memoria de avaliaciÓn da calidade: … · curso: 1592 –fmec0110-soldadura electrodo revestido e...
Post on 28-Sep-2018
241 Views
Preview:
TRANSCRIPT
MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS
PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS
TRABALLADORAS DESEMPREGADAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2016.
CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG.
2
TÁBOA DE CONTIDOS
INTRODUCIÓN 3
METODOLOXÍA DO PROCESO – ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓN 5
VALORACIÓNS DO ALUMNADO 8
1.Perfil do alumnado 9
2. Valoración das accións formativas 15
VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE 24
1. Valoración sobre o alumnado 26
2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso 27
3. Valoracións da forGA como entidades organizadora do curso 28
4. Valoracións sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos 29
5. Valoración da propia labor como docente 30
6. Suxestións 31
CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS 32
PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO 35
RECOMENDACIÓNS DE MELLORA 38
ANEXOS 40
3
INTRODUCIÓN
O presente documento recolle os resultados do proceso de avaliación do curso de
formación “1592-FMEC0110 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG”, concedido e
executado pola Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o
Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (en adiante forGA), no
marco da convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas
prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016.
Esta iniciativa de avaliación responde, por un lado, ás esixencias da Orde do 29 de
decembro de 2015, publicada no DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015, pola
que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a
programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas.
Concretamente a Orde recolle no seu artigo 29, apartado 1, sobre calidade, avaliación,
seguimento e control dos cursos que “Os centros e entidades deberán realizar unha
avaliación e control de calidade da formación que executen. Deberán destinar a esa
finalidade ata un 5% do custo xustificado nos apartados de custos directos e asociados da
acción formativa”.
Por outro lado, a avaliación responde á aplicación dun novo enfoque da organización
forGA, apostando nos últimos anos por incrementar os procesos de avaliación da calidade
implantando e desenvolvendo na Fundación, de xeito transversal, un Sistema integral de
calidade na xestión e especialmente na avaliación da súa actividade prioritaria, a
formación.
forGA implantou o Sistema de Avaliación da calidade na formación da norma UNE ISO
9001:2008 ”Sistemas de Xestión de Calidade” á data actual está constituído o Comité de
Calidade, implantado o Manual e a Política de Calidade, así como vixentes dez dos quince
procedementos de xestión.
Como resultado final, e seguindo as indicacións da convocatoria, elabórase este informe
estruturado en dúas partes fundamentais, coincidentes co conxunto de actuacións de
avaliación aplicadas e ultimado cos principais resultados e recomendacións de mellora:
4
PUNTOS DÉBILES E AFRONTAMENTO
RECOMENDACIÓNS DE MELLORA
VALORACIÓNS DO ALUMNADO
VALORACIÓNS DO PERSOAL
DOCENTE
5
METODOLOXÍA DO PROCESO – ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓNS
CONSIDERACIÓNS METODOLÓXICAS
Como se indicou na introdución, para efectuar a avaliación desta actividade formativa,
tivéronse en conta dous actores principais, o alumnado e o persoal docente participante
na formación.
FASES DO PROCESO DESENVOLTO:
1º PLANIFICACIÓN DA AVALIACIÓN
Nesta primeira fase, determináronse os criterios da avaliación e o conxunto de actuacións a
desenvolver. A Equipa de Avaliación da Calidade, determinou os instrumentos de recollida
de información, configurados para a autocumprimentación. Os instrumentos que se
consideraron oportunos para cada actuación foron os seguintes:
VALORACIÓNS DO ALUMNADO - ENQUISA DE AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO
ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de 27 de abril de 2009,
do Servizo Público de Emprego Estatal, polo que se publican os cuestionarios de avaliación
da calidade das acciones formativas para o emprego.
A análise dos datos obtidos preséntase neste documento estruturados en varios apartados
que se configuran seguindo a estrutura do propio cuestionario.
No primeiro capítulo descríbese o perfil do alumnado participante no curso, elaborado a
partir dos datos de clasificación que inclúe o cuestionario no apartado do mesmo nome. No
capítulo II expóñense os resultados da avaliación propiamente dita divididos en varios
apartados:
1) A valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento, a que se
refiren as preguntas 1, 3 e 6 do bloque III do cuestionario.
2) A valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos,
formadores/as e sistema de avaliación, cuestións sobre as que se pregunta nos puntos 2, 4, 5
e 8 do bloque III do cuestionario.
3) A valoración xeral da acción formativa, que se corresponde coa pregunta nº 9 do
cuestionario.
Por último, mídese o grao de satisfacción xeral, cuxos datos se obteñen a través do ítem nº
10.
VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN PARA O PERSOAL
DOCENTE. Este cuestionario, foi deseñado e elaborado pola Equipa de Avaliación da
6
Calidade, co obxecto de coñecer as valoracións dun dos principais actores da formación,
o persoal docente. A análise dos datos preséntanse coa seguinte estrutura, coincidente coa
estrutura do cuestionario:
Valoracións sobre o alumnado
Valoracións sobre o desenvolvemento do curso
Valoracións da forGA como entidade organizadora do curso
Valoracións sobre as condicións, espazo-tempo e recursos disponibles
Valoración da propia labor como docente
Outras opinións ou suxestións de mellora
Para facilitar a lectura deste informe achéganse os modelos de enquisas e cuestionarios
empregados nas distintas fases de avaliación, no apartado de Anexos
ACCIÓN FORMATIVA AVALIADA
AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO ALUMNADO. Neste caso, o número de enquisas
analizadas do curso 1592-FMEC0110 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG é de 10.
Táboa 1. Datos acción formativa:
Nº CURSO DENOMINACION CURSO Nº ENQUISAS
1592 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 10
AVALIACIÓN DO PERSOAL DOCENTE. Tivéronse en conta as enquisas cumprimentadas por
un docente que impartiu formación na actividade, correspondente á materia específica.
Unha vez establecido o plan de traballo, determinados os instrumentos a utilizar e
seleccionado o curso, planificouse e púxose en marcha a recollida da información,
organizando a distribución temporal da recollida.
7
2º ELABORACIÓN DO INFORME/MEMORIA DE AVALIACIÓN
A Equipa de Avaliación da Calidade é a responsable da elaboración da memoria final de
avaliación da calidade. Por este motivo, entre as actividades realizadas para a xestión e
tramitación da memoria durante todo o proceso foron:
Recepción e supervisión das enquisas
Codificación
Gravación no programa estatístico SPSS.
Depuración.
Explotación estatística.
Redacción do informe de resultados.
8
VALORACIÓNS DO ALUMNADO
9
1. PERFIL DO ALUMNADO
Analízase no primeiro punto o perfil do alumnado para determinar o/a alumno/a tipo da
acción formativa:
ALUMNADO SEGUNDO A IDADE
Táboa 2. Alumnado segundo a idade
Frecuencia Porcentaxe
Menor de 25 anos 2 20,0
De 25 a 35 anos 1 10,0
De 36 a 45 anos 5 50,0
Maior de 45 anos 1 10,0
NC 1 10,0
Total 10 100,0
Base: total da mostra (10)
Gráfico 1. Alumnado segundo a idade
0 10 20 30 40 50
Menor de 25 anos
De 25 a 35 anos
De 36 a 45 anos
Maior de 45 anos
NC
20
10
50
10
10
10
Atendendo á primeira das variables do perfil do alumnado que figura no cuestionario de
avaliación, a idade, pódese concluír que é o intervalo de entre 36 e 45 anos o que
concentra a maior porcentaxe de alumnado 50% seguido do intervalo de menores de 25 co
20%, o resto das porcentaxes dos intervalos acadan un 10%.
ALUMNADO SEGUNDO O SEXO
Táboa 3. Alumnado segundo o sexo
Frecuencia Porcentaxe
Home 10 20
Base: total da mostra (10)
Gráfico 2. Alumnado segundo o sexo
Respecto ao sexo das persoas enquisadas, cabe destacar que no curso participou un 100%
de homes.
ALUMNADO SEGUNDO A TITULACIÓN:
100%
HOME
11
Táboa 4. Alumnado segundo a titulación actual
Frecuencia Porcentaxe
Título de graduado E.S.O/
Graduado Escolar 1 10,0
Título de Bacharelato 3 30,0
Título de Técnico / FP grao
medio 3 30,0
Título de Técnico Superior / FP
grao Superior 3 30,0
Total 10 100,0
Gráfico 3. Alumnado segundo a titulación actual
En relación ao nivel de estudos cabe salientar que o 30% do alumnado participante ten
estudos de FP Técnico Superior e a mesma porcentaxe Bacharelato e Título de Técnico grao
medio, e o 10% restante, resposta que ten título de graduado E.S.O/Graduado Escolar.
ALUMNADO SEGUNDO A SITUACIÓN LABORAL
Atendendo á situación laboral, como resulta obvio tendo en conta a programación de
formación á que se refire a convocatoria (accións formativas dirixidas a persoas
traballadoras desempregadas), a totalidade do alumnado atopábase nesta situación.
12
Táboa 5. Alumnado segundo a situación laboral
Frecuencia Porcentaxe
Desempregado/a 10 100,0
Gráfico 4. Alumnado segundo a situación laboral
ALUMNADO SEGUNDO A SÚA RESIDENCIA:
Tendo en conta que o alumnado é desempregado, todos residen na provincia onde cursan
a acción formativa, neste caso na provincia da Coruña, dado que o curso se realiza no
centro de forGA situado en Oleiros.
Táboa 6. Lugar (provincia) residencia do alumnado
Frecuencia Porcentaxe
A CORUÑA 10 100
Total 10 100,0 Base: total da mostra (10)
100%
Desempregado/a
13
Gráfico 5. Lugar (provincia) residencia alumnado
COÑECEMENTO DA EXISTENCIA DO CURSO
O seguinte apartado recolle o modo en que o alumnado coñeceu a existencia do curso. O
60% fíxoo a través do Servizo Público de Emprego, o 20% a través dun Itinerario formativo e
outro 20% a través dos medios de comunicación.
Táboa 7. Como coñeceu a existencia do curso?
Frecuencia Porcentaxe
Servizo Público Emprego 6 60
Itinerario formativo 2 20
Medios comunicación: prensa,
radio, internet, telf., tv...
2 20
Total 10 100,0
Base: total da mostra (10)
A CORUÑA
14
Gráfico 6. Como coñeceu a existencia do curso?
Dos ítems da enquisa co número 7, 8 e 9 (categoría profesional, horario do curso, e tamaño
da empresa participante) non procede a súa avaliación, dado que están recollidos so para
persoas traballadoras ocupadas.
Como conclusión de todos os datos reflectidos neste capítulo, pódese dicir que o
alumnado tipo é home de entre 36 e 45 anos, con estudos de de FP Técnico Superior,
Bacharelato ou Técnico en grao medio, no desemprego, residente na provincia da Coruña.
Ademais, a maioría das persoas participantes, tiveron coñecemento da existencia
do curso a través do Servizo Público de Emprego.
O perfil do alumnado, no caso da formación obxecto de estudo, ven
predeterminado pola propia orde de convocatoria e a concesión do curso, ao tratarse de
formación dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para os que se
esixe formación previa mínima Graduado en ESO ou Título de Graduado Escolar, e
aprobada na provincia da Coruña.
0
10
20
30
40
50
60
Servizo Público
Emprego
Itinerario formativo Medios
comunicación:
prensa, radio,
internet, telf., tv...
15
2 . VALORACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS
Este capítulo recolle os resultados das opinións do alumnado sobre determinados aspectos
da acción formativa, que se detallan no epígrafe III do cuestionario.
A opinión sobre cada aspecto realízase utilizando unha escala de valoración de catro
niveis/graos, que van do “1” ao “4”, onde o “1” é a valoración/puntuación mínima e o “4”
a máxima.
Coa fin de recoller dun xeito sistemático, agrupado e clarificador estes resultados
establecéronse varios apartados na análise de datos:
2.1. Valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento.
2.2. Valoración de aspectos propios da formación.
2.3. Valoración xeral da acción formativa.
2.4. Grao de satisfacción xeral.
2.1. VALORACIÓN DOS ASPECTOS ORGANIZATIVOS, DE INFRAESTRUTURA E DE EQUIPAMENTO
Para avaliar a organización e a dotación en canto á infraestrutura e equipamento do curso
en termos xerais, utilízanse varios aspectos da mesma sobre os que, propostos en forma de
afirmacións, o alumnado debe manifestar o seu grao de acordo/desacordo a través da
escala anteriormente descrita. Eses aspectos refírense á organización do curso, a súa
duración, as instalacións onde tivo lugar e aos medios técnicos utilizados no seu
desenvolvemento.
Os resultados obtidos están reflectidos na táboa 8, que mostra as porcentaxes acadadas en
cada nivel da escala para cada aspecto sometido a valoración, así como a puntuación
media obtida da medida aritmética de todas as respostas obtidas en cada ítem.
As puntuacións medias están reflectidas no gráfico 7, que permite visualizar máis
rapidamente os resultados permitindo unha comparativa entre os ítems/aspectos
considerados.
Táboa 8. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos de infraestrutura e
equipamento
ORGANIZACIÓN DO CURSO 1 2 3 4 MEDIA
O curso estivo ben organizado (información,
cumprimento datas e de horarios, entrega material). 10 20 60 10 2,70
16
O número de alumnado foi axeitado para o
desenvolvemento do curso. 0 0 60 40 3.40
DURACIÓN E HORARIO 1 2 3 4 MEDIA
A duración do curso foi suficiente segundo os obxectivos
e contidos do mesmo. 30 20 50 0 2,20
O horario favoreceu a asistencia ao curso. 0 0 80 20 3,20
INSTALACIÓNS E MEDIOS TÉCNICOS 1 2 3 4 MEDIA
A aula, o taller ou as instalacións foron axeitadas para o
desenvolvemento do curso. 0 20 60 20 3,00
Os medios técnicos foron axeitados para desenvolver o
contido do curso. 0 20 70 10 2,90
Base: total da mostra (10)
Escala de valoración
Gráfico 7. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos, de instalacións e de medios
técnicos.
00,5
11,5
22,5
33,5
O curso estivo ben
organizado
(información,…
O número de
alumnado foi
axeitado para o…
A duración do curso
foi suficiente segundo
os obxectivos e…
O horario favoreceu
a asistencia ao curso.
A aula, o taller ou as
instalacións foron
axeitadas para o…
Os medios técnicos
foron axeitados para
desenvolver o…
1 Completamente en desacordo 2 En desacordo 3 De acordo 4 Completamente de acordo
17
As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan os resultados especificados a
continuación.
A. Organización do curso
En canto á valoración que se fai deste bloque mediante os dous ítems referidos, o primeiro,
á organización en xeral e o segundo ao número de alumnado por curso, compre sinalar
que en termos de puntuación media, acadan no primeiro caso 2,70 e un 3,40 sobre 4.
B. Duración do curso e horario
Respecto á duración e ao horario do curso avaliado, o nivel de satisfacción acada o 2.20 e
3.20 de media respectivamente. Analizando as porcentaxes de cada valor da escala o 50%
amosaron estar de acordo coa adecuación da duración do curso aos obxectivos e
contidos deste, namentres o 100% están de acordo/totalmente de acordo coa afirmación
de que o horario do curso favoreceu a asistencia ao mesmo.
C. Instalacións e medios técnicos empregados
Sobre as instalacións e medios técnicos, considéranse dous ítems; o primeiro relativo a
adecuación da aula/taller/instalacións e o segundo aos medios técnicos utilizados para
desenvolver o contido do curso. A puntuación media acada o 3.0 e o 2.90
respectivamente.
2.2. VALORACIÓN DE ASPECTOS PROPIOS DA FORMACIÓN: CONTIDOS, MEDIOS DIDÁCTICOS,
FORMADORES/AS E AVALIACIÓN
A valoración realizouse sobre unha escala de catro niveis. Os resultados reflíctense no
táboa 9 (porcentaxe e puntuacións medias) e no gráfico 8 (só puntuacións medias).
Exceptuase neste caso a pregunta referida aos mecanismos para a avaliación da
aprendizaxe (pregunta 8), xa que se trata dunha pregunta dicotómica, é dicir, con dúas
posibles respostas (si/non). Por esa razón teñen un tratamento diferenciado, por non seguir
a escala de valoración de catro niveis que caracteriza ao cuestionario utilizado, senón que
se mostran na táboa 10 e no gráfico 9.
18
Táboa 9. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios
didácticos e formadores/as
CONTIDOS DO CURSO 1 2 3 4 NS/NC MEDIA
Os contidos do curso responden as miñas
necesidades formativas. 0 0 90 10 0 3.10
Houbo unha combinación axeitada da teoría e
aplicación práctica. 0 40 50 10 0 2.70
MEDIOS DIDÁCTICOS 1 2 3 4 NS/NC MEDIA
A documentación e materiais entregados son
comprensibles e axeitados. 0 0 70 30 0 3.30
Os medios didácticos están actualizados. 10 10 50 30 0 3
FORMADORES 1 2 3 4 NS/NC MEDIA
A forma de impartir ou titorizar o curso facilitou a
aprendizaxe 0 0 90 10 0 3.10
Coñecen os temas impartidos en profundidade 0 0 60 40 0 3.40
Base: total da mostra (10)
Gráfico 8. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios
didácticos e formadores/as. Puntuación media
Os contidos do
curso responden
as miñas…
Houbo unha
combinación
axeitada da…
A documentación
e materiais
entregados son…
Os medios
didácticos están
actualizados.
A forma de
impartir ou titorizar
o curso facilitou…
Coñecen os temas
impartidos en
profundidade
19
As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan resultados que van dende o 2.70 de
mínima e o 3.40 de máxima sobre un total de catro.
A. Contidos do curso
En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto de dar resposta
ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada de teoría e práctica,
sitúase a puntuación media de 3 .10 e 2.70 respectivamente.
B. Medios didácticos
No relativo aos medios didácticos, tanto no referido á súa comprensión como
actualización, as puntuación medias acadadas son de 3.30 para o primeiro caso e de 3
para o segundo caso.
C. Formadores
Un aspecto de especial relevancia propio da formación é a función docente. Así, para
coñecer a opinión do alumnado respecto do persoal docente que impartiu o curso
obxecto de sondaxe utilizouse novamente a escala de valoración de catro niveis
segundo o grao de acordo/desacordo con dúas afirmacións:
- A forma de impartir o curso facilitou a aprendizaxe
- Coñecen os temas impartidos en profundidade
Así, no referente á forma de impartir a formación, acadouse un nivel alto de
satisfacción, posto que a puntuación media é do 3.10, estando o 90% de acordo e 10%
totalmente de acordo coa afirmación. No referente ao coñecemento dos temas
impartidos a puntuación media acada o 3.40 sobre 4. Neste caso tamén o 60%
manifesta estar de acordo e o 40% totalmente de acordo coa afirmación.
Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe
O 90% do alumnado afirma que se realizaron probas de avaliación/auto avaliación para
coñecer o nivel de aprendizaxe acadado nos cursos de formación correspondentes; así
mesmo tamén unha porcentaxe do 100% afirma que o curso lle permitiu obter unha
acreditación onde se lle recoñece a súa cualificación. Ambos datos constatan o
cumprimento por parte da forGA no que se refire aos mecanismos de avaliación que dita a
propia convocatoria.
20
Táboa 10. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe
MECANISMOS PARA A AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE SI NON NS/NC
Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me
permiten coñecer o nivel de aprendizaxe acadado. 90% 10% 0
O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a
miña cualificación. 100% 0 0
Base: total da mostra (10)
Gráfico 9. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe
1 2
90%
10%
100%
0
Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me permiten coñecer
o nivel de aprendizaxe acadado.
O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a miña
cualificación.
21
2.3. VALORACIÓN XERAL DA ACCIÓN FORMATIVA
No cuestionario de avaliación, ademais de incluír un ítem específico sobre a satisfacción
xeral, que se trata no seguinte apartado, enuméranse unha serie de afirmacións que
responden ao grao de cumprimento das expectativas do alumnado. Son as seguintes:
1. Pode contribuír á miña incorporación ao mercado de traballo.
2. Permitíronme adquirir novas habilidades/capacidades que podo aplicar ao posto
de traballo.
3. Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de posto de traballo na empresa ou
fóra dela.
4. Ampliei os coñecementos para progresar na miña carreira profesional.
5. Favoreceu o meu desenvolvemento persoal.
As expectativas dunha acción formativa condicionan de maneira importante a súa
valoración, polo que constitúe un indicador máis de valoración da calidade. Neste caso
concreto, todos os ítems mencionados aluden ao papel do curso de formación realizado na
vida laboral/profesional do alumno ou alumna; é dicir, refírense ás expectativas puramente
laborais, aínda que nalgúns casos parecen estar pensados máis ben para persoas que
están a traballar e compatibilizan a formación co seu desempeño profesional.
Táboa 11. Valoración xeral do alumnado da acción formativa
VALORACIÓN XERAL 1 2 3 4 NS/NC
MEDIA
Pode contribuír a miña incorporación ao mercado do
traballo 0 10 70 20 0 3.10
Permitíronme adquirir novas habilidades/ capacidades
que podo aplicar ao posto de traballo 0 0 80 20 0 3.20
Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de
posto de traballo na empresa ou fora dela 0 10 60 30 0 3.20
Ampliei os coñecementos para progresar na miña
carreira profesional 0 20 60 20 0 3
Favoreceu o meu desenvolvemento persoal 0 20 80 0 0 3
Base: total da mostra (10)
Cabe destacar que este grupo de ítems reflexa na súa distribución porcentual (ver táboa
11), aspectos que acadan niveis de satisfacción cuxas medias oscilan entre o 3 de mínima e
o 3.20 de máxima.
22
Gráfico 10. Valoración xeral do alumnado sobre a acción formativa.
2.4. GRAO DE SATISFACIÓN XERAL
No ítem 10 do cuestionario pídese ao alumnado que emita unha puntuación como
manifestación da súa satisfacción en termos globais, na mesma escala de valoración do 1
ao 4 utilizada no resto do cuestionario. A finalidade desta pregunta é obter unha valoración
global por parte do alumnado da acción formativa na que participou nun centro forGA.
A puntuación media acadada é do 3.1.
A porcentaxe de alumnado que manifesta estar satisfeito ou completamente satisfeito é do
100%.
Táboa 12. Grao de satisfacción xeral do alumnado
GRAO DE SATISFACCIÓN XERAL PUNTUACIÓN MEDIA
Grao de satisfacción xeral do curso 3.10
valoracións %
Completamente en desacordo 0
En desacordo 0
De acordo 90
Completamente de acordo 10
Ns/Nc 0
Base: total da mostra (10)
Pode contribuír a miña incorporación ao
mercado do traballo
Permitíronme adquirir novas habilidades/
capacidades que podo aplicar ao posto de
traballo
Melloraron as miñas posibilidades para
cambiar de posto de traballo na empresa ou
fora dela
Ampliei os coñecementos para progresar na
miña carreira profesional
Favoreceu o meu desenvolvemento persoal
3,1
3,2
3,2
3
3
23
Gráfico 11. Grao de satisfacción xeral do alumnado
2.5 SUXESTIÓNS
Do total de alumnado participante na acción formativa, seis persoas fan uso do último
apartado do cuestionario, “SUXESTIÓNS” onde se solicita que indiquen calquera
observación referida ao curso que acaban de rematar; cabe destacar que todas elas fan
referencia á necesidade de ampliar as horas (do curso, das prácticas e dos módulos en
xeral).
0 20 40 60 80 100
Completamente en desacordo
En desacordo
De acordo
Completamente de acordo
0
0
90
10
10%
20%
30%
40%
Ampliar número de horas dos módulos en xeral
Ampliar horas módulo prácticas
Ampliar número de horas do curso
Nc
24
VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE
25
A actuación docente é un dos factores fundamentais da calidade nun centro de
formación. Por este motivo, a equipa de avaliación da calidade da forGA considera as
valoracións e apreciacións das accións formativas que imparte o persoal docente unha
parte transcendental no marco da avaliación que se está a realizar.
A estrutura que se establece para a proxección dos resultados, coincide coa estrutura do
cuestionario deseñado:
1. Valoracións sobre o alumnado.
2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso.
3. Valoración da forGA como entidade organizadora do curso.
4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles.
5. Valoración da propia labor como docente.
6. Outras opinións ou suxestións para mellorar a formación impartida en forGA.
26
1. VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO
Obsérvase neste primeiro punto, que o nivel de satisfacción do persoal docente sobre o
alumnado é moi alto en canto á aprendizaxe, adquisición de novos coñecementos e
habilidades, atención prestada e motivación e interese polo contido do curso; satisfacción
alta en canto a participación e puntualidade; o ítem menos puntuado (3 sobre cinco) é o
referido aos coñecementos previos do alumnado.
Táboa 13. Valoración do persoal docente sobre o alumnado
VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO 1 2 3 4 5
Coñecementos previos do alumnado
X
Motivación e interese polo contido do curso
X
Participación: formulación de cuestións e
colaboración nas actividades programadas X
Puntualidade do alumnado
X
Atención prestada
X
Aprendizaxe, adquisición de novos
coñecementos e habilidades X
Base: total da mostra (1)
Gráfico 12. Valoración do persoal docente sobre o alumnado
0
1
2
3
4
5
Coñecementos previos
do alumnado
Motivación e interese
polo contido do curso
Participación:
formulación de
cuestións e
colaboración nas
actividades…
Puntualidade do
alumnado
Atención prestada
Aprendizaxe,
adquisición de novos
coñecementos e
habilidades
27
2. VALORACIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CURSO
En canto á valoración que ten o persoal docente sobre o desenvolvemento do curso,
advírtese como os ítems relacionados co cumprimento dos obxectivos é de 4, coa
valoración do número total de horas do curso así como a valoración de horas por módulo
acadan a puntuación de 2, con respecto o acompañamento por algunha persoa da
entidade o día da presentación acada a puntuación máxima de 5.
Táboa 14. Valoración do persoal docente sobre o desenvolvemento do curso
VALORACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO
DO CURSO
1 2 3 4 5
Cumprimento dos obxectivos marcados ao
principio do curso X
Valoración do número total de horas do
curso X
Valoración do número de horas por módulo
X
Acompañamento do/a docente na
presentación do curso dalgunha persoa da
entidade participante (representante de
forGA, CIG, Consellería …)
X
Base: total da mostra (1)
012345
Cumprimento dos
obxectivos marcados
ao principio do curso
Valoración do número
total de horas do curso
Valoración do número
de horas por módulo
Acompañamento do/a
docente na
presentación do curso
dalgunha persoa da
entidade participante
(representante de …
28
3. VALORACIÓNS DA FORGA COMO ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO
No cuestionario valórase a labor de forGA como entidade organizadora, en canto á
resolución de problemas, o trato recibido e o apoio polas persoas responsables do centro,
así como a facilidade de acceso ás instalacións e a información proporcionada das
características do alumando antes do inicio do curso.
Pódese observar como en todas as valoracións as puntuacións acadadas son de 5, nunha
escala do 1 ao 5, o que denota un nivel de satisfacción moi elevado.
Táboa 15. Valoracións do persoal docente da forGA como entidade organizadora
VALORACIÓN DA FORGA COMO ENTIDADE
ORGANIZADORA
1 2 3 4 5
O centro respondeu de forma eficaz e áxil ás
túas peticións e aos imprevistos x
Trato recibido polo persoal do centro
x
Apoio por parte das persoas responsables da
formación no centro x
Facilidade para o acceso ás instalacións,
materiais, equipos x
Información sobre as características do
alumnado antes do curso x
Base: total da mostra (1)
Gráfico 14. Valoración do persoal docente da forGA como entidade organizadora
0
1
2
3
4
5
O centro
respondeu de
forma eficaz e áxil
ás túas peticións…
Trato recibido polo
persoal do centro
Apoio por parte
das persoas
responsables da
formación no…
Facilidade para o
acceso ás
instalacións,
materiais, equipos
Información sobre
as características
do alumnado
antes do curso
29
4. VALORACIÓN SOBRE AS SÚAS CONDICIÓNS ESPAZO-TEMPORAIS E RECURSOS DISPONIBLES
Táboa 16. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e
recursos dispoñibles
VALORACIÓN SOBRE AS SUAS CONDICIÓNS
ESPAZO TEMPORAIS E RECURSOS
DISPOÑIBLES
1 2 3 4 5
Instalacións (aulas, talleres…) nas que tivo
lugar o curso X
Medios técnicos utilizados (ferramentas,
ordenadores, pantallas, hardware …) X
Horario do curso
X
Base: total da mostra (1)
Gráfico 15. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e
recursos dispoñible
Obsérvase neste punto, que todos os ítems valorados, obteñen as valoracións máximas de
cinco.
0
1
2
3
4
5
Instalacións (aulas,
talleres…) nas que
tivo lugar o curso
Medios técnicos
utilizados
(ferramentas,
ordenadores,
pantallas,
hardware …)
Horario do curso
30
5. VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE
Avaliando a propia labor como docente, obsérvanse en todos os termos avaliados valores
de 4, excepto no referido á realización dunha avaliación dos coñecementos propios do
alumnado que é de 3.
Táboa 17. Valoración da propia labor como docente
VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE 1 2 3 4 5
Realización dunha avaliación dos coñecementos
previos do alumnado X
Preparación previa dos contidos e adaptación dos
mesmos ao alumnado X
Afondamento nos contidos expostos
X
Calidade do material elaborado
X
Consideración do contexto sociolaboral/saídas
laborais X
Estimulación da participación do alumnado
X
Estimulación do interese pola materia
X
Base: total da mostra (1)
Gráfico 16. Valoración da propia labor como docente.
Realización dunha
avaliación dos
coñecementos…
Preparación previa
dos contidos e
adaptación dos…
Afondamento nos
contidos expostos
Calidade do material
elaborado
Consideración do
contexto
sociolaboral/saídas…
Estimulación da
participación do
alumnado
Estimulación do
interese pola materia
31
6. SUXESTIÓNS
A docente do curso fai constar que é pouco tempo e moita materia, deberían ser máis
horas do curso.
32
CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS
33
Este capitulo ten como obxectivo resumir os resultados acadados na avaliación da
formación impartida ao abeiro da programación de accións formativas dirixidas
prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016.
A seguinte síntese recolle para cada unha das variables analizadas os principais resultados,
de maneira que a súa lectura permita ter unha visión de conxunto do informe de resultados,
que se presenta neste documento.
NOTAS METODOLÓXICAS
AVALIACIÓN ALUMNADO: Os datos correspóndese coas opinións de 10 alumnos.
AVALIACIÓN PERSOAL DOCENTE: o 100%, do total do persoal docente participante na
formación específica.
PERFIL DO ALUMNADO
Atendendo aos datos de clasificación do alumnado conclúese que o alumna/o tipo é un
home de entre 36 e 45 anos, con titulación de Técnico Superior, Técnico grao medio ou
bacharelato, en situación de desemprego, residente na provincia da Coruña, que tivo
coñecemento da existencia do curso a través do Servizo Público de Emprego.
VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO ALUMNADO
1. Valoración dos aspectos organizativos, infraestrutura e de equipamento.
Organización do curso. A organización xeral do curso e a adecuación ó número de
alumnado por curso obteñen resultados cunha puntuación media de 2.70 e 3.40.
Duración do curso e horario. No tocante á duración do curso e aos horarios deste, o
nivel de satisfacción chega ao 2.20 e 3.20 de media respectivamente.
Instalacións e medios técnicos utilizados. A adecuación das instalacións e dos
medios técnicos utilizados son positivamente valorados cunha puntuación media de
3 e 2.90 respectivamente.
2. Valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos,
formadores/titores, e avaliación.
Contidos. En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto
de dar resposta ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada
de teoría e práctica, a puntuación media sitúase no 3.10 e 2.70 en ambos casos.
Medios didácticos. A comprensión e a adecuación da documentación e dos
materiais entregados e a actualización dos medios didácticos obteñen niveis de
satisfacción similares, acadando unhas puntuacións medias de 3.30 para o
primeiro caso, e de 3 para o segundo caso.
Formadores. Sobre o persoal docente obtéñense resultados, satisfactorios. A forma
de impartir o curso como facilitadora da aprendizaxe, acada unha puntuación
34
media de 3.10 Igualmente a valoración sobre se o persoal docente coñece os
temas en profundidade acada unha media de 3.40.
Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe. O 90% do alumnado afirma que
realizaron probas de avaliación para coñecer o nivel de aprendizaxe. Así mesmo
o 100% afirma que a formación permítelle obter unha acreditación onde se
recoñece a cualificación.
3. Valoración xeral da acción formativa
Neste apartado, as puntuacións acadadas nos cinco ítems avaliados presentan valores
similares con pouca diferenza na distribución porcentual. As puntuacións medias
acadadas en tódolos ítems oscilan entre o 3 e o 3.20 sobre 4.
4. Grao de satisfacción xeral
O valor acadado de puntuación media é do 3.10.
VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO PERSOAL DOCENTE
1. Valoración do persoal docente sobre o alumnado. Conclúese neste apartado que os
aspectos mellor valorados son, motivación e interese polo contido do curso, a atención
prestada así como a aprendizaxe e adquisición de novos coñecementos e habilidades
cunha valoración de 5.
2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso. Os ítems relacionados co
cumprimento dos obxectivos a puntuación é de 4. A valoración do número total de
horas do curso, así como a afirmación relacionada co número de horas por módulo
valóranse cun 2, o ítem mellor valorado é o acompañamento por algunha persoa da
entidade o día da presentación cun 5.
3. Valoración da forGA como entidade organizadora do curso. No cuestionario valórase
a labor de forGA como entidade organizadora, en todos os ítems cun valor de 5 sobre 5.
4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles, todos os
aspectos avaliados neste apartado que acadan o valor máximo de 5.
5. Valoración da propia labor como docente. Conclúese que é o apartado cun nivel de
valoración superior, é dicir de “boa” en todos os apartados, a excepción da realización
dunha avaliación previa dos coñecementos previos do alumnado que ten unha
valoración de 3.
En consecuencia, pódese afirmar que a acción formativa desenvolvida pola forGA
nesta convocatoria ten acadado os obxectivos para os que foi deseñada e
programada.
35
PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO
36
PUNTOS DÉBILES DETECTADOS E O SEU AFRONTAMENTO:
A Orde de convocatoria recolle no seu artigo 29.1 que “…as actuacións realizadas en
materia de avaliación polas entidades, deberán comunicarse á Dirección Xeral no
momento en que se efectúen, dando traslado de copia da documentación e dos
resultados obtidos a través dun informe no que queden reflectidas, así como da verificación
das condicións de impartición do curso e as actuacións de mellora que se teñan realizado a
raíz dos resultados das accións de avaliación e control.
Deberán facer un seguimento continuo que permitise a identificación de áreas de mellora e
elaboración de plans de mellora, detectando debilidades que puideran ser subsanadas
dentro do período de realización do curso, e quedando reflectidas as levadas a cabo para
tal fin na memoria final.”
Para dar resposta a esta esixencia, forGA realiza un seguimento estrito da acción formativa
que permite detectar debilidades referidas a unha serie de indicadores (contidos,
instalacións, material, docente e desenvolvemento xeral do curso); o obxectivo deste
seguimento é detectar as debilidades e subsanalas na medida do posible dentro do
desenvolvemento do curso.
No seguimento intermedio realizado no curso “1592 - (FMEC0110) SOLDADURA ELECTRODO
REVESTIDO E TIG”, e comunicado por rexistro á Consellería o 13 de agosto de 2016,
recolléronse as seguintes suxestións:
- Instalacións: segundo o criterio do alumnado, as instalacións son as axeitadas
tanto a aula teórica como o taller; só manifestan que nun momento determinado,
deuse un problema de conexión da campa coa extracción que o docente
resolveu de inmediato.
37
- Material/medios: o alumnado considera que se lles dotou de material funxible
adecuado e suficiente, detectando nalgúns casos certo retraso. Dende forGA
comunicáselle que se está a apremar aos provedores para a entrega, de todo o
material, en tempo segundo o comprometido. De igual maneira, segundo o
alumnado, son correctos, os medios de apoio didáctico tanto en papel como
audiovisuais, só indican que o proxector, por uso, presenta certas deficiencias
superadas co seguimento e mantemento do mesmo.
38
RECOMENDACIÓNS DE MELLORA
39
RECOMENDACIÓNS DE MELLORA:
Co obxecto de evitar as incidencias detectados nesta formación e de cara a mellorar
futuras convocatorias, a recomendación recollida sinteticamente, é a seguinte:
- Dende forGA farase un mantemento preventivo dos seus medios técnicos; é dicir,
para manter un bo nivel dos equipos e medios técnicos en xeral, farase un
mantemento sistemático aínda que os equipos non deran ningún síntoma de dar
problemas. Así mesmo, farase unha revisión exhaustiva no momento no que se
detecte que a fiabilidade dos medios técnicos diminúen, reparando ou
substituíndo os elementos sometidos a desgaste. Desta maneira, asegúrase un
tempo de bo funcionamento das instalacións e medios técnicos, evitando
incidencias no desenvolvemento do curso.
40
ANEXOS
41
MODELO ENQUISA ALUMNADO
42
43
MODELO ENQUISA PERSOAL DOCENTE
44
45
46
top related