apuntes celga
TRANSCRIPT
1. Que os dígrafos galegos non se poden separar a final da liña; polo tanto é incorrecto cortar así a palabra: baral-la, un-ha, gu-iso.
2. Os dígrafos, que son seis, formados por dous grupos de letras: ch, ll,... como vimos antes, representan un único son e non forman parte do alfabeto, son como se fosen un B, ou un H. Nos dicionarios están á fronte da súa propia letra agás o “que”.
3. O nome galego das letras é do xénero masculino: así debe dicirse: o a, o b, o t, etc.
4. O nome da letra “q” pasa a ser “que”, forma parte do alfabeto e atópase á fronte da súa propia letra.
5. Volvendo sobre os dígrafos citados antes: representan un único son e funcionan, na escrita, como unidade. Polo tanto, na división silábica e na partición de palabras en final de liña, os dígrafos non se poden separar. A partición ten que ser: ningu-nha, e non ningun-ha.
6. A inicial maiúscula dos dígrafos só se escribe con “maiúscula” o primeiro elemento: Quiroga (Qu), Lleida (Ll).
Non se acentúan graficamente (´)
Se acaban en ditongo decrecente, seguido ou non de “n” ou “s”: partiu, amei, amou, ademais, controis, papeis, fieis, españois, catedrais, aneis, caracois.
Os adverbios rematados en –mente NON levan nunca acento gráfico: rapidamente, politicamente, economicamente.
Os pronomes interrogativos e exclamativos NON levan acento gráfico, (cal, cando, como, onde, quen, por que) cando van entre signos de interrogación ou de admiración. Exemplo: Que calor!; De onde vés?; Que me contas?; Como chove!.
ARTIGO DETERMINADO
PREPOSICIÓN o a os as
a ao/ó á aos/ós ás
con co coa cos coas
de do da dos das
en no na nos nas
por polo pola polos polas
CONXUNCIÓN COMPARATIVA
caca o/có
ca a/cá
ca os/cós
ca as/cás
IMPORTANTE: Están admitidas as formas contractas: ó ou ao, ós ou aos, á, ás. Nestes casos sempre leva til para indicar que é contracción. Tamén sempre se debe pronunciar o AO coma Ó, AOS coma ÓS.
ARTIGO INDETERMINADO
PREPOSICIÓN un unha uns unhas
en nun nunha nuns nunhas
de dun dunha duns dunhas
con cun cunha cuns cunhas
Exemplos: Probei unha marmelada saborosa. Ramona terá uns 60 anos. Collemos un libro nunha biblioteca.
Recordade as seguintes contraccións máis comúns:
1- na = (en + a); da = (de + a); cos = (con + os).2- coa = (con + a); á = (a+a).3- na = (en + a); pola = (por + a).4- o; cuns (con+uns); nunha = (en+unha).5- nas = (en + as); da = (de + a); cunhas = (cun + unhas).6- os; ás = (a + as); coas = (con + as).
Castelanismos:
MASCULINOS: 1- berce. 2- cal, costume. 3- cume, sinal. 4- celme, sal. 5- miolo. 6- cuspe, fel, leite, mel. 7- sangue, nariz, sorriso. 8- paxe, traxe, ubre. 9- riso, a, b, c. 10- til. 11- couce, dote. 12- lume. 13- traballo, mar.
FEMININO: 14- análise, pel, dor. 15- orixe, fouce. 16- calor, árbores, cor. 17- viaxe, marxe, aldraxe, friaxe, romaxe. 18- orde, pasaxe, paisaxe, ponte. 19- carraxe, homenaxe. 20- meninxite. 21- metrópole, crise. 22- epiderme, parálise. 23- neurose, hipótese. 24- diabete, glote. 25- eclipse, paréntese. 26- moblaxe.
Os substantivos rematados en -axe, como vedes, son femininos, agás traxe, garaxe, paxe e personaxe* que son masculinos. Tamén son femininos: a glote, a diabete, a epiderme, a hepatite, a sintaxe, a otite, a farinxite. Pero son masculinos: o chasis, o tenis e o oasis.
Cómpre ter en conta os masculinos: 1- aldeán. 2- ancián. 3- artesán. 4- cidadán. 5- irmán. 6- curmán. 7- castelán. 8- can. 9- rei. 10- xudeu. 11- humano. 12- ferrolán. 13- ourensán. 14- cristián.Fan o feminino: 1- aldeá. 2- anciá. 3- artesá. 4- cidadá. 5- irmá. 6- curmá 7- castelá. 8- cadela. 9- raíña. 10- xudía. 11- humana. 12- ferrolá. 13- ourensá. 14- cristiá.
RECORDA: Son femininas as palabras rematadas en:1) "-se" : a artrose 2) "-ite" : a rinite 3) "-te" : a amigdalite. Polo tanto: a esclerose, a trombose, a neurose, a análise. A hepatite, a meninxite, a colite, a estomatite.
Formación do plural:
a) á (vogal) + s = casa + s = casas; exame + s = exames; rei + s = reis; lei + s = leis; mariñeiro + s = mariñeiros; canguro + s = canguros.
b) ó "N" + s; irmán + s = irmáns; colchón + s = colchóns; atún + s = atúns.
c) Perden o "L" = is; Sempre en palabras agudas: semana (l) + is = semanais; carave (l) + is = caraveis; azu (l) + is = azuis; cadri (l) + s = cadrís; pape(l) + is = papeis.
d) Conservan o "L" + es: Cando non son agudas ou son monosílabas: fértil + es = fértiles; pel + es = peles; val + es = vales; mel + es = meles; ril + es = riles.
e) Se rematan en calquera outra consoante: "R", ou "Z", ou "M" ou "S", mantéñena, + "ES", ó singular: xantar + es = xantares; flor + es = flores; rapaz + es = rapaces; noz + es = noces; marqués + es = marqueses.
Os nomes que teñen a mesma forma para o singular e o plural: lapis, xudeus, venres, oasis, paraugas, bens, cutes, irmáns.
a) Teñen o singular ou plural segundo poidan levar ou non os artigos en singular ou plural: o luns, os luns e demais días da semana; lecer: tempo libre, non ten plural; miolo en singular ten significado distinto que se fose en plural, miolos: O miolo, miga do pan. Miolos=cerebro.
b) Pero só se usan en plural: as nupcias, as cirolas, as exequias, as cóxegas, os miolos, as tebras, os víveres.
c) Só en singular: sílex, valor, oeste, virus, tórax.
Como dixemos que evitariamos normas gramaticais por aquilo de galego práctico, só lembraremos que é correcto o uso do TE cando é obxecto ou complemento directo e do CHE cando é obxecto ou complemento indirecto. Ou cando o CHE equivale a LLE, ou TE pode equivaler ó pronome O.
Aquí tendes dez oracións nas que está correctamente empregado: Fíxese na súa colocación.
1- Busqueite hoxe pola mañá . 6- Regaleiche unha bicicleta.
2- Tróuxenche estes libros. 7- Eles apréciante moito.
3- Hai tempo que non te vexo. 8- Contáronche un conto.
4- Fixéronche un bo favor. 9- Avisáronte tarde.
5- Quen te avisou? 10- Trouxéronche o leite para o almorz
a) Elimínanse os demostrativos neutros esto, eso e aquelo só son correctas as únicas formas: isto, iso e aquilo. Antes admitíanse esto ou isto, aquelo ou aquilo.
b) Admítese o pronome relativo posesivo cuxo co seu feminino e plurais, así: cuxo, cuxa, cuxos, cuxas.
O substantivo “vocal” pasa a vogal en todas as súas acepcións.
Moi a ter presente: “estudio e estudiar” pasan a estudo e estudar.
Engádese tamén liberdade con lealdade. E as seguintes palabras: chapeu, romeu, xubileu, bacallau e pau. Admítense: ímpeto, tribo. Igualmente son válidas ouvir e oír.
En canto á interrogación (?) e a admiración (!): o emprego dos signos de interrogación e admiración é obrigatorio ó final do enunciado, e só se recomenda ó seu principio para evitar ambigüidade e facer máis doada a lectura.
Un erro moi corrente en Galicia é usar o verbo “facer” cando hai referencia a tempo no cato de “haber”. Vexamos exemplos:
Hai anos que non te vexo.
Fai o que che mandan.
Hai moitos séculos que se descubriu América.
Hai un minuto que estivo aquí.
Fai todo o que quería.
As seguintes palabras teñen o “n” en castelán que o perden ó pasaren ó galego así temos: A orde, o exame, ditame, crime, velame, abdome, réxime, vexame, xerme, lique, pole, en cambio non se admite xoven, debe dicirse mozo, novo: Viño novo; Os mozos buscan traballo. Pero é “dolmen”, que é un bretonismo.
Os pronomes persoais: ME, CHE, TE, LLE, NOS, VOS, LLES, O, LO, A, LA, coas súas correspondentes contraccións: CHO, MO, LLO, LLELO, etc. que veremos noutra lección, poden ir DIANTE ou DESPOIS do verbo. O máis difícil, mesmo para os galegos falantes.
Debe ir o PRONOME DIANTE DO VERBO nestes casos:
1- Nas frases exclamativas ou desiderativas. Exemplo: a) Que Deus te axude. b) Un raio te parta.
2- Nas oracións introducidas por QUE ou SE, oracións subordinadas. Exemplo: a) Dille que me dea o libro. b) Se vos ven, berrade.
3- Nas frases introducidas por pronomes indefinidos, interrogativos ou exclamativos: Exemplo: a) Ninguén te avisou. b) Canto che levou por isto?. c) Como me doen as moas!
4- No infinitivo ou no xerundio o pronome pode ir diante ou despois. Exemplo: a) Hai que mercalo ou Hai que o mercar. b) Estaba chamándome ou Estaba me chamando.
5- Cando as oracións van introducidas por adverbio. Exemplo: a) Cando te chame, contesta. b) Tamén te escolleron.
ERROS MÁIS COMÚNS:
1. A PARTIRES DE: Debe dicirse a partir de....(É unha locución prepositiva)
2. A PESARES: Debe dicirse a pesar de... (É unha locución prepositiva).
Lembraremos que en galego NON HAI TEMPOS COMPOSTOS. Polo tanto un erro do que temos que fuxir é dicir "había dito" polo correcto dixera; "había feito", no canto de fixera; ou "había andado" polo correcto andara.
Aproveitamos para recordar os verbos nos que son frecuentes as dúbidas e que empregamos moi mal en galego:
1- Dis (non dices), dicía (non decía). 2- Souben (non supen), dicir. 3- Caeu (non caiu), voan (non volan). 4- Andei (non andiven, nin anduven), andara (non andivera, nin anduvera). 5- Conducín (non conduxen), foxes (non fuxes). 6- Dormes (non durmes), cospe (non cuspe) 7- Advirte (non adverte), saio (non salgo) 8- Moio (non moo), coñezo (non coñozo) 9- Caio (non caigo), mentes (non mintes). 10- Foxen (non fuxen), ides (non vades). 11- Ia (non iba), vou (non von). 12- Iamos (non íbamos), sairemos (non saliremos). 13- Crería (non creería), liron (non leron). 14- Saberei (non sabrei), caín (non caínme). 15- Lida (non leída), sae (non sale). 16- Traduciu (non traduxo). 17- Produciu (non produxo).
Un erro moi frecuente é a pronunciación do galego como se fose en castelán nos seguintes tempos: Na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo, así din no plural MAL: Estábamos, estábades, en vez de dicir: Estabamos e estabades, sen til. Tamén se pronuncian mal nas mesmas dúas persoas do plural do pluscuamperfecto de indicativo e condicional.
Debemos polo tanto evitar estes castelanismos:
Estábamos, estábades, estíveramos, estivérades e estaríamos, estaríades.
Novas normas:Imperfecto de indicativo: cantabamos, cantabades; viamos, viades, etc. Pluscuamperfecto de indicativo: cantaramos, cantarades.Condicional: cantariamos, cantariades, etc.Tamén no pretérito de subxuntivo, segundo a última normativa, debe pronunciarse como esdrúxula, vexamos: cantásemos e non cantasemos; vísemos, vísedes e non visedes; colleramos e non colléramos do pluscuamperfecto; rísemos e non risemos do pretérito de subxuntivo. O pretérito imperfecto: é a forma do verbo que nos indica o que se facía no pasado, así: diciamos, despachaban; dabades; vendiamos, etc.O pluscuamperfecto e o pretérito perfecto son as formas do verbo que nos indican o que xa se fixo e rematou no pasado, exemplos: partira, deu, mercaches, levaron, puxera.Debemos evitar o erro máis común, repetimos, de “facer” tempos compostos, como o incorrecto”HABÍA DITO” no canto de dixera ,ou”TI HABÍAS FEITO” en vez de fixeras.
Outro erro moi común é dicir: VOS TIVÉCHEDES. Este tivéchedes NON existe en galego, confundímolo con TI TIVECHES e con VÓS TIVESTES ou con VOS TIVÉSEDES, que son correctos.
(Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron)
Atención: co verbo IR máis o infinitivo de calquera outro verbo NUNCA leva “a”. Así está ben dito: Vou xantar, vou escribir, Vou falar, etc.
(Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron)
Pois engadíndolle ó lexema ou radical as terminacións –ches en singular e –stes en plural ó Pretérito de calquera verbo acertarémolos todos: En souben TI SOUBE-CHES, el soubo, nós soubemos, vós SOUBE-STES, eles souberon.
Coas preposicións DE e EN
EN DE
este(s)esta(s)
isto
neste(s)nesta(s)
nisto
deste(s)desta(s)
disto
ese(s)esa(s)
iso
nese(s)nesa(s)
niso
dese(s)desa(s)
diso
aquel (es)aquela (s)
aquilo
naquel (es)naquela (s)
naquilo
daquel (es)daquela (s)
daquilo
Co indefinido OUTRO
OUTRO OUTROS
esteesta
nestoutro(s)nestoutra(s)
destoutro(s)destoutra(s)
eseesa
nesoutro(s)nesoutra(s)
desoutro(s)desoutra(s)
aquelaquela
naqueloutro (s)naqueloutra (s)
daqueloutro (s)daqueloutra (s)
Posuidores Persoa Unha cousa posuída Varias cousas posuídas
Masculino__Feminino Masculino__Feminino
1ª meu_____miña meus_____miñas
2ª teu_____túa teus_____túas
3ª seu_____súa seus_____súas
4ª noso_____nosa nosos_____nosas
5ª voso_____vosa vosos_____vosas
6ª seu_____súa seus_____súas
HABER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
hei había houben
has habías houbeches
ha, hai había houbo
habemos/hemos habiamos houbemos
habedes habiades houbestes
han habían houberon
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
houbera haberei habería
houberas haberás haberías
houbera haberá habería
houberamos haberemos haberiamos
houberades haberedes haberiades
houberan haberán haberían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
haxa houbese houber
haxas houbeses houberes
haxa houbese houber
haxamos houbésemos houbermos
haxades houbésedes houberdes
haxan houbesen houberen
SER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
son era fun
es eras fuches
é era foi
somos eramos fomos
sodes erades fostes
son eran foron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
fora serei sería
foras serás serías
fora será sería
foramos seremos seriamos
forades seredes seriades
foran serán serían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
sexa fose for
sexas foses fordes
sexa fose for
sexamos fósemos formos
sexades fósedes fordes
sexan fosen foren
IMPERATIVO
se 2ª persoa do singular
sede 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
ser ser sendo sido
seres
ser
sermos
serdes
seren
Tratamos hoxe dos COMPARATIVOS. Temos ás veces moitas dificultades en saber cando empregar correctamente as partículas COMA e COMO; co, có; ca, cá, cos seus respectivos plurais: cos, cós, cás e coa, coas. Por exemplo: Cólleo coa man (e non ca man). Fíxoo como sabía (e non coma sabía)É moi doado e pode quedar aprendido para sempre se temos en conta o seguinte:
COMPARATIVOS: “Coma” alterna ou pode cambiar por “como”. “Ca” alterna ou pode cambiar por “que”.
A) Empregamos a partícula COMA nestes casos: Diante de calquera palabra que non sexa un verbo. Exemplos: a) É tan bo coma ti. b) Sabe tanto coma Carme. c) É un home coma outro.
B) Empregamos a partícula COMO no seguinte caso: Cando vai diante dun verbo hai que a usar obrigatoriamente. Exemplos: a) Fíxoo como sabía. b) Traballou como puido. c) Non fala tan ben como escribe. d) Traballa como come.Xa vimos o doado que é o uso de COMA ou COMO que se poden usar indistintamente. Non así COMO que ten que ser sempre usado diante do verbo.
Agora veremos o uso correcto de ca, cá, co, có, coa e que os.
C) Empregaremos a partícula “ca” tamén diante de calquera palabra que non sexa verbo. É obrigatorio diante dos pronomes persoais. Exemplos: a) É mellor ca ti ou ca el. etc. b) É máis forte ca min. c) E máis lacazán ca traballador. d) Quero ir mellor á festa ca ó traballo. d) Vou mellor ó cine ca á túa casa. Tende presente este exemplo: e) Chego antes a Lugo ca á Coruña.
D) Vexamos agora exercicios coa partícula “cá”. Esta cá sae da contracción de “ca”, comparativo, + “o”, artigo, “a” (ca+a=cá). Exemplos: a) A miña casa é mellor cá túa. b) Gústame máis cá praia. c) As miñas cousas son peores cás túas. c) Esa é maior cás miñas.
E) Temos o caso da partícula “coa” que cunha boa pronuncia pode soar “ca” pero débese escribir sempre “coa” ou “coas”. (Esta partícula sae da contracción da preposición con mais o artigo feminino a (con+a=coa). Exemplos: A) Cólleo coa man. b) Cólleo coa culler. c) Chegou coas amigas.F) Faremos exercicios agora coa partícula “co”. Este “co” sae da contracción da preposición “con” mais o artigo “o” (con+o=co). Exemplos: a) Chegou co seu libro. b) Estudou co amigo. c) Chegou cos seus libros. d) Estudou cos amigos.
Temos o caso agora de “có”. Esta partícula sae da conxunción comparativa “ca” mais o artigo “o” (ca+o=có). Exemplo: a) Era máis traballador có amigo. b) Era mellor rapaz cós demais.
Ás veces podémonos trabucar cando oímos pronunciar en bo galego estas contraccións, se as escribimos tal coma as escoitamos:
Exemplos:1- Dixéronme cos teus avós son bos. (está ben pronunciado). Pero mal escrito o “cos”.1'- Dixéronme que os teus avós son bos. (Hai que escribir así).2- Avísalle cas túas irmás chegan mañá. (Ben pronunciado). Mal escrito “cas”.2'- Avísalle que as túas irmás chegan mañá. (Hai que escribir así).3- Contan co viron de noite. (Está ben pronunciado). Mal escrito “co”.3'- Contan que o viron de noite. (Hai que escribir así).
(Presente) Ando equivale a Ando
(Imperfecto) Andaba “ Andaba
(Pretérito Perfecto) Andei “ Anduve- He andado- Hube andado
(Pluscuamperfecto) Andara “ Había andado
(Futuro) Andarei “ Andaré-Habré andado.
(Condicional) Andaría “Andaría-Habría andado.
(Presente de subxuntivo) Ande “Ande-haya andado.
(Imperfecto de subxuntivo) Andase “Hubiera o hubiese andado-
Anduviera o anduviese.
(Imperativo) Anda - Andade vos “Anda tú-Andad vosotros.
Presente and-o coll-o part-o and-as coll-es part-es and-a coll-e part-e and-a-mos coll-e-mos part-i-mos and-a-des coll-e-des part-i-des and-an coll-en part-en Imperfecto and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ba-as coll-í-a-s part-ía-s and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ba-mos coll-ía-mos part-ia-mos and-a-ba-des coll-ía-des part-ia-des and-a-ba-n coll-ía-n part-ía-n Perfecto and-ei coll-ín part-ín and-aches coll-iches part-iches and-ou coll-eu part-iu and-amos coll-emos part-imos and-astes coll-estes part-istes and-aron coll-eron part-iron Pluscuamperfecto
and-a-ra coll-e-ra part-i-ra and-a-ra-s coll-e-ra-s part-i-ra-s and-a-ra coll-e-ra part-i-ra and-a-ra-mos coll-e-ra-mos part-i-ra-mos and-a-ra-des coll-e-ra-des part-i-ra-des and-a-ra-n coll-e-ra-n part-i-ra-n
Futuroand-a-re-i coll-e-re-i part-i-re-i and-a-rá-s coll-e-rá-s part-i-rá-s and-a-rá coll-e-rá part-i-rá and-a-re-mos coll-e-re-mos part-i-re-mos and-a-re-des coll-e-re-des part-i-re-des and-a-rá-n coll-e-rá-n part-i-rá-n Futuro hipotético (condicional) and-a-ría coll-e-ría part-i-ría and-a-ría-s coll-e-ría-s part-i-ría-s and-a-ría coll-e-ría part-i-ría and-a-ria-mos coll-e-ria-mos part-i-ria-mos and-a-ria-des coll-e-ria-des part-i-ria-des and-a-ría-n coll-e-ría-n part-i-ría-n SUBXUNTIVO Presente and-e coll-a part-a and-e-s coll-a-s part-a-s and-e coll-a part-a and-e-mos coll-a-mos part-a-mos and-e-des coll-a-des part-a-des and-e-n coll-a-n part-a-n Imperfecto and-a-se coll-e-se part-i-se and-a-se-s coll-e-se-s part-i-se-s and-a-se coll-e-se part-i-se and-á-se-mos coll-é-se-mos part-í-se-mos and-a-se-des coll-e-se-des part-i-se-des and-a-se-n coll-e-se-n part-i-se-n
DAR
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
dou daba dei
dás daba deches
dá daba deu
damos dabamos demos
dades dabades destes
dan daban deron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
dera darei daría
deras darás darías
dera dará daría
deramos daremos dariamos
derades daredes dariades
deran darán darían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
dea dese der
deas deses deres
dea dese der
deamos désmos dermos
deades désedes derdes
dean desen deren
IMPERATIVO
dá 2ª persoa do singular
dade 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
dar dar dando dado
dares
dar
darmos
dardes
daren
ESTAR
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
estou estaba estiven
estás estabas estiveches
está estaba estivo
estamos estabamos estivemos
estades estabades estivestes
están estaban estiveron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
estivera estarei estaría
estiveras estarás estarías
estivera estará estaría
estiveramos estaremos estariamos
estiverades estaredes estariades
estiveran estarán estarían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
estea estivese estiver
esteas estiveses estiveres
estea estivese estiver
esteamos estivésemos estivermos
esteades estivésedes estiverdes
estean estivesen estiveren
IMPERATIVO
está 2ª persoa do singular
estade 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
estar estar estando estado
estares
estar
estarmos
estardes
estaren
FACER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
fago facía fixen
fas facías fixeches
fai facía fixo
facemos faciamos fixemos
facedes faciades fixestes
fan facían fixeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
fixera farei faría
fixeras farás farías
fixera fará faría
fixeramos faremos fariamos
fixerades faredes fariades
fixeran farán farían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
faga fixese fixer
fagas fixeses fixeres
faga fixese fixer
fagamos fixésemos fixermos
fagades fixésedes fixerdes
fagan fixesen fixeren
IMPERATIVO
fai 2ª persoa do singular
facede 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
facer facer facendo feito
faceres
facermos
facerdes
serdes
faceren
TRAER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
Traio Traía Trouxen
Traes Traías Trouxeches
Trae Traía Trouxo
Traemos Traiamos Trouxemos
Traedes Traiades Trouxestes
Traen Traían Trouxeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Trouxera Traerei Traería
Trouxeras Traerás Traerías
Trouxera Traerá Traería
Trouxeramos Traeremos Traeriamos
Trouxerades Traeredes Traeriades
Trouxeran Traerán Traerían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
Traia Trouxese Trouxer
Traias Trouxeses Trouxeres
Traia Trouxese Trouxer
Traiamos Trouxésemos Trouxermos
Traiades Trouxésedes Trouxerdes
Traian Trouxesen Trouxeren
IMPERATIVO
Trae 2ª persoa do singular
Traede 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
Traer Traer Traendo Traído
Traeres
Traer
Traermos
Traerdes
traeren
PÓR = POÑER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
Poño Puña Puxen
Pos Puñas Puxeches
Pon Puña Puxo
Pomos Puñamos Puxemos
Pondes Puñades Puxestes
Pon Puñan Puxeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Puxera Porei Poría
Puxeras Porás Porías
Puxera Porá Poría
Puxeramos Poremos Poriamos
Puxerades Poredes Poriades
Puxeran Porán porían
SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
Poña Puxese Puxer
Poñas Puxeses Puxeres
Poña Puxese Puxer
Poñamos Puxésemos Puxermos
Poñades Puxésedes Puxerdes
Poñan Puxesen Puxeren
IMPERATIVO
Pon 2ª persoa do singular
Ponde 2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
Pór Pór Pondo Posto
Pores
Pór
Pomos
Pordes
Poren
O comparativo pode ser de:
1. Igualdade con: a) tan, b) coma, c) como. a. Son tan alto coma ti. b. O exame foi tan doado como pensaba.c. Xaquín é tan grande coma min.
2. Superioridade: a) máis, b) que, c) do que.a. É máis bo do que parece.b. Bótame máis auga que/ca viño.c. Pocholo traballa máis ca nós.
3. Inferioridades: a) menos, b) ca/que, c) do que.a. Teño menos traballo do que ti tes.b. Lois é menos louro ca min.c. Ten menos cartos ca calquera.
Hai que evitar o incorrecto MÁIS MAIOR, tan pouco dicimos MÁIS PEOR. En Galicia dicimos, por exemplo: o fillo “máis vello” (por maior) ou o fillo “máis novo”. Non está admitido “xoven”, nin “xóvenes” que aínda vemos en publicacións oficiais.... Debe dicirse “mozos” “novos”. Así “viño novo” non viño xoven. É incorrecto: “xóvenes agricultores”.
EXERCICIOS RESOLTOS. COMPARATIVOS DE:- (Igualdade) Foi un día tan chuvioso como dixeron.- (Igualdade) Esta vila é tan bonita como/a aquela.- (Superioridade) A casa éche máis alta do que eu cría.- (Superioridade) Helena é máis cariñosa ca/que Xosé.- (Inferioridade) Saíu menos doce do que querían.- (Inferioridade) Ten menos cartos ca/que calquera de vós.
O SUPERLATIVO: 1. Absoluto: A calidade está no maior grao de todos.a. Aquel foi o maior atrevemento do alpinista.
2. Relativo: indica a calidade tamén no maior grao de todos con respecto ós demais cos que se pode relacionar: a. Son os máis preocupados por saber do instituto.
3 Superlativos sintéticos:Mísero = misérrimo. Feo = feísimo.Acre = acérrimo. Fiel = fidelísimo.Vello = vellísimo.
1- SEMANA (non semán), PARELLA (non parexa), COELLOS (non conexos).
2- MANUEL (non Manoel), LONXE (non lexos), AMBIENTE (non ambente), CIENCIA (non cencia).
3- CALQUERA (non calqueira)
4- ANDARA (non había andado nin andivera, nin anduvera), ÁMBITO (non ámeto, nin ámbeto.
5- ESTE (non iste), CELLAS (non cexas).
6- PRIMAVERA (non primaveira), IGREXAS (non eirexas), MONUMENTOS (non moimentos)
7- OFICINA (non oficiña), ESTRADA (non carreteira), ÁRBORES (non albres nin arbes).
8- PULMONIA (non polmonía).
9- ESPERANZA (non espranza), LINGUA (non lingoa), SAÚDE (non salú).
10- QUEN (non quenes), HORIZONTE (non hourizonte).
11- BRILLABA (non brilaba), ANDOU (non andivo, nin anduvo)), SOMBRA (non soma)
12- MONTAÑA (non montana), NINGUÉN (non naide), NADA ou REN(1).
13- ZONA (non zoa(2)), ZOA.
14- PERSOAS(3) (non personas), PERSOAL (non personal), XERAL(4) (non xeneral).
15- XENERAL (militar) (non xeral), XERALMENTE (non xeneralmente), PERSONALIDADE (non persoalidade), PERSONAXE (non persoaxe).
(1)Teñamos presente: Agora admítese tamén RES ou REN. (2)Temos ZONA cando se refire a comarca, bisbarra: así “zona escolar” (non zoa escolar). En cambio: Esta tarde zoa moito vento, de zoar.(3) A forma correcta é persoa e a súa familia léxica: impersoal, persoal, persoalmente, persoeiro. En cambio é personalidade, personalismo, personalización, personalizar, personaxe, personificación, personificar. OLLO: persona é un castelanismo e óese moito.(4) XERAL: pero debe dicirse xeneralizar e xeneralización. A palabra XENERAL úsase soamente con significado militar: O xeneral mandaba as tropas.
Primavera (non primaveira), a árbore (non albre, nin arbre), semana (non somana), orgullo (non orgulo), murmurar (non marmurar), destino (non destiño), campesiño (non campesino), ruína (non ruiña), soidade (non soidá), preguiza (non perguiza), meu irmán (non meu irmao), humano (non humán), centro urbano (non urbán), gasolina (non gasoliña), oficina (non oficiña).
Consiste este erro no fenómeno chamado “metátese” que consiste no cambio de lugar do “r” dentro da palabra; dase tanto na escrita como na fala. Entre parénteses diremos as incorrectas: aperta (non apreta), prexuízo, prexudicar, prexudicial (non perxuízo, nin perxudicar, nin perxudicial), debe dicirse preto (para cerca ou negro) (non perto), presebre (non pesebre), sobre (non sobor, nin sober), precisar (non percisar), promesa (non pormesa), escribir (non esquirbir).Aínda se oen estes erros: Carlos (non Calros), perla, (non pelra), merlo (non melro), burla (non bulra)
Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: destiño por destino, brilar por brillar, humán por humano, primaveira por primavera, zoa por zona, xarope e non xarabe débense evitar; o mesmo os vulgarismos: probre por pobre, ademirar por admirar, histórea por historia, íntemo por íntimo, indición polo correcto inxección, arbe por árbore, mamoria en vez de memoria, cencia por ciencia; que consisten en deformar certas palabras que, pola mesma razón que dixemos antes, coinciden co castelán, e nós pensamos que son máis nosas “galeguizándoas”, querémolas diferenciar e facémolo mal, por Manuel dicimos mal Manoel.
Tamén temos que fuxir dos castelanismos: antoxo por antollo, axuntamento por concello, parexa hai que dicir parella; baraxa hai que dicir baralla, conexo por coello; lentexa no canto de lentella, etc. que son un calco do castelán, como vemos, fáciles de distinguir. A través do castelán entraron moitos préstamos no galego: escoba por vasoira, grifo por billa, sartén por tixola. Non se di sin senón sen.
Aventaxar é un castelanismo por avantaxar; vixiar correcto e non vixilar; vidro non vidrio; casarío forma correcta e non caserio.
-Verbos rematados en –UIR: constituír, construír, restituír, contribuír, prostituír, destruír, concluír, substituír, incluír.
CONSTRUÍR: Presente de Indicativo: constrúo, constrúes, constrúe.....
Subx. Presente: constrúa, constrúas, constrúa, construamos, construades, constrúan.
-Verbos rematados en –ECER: agradecer, coñecer, crecer, renacer, ou -UCIR: conducir, producir, inducir, aducir, traducir.
AGRADECER:Presente de Indicativo: agradezo, agradeces, agradece...
Subx. Presente: agradeza, agradezas, agradeza, agradezamos, agradezades, agradezan.
CONDUCIR:Presente de Indicativo: conduzo, conduces, conduce.
Subx. Presente: conduza, conduzas, conduza, conduzamos, conduzades, conduzan.
-Verbos rematados en –UCIR nos que se cometen moitos erros: conducir, producir, inducir, traducir, aducir, reducir.
CONDUCIR:Perfecto: conducín, conduciches, conduciu, conducimos, conducistes, conduciron.
Pluscuamperfecto: conducira, conduciras, conducira....
Subx. imperfecto: conducise, conducises, conducise...
VERBOS: DURMIR, SUBIR, ULIR, FUXIR
PRESENTE DE INDICATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmo subo ulo fuxo
dormes sobes oles foxes
dorme sobe ole foxe
durmimos subimos ulimos fuximos
durmides subides ulides fuxides
dormen soben olen foxen
COPRETÉRITO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmía subía ulía fuxía
durmías subías ulías fuxías
durmía subía ulía fuxía
durmiamos subiamos uliamos fuxiamos
durmiades subiades uliades fuxiades
durmían subían ulían fuxían
FUTURO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmirei subirei ulirei fuxirei
durmirás subirás ulirás fuxirás
durmirá subirá ulirá fuxirá
durmiremos subiremos uliremos fuxiremos
durmiredes subiredes uliredes fuxiredes
durmirán subirán ulirán fuxirán
PRESENTE DE INDICATIVO
SERVIR SENTIR SEGUIR
sirvo sinto sigo
serves sentes segues
serve sente segue
servimos sentimos seguimos
servides sentides seguides
serven senten seguen
1. -
Orquestra (non orquesta). 2.- Laranxa (non naranxa por castelanismo). 3.- Orde, palabra de xénero feminino como contraorde, desorde en cambio é coordinar, ordenación, ordenador, ordenado, ordenanza, ordenar. 4.- Para forma correcta. A voz pra, nunha pronuncia rápida non está admitida na escrita, é un vulgarismo. 5.- Oxalá é a forma correcta e non ogallá . 6.- Montaña é correcto, non montana. 7.- Paixón correcto e non o castelanismo pasión. 8.- Perdoar correcto e non o castelanismo perdonar. 9.- Posuír correcto e non o castelanismo poseer. 10.- Pobre correcto é non probe. 11.- Sabedoría correcto e non sabiduría. 12.- Sangue é masculino, o sangue. 14.- Reloxo correcto e non reló, castelanismo. 15.-Moa, correcto e non muela. 16.- Marzo correcto cando é mes: En marzo hai bo tempo. En cambio marzal referente a esta época. 18.- Monumento, correcto, moimento só raramente cando é un monumento fúnebre. 19.- Lingua, correcto e non o vulgarismo lingoa. 20.- Lanterna e non linterna. 21.- Inxección correcto e non indición. 22.- Margarida, correcto e non margarita.
SABER
INDICATIVO
IMPERATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durme sube ule fuxe
durmide subide ulide
COPRETÉRITO
SERVIR SENTIR SEGUIR
servía sentía seguía
servías sentías seguías
servía sentía seguía
Presente Copretérito Pretérito
sei sabía souben
sabes sabías soubeches
sabe sabía soubo
sabemos sabiamos soubemos
sabedes sabiades soubestes
saben sabían souberon
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
soubera saberei sabería
souberas saberás saberías
soubera saberá sabería
souberamos saberemos saberiamos
souberades saberedes saberiades
souberan saberán saberían
AS FORMAS PRONOMINAIS DE SOLIDARIEDADE
un interlocutor varios interlocutores
Tratamento familiar CHE VOS
Tratamento de cortesía LLE LLES
Exemplos coas respectivas formas:1- Dóecheme ben a cabeza.2- O rapaz élle moi bo estudante.3- Non vos teño lecer para nada.4- Vailles parecer moi caro.
OBSERVACIÓN: Ás veces poden toparse seguidos dous pronomes de solidariedade: “Os galegos sónchevos moi traballadores”. Non se pode en cambio repetir o mesmo pronome: “Os galegos sóncheche (MAL) moi traballadores”
O pronome de solidariedade cando non vai unido, en posición proclítica, escríbese separado:
a) O meu fillo non che/me estuda nada.b) Nunca che lle sucedeu outra igual. Cando o pronome de solidariedade vai enclítico, sóldase ós outros pronomes átonos.c) Quíxochenolo contar pero non llo permitimos.
Vemos que o “che” dos tres exemplos son pronomes de solidariedade e intraducibles, é dicir non usados en castelán.
OLLO cos verbos: queimar, casar, caer, subir, quedar, sentar: non son reflexivos, non deben levar pronomes:
a) Queimeime a man, debe ser: Queimei a man.b) Subinme ó tellado, debe ser: Subín ó tellado.c) Quedeime calado, debe ser: Quedei calado.d) Séntate ben, debe ser: Senta ben.
INSTANTE: Significa “agora mesmo”. Neste momento: “Agarda un instante”.
MOMENTO: É o termo máis xeral, con maior duración “O momento histórico no que vivimos”.
INTRE: É un momento intermedio: Pequeno espazo de tempo entre dous momentos. É incorrecto dicir “Durante un intre non falou”. Abusamos moito de “intre” que, como vemos, ten unha significación máis restrinxida. Intervalo é o seu sinónimo. Nese intre chegaron os amigos.
SE: En vez de “si” como conxunción, como queda dito: “Se vés á festa....” “Se mo dis...”.
SI: Só se emprega como adverbio de afirmación, sen til. Aínda que o galego para afirmar normalmente repite o verbo da pregunta: “Fuches ó cine? Fun. Non existe como condicional. Incorrecto dicir: “Si chove” debe dicirse “Se chove”.
SIN: cantelanismo por sen.
SÓ: formoa correcta. Non soio
VOANTE: Adxectivo derivado de voar: “Obxectos voantes”.
VOLANTE: “Teño mal o volante do coche” e tamén “Fun polo volante ó médico”.
MEDICINA: É unha voz culta. É a carreira que estudan os médicos na facultade de MEDICINA. E tamén, “Merquei unha medicina na farmacia”. Mediciña é un hipergaleguismo.
A) Falaremos dos numerais que serven para contar: 1 = un/unha. 2 = dous/dúas. 3 = tres. 4 = catro.5 = cinco. 6 = seis. 7 = sete. 8 = oito. 9 = nove.10 = dez. 11 = once. 12 = doce. 13 = trece.14 = catorce. 15 = quince. 16 = dezaseis 17 = dezasete18 = dezaoito. 19 = dezanove. 20 = vinte. 21 = vinte e unVinte e unha. 22 = vinte e dous, vinte e dúas. 23 = vinte e tres 30 = trinta. 31 = trinta e un, trinta e unha. etc.
Ollo con estes números: 40 = corenta. 50 = cincuenta. 60 = sesenta. 70 = setenta. 80 = oitenta. 90 = noventa.200 = douscentos, duascentas.500 = cincocentos, cincocentas, quiñentos/as.1.000 = mil. 1.000.000 = un millón.
ATENCIÓN: Son incorrectas as formas: dazaseis, dazasete, dazaoito e dazanove, aínda que se oen moito. Tamén son incorrectas: sasenta, satenta e ochenta.Son incorrectas tamén as formas: vinteún, vintedous, vintetrés, vintecatro, etc. Teñen que escribirse separadamente como vimos antes coa conxunción “e”, así son correctas: vinte e un, vinte e dúas, vinte e tres... trinta e un/unha, corenta e tres, corenta e cinco, cincuenta e un, sesenta e tres, e así ata noventa e un, noventa e tres....aínda que a súa pronuncia por efecto da contracción ten que ser como se fose unha soa palabra: (vinteún).
B) Os que serven para indicar a orde das persoas ou cousas:Primeiro/a; segundo/a; terceiro/a; sétimo/a; oitavo/a etc. undécimo/a ou décimo primeiro; décimo
terceiro/a; décimo sétimo/a; décimo oitavo/a; décimo noveno; vixésimo; vixésimo primeiro/a; trixésimo/a; cuadraxésimo/a; quincuaxésimo/a; sesaxésimo/a; septuaxésimo/a octoxésimo/a; nonaxésimo/a; centésimo/a; milésimo/a.
C) Os múltiplos indican que se multiplica unha cantidade:
2=Dobre ou duplo/a; 3=triplo/a (non se admite triple); 4=cuádruplo/a (non se admite cuadruple); 5=quíntuplo/a ...; 6=séxtuplo/a; 7=séptuplo/a; 8=óctuplo/a; 9= nónuplo/a; 10=décuplo/a; 11=once veces (non se admite undécuplo); 12= doce veces (non se admite duodécuplo); 13=trece veces (non se admite terzodécuplo); 100= céntuplo/a.
D) Os Partitivos indican unha parte dun todo:
1/2=Medio, metade; 1/3 =terzo; 1/4=cuarto; 1/5=quinto; 1/6=sexto; 1/7=sétimo; 1/8=oitavo; 1/11=onceavo; 1/12=doceavo... ; 1/20=vinteavo; 1/22=vinte e dousavo; 1/30=trinteavo ...; 1/100=centésimo; 1/1000=milésimo...
E) Os Colectivos indican un conxunto de algo:
Par, parella, decena, ducia, quincena, vintena, trintena, centena, milleiro.Milleiro e millar son sinónimos, na linguaxe matemática para a descrición de cifras úsase millar: Unidade de millar, centena de millar.
o/lo a/la os/los as/las
me mo ma mos mas
che cho cha chos chas
lles llo lla llos llas
nos nolo nol nolos nolas
vos volo vola volos volas
lles llelo llela llelos llelas
TÓNICOS: Teñen acento fonético propio. Exemplo: vós, nós, min, comigo, contigo.
ÁTONOS: Non levan acento fonético e apóianse forzosamente no verbo. Exemplo: me, te, lles, che, vos, nos.
- EMPREGO DOS PRONOMES: LO, LA, LOS, LASDos verbos que acaban en -S ou –R.• Estudar (a lección) = Estudala.• Colliches (as cousas) = Collíchelas.Dos pronomes: nos, vos e lles: Pintounos (o coche) = Pitóunolo.
- NO, NA, NOS, NASDespois dos verbos que rematan en ditongo: • Coñeceu o neno = Coñeceuno / Coñeceuna / Coñeceunos.
- O, A, OS, ASÚsanse nos demais casos:• Deixa os libros = Déixaos.• Non vexo a nena = Non a vexo / Non os vexo / Non as vexo
Os principais cambios aprobados pola Real Academia dos que xa vimos algúns nos temas anteriores:- Acentúanse só as interrogativas indirectas: “Xa me dirás qué che dixo”.
- Non se acentúan as interrogativas directas ou admirativas e teñen que levar obrigatoriamente, ó final só, os signos de interrogación e de admiración. Só se colocarán ó principio para facer máis clara de entender a súa lectura: Que fas?; Que calor!; Silencio, por favor!.
- O signo ? entre paréntese expresa dúbida (?): É un músico excelente (?).
- O signo ! entre paréntese indica perplexidade (!): Di que non é culpable (!) e que lle perdoemos.
- En canto o ARTIGO DETERMINADO é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (lo, la, los, las) só despois da preposición “por” (polo día) e do adverbio “u” (u-los meus libros). Isto non é ningunha novidade pois antes das novísimas normas xa era así: polo, pola (pola mañá).
- Nos demais casos NON é obrigatorio, senón optativo o emprego ou non da segunda forma do artigo: -lo, -la, -los, -las tras os verbos rematados en –r ou –s ou dos pronomes átonos nos, vos, lles ou dos pronomes tónicos nós e vós, preposición tras, e indefinidos ambos e todos e conxunción copulativa “e mais”. Isto tampouco non é ningunha novidade, antes tamén se podía escribir todos os ou tódolos, con esta opción os alumnos, e sen ser alumnos pronunciarán en castelán “todos os” no canto de “tódolos os”. O mesmo como pronuncian a contracción (ao ou ós para o plural) Sempre len ou din (Vou “ao” colexio) en vez da fonética (“ó” colexio). Por iso usamos na escrita sempre “ó”, non por distinguirnos senón en prol da fonética galega.
- ATENCIÓN. Nas Normas sempre se emprega a segunda forma do artigo, nos que é obrigatoria que vimos antes, así escriben: Todos os días; todas as; etc, Temos os libros.... pero coa pronuncia (tódolos, tódalas, témolos, etc. que non fan). Pero doutores ten a Santa Madre Igrexa.
- “Ao” sae da contracción da preposición “a” co artigo “o”. Nas normas escriben “ao”. Pero valen “ó”=ao: “Van ó cine” ou “Van ao cine”. En plural: Perseguen ós (aos) ladróns. Nestes temas, (e tamén cando escribimos,) preferimos a forma “ó”, o artigo contracto, porque é opcional facelo entre “ó” ou “ao”. A razón é para evitar que os alumnos pronuncien “ao” no canto de “ó”, como o temos comprobado na nosa experiencia.
-Perden un “c” cando van tras as vogais “i” e “u” nos grupos cultos –ct- e –cc. Vexamos algunhas: Collamos dous modelos: Ditado e Condutor, perden un “c”, que vai diante de “t”. Así: aflición, contradición, dicionario, indución, introdución, construción, produción, redución, conduta, vítima, produto, tradutor, tradución, todas elas doadas de recordar.
- Pero as excepcións son enormes, en caso de dúbida hai que botar man dun dicionario actualizado.
Ás veces resúltanos difícil recordar os xentilicios dos seguintes topónimos: Foz=focego; Mondoñedo=mindoniense; Valadouro=valadourés; Pobra de Trives=trivés; O Bierzo=berciano; Tui=tudense; Porto do son=sonense; A Guarda=guardés; Fisterra=fisterrán; Mondariz=mondaricense; Ribadumia=ribadumiense; Melide=melidao
Poseer / posuír pavillón / pabellón xaula / gaiola
Teñir / tinxir connivencia / conivencia crueza / crudeza
Freo / freno orquesta / orquestra suar / sudar
Ter
INDICATIVO SUBJUNTIVOIMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
teño tiña teña
tes tiñas teñas ten
ten tiña teña
temos tiñamos teñamos
tendes / tedes tiñades teñades tende / tede
teñen tiñan teñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF. CONJ.
tiven tivera tivese ter
Tiveches tiveras tiveses teres
tivo tivera tivese ter
tivemos tiveramos tivésemos termos
tivestes tiverades tivésedes terdes
tiveron tiveran tivesen teren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINALES
terei tería tiver INF.
terás terías tiveres ter
terá tería tiver GER.
teremos teriamos tivermos tendo
teredes teriades tiverdes PART.
terán terían tiveren tido
Los derivados abster, ater, conter, deter, entreter, manter, reter y soster se conjugan igual.
1. As palabras que rematan en –aría, admiten tamén o sufixo –ería: camisaría, chocolataría, enfermaría, lavandería, libraría, moblaría, tinturaría, zapataría como tamén: notaría, secretaría, entre outras moitas máis.... son correctas ou normativas pero como no galego medieval tamén están documentadas as rematadas en –ería admítense tamén como correctas ou normativas, entón é mellor seguir co sufixo: -ería, e dicir: enfermería, enxeñería, gandería, panadería, reloxería, cervexería, zapatería, papelería....
2. Sufixos ou terminacións en –zo, -za/-cio, -za. –ancia, -encia, -cencia. Temos palabras con estas terminacións ou sufixos en galego, que coinciden co castelán e co portugués: abundancia, alternancia, circunstancia, ganancia, ignorancia, resonancia, vixilancia. Sería moi extenso escribir a morea de palabras con estes sufixos, pero si RECORDAREMOS: aquelas en –zo, -za, coas que estamos familiarizados; A si debemos escribir por normativas: diferenza, indiferenza. espazo, graza, desgraza, licenza, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, xustiza, xuízo, axustizar, inxustiza, prexuízo, crenza, doenza, prezar, preguiza, desprezo.
C- USO CORRECTO E INCORRECTO DE CERTAS VOCES:
ILLAR, exemplo: Vivo illado no monte; non aillar.
AZUCRE; é incorrecto azúcar.
ILLAMENTO; non aislamento.BARALLA, non é correcto baraxa por castelanismo.
BEIRARRÚA; non acera. LIXO, é incorrecto basura, desperdicios.
AMBIENTE; non ambente. BACALLAU, non bacalao por castelanismo.
AMPOLA; non ampolla. BOCEXAR; non bostezar.
ALEIVOSÍA; non alevosía. BALEA; non ballena.
APAIXONAR; non apaixoar. ATROPELAR; non atropellar, nin atropello
ÁRBORE, a árbore; non albre, nin arbre. CIRURXÍA; non ciruxía.
AVALIACIÓN; non evaluación. CASARÍO; non caserío.
AVARÍA; non avería. CONFRARÍA; non cofradía.
CONCELLO; non axuntamento, referíndose á casa dos concelleiros.
D- RECORDEMOS O BERRO DOS ANIMAIS.
A galiña = cacarexa O burro = ornea
O porco= cuínca ou gruñe. A ovella= bea
O cabalo= rincha. O gato= miaña
Os pitos= pían O xílgaro= rechouchía
E- SUBLIÑA OS CASTELANISMOS:
“Antes non había carretera ata a escuela. A escuela empezaba en setembro. No verán o calor facía sudar. O desayuno era pouco. O varrer con escobas botábamos agua para non levantar polvo”.Correccións dos castelanismos: estrada, escola, ó, a calor, suar, almorzo, vasoiras, botabamos auga, po.
F- REPASEMOS OS SUPERLATIVOS ESPECIAIS DE:
BO = óptimo MALO = pésimo
GRANDE = máximo POBRE = paupérrimo
LIBRE = libérrimo SABIO = sapientísimo
CÉLEBRE = celebérrimo BAIXO = ínfimo
ALTO = supremo PEQUENO = mínimo.
NOTA: Debemos evitar “máis maior” e “máis peor”.
G- COMPLETA CON “TE” ou “CHE”.
-Coñecinte pola voz.-Moito che brillan os ollos-Teño que verte no cine-Portácheste moi ben-Vendéronche gato por lebre-Mañá lévote comigo-Non te puiden ver-Fixéronche un agasallo
DO NOSO
O carácter agarimoso do idioma galego fai que os diminutivos na nosa lingua abunden moito. Empréganse moi a miúdo como sentimento de afecto, de tenrura. Os diminutivos máis comúns son en: -iño, -iña: neniño, fontiña. Outras veces rematan en –elo, -ela e en –ello, -ella: cadelo, fontela, cortello, etc. Non sempre diminúen o significado. Ás veces poden ser aumentativos: o avó vai velliño = moi vello.
DEMOSTRATIVOS
Temos tendencia na maioría das veces, por diferencialismo, a cambiar as vogais ou mesmo as palabras, coma xa vimos. Isto pasa cos PRONOMES e ADXECTIVOS DEMOSTRATIVOS, tamén.Deste xeito escoitamos moitas veces: ISTE coche é meu, no canto de ESTE coche é meu. AQUILA rapaza está enferma por AQUELA rapaza está enferma. Aínda que hai zonas nas que se empregan. A normativa só admite as seguintes:
singular plural masculino feminino neutro masculin fenininoPROXIMIDADE este esta isto estes estasDIST. MEDIA ese esa iso eses esasAFASTAMENTO aquel aquela aquilo aqueles aquelas
A forma ELO non se usa, hai que empregar ISO ou ISTO. Non se debe dicir: “ELO non está ben”. O correcto é dicir: “ISO non está ben”. ELO significa eslavón: unha cadea de ELOS. O pronome neutro “elo”, existiu na lingua antiga, pero foi substituído por outros pronomes, sobre todo polos demostrativos neutros. Aínda que é unha forma correcta caeu en desuso. * As formas ISTE, ISE; ISTES, ISES ... existen en galego como variantes dialectais, e polo tanto non normativas.
ATENCIÓN AS CONTRACCIÓNS:
DemostrativosESTEESTA
ESEESA
AQUELAQUELA
ESTESESTAS
ESESESAS
AQUELESAQUELAS
Neutro ISTO ISO AQUILO
DEdestedestadisto
desedesadiso
daqueldaqueladaquilo
destesdestas
desesdesas
daquelesdaquelas
ENnestenestanisto
nesenesaniso
naquelnaquelanaquilo
nestesnestas
nesesnesas
naquelesnaquelas
- Os demostrativos ESTE, ESTA, ISTO. ESE, ESA, ISO. AQUEL, AQUELA, AQUILO. Contraen co indefinido OUTRO, cos seus respectivos plurais.
masculino femeninosingular plural singular pluralestoutroesoutroaqueloutro
estoutrosesoutrosaqueloutros
estoutraesoutraaqueloutra
estoutrasesoutrasaqueloutras
- Vexamos as posibles contraccións ESTOUTRO, ESOUTRO, ESOUTRA, AQUELOUTRO, AQUELOUTRA. Ollo ós plurais: ESTOUTROS, AQUELOUTROS. Cos seus respectivos femininos. Só toma o “s” o segundo elemento.- CONVÉN LEMBRAR que ESTOUTRO, ESOUTRO, AQUELOUTRO supoñen unha elección entre dous ou máis obxectos aínda que non estean expresos. Pois a elección pode estar implícita. Se digo: “AQUEL é mellor ca ESTOUTRO”, ou “Desexo AQUELOUTRO”, quedan aclarados os dous casos.
CONTRACCIÓNS CON “DE e “EN”CON “DE”:A) Este + de = DESTE. Esta + de = DESTA. Isto + de = DISTOB) Ese + de = DESE. Esa + de = DESA. Iso + de = DISO. C) Aquel + de = DAQUEL. Aquela + de = DAQUELA. Aquilo + de = DAQUILO. Cos consabidos plurais.
CON “EN”A) Este + en = NESTEB) Esa + en = NESA. Iso + en = NISO.C) En + aquel = NAQUEL. En + aquela = NAQUELA.
* É aínda contraen estas preposicións, “DE” e “EN”, como: DESTOUTRO, NESTROUTRO, NAQUELOUTRO, cos seus respectivos femininos e plurais. * OLLO: Hai que fuxir polo tanto de escribir e de pronunciar: (este outro, aqueles outros, de estes outros, en aqueles outros no canto dos correctos estoutros, aqueloutros, destoutros ou naqueloutros, erros moi comúns).
CASOS ESPECIAIS1) AQUEL, amais de demostrativo, é un substantivo coa significación de “engado”, “xeito”,
“oportunidade”, “gallo ou motivo”. Por exemplo: “Ramona ten un AQUEL que me engaiola”. “Chegou co gallo das vacacións do Nadal”.2) “AQUELAR” é un verbo comodín. Cando non nos sae a palabra exacta botamos man de aquelar: Teño que ir o dentista a que me aquele (empaste) esta moa. Aquélame (arranxar) esta garabata. 3) A contracción DAQUELA equivale: a) Ó adverbio de tempo ENTÓN: “DAQUELA cando era pequeno non había tantos coches”. b) Tamén pode funcionar coma conxunción con equivalencia a “polo tanto”: Non estudaches DAQUELA non te queixes.Repetimos: Debemos evitar: Iste coche é meu, no canto de Este coche é meu. Aquila rapaza está enferma por Aquela rapaza está enferma.Sen embargo a forma “elo” non se usa, hai que empregar “iso” ou “isto”.
A) RELATIVOS
As seguintes son as formas dos pronomes relativos:
INVARIABLES: que – quen
VARÍAN NO NÚMERO: cal - cales.
VARÍAN EN XÉNERO E NÚMERO: canto - canta; cantos - cantas.
OLLO: 1- a) “QUENES” é un castelanismo e b) “CAIS” un lusismo que debemos rexeitar. Debe polo tanto dicirse nos plurais: a) QUEN sodes? - QUEN chama? - Os QUE viñeron xa se foron. b) CALES queres? e non “QUENES chaman” nin “CAIS queres” nin “QUENES son”.
OLLO: “QUEN” só pode levar o verbo en plural co verbo SER: QUEN SON?, QUEN SERÍAN?. Cos demais verbos, o verbo ten que ir en singular: QUEN veu?. QUEN debe escribir?
2-”QUEN” pode usarse como “SER CAPAZ DE”: a) Non foi “quen” de tocarme. b) Non es “quen” de vir.
3- Nas novas normas admítese o antes rexeitado relativo posesivo CUXO, CUXA, cos seus plurais CUXOS, CUXAS. Esta partícula desaparecera ó longo da historia dos usos orais, con esta incorporación de “cuxo ó galego” temos máis posibilidades na escrita e na fala.
B) INTERROGATIVOSSon as mesmas partículas: QUE, QUEN, CAL, CALES que funcionan tamén coma EXCLAMATIVOS. É moi enxebre o seu uso precedido do artigo. Exemplo: O que alí vin!.
Quen, tamén coma exclamativo: ¡Quen puidera convosco voar!Que, seguido da preposición de e un nome indica cantidade: ¡Que de xente había alí!, equivale a Canta xente había alí!.
CANTO, CANTA, CANTOS, CANTAS, CANDO, COMO e ONDE úsanse coma interrogativos con matiz adverbial de cantidade e como exclamativos: Canto leva padecido!. Cando o pensas facer!. Como me chamabas!.
Ás veces, aínda que se vai perdendo o seu uso, topamos as seguintes formas dun INTERROGATIVO adverbial de orixe latina -UBI-Quedan: ULO, ULA; ULOS e ULAS. O “u” é o interrogativo, LO, LA, LOS, LAS, son pronomes de terceira persoa con oficio de O. Directo. Exemplo: “Os amigos ¿ULOS?”. Cando é adxectivo vai unido o artigo e polo tanto separado polo trazo. Exemplo: U-los libros?”.
C) INDEFINIDOSSon unhas palabras que poden funcionar coma adxectivos ou coma pronomes. Citarémolos segundo a súa función:
* COMO PRONOMES: 1- Alguén está falando. 2- Ninguén mo dixo. 3- Calquera pode facelo. HAI QUE REXEITAR calqueira QUE SE OE MOITO. 4- Cadaquén que o faga como vexa. 5- Quenquera que sexa que o diga. 6- Algúns non son puntuais. 7- Algúns (adxectivo) libros non valen. 8- Non chegou ningún. 9- Ningunha (adxectivo) noticia é boa. 10- Déronme outro máis. 11- Ambos (adxectivo) avós estiveron en América. 12- O mesmo (adxectivo) rapaz do outro día chamoume.
“MESMO” ás veces ten valor de “incluso”. Exemplo: Mesmo mo dixo a min. Tamén se usa coma unha expresión adverbial. Exemplo: E coa mesma alporizouse todo.
Así de crimen = crime en galego; examen = exame en galego; virxen = virxe en galego; e así coas seguintes palabras: orden (e); imaxen (e); abdomen (e); numen (e) (inspiración); réximen (e); vexamen (e); gluten (e); liquen (e); polen (e), semen (e). Exceptúase dolmen que é un bretonismo.
O ADVERBIO
- O ADVERBIO é unha palabra invariable que modifica a un verbo (cando vén), a un adxectivo (é unha persoa moi boa), e ás veces a outro adverbio (chega sempre tarde).- Hai moitas clases de adverbios: a) DE TEMPO b) LUGAR c) MODO d) CANTIDADE.
A) DE TEMPO: Hoxe, onte, antonte, trasantonte, hogano = (nestes tempos); antano = (o ano pasado ou noutros tempos); hoxe en día, arestora = (que provén do latín “hac + ista + hora); agora, neste momento, nestes tempos. Agora, antes, despois, entón, daquela, logo = (despois de agora); axiña, preto, de contado, cedo, tarde, aínda, inda, xa, de momento, mentres, namentres, sempre, decote, nunca.
B) DE LUGAR: Aquí, aí, alí, acá, acó, aló, alá, acolá, encima, dentro, fóra, preto, cerca, lonxe, abaixo, embaixo, debaixo, avante, atrás, detrás, adiante, diante, enfronte, arredor, u?, onde, eis, velaquí, velaí, ó lado, a rentes, a carón, ó pé.
- E estes tres adverbios especiais, DE LUGAR tamén:a) ALGURES: significa “algunha parte” = “Ten que estar en algures”
b) NINGURES = “ningunha parte” = procede de (ningún + algures). Exemplo: Onde estará? = En ningures.
c) XALUNDES: (moi pouco oído) significa “en calquera parte, en calquera outro sitio”. Exemplo: Penso que nos temos visto en xalundes. Que lle parece?.
C) DE MODO: Os principais son: así (desta maneira), ben, mellor, mal, peor, gratis, paseniño, paseniñamente, amodiño, amodo, devagar, á présa, ás présas, a eito, a feito, simple, simplemente, de socato, de súpeto, de golpe, ó chou (á sorte), a treo (por sorte), ó cabo, á fin, secasí, ás claras, en van, ó xeito (con coidado), asemade, en balde.
D) DE CANTIDADE: Bastante, abondo, máis, menos, moi, moito, pouco, ben, tan, tanto, canto, de menos, de máis, de sobra, só, soamente, nada, todo, xusto.
NON COMO EN CASTELÁN: O galego é un dos idiomas de máis contraccións e non se debe pronunciar como en castelán: Así está mal dicir: no día “de hoxe”, en vez da fonética galega no día “doxe” e ducias de casos.
PERO LEMBREMOS:MAL ESCRITOS:“Dacordo”, “dalí”, “dagora”, “dalgo”, deben pronunciarse así, pero están mal escritos, non contraen:
DEBEN ESCRIBIRSE SEPARADAMENTE, VEXAMOS:Estou “de acordo” contigo. Veño “de alí”. Non falarei máis “de agora” en adiante. Temos que falar “de algo” interesante.Pero podemos escribir: “Vivo na Coruña”. “Deputación da Coruña”. “Para xogar contamos coa Coruña”.A regra na que se basea o anterior: “da Coruña”, etc. é porque se pode facer a contracción das preposicións co artigo dos topónimos galegos, neste caso a contracción escríbese con minúscula como fixemos antes: “Veño da Coruña” etc.Non seguimos cos numerosos casos que hai nisto das contraccións.
1- A. 2- AGÁS (significa: excepción, fóra, menos, salvo, bardante. Exemplo: Fixérono todos salvo ti. Pareces un can fóra a alma). 3- ATA: (Estiveron estudando ata a noite). Ollo, “astra” e “asta” considéranse castelanismos. “Até” é un lusismo. Pero admítese como correcta. 4- ANTE (Tiven ante min ó mesmo ladrón). 5- PERANTE, ten un significado restrinxido, propiamente “en presencia a”; “testemuñou perante o xuíz”. 6- DEICA: “Deica Betanzos hai 27 quilómetros”. 7- BAIXO e SO ou tamén, DEBAIXO DE. “Saíu baixo palio”. “Fíxoo baixo promesa”. “Estuda so pena dun castigo”. Este “so” é pouco usado. 8- CANDA, equivale ó adverbio “cando”: “Estudou canda min”. Enténdese ó mesmo tempo. 9- CON. 10- CONTRA: Ás veces pode indicar cercanía ou aproximación: “Uxes queda contra Arteixo”. “Chegou contra a noitiña”. 11- DE. 12- DESDE ou DENDE. 13- DURANTE. 14- EN. 15- ENTRE. 16- PARA. 17- POR 18- SEN: “Chegaron sen sabelo”. 19-20- SOBRE: Indica materia de que se trata ou fala. “A conferencia versou sobre o medio ambiente”. Tamén indica aproximación: “Costará sobre un millón”. En cambio “en col”. non se debe usar en sentido abstracto senón indicando sitio ou lugar; “Deixou os libros en col da mesa”. Puxo o pan sobor da mesa. 21- SEGUNDO: “Cóntocho segundo mo dixeron”. 22- TRAS: “Anda tralo can”. 23- XUNTA: Indica proximidade: “Vén xunta min”.
LOCUCIÓNS PREPOSICIONAIS MÁIS USUAIS1- CO GALLO DE = “Co pretexto”: “Co gallo da voda fixo o que quixo”. Significa “co pretexto de”2- A CARÓN DE = “A ras de”. “Estaban a carón do chan”.3- A PROL DE, EN PROL DE = A favor de. “Loitaron a prol da liberdade”.4- CARA A (indica dirección): “Vai cara a Lugo”. Non se debe dicir: “Faciana” a Lugo.5- DE RESULTAS: Equivale a “como consecuencia”: “De resultas do accidente finou”.6- NO CANTO DE: Equivale a “en lugar de”, “en vez de”, “en troques de”: “Estudo inglés no canto de grego”.7- POR MOR DE = “por causa de”, “por culpa de”: “Este local está clausurado por mor dos ruídos”. “Por mor da choiva fomos ó cine”.8- EN TROQUES DE = “en vez de”.9- EN COL DE... = puxo os libros en col da mesa, “sobre” a mesa. (Importante)10- A BEIRA DE = “Ó lado de ...”, “a par de...”: “Xantamos á beira dun prado”.11- BARDANTE DE = “Fóra de... “, indican excepcións: “Viñeron á festa bardante dos enfermos”.12- A FORZA DE = “Ó lado de... “, “a par de ...”: “Xantamos á beira dun prado”.13- DIANTE DE .. ou “Dediante”: “Que veña diante miña”.14- VERBO DE... = “Acerca de..”. “Tocante a ..” “Respecto de...” “Verbo dos teus asuntos non tocarei”.15- CAS DE...: “Vou cas dos avós”. Equivale a dicir “na casa de”16- PRIMEIRO DE...: “Chama antes, primeiro de vir”.
17- POR RIBA DE... = “Encima de...”, “Enriba de...”: “Por riba de facelo aínda me berras”.18- A TRAVÉS DE”...= Indica instrumento ou medio: Mandoulle aviso “a través dun” amigo común. Ás veces óese a barbaridade: “A traveso de”, isto non existe, é incorrecto.19- Á PARTE DE. = Equivale “ademais de” = “Á parte dos” teus amigos virán tamén os meus.20- ACERCA DE; A RESULTAS DE, ARREDOR DE, Ó REDOR DE, DERREDOR DE.21- A PARTIRES: É unha incorrección grave. Non existe como locución prepositiva. É un infinitivo conxugado do que xa falamos: “De partires o venres que vén, chegaredes a tempo”.
ATENCIÓN AS NOVAS NORMAS (Continuación)
Son correctas: a respecto de, alén de, após, aquén de, até que, canto a, no entanto, porén, a través de (e non “a traveso”, que se oe moito), á parte de.
ELIMÍNANSE: alomenos, anque, entonces, nembargantes e sen embargo.
ENGÁDENSE: a respecto de, alén de, após, aquén de, até, até que, canto a, no entanto e porén, das que falamos antes.
Adverbios xuntos:Abondo (de cantidade) / axiña (de tempo) / abofé (de afirmación) / amodo (de modo) / acotío (de tempo) / adrede (de modo) / a deshora (de tempo) / antonte (de tempo) / arestora (de tempo) / arreo (de tempo) / asemade (de tempo) / deseguida (de tempo) / devagar (de modo) / disque (de dúbida) / dabondo (de modo) / quizabes (de dúbida)
Locucións adverbiais separadas:Ás présas (de modo) / de socato (de modo) / ás veces (de tempo) / de socate (de modo) / a eito (de modo) / ó chou / (de modo) / hoxe en día (de tempo) / ó xeito (de modo) / ó fin (de modo) / en balde (de modo) / á fin (de modo) / ó cabo (de modo) / de balde (de modo) / deica pouco (de tempo) / a miúdo (de tempo) / deica un pouco (de tempo) / de cando en cando (de tempo) / de cando en vez (de tempo) / ó pé (de lugar)
Solidariedade, soidade, herdade, verdade, novidade, variedade. Pero en cambio é: necidade, sucidade, enfermidade, lealdade, mortaldade, virxindade, puberdade, liberdade, trindade, notoriedade.
Palabras moi frecuentemente mal escritas e que hai que escribir así:Ambiente, humano, semana, zona (lugar), concelleiro (de concello), conselleiro (xunta), conducín, illado, móbil, verán, republicano, urbano.
Debuxo, deseño, defuntos, deputados, Deputación da Coruña.
CLASES DE PERÍFRASES
Non esquecendo que nun cursiño sinxelo de Galego Práctico, non o podemos abranguer todo, indicaremos as máis comúns:
1- IR + infinitivo: Imos estudar (expresa futuridade).2- HABER + infinitivo: Hasme (de) facer iso (obrigativa).3- Houbemos (de) caer (acción a piques de suceder no pasado).4- Botarse a, poñerse a + infinitivo: Botouse a chorar (incoativa, é dicir expresa o comezo brusco da acción).5- Andar, estar a + infinitivo (indican unha acción durativa): Andaban a traballar onde podían.6- Deber + infinitivo (indica obrigatoriedade): Deberías estudar máis.7- Poder + infinitivo (indica probabilidade ou unha hipótese): Mª do Carme pode ter uns trinta e seis anos. Ramona uns setenta.8- Estar + infinitivo (indica unha acción a punto de suceder ou futuridade inmediata): Están a chegar.
PERÍFRASES CON XERUNDIO1- Estar + xerundio (indica unha acción imperfectiva durativa): Están traballando na horta.2- Ir + xerundio (imperfectiva ou de desenvolvemento gradual): Foise acabando pouco a pouco.3- Vir + xerundio (imperfectiva con valor terminativo): Antonio vén sendo o sobriño de Loli.
PERÍFRASES CON PARTICIPIO1- Levar + participio (indica acción rematada ou perfectiva): Moito leva bebido xa Antonio.2- Leva vivido moito (igual ca a anterior)3- Ser + participio (forma a voz pasiva moi pouco usada na fala): Estes documentos foron vistos polo xefe. Se es bo serás querido por todos.
E MAL USO DE: 64- Derradeiro: o seu significado como xa explicamos, non é igual ó de último. Derradeiro quere dicir que a continuación non hai máis nin posibilidades de que haxa. Así: Foi a súa derradeira vontade, o testamento, porque finou. 65- Esgrevio: significa áspero, dificultoso: “é un terreo esgrevio”. En cambio “egrexio”: ilustre, excelente, insigne. 66- Xeneral: militar; referente a militares é con “n” = xeneralísimo, capitanía xeneral, xeneralato. En cambio: xeral, xeralmente. 67- Momento: é un espazo de tempo mínimo. Pero “intre” -do que se abusa tanto na fala- vén ser: un instante, un espazo de tempo moi breve entre dous momentos. A orixe latina “inter = entre, xa nolo di”. 68- Segredo: úsase cando é nome substantivo no canto de secreto que é adxectivo. Exemplo: Debemos saber gardar os segredos. Teño un segredo e non cho digo. En cambio: As cousas secretas non se din. El é un axente secreto.
Na linguaxe médica os sufixos –itis e -tis co significado de “inflamación”, pasan ó galego coa terminación -ite e -te. Todas estas palabras cultas son de xénero feminino: a amigdalite, apendicite, artrite, bronquite, colite, enterite, conxuntivite, farinxite, pancreatite, gastrite, otite e moitas máis. En cambio é “diabetes”.
A Diérese é un signo de ortografía (¨) que se pon sobre a letra “ü” para indicar que esta se pronuncia nas sílabas “güe”, “güi”: bilingüe.Tamén se emprega coa letra “i” que fai sílaba de seu: moïamos (mo-ï-a-mos): Exemplos correctos: pingüín, argüía, fragüemos, recaïades, aguante, mingües, piragüismo, argüír, ungüento, ambiguo, traïamos, lingüista, desoïades, saïades, ambigüidade, bilingüismo, antigüidade, lingüístico, construïamos.
SON INCORRECTAS: brilar (debe ser brillar), cadeirádego (debe ser catedrático), segredario (debe ser secretario), orguloso (debe ser orgulloso), condear (debe ser condenar), hourizonte (debe ser horizonte), eiquí (debe ser aquí).
Correctas: aprazar, igrexa, preamar, brancura, nobreza, frauta, frecha, fraco, praia, prateado, obriga, abrandar, prato, cumpridor.
En cambio están ben tamén: platino, plátano, plácido, glaciar, planas, blasfemia, globos, público, publicar, clasificar, clase, declamar, explicar, reflexión, aflixir.
As conxuncións coordinan ou subordinan oracións e elementos idénticos. Poden dividirse en conxuncións COORDINANTES cando unen sintagmas ou oracións da mesma categoría. E chámanse SUBORDINANTES cando unen oracións de distinta categoría. Por brevidade enunciarémolas soamente:
A) AS COORDINANTES son:a) COPULATIVAS: e, que, nin, mais, e mais, a mais. Exemplos: Ti e Pedro chegades tarde. b) DISXUNTIVAS: ou, ora... ora, xa, ben... ben, quer ... quer, nin ... nin, xa... xa,volta...volta, cando...cando. Exemplos: Dismo ou voume. Ben ti, ben el chamade. Ora o fagas ti, ora sexa el, non importa.
c) ADVERSATIVAS: pero, mais, inda que, aínda que, senón con todo, xa que, agora ben, pero, por iso, emporiso, agora que, e iso que, só que, quitando que, excepto, agás que, fóra de que, senón, excepto que, ora ben, mentres (que). Exemplos: Ten moito xenio, pero esquece pronto. Traballa moito aínda que está enfermo. Moito leva sufrido, con todo nunca se queixou.d) ILATIVAS ou CONSECUTIVAS: pois, logo, xa que logo, conque, así que, polo tanto, de xeito que, de forma que, entón, daquela, por conseguinte. Exemplos: Non estudaches, logo non te queixes. Non o chamei así que non o recibo. Traballaches, xa que logo cobra.
B) AS SUBORDINANTES son: a) TEMPORAIS: cando, mentres, namentres, entrementres, mentres tanto, ó que, axiña que, a penas non ben, desde que, en canto, despois que, cando queira que, dende que, axiña que, deseguida que, decontado que, non ben, tan pronto. Mentres: indica simultaneidade e duración. Tamén se pode usar en canto o mesmo ca mentres: “mentres ti falas por teléfono eu prepárome”.b) FINAIS: para que, a fin de que, a que, porque, en favor de que.c) CAUSAIS: pois, como, que, porque, xa que, dado que, visto que, por mor de que, por culpa de que, pois que, como queira que, por mor de.d) CONDICIONAIS: a principal conxunción condicional é SE. Outras: con tal que, conque, sempre que, a pouco que, a nada que, a menos que, salvo se, de no ser que, sacando se, onda non, cando que, excepto se. Exemplo: “Se chove non irei”.e) MODAIS: Segundo, conforme, de modo que, de xeito que, de maneira que, de forma que, sen que, como queira que, ben como, mal como, así como, tal e como, segundo, de xeito que, consonte, coma se, como se.
Vexamos as equivalencias: 1. A encher = abondo.2. Neste momento = arestora.3. Nin tan sequera = tampouco.4. Ó mellor = quizais. 5. Lonxe de = aló.6. Ó mesmo tempo = asemade = simultaneamente7. Ademais = amais
Sempre /todos os díasCase sempre /a miúdo /acotío
Ás veces / de cando en cando / algunha vez / case nuncaNunca / xamaisDiante / detrásEnriba / abaixo
Dentro /fóraA carón / ao lado / a beira
Arredor / ao redorEn fronte
As formas lo, la, los, las úsanse:
Tras unha forma verbal rematada en -r ou -s:
Vou busca-lo libro. Vou buscalo
Despois dos pronomes átonos enclíticos de obxecto indirecto: nos, vos, lles.
Enviounos un paquete. EnvióunoloLevámosvos un regalo. Levámosvolo
Pedinlles un favor. Pedínllelo
Despois do adverbio U:
¿U-lo libro? UloA casa que mercaches, ¿ula?
As formas no, na, nos, nas. úsanse:
Despois das formas verbais rematadas en ditongo:
Buscar, busqueino, pero non o atopeiDeixou o regalo na mesa. Deixouno
Mercou a saia nas rebaixas. MercounaRachou o vestido na silva. Rachouno
As formas lle e lles son as formas do complemento indirecto singular e plural respectivamente.
Onte faleille do asunto.Ós meus alumnos deilles unha nova oportunidade.
Posición do pronome dependendo dunha forma finita. O PRONOME VAI PROCLÍTICO
En oracións desiderativas.
Mal raio te parta! Mala centella te coma! O demo te leve!
Nas oracións interrogativas ou exclamativas introducidas por un pronome
Quen cho dixo? Canto te botan en falta!
Ecións negativas, introducidas por unha conxunción ou adverbio negativo.
O leite non me gusta. A min tampouco me contestaron. Ninguén me deu o recado.
Tamén se antepón o pronome, nas oracións enfáticas nas que o elemento inicial adquire relevancia.
Dous meses nos levou facer este traballo. Nós o fixemos.
Nas proposicións subordinadas.
Se me apreciases un pouco, non me farías isto.Aínda que téña-lo traballo feito, non o entregues ata mañá.
Lamento dicirche que te vexo pouco favorecido.Non che quero mercar nada, porque axiña van poñer rebaixas.
Verbos acabados en -aer,-oer, -aír, -oírCaer (decaer, recaer), choer, doer (condoer), moer (remoer), proer, roer (corroer), oír (desoír, entreoír), saír (sobresaír), los derivados de traer (atraer, distraer...), etc., son regulares, pero intercalan un -i- sin valor morfológico entre la raíz y la desinencia, cuando ésta empieza por o o por a.
CAER
PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO
caio caía caín caia
caes caías caíches caias cae
cae caía caeu caia
caemos caïamos caemos caiamos
caedes caïades caestes caiades caede
caen caían caeron caian
MOER
PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO
moio moia moín moia
moes moías caíches moias moe
mae moía moeu moia
moemos moïamos moemos moiamos
moedes moïades mostes moiades moede
moen moían moeron moian
SAIR
PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO
saio saia saín saia
saes saías saíches saias sae
sae saía saíu saia
saimos saïamos saímos saiamos
saídes caïades saístes saiades saíde
saen saían saíron saian
OÍR
PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO
oio oía oín oia
oes oías oíches oaias oe
oe oia oíu oia
oímos oïamos oímos oiamos
oídes oïades oístes oiades oíde
oen oían oíron oian
LER
IND. SUBJ.IMP.PRESEN
TECOPRETÉRITO
PRESENTE
leo lía lea
les lías leas le
leo lía lea
lemos liamos leamos
ledes liades leades lede
len lían lean
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
lin lera lese ler
liches leras leses leres
leu lera lese ler
lemos leramos lésemos lermos
lestes lerades lésedes lerdes
leron leran lesen leren
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
lerei lería ler INF.
lerás lerías leres ler
lerás lería ler GER.
leremos leriamos lermos lendo
leredes leriades lerdes PART.
lerán lerían leren lido
RIR
IND. SUBJ.IMP.PRESEN
TECOPRETÉRITO
PRESENTE
río ría ría
ris rías rías ri
ris ría ría
rimos riamos riamos
rides riades riades ride
rin rían rían
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
rin rira rise rir
riches riras rises rires
riu rira rise rir
rimos riramos rísemos rirmos
ristes rirades rísedes rirdes
riron riran risen riren
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
rirei riría rir INF.
rirás rirías rires rir
rirás riría rir GER.
riremos ririamos rirmos rindo
riredes ririades rirdes PART.
rirán rirían riren rido
Vir
INDICATIVOSUBJUNTIVO IMPERAT
IVOPRESENTE
COPRETÉRITO
PRESENTE
veño viña veña
vés viñas veñas ven
vén viña veña
vimos viñamos veñamos
vindes / vides
viñades veñadesvinde / vide
veñen viñan veñan
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
vin viñera viñese vir
Viñeches viñeras viñeses vires
veu viñera viñese vir
Viñemos viñeramos viñésemos virmos
viñestes viñerades viñésedes virdes
viñeron viñeran viñesen viren
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
virei viría viñer INF.
virás virías viñeres vir
virá viría viñer GER.
viremos viriamos viñermos vindo
viredes viriades viñerdes PART.
virán virían viñeren vido
Se conjugan igual los derivados de vir (advir, convir, contravir, desconvir, devir, desavir, intervir, previr, provir, reconvir, sobrevir), aunque en el tema de perfecto algunos de ellos tiendan a conjugarse por el modelo regular (ved advertir, en 17.2.5.2.1)
Poder
INDICATIVOSUBJUNTIVO IMPERAT
IVOPRESENTE
COPRETÉRITO
PRESENTE
podo podía poida
podes podías poidas pode
pode podía poida
podemos podiamos poidamos
Podedes podiades poidades podede
poden podían poidan
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
puiden puidera puidese poder
puideches puideras puideses poderes
puido puidera puidese poder
puidemos puideramospuidésemos
podermos
puidestes puiderades puidésedes poderdes
Puideron puideran puidesen poderen
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
poderei podería puider INF.
poderás poderías puideres poder
poderá podería puider GER.
poderemos
poderiamos puidermos podendo
poderedes
poderiades puiderdes PART.
poderán poderían puideren podido
Caber
TEMA DE PERFECTO: COUB-
INDICATIVOSUBJUNTIVO
IMPERATIVO
PRESENTE
COPRETÉRITO
PRESENTE
caibo cabía caiba
cabes cabías caibas cabe
cabe cabía caiba
cabemos cabiamos caibamos
cabedes cabiades caibades cabede
caben cabían caiban
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
couben coubera coubese caber
couben coubera coubese caber
coubeches
couberas coubeses caberes
coubo coubera coubese caber
coubemos couberamoscoubésemos
cabermos
coubestes couberadescoubésedes
caberdes
couberon couberan coubesen caberen
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
caberei cabería couber INF.
caberás caberías couberes caber
caberemo caberiamos coubermos GER.
s
caberá cabería couber cabendo
caberades caberiades couberdes PART.
caberán caberían couberen cabido
Poñer
INDICATIVOSUBJUNTIVO IMPERAT
IVOPRESENTE
COPRETÉRITO
PRESENTE
poño poñía poña
pos poñías poñas pon
pon poñía poña
poñemos poñiamos poñamos
poñedes poñiades poñades poñede
poñen poñían poñan
PRETÉRITO
ANTEPRETÉRITO
PRETÉRITO
INF. CONJ.
puxen puxera puxese poñer
puxeches puxeras puxeses poñeres
puxo puxera puxese poñer
puxemos puxeramos puxésemos poñermos
puxestes puxerades puxésedes poñerdes
puxeron puxeran puxesen poñeren
FUTUROPOSPRETÉRITO
FUTUROF. NOMINALES
poñerei poñería puxer INF.
poñerás poñerías puxeres poñer
poñerá poñería puxer GER.
poñeremos
poñeriamos puxermos poñendo
poñeredes
poñeriades puxerdes PART.
poñerán poñerían puxeren posto