tema 2. detección, sensibilización e respostas contra o machismo

Post on 23-Jan-2017

136 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A construción de xénero. Formas de violencia invisibilizadas na vida

persoal e profesional

Mar F. Cendón

Imax

ede

Hel

ena

Alm

eida

Mar F. Cendón

Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo

Feminicidios e outros asasinatos de mulleres por parte de homes no 2015

109 segundo datos do portal Feminicidio.net

Feminicidios no ano 2016 (13/04/2016)

27 segundo datos do portal Feminicidio.net

Estimación de mulleres en situación de maltrato no Estado español

Un mínimo de 52.000 segundo datos da Policía

Mulleres con algunha medida de protección policíal por risco

Máis de 16.000 segundo datos da Policía.

Denuncias falsas no 20150,006 % datos da fiscal da

Fiscalía do Estado

Porcentaxe de poboación que considera a violencia de xénero como algo inaceptable

92 % segundo datos da última enquisa do CIS

Posición da violencia de xénero na escala de preocupacións da poboación española

18

Violencia de xénero«Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así coma as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública coma na vida privada»

Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas (1993)

Violencia de xéneroArt 1 «manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre éstas por parte de quen sexan ou tiveran sido os seus cónxugues oude quen estean ou tiveran estado ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia.»

Art 3: «A violencia de xénero á que se refire a presente Lei comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.»

Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección Integral contra a violencia de xénero.

Teoría do ciclo da violencia de Leonor Walker

Ciclo da

violenciaFASE DA LÚA DE

MEL

O síndrome de adaptación paradóxica

Ciclo da

violencia

• A muller vai xerando diversos procesos que son paralizantes e limitadores e mantenos pese á súa ineficacia para eludir as agresións, polo pánico que sinte fronte ao agresor. • A muller ve que non ten escapatoria desta situación de violencia que vive.• No atopa ningunha saída á situación.• Non ten ou foi perdendo os recursos alternativos que lle podían axudar.• Ten responsabilidades familiares que non pode eludir.• Foi perdendo todos os apoios sociais, familiares e do seu entorno. Síntese e está illada. • Comeza a sufrir graves distorsións cognitivas. • Presenta «reaccións paradóxicas» á situación de violencia (acepta o arrepentimento).

Que podemos facer?

Ciclo da

violencia

• Non crer nin reforzar mitos sobre a violencia de xénero.

• Se presenciamos unha situación de violencia de xénero debemos chamar á policía e denunciar o sucedido.

• Se coñecemos alguén que se atopa nesta situación podemos falar con ela, sen citar explicitamente o maltrato, e ofrecer o noso apoio e acompañamento no que decida.

• IMPORTANTE!!! Non xulgar á muller que se atopa nesta situación. Acompañala, sen vitimizala, reforzando a súa autonomía e capacidade para actuar.

• Non cuestionar as súas decisións.

Que podemos facer?

Ciclo da

violencia

• Se decide denunciar, acompañala para reforzar a súa postura e axudala durante o proceso.

• Saber que ten dereito a medidas de protección, a solicitar asistencia xurídica gratuíta, a ser informada sobre a tramitación xudicial da denuncia, a irse da vivenda coas crianzas -se as ten- , a que a policía a acompañe a recoller a súa documentación e obxectos persoais se non os ten consigo e a acudir a un centro de acollida.

• Crear unha rede de apoio.

Hai unha tendencia a reducir a violencia de xénero con maltrato físico e, en ocasións, con maltrato psicolóxico, sempre que esta sexa explícito e manifesto.

Esta tendencia é xeneralizada: a nivel social, nos medios e nos ámbitos profesionais... mesmo, en ocasións, naqueles que se dedican especialmente á abordaxe desta problemática.

Violencia de xénero«Conxunto de ameazas, agravios, maltrato, lesións e danos asociados á exclusión, á subordinación, é discriminación e á explotación das mulleres e das nenas, e que é consubstancial á opresión de xénero en todas as súas modalidades. A violencia de xénero contra as mulleres e as nenas involucra tanto ás persoas como á sociedade. Exércese tanto no ámbito privado coma no público, manifestándose en diversos tipos e modalidades»

Lei xeral de acceso das mulleres a unha vida libre de violencia (México, 2007)

Formas de violencia de xénero• psicolóxica• física• patrimonial• económica• sexual• familiar• laboral• docente• comunitaria• institucional• feminicida• e outras análogas que, en base á construción do sistema sexo-xénero, lesionen a diginidade e a integridade ou liberdade das persoas.

Formas de violencia de xéneroA violencia é calquera procedemento que teña por obxectodobregar a vontade, os actos e mesmo os desexos da persoa cara á que se dirixe.

A violencia de xénero ten por obxecto impedir que se extralimite a posición de inferioridade do feminino conrespecto ao masculino

A violencia de xénero é un instrumento de perpetuación do poder (incitación/coacción) ao servizo do sistema heteropatriarcal para manter a situación de privilexio dunsector da poboación a expensas da explotación do resto. Esta clave reprodúcese nas relacións interpersoais e sociais.

Violencia simbólicaTermo acuñado por Pierre Bourdieupara describir unha relación social naque o «dominador» exerce un modo de violencia indirecta en contra das persoas «dominadas», que non evidencian ou son inconscientes sobre estas prácticas na súa contra, actuando como cómplices desta violencia.

Os dous exemplos que propón son a imposición arbitraria dun arbitrio cultural e a reprodución do dominio masculino sobre as mulleres mediante a naturalización das diferenzas entre xéneros.

Ferramentas• A organización das mulleres e outros grupos minorizados polo heteropatriarcado e as súas alianzas

• O debate e a análise crítica sobre todo aquilo que nos afecta

• A abordaxe das nosas propias actitudes

• A reivindicación e uso dos nosos dereitos

• A esixencia de medidas de igualdade efectivas aos poderes públicos

• A recuperación de referentes femininos positivos e a construción de modelos de poder en feminino.

Respostas ao machismo

Concello de Vigo

Novembro libre de violencias machistasConcello da Coruña

Compostela en negro

O Concello de Allariz, coa implicación da Garda Civil e a Policía Local así como persoal sanitario do centro de saúde e profesorado dos centros docentes elaborou un protocolo de actuación e un itinerario de intervención en casos de violencia machista.

O documento pretende guiar a intervención multidisciplinar en casos de violencia de xénero, coordinar a intervención, a formación e o traballo de todas as partes intervintes así como mellorar e axilizar a resposta de atención ás mulleres maltratadas. O protocolo busca ser,tamén, unha ferramenta para detectar posibles casos de violencia simbólica ou estructural.

De forma paralela creouse unha mesa de coordinación para definir estratexias conxuntas de actuación máis coordinadas e efectivas.

Ayuntamiento de MadridÁrea de equidad, derechos sociales y empleo

BCN antimasclistaCicle de Vida, Feminismes i LGTBI

http://ajuntament.barcelona.cat/bcnantimasclista/ca/

Universidade de Vigo• Campañas específicas polo 25N

• Premio Egeria, Premio Antonia Ferrín Moreiras e Premio UViguala

• Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo

• Enlaces de igualdade

Marcha estatal contra as violencias machistas

Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.

Que se desenvolva e implemente o Convenio de Istambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e reforme a lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres.

Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.

Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou exparella coma as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.

Que todas as instancias de goberno se comprometan realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa na que se atopen.

Que o foco se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e fillas.

Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.

Que os medios de comunicación se comprometan a facer un tratamento adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e empregando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.

A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos e ás menores dos maltratadorescondenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.

Que no te toqueFundación María Guaré (Guayaquil, Ecuador)

Tribunal Internacional de Derechos de las Mujeres

Taller de desprincesamientoSename (Chile)

Érase dos veces

Quién coño es

Día das galegas nas letrasA sega

Artistas

Zanele Muholi

Música

Rebeca Lane Peaches

Festival das Brétemas

Cine e series feministas

A Panadaría e Inversa Teatro

Sangre Fucsia

Revirada Revista Feminista

Machismos: de micro nada

Campañas ciberfeministas

Miss Livingstone

FemlegalConsultoría especializada en xénero e dereitos das mulleres

E ti, que outras accións ou proxectos coñeces a favor da igualdade?

Ces que poderías incorporar o feminismo na túa práctica profesional?

top related