 download

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura renacentista, no período coñecido como o Cinquecento (s. XVI)

TRANSCRIPT

Page 1: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A ARQUITECTURA DO ALTO RENACIMENTO (CINQUECENTO) E DO MANIERISMO

ROMA, NOVO FOCO ARTÍSTICO O MECENADO DO PAPADO

Page 2: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

O CINQUECENTO: NOVAS CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS

Italia continúa a ser o principal foco artístico de Europa, mais as circunstancias mudaron:

• Intervención militar e política das grandes potencias da época: España e Francia• Ruptura da Igrexa Católica (Reforma Protestante) e inicio da Contrarreforma (Concilio de Trento)• Decadencia relativa dalgunhas Repúblicas Italianas (Florencia)• Recuperación política do Papado (Xulio II, León X e Clemente VII), convertido no novo mecenas das artes. Este feito sitúa Roma coma capital da arte do Alto Renacemento• Florencia segue a ser berce de grandes artistas, como Leonardo ou Miguel Anxo, mais xa non ten a primacía artística

Page 3: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Os grandes arquitectos do alto Renacemento e do Manierismo (s. XVI)

DONATO BRAMANTE(1444-1515)

MIGUEL ANXO(1475-1564)

ANDREA PALLADIO(1508-1580)

Page 4: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Algunhas nocións xerais ...

•Mantense vivo o interese pola Antigüidade Clásica (as ruínas e os restos arqueolóxicos son estudados de forma sistemática. Prodúcense novos descubrimentos, como o grupo escultórico do Laoconte)

•Estúdanse as teorías dos tratadistas antiguos, como Vitrubio, e compárase coas novas propostas artísticas

•O antropocentrismo segue a ser o paradigma fundamental, pero a arte, sobre todo en arquitectura e escultura, tende á monumentalidade (propaganda da Fe Católica)

•A obra de arte concíbese, cada vez máis, como unha forma de exploración científica dos elementos que nela interveñen (Leonardo da Vinci é fundamental nesta vía)

•O artista convírtese nun personaxe de primeira orde, aumentando a súa cotización e a da obra de arte Sistematízase o ensino e a aprendizaxe artística (xérmolo das futuras Academias de Arte)

Page 5: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

DONATO BRAMANTE(1444-1515)

Impresionado pola grandiosidade das ruínas romanas, trasladouse a Roma, atraído ademais polo mecenado papal e as obras en marcha nesta cidadeO seu estilo caracterízase por: A busca da simplicidade, tentando reducir a obra arquitectónica á súa estrutura. A sobriedade e a solemnidade das súas obras marcan esta época Soubo entender como ninguén a plasticidade que encerraba a linguaxe arquitectónica romanaO Papa Xulio II encárgase o proxecto para a construción da nova Basílica de San Pedro. Aínda que sufrirá profundas modificacións trala súa morte, será a obra de referencia do s. XVIBramante formou un obradoiro de discípulos, colaboradores, arquitectos. Nel se formaron as futuras grandes personalidades que o ían suceder, como Rafael Sanzio, Peruzzi e Antonio da Sangallo o Novo, que serían os que convertirían a Roma nunha grandiosa capital artística e monumental

Page 6: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Claustro interior da Igrexa de Sta. María da

Paz, Roma

A linguaxe simplificouse e sistematizouseO patio está arrodeado por unha galería de arcos que, a xeito dun pórtico, arrodéano repetíndose como un móduloOs arcos aparecen encadrados por pilastras, nunha clara combinación de liñas curvas e rectas que nos remiten ao romanoUn entablamento separa o primeiro andar do segundo, do que arrincan as columnas e piares. As ordes superpóñense, como na Roma clásicaO ritmo das arcadas e a simetría dos elementos arquitectónicos subliñan o equilibrio da obra, construída en mármore para resaltar a súa nobreza

Page 7: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

San Pietro in Montorio Roma (1502)

Donato Bramante

Foi erixido nun lugar onde a tradición indicaba que fora crucificado San PedroFoi encargado polos Reis Católicos para conmemorar e agradecer o teren descendencia masculina

Page 8: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

O pequeno templo presenta planta circular e unha soa cella, de simetría central, a mellor expresión do racionalismo renacentista No seu proxecto o templete situábase no centro dun claustro circular, arrodeado por unha columnata, que nunca se construiuEsta obra, a pesar das súas pequenas dimensións, lembra a traza dun THOLOS grego ou o templo de Vesta, en Roma

Page 9: A arquitectura renacentista: o Cinquecento
Page 10: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

O edificio aséntase sobre unha crepidoma circular de varios chanzosSobre a crepidoma, Bramante coloca 16 columnas de orde dórica toscana, que sosteñen un friso de triglifos coroado por unha balaustradaO conxunto complétase cun tambor, onde alternan nichos semicirculares con nichos rectangulares, e unha cúpula semiesférica na que apenas se insinúan os nervios, coroada por una lanterna

Page 11: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

• San Pietro in Montorio conxuga harmonicamente os elementos arquitrabados e os abovedados da arquitectura romana•Destaca pola súa sobriedade e austeridade decorativa • As formas arquitectónicas clásicas amósanse puras e claras•O edificio configúrase coma un conxunto unitario tratado como se fose unha escultura• Estas son as formas que se difundirán por toda Europa

Page 12: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Detalles do TEMPLETE: exterior e interior

Page 13: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Interior do templete:vista da cúpula e do interior

Page 14: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Na busca e estudo da obra de arquitectos como Da Vinci ou Brunelleschi, ou das teorías de Vitrubio, Bramante conxugou maxistralmente a idea dun templo baseado nos valores arquitectónicos gregos e romanos,que deron como resultado a construción dun pequeño templete que resumía maxistralmdente os monumentos clásicos

Esta construción, sería modelo, a escala, do que puido ser a súa máis grande empresa arquitectónica: a basílica de San Pedro no Vaticano

Page 15: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Santa María della Consolazione, en Lodi,

1508

Proxecto de BramanteA planta é centralizada,

cunha cúpula elevada entre semicúpulas, un alarde

técnico de reparto de forzas que será o modelo sobre o que Bramante trazará San

Pedro

Bramante rompe coa concepción arquitectónica do Quatrocento Os edificios de Brunelleschi son monofocais (o espectador só ten un punto de vista

do edificio, concebido como unha proxección espacial da perspectiva lineal) Con Bramante multiplícanse as perspectivas, ao ser concebido como unha

escultura Aínda que os elementos arquitectónicos son os mesmos, a súa utilización é distinta, máis pura e simple. A perfección neoplatónica transfórmase na perfección cristiá, nun Deus perfecto

Page 16: A arquitectura renacentista: o Cinquecento
Page 17: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Basílica de San Pedro, Roma

Arquitectos que traballaron no proxecto: Bramante, Rafael, Antonio Sangallo o Novo e Miguel Anxo Buonarroti, 1546

A fachada foi realizada por G. Maderno

Page 18: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

San Pedro do Vaticano

(actualidade)

Page 19: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A basílica atopáse ruinosa e proponse unha reconstrución total

Xulio II concibe destruír a maior parte da basílica e construír un gran edificio que fose a súa tumba, a dos outros Papas e a de San Pedro

Tivo detractores, mais o logrou e encargou o proxecto a Bramante, que concibe unha igrexa de planta centralizada con cruz grega inscrita, cunha enorme cúpula de 40 metros de ancho pero moito máis alta. A cúpula apoiaríase en grandes columnas, con capelas arredor

É o concepto de martiria transladado a un gran templo

• Ábrense catro pórticos ao exterior (que representan os puntos cardinais, Norte, Sur, Leste, Oeste)

• Consérvase parte da antiga basílica. O resultado sería un xogo de muros, con entrantes e saíntes, cunha gran cúpula e un forte sabor clásico

Cando Bramante morre, sen acabar a obra, os muros son aínda de arranque. Esta basílica tería certo parecido cos debuxos de Da Vinci

Proxecto para a Basílica de San Pedro do Vaticano

(1506)

Page 20: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Maqueta que desenvolve a planta

Page 21: A arquitectura renacentista: o Cinquecento
Page 22: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

MEDALLÓN QUE MOSTRA AS

INTENCIÓNS DE BRAMANTE PARA A BASÍLICA DE SAN

PEDRO

O seu proxecto contén un gran cubo, que

simboliza a Terra, coroado por unha

grande cúpula, que simboliza o Ceo

Terra e Ceo simbolizan o Universo

A perfección encarnada por estas formas simples e

puras eríxeno en gran templo da Cristiandade

Page 23: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

MIGUEL ANXO(1475-1564)

Page 24: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Á morte de Bramante, a dirección das obras recae sobre Rafael, que opta por unha planta de cruz latina, o mesmo que o seu sucesor, Antonio Da Sangallo o NovoÁ morte deste, faise cargo da obra Miguel Anxo, que partiu da planta de cruz grega do proxecto orixinal de Bramante, mais reforzou os elementos construtivos para levantar unha cúpula moito máis elevada (131 m.) sobre un gran tambor cilíndrico, eliminando, ademais, os catro pórticos exteriores para deixar só a fachada occidental

Page 25: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Evolución do proxecto da Basílica de San Pedro

Ver comentario do libro de texto

Proxecto de Bramante Planta definitivaMiguel Anxo

Planta modificada nos. XVII por Maderna

Page 26: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Corte da Basílica de San Pedro

Page 27: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Maqueta da Basílica

Debuxo da ábisda e da cúpula

Page 28: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Ao falecer o último Sangallo, en 1546, o Papa puxo en mans de Miguel Anxo a conclusión da obraO sistema de equilibrio esixido pola cúpula coincide coa solución bizantina de contrarrestala con catro cúpulas menores tralos piares, co que se dispuñan naves en planta cadrada arredor dunha de planta octogonal central, onde se disporá o altar da Confesión sobre a tumba de San Pedro

Cúpula de San Pedro del Vaticano

1547-1564

Page 29: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

- A cúpula nervada foi a evolución lóxica do seu modelo de dobre casca florentino; circular, en vez de octogonal, e ovalada en lugar de apuntada- A lanterna, de perfil moi agudo, compensa o achatamento da cúpula- Ten 42 m. de diámetro, elevada sobre pechinas e cun grandioso tambor- A cúpula sostense sobre catro robustos piares que delimitan o espazo central

Cúpula de San PedroMiguel Anxo

Page 30: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Tamén realizan a función de contrarresto a maciza estrutura do tambor, caracterizado polo trazado cóncavo-convexo das ábsidas e, ao xeito bizantino, catro cúpulas adxacentes

Dúas das cúpulas e o acceso sobresaínte desapareceron coa reforma de Maderno

Page 31: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Ábsida e cúpula

Page 32: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Maqueta da estrutura da cúpula

Page 33: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Interior da cúpula de San Pedro, de 42 m. de diámetro

Page 34: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A grandiosidade do espazo interior da Basílica de San Pedro vese subliñada pola luminosidade que irradia a maxestuosa cúpula levantada

por Miguel Anxo a 131 m. do solo

Page 35: A arquitectura renacentista: o Cinquecento
Page 36: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

URBANIZACIÓN DA PRAZA DO CAPITOLIO, ROMA (comezada en 1538)

Planta

Vista superior do espazo central

Page 37: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Debuxo en perspectiva do conxunto

Piazza del CampidoglioMiguel Anxo

Un exemplo de urbanismo renacentista:

a integración de palacios e prazas no espazo urbano, coidando a perspectiva e a harmonía visual do conxunto

Page 38: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vista da Praza do Capitolio

Page 39: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vista dende o palacio senatorial

Palacio senatorial

Museo Capitolino

Page 40: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Palacio Farnese, RomaAntonio Sangallo o Novo e Miguel Anxo Buonarroti

Page 41: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Palacio Farnese, RomaAntonio Sangallo o Novo e Miguel Anxo Buonarroti

Page 42: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

ESQUEMA COMPOSITIVO DO PATIO INTERIORDO PALACIO FARNESIO

Page 43: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Escaleira da Biblioteca LaurencianaMiguel Anxo (1524-1534)

Page 44: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

SALA DE LECTURA E VESTÍBULO DA BIBLIOTECA LAURENCIANA, FLORENCIA  (1524-1534)

Page 45: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Sala de lectura (1524-1527)

Page 46: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Escaleira de acceso do vestíbulo (1530-1534)

Page 47: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Tramo central da

escaleira de acceso

Page 48: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Detalles do vestíbulo

Page 49: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Zona superior da escaleira de acceso á Biblioteca Laurenciana

Page 50: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vestíbulo da Biblioteca Laurenciana

Page 51: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A súa obra será das máis influíntes, non só polo seu labor teórico (Os catro libros de Arquitectura, 1570), senón pola formulación dun tipo de edificio singular, a Vila, e dunha linguaxe arquitectónica que se repetirá sen cesar nos seguintes séculos

ANDREA PALLADIO(1508-1580)

Page 52: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

San Xurxo o Maior. VeneciaAndrea Palladio

Neste templo apreciamos a utilización na súa fachada da denominada ORDE XIGANTE, que supón a utilización dunha columna que ocupa dous andares do edificio

Page 53: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Fachada e Planta

San Xurxo de Venecia

Page 54: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Interior San Xurxo de VeneciaA. Palladio

Page 55: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A VILA A Vila é a residencia campestre de carácter señorial que se xeraliza entre as clases pudentes desta época Apártase por completo do modelo tradicional de vila fortificada, creándose un marco arquitectónico perfectamente adaptado á vida campestre O edificio fúndese coa paisaxe, asentando un sinxelo cubo sobre un zócolo, unha loxia aberta que forma unha terraza tendida arredor do bloque cúbico da casa

A Vila Capra, chamada“Rotonda”Vicenza

Page 56: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vila Medici

Realizada por Giuliano da Sangallo por encargo de Lorenzo o Magnífico entre 1480 e 1485 en Poggio a Caiano

Page 57: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Planta e sección da Vila Rotonda

A construción, organizada arredor dunha sala circular cuberta por

unha cúpula, insírese nunha planta cadrada

A cada un dos lados ábrese un pórtico hexástilo de columnas

xónicas

O edificio combina o eixe centralizado (cúpula e espazo

circular) cos catro eixes lonxitudinais dos pórticos

O espazo monofocal que creaba o templo romano desaparece polos

múltiples focos que xeran as súas catro fachadas

Page 58: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A Vila Capra, chamada “Rotonda”. Vicenza. A. Palladio

Vista lateral. Podemos apreciar o seu volume cúbico

Page 59: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

ESQUEMA VOLUMÉTRICO DA VILA ROTONDA

Page 60: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vila Rotonda

Planta de cruz grega realizada por Andrea Palladio entre 1567 e 1569

Page 61: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A estrutura do pórtico da fachada é semellante á dun templo romanomano- Próstila, hexástila e de orde xónica, rematada nun frontón- Accédese a través dunha escalinata, xa que o piso nobre se asenta sobre un zócolo que semella o podium do templo romano

Vila RotondaPronao

Page 62: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Detalle do interiorVila Rotonda

Page 63: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vila Piovene

Vila Valmarana

Vila ChericatiVila

Foscari

Page 64: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Andrea Palladio 1508-1580

Vila La Malcontenta

Page 65: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

O NEOPALLADIANISMO INGLÉS DO S. XVIII

Chiswick House, London, 1725

Old Governor's Mansion, Milledgeville, Georgia

Page 66: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

A Basílica de Vicenza ou Palazzo della Ragione (1549-1604)

Conxunto e detalle

Page 67: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Palacio Chiericati, Vicenza (1550-1557)

Page 68: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Teatro Olímpico de VicenzaA. Palladio

Page 69: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Vista das bancadas, a orchestra, o proscenium e o frons scene del Teatro Olímpico

Page 70: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Proscenio do Teatro Olímpico

Page 71: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Cávea do Teatro Olímpico

Page 72: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Igrexa de Santa María a Nova. VicenzaFachada e Planta

A. Palladio

Page 73: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Interior de Santa María A Nova. Vicenza

Page 74: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Igrexa do Redentor en Venecia

Andrea Palladio

Page 75: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Planta e Sección

Page 76: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Palacio Antonini en Udine

A. Palladio

Page 77: A arquitectura renacentista: o Cinquecento

Planta