a historia dos dereitos dos nen@s
TRANSCRIPT
Había unha vez un planeta, o Planeta do Egoísmo, que estaba formado por moitos países nos que mandaban os maiores e só lles importaba o diñeiro e o poder. Olvidábanse das persoas máis pobres e dos nenos e as nenas.
Por iso algúns nenos
e nenas deses
países, cansos de
tantas inxustizas,
decidiron marchar
por un camiño longo
e verde en busca
dun mundo mellor.
Ola, o meu nome é
Liberdade
A primeira en saír foi unha nena chamada Liberdade. No seu país todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que pasaba todo o día soa. Por iso, un día colleu a súa mochila e púxose a camiñar.
No camiño atopou outra nena soa e abandonada, xa que os pais lle morreran porque o seu país estaba sempre en guerra. Chamábase Soidade e xuntas seguiron viaxe.
Ao lonxe viron un neno enfermo que apenas podía camiñar. Chamábase Socorro e contou que no seu país non había hospitais nin médicos, nin menciñas e, por iso, non se podía curar. As dúas nenas axudárono a camiñar e levárono con elas.
Outro neno chamado Don uniuse a eles. Estaba farto de que os demais se risen del polos seus ollos achinesados e a súa forma de falar.
Ao pouco tempo uniuse a eles un neno chamado Curro. No seu país era
obrigado traballar decote nunhas condicións
inhumanas.
Despois, encontráronse cun neno que choraba porque tiña moita fame. O seu nome era Ambrosio. No seu país non tiñan nada para comer. A súa familia morrera de fame e só quedaba el.
Outra nena chamounos ao lonxe. Era Angustia. Tiña sinais por todo o corpo porque fora maltratada. O grupo de cativos e cativas acubillouna con cariño e seguiron o camiño xuntos.
Camiñaron sen parar ata que
atoparon un sitio precioso para
descansar e montar un campamento.
De súpeto, fixáronse nun neno que estaba sentado nunha pedra mirando as estrelas. Liberdade preguntoulle que quen era, e el contestoulle que non o sabía porque non tiña nome nin país. O seu país era aquel lugar marabilloso pero estaba abandonado.
Así que os nosos amigos montaron un campamento e, pouco a pouco, foron chegando nenos e nenas de todos os países, ata haber cento noventa e tres. Contáronse os seus problemas e entre todos redactaron os dereitos que deberan ter todos os pequenos do mundo.
Mentres tanto, os países foron quedando sen cativos. Os adultos, moi preocupados, decidiron formar unha organización (ONU) e, no ano 1959, chamaron a Liberdade e os seus amigos e asinaron os dereitos dos nenos e das nenas e prometeron cumprilos.
Todos se puxeron contentos agradecendo o interese dos adultos.
Pero non en todos os países cumpriron o prometido e, aínda hoxe, Liberdade e os seus amigos e amigas seguen camiñando polo camiño verde, buscando máis soños e cores para chegaren a ser todos felices algún día.
Por un mundo mais humano
«NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO»
Tradución do conto e deseño gráfico
Alumnado de 4º ESO do
CPI «Conde de Fenosa». Ares
Narración
Alumnos/as de 2º da ESO do
CPI «Virxe da Cela». Monfero
CPI «Virxe da Cela». Monfero
Novembro 2014