pv setembro 2013
Post on 07-Nov-2014
270 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Setembro 2013 Setembro 2013
PalabrPalabr
aa
de de
VidaVida
«Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,
senón con feitos e de verdade» (1 Xn 3,18)
É san Xoán quen
escribe. E pon en
garda as
súas comunidades
contra algúns cuxas
palabras exaltaban
a fe en Xesús,
pero cuxa fe non
ía acompañada de
obras.
Incluso considerábanas inútiles ou superfluas,
como se Xesús o tivese feito xa todo.
De modo que a súa fe era va e estéril,
pois facía que á obra de Xesús lle faltase a achega
indispensable que El pide a cada un de nós.
«Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,
senón con feitos e de verdade» (1 Xn 3,18)
Amar con obras. A verdadeira fe, di o apóstolo,
é a que se demostra amando como Xesús nos amou
e nos ensinou. Pois ben, este amor caracterízase
ante todo por ser concreto.
Xesús non nos amou con fermosos discursos, senón
que
pasou entre nós facendo o ben, sandando a todos,
estando plenamente
dispoñible
para quen
se presentaban ante
El, empezando
polos máis débiles,
os máis pobres,
os máis marxinados,
e dando a súa vida
por nós.
«Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,
senón con feitos e de verdade» (1 Xn 3,18)
E debemos amar,
di o apóstolo,
ademais de con
feitos, tamén
segundo a verdade.
O amor cristián,
ademais de
traducirse
en feitos concretos,
preocúpase
de inspirarse
na verdade do amor
que encontramos
en Xesús;
preocúpase de facer obras conformes aos seus
sentimentos
e ensinanzas. É dicir, temos que amar
segundo a pauta e a medida que nos amosou Xesús.
«Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,
senón con feitos e de verdade» (1 Xn 3,18)
Daquela, como vivir a Palabra de vida deste mes?
A súa mensaxe está máis que clara.
É unha chamada á autenticidade cristiá,
na que tanto insistiu Xesús.
E, acaso non é isto o que o mundo tanto espera?
Non é verdade que o mundo de hoxe
quere ver testemuñas do amor de Xesús?
Así pois,
amemos
con feitos
e non con
palabras,
comezando
por eses
pequenos
favores que cada
día nos piden
os próximos
que temos ao
noso carón.
E amemos segundo a verdade. Xesús actuaba sempre
seguindo a vontade de seu Pai; do mesmo modo,
tamén nós temos que actuar sempre seguindo a
palabra de Xesús.
El quere que o vexamos a El en cada próximo, pois
todo o que facemos por cada un o considera
feito a El.
E tamén quere que amemos os demais igual que a
nós mesmos e que nos amemos entre nós
estando dispostos a dar a vida un polo outro.
Amemos así para ser tamén nós instrumentosde Xesús para a salvación do mundo.
Texto de Chiara Lubich, publicado en Ciudad Nueva, n. 233 (5/1988, p. 7.
Gráfica Anna Lollo en colaboración con don Placido D’Omina (Sicilia, Italia)
* * *
O comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes a 97 linguas e idiomas,
e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Para máis información www.focolares.es
•
Este PPS, en distintas linguas, publícase en www.santuariosancalogero.org
«Meus filliños, non amemos de palabra
e de lingua, senón con feitos e de
verdade» (1 Xn 3,18)
«Meus filliños, non amemos de palabra
e de lingua, senón con feitos e de
verdade» (1 Xn 3,18)
top related